A- Ola, bos días, somos Juanjo, Andrea e Ana, alumnos de 6º..... do colexio de Campolongo e imos falar dalgunhas cousas do río que pasa preto do noso cole, o Gafos. Este ano como se está a traballar o patrimonio industrial dentro das Escolas Asociadas da UNESCO, nós escollimos dentro deste “Os muíños”. B-
Comezamos cunha pequena introdución sobre o río Gafos:
C-
O río Gafos nace no Mato da Xestiña, lugar da Boullosa, en Figueirido, concello de Vilaboa.
Percorre 10.830 m, e verte as súas augas xunto coas do río Lérez na Ría de Pontevedra, no barrio pontevedrés das Corbaceiras. A- Pola súa marxe esquerda ten como afluentes: Rego de Antiguidá, Río Miñoto ou Filgueira e Ponte Bala B- Pola súa marxe dereita : Río de Bois, Río do Barco, Río Pombal e Pintos. C- O curso principal do río pode cruzarse por medio dun total de 16 pontes. A- No barrio de Campolongo, o río flúe a través dun treito de canalización soterrada de 525 m de de lonxitude. B-
Segundo os lugares por onde pasa chámanlle:
C- En Figueirido: COCHO, REGHEIRO, DAS “VEIGHAS DA PORTA”, DA ESTACIÓN A- En Bértola: TOXAL B- En Tomeza e Salcedo: TOMEZA C- No núcleo urbano de Pontevedra : MENEXO, ESTACIÓN, PALAMIOS, DA GOLETA, DA TABOADA, DOS GAFOS A- Como reseña histórica hai que destacar que na súa desembocadura foi construída a carabela Santa María polo Gremio de Mareantes no século XV. B- COMEZAMOS COS MUÍÑOS. “Os muíños ocuparon un posto fundamental na economía de moitos pobos, pois o pan era un elemento principal na dieta e para elo necesitaban o muíño, constituindo, tamén, o lugar e obxecto do folklore, que alcanzou gran riqueza. Chegouse a dicir que “foron os muíños os que fixeron de Galiza unha terra con identidade propia
C- ALGUNHAS CLASIFICACIÓNS DE TIPOS DE MUÍÑO DE RÍO Segundo a propiedade: A- De maquía: Os muíños podían ser propiedade dunha persoa que moía para outros. Neste caso o muiñeiro levaba a cambio unha maquía ou parte do gran moído. B- e de parceiros ou de herdeiros: eran aqueles que a propiedade era de varios veciños. Adquirían o dereito de uso participando todos na súa construción e mante mento. Eran donos varios membros dunha familia e estes herdábanse. Son os muíños de herdeiros. C- Segundo a súa roda poden ser: A- De rodicio ou de regato. Esta especie de roda ponse en posición horizontal. B- e de acea ou bruia. Esta colócase en posición vertical C- Segundo a maneira en que a auga chega o muíño: A- De canle, pola que transcorre a auga ata o rodicio. B- e de pozo ou cubo, un recipiente onde se almacena a auga que serve para aumentar a presión cando o regato é pequeno.
C- Tamén atopamos, buscando estas clasificacións outros tipos de muíños, como son os de vento, os de mareas, os de sangue. A- Estes últimos, os de sangue, chamounos moito a atención, pois construíanse en lugares sen ventos nin ríos aproveitables. B- O muíño propiamente dito estaba nunha primeira planta e o eixo que movía a moa seguía ata a baixa, onde lle cruzaban uns madeiros ós que se enganchaban mulas ou bois, que camiñaban en círculo, para mover a pedra.