ESTUDO DA POBOACIÓN SENEGALESA RESIDENTE EN GALICIA COMO AXENTE DE DESENVOLVEMENTO
Coordinadora do Proxecto: Laura Oso Casas Investigadora: Iria Vázquez Silva Investigadora colaboradora: Rokhaya Biaye Grupo de investigación sobre Socioloxía das Migracións Facultade de Socioloxía- Universidade da Coruña Decembro 2007
Estudo da poboación senegalesa residente en Galicia como axente de desenvolvemento
ÍNDICE 1.- INTRODUCCIÓN .......................................................................4 2.- OBXECTIVOS ..........................................................................6 3.- APUNTES METODOLÓXICOS .........................................................8 4.- PERFIL SOCIO- DEMOGRÁFICO DO COLECTIVO SENEGALÉS EN GALICIA......11 5.- RESULTADOS DO TRABALLO DE CAMPO..........................................22 5.1.- CONTEXTO DE ORIXE: O COMPLEXO MAPA DE SENEGAL ....................22 5.1.1.- Principais procedencias de orixe da inmigración senegalesa en Galicia ........................................................22 5.1.2.- A especificidade étnica e relixiosa do colectivo senegalés en Galicia ..........................................................................27 5.2.- CONTEXTO DE CHEGADA: A VIDA EN GALICIA ................................30 5.2.1.- A viaxe e a elección de Galicia como destino ..................30 5.2.2.- Os patróns de aforro e consumo en Galicia .....................33 5.2.3.- A inserción laboral dos/as entrevistados/as ....................36 5.3.- COMPORTAMENTOS TRANSNACIONAIS: REDES ENTRE ORIXE E DESTINO ................................................44 5.3.1.- As redes económicas con Senegal e a súa relación co desenvolvemento .........................................................44
2
Estudo da poboación senegalesa residente en Galicia como axente de desenvolvemento
5.3.2.- As redes sociais transnacionais: as diferentes conexións con Senegal ...................................................................51 5.3.2.1.- O contacto coa familia: unha constante.................51 5.3.2.2.- O seguimento de Senegal en Galicia .....................54
5.4- MAPA DE ACTORES SOCIAIS CLAVE NO TRABALLO COA INMIGRACIÓN SENEGALESA ............................................................58 5.4.1.- O asociacionismo inmigrante senegalés ............................59 5.4.2.- As cofradías relixiosas: as Dahiras ..................................65 5.4.3.- ONG´s e sindicatos ....................................................67 5.5. – MAPA DE ACTORES SOCIAIS CLAVE NO CODESENVOLVEMENTO CON SENEGAL ..................................................................................71 6.- CONCLUSIÓNS .......................................................................74 7.- BIBLIOGRAFÍA .......................................................................77 ANEXO 1: GUIÓN DAS ENTREVISTAS EN PROFUNDIDADE A SENEGALESES/AS......................................................................80 ANEXO 2: GUIÓN DAS ENTREVISTAS EN PROFUNDIDADE ÁS ORGANIZACIÓNS......................................................................84 ANEXO 3: LISTADO DE ENDEREZOS E TELÉFONOS DE ASOCIACIÓNS, ONG´S E SINDICATOS RELACIONADOS COA INMIGRACIÓN SENEGALESA..................87 ANEXO 4: ÍNDICE DE TÁBOAS E MAPAS................................................90
3
Estudo da poboación senegalesa residente en Galicia como axente de desenvolvemento
1.- INTRODUCCIÓN
O presente estudo ten como obxectivo realizar un achegamento ó colectivo inmigrante senegalés residente en Galicia en relación ós seus comportamentos transnacionais para detectar de que xeito están a afectar ó desenvolvemento do seu país de orixe, analizando con que frecuencia e de que modo se establecen estas redes, tanto económicas como sociais, con Senegal.
Forzosamente, a nosa ollada se aparta daquela concepción que ve ós/ás migrantes como grupos sedentarios que desenvolven relacións estáticas tan só no lugar onde viven (o lugar de chegada). Pola contra, ó que asistimos, como están a recoller diferentes estudosos/as das Migracións Internacionais, é a un accionar transnacional a partir dos vínculos plurais que suscita a migración. Créanse, deste xeito, múltiples e sostidas oportunidades de acción transnacional polo interese simultáneo de diferentes actores inscritos nestes campos sociais transnacionais, nos que debemos incluír non só ós/ás propios/as migrantes senón ós Estados, ás entidades non gobernamentais, e ás corporacións empresariais que configuran e potencian a circulación permanente de persoas, información, mercancía, símbolos e capital entre os nodos das redes migratorias 1 .
Neste senso, sería moi reduccionista, pensar que os/as inmigrantes inflúen exclusivamente á sociedade de acollida; pola contra, como nos lembra Guarnizo 2 , hai que ter moi presente o feito de que as persoas migrantes se atopan implicadas nunha gran variedade de prácticas que implican o intercambio dunha morea de recursos tanxibles e intanxibles que inclúe xente, (que emigra, volve emigrar, visita o seu fogar con regularidade), recursos monetarios, (inversións comerciais, remesas familiares, axuda humanitaria), recursos non monetarios, (ideas e símbolos culturais), e apoio político e oposición. 1
Cortés, Almudena (2006): “Codesarrollo y migración: una lógica transnacional. Reflexiones sobre el caso español” en Puntos de Vista nº 8/Codesarrollo, Decembro 2006, Publicaciones del Observatorio de las Migraciones y de la Convivencia intercultural de la ciudad de Madrid, Madrid, pp. 7- 27. 2 Guarnizo, Luis et al. (2003): “Desconfianza, solidaridad fragmentada y migración transnacional: los colombianos en la ciudad de Nueva York y Los Ángeles”, en Portes, Alejandro et al (eds) La globalización desde abajo: transnacionalismo inmigrante y desarrollo, FLACSO, México, pp. 233-270.
4
Estudo da poboación senegalesa residente en Galicia como axente de desenvolvemento
Estamos, polo tanto, ante un entramado de diferentes actores que están a tecer unhas redes, ás veces invisibles, outras máis manifestas, entre as zonas de orixe dos/as inmigrantes e as de destino. No caso que nos ocupa, analizaremos especificamente estes comportamentos transnacionais para o colectivo de inmigrantes senegaleses, tendo en conta as súas especificidades culturais e relixiosas, que, como veremos, inflúen moito no tipo de comunicación que se vai establecer con Senegal. Como xa se sinalou, os/as migrantes non son os/as únicos/as que tecen redes, polo que tamén lle prestaremos atención ás asociacións de inmigrantes senegaleses, así como a aquelas ONG´s e sindicatos que traballan con este colectivo, analizando dun xeito pormenorizado aqueles proxectos de codesenvolvemento que están funcionando na actualidade entre Galicia e Senegal.
Co fin de poder afondar nesa perspectiva dual que se precisa para analizar os comportamentos transnacionais, este estudo se estructura nos seguintes apartados: en primeiro lugar, nos fixaremos no contexto de orixe, centrándonos naquelas rexións dentro de Senegal, que maioritariamente son as zonas de orixe da inmigración senegalesa en Galicia, analizando tamén a súa especificidade étnica e relixiosa. En segundo lugar, percorreremos a viaxe ata Galicia, para analizar xa en destino os patróns de aforro e consumo que seguen os inmigrantes senegaleses, para estudar, posteriormente, as redes tecidas por estes/as inmigrantes entre a orixe e o destino, (en realidade as redes tecidas polos/as inmigrantes irán saíndo ó longo de tódolos apartados; neste epígrafe trataremos aquelas redes máis manifestas). Por último, se detectarán aquelas asociacións, ONG´s ou sindicatos referentes para o colectivo de senegaleses/as.
5
Estudo da poboación senegalesa residente en Galicia como axente de desenvolvemento
2.- OBXECTIVOS
O obxectivo xeral deste Proxecto de Investigación consiste na realización dunha aproximación á poboación senegalesa residente en Galicia como axente de desenvolvemento; é dicir, o obxectivo fundamental é analizar o comportamento transnacional da poboación senegalesa en conexión co seu país de orixe, Senegal, observando en que senso esta inmigración senegalesa en Galicia está tendo un impacto no desenvolvemento do seu contexto emisor.
Deste obxectivo xeral, se derivan outros obxectivos máis concretos: •
(1). Precisamos, antes que nada, delimitar o perfil socio- demográfico da poboación senegalesa residente en Galicia: número, sexo, idade, a súa distribución xeográfica e onde se ocupan economicamente, para ter unha visión xeral deste colectivo na nosa comunidade.
•
(2). A partires destes datos e do traballo cualitativo se analizarán outras variables, como as estratexias de aforro, consumo e envío de remesas.
•
(3). Estudaranse, así mesmo, as estratexias de inversión dos recursos económicos no país de orixe e en Galicia.
•
(4). Outro eido importante será a identificación das redes sociais transnacionais tecidas entre os/as inmigrantes senegaleses/as, e a avaliación do papel destas redes.
•
(5). Análise da circulación transnacional de mercancías, símbolos, imaxes, valores culturais, estilos de consumo e de vida.
6
Estudo da poboación senegalesa residente en Galicia como axente de desenvolvemento
•
(6). Estudo sobre o uso das novas tecnoloxías por parte da poboación migrante senegalesa para o establecemento de relacións comerciais e sociais transnacionais.
•
(7). Por último, detectaremos que actores sociais son os máis involucrados no eido do codesenvolvemento con Senegal, tanto entre o propio colectivo senegalés como dentro da poboación autóctona e das súas organizacións.
7
Estudo da poboación senegalesa residente en Galicia como axente de desenvolvemento
3.- APUNTES METODOLÓXICOS
O primeiro paso imprescindible da Investigación para poder posteriormente afondar nos comportamentos da inmigración senegalesa en Galicia, consiste en facer un primeiro achegamento ó perfil socio- demográfico da poboación inmigrante senegalesa residente en Galicia (obxectivo 1), para o cal levamos a cabo unha explotación de datos secundarios para a poboación senegalesa na nosa comunidade. Fundamentalmente explotamos os datos do Padrón Municipal, (de 2006 e o avance do Padrón de 2007), e os Censos de Poboación e a Estatística de Variacións Residenciais, ambos rexistros procedentes do Instituto Nacional de Estatística. Empregaremos tamén os datos da Seguridade Social, e os datos referentes ós movementos migratorios do Instituto Galego de Estatística. A maiores, para facernos unha idea dos nichos laborais da poboación senegalesa en Galicia usaremos, a súa vez, os datos recollidos polo Observatorio Ocupacional da Xunta de Galicia.
En relación ós obxectivos (2), (3), (4), (5) e (6) empregamos unha metodoloxía cualitativa mediante a realización de entrevistas en profundidade a inmigrantes senegaleses/as residentes en Galicia. Leváronse a cabo un total de 12 entrevistas a inmigrantes senegaleses. Debido ó maior peso da poboación inmigrante nas provincias de A Coruña e Pontevedra, se realizaron seis entrevistas na provincia de Pontevedra (cinco delas en Vigo e unha en Moaña); outras cinco entrevistas se fixeron na provincia de A Coruña, concretamente na cidade da Coruña; por último, a entrevista restante realizouse na cidade de Ourense. Do total de persoas entrevistadas, dez son varóns, e dúas son mulleres. Esta maior representación de varóns resposta ó feito de que a inmigración senegalesa é eminentemente masculina, tal e como veremos no seguinte apartado; mais, tamén se realizaron varias entrevistas a mulleres senegalesas, para captar certas especificidades de xénero dentro do colectivo. As idades varían entre os 28 e os 64 anos, aínda que a maioría se sitúa ó redor da trintena. En canto ás ocupacións laborais, a pesares de que a maioría das persoas entrevistadas se dedican á venda ambulante, tamén están representados outros sectores laborais, como a pesca, a construcción e o traballo en empresas de diferente tipo, (de madeira, e un gran almacén); un dos nosos informantes está desempregado, como consecuencia da súa 8
Estudo da poboación senegalesa residente en Galicia como axente de desenvolvemento
situación de irregularidade. En canto á situación civil, sete se atopan casados/as, catro persoas solteiras e unha viúva. Para complementar a nosa información, mantivemos tamén reunións semanais cunha informante clave de Senegal, que colaborou á hora de realizar e traducir tres entrevistas en lingua wolof, a lingua materna da maioría dos/as senegaleses/as, e o idioma no que se desenvolven cunha maior confianza. Esta informante clave colaborou con nós nas últimas etapas da investigación.
A maioría das entrevistas se realizaron nos postos de traballo dos/as entrevistados, cinco delas nos postos de venda ambulante (tanto na rúa como nos Mercadiños); outras catro entrevistas foron realizadas en cafeterías, e as tres entrevistas restantes foron levadas a cabo nos locais de diferentes ONG´s e asociacións de inmigrantes, (en “Equus Zebra”, en “Eco- Desarrollo Gaia” e na “Asociación de inmigrantes senegaleses de Ourense”). As vías de contacto cos/as entrevistados/as se iniciaron a través de diferentes ONG´s e asociacións de inmigrantes, empregando posteriormente o método de bola de neve. No caso dos Mercadiños, en dúas ocasións se realizaron entrevistas sen contacto previo co/a entrevistado/a. A duración das entrevistas en profundidade variou dende a hora ata as dúas horas e media. Das 12 entrevistas, 5 delas foron gravadas, e as 7 restantes non foi posible a súa gravación dado o desexo expreso dos/as entrevistados/as de non ser gravados. Nestes casos se tomaron notas para a reconstrucción posterior do discurso.
Optamos por esta técnica das entrevistas en profundidade, debido a que, como nos lembran Martín Muñoz e López Sala, posúe a vantaxe de que é a propia voz da/o entrevistada/o a que revela a súa experiencia 3 , reflectindo a cantidade de matices e variables que están detrás, no caso que nos ocupa, das diferentes motivacións para emigrar, os comportamentos en destino, as relacións con Senegal, etc. Así mesmo, o feito de que o presente estudo pretenda afondar en certas temáticas controvertidas, (como o envío de remesas e/ou mercancías e a súa relación co desenvolvemento, os diferentes comportamentos transnacionais dos/as entrevistados/as, o seu contacto coa familia en orixe,...), fai necesaria a busca dunha especial confianza coa persoa entrevistada, para o cal resulta pertinente a técnica da entrevista en profundidade. 3
Martín, Gema e López, Ana (2003): Mujeres musulmanas en España. El caso de la inmigración femenina marroquí, Instituto de la Mujer, Madrid, p. 114..
9
Estudo da poboación senegalesa residente en Galicia como axente de desenvolvemento
Para complementar a nosa visión sobre a inmigración senegalesa, levamos a cabo tamén un grupo de discusión coa participación de cinco usuarios da ONG´d “Eco- Desarrollo Gaia”, na cidade da Coruña. Este grupo de discusión xurdiu espontaneamente a partires da visita a esta ONG, debido a que se tivo a oportunidade de aproveitar unha aula de castelán prevista para ese día, para a realización deste grupo de discusión. Tódolos participantes foron varóns, con idades que ían dos 20 ós 42 anos. A maioría se atopaba en situación irregular e desempregados, aínda que algún deles traballaba na venda ambulante. Foi posible a gravación do grupo.
En canto ó obxectivo (7), acudimos de novo ó traballo cualitativo, pero neste caso levamos a cabo entrevistas a expertos/as e informantes clave, que nos facilitaron un mapa de actores sociais clave no eido do codesenvolvemento con Senegal. Así, acudimos a diferentes representantes do asociacionismo inmigrante, (senegalés e africano), ONG´s e sindicatos. En total, realizamos oito entrevistas a este tipo de informantes. En concreto, realizamos unha entrevista ó secretario da “Asociación de senegaleses de Ourense”, unha entrevista ó secretario e posteriormente outra entrevista ó Presidente da “Asociación de Senegaleses residentes en Vigo”. A maiores das asociacións de senegaleses, levamos a cabo unha entrevista ó presidente “Asociación e Integración de Ayuda al Desarrollo del Africano (AIDA)”. En canto ás ONG´s, entrevistamos ó responsable do Programa Socio- Sanitario de “Ecos do Sur”, tamén contactamos coa responsable do departamento de cofinanciación de “Equus Zebra”, e entrevistamos tamén ó coordinador de “Eco- Desarrollo Gaia”. Para rematar, fixemos unha entrevista conxunta a dúas traballadoras de CITE- Comisións Obreiras de Vigo. Neste eido entrevistamos, polo tanto, a cinco homes e tres mulleres. Todas estas entrevistas foron gravadas.
Todo o traballo de campo se realizou entre os meses de outubro e novembro de 2007, contando sempre cunha actitude moi colaboradora por parte das persoas entrevistadas. Para manter o anonimato das persoas contactadas, só faremos referencia á nacionalidade, sexo e ocupación das persoas entrevistadas.
10
Estudo da poboación senegalesa residente en Galicia como axente de desenvolvemento
4.- O PERFIL SOCIO- DEMOGRÁFICO DO COLECTIVO SENEGALÉS EN GALICIA
O primeiro obxectivo a acadar neste estudo é a delimitación dun perfil sociodemográfico da poboación senegalesa residente en Galicia. Para o cal se realizou unha explotación de datos secundarios procedentes, fundamentalmente, do avance do Padrón Municipal do 2007, co fin de realizar un achegamento ó volume deste colectivo por sexos e idades, a súa distribución municipal e provincial; a maiores, tamén se detectaron as súas principais ocupacións laborais.
