Os paxaros do Rio Gafos

Page 1

Paxaros do Gafos

Patricia Fari単a Dapena


Río dos Gafos O río dos Gafos nace no Mato da Xestiña en Vilaboa, percorre 10,83 Km ata desembocar na ría de Pontevedra. Debe o seu nome á existencia dun hospital de leprosos na beira do río. Según os lugares polos que pasa ten distintas denominacións: Cocho, Regheiro, Das Veighas da Porta, Toxal, Tomeza, Menexo, Estación, Palamios, Da Goleta ou Da Taboada. Discorre case todo o seu treito á beira de poboacións, e as súas marxes vense alteradas pola agricultura, as obras públicas e as infraestructuras. A pesar da regresión ou incluso a desaparición de parte da vexetación de ribeira e da contaminación das súas augas con vertidos contaminantes, o río, presenta bastante diversidade na flora e na fauna que habita no seus soutos, fragas e brañas.

Avifauna do río Gafos Andoriña Avelaiona Azor Azulenta común Bilurico Bubela Cardeal Carriza Chasco Cirrio común Corvo Cotorra de Kramer Curuxa Escribenta común Estorniño Estreliña riscada

Falcón peregrino Ferreiriño Folosa amarela Gabeador común Gabián Gaio Gaivota chorona Garza real Lavanco Lavandeira Liñaceiro Melro común Miñato común Moucho de orellas Paporrubio Papuxa

Pardal Pega Peneireiro común Peto Picafollas Picapeixe Pimpín común Pomba das rochas Pomba torcaz Rabirrubio común Rousinol bravo Rula común Tordo Verderolo Xílgaro Xinín

1


PicapeIXE Nome científico Alcedo atthis

Nome castelán

Nome galego Picapeixe

Martín pescador

Dimensións Mide 16 cms, pesa sobre 38 gramos. A lonxitudes das ás varía entre 71 e 78 mm. O pico pode medir 4,5 cms. Ten unha envergadura media de 25 cms. Identificación É inconfundible. A coloración é moi rechamante, a parte superior é azul cobalto apencada de branco, ten irisiacións turquesa por riba, o ventre alaranxado que o chegar a gorxa trocase en branco. A cabeza é bastante grande igual que o pico ou peteiro, que é vermello por debaixo. As patas son pequenas e vermellas. O seu voo é paralelo a auga e dende logo moi rápido, pode voar a 72 km/h. según algúns autores. As femias non é doado distinguilas dos machos, prácticamente son o mesmo, a única diferencia é que por debaixo do pico as femias teñen a cor vermella máis grande. Aliméntase de todo tipo de peixes (escalo, lorcho, muxo) ata 6 - 8 cms., tamén caranguesos, así como vermes e insectos acuáticos como os cabaliños do demo, libélulas etc. É un perfecto mergullador. É normal velo sobre unha rama, entre un e tres metros sobre o río, moi atento, cando avista unha peza, por exemplo un peixe, voa moi rápido e colle a presa , si fai falla nada hacia abaixo, ou sexa mergúllase sin problemas, logo volve á pola e sacude o peixe contra unha árbore ou unha pola ata que morre. Logo ponse a comelo empezando pola cabeza, normalmente sempre a favor da escama. Os peixes da súa dieta poden chegar a 6 cms de lonxitude. Ten especial predilección polos alevíns de troita e salmóns, polo menos en Galicia. Tamén lle gustan moito os meixóns (angulas). Despois da operación anterior fai un acicalamento da plumaxe e unha lubrificación cunha substancia grasa que el mismo xenera. Habitat Vive en moitos ríos galegos. Pero non é moi abondoso. Parece preferir augas abertas, desembocaduras de ríos, lagoas, etc. Incluso as veces na beiramar. Niños É troglodito, ou sexa habita en pequenos tobos, buracos, ou covas que é onde fai o seu niño. Aniña, polo tanto, en buratos de ata 1,5 metros de longo. O niño soe ser ascendente, para evitar que lle entre auga nas enchentas. Ó final fai unha cavidade esférica onde a femia pon os ovos. Soen ser 6 a 8 , brancos, redondos e moi brillantes A parella traballa á par para incubar durante os 20 días máis ou menos que tardan en chocar. Logo veñen os polos e comenza a labor de alimentalos. Os pais teñen que pescar para eso peixes de aproximadamente 1 cm. Ó cabo dun mes xa voan. Dúas roladas. Da rolada non máis de dous sobreviven, os depredadores dan conta deles e outros morren afogados nos seus primeiros intentos de pesca. A femia é un pouco máis pequena có macho. Curiosidades É un pescador nato cunha técnica moi depurada. Lánzase en picado e é moi dificil que falle. O picapeixe non é doado de ver no río. O martiño entra na auga coas ás pegadas o corpo e os ollos pechados. As causas da pouca abundancia están claras: o martiño depende da limpeza do río.

