Non ao fomento da prostitución nos centros educativos Como moitos xa sabedes non hai moito Galicia Bilingüe presentou unha queixa ante o Valedor do Pobo por un enlace a un vídeo do grupo Skarnio que había nun blog dun ENL. Non sorprende a actitude de Galicia Bilingüe, pero o que resulta sorprendente é a resposta do Valedor que cualifica o dito contido de "ilícito, inapropiado e inadecuado para as finalidades que debe perseguir unha administración pública e un sistema educativo democrático". Tanto da queixa de Galicia Bilingüe como da resposta do Valedor fixéronse eco diversos medios de comunicación que non se distinguen precisamente polo apoio á lingua galega e que moitas veces ofrecen unha visión parcial ou mesmo deformada do asunto. Pois, velaquí que algúns destes medios de comunicación, concretamente xornais, estanse a recibir nos centros educativos e resulta que traen páxinas de contactos, ás cales teñen acceso menores de idade, que denigran sobre todo á muller, facéndoa aparecer como unha mercadoría. Así, podemos ler nestes xornais e nas revistas que os acompañan anuncios como os que seguen: "¡Silleda! Elisabet, francés sin, 2 polvos 40 euros..." (LVG, 10/12/2010) "Lorena canaria 34. Cariñosa. Pechugona. Francés natural. Termina donde quieras" (LVG, 10/12/2010) "Travesti rubia cachonda. Femenina. Penetración suavecita. Recibo desnuda, erecta, lechera, 30 euros" (LVG, 10/12/2010)
"¡Laura!, profesora gallega no profesional, ¿te atreves a jugar?" (LVG, 10/12/2010) "Super dos chicas x 40, guapas, ardientes, sin prisas" (Diario de Pontevedra, 10/12/2010) "25 euritos, me como tu polla, me follas todita" (Diario de Pontevedra, 10/12/2010) "Promoción Navidad, 2 chicas por 60. Todos los servicios" (Diario de Pontevedra, 10/12/2010) E así un longo etc., onde, como se indicaba, a muller é presentada como un mero obxecto de pracer, unha mercadoría que se pode comprar e mesmo hai ofertas, dous por un, etc. Non quedan atrás as revistas que acompañan algúns destes xornais, así na revista Pantalla, que vén con La Voz de Galicia, podemos atopar anuncios de vídeos porno, entre outros, de "profesoras" (Pantalla, 10/12/2010) Son estes contidos lícitos e adecuados para alumnos dun centro educativo? Son acordes cos valores que os profesores e profesoras debemos transmitir? Contribúen a erradicar comportamentos e estereotipos sexistas ou van na dirección oposta? Todos nós podemos facer algo en contra de todo isto e de paso conseguir que os ataque ao idioma se volvan contra deles, é dicir, que non lle saian gratis, por iso se propón que en cada centro educativo se leve a claustro o tema do fomento da prostitución nos centros. Que se lle comunique aos citados medios de comuni-
cación que se non suprimen tales contidos non se renovará a subscrición. Se os diferentes centros non optan por evitar que tales contidos cheguen ao alumnado, que se denuncie ante a Consellería de Educación. Que se a Consellería non responde, se presente queixa ante o Valedor do pobo (é dicir, os mesmos pasos que seguiu Galicia Bilingüe). Por outro lado, como profesores, deberiamos esixir que non só se retiren eses contidos dos xornais e revistas que chegan aos centros, senón que deberemos esixir nos nosos centros respectivos non se compren xornais que insiran anuncios de contactos, independentemente de que a versión que chegue aos centros os suprima. Porque se nós permitimos que isto suceda estamos acos-
tumando aos alumnos a ler un determinado tipo de xornal, que logo si fomenta a prostitución e a cousificación da muller. Como ensinantes non deberiamos contribuír a isto. Acostumemos o noso alumnado a ler xornais respectuosos coa muller e non sexistas. Hai xornais que non teñen este tipo de anuncios, a nivel galego Xornal de Galicia e a nivel estatal Público, por poñer algún exemplo. Así que xa sabedes, implicádevos. !As mulleres non son cousas! ¡Que os xornais inimigos do idioma perdan cartos! ¡A mesma vara de medir para todos!