En primeiro lugar, tal e como se observa na táboa 1, a poboación total senegalesa no ano 2007 ascende a 1109 persoas, das cales 1005 son varóns, e 104 son mulleres; é, polo tanto unha inmigración moi masculinizada, (a porcentaxe de varóns senegaleses ascende en Galicia ó 91,7% fronte ó 8,3% de mulleres). Esta é unha característica que se reproduce tamén, aínda que en menor medida, para a inmigración senegalesa residente en España, a cal para este mesmo ano conta con 29027 varóns fronte a 5388 mulleres; é dicir, o 84,4% son varóns fronte ó 15,6% de mulleres senegalesas. Esta asimetría en termos de xénero na migración senegalesa é un fenómeno que, segundo Kaplan 4 e en referencia á migración senegambiana en Cataluña, se pode explicar se temos en conta que o rol de emigrar, na sociedade de orixe, correspondeu tradicionalmente ó home. Ademais, hai que ter en conta que o fluxo de inmigración senegalesa é moi recente en Galicia, o que incrementa aínda máis esa diferencia entre varóns e mulleres inmigrantes, (as reagrupacións familiares aínda son incipientes na nosa comunidade). Segundo estes datos, e facendo unha comparativa entre a poboación senegalesa en Galicia respecto á residente en toda España, hai que subliñar que o peso desta inmigración en Galicia é bastante pequeno, en concreto supón o 3,2% dos/as senegaleses no Estado.
En canto á distribución xeográfica da inmigración senegalesa dentro da nosa comunidade, se detecta, como xa se adiantou, unha forte concentración nas provincias da Coruña e Pontevedra, as cales aglutinan ó 93,2% da poboación senegalesa
4
Kaplan, Adriana (2003): “Los procesos migratorios: senegambianos en Cataluña” [en liña]: Instituto de Altos Estudios Universitarios, dipoñible en: www.iaeu.es, [consulta: 10/10/2007].
11
Estudo da poboación senegalesa residente en Galicia como axente de desenvolvemento
empadroada en Galicia. A provincia cunha maior concentración de estranxeiros/as procedentes de Senegal é A Coruña (cun 48,5 %), seguida de Pontevedra (44,7 %), e moito máis lonxe se atopan as provincias de Ourense e Lugo, (esta última cunha incidencia moi pequena de persoas empadroadas senegalesas).
Varóns
Mulleres
Total
%
Galicia
1005
104
1109
100 %
A Coruña
499
39
538
48,5 %
Pontevedra
434
57
491
44, 7 %
Ourense
64
8
72
6, 5 %
Lugo
8
0
8
0, 7 %
Táboa 1. Distribución provincial da poboación senegalesa en Galicia, 2007. (Fonte: elaboración propia a partir do avance de Padrón Municipal 2007, INE).
A pesares de que, como comentabamos arriba, o peso da inmigración senegalesa en Galicia respecto a España representa só unha pequena parte, esta nacionalidade na nosa comunidade mostrou nos últimos cinco anos un ascenso moi relevante no seu número, chegando a case triplicar o seu peso dende o ano 2002. Ademais hai que subliñar que este fluxo posúe unha particularidade respecto ós fluxos tradicionais de chegada en Galicia, os cales se caracterizaban pola vinculación á emigración de antano a América e Europa, (os/as retornados/as e os descendentes destes/as). Este fluxo senegalés, pola contra, posúe a especificidade de ser unha inmigración sen lazos históricos nin culturais nin comerciais con Galicia.
12
Estudo da poboación senegalesa residente en Galicia como axente de desenvolvemento
Ano
Varóns
Mulleres
Total
2002
373
27
400
2007
1005
104
1109
Táboa 2. Comparativa da poboación senegalesa en Galicia, 2002- 2005. (Fonte: elaboración propia a partir do avance de Padrón Municipal 2007 e 2002, INE). .
Tamén será interesante relacionar o número de senegaleses/as respecto ó resto de poboación inmigrante en Galicia. O total de estranxeiros/as senegaleses/as en Galicia ascende a 1109 persoas, un volume bastante pequeno se o consideramos en relación ó total de persoas estranxeiras en Galicia, (81023); en concreto, as persoas estranxeiras senegalesas en Galicia supoñen só o 1,37 % das persoas estranxeiras en total, e o 0,04% respecto á poboación total galega. Temos que matizar que a cifra dada de senegaleses/as procedente do Padrón posiblemente se atope por debaixo da realidade, debido a que na realización do traballo de campo se puido percibir unha incidencia importante da irregularidade xurídica no colectivo senegalés, o que pode provocar nalgúns casos que estas persoas non se inscriban no Padrón, motivo polo que non quedan rexistradas nos nosos datos. Este é o caso daqueles inmigrantes irregulares que veñen sen pasaporte, o que lles impide inscribirse no Padrón ata poder conseguir dito documento, un trámite que pode tardar un ou varios anos.
“Ahora si hay muchos irregulares, son muchos ahora, por lo menos pueden ser en Orense 35 o 40,..., hay gente que no se empadrona porque no tiene pasaporte, para empadronarse hay que tener un documento, muchos de los que llegaron recién, no tienen pasaporte, es un problema, porque para tener un pasaporte te puede llevar un año, tienes que ir a Madrid o Barcelona, y llevar los papeles, y a mi me tardó 10 meses, solo para renovar el pasaporte, era para ir a Senegal, no podía ir sin el pasaporte,..., ahora es el principal problema de los que llegan ahora, están esperando,..., un año” (representante da “Asociación de senegaleses de Ourense).
13
Estudo da poboación senegalesa residente en Galicia como axente de desenvolvemento
Sobre todo, segundo nos comentaron diferentes representantes de sindicatos e ONG´s que traballan co colectivo, nestes últimos dous anos se percibiu unha chegada relevante de varóns novos en situación irregular, procedentes dos caiucos, un fluxo que non era importante en anos anteriores. Polo tanto, podemos concluír que aínda que o volume de inmigrantes senegaleses/as non ten moito peso en relación á inmigración total en Galicia, o seu crecemento nos últimos cinco anos foi moi acusado, tendencia que se mantén na actualidade.
Xa sinalamos a elevada concentración do colectivo senegalés nas provincias da Coruña e Pontevedra. Tamén será interesante analizar a distribución por municipios, para a cal só se dispoñen os datos da explotación do Padrón para o ano 2006, os cales presentamos na táboa 3 totalmente desagregados coa finalidade de obter un mapa máis ou menos exacto da distribución da poboación senegalesa en Galicia.
14
Estudo da poboación senegalesa residente en Galicia como axente de desenvolvemento
Varóns
Mulleres
A Coruña
313
34
347
Vigo
227
36
263
Pontevedra
106
9
115
Ourense
48
7
55
Poio
13
4
17
Arteixo
9
2
11
Fene
8
0
8
Culleredo
3
2
5
Burela
5
0
5
Marín
4
0
4
Ferrol
3
0
3
Betanzos
3
0
3
2
0
2
Gondomar
0
2
2
Camariñas
1
0
1
Carral
1
0
1
Cerceda
1
0
1
A Laracha
1
0
1
Oleiros
0
1
1
Padrón
1
0
1
Santiago de Compostela
Total
15
Estudo da poboación senegalesa residente en Galicia como axente de desenvolvemento
Ribeira
1
0
1
Pol
1
0
1
Verín
1
0
1
Baiona
1
0
1
Bueu
1
0
1
O Porriño
1
0
1
Nigrán
0
1
1
Táboa 3. Distribución da poboación senegalesa por municipios, 2006. (Fonte: elaboración propia a partir do Padrón Municipal de 2006, INE).
Observando esta táboa podemos comprobar que, en canto ó peso municipal, é A Coruña a que aglutina máis poboación senegalesa, en concreto, para o ano 2006, concentraba o 40,7% da poboación senegalesa asentada en Galicia, o que explica unha parte importante do elevado peso provincial coruñés. A segunda cidade galega que ten unha densidade relevante do colectivo senegalés é Vigo, cunha porcentaxe do 30,8% respecto ó total de poboación senegalesa. A terceira cidade relevante dende este punto de vista é Pontevedra, concello que aglutina o 13,5% da poboación senegalesa empadroada en Galicia para o 2006, e que segundo nos comentaron en diferentes ONG´s e sindicatos, é o fluxo máis antigo de senegaleses en Galicia, cunha poboación senegalesa de maior idade e cun índice de nacionalización española importante. Por último, Ourense sería a carta cidade en importancia, cunha porcentaxe do 6,5%. De novo, polo tanto, son as dúas grandes cidades galegas, (como sucede co patrón de distribución que segue a inmigración en xeral na nosa comunidade), as que concentran o 71,5% das persoas estranxeiras senegalesas en Galicia.
A partires do traballo de campo, puidemos constatar tamén que dentro destas cidades existen barrios onde se da unha maior concentración do colectivo senegalés; en concreto, en A Coruña moitos senegaleses están a vivir no barrio da Sagrada Familia, 16
Estudo da poboación senegalesa residente en Galicia como axente de desenvolvemento
un barrio que posúe unha importante presencia de venda ambulante. En Vigo, a súa vez, se da unha elevadísima concentración residencial do colectivo no barrio de Teis, un barrio das aforas da cidade, onde se sitúan diferentes infraestructuras do Porto e dos Astilleiros, e onde se levou a cabo unha boa parte do traballo de campo nesta cidade. A maiores dos factores laborais, a forte unión do colectivo e as densas redes que se tecen dentro do mesmo, (familiares, étnicas, relixiosas, ...), explican tamén esta concentración residencial, variables das que falaremos ó longo do estudo.
Outra característica relevante na análise do perfil demográfico da poboación senegalesa en Galicia é a distribución por idades deste colectivo. Debido a que non existen aínda estes datos para o 2007, reflexamos abaixo a distribución por idades para o 2006, datos que nos dan unha idea da tendencia xeral desta poboación.
Idades
0-14
15-24
25-34
35-44
45-54
55 e máis
Total
Varóns
7
79
255
243
136
25
745
Mulleres
12
7
41
25
10
1
96
Total
19
86
296
268
146
26
841
Táboa 4. Distribución por idades da poboación senegalesa, 2006. (Fonte: elaboración propia a partir do Padrón Municipal de 2006, INE).
Pódese ver nesta táboa a elevada concentración da poboación senegalesa nos tramos de idades activas, fundamentalmente dos 25- 34 anos e dos 35- 44 anos, tramos que aglutinan ó 67% deste colectivo. Esta concentración se repite para ambos sexos, aínda que no caso das mulleres se da unha maior concentración na primeira cohorte, a de 2534 anos.
17
Estudo da poboación senegalesa residente en Galicia como axente de desenvolvemento
Despois deste primeiro achegamento ó perfil demográfico da poboación senegalesa en Galicia, e a súa distribución nesta comunidade, explotaremos agora os datos referentes ó perfil socio- laboral deste colectivo en Galicia, para completar a nosa ollada sobre esta poboación na nosa comunidade. Comezaremos cos datos sobre contratación para esta nacionalidade. Matizamos que na seguinte táboa, debido á Lei de Protección de Datos, non se recollerán aqueles sectores que posúan 3 ou menos contratos.
Sectores de actividade
Contratos
Contratados/as
Agricultura, gandería, caza e servizos relacionados
19
10
Silvicultura, explotación forestal e servizos relacionados
22
18
Pesca, acuicultura, e servizos relacionados
66
43
Extracción de minerais non metálicos nin enerxéticos
7
6
Industria de productos alimenticios e bebidas
4
4
10
10
8
7
16
15
Industria de madeira e da cortiza, agás mobles; cestería e espartería
Fabricación doutros produtos minerais non metálicos
Fabricación de produtos metálicos, agás maquinaria e equipo
18
Estudo da poboación senegalesa residente en Galicia como axente de desenvolvemento
Industria da construción de maquinaria e equipo
8
8
Fabricación doutro material de transporte
15
9
Construcción
215
148
5
4
19
18
29
27
7
7
95
40
Outras actividades empresariais
45
25
Actividades recreativas, culturais e deportivas
18
4
Actividades diversas de servizos persoais
12
6
Hostalería
13
7
mecánico
Venda, mantemento e reparación de vehículos de motor, motocicletas e ciclomotores Comercio por xunto e intermediarios do comercio, agás de vehículos de motor e motocicletas Comercio polo miúdo, agás comercio de vehículos de motor, motocicletas e ciclomotores
Transporte terrestre; transporte por tubos
Actividades anexas ós transportes: activ. Axencia de viaxes
Táboa 5. Senegaleses/as contratados/as e contratos de xaneiro a setembro de 2007. (Fonte: elaboración propia a partir dos datos do Observatorio Ocupacional, Xunta de Galicia).
19
Estudo da poboación senegalesa residente en Galicia como axente de desenvolvemento
Os sectores que destacan na contratación son os seguintes: en primeiro termo a construcción, logo a pesca, en terceiro lugar os sectores relacionados co transporte, e en carto lugar, os diferentes comercios, (polo miúdo ou xunto). Faise necesario matizar que, segundo o noso traballo de campo, existe tamén unha moi importante parte do colectivo que se dedica á venda ambulante en feiras, o cal non sae reflexado nestes datos, que só se refiren ó traballo por conta allea.
En calquera caso, estes datos si nos informan das tendencias laborais deste colectivo na conta allea, o cal, a maiores da venda ambulante, se dedica dun xeito importante á construcción, á pesca, ó transporte e ó comercio. É a pesca un dos sectores tradicionais de inserción deste colectivo, debido a que moitos dos inmigrantes se dedicaban en Senegal a esta actividade, tanto dun xeito individual, (con caiucos), como facendo campañas máis longas pola costa de Senegal, Gambia ou Guinea. Neste senso, a través das entrevistas, puidemos escoitar en varias ocasións, como unha das causas da escolla de Galicia como destino de emigración apuntaba ó feito de que a nosa comunidade tiña un importante sector de pesca, o cal supuña a posibilidade de ocuparse nesta actividade.
Se comparamos estes sectores cos datos recollidos para o total español, podemos detectar que o réxime xeral e o agrario son os máis importantes para o caso español, sendo moi minoritario o réxime da pesca. Polo tanto, parece que para o contexto galego se da unha sobrerrepresentación no sector pesqueiro, mentres que sector agrario se atopa claramente infrarrepresentado, sector que resulta máis importante para o resto do Estado.
Réxime Xeral
Autónomos
Agrario
Fogar
Mar
Minería
Total
Número
14437
1225
2549
395
264
0
18870
Porcentaxe
76, 41%
6,49%
13,51%
2,09%
1,40%
0
100
Táboa 6. Distribución por réximes do colectivo senegalés en España, 2006. (Fonte: Elaboración propia a partir do Anuario Estatístico de Inmigración).
20
Estudo da poboación senegalesa residente en Galicia como axente de desenvolvemento
Por último, a distribución por provincias en canto ás altas á seguridade social se correlaciona, como cabería esperar, coa distribución da poboación senegalesa en Galicia que comentamos máis arriba. Así, a provincia con máis altas á seguridade social é A Coruña, seguida de Pontevedra, e moito máis lonxe quedan as provincias de Ourense e, por último, dun xeito anecdótico, a provincia de Lugo. En total, en Galicia para o ano 2006, están dados/as de alta á seguridade social 408 senegaleses, o que supón un 2,16% das altas á seguridade social respecto ó total de altas de senegaleses/as en España.
Total Galicia
408
A Coruña
215
Pontevedra
160
Ourense
27
Lugo
6
Táboa 7. Senegaleses/as dados de alta á Seguridade Social por Provincias, (2006). (Fonte: Elaboración propia a partir do Anuario Estatístico de Inmigración).
21
Estudo da poboación senegalesa residente en Galicia como axente de desenvolvemento
5.- RESULTADOS DO TRABALLO DE CAMPO 5.1.- CONTEXTO DE ORIXE: O COMPLEXO MAPA DE SENEGAL
5.1.1.-
Principais procedencias de orixe da inmigración senegalesa en
Galicia
Para analizar as principais procedencias da inmigración senegalesa asentada en Galicia, acudimos ó propio discurso das persoas entrevistadas, engadindo información complementaria que recollemos nas diferentes asociacións de inmigrantes e ONG´ s que traballan con senegaleses/as, as cales nos facilitaron os datos de procedencia dos seus usuarios/as, o que resultou unha información moi valiosa para contrastar as zonas de procedencia recollidas previamente nas entrevistas individuais.
Existen tres zonas de procedencia que son sinaladas como moi importantes polos/as nosos/as entrevistados/as: Dakar, Diourbel e Saint- Louis. Estas procedencias son sinaladas como orixe das propias persoas entrevistadas, e tamén foron subliñadas como zonas de procedencia importantes doutras persoas compatriotas coñecidas. Mais, hai que facer unha matización: a través do traballo de campo se detectou que as procedencias varían en relación ó destino concreto en Galicia: así, as procedencias maioritarias en Vigo apuntan a Diourbel e Dakar, as da Coruña a Saint- Louis e as de Ourense á Rexión de Louga, rexión que tamén posúe certa representación na Coruña. Polo tanto, as zonas de orixe en Senegal semellan vincularse a un destino concreto, que se distingue incluso a nivel provincial, o cal se pode explicar pola ampla incidencia das redes sociais de axuda e solidariedade interna dentro deste colectivo, que tece fortes redes entre puntos concretos de orixe e destino. Na cidade da Coruña tamén destacan outras procedencias, como a rexión de Louga e Thiés, todas da zona oeste de Senegal, como podemos contrastar no Mapa.
Preséntase abaixo o mapa das Rexións que compoñen Senegal, representando nel os principais puntos de saída cara Galicia.
22
Estudo da poboación senegalesa residente en Galicia como axente de desenvolvemento
Mapa 1: Rexións de Senegal e principais puntos de saída cara á emigración en Galicia. (Fonte: elaboración propia a partir de Digiatlas).