2


Bubela Nome científico Upupa epops

Nome galego Bubela

Nome castelán Abubilla

Dimensións Mide 27 cms, pesa 65 grs. Presenta unha envergadura media de 46 cms. Identificación É inconfundible. É moi doada de identificar xa que ten unha coloración moi característica, ás moi anchas, un peteiro moi longo e unha crista rechamante, eréctil, como se pode ver na fotografía. A crista pode mantela aberta como unha especie de abanico moi curioso. Por riba ten un voo tamén moi caracterítico, xa que é moi baixo e cun batido moi irregular das ás. Lembra o seu voo a unha mariposa. Aliméntase preferentemente de todo tipo de insectos, miñocas, arácnidos, larvas, etc. Habitat Cultivos, hortas e en xeral espacios abertos. Non é raro a carón dos ríos sempre que estos discurran por lugares abertos, bosques de coníferas e tamén mixtos. Vese ata 1.500 metros. Niños O niño faino en ocos de edificios bellos e tamén en árbores. Pon entre abril e xuño de 4 a 7 ovos brancos cincentos que choca a femia durante 18 días. Os polos están voando ás 4 semánas. Non defende o territorio inda que si, por suposto, o niño. Vese entre marzo e novembro. Inda que hai exemplares que permanecen todo o ano en Galicia. Non está protexida, pero é unha ave bastante abondosa. Curiosidades Inverna en África e chega a Galicia sobre marzo. Vaise o máis tardar en novembro. A verdade é que os polos da bubela salpican os intrusos con excrementos semilíquidos que cheiran fatal. A bubela canta coa cabeza baixada , inchando moito o cuello e co pico para abaixo, con cada canto a ave palpita e incluso pecha os ollos, dando a sensación de que realiza un gran traballo ou polo menos un traballo costoso

3


Lavandeira Nome científico Motacilla alba

Nome galego Lavandeira

Nome castelán Lavandera blanca común

Dimensións Mide sobre 18 cms. É un paxaro máis ben pequeno, pero a cola é longa. Ten unha envergadura de 34 cms de media. Identificación É un dos paxaros máis coñecidos de Galicia xa que é moi abondoso sobre todo á beira do río. O macho ten negra a cabeza, a gorxa, as patas e o peteiro; son blancas a testa e o peito. Gris ou cincentos as ás e a cola é negra. A femia é moi parecida, pero a cabeza e a gorxa son cincentas en vez de negras. Ó camiñar move constantemente o rabo. O voo é moi característico xa que vai subindo e baixando continuamente, é tamén capaz de parar no aire. Trátase dunha experta collendo mosquitos no aire. Ten unha vista ademais prodixiosa. É dos poucos paxaros que podemos decir que camiña ou sexa que non vai a saltos. É moi elegante. Habitats Atópase sempre preto de lugares de auga, pero últimamente podemos atopar este paxariño en calquera lugar, incluso nunha acera de calquera cidade. Gusta, de tódolos xeitos, dos lugares de labor, prados, a carón do ganado, etc. Alimentación Come preferentemente mosquitos e insectos voadores de todo tipo. En terra tamén arácnidos, vermes, pequenos moluscos, etc. Niños Construe o seu nido en ocos dos edificios, paredes, etc. Normalmente a unha altura considerable, sobre 2,5 metros. Pon de mediados de abril a agosto entre 2-6 ovos, que choca a femia e nacen os 15 días. Vese todo o ano, é moi común en todos os ríos dacidade. Está protexida e ademáis está considerada como de interés especial pola súa singularidade. Tipos de lavandeiras en Galicia. Lavandeira branca.

Lavandeira flava ou bolleira.

Motacilla flava.

Lavandeira real ou Lavandeira cascadeña. Motacilla cinerea, esta é a que máis se acerca ós ríos galegos sobre todo nos cursos altos. Esta lavandeira é a máis común nos ríos galegos, como o río Miño por exemplo onde se ven con facilidade, aliméntandose de mosquitos e insectos. É a Lavandeira branca.

4


Estorniño Nome científico Sturnus unicolor

Nome galego Estorniño

Nome castelán Estornino negro

Dimensións Mide 21,5 cms e pesa 75 grs. O macho e a femia son semellantes. É un pouco máis pequeno cun merlo. É famoso en Galicia xa que está moi espallado por toda ela. É doado atopalo no campo, nas zonas de cultivo, parques e xardíns, por suposto tamén nas cidades. Nás zonas montañosas é máis dificil velo. Famoso o seu voo en grupo que semella un ballet, compoñen figuras espectaculares. En Galicia hai dous estorniños: o estorniño negro e o estorniño pinto (Sturnus vulgaris). O estorniño pinto, que é o Sturnus vulgaris, vese moito menos en Galicia. O que máis se ve en Galicia é o estorniño negro xa que o outro emigra para criar cara o norte, mentras que o estorniño negro reprodúcese na nosa terra. Son moi parecidos. O vulgaris é apencado. Identificación O macho é totalmente negro brillante, co peteiro amarelo. A femia é máis apagada. É máis grande cá un pardal e máis pequeno que o merlo (có que se pode confundir, pero o merlo é máis grande, non é tan brillante, canta distinto e ten o peteiro alaranxado e os ollos distintos). Voan formando unha punta de flecha. Son inconfundibles, as veces, xa que se xuntan a miles. Alimentación Aliméntase de insectos, larvas de insectos, miñocas, sementes e froitas. Habitats É bastante común atopalo en campos, zonas de cultivo, parques e xardíns. Non é normal atopalo en alta montaña ou nas serras. Dormen nos parques das nosas ciudades. Pernoctan polo tanto nas árbores das nosas ciudades. Niños Cría en pequenas colonias en buracos de árbores, paredes e penedos. De fin de maio a fin de xuño pon de 4 a 7 ovos azuis claros que chocan ambos sexos durante 13 días. Os polos veñen os 22 días. Dúas roladas. Vese nos meses de abril a agosto. Últimamente có cambio climático están na nosa zona ata decembro. Moi común en toda Galicia, sobre todo en zonas baixas. Son moi gregarios. Interés Especie sensible o medio e non está protexido. Curiosidades Si se presenta o falcón, a danza é moito máis fantástica, sobre todo si hai un crepúsculo luminoso. Os estorniños están moi mal vistos onde hai olivares, pero en Galicia seica son beneficiosos xa que o seu alimento son evidentemente insectos, e fan moito ben nos pastizais comendo típulas. Os dormideiros poden ter miles destes paxaros. Trátase dunha ave gregaria, tanto para comer como para dormir. O seu canto é moi variado, a base 5


Gaivota Nome científico Larus rididundus linn

Nome castelán Nome galego Gaivota chorona común Gaviota reidora común

Dimensións Mide entre 35 e 38 centímetros. A gaivota reidora parece, en tamaño, unha pomba, pouco máis. Identificación A plumaxe cambia de inverno a verán, de feito a plumaxe estival ten a cabeza achocolatada cun anel ocular branco. En voo destaca o que se ve, unha mancha branca en cuña con beira negra. A plumaxe de inverno é moi característica a manchiña negra preto do ollo. Alimentación Aliméntase de desperdicios, sobre todo dos vertedoiros. Tamén come peixes, cangrexos e moluscos. Realmente come de todo xa que as veces métense nos lugares de labor e comen miñocas e insectos. Come de todo incluso fan expolio de niños, incluso chegando a comer ata nas terrazas da cidade. No río comen do todo dende vexetais ata peixes. Habitat Vese moito nas costas e desembocaduras dos rios, é unha ave mariña sen lugar a dúbidas. Pero dende fai uns anos vese moito tamén no interior. Vese polo tanto ó lado dos ríos, na penedías e como non nos vertedoiros. Son un auténtico problema, e Galicia fálase de setenta a oitenta mil exemplares. Hoxe crían ata nos tellados das casas. Vese todo o ano. Niños Aniña no chan preto da auga. Pon a finais de maio 3 ovos que chocan os dous sexos durante 25 días. Os pitos voan as 6 semanas. Curiosidades As gaivotas están sendo un problema en toda Galicia. Hai moito vertedeiros incontrolado por toda Galicia e esta especie vai para arriba cada vez máis. As gaivotas indicaban e seguen a indicar ós mariñeiros a proximidade das costas.

6


Gabián Nome científico Accipiter nisus

Nome galego Gabián

Nome castelán Gavilán

Dimensións Mide entre 28 e 48 cms. O macho ten sobre 28 cms e a femia sobre 38 cms. Hai polo tanto unha gran diferencia. Identificación O macho é de cor gris e ten unhas raias atravesadas moi vistosas que tamén ten o azor. Ten tamén tonos avermellados nas partes ventrais e no peito. Paréceme moitísimo o azor. De feito o gabián femia ten un gran parecido có azor. Os especialistas falan dunha distinción en canto os tarsos das patas que o gabián os ten máis longos. O adulto ten os ollos tirando a laranxa, mentras que os inmaduros son amarelos. O macho do gabián é moito máis pequeno que a femia. O voar teñen un rabo moi longo que é característico. Alimentación Come paxaros do tamaño dunha pomba o un corvo, tamén lle gustan as pegas, os pardaos, os merlos e os estorninos. As presas do gabián son un pouco máis pequenas que as do azor. Habitat Prefire os bosques de pinos, inda que tamén se atopan nas carballeiras. O Gabián pódese atopar en tódolo o territorio galego. Pero non é abondosa. Fálase de 3000 parellas. As veces aparece en terrenos habitados. Moitas non debe haber xa que os corvos e as pegas que son o seu manxar favorito abundan moito. Tamén se alimenta de vertebrados. Pódese ver todo o ano. Niños Construe o niño en árbores entre 7 a 16 metros. Pon entre 3 a 5 ovos no mes de xuño. Os polos voan as 5 semáns. Protección Está estrictamente protexido.

7


Paporrubio Nome científico Erithacus rubecula

Nome galego Paporrubio

Nome castelán Petirrojo

Dimensións Mide sobre 14 cms. Pesa 15 grs. É pequerrecho. Identificación Sexos iguais. A parte superior é parda olivácea. A fazula, gorxa, papo e peito rubio. O ventre blanco sucio. Vese cantando sobre todo o amencer e ó solpor. Alimentación Preferentemente come invertebrados (as miñocas gústanlle moito...), caracois, bagas de bieteiro, hedra, etc. É todo un experto en extraer miñocas do chan, un verdadeiro especialista. Habitat É bastante común. É doado encontralo preto dos cursos fluviais, árbores de campos e tamén nos parques. Ten preferencia polos cursos fluviais. Niños Anida nas paredes e mesmo no chan (sempre que haxa ortigas preto). Tamen en arbustos, preferiblemente espiñosos. Pon de marzo a xuño de 2 a 6 ovos brancos apencados de rubio que choca a femia durante 13 días. Os 13 días xa voan os polos. Dúas e ata tres roladas o ano. Vese todo o ano pero preferentemente na primaveira e no outono. É sedentario en Galicia onde se mezcla cós que veñen do norte de Europa. Protección Non está protexido. É un páxaro abondoso en Galicia. Curiosidades É moi familiar, permite que nos acheguemos mentras canta e moi ben. Ten moita cantidade de sonidos, é todo un artista. O seu habitat son os xardíns, cultivos, soutos e fragas. Vese a carón dos ríos galegos. Vense paporrubios incluso en decembro.

8


Pega Nome científico Pica pica

Nome galego Pega

Nome castelán Urraca

Dimensións Mide uns 46 cms. Sexos iguais. Identificación É inconfundible e a verdade é que abonda moito hoxe en Galicia. A plumaxe é blanca e negra. Camiña a brinquiños ou anda. Alimentación Come de todo preferentemente: insectos, miñocas, ras, ratos, ovos, crías doutros animais, etc. Habitat Abonda en tódolos sitios ata 1300-1400 m. de altitude. Na montaña vense poucas, sobre todo nos altos. Saben moi ben que neses lugares teñen pouco que facer e moitos depredadores. Hoxe nas ciudades abonda moito. Niños Fai o niño en árbores ou arbustos. O niño soe ter unha entrada por un lateral, en plan despiste. Pon de marzo a maio entre 4-8 ovos que choca en 21 días. Os polos voan ós 27 días.

Vese todo o ano. O seu voo é moi característico xa que parece un helicóptero, fai un batido e plegado das ás moi característico. Ademáis non sigue unha linea recta, vai subindo e baixando. Non é nada rápida. Na terra da saltiños.

9


CURUXA Nome científico Alba

Nome galego Curuxo

Nome castelán Lechuza

Dimensións Mide 34 cms. 350 grs de peso. Envergadura Identificación É un ave de rapiña, de figura branca, fantasmagórica; cabeza moi grande con ollos negros, o peteiro ganchudo , as ás longas redondeadas. Rabo curto, rostro en forma de corazón. Realmente moi doada de identificar. Hai duas variedades según sexa o peito, branco, liso ou xaspeado. Alimentación Aliméntase de todo tipo de pequenos mamíferos: ratóns sobre todo. Ás veces caza paxaros, morcegos, ras e moi rara vez algunha donicela. Caza de ouvida aínda na oscuridade. Anda moito pola noite, semella o voar prácticamente branca. É noiteira típica. É curioso que os restos dos alimentos non dixeridos, como as plumas, por exemplo, devolveos. Habitat Gústanlle as zonas de cultivo, tamén zonas abertas e nucleos habitados. Mora sempre na misma bisbarras. Gosta moito dos campanarios da comarca onde é doado ver as súas egragópilas ou bolas que expulsa pola boca. Niños Construe o niño en oquedades dos edificios, raramente en ocos naturais. Gústanlle moito as bóvedas das igrexas, as casas vellas, faiados, palleiras, e tódolos buratos que poida onde vexa que non vai ser molestada. Nestos lugares hai ovos dende finais de marzo, os polos xa voan en octubre. Pon no mes de maio de 3 a 7 ovos que fai chocar en 30 días, inda que hai coruxas que poñen dúas ou tres veces o ano. Vese dende febreiro ata finais do verán perfectamente. Curiosidades As curuxas son consideradas como predictoras do tempo, así o dito "Curuxas na carballeira, caldeiros á goteira". Dicen que tamén son predictoras da morte. Tamén se asocian co demo e os agoiros.

10


Pardal Nome científico Passer domesticus

Nome galego Pardal común

Nome castelán Gorrión común

Dimensións Mide 14,5 cms. Son un pouco distintos o macho e a femia. Identificación O macho ten as partes superiores pardas raidas de escuro; coruto e mitra cincentos; caluga castaña, papo e gorxa negros. A femia son máis apagados non teñen a gorxa negra. O pardal é unha ave abondosa en Galicia. Probablemente sexa a ave máis coñecida en Galicia. ¿ Quen non viu un pardal na súa vida? É doado atopalo na ciudade, no campo, nas zonas de cultivo, parques e xardíns. Nas zonas montañosas é máis dificil velo. Alimentación Insectos, larvas de insectos, millocas, sementes e froitas. Habitat É bastante común atopalo na ciudade, en campos, zonas de cultivo, parques e xardíns. Non é normal atopalo en alta montaña ou nas serras, por riba dos 1.100 metros de altitude. Para dormir xúntanse todos. Niños Cria en pequenas colonias en buracos de árbores, paredes e penedos. De fin de abril a agosto pon de 3-5 ovos brancos pintados de pardo que chocan ambos sexos durante 14 días. Os polos voan os 15 días. Vese nos meses de abril a agosto. Curiosidades O seu canto é moi variado, a base de notas parloteantes, chasqueantes e aflautadas.

11


Blibliografía http://www.rios-galegos.com http://volandeira.netne.net http://www.blogoteca.com http://gl.wikipedia.org “Guía das aves de Galicia” de Xosé M.Penas. Carlos Pedreira e Carlos Silvar. “Cuadernos de Campo” de Félix Rodriguez de la Fuente. Pájaros de río. “Guía das aves de Galicia” de Xosé M.Penas. Carlos Pedreira e Carlos Silvar. “Veciñas do home, aves urbanas de Galicia” de Xurxo de Viveriro, X.C. Castro Laxe e Nicolás Muñoz Toro. “Veciñas do aire” DVD de Federico de la Peña “Viaxeiras da auga. Aves mariñas e acuáticas de Galicia e norte de Portugal. Estanislao Fernández de la Cigoña. Editorial Xerais. Foto da portada Rafa Fariña Fotos de paxaros e aves de www.rios-galegos.com

12


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.