Zonas maioritarias de procedencia: Rexión de Dakar (Departamentos de Dakar, Rufisque e Pikine), Rexión de Diuourbel, (a cidade de Diourbel e Touba), e a Rexión de Saint- Louis.
Outras zonas importantes de procedencia: Rexión de Thiès, Rexión de Fatick, Rexión de Louga, de Ziguinchor e de Kaolack. Pasaremos agora a analizar dun xeito máis específico aquelas procedencias maioritarias de orixe. En primeiro lugar, detectamos que Dakar foi unha rexión sinalada por moitos/as dos/as entrevistados/as, tanto na provincia de Pontevedra como na da Coruña. Dentro de Dakar, faise referencia, sobre todo, a aqueles departamentos periféricos, os suburbios, como os departamentos de Rufisque e Pikine. Este dato hai que interpretalo tendo en conta que Dakar concentra á carta parte da poboación senegalesa; en concreto,
23
Estudo da poboación senegalesa residente en Galicia como axente de desenvolvemento
en 2001, Dakar contaba con 2,4 millóns de habitantes 5 , cunha importante poboación distribuída entre os departamentos de Pikine (1,2 millóns de habitantes), Dakar (919 mil habitantes) e Rufisque (285 mil habitantes). Segundo o noso traballo de campo, parece que a maioría das persoas que sinalan que veñen de Dakar, proceden en realidade deses suburbios dos arredores da capital, o cal se pode entender se temos en conta a importante aportación demográfica deses departamentos.
A elevada concentración poboacional en Dakar, tamén se explica pola propia migración interna vivida en Senegal nos últimos anos, fenómeno que afectou a moitos/as senegaleses/as. Deste xeito, algúns inmigrantes entrevistados/as comentan que, a pesares de ter nacido noutra rexión rural do interior de Senegal, emigraran previamente a Dakar en busca de traballo, dende onde posteriormente iniciaran o seu proxecto migratorio cara España. Hai que ter en conta que a capital desta rexión e do país, a cidade de Dakar, concentra tódolos servizos, a maioría da industria, tódalas actividades institucionais e o maior volume do turismo, ademais de ser destino do proceso de éxodo rural tan importante na última década en Senegal.
“Yo, ...., mi región de origen no es Dakar, yo también soy emigrante dentro de Senegal, (risas), de un lugar a otro, es lo que se llama en Senegal, en francés, como se dice,...., rural urbano, el éxodo rural, en Senegal hay mucho éxodo rural, porque antes con la agricultura la gente podía vivir, con cacahuete, el cereal, el mill 6 , pero ahora con la sequía porque Senegal en los últimos años no tuvimos lluvia y cambió mucho, se dio el éxodo rural, yo soy de Thies, de una ciudad que se llama Mbour, hay mucho turismo, hay allí muchos españoles, hay hoteles, luego ya me fui a Dakar, pero mis parientes están en Thies” (senegalés, traballador nun gran almacén).
Como dixemos, os Departamentos dos arredores do centro de Dakar, son os máis relevantes como foco de emigración: en concreto, os Departamentos de Pikine e
5
Fonte: Sitio Oficial do Goberno da República de Senegal, [en liña]: dispoñible en: http://www.gouv.sn/ [consulta: 15/10/2007]. (Os datos dipoñibles na web son de 2001). 6 Mill: tipo de millo de tamaño pequeno.
24
Estudo da poboación senegalesa residente en Galicia como axente de desenvolvemento
Rufisque, o que algúns autores chaman o “gran Dakar”, e que aparecen representados no mapa 2.
Mapa 2. Departamentos da Rexión de Dakar.
En segundo lugar, dixemos que a rexión de Diourbel era outra zona de procedencia prioritaria da inmigración senegalesa en Galicia, especificamente para Vigo. Neste caso se detectou que en concreto a cidade de Touba é unha das orixes maioritarias da inmigración senegalesa en Vigo. A rexión de Diourbel se atopa situada na Cuenca do cacahuete, cunha poboación de 930.008, repartidos entre os departamentos de Bambey, (256482 habts.), Diourbel (235845 habts.), e Mbacke, a máis poboada, con 437681 habtitantes. A cidade de Touba, situada na Rexión de Mbacke, é a capital relixiosa por excelencia da irmandade musulmana Mouride, e tivo un crecemento demográfico moi forte (do 11%) entre 1976 e 1998 7 , motivo polo que a rexión de Mbacke ten un peso demográfico tan importante. O feito de que moita da inmigración senegalesa proceda desta zona e pertenza á irmandade Mouride, explicará a incidencia de determinadas actividades laborais, como a venda ambulante, e o establecemento de certas cofradías relixiosas en Galicia, e máis concretamente, na provincia de Pontevedra.
7
Jabardo, Mercedes (2006): Senegaleses en España. Conexiones entre origen y destino, Ministerio de Trabajo y Asuntos Sociales, Madrid, p. 56.
25
Estudo da poboación senegalesa residente en Galicia como axente de desenvolvemento
Mapa 3. Departamentos da Rexión de Diourbel.
En terceiro lugar, no caso da inmigración senegalesa na cidade da Coruña podemos observar que Saint- Louis é unha das rexións principais de procedencia, tal e como corrobaron os propios entrevistados, os participantes no grupo de discusión e as diferentes ONG´s que traballan co colectivo senegalés nesta cidade. A rexión de SaintLouis conta con 863.440 habitantes, repartidos entre os departamentos de Dagana, Matam e Podor; os principais grupos étnicos son os haalpulaar, os wolof e os maures. É unha zona de vocación agro- industrial, e que posúe unha tradición de emigración importante: cara Dakar primeiro, e posteriormente cara Francia nos anos setenta e cara España nos anos oitenta, (Cataluña especialmente).
26
Estudo da poboación senegalesa residente en Galicia como axente de desenvolvemento
Mapa 4. Departamentos da Rexión de Saint- Louis.
5.1.2.- A especificidade étnica e relixiosa do colectivo senegalés en Galicia
Na análise destas procedencias de orixe faise necesario ter en conta o complexo mapa de Senegal. É dicir, en Senegal, as diferentes zonas de orixe se atopan vinculadas a unhas determinadas etnias e linguas, o cal, a súa vez, tamén se correlaciona co tipo de actividade económica que esa etnia desenvolve en Senegal, e tamén na emigración. A maiores, a relixión musulmana en Senegal se erguerá, a súa vez, como outra variable fundamental máis para comprender as diferentes pautas migratorias, debido a que a relixiosidade musulmana en Senegal se manifesta principalmente a través das irmandades relixiosas, que posúen un gran poder de unión entre a poboación senegalesa, fenómeno que se reproduce na emigración no exterior.
Deste xeito, polo tanto, hai que subliñar cinco variables que se mesturan entre si e que fan moi complexa a interrelación entre o contexto de orixe e o de destino da emigración senegalesa. Estas cinco variables son: a zona concreta de orixe en Senegal, a etnia, a lingua, a irmandade relixiosa e o tipo de actividade económica desenvolvida en orixe. 27
Estudo da poboación senegalesa residente en Galicia como axente de desenvolvemento
Estas diferentes dimensións posúen unhas pautas de emigración diferentes, tal e como analiza Mercedes Jabardo 8 no seu libro. Esta autora distingue varios modelos de emigración, centrándose, sobre todo, na diversidade étnica: fundamentalmente, se diferencian dous modelos, o dos wolof e o dos pulaars e soninkés.
O primeiro modelo, o dos wolof, caracterízase polas emigracións individuais maioritariamente masculinas, (aínda que tamén se teñen detectado redes exclusivamente femininas), vinculadas á actividade comercial. Dentro deste modelo, nos estudos realizados ata o de agora, se fai especial fincapé nas conexións relixiosas, comerciais e de solidariedade en torno ás cales se constrúen as súas redes comerciais: dentro deste modelo, se soe destacar a irmandade islámica Mouride, caracterizada pola forte estructura da súa irmandade, e as conexións comerciais entre orixe e destino.
O segundo modelo, o de Pulaars e Soninkés, tamén se denominan Francenaabè, pola súa emigración prioritaria a Francia. Nestes dous grupos étnicos, como sinala Jabardo, a emigración foi unha característica practicamente estructural dende os anos 50 do pasado século: dende as emigracións rurais- rurais, pasando polas emigracións rurais- urbanas dentro de Senegal, ata chegar posteriormente ás emigracións internacionais, sobre todo cara Francia. Os estudos soen vincular a estas etnias unha emigración de carácter máis familiar, cunha maior presencia feminina.
No caso español, se poden diferenciar estes dous tipos de migración; o primeiro máis relacionado coa venda ambulante e a migración masculina, e o segundo modelo vinculado ó traballo agrario, sobre todo, na comunidade catalana, protagonizado nun inicio polos pulaars e soninkés.
A partires do traballo de campo, detectamos que en Galicia, a pesares de que existe a presencia de diferentes etnias e irmandades, polo de agora, a etnia maioritaria é a wolof, sendo a irmandade relixiosa maioritaria a Mouride, cunhas redes sociais bastante fortes, eido que se tratará especificamente no apartado 5.4.2. Esta preponderancia da etnia
8
Ibídem, pp. 41-52.
28
Estudo da poboación senegalesa residente en Galicia como axente de desenvolvemento
wolof en Galicia ten as súas consecuencias concretas en canto ós sectores nos que se inserta a inmigración senegalesa na nosa comunidade; así, a venda ambulante é un dos principais sectores económicos onde a inmigración senegalesa se ocupa, e é neste nicho laboral onde as redes wolof e Mouride máis forza posúen. Polo tanto, podemos dicir que é o primeiro modelo o que polo de agora está a ter máis importancia en Galicia, mentres que o modelo migratorio vinculado ó traballo agrario non posúe moita presencia na nosa comunidade.
Ademais da etnia wolof, se puido observar tamén certa inmigración senegalesa da etnia sereer, etnia que soe falar como lingua materna, a sereer, (hai que ter en conta que a lingua é o factor máis relevante de identidade/ identifación étnica en Senegal 9 ). En calquera caso, se percibe que esta etnia é minoritaria respecto á wolof, manténdose entre ambas unha boa convivencia. Neste senso, como sinalan tamén outros autores, semella que as diferencias étnicas “se dilúen en favor da solidariedade mutua entre connacionais como garantía de supervivencia e de previsión social” 10 .
Por outra banda, ademais da cofradía Mouride, tamén detectamos outra cofradía, a Tidjane, que é outra das máis importantes en Senegal, aínda que a que posúe unha maior estructura organizativa é a xa nomeada cofradía Mouride. De tódolos xeitos, segundo os nosos/as informantes, as diferentes cofradías posúen unha moi boa relación entre elas, todas son de relixión musulmana, baseándose as diferencias no tipo de rituais. Existe en España xa unha bibliografía especializada sobre as cofradías relixiosas en relación á inmigración senegalesa; en concreto, Joan Lacomba 11 fai fincapé en como estas cofradías musulmanas, e a cofradía Mouride en particular, son motores da sociabilidade dos seus membros, á vez que tamén son motores dos lazos de solidariedade.
9
Ibídem, p.41. Lacomba, Joan (2001): Inmigrantes senegaleses, Islam y cofradías” en Revista Internacional de Sociología, nº 29, Maio- Agosto, pp. 163- 187, p. 176. 11 Ibídem, p. 174. 10
29
Estudo da poboación senegalesa residente en Galicia como axente de desenvolvemento
5.2.- CONTEXTO DE CHEGADA: A VIDA EN GALICIA
5.2.1.- A viaxe e a elección de Galicia como destino
Á hora de analizar o medio empregado para chegar a Galicia, se fai necesario distinguir dous contextos temporais diferentes: por unha banda, a partires do traballo de campo, podemos falar dun fluxo recente (sobre todo do último ano) de inmigración senegalesa (irregular) que en maior medida empregou o caiuco para chegar ata Canarias, punto dende onde saíron en avión cara Madrid ou Barcelona, e posteriormente cara Galicia. Mais, existe tamén un fluxo anterior a este que, maioritariamente empregou o avión para a súa viaxe a Galicia. O itinerario habitual do avión soe ser Dakar- Canarias, Canarias- Madrid, dende onde os/as inmigrantes collen un autobús ou tren cara Galicia. Polo tanto, estes dous momentos temporais marcan dous tipos de fluxos de inmigración senegalesa ben diferente: o fluxo antigo, que realizou a súa viaxe en avión, e que a pesares de que a miúdo pasaron por unha tempada en situación de irregularidade, (entre o momento da caducidade do visado de turista ata conseguir os permisos de residencia e/ou traballo), soen ter a estas alturas, logo de varios anos en Galicia, os papeis en regra. En cambio, o fluxo máis recente, posúe un maior índice de irregularidade, empregando os caiucos para a entrada en Canarias. Como nos comentou un entrevistado recen chegado a Galicia, debido á presión policial, na actualidade resulta máis sinxelo coller o caiuco dende rexións afastadas do centro de Senegal, como Zinguichor, unha rexión ó sur do país, ata onde se desprazou dende Dakar para poder comezar o seu periplo ata Coruña.
“Cogí un cayuco en Zingichor, tuve que ir hasta el sur de Senegal para coger el cayuco, porque en el norte hay mucho control de la policía para el cayuco, es difícil, entonces cogí un cayuco desde allí a Canarias, y de Canarias avión a Málaga, y desde ahí bus a Madrid y bus a Coruña. Me costó el cayuco unos 400000 cefas, que son unos 700 euros” (senegalés, en desemprego e situación irregular).
30
Estudo da poboación senegalesa residente en Galicia como axente de desenvolvemento
Outro xeito de entrar no país, habitual para os mariñeiros senegaleses, é a entrada a través de barcos de pesca, dos que fuxen unha vez en Galicia. A vantaxe deste tipo de viaxes é que non ten ningún costo económico.
“Yo vine en un barco de pesca, por barco, y no me costó nada, solo traje el pasaporte” (senegalés, pescador).
En cambio, no anterior fluxo de senegaleses/as resultou máis común a viaxe en avión, facendo paso por Canarias. Os costos destas viaxes varían entre os 500 ou 1000 euros, depende do ano en concreto no que se realizara a viaxe. Para sufragar os gastos desta primeira viaxe se acude, en xeral, ós aforros persoais ou familiares, non é habitual vender propiedades que se posúan en Senegal, xa que son propiedades que soen quedar para a familia, (a casa familiar, as terras, os caiucos de pesca, etc.). Só nalgún caso dalgún pescador escoitamos a decisión de vender o seu caiuco de pesca ou as redes que se empregaban nesta actividade laboral.
Respecto á información que se manexaba de Galicia, existe unanimidade entre as persoas entrevistadas: a información sobre Galicia era nula ou case nula, non se sabía case nada sobre o destino, ou só se coñecía o feito de que era unha comunidade onde o sector pesqueiro era importante. Esta foi unha motivación clave para aqueles senegaleses mariñeiros que desexaban continuar nesta actividade laboral. Así, exceptuando a variable da pesca, Galicia como destino é escollida ou ben por casualidade ou ben pola referencia dalgún familiar ou coñecido que estivera a vivir con anterioridade nalgún punto da nosa comunidade. As redes socias senegalesas son moi activas á hora de acoller a algún compatriota recen chegado; deste xeito, os primeiros días ou meses é frecuente que o/a recen chegado/a se quede na casa doutro senegalés ata situarse no novo contexto de acollida. A solidariedade interna entre os senegaleses é moi forte e frecuente, sobre todo á hora de afrontar situacións como as das persoas recen chegadas e/ou sen documentación e/ou sen traballo.
“Porque cuando llegué a Barcelona, tenía un amigo que vivía en Coruña; también porque sabía que aquí se pescaba, y yo soy marinero. No sabía nada de 31
Estudo da poboación senegalesa residente en Galicia como axente de desenvolvemento
Galicia. Emigré desde Guinea- Bissau hasta Canarias en cayuco, luego fui a Barcelona, pero allí vivía en casa de un amigo sin pagar, pero me dijo que tenía un amigo en Coruña, y me vine para Coruña. Me costó sobre 1000 euros el viaje; era dinero que yo tenía ahorrado” (senegalés, empregado da construcción).
“Pedí un visado de la Embajada de Francia, y me dieron un visado por un mes, era para Francia, tenía el billete Dakar Madrid, y luego Madrid Paris, estar allí en escala ocho horas, y me quedé en Madrid, y conocía un teléfono de un chico, en Orense no concocía a nadie, yo tenía un compañero con una hermana en Murcia, tener a alguien a quien llamar, la llamé pero ella estaba con su marido, hermano, no podía atenderme, pero me dijo que tengo un primo que está en Orense, a ver, y voy a llamar a ver si te puede atender, y vine a aquí, no, desde Madrid vine en tren, y ya me recibió este chico, que yo no conocía lo vi por mi primera vez, fui a su casa tres días, luego a casa de otro compañero que tenía más sitio,...., No sabia nada de Galicia, de España, nada, de nada” (senegalés, traballa nun gran almacén).
“Caí en Galicia, fue de casualidad, me daba igual la zona, Galicia que Castilla,...”, (senegalés, carpinteiro).
No caso da reagrupación familiar, a motivación para a escolla de Galicia como destino é máis evidente: é para vivir xunto á persoa que emigrou anteriormente. Este é o caso dalgunhas das mulleres que están en Galicia, e tamén dalgúns dos fillos de senegaleses que en ocasións veñen a Galicia para traballar xunto co pai no posto de venda ambulante, compartindo polo xeral a mesma vivenda e o mesmo traballo. De tódolos xeitos, como xa comentamos no apartado 4, a maioría da inmigración senegalesa en Galicia viu de xeito individual.
En xeral, a documentación empregada, é o visado de turista, o que supón que a partir da súa caducidade se entra en situación de irregularidade, que pode durar varios anos ata poder ter algún contrato laboral e acceder á documentación. Neste senso hai que sinalar que foron varios os/as entrevistados e os/as representantes de asociacións de 32
Estudo da poboación senegalesa residente en Galicia como axente de desenvolvemento
inmigrantes os/as que comentaron que a Normalización do ano 2005 foi unha vía de regularización importante para este colectivo, sobre todo no caso da cidade de Ourense.
“A ver cuando llegas aquí, la primera cosa que haces es a trabajar, la gente te está esperando, tienes que trabajar, si no tienes papeles, los que llegan aquí, porque aquí la ley dice, si no tienes papeles, no puedes tener contrato de trabajo, y para tener papeles tienes que tener contrato, es un círculo vicioso, tienes que esperar, esperé de 2002 a 2005 irregular, y con la nueva ley, la normalización del 2005, era un poco difícil lo de los contratos, pero me lo pudieron hacer, había en Orense solo 6 senegaleses que no tenían papeles, y nos hicieron contratos, estoy en primera renovación” (senegalés, traballa nun gran almacén).
5.2.2.- Os patróns de aforro e consumo en Galicia Como comentaremos máis a fondo no apartado 5.3, a prioridade máxima da inmigración senegalesa contactada é o envío de remesas a súa familia en Senegal. Esta prioridade provocará a estratexia de gastar o menos posible en Galicia, para poder enviar o máximo de diñeiro e/ou aforrar canto antes para regresar ó seu país. Así, é habitual que os/as inmigrantes vivan compartindo piso con catro ou cinco compatriotas máis para abaratar, no que se poidan, os gastos derivados do aluguer, gastos de luz, auga, comida, etc. Esta estratexia de aforro explica, en parte, a concentración residencial deste colectivo, que debido tamén ás fortes redes que os unen, deciden compartir vivenda e moitas das veces se concentran en barrios concretos, como o caso de Teis, en Vigo.
Ademais, case ningunha das persoas entrevistadas fai gastos en ocio, como as saídas a cear fóra, o cine, deportes, discoteca, etc. Este tipo de actividades son rexeitadas por dous motivos: por esa estratexia de minimizar os gastos a aqueles indispensables e, nalgúns casos, por que este tipo de actividades non son do gusto dos/as inmigrantes senegaleses/as. Deste xeito, este tipo de gastos en ocio e diversión serán pospostos ás súas estadías en Senegal, nos seus pobos e cidade de orixe, onde os gastos son
33
Estudo da poboación senegalesa residente en Galicia como axente de desenvolvemento
continuos. En síntese, o que se tenta é gastar o indispensable en Galicia, (aproximadamente o 75% dos ingresos que se reciben), para poder enviar a Senegal o máximo de diñeiro posible, (sobre o 25% dos ingresos).
Entre os gastos fixos en Galicia que sinalan os/as senegaleses contactados/as existe unanimidade en subliñar que é o aluguer o gasto máis forte, seguido doutros gastos, como o coche, ou outros gastos persoais. Foron minoría as persoas senegalesas que comentaron ser capaces de aforrar, o que pode suceder se van moi ben as vendas (por exemplo na temporada de verán), ou se se posúen dous traballos complementarios. Os aforros, cando os hai, se pensan gastar nun futuro na construcción dunha vivenda en Senegal, ou máis a curto prazo, en empregalos para poder viaxar a Senegal ou ter este diñeiro para calquera necesidade persoal ou familiar urxente.
“Lo que más gasto es en el alquiler del piso, más o menos pagamos cada uno 170 euros, vivo con cuatro compañeros, para el alquiler y para hacer una caja de gastos, lo que sobra del alquiler lo dejamos para cuando llegan las facturas, y a veces hay que poner 30 euros más para las facturas, vamos viendo, y otras ya llega con lo que hay en la caja, que la organiza una persona; Luego del alquiler, gasto en ropa, un poco en tomar un café por ahí, y luego gastos personales, que si hay que pagar unas zapatillas, siempre hay gastos personales” (senegalés, carpinteiro).
“Si, un poco, necesito ahorrar por si me tengo que mover, hay que ahorrar para poder moverte, si sale un trabajo fuera de Galicia, como te mueves, hay que tener un mínimo para poder moverte. No soy mucho de cine, no me gusta mucho, me gusta el fútbol, los partidos, voy a verlos por la tele”, (senegalés, empregado da construcción).
“En lo que más gasto es enviar dinero, luego en el alquiler, pagamos 150 cada una, nuestro piso es de 300, ..., algo ahorro, si, con lo del fin de semana, que es con lo que consigo ir de vacaciones a Senegal, lo guardo para poder irme de viaje a Senegal” (senegalesa, venda ambulante). 34
Estudo da poboación senegalesa residente en Galicia como axente de desenvolvemento
Como consecuencia desta prioridade no envío de diñeiro a Senegal e debido a que o proxecto migratorio contempla, na maioría dos casos, o regreso as súa zonas de orixe, as persoas contactadas comentan non realizar inversións en Galicia, como a compra de vivenda, terras ou negocios. O que si é habitual, sobre todo naqueles/as senegaleses/as que se dedican á venda ambulante é a compra de coches de segunda man, para poder levar as mercancías do posto; soen, ser polo tanto, coches grandes ou furgonetas as elixidas para o transporte das mercancías e a infraestructura necesaria para montar o posto de venda ambulante nas feiras itinerantes.
“Aquí, coche para las ferias, de segunda mano, el primer coche que compre un Seat 21, muy viejo, y trabajé con este Seat, me salio un poco mal, siempre con problemas, al final lo vendí para comprar un Renault Express, de segunda mano, de otro compañero, me salió muy mal, y al final tengo otro, un Citroën Jumping, para las ferias, para ir a trabajar, de segunda mano”, (senegalés, traballador nun gran almacén).
Por outra banda, en canto ó consumo que realizan en Galicia, resulta interesante analizar que tipo de productos consumen aquí. Puidemos comprobar que é frecuente o consumo de productos típicos de Senegal, como o cuscús, o pescado afumado, o millo, a crema de cacahuetes, o aceite de palma, ou o arroz. Mais, existe variedade nas vías para conseguir estes productos: algúns inmigrantes sinalan que mercan estes productos nos mercados habituais da localidade onde viven; en cambio, outros empregan tendas africanas especializadas que importan este tipo de productos, como África Boutique Tida, situada en Sanjurjo Badía, en Vigo, ou unha tenda marroquí de Pontevedra, ambas nomeadas por varios senegaleses; tamén algúns senegaleses no Mercado da Pedra de Vigo venden productos específicos de Senegal. Por último, outros senegaleses comentan que aproveitan a súas viaxes de visita a Senegal para traer a Galicia productos como o cuscús ou a crema de cacahuetes, o que supón unha rede importante de mercancías entre orixe e destino.
35
Estudo da poboación senegalesa residente en Galicia como axente de desenvolvemento
“Si, pues cremas de cacahuete, productos importados de Senegal, hay tiendas en Madrid, también venden algunos senegaleses en la piedra en Vigo,..., compro sobre todo comida senegalesa, productos de comer, un tipo de pescado, derivado del bacalao, para hacer un arroz caldoso muy rico, también compro mijo, que es un cereal que se come con yogur y azúcar, también compro en El Corte, el cuscús, o en una tienda marroquí que hay en Pontevedra, compro cuscús la marroquina” (senegalés, carpinteiro).
“Casi siempre, porque aquí los senegaleses, consumen productos de aquí, cuscús, arroz también, la comida principal en Senegal es arroz, allí al mediodía casi todo el mundo come arroz con algo, ..., hay otros productos que si regresas de Senegal traes mucho productos, por ejemplo con el cuscús, desde que estoy aquí, tengo el que me trajeron los niños cuando vinieron de vacaciones, cuscús, cacahuetes, y otros productos, y se quedan, por lo menos, ..., 6 o 7 meses o más, sino en las ciudades más grandes hay tiendas especiales, que venden productos de Senegal”, (senegalés, venda ambulante).
5.2.3.- A inserción laboral dos/as entrevistados/as
Xa realizamos no apartado 4 unha aproximación xeral ós nichos laborais que ocupa a inmigración senegalesa en Galicia, baseándonos nos datos estatísticos dispoñibles. Comentaremos agora a inserción laboral máis concreta das persoas entrevistadas.
A pesares da variedade de ocupacións laborais detectadas, a maioría dos/as inmigrantes senegaleses cos que contactamos se dedicaban á venda “non sedentaria”. Seguindo a terminoloxía de Molina e Díaz 12 , podemos distinguir diferentes xeitos de traballar na venda “non sedentaria” (regular ou irregular), que nos servirán tamén para clasificar os/as nosos/as informantes. En concreto, estes autores diferencian tres tipos de venda “non sedentaria”: a venda ambulante, a venda directa e a venda na rúa. A venda 12
Molina, Jose Luis e Díaz, Aurelio (2006): “Vender en la calle” en Beltrán, Joaquín, Oso, Laura e Ribas, Natalia (coords): Empresariado étnico en España, Fundació CIDOB, Barcelona, pp. 181- 193.
36
Estudo da poboación senegalesa residente en Galicia como axente de desenvolvemento
ambulante queda definida como a venda itinerante que se realiza no marco de feiras, mercados ou mercadiños, bastante habitual entre o colectivo senegalés. Este tipo de actividade acostuma a incluír un medio de transporte, (un coche ou furgoneta), unha especialización no producto e un itinerario (un percorrido por diferentes feiras dentro da Provincia cada semana). Requiren un permiso municipal e un pago de taxas, a licencia de actividade económica, e a alta como traballador autónomo, (ás veces, como detectamos no traballo de campo, se dan de alta para determinados períodos trimestrais, xa que non todos/as poden asumir darse de alta o ano enteiro como autónomos/as). En segundo lugar, a venda directa consiste na venda a domicilio a clientes habituais (non a observamos no noso traballo de campo). Por último estaría a venda na rúa, un tipo de venda que se realiza expoñendo de forma precaria os productos na rúa, sen un espazo dedicado a este fin; pódese incluír neste tipo a venda de cd´s, unha venda tamén importante para o colectivo senegalés en Galicia.
O traballo na venda “non sedentaria” é levado a cabo por moitos/as dos nosos/as informantes. Así, das doce persoas senegalesas contactadas, cinco traballan de xeito exclusivo na venda “non sedentaria” (catro na venda ambulante, e un na venda na rúa), dúas persoas traballan na venda como complemento a outro traballo principal, (unha ambulante e outra na rúa), e outras dúas persoas pasaron previamente pola venda ambulante ata conseguir emprego noutro tipo de sector. Polo tanto, a venda “non sedentaria” se ergue nun dos principais nichos laborais das persoas senegalesas contactadas, tanto como traballo exclusivo, como un traballo de paso cara outras ocupacións, como un complemento de ingresos de fin de semana.
A importancia da venda ambulante para este colectivo a podemos interpretar dende varias perspectivas: en primeiro lugar, hai que ter en conta a tradición comercial de certas irmandades relixiosas e a activación de redes sociais e étnicas neste colectivo; en segundo termo, a falla de inserción laboral noutros sectores económicos e a incidencia da irregularidade nos/s senegaleses/as, os fará acudir en maior medida a este tipo de empregos, como estratexia fronte á exclusión social; en terceiro lugar, a flexibilidade deste tipo de actividades tamén pode ser unha variable importante a ter en conta. Pasaremos a continuación a analizar polo miúdo cada unha destas dimensións. 37
Estudo da poboación senegalesa residente en Galicia como axente de desenvolvemento
En primeiro lugar, como xa se sinalou ó longo do estudo, hai que lembrar que a etnia wolof e a cofradía Mouride, (ambas maioritarias en Galicia), posúen unha vinculación específica coa venda ambulante, tal e como recolleron diferentes estudosos/as do colectivo. Neste senso, Mercedes Jabardo 13 subliña como na primeira inmigración senegalesa en España (a finais dos anos 80 e comezos da década dos 90), a través das redes promovidas pola cofradía Mouride, se incorporaron miles de inmigrantes en redes comerciais transnacionais. Tamén Papa Saw 14 destaca esa relación entre os grupos étnicos e os patróns migratorios; no caso de España, segundo este autor, todo fai crer que a primeira gran migración senegalesa remonta ós itinerarios comerciais dos Mourids wolofs da casa dos ñeéno a mediados dos anos 80. Así, estes recen chegados de gran número en España, vía Mauritania, Marrocos e Arxelia, non eran uns comerciantes ricos, senón campesiños vidos dende o campo senegalés, (como dixemos, a inmensa maioría son da etnia wolof dos Mouride), que adquiriran experiencia profesional de vendedores ambulantes en Senegal e África. No sucesivo en España, estes emigrantes se fan rapidamente comerciantes ambulantes.
En segundo lugar, a venda na rúa posúe tamén unha serie de especificidades propias. A dualización do mercado de traballo español en formal e informal, empurra a aquelas persoas en situación xurídica irregular ó traballo máis informal, como a venda na rúa, onde non se requiren permisos nin contratos, mais onde si se exerce a “presión policial” e o nivel de beneficios é máis baixo que na venda ambulante, tal e como puídemos comprobar no traballo de campo. Así, podemos observar claramente neste colectivo como a regularización determina en boa parte a estructura de oportunidades dos/as inmigrantes senegaleses/as. Deste xeito, a presión policial despraza a moitos inmigrantes que se dedican á venda na rúa dunhas zonas a outras, o que contribúe a pechar o “círculo vicioso da venda na rúa”: as pequenas compras (a causa da falla de recursos e da ameaza dos decomisos), levan a vender con marxes ínfimos. Para moitos
13
Jabardo, Mercedes (2006): Senegaleses en España. Conexiones entre origen y destino, Ministerio de Trabajo y Asuntos Sociales, Madrid, p. 72. 14 Saw, Papa (2006): “Grupos étnicos y patrones migratorios” en Jabardo, Mercedes: Senegaleses en España. Conexiones entre origen y destino, Ministerio de Trabajo y Asuntos Sociales, Madrid, pp. 4445.
38
Estudo da poboación senegalesa residente en Galicia como axente de desenvolvemento
vendedores de rúa, para os que se atopan nunha situación irregular, este tipo de venda se converte nunha actividade refuxio 15 , é dicir, sen outras alternativas.
En terceiro lugar, hai que ter en conta que a flexibilidade da venda ambulante, a pesares doutras variables negativas xa apuntadas, posúe tamén certas vantaxes para algúns membros/as do colectivo. En concreto, este tipo de vendas permiten adaptar ó traballo ás necesidades dos familiares en orixe, unhas necesidades que son vitais para a inmigración senegalesa. Así, a venda ambulante permite a visita a Senegal durante 3 ou 6 meses, ou a visita a algún familiar cando é necesario, así como poder viaxar ó país de orixe no caso de festas relixiosas ou na celebración de certas cerimonias. Este espazo, como subliña Ribas 16 para o caso das mulleres marroquinas nos mercados, brinda a posibilidade de organizar o traballo en función dos gustos, das tradicións e das necesidades persoais, un fenómeno que tamén se pode detectar para parte do colectivo senegalés. Lacomba 17 , pola súa banda, incide nun aspecto semellante, xa que sinala como, polo seu carácter informal, a venda ambulante permite ós inmigrantes senegaleses manter unha lóxica mercantil e comercial semellante á que desenvolven en gran parte das actividades económicas no seu país de orixe, ó tempo que lles axuda a non apartarse da súa vinculación coa cofradía Mouride.
No traballo de campo, en canto á venda ambulante, atopamos algúns inmigrantes que posúen postos concretos en diferentes feiras polas que van itinerando semanalmente, e na que van pagando polo postos que ocupan nos diferentes Mercadiños. Os pagos das cotas polos postos varían segundo cada Mercadiño e cada Concello, e se poden pagar trimestralmente como no caso da Feira de Sabarís, (ó sur da provincia de Pontevedra),
15
Ambrosini, (1998): “Intereses ocultos: la incorporación de los inmigrantes a la economía informal”, Migraciones nº 4, pp. 111- 151. 16 Oso, Laura e Ribas, Natalia: “Empresariado étnico y relaciones de género. Mujeres dominicanas y marroquíes en Madrid y Barcelona” en Beltrán, J., Oso, L. E Ribas, N. (Coords.): Empresariado étnico en España, Fundació CIDOB, Barcelona, pp. 211- 228, p. 224. 17
Lacomba, Joan (2001): Inmigrantes senegaleses, Islam y cofradías” en Revista Internacional de Sociología, nº 29, Maio- Agosto, pp. 163- 187, p. 180.
39
Estudo da poboación senegalesa residente en Galicia como axente de desenvolvemento
ou de xeito mensual, como no caso de Coia e Bouzas, (en Vigo), onde se pagan uns 8 euros ó mes por cada posto.
Deste xeito, o colectivo senegalés que se dedica en exclusiva á venda ambulante vai itinerando polos numerosos Mercadiños existentes na nosa comunidade. Por exemplo, en Vigo e na súa área metropolitana, o circuíto de feiras polas que traballa o colectivo senegalés, segundo nos comentou unha vendedora é o seguinte: os luns, a feira de Sabarís; os martes, a feira do Porriño; os mércores, a feira de Coia (Vigo); os xoves a feira de Tui; os venres a feira de Cangas; os sábados a feira de Moaña, Ponteareas; e, finalmente, os domingos as feiras de Bouzas, Samil, San Cosme (Vigo), e Mondariz. Nestes postos, o colectivo senegalés vende fundamentalmente, artesanía de madeira, roupa, xoias, cintos, bolsos, carteiras e algúns aparatos electrónicos. Segundo nos informaron, unha vez que se consigue o permiso para un posto concreto nun Mercado o habitual é continuar moitos anos nesta mesma actividade.
Por outra parte, na venda de rúa, as mercancías son menos variadas: soen venderse cintos, carteiras, cd´s e dvd´s. Tanto as mercancías de rúa como as de venda ambulante, a excepción da artesanía de madeira que si son importadas dende Senegal, son mercadas en Portugal ou en almacenes onde compran tamén o resto de vendedores doutras nacionalidades.
As mulleres senegalesas que se dedican á venda ambulante posúen certas especificidades en relación ás mercancías, xa que soen dedicarse a dous tipos de actividade: a venda de roupa feminina e/ou xoias, ou, sobre todo en verán, a facer trenzas. Como nos comentou unha entrevistada, é frecuente que as mulleres senegalesas reagrupadas por un marido que se dedica á venda, participen tamén nesta mesma actividade, no mesmo posto, que en verán complementarán facendo trenzas ás paseantes, fenómeno moi frecuente na praia de Samil (Vigo).
Aínda que sinalamos que a venda ambulante posúe unhas certas vantaxes relacionadas coa informalidade e a flexibilidade, estas mesmas características teñen tamén o seu reverso negativo. En concreto, a inestabilidade e a escaseza nos ingresos económicos é 40
Estudo da poboación senegalesa residente en Galicia como axente de desenvolvemento
un eido que todos/as subliñan como a maior dificultade na venda ambulante. Así, a miúdo en inverno os ingresos da venda dan o xusto para vivir en Galicia, e é en verán onde os ingresos aumentan e poden chegar para un maior envío de remesas, e ata para aforrar. Tamén moitos/as vendedores/as sinalaron como nos últimos anos, (sobre todo a partires da entrada do Euro), as vendas descenderon bastante, e o verán pasado, debido ó mal tempo dos meses estivais, foi unha mala campaña.
“Bueno, la venta ambulante no es fácil, si llueve un día no puedes vender, cada mes cambia mucho lo que vendes, es muy irregular, hay meses que ganas 300 euros, otros muchos más, otros menos. No hay un salario, en plan salario, (...), depende de los gastos que tengas de mercancías, de lo que vendas cada mes. Yo prefería tener un negocio, una tienda, algo más estable, para poner a mi mujer, tener a la niña allí, algo más así” (senegalés, posto en feiras de venda ambulante).
Os ingresos poden, polo tanto, variar moito. Os vendedores con postos na feira posúen uns maiores ingresos, poden chegar ata os 600 euros ó mes, ingresos inferiores para os vendedores de cd´s de rúa, que posúen unha menor marxe de beneficios.
“Vendo cd´s en ferias, cinco días a la semana, voy a ferias a Coruña, Santiago, Betanzos o Ferrol, cojo el bus para ir allí, (...), gano unos 300 euros al mes, pero varía, varía” (senegalés, venda ambulante).
Como xa sinalamos, tamén é habitual empregar a venda ambulante como unha ocupación de fin de semana que complementa outro traballo nalgunha fábrica ou empresa pola semana. Nestes casos, polo xeral, os ingresos complementarios son empregados para o aforro ou para o maior envío de diñeiro á familia en Senegal.
Ademais da venda “non sedentaria”, a pesca e a construcción son outros dos sectores de inserción laboral dos senegaleses contactados. Os dous senegaleses contactados que se dedicaban á pesca, un en Vigo e outro na Coruña, traballaban tamén como pescadores en Senegal. Un deles se dedicaba á pesca en caiuco na costa de Saint- Louis, (unha zona 41
Estudo da poboación senegalesa residente en Galicia como axente de desenvolvemento
de onde proveñen moitos pescadores senegaleses); e o outro pescador dedicábase á pesca en Ndangane, unha vila situada no delta do río Sine- Saloum na Rexión de Fatick, e cuxa economía se basea fundamentalmente na pesca e no turismo. Esta zona se inserta na nomeada petite- côte, outra das zonas prioritarias de orixe dos pescadores senegaleses en Galicia. As condicións laborais dos pescadores son duras, facendo mareas de tres a seis meses, mais, para moitos inmigrantes que en Senegal se dedicaban á pesca, esta é unha ocupación preferida a outras, xa que é o seu ámbito profesional, e os ingresos económicos tamén son maiores en comparación con outro tipo de empregos (sobre os 1000 euros). Nalgún caso, o recen chegado, a pesares de ser pescador, se atopa co problema da situación irregular e non pode ser contratado en barcos de pesca, polo que é habitual pasarse na venda ambulante uns anos ata poder regularizar a situación, e posteriormente dedicarse á pesca, un itinerario que a súa vez se repite para o sector da construcción, unha ocupación que tamén reporta maiores e máis estables ingresos que a venda ambulante. En ocasións, o feito de non ter conseguido un posto fixo nas feiras fai máis urxente a busca dun traballo por conta allea, como o caso dalgúns senegaleses da construcción.
“No tengo trabajo, sin papeles no se puede pescar, (...), es muy peligroso, los patrones no quieren irregulares, y yo quiero trabajar en la pesca, no quiero cualquier cosa, otras cosas, de venta ambulante no, ni de camarero, porque está el alcohol, y no quiero que esté cerca el alcohol” (senegalés, desempregado en situación irregular).
“Conozco a algunos compañeros, los que estaban antes en la venta ambulante pasan, los jóvenes sobre todo, los que llegaron conmigo, hace unos años, primero estuvieron en la venta ambulante, o tienen papeles, además no tienen puesto fijo en las ferias, entonces les compensa más la construcción” (senegalesa, venda ambulante).
No caso dos pescadores, hai que sinalar que semellan ser unha comunidade a parte dentro do colectivo senegalés en Galicia. É dicir, o feito de proceder das mesma zonas, que en Senegal todos se dedicaran tamén á pesca, e que agora en destino se dediquen á 42
Estudo da poboación senegalesa residente en Galicia como axente de desenvolvemento
mesma actividade, e que moitas das veces traballen xuntos nun mesmo barco, provoca unha unión especial entre estes inmigrantes.
Para rematar, entre os/as nosos/as entrevistados, tamén existen dúas persoas que traballan nunha empresa de madeira e nun gran almacén, o que lles permite ter un soldo estable tódolos meses, pero por outra parte non lles deixa ir tantos meses a Senegal como no caso da inmigración que se dedica á venda ambulante. Tamén nestes casos se usa a venda ambulante as fines de semana para complementar os salarios semanais do traballo por conta allea, e poder enviar máis diñeiro ás súas familias en orixe.
“Tengo un contrato de 6 meses, estoy contento, el salario normal, no como trabajo solo media jornada, sobre 500 euros y pico, como me dedicaba antes a la venta ambulante, cuando puedo voy a la feria, el fin de semana, o a la mañana, por ejemplo como hoy, trabajo de tarde, mañana trabajo de tarde y puedo ir a la mañana a la feria y después a la tarde a trabajar, porque lo que cobró allí, 500 euros no me llega para vivir aquí y mandar para Senegal, no llega, ...” (senegalés, traballa nun gran almacén).
43
Estudo da poboación senegalesa residente en Galicia como axente de desenvolvemento
5.3.- COMPORTAMENTOS TRANSNACIONAIS: REDES ENTRE ORIXE E DESTINO
Aínda que ó longo do estudo xa fomos adiantando como se ían tecendo certas redes entre as zonas de orixe en Senegal e Galicia, dedicaremos este apartado á avaliación pormenorizada destes intercambios. Como xa se sinalou, partiremos de que as persoas migrantes se atopan implicadas nunha gran variedade de prácticas que implican o intercambio de recursos tanxibles e intanxibles que inclúe xente (que emigra, volve emigrar, visita o seu fogar con regularidade), recursos monetarios (inversións comerciais, remesas familiares, axuda humanitaria), recursos non monetarios (ideas e símbolos culturais) e diferentes apoios de tipo político e/ou relixioso. Pasaremos a continuación a analizar o xeito de operar destas redes dentro do colectivo senegalés, coas especificades que posúe esta inmigración en Galicia.
5.3.1.-
As
redes
económicas
con
Senegal
e
a
súa
relación
co
desenvolvemento A través do traballo de campo, constatouse que as redes entre Senegal e Galicia son moi densas e frecuentes, o que se manifesta sobre todo en dous tipos de redes moi fortes: as redes de comunicación e visita entre os/as inmigrantes e as súas familias e as redes económicas que se forxan entre estes/as.
Neste epígrafe nos centraremos nesas importantes redes económicas. Os envíos de remesas se erguen como os principais fluxos económicos entre Senegal e Galicia, aínda que as viaxes dos/as inmigrantes a Senegal tamén serven en ocasións para levar regalos e mercancías ó país de orixe.
Para comezar, hai que dicir que o envío de diñeiro regularmente, (unha ou dúas veces ó mes) é unha actividade que a ampla maioría das persoas senegalesas entrevistadas subliñan realizar. Das doce persoas senegalesas entrevistadas, dez delas enviaban regularmente diñeiro a Senegal, e nas organizacións e sindicatos contactados que traballan coa poboación senegalesa reiteran tamén que os envíos de diñeiro a Senegal
44
Estudo da poboación senegalesa residente en Galicia como axente de desenvolvemento
son unha constante na inmigración senegalesa. A cantidade de diñeiro que se envía varía en función dos ingresos do/a inmigrante, mais en xeral, como sinalamos arriba, se segue a estratexia de minimizar os gastos en Galicia (compartindo piso, facendo as comidas en común, evitando os gastos en ocio), co obxectivo de enviar o máximo de diñeiro á familia en Senegal. Así, os envíos poden variar dende os 50 ós 250 euros ó mes, os cales se envían maioritariamente por remesadoras como Western Unión ou Money Gram, aínda que tamén se acude a compatriotas que viaxan a Senegal de vacacións para facer eses envíos, unha operación que resulta difícil de detectar nas contas económicas dos diferentes países en relación. A gran unión coa familia que queda en orixe e as necesidades económicas familiares, (relacionadas coa alimentación, a saúde, as carencias da vivenda,...), fan que os envíos de cartos sexan unha prioridade máxima para este colectivo.
“Si, envío, puedo enviar por esas empresas, por Money Gram, o cuando te enteras de un compañero va a ir a Senegal, siempre le das, y eso estadísticamente no se contabiliza, al mes mando unos 200 euros para mi familia, para mis padres, en comida, en medicamentos, lo de la sanidad en Senegal, fatal, si, se llama pública, pero hay que pagar los medicamentos totalmente, al 100%” (Senegalesa, venda ambulante).
Neste senso, hai que sinalar que aqueles/as inmigrantes que non son capaces de mandar cartos pola súa situación de irregularidade e/ou de desemprego, senten unha gran angustia por non poder estar aportando diñeiro a súa familia en Senegal.
“Te pones nervioso para ganar dinero, para ganar dinero, tienes que hacer, ..., ya si estas mayor, tu hermano, tu hijo, tu mujer, entonces, yo que soy, que significa en el mundo, tienes que buscarte la vida, (...), cada persona se pone nerviosa para tener papeles, si mandas se ponen contentos; el momento está duro, yo llevo tres años y no mandé ni un duro, y mi familia está pobre, me vine a buscar la vida por tres años, a veces quiero llamar y no puedo llamar, que vas a hacer, nada, nada, llevo aquí tres años” (senegalés, desempregado en situación irregular). 45
Estudo da poboación senegalesa residente en Galicia como axente de desenvolvemento
Como dixemos arriba, ademais de mandar cartos, as viaxes de visita a Senegal son aproveitadas polos/as inmigrantes para levar regalos á familia: sobre todo, móbiles, mantas, ou roupa. A maiores destes productos, se detectou que nalgúns casos tamén se fletan contenedores para o envío de coches de segunda man ó pobo de orixe, para ser usados alí como taxis por algún familiar, moitas das veces, un irmán. Estes contenedores tamén son empregados por outros/as inmigrantes para mandar roupa ou outros regalos ós seus familiares en Senegal; e, na viaxe de volta son utilizados, a súa vez, para traer a España as artesanías de madeira de Senegal, que, segundo comentaron os/as entrevistados/as son das poucas mercancías de venda que se moven entre Senegal e Galicia, debido a que, como xa se sinalou, o resto de productos que se ofertan nos postos ambulantes dos/as senegaleses son comprados en diferentes feiras ou almacenes. Neste senso, non semella que exista unha rede densa de mercancías entre as cidades de orixe e as cidades galegas na venda de productos senegaleses, a excepción desta artesanía de madeira.
Polo tanto, podemos concluír que son as remesas o fluxo económico máis continuo e importante para a familia do/a inmigrante en Senegal. Semella ser, polo tanto a familia a principal receptora dos cartos enviados polos/as inmigrantes. Mais, en qué se gastan eses cartos en Senegal e quen decide o seu uso?
Para comezar hai que facer unha matización: a familia senegalesa é unha familia extensa, composta con frecuencia polos pais, irmás e os seus cónxuxes, tíos/as, sobriños/as, ..., que quedan en orixe, nun fogar que polo xeral é patrilocal (se establece na unidade familiar do marido), e onde se conforman familias extensas cun réxime matrimonial polixínico (poden contraer matrimonio ata con catro esposas) 18 . Este fenómeno explica o feito de que a maioría dos fogares de orixe dos/as entrevistados/as están formados por quince ou vinte persoas, entre os que se contan a súa esposa/o, os seus pais, irmá/ns, os/as cónxuxes destes/as, tíos/as e sobriños/as; esa é a composición máis habitual da familia da que partiron en Senegal. Esta cantidade de familiares fai que 18
Kaplan, Adriana (2003): “Los procesos migratorios: senegambianos en Cataluña” [en liña]: Instituto de Altos Estudios Universitarios, dipoñible en: www.iaeu.es
46
Estudo da poboación senegalesa residente en Galicia como axente de desenvolvemento
as remesas se distribúan entre un número importante de membros/as, repartíndose en función das necesidades concretas en cada ocasión.
En canto a quen decide o uso das remesas, puidemos detectar que na maioría dos casos son eses/as familiares en orixe os/as que deciden en que se usan os cartos enviados polos emigrantes: os pais, os/as irmás/ns,..., e nun menor número de casos a decisión é conxunta entre o/a inmigrante e os seus familiares en Senegal. Unha entrevistada subliñou que no seu caso, a decisión sobre o gasto dos cartos enviados á familia en orixe lle corresponde ós varóns da familia.
“Entre ellos, bueno, lo suelen decidir los hombres, mi familia es así, lo suele decidir mi padre” (Senegalesa, venda ambulante).
En canto ó destino en gasto dese diñeiro enviado, os/as entrevistados/as sinalan que en xeral se soen empregar principalmente na alimentación dos membros/as da familia. A maiores, tamén se detectan outros gastos, como os arranxos das casas, compra de medicamentos, pago de escolas, compra de roupa, compra de artigos electrónicos e outros gastos cerimoniais e relixiosos. Nalgúns casos máis minoritarios, na compra por parte do/a inmigrante dalgunha propiedade no pobo ou cidade de orixe en Senegal, ou no envío, como xa dixemos, dalgún coche de segunda man que será usado como taxi na localidade senegalesa. En xeral, non é habitual o envío de diñeiro para obras colectivas, (como escolas ou hospitais), só nalgúns casos escoitamos que algúns envíos ían destinados a determinadas ofrendas relixiosas ou á construcción de mezquitas. Outros estudos sobre inmigración senegalesa en España, como o de Joan Lacomba 19 , coinciden tamén en que o destino dos recursos económicos xerados pola inmigración senegalesa,
(Mouride no seu caso), é dobre: unha parte do diñeiro é enviado
directamente ós familiares, e outro é transferido como donativo ás cofradías; tamén a vivenda, dadas as dificultades de acceder a ela a causa dos salarios do país de orixe,
19
Lacomba, Joan (2001): “Inmigrantes senegaleses, Islam y cofradías” en Revista Internacional de Sociología, nº 29, Maio- Agosto, pp. 163- 187, p. 181.
47
Estudo da poboación senegalesa residente en Galicia como axente de desenvolvemento
pasaron a constituír un dos sectores predilectos da inversión dos migrantes internacionais senegaleses, como tamén se reflexa no discurso dos/as entrevistados/as. Tamén as persoas que traballan co colectivo senegalés coinciden nestes usos da remesas, salientando a construcción de casas como unha actividade cada vez máis habitual.
“Dinero, siempre, todos los meses, y a veces más de una vez al mes, si hay algún problema, de necesitamos tal o cual, (...), y sabes que en Senegal hay muchas ceremonias, bodas, y otras cosas, rituales de religión, hay una fiesta que se va a celebrar el próximo mes, la fiesta del cordero, es una fiesta en donde se gasta mucho dinero, tienes que comprar la comida, y todo los miembros de la familia ponen dinero, mucho gasto, (...) , por lo menos 200 euros, por lo menos, a mi madre, a mi hermano que está allí, hace tres meses me llamaron porque hay un hermano que quiere casarse no tiene dinero y,..., es el problema, sabes una cosa, el problema de la inmigración actualmente es que creen que aquí se gana mucho dinero, y muy fácilmente, para ellos si estas en Europa, tienes mucho dinero”. (senegalés, traballador dun gran almacén).
“Las remesas se están gastando sobre todo en la alimentación a la familia, también las gastan en construir una casa, o algunos en proyectos, de ganadería, de agricultura, en regar, en hacer proyectos de regar, y algunos pocos en proyectos de pesca” (senegalés, venda de cd´s e situación irregular).
“Si, para construir casas, é o habitual, porque eles nunha casa para toda a familia, unha casa enorme, el antes o mellor vivía compartindo unha casa, e te queres facer unha casa, e fas unha nova casa para todos, para irmáns sobriños, tíos” (traballadora de CITE - CC.OO, Vigo).
Aínda que tamén algún entrevistado salientou os problemas que nalgúns casos se están a dar coa construcción de casas nos pobos de orixe, xa que o feito de non poder supervisar todo o proceso de construcción da casa (o que tamén sucede con certos negocios), pode dar lugar a algúns enganos por parte de familiares que se quedan coas remesas 48
Estudo da poboación senegalesa residente en Galicia como axente de desenvolvemento
destinadas a este tipo de inversións. Esto pode explicar por qué algúns inmigrantes prefiren pospoñer ata a súa volta a Senegal a construcción da nova vivenda planificada dende hai anos.
“Problemas para hacer una casa, tu envías dinero para hacer la casa, pero muchos lo gastaron, y llegas allí para ver tu casa, y no la había, a veces había algunos que te mandan fotos, y te dicen que es tu casa, te engañan, hay muchos emigrantes cansados, a veces tu primo, tu tío, tu hermano, cuando vuelves, ¿que puedes hacer? Enfadarte, y nada más, y si son los negocios también, porque no lo hacen como su propia cosa, por eso muchos senegaleses no quieren invertir más desde aquí, si inviertes si quedate allí para controlar, si no, es muy difícil, no se puede...” (senegalés, venda ambulante).
En canto á inversión dese diñeiro nalgún tipo de negocio en Senegal, temos que dicir que a maioría das persoas entrevistadas non tiñan pensado un proxecto empresarial propio e concreto para o seu retorno. Só nalgún caso se tiña en mente a continuación dalgunha profesión á que se dedicaban antes da emigración, pero como un proxecto de futuro, aínda sen concretar: é o caso dalgún pescador da rexión de Saint- Louis que ve a necesidade de montar unha fábrica de xeo para conservar o peixe que se pesca na súa rexión.
“Yo en Sant- Louis, yo lo que vi, yo sé muy bien como estaba allí, yo soy pescador, pero hay problema con la fábrica de hielo allí, hay muchos, más de mil cayucos, pero no hay fábricas de hielo, hay dos o tres, si yo tengo ese dinero montaría una fábrica de hielo, también para contratar a otra persona, puede trabajar allí” (senegalés, pescador)
Estes diferentes usos das remesas son protagonistas na actualidade dun controvertido debate no plano internacional; o debate se centra sobre os supostos efectos beneficiosos para o “desenvolvemento” do país de orixe. Este é un debate moi polémico, cuxa complexidade se reflexa nos propios discursos das persoas ás que entrevistamos: podemos distinguir discursos que si ven nestas remesas un desenvolvemento para 49
Estudo da poboación senegalesa residente en Galicia como axente de desenvolvemento
Senegal, e, pola contra, outros discursos que rexeitan este tipo de “desenvolvemento”, debido a que o vinculan a unha economía neoliberal onde resultan ser os gobernantes os que aumentan o seu poder adquisitivo, ou como consecuencia de que as remesas enviadas lles parecen cantidades insuficientes para emprender en Senegal proxectos ou negocios que revitalicen verdadeiramente a economía do país.
“Si, si, desarrolla, si no no funciona nada de allí, porque al mandar la familia, ellos compran material para trabajar el campo, para construir, estás ayudando a Senegal, echamos mano de Senegal, le echamos mucha mano a Senegal” (senegalés, venda ambulante).
“Si, si, si, porque además de esos bautizos, hay gente que invierte, en transporte, compran coches, taxis que les dan al primo o hermano, otros que construyen una casa para alquilar, hay otros que tienen negocios también, un comercio, por ejemplo fui a una reunión en Madrid en el mes de agosto con el ministro de senegaleses en el exterior, la inmigración senegalesa contribuyó mucho, mucho, mucho, en el desarrollo, sin la inmigración muchas familias tendrían problemas para comer, porque son más de 500 de millares de francefa que envían, es más, lo que significa para Senegal el dinero ese, hay mucha gente, y hay más en Italia, son 335 millar pero en cefa, la moneda en Senegal, que depende del franco francés, es el 7 % del producto interior bruto, de todos los emigrantes, es el 80% de la ayuda pública al desarrollo, es mucho dinero” (representante da “Asociación de senegaleses de Ourense”).
“Si desarrollo económico del país significa aumento del poder adquisitivo de los gobernantes la respuesta desgraciadamente es afirmativa, si es asentar el neoliberalismo en estos países, la respuesta es desgraciadamente afirmativa, y si es para un desarrollo económico hacia la ciudadanía muchos factores de conductas nocivas demuestran lo contrario” (representante da “Asociación e Integración de Ayuda al Desarrollo del Africano”)
50
Estudo da poboación senegalesa residente en Galicia como axente de desenvolvemento
“No sé en que se están gastando, pero lo que envía el no puede levantar el país, es muy poco, con 50 euros no levantas un país; con otro tipo de envíos a lo mejor si se levantaba, si mandas 5000 euros para montar una empresa, con 5 o 10 empleados, eso si desarrolla algo, ayuda algo, a mi me gustaría enviar dinero así, 5000 euros, para ayudar a las personas que están mal, pero es sólo un proyecto, no tiene ese dinero” (senegalés, carpinteiro).
En calquera caso, este é un tema sobre o cal tódalas persoas entrevistadas posúen a súa propia opinión formada; neste senso, é un eido de debate e discusión moi importante para o colectivo senegalés. Como comenta Jabardo 20 , tamén o propio Goberno de Senegal é coñecedor da importancia do vínculo económico que os/as inmigrantes senegaleses representan. Nesta liña, e como unha iniciativa persoal do propio Presidente do Goberno de Senegal, A. Wade, se convocou o primeiro foro dos senegaleses no exterior en 2001, evento que xuntou a senegaleses/as procedentes de todo o mundo que participaron e se comprometeron a traballar polo desenvolvemento do país. Polo tanto, podemos detectar como tamén dende os propio Estado de orixe se está a activar toda unha serie de foros e institucións (como o “Ministerio dos Senegaleses do Exterior” 21 nomeado polo secretario da “Asociación de senegaleses de Ourense”) para mediar en certa medida nestes fluxos económicos tan fortes.
5.3.2.- As redes sociais transnacionais: as diferentes conexións con Senegal 5.3.2.1.- O contacto coa familia: unha constante
Existe, entre as persoas senegalesas contactadas, un aspecto moi común en canto ó seu comportamento transnacional: o seu contacto regular e cotiá coa súa familia en Senegal.
20
Jabardo, Mercedes (2006): Senegaleses en España. Conexiones entre origen y destino, Ministerio de Trabajo y Asuntos Sociales, Madrid, p. 146. 21 Ministra dos senegaleses do exterior: Aminalata Lo. Fonte: Sitio Oficial do Goberno da República de Senegal, [en liña]: dispoñible en: http://www.gouv.sn/ [consulta: 15/10/2007].
51
Estudo da poboación senegalesa residente en Galicia como axente de desenvolvemento
Así, o contacto semanal ou ás veces diario coa familia é unha constante entre a inmigración senegalesa en Galicia, que posúe un grao de unión moi elevado coa súa familia. Este contacto se produce, sobre todo, a través da vía telefónica, xa sexa co propio móbil (empregando ofertas de compañías para as chamadas ó estranxeiro, como “Mi País” de Vodafone nomeada por varios entrevistados), ou a través de locutorios. O uso de internet para esta comunicación coa familia en Senegal é minoritario, e soe vincularse a un nivel de estudos elevado, e só se pode realizar con determinados membros/as da familia máis novos/as e con acceso a internet. Deste xeito, por exemplo, algúns inmigrantes empregan o teléfono para comunicarse cos seus pais, e internet para manter o contacto co cónxuxe ou cos irmáns. Os gastos na comunicación telefónica coa familia poden variar entre os 30 ou os 60 euros ó mes, dependendo tamén do nivel de ingresos do/a inmigrante, ou da situación concreta da familia en orixe. Así, con frecuencia, as conversas coa familia en Senegal versan sobre asuntos económicos, que tipo de necesidades hai na familia nese momento, (se se necesita o envío de máis diñeiro), se hai algunha persoa enferma, (caso no que se incrementa máis a comunicación cos/as familiares), se hai un novo/a membro dentro da familia, se hai algunha nova no país interesante, etc.
“Si, ahora llamo en cualquier momento, cuando tengo tiempo llamo, internet no lo uso, pero el teléfono si, hay que estar llamando de vez en cuando para saber como está la familia allí, si hay alguien enfermo allí, o si hay algún problema en la familia” (senegalés,empregado na construcción).
“Teléfono, internet, últimamente utilizo más internet, en casa no tengo, pero con mi marido o hermana con internet, con mis padres por teléfono, 30 euros o así, solemos llamar los fines de semana, y fácilmente gastas 10 euros en cada llamada” (senegalesa, venda ambulante).
Outro xeito de manter as redes sociais con Senegal son as continuas viaxes que realiza o colectivo inmigrante ó seu país. Esta é outra constante dentro dos mebros/as do colectivo, que a miúdo viaxan a Senegal por vacacións tódolos anos, en períodos que varían dende o mes ata o medio ano na cidade de orixe. Os períodos longos de estadía 52
Estudo da poboación senegalesa residente en Galicia como axente de desenvolvemento
en Senegal son realizados, (4 ou 5 meses), sobre todo por aqueles/as inmigrantes que se dedican á venda ambulante, xa que con frecuencia aproveitan a baixada de vendas en inverno para visitar a súa familia, e volven en primavera para o período forte de vendas do verán. Hai que matizar que a situación de irregularidade xurídica impide poder facer estas visitas a Senegal, polo medo a non poder volver a entrar en España; polo tanto, a miúdo, os/as inmigrantes senegaleses recen chegados/as poden quedar varios anos sen visitar a súa familia ata que poden regularizar a súa situación, e comezar a visitar anualmente Senegal.
Ademais destas variables laborais e xurídicas, as visitas á cidade de orixe tamén se ven afectadas polas festas relixiosas de Senegal, como a festa do cordeiro ou determinadas cerimonias da irmandade relixiosa de pertenza do/a inmigrante. As viaxes fanse en avión, en xeral dende Madrid, buscando ofertas de compañías aéreas para unha viaxe máis barata. Neste senso, tal e como nos comentou unha das traballadora de CITE, é habitual que busquen aquelas compañías que maior peso lles deixen levar gratis, xa que os/as inmigrantes nestas viaxes van cargados de diferentes tipos de regalos: móbiles, mantas, roupa, etc.
“Fui dos veces, porque de 2002 a 2005 no tenía papeles, y no podía ir, no podía tomar el riesgo de ir, y en 2005 ya fui, por dos meses, y en 2006 por dos meses, y este año si no fuera por este trabajo también iba, pero con este trabajo también aprovecho para ahorrar, si me pueden renovar” (senegalés, traballa nun gran almacén)
“Cando marchan a Senegal, moitísimos problemas, están buscando a compañías que máis peso lles permiten mandar gratis, que menos lles cobran por kilo, de equipaxe, porque van con tremendísimos bolsas, de feito eles para viaxar, se o billete lles vale 1000 euros, non lles vale con 1000, eles teñen que ter 5000, porque teñen que dar cartos alí, teñen que dar regalos, ir ben vestidos, coches de segunda man, como facíamos aquí mesmo, non é tan distinto” (traballadora CITE- CC.OO, Vigo).
53
Estudo da poboación senegalesa residente en Galicia como axente de desenvolvemento
Segundo os/as nosos/as entrevistados/as, estas máis ou menos longas estadías en Senegal son aproveitadas para estar coa familia, facer regalos, estar cos veciños, cos amigos..., en definitiva, estar na casa familiar, pero non é frecuente traballar alí en ningunha actividade laboral. Neste senso, estas estadías son o momento de gastar o aforrado, e de facer os regalos que se “esperan” dun emigrante en Europa. Algúns entrevistados sinalan ás veces a dificultade de asumir os gastos que se derivan de manter esa ostentación típica do emigrante, unha imaxe de “regreso triunfal”.
“La mayoría que está allí no trabajas, solo gastar allí, y estar con la familia también, pasas dos años, tres años sin ver a la familia, pero si estas aquí, gastas con la familia, con los amigos, vienen allí para pedir dinero, claro, por ser emigrante, los emigrantes están muy cansados cuando regresan, de todo, vecinos, familia, amigos, de todo, viene a preguntar, si alguien tiene un problema, si me puedes ayudar, y tu tienes que dar, tienes que dar, la mayoría piden dinero, otros piden móviles, piensan que los móviles se tiran por aquí, y tu vas desde aquí con 7 móviles para allí” (senegalés, pescador).
5.3.2.2.- O seguimento de Senegal en Galicia
Ademais destas redes de comunicación familiar con Senegal, os/as inmigrantes tamén tecen outro tipo de redes coa orixe, quizais máis invisibles, a través das cales se van informando do que acontece no seu país, na súa rexión, e van elaborando a súa visión de Senegal dende o exterior. A maioría das persoas entrevistadas subliñan que o seguimento que fan da actualidade de Senegal o realizan a través da televisión senegalesa, que conectan a través da antena parabólica. Así, nos pisos compartidos co resto de compatriotas senegaleses é moi frecuente que se instale unha antena parabólica para manterse ó día das novas, e para entreterse cos programas ou os filmes senegaleses.
54
Estudo da poboación senegalesa residente en Galicia como axente de desenvolvemento
Aínda que é minoritario, algunhas persoas contactadas, (sobre todo as que posúen un maior nivel de estudos), empregan tamén páxinas de internet, como seneweb 22 (a máis frecuente), e xalima 23 para manterse ó día das novas políticas, económicas, etc. Aquelas persoas en peor situación económica, soen usar internet nas bibliotecas municipais dos seus barrios. Tamén atopamos a algún senegalés que empregaba a radio vía satélite (worldspace 24 ) para manterse informado das novas, para o cal hai que darse de alta e pagar unha cota mensual. Outra das vías para manterse informados/as son as conversas coa familia, ou cos propios/as compatriotas en Galicia. Por exemplo, no caso do colectivo que se dedica á venda ambulante é frecuente manter conversas sobre as diferentes novas do país, debido a que o tipo de traballo permite compartir moitas horas e debates. “Si, me entero de las noticias por la tele, por internet, leo la prensa, escucho la radio, tengo dos canales de Senegal en la tele, por la antena parabólica. Veo mucho el seneweb.com, que puedes ver las noticias, escuhar la radio, entonces estas en el ciber una hora hablando con algún amigo, y mientras tienes el Seneweb y vas viendo en el ordenador las noticias, te da tiempo a las dos cosas” (senegalés, carpinteiro).
En canto a como lles afecta a actualidade de Senegal, tamén as persoas entrevistadas coinciden en que, polo xeral, se senten moi afectados/as polo que pasa en Senegal, xa que as súas familias viven nesa realidade. A maiores deste aspecto, a política e a economía son dous eidos que lles interesan especialmente, para avaliar como se está a desenvolver o país, qué políticas se dan en relación á volta dos emigrantes, un tema que sempre teñen presente debido a que a maioría destes/as inmigrantes teñen en mente o 22
www.seneweb.com: (Senegal dans le web): portal en francés con información sobre a actualidade, finanzas, inmigración, gastronomía, e que tamén posúe espazos de anuncios, humor, foros, prensa, radio, e música senegalesa. 23 www.xalima.com: portal en francés con información sobre novas, economía, relixión, meteoroloxía, deportes, vídeos, televisión, prensa, radio, música e diferentes foros. 24
Worldspace: O sistema worldspace cos satélite Afristar e Asiastar respectivamente, permiten a recepción directa de radio por satélite. Cobren as áreas xeográficas do sudeste de Asia, Oriente Medio e África.
55
Estudo da poboación senegalesa residente en Galicia como axente de desenvolvemento
regreso a Senegal. Outro tema que aparece tamén nos discursos é a preocupación pola recente emigración de xente nova nos caiucos cara Europa, un fenómeno que a moitos inmigrantes lles preocupa polas mortes que se están a dar nesas viaxes, e pola perda que significa para o país quedar sen esa xuventude.
“Si me afecta, algunas noticias me gustan, pero otras no me gustan, hay algunas noticias económicas buenas, pero también en las noticias, el Gobierno de Senegal dice que van a dar unas ayudas a los emigrantes para poder comprar un piso, y luego ves que necesitas un aval, que es muy difícil las condiciones, o sea que no se cumple lo prometido”, (senegalés, carpinteiro)
“Que me afecta de Senegal, muchas cosas, particularmente lo de las pateras, los que salen en pateras, me da mucho mal a mi corazón, muy triste, porque miras la tele, la juventud senegalesa, y no me gusta nada, porque están engañando a la gente para nada, están muriendo de frío, de mal, de hambre, y la gente los están engañando y los gobiernos no dicen nada, esto es muy triste para mi”, (senegalés, venda ambulante)
A partir das diferentes novas, conversas coa familia e cos compatriotas e as visitas a Senegal, os/as inmigrantes senegaleses van facéndose unha idea das transformacións que se están a dar no seu país de orixe. En xeral, como sinalamos arriba, xa sexa a través da antena parabólica ou a través de internet o radio, os/as inmigrantes contactados se manteñen bastante informados/as do que acontece no seu país. Podemos dicir que a ampla maioría sinala que o seu país mellorou nestes últimos anos, a pesares de que tamén son frecuentes as críticas á falla de traballo e de futuro para as persoas novas en Senegal. Algún entrevistado fixo referencia tamén á inflación que afecta de xeito directo ás familias máis modestas alzando os prezos dos alimentos máis básicos.
“De momento está mejorando, de verdad, está afectando la inflación mundial, digo yo, la inflación mundial, toca muchas cosas, por culpa de la economía mundial, pero estamos luchando poco a poco para salir” (senegalés, venda ambulante) 56
Estudo da poboación senegalesa residente en Galicia como axente de desenvolvemento
“No sé que decir, porque hay signos de mejora del país, de carreteras que ves, medios de comunicaciones, y la gente dispone de cosas que no tenía antes, pero al mismo tiempo ves que el nivel de vida ha bajado, no tienen mucho dinero para comer, entras en una casa y hay cosas que antes no había, hay una tele, una nevera, pero eso en la capital, pero en el rural, no, como no llueve, la gente se mueve del rural a las zonas urbanas”, (senegalesa, venda ambulante)
“Para mi empeoró, porque la vida está más cara allí, subieron todos los precios, como aquí, está subiendo ahora, hay inflación, por la primera vez en 2006 y 2007 las familias no tenían el butano para cocinar, porque había,..., como se llama, en francés se dice un rupture, una ruptura económica, de energía, de butano, de gasóleo, porque los gobernantes no tenían bastante dinero para importar el butano, y gasoil, y la electricidad se corta dos o tres veces por día, todo se usa ahora con electricidad, si no hay electricidad no hay producción, los ordenadores, las empresas, los hospitales, todo, sobre el plan macroeconómico dicen que hay desarrollo, un crecimiento de un 3% pero solo sobre el plano macro, pero el plano microeconómico las familias no, no hay trabajo, la vida es mucho más caro, los que hacen la política son cada día más ricos, la corrupción se incrementó mucho, ...., mucho, muchos intermediarios, si, si, de manera general se empeoró, el pan subió, el arroz, la leche, el cuscús, todo subió” (senegalés, traballador nun gran almacén).
57
Estudo da poboación senegalesa residente en Galicia como axente de desenvolvemento
5.4.- MAPA DE ACTORES SOCIAIS CLAVE NO TRABALLO COA INMIGRACIÓN SENEGALESA
A través do traballo de campo puidemos detectar que as persoas senegalesas entrevistadas facían referencia a unha ampla rede de asociacións, ONG´s e sindicatos como referentes para satisfacer diferentes tipos de necesidades: dende necesidades como reunirse para facer celebracións, para tecer redes de solidariedade, ata necesidades máis de tipo burocrático, para resolver dúbidas de documentación, de lexislación laboral, pasando tamén por necesidades como a aprendizaxe do castelán, de informática, o abastecemento de alimentos, o acceso a internet e ó teléfono, etc.
Así, a poboación inmigrante en Galicia emprega diferentes tipos de organizacións, participando nelas tamén de moi diferente xeito. Por unha banda, se atopan as agrupacións propias (como as asociacións de inmigrantes e as Dahiras relixiosas), nas que o propio colectivo senegalés participa dun xeito activo e como promotor do proxecto; estas agrupacións serven para satisfacer necesidades na primeira acollida, necesidades de ocio, relixiosas; a súa vez, tamén son usadas como plataforma para reivindicar certas peticións concretas (como, por exemplo, a do carné de conducir). Por outra banda, outras organizacións de tipo “pro- inmigrantes” 25 como as ONG´s e os sindicatos son empregados polos/as inmigrantes senegaleses/as en calidade de usuarios/as, sobre todo para resolver certas dúbidas acerca da documentación (en sindicatos, como CITE- Comisións Obreiras ou CIG), ou para asistir a determinados servizos (como as aulas de español, de informática, o servizo de abastecemento de alimentos, os programas socio- sanitarios, etc.), para o cal asisten a determinadas ONG´s, entre as que os/as propios/as inmigrantes destacan o traballo de “Ecos do Sur”, “Equus Zebra”ou “Eco- desarrollo Gaia”.
Así, en primeiro termo analizaremos as agrupacións propias do propio colectivo senegalés en Galicia (as asociacións de senegaleses e as Dahira), para pasar logo a 25
As denominadas “asociacións pro- inmigrantes” son aquelas organizacións que si ofrecen servizos especializados ó colectivo de inmigrantes, traballan con eles/as, mais están compostas case exclusivamente por autóctonos/as.
58
Estudo da poboación senegalesa residente en Galicia como axente de desenvolvemento
analizar as ONG´s e os sindicatos que traballan con esta poboación senegalesa a un nivel de usuarios/as.
5.4.1.- O asociacionismo inmigrante senegalés
Neste apartado imos analizar os diferentes tipos de organizacións que teñen como protagonistas ó propio colectivo senegalés en Galicia. É dicir, analizaremos cales son as redes sociais que operan dentro do colectivo, aquelas agrupacións que posúen unha certa estructura, e que están compostas polos propios inmigrantes senegaleses, sen mediación doutras ONG´s ou asociación “pro- inmigrantes”.
Neste senso, detectamos e entrevistamos a dúas o asociacións de inmigrantes senegaleses en Galicia, a “Asociación de Senegaleses residentes en Vigo”, e a “Asociación de senegaleses de Ourense”. Nos mesmos días de redacción deste estudo acaba de ser creada unha terceira asociación en Galicia, a “Asociación de senegaleses de Pontevedra” que celebrou o 5 de decembro a súa presentación fronte ó subdelegado do goberno de Pontevedra.
Antes de pasar a analizar as dúas asociacións de inmigrantes senegaleses, faremos uns breves apuntamentos teóricos sobre o asociacionismo inmigrante. A existencia mesma do asociacionismo inmigrante está sendo conceptualizada dende a sociedade de acollida dende varios prismas, outorgándolle diferentes significados á presencia deste tecido asociativo na nosa sociedade. En xeral, como recolle Zapata- Barrero 26 , podemos distinguir dous tipos de discursos: o que ve o “asociacionismo inmigrante como unha anomalía”, no senso de que en vez de contribuír, constitúe un obstáculo para que os/as inmigrantes e os/as cidadáns/as se acomoden, xa que o normal sería que os/as inmigrantes empregaran os tecidos asociativos xa existentes; e o outro discurso, que postula que o “asociacionismo inmigrante é algo normal”, e ve neste tecido a expresión habitual do noso sistema democrático ó producirse problemas dentro da nosa sociedade 26
Zapata- Barrero, Ricard (2004): Multiculturalidad e inmigración, Editorial Síntesis S.A, Madrid, pp. 150- 152.
59
Estudo da poboación senegalesa residente en Galicia como axente de desenvolvemento
non resoltos politicamente. A nosa perspectiva achégase máis a este segundo marco, xa que temos en conta que as asociacións de inmigrantes, dada a situación social e política deste colectivo, representan unha valiosa plataforma dende a que facer presión e reivindicar certas necesidades básicas para os/as inmigrantes, aínda non resoltas politicamente. Ademais, como manifestan autoras como Remei Sipi 27 , este asociacionismo inmigrante a miúdo actúa como catalizador do proceso de integración dos/as inmigrantes, xa que o asociacionismo dende esta perspectiva permite superar o illamento social, fomentar a sociabilidade, intercambiar experiencias e como sostén Natalia Ribas 28 atopar os referentes válidos que permitan unha efectiva integración na sociedade.
Tendo en conta este marco teórico xeral, pasaremos agora a analizar o asociacionismo inmigrante senegalés en Galicia, formado polas tres asociacións que comentamos arriba. En relación á baixa porcentaxe de inmigrantes senegalesas en Galicia (representan só o 1, 37 % das persoas estranxeiras empadroadas en Galicia), o asociacionismo deste colectivo é bastante importante. Neste senso, Rafael Crespo 29 tamén destaca que a dinámica asociativa da comunidade senegalesa é unha das máis importantes do conxunto da inmigración extracomunitaria en España, con entidades rexistradas por tódolos puntos de residencia, que abarcan case todo o territorio peninsular e as illas. Segundo Crespo, un factor que axuda a entender este dinamismo asociativo senegalés é a experiencia asociativa que un número significativo de migrantes tiña no súe país de orixe, unha variable que tamén se confirmou no traballo de campo. Estes agrupamentos propios poden ser rexidos por criterios de adscrición identitaria non excluíntes entre si, e entre os que destacan: afinidade familiar, paisanaxe, etnia, rexión de orixe e/ou nacionalidade e/ou comunidade relixiosa. Estes agrupamentos, segundo Crespo, son nós vitais das redes (invisibles para a sociedade receptora) que conectan os membros da comunidade inmigrada entre si e coa sociedade de orixe, demostrando a dimensión 27
Sipi Mayo, Remei (2000): “Las asociaciones de mujeres, ¿agentes de integración social?” Revista Papers nº 60, pp. 355-364. 28 Ribas, Natalia (2003): “ Dona i inmigració”, en Aubarell, G (Dir.): Gestionar la diversitat, Iemed, Barcelona. 29 Crespo, Rafael (2006): “Participación y asociacionismo senegalés, de la visibilidad a la conexión transcontinental” en Jabardo, Mercedes: Senegaleses en España. Conexiones entre origen y destino, Ministerio de Trabajo y Asuntos Sociales, Madrid, pp. 132- 142.
60
Estudo da poboación senegalesa residente en Galicia como axente de desenvolvemento
colectiva das migracións africanas. Unha dimensión quen se percife especificamente para o caso das cofradías relixiosas. Para o contexto das asociacións de inmigrantes senegaleses/as en Galicia, parece que o criterio máis forte de adscrición é a nacionalidade senegalesa, e como veremos abaixo, tamén a comunidade relixiosa no caso da asociación asentada en Vigo.
A “Asociación de Emigrantes Senegaleses residentes en Vigo” creouse no ano 1995 en Vigo, e está composta na actualidade por uns 170 socios senegaleses (todos homes), aínda que a participación máis activa en reunións e actividades é máis baixa. Aínda que estivo parada durante o ano pasado (2006) por problemas internos, agora posúe outra xunta directiva e están comezando a súa andadura de novo, a pesares de que polo de agora non posúen local. En canto ás axudas económicas, tiveron unha subvención en 2002 da Xunta de Galicia, e agora están a tramitar novas subvencións.
Por outra banda, a “Asociación de senegaleses de Ourense”, provén da asociación de inmigrantes africanos “África Mankoligue” (literalmente significa “convivencia para traballar”), creada en 1996, pero que deixou de funcionar en 2002. A partir desta data xurde a “Asociación de senegaleses de Ourense”, composta exclusivamente polo colectivo senegalés da cidade; aproximadamente teñen 32 socios, dos cales tres son mulleres, aínda que o traballo cotiá e máis activo é sacado adiante por cinco persoas. Esta asociación si ten un amplo local no centro de Ourense, sufragado por Cáritas; tamén tiveron algunha axuda concreta (para a televisión) da Xunta de Galicia, da Deputación de Ourense e do Concello de Ourense.
Por último, a terceira asociación, a recen creada “Asociación de senegaleses de Pontevedra”. Segundo a nova aparecida no Faro de Vigo 30 , esta asociación está composta por un centenar de membros/as, a maioría varóns que se dedican case en exclusiva á venda ambulante. Entre os seus obxectivos están darse a coñecer, intercambiar actividades e iniciativas cos autóctonos/as e visualizarse, ademais de servir como interlocutores da súa comunidade e erguerse como un grupo de axuda mutua entre 30
Fonte: Faro de Vigo, 6 de decembro 2007 [en liña], dispoñible en: www.farodevigo.es [consulta: 6 de decembro 2007].
61
Estudo da poboación senegalesa residente en Galicia como axente de desenvolvemento
os compatriotas.
Debido á recente andadura desta terceira asociación de Pontevedra, comentaremos a continuación algunhas cuestións comúns ás dúas asociacións máis lonxevas, a de Vigo e Ourense. Ambas asociacións posúen determinados obxectivos comúns. Para comezar, ambas subliñan que os seus obxectivos finais van encamiñados á mellora da convivencia entre a sociedade de acollida e a inmigración senegalesa, ademais de que ambas, dun modo xeral funcionan como “espazos de consolidación comunitaria, de afirmación e recreación identitaria” 31 . En canto ós obxectivos máis concretos, estas asociacións dedícanse principalmente á acollida nun primeiro momento da inmigración senegalesa, (prestando axuda e recibindo á inmigración irregular e regular, empregando as redes xa creadas na sociedade de acollida para o beneficio dos recen chegados,...); en segundo lugar, a inmigración senegalesa en Galicia (e España) se atopa cuns determinados problemas específicos que entran dentro das reivindicacións destas agrupacións, como o problema que se deriva da non homologación dos carnés de conducir senegaleses ou as dificultades legais dos postos de venda ambulante. A maiores destes obxectivos, unha actividade común destas dúas asociacións, (e de moitas entidades senegalesas e africanas a nivel español), consiste en fletar a Senegal os corpos daqueles senegaleses mortos en terras galegas. Así, a pesares dos costos tan elevados do traslado dos corpos, esta actividade é unha prioridade para estas asociacións, que a miúdo realizan botes comúns de diñeiro para poder sufragar estes gastos; outras veces se recorre incluso a outras asociacións de senegaleses noutros países, como o caso de Italia, onde a inmigración senegalesa nos últimos anos tamén creceu de xeito moi importante.
“Pues sobre todo la ayuda a personas enfermas, que están en el hospital, o personas muertas, que hay que llevar el cuerpo a Senegal, y vale mucho dinero llevar el cuerpo en avión a Senegal, unos 6000 euros o así, también ayudamos a pagar los billetes para poder ir al entierro, incluso hay otras asociaciones de otros
31
Crespo, Rafael (2006): “Participación y asociacionismo senegalés, de la visibilidad a la conexión transcontinental” en Jabardo, Mercedes: Senegaleses en España. Conexiones entre origen y destino, Ministerio de Trabajo y Asuntos Sociales, Madrid, pp. 132- 142, p. 136.
62
Estudo da poboación senegalesa residente en Galicia como axente de desenvolvemento
países, de Italia o así, también nos ayudan; es que nosotros queremos que nos entierren en nuestra tierra, volver allí, es importante para los senegaleses” (secretario da “Asociación de Senegaleses residentes en Vigo”).
“Los objetivos es que vivir bien entre senegaleses, ayudar a los que tienen problemas, a los que llegan, si a los recién llegados, no saben donde ir, ahora si hay muchos irregulares, son muchos ahora, ...” (secretario da “Asociación de senegaleses de Ourense”).
Un eido de especial interese para os obxectivos do presente estudo, serán as relacións destas asociacións con Senegal. En concreto, nos interesará saber se estas agrupacións posúen algún tipo de proxecto ou iniciativa con Senegal ou con asociacións situadas en Senegal, ou, polo menos se son coñecedoras doutras organizacións asentadas en Galicia que teñan proxectos de codesenvolvemento con Senegal. Temos que sinalar que estas dúas asociacións, polo de agora, non manteñen contacto con ningún tipo de asociación en Senegal, nin posúen proxectos que impliquen a localidades senegalesas nin os seus pobos de orixe, aínda que si lles gustaría como proxecto de futuro iniciar este tipo de contactos co seu país de orixe. En concreto, un dos eidos sobre os que lles gustaría traballar sería, no caso da “Asociación de senegaleses de Ourense”, sería na problemática da potabilización da auga e as colaboracións para a mellora da sanidade, sobre todo na infancia e nas mulleres. Esta asociación, como xa comentamos no apartado 5.3.1, si iniciou algún contacto co xa nomeado “Ministerio dos Senegaleses do Exterior” en Madrid, e posúe un interese específico no tema do codesenvolvemento manténdose ben informados sobre as cifras e os fluxos de remesas que a inmigración senegalesa está a enviar ó seu país de orixe.
“A mi por ejemplo no hay agua potable, hay electricidad, pero no hay agua potable, cogen de los pozos, y hay muchas enfermedades, sobre todo de los niños, diarrea, que provienen de esta agua” (secretario da “Asociación de senegaleses de Ourense”).
63
Estudo da poboación senegalesa residente en Galicia como axente de desenvolvemento
A pesares de que en España, como subliña Crespo 32 , están aparecendo iniciativas de codesenvolvemento protagonizadas por asociacións de senegaleses, parece que en Galicia este eido está aínda moi nos seus inicios para o colectivo senegalés.
Tampouco coñecen ONG´s galegas que traballen en proxectos con Senegal; neste senso, semella que existe bastante distanciamento entre as ONG´s autóctonas e o asociacionismo inmigrante senegalés. O secretario da asociación de Ourense sinala que coñece certas ONG´s que traballan co colectivo senegalés, mais non ten constancia de proxectos de codesenvolvemento co seu país de orixe.
“En Galicia, sé que están trabajando con inmigrantes, por ejemplo, la Fundación Galicia emigración, hay Cáritas, la Cruz Roja, ..., pero de momento no conocemos ong´s que tengan codesarrollo, no, por ahora, no” (Secretario da “Asociación de senegaleses de Ourense).
Por outra banda, aínda que escasas, si se dan certas relacións entre estas asociacións de inmigrantes senegaleses con outras asociacións de inmigrantes, sindicatos, ou ONG´s. En concreto, a “Asociación de Senegaleses residentes en Vigo” mantén certo contacto con sindicatos, como CITE, (de Comisións Obreiras) ou CIG. Por outra banda, a “Asociación de senegaleses de Ourense” mantén relación con outras asociacións de inmigrantes senegaleses a nivel español, como a asociación de inmigrantes senegaleses de Málaga ou de Barcelona; tamén participan da “Federación de Asociaciones de Senegaleses en España”, unha Federación a nivel estatal que aglutina diferentes asociacións de senegaleses locais e provinciais, traballando sobre unha base reticular, e fundamentándose nun plantexamento común. A pesares de que a “Asociación de senegaleses de Ourense” coñecen a existencia da asociación asentada en Vigo non manteñen moito contacto entre ambas. En realidade, ambas posúen escasa relación con outras asociacións de inmigrantes a nivel galego, e ningunha participou nas dúas “Asembleas de inmigrantes e emigrantes retornados” realizadas a nivel galego.
32
Crespo, Rafael (2006): “Participación y asociacionismo senegalés, de la visibilidad a la conexión transcontinental” en Jabardo, Mercedes: Senegaleses en España. Conexiones entre origen y destino, Ministerio de Trabajo y Asuntos Sociales, Madrid, p. 139.
64
Estudo da poboación senegalesa residente en Galicia como axente de desenvolvemento
“Contacto solo con la asociación, con los de senegaleses, con los de Vigo, de los de Málaga, Barcelona, de otra ciudades, con los de Vigo, contactos, mucho mucho no hay, (...), en España hai 44 asociaciones de senegaleses que están registradas, de las 44 representadas en la Federación de España somos 15, en Cataluña hay muchas”, (secretario da “Asociación de senegaleses de Ourense).
Coa Administración tamén se teñen certos contactos, sobre todo por parte da asociación de Ourense, que colabora co Concello e a Deputación para realizar diferentes actividades festivas, como a celebración do día Nacional de Senegal, o 4 de abril; o ano pasado, en 2006, celebraron este día cunha festa no seu local, onde acudiron o Alcalde de Ourense, e representantes da Cruz Vermella e de Cáritas. A maiores deste tipo de actos, esta asociación tamén posúe un convenio coa Administración para levar a cabo un Programa de vacacións dos/as fillos/as para que visiten ós seus pais en Ourense durante o verán; programa que leva en marcha sobre tres anos, e está a disposición de inmigrantes de diferentes nacionalidades.
5.4.2.- As cofradías relixiosas: as Dahiras
Ademais destas asociacións de inmigrantes, faise necesario facer referencia ás cofradías relixiosas, un tipo de organizacións cuxa presencia na inmigración senegalesa é unha especificidade que regula unha boa parte das redes sociais deste colectivo. En concreto podemos falar da actividade da Dahira Mouride de Vigo, con vinculacións coa propia “Asociación de inmigrantes senegaleses de Vigo”. Como tamén recolle Crespo 33 é habitual dentro da inmigración senegalesa este tipo de conexións entre organizacións formais e informais; é dicir, a miúdo estes agrupamentos informais soen ser o fundamento dunha asociación rexistrada. Sen embargo, continúa Crespo, sería difícil separar un modelo de outro, porque é un erro crer que existe unha fronteira entre o que dende Occidente chamamos “formal” e “informal”, “legal “ e “ilegal”. As dúas formas
33
Ibídem, p. 135.
65
Estudo da poboación senegalesa residente en Galicia como axente de desenvolvemento
asociativas son resultado das estratexias adaptativas das comunidades subsaharianas, polo que están interrelacionadas e son complementarias.
A Dahira que detectamos en Vigo, segundo nos comentou unha persoa que participa ocasionalmente nela, pertence á irmandade islámica Mouride, (da etnia wolof), e se reúnen para reproducir as mesmas celebracións que esta irmandade realiza en Senegal. Por exemplo, o día da gran manifestación de Touba (a cidade relixiosa Mouride), moitos/as inmigrantes (dende Estados Unidos, Italia, España), volven a esta cidade para facer a celebración, e aqueles/as inmigrantes que se teñen que quedar en destino, celebran o evento a través das Dahiras. Ademais destas celebracións, as Dahiras tamén poden dedicarse a actividades semellantes que as que sinalamos para o ámbito asociativo: dende a provisión das condicións de acollida á chegada (casa, comida, diñeiro, traballo), ata a axuda para o regreso, pasando por gastos por enfermidade, celebracións familiares ou repatriación de connacionais en caso de falecemento.
Estas agrupacións de fieis en Vigo teñen relación con outras Dahiras en Senegal ás que se lles envía diñeiro; polo tanto, a propia Dahira en destino ten a súa propia cota para o envío de cartos á irmandade en Senegal, (irmandade que soe ser visitada polos inmigrantes nas súas viaxes de vacacións a Senegal), outro fluxo económico importante que hai que ter en conta na inmigración senegalesa. Estas irmandades dictan recomendacións acerca de como practicar a relixión islámica, sobre a forma de ser, e as diferentes prácticas rituais. Se comentabamos que nas asociacións de senegaleses é escasa a presencia de mulleres, as Dahira son máis abertas neste punto, e a participación de mulleres, aínda que minoritaria, é máis importante que no caso das asociacións.
Para diferentes autores, como Lacomba, estas cofradías teñen un papel moi importante para a inserción social e laboral da inmigración senegalesa en destino:
“En concreto, a su particular entendimiento del Islam, los inmigrantes senegaleses añaden al mismo formas de organización inexistentes en otros colectivos musulmanes. El sistema de cofradías, de gran peso en su sociedad de origen, es importado por los propios inmigrantes a la sociedad de acogida. En el 66
Estudo da poboación senegalesa residente en Galicia como axente de desenvolvemento
nuevo contexto migratorio la organización cofrádica se convierte en un instrumento fundamental de regulación de la comunidad y de inserción social y laboral para los inmigrantes musulmanes senegaleses” 34 .
Para Lacomba, as cofradías musulmanas e a cofradía Mourid en particular, (como é o caso que nos ocupa), son motores da sociabilidade dos seus membros, como tamén son motores dos lazos de solidariedade; unha solidariedade comunitaria especialmente útil se temos en conta, segundo o autor, o contexto da modernización desestructurante de destino.
5.4.3.- ONG´s e sindicatos Analizaremos neste apartado aquelas organizacións “pro- inmigrantes” que, segundo a poboación senegalesa contactada, está a cumprir un papel importante co colectivo senegalés, dende diversos eixes de traballo. Destacan neste traballo varias ONG´s e sindicatos das que falaremos a continuación.
Na provincia da Coruña, destacan varias ONG´s que traballan cun numeroso colectivo senegalés, como o caso de “Eco- Desarrollo Gaia”, “Equus Zebra”, e “Ecos do Sur”, ademais de sindicatos como Comisións Obreiras e CIG, dos cales falaremos máis abaixo.
En primeiro lugar, “Eco- Desarrollo Gaia”, (xurdida en 1992 na cidade da Coruña), se define como unha ONG para o desenvolvemento sostible, e traballa en diferentes áreas como a primeira acollida de inmigrantes, as aulas de castelán, a asesoría xurídica, (ademais de levar a cabo tamén proxectos de desenvolvemento, do que falaremos no seguinte apartado). Entre os/as seus usuarios/as suman unhas 11 nacionalidades, entre as cales a máis importante é a senegalesa, seguida da boliviana e peruana. Neste ano 2007,
34
Lacomba, Joan (2000): “Inmigrantes senegaleses, islam y cofradías en Valencia (España)”, en Revue Européenne des Migrations Internacionais, 2000, 16, pp. 85- 103, p. 103.
67
Estudo da poboación senegalesa residente en Galicia como axente de desenvolvemento
na sección xurídica da organización analizaron uns 700 expedientes de inmigrantes, ó que nos informa da cantidade de usuarios/as que reciben nesta ONG. O colectivo senegalés que acude a esta ONG participa, entre outras actividades, nas aulas de castelán, de informática, na asesoría xurídica e tamén empregan o local como un centro para poder estar xuntos/as e relaxarse intercambiando conversas cos compatriotas. Esta ONG mantén certos contactos a súa vez con CITE de CC.OO salientando o papel que desenvolve este sindicato no eido da inmigración. “Eco- Desarrollo Gaia” posúe tamén, como se analizará no seguinte apartado, un proxecto de codesenvolvemento con Senegal.
En segundo lugar, a ONG “Ecos do Sur” da Coruña, (xurdida en 1991), defínese como unha ONG para o desenvolvemento. Posúe tamén unha cantidade importante de usuarios inmigrantes, (sobre 1000 cada ano), mais neste caso, a maioría das persoas coas que traballan na actualidade proceden de América Latina. A pesares de non ser maioría, tamén esta ONG é empregada polo colectivo senegalés, que é o colectivo africano máis importante co que traballa esta organización. Esta ONG desenvolve actividades como o asesoramento xurídico a inmigrantes, formación, asesoramento laboral e tamén posúen diferentes programas socio- sanitarios. Neste último Programa, segundo o seu responsable, participa un elevado número de senegaleses; este Programa está orientado á prevención e control da tuberculose, e se realiza en colaboración coa Consellería de Sanidade e co Hospital Ramón y Cajal de Madrid. En canto as súas relacións con outras ONG´s, sinalan que posúen bastante contacto con Equus Zebra, sobre todo en relación a este Programa socio- sanitario. Esta ONG non posúe, polo de agora, ningún proxecto de codesenvolvemento con Senegal.
En terceiro lugar, a outra ONG detectada como un axente importante para o colectivo senegalés, é a ONG “Equus Zebra” cunha ampla maioría de usuarios senegaleses, (en torno ó 80 %). Esta organización xurdida en 2001 defínese como unha ONG galega creada por e para os/as inmigrantes. O colectivo senegalés participa, fundamentalmente, nas aulas de castelán que ofrece a ONG, no servizo de internet e de teléfono, así como tamén participan na distribución de alimentos que se realiza no local. Equus Zebra mantén relacións con Ecos do Sur, así como tamén forma parte da Coordinadora Galega 68
Estudo da poboación senegalesa residente en Galicia como axente de desenvolvemento
de ONG´s e da entidade Coruña Solidaria do Concello de A Coruña. Como sinalaremos abaixo, posúen tamén un proxecto de codesenvolvemento con Senegal.
Entre as organizacións pro- inmigrantes ubicadas na provincia de Pontevedra en relación ó colectivo senegalés, destacan os sindicatos como CITE, (de Comisións Obreiras), e CIG. Tamén, a ONG “Asociación e Integración de Ayuda al Desarrollo del Africano (AIDA)”, traballa cun importante número de inmigrantes senegaleses/as. Fixemos tamén contacto con Cruz Vermella, mais nos comunicaron que non posúen unha liña de traballo específica co colectivo senegalés, e que nestes intres apenas acoden usuarios/as senegaleses/as ós seus servizos.
O sindicato Comisións Obreiras, posúe un “Centro de información para traballadores e traballadoras estranxeiros/as” (CITE), que posúe diferentes servizos para axudar e asesorar ás persoas inmigrantes. Así, ofrece os seguintes servizos de forma gratuíta: o asesoramento e orientación sobre a lei de estranxeiría, a tramitación de permisos de traballo, de residencia, de reagrupamento familiar, de nacionalidade e exención do visado, así como ofrece tamén cursos de idiomas para inmigrantes. No caso do colectivo senegalés, tal e como subliñaron as traballadoras desta sección en Vigo, empregan con bastante regularidade os servizos de asesoramento legal, sobre todo para a tramitación dos diferentes permisos: fundamentalmente, de traballo, de residencia, de reagrupación familiar e de nacionalidade. No último ano dende este sindicato se detectou a importante chegada dun fluxo de inmigración senegalesa en situación irregular que chegaron a través de caiucos, cunhas dificultades específicas. A maiores desta problemática, o asesoramento en temas laborais tamén é central. Como xa se comentou, unha boa parte deste colectivo se ocupa na venda ambulante, polo que precisan certo asesoramento para darse de alta nos permisos por conta propia; neste senso, segundo as traballadoras de CITE, detectáronse certos problemas debido a que algúns senegaleses vendedores ambulantes non se daban de baixa ó regresar a Senegal por vacacións, co que deixaban de cotizar, adquirindo débedas importantes coa Seguridade Social. Este tipo de cuestións son as que máis se traballan co colectivo.
69
Estudo da poboación senegalesa residente en Galicia como axente de desenvolvemento
Outro sindicato nomeado pola inmigración senegalesa é CIG, que posúe tamén a súa vez unha sección de asesoramento e información para inmigrantes, acerca dos permisos de nacionalidade, reagrupación familiar, axudas á integración social, asesoramento e orientación laboral e diferentes actividades, entre as que se contan tamén os cursos de galego.
Por último, mencionaremos o caso da “Asociación e Integración de Ayuda al Desarrollo del Africano (AIDA)”, unha ONG composta por inmigrantes e autóctonos/as, xurdida en 1997 en Vigo, na que ademais doutras nacionalidades africanas, (Mozambique, Nigeria, Angola), participan de xeito importante, tanto como socios/as ou como usuarios/as, parte do colectivo senegalés. Esta ONG posúe ó redor de 202 membros/as, entre os que se contan 52 mulleres. Entre os seus obxectivos están, segundo nos comentou o seu Presidente, fomentar actitudes de respecto e de comprensión cara culturas diferentes, favorecendo unha convivencia positiva na interculturalidade. Como obxectivo máis concreto tamén se sinala a axuda á integración dos/as inmigrantes. Posúen servizos de información e asistencia para calquera africano que o precise, (por exemplo, moitas das veces os chaman cando hai un inmigrante africano ingresado no hospital que precisa axuda); tamén posúen un servizo xurídico e un banco de alimentos. Debido á vinculación do colectivo africano coa venda ambulante, esta ONG tamén ten participado en reivindicacións laborais en referencia a esta actividade laboral.
70
Estudo da poboación senegalesa residente en Galicia como axente de desenvolvemento
5.5. – MAPA DE ACTORES SOCIAIS CLAVE NO CODESENVOLVEMENTO CON SENEGAL
No noso traballo de campo a ONG´s e sindicatos que traballan no eido da inmigración, e ás diversas asociacións de inmigrantes xa nomeadas, detectamos unicamente o coñecemento de dous proxectos de codesenvolvemento con Senegal que se estean a levar a cabo a nivel galego. Un dos proxectos é a “Escola A Coruña” que parte da ONG´d “Eco- Desarrollo Gaia” de A Coruña. O outro proxecto aínda sen rematar consiste na construcción e equipamento dun centro de saúde, planificado pola ONG “Equus Zebra”, de A Coruña.
Debido a que xa falamos do traballo destas ONG´s co colectivo inmigrante senegalés, neste apartado afondaremos especificamente nos proxectos de codesenvolvemento que están a levar a cabo.
En primeiro lugar, a “Escola infantil e centro de formación para o desenvolvemento sostible comunitario Coruña” está ubicada na comunidade pesqueira de Tonghor Yoff, no Departamento de Dakar. Este proxecto está en funcionamento dende o ano 2004, e ademais da escola infantil de 120 prazas escolares, tamén ten integrado un proxecto de cooperativa de salazón levado a cabo por mulleres da propia comunidade. Tanto as persoas que rexentan a Escola como a cooperativa son mulleres da propia comunidade senegalesa; todo o proxecto, como comenta o representa da ONGd, posúe unha forte perspectiva de xénero, tentando fomentar as posicións de liderado feminino.
“La “Escuela A Coruña”, es una escuela, es un centro comunitario por la igualdad y el desarrollo sostenible, entonces el complejo es un centro regido todo por mujeres, un centro de formación de lideresas, para las mujeres líderes que hay ahí, conseguir mantenerlas, para que permita la permanencia de esas mujeres, que son las que tienen mayor capacidad de liderazgo social, lo que nosotros intentamos es desarrollar las bases estructurales de la zona. Entonces, primero hemos potenciado a los colectivos de mujeres, hicieron una cooperativa, ha sido más o menos existosa, y hemos hecho la Escuela” (representante de EcoDesarrollo Gaia”).
71
Estudo da poboación senegalesa residente en Galicia como axente de desenvolvemento
Este proxecto, segundo o entrevistado, mantivo un ritmo bastante lento debido a ese desexo de realizar un verdadeiro proxecto de codesenvolvemento, formando ás propias mulleres que logo coordinarían a Escola. Unha delas, a coordinadora da Escola, foi á Universidade en Senegal para poder logo levar a cabo a súa tarefa. En canto ó financiamento, participaron neste proxecto o Concello da Coruña, a Secretaría Xeral de Cooperación e a Deputación da Coruña.
“Empezó sobre 2004, lleva más o menos tres años, empezamos y reunimos un poquito de dinero, y enviamos a la directora a una Universidad de Senegal, que valió un cuarto de millón, una fortuna lo que cuesta estudiar, es una selección económica, y después con altas y bajas, por querer hacer codesarrollo lo hicimos más lento, y entonces el codesarrollo sería un generador de sinergias, de empatías, porque por el hecho de ser coruñeses, es un factor de identificación cultural, y piensa que de donde viene el inmigrante que está aquí, está esa Escúela Coruña” (representante de Eco- Desarrollo Gaia).
En segundo termo, o outro proxecto de codesenvolvemento consiste na construcción e equipamento dun centro de saúde, a posta en marcha dunha Mutua de Saúde, unha farmacia comunitaria, e o saneamento da auga. O centro de saúde aínda está en proxecto de construcción, ( o proxecto comezou en 2007), e se sitúa na comunidade de Nagur, no Departamento de Nodor, dentro da Rexión de Saint- Louis. A idea do proxecto xurdiu, segundo nos comenta a responsable de cofinanciación da organización, dun usuario de Equus Zebra da rexión de Saint- Louis. Como xa sinalamos, na Coruña existe unha elevada porcentaxe de senegaleses que ultimamente proceden desta zona de orixe, de Saint- Louis. Nesta zona existe unha grave carenciade centros sanitarios, de feito, o hospital máis achegado está a 126 kms.
Neste proxecto hai unhas organizacións que participan dende Galicia e varias asociacións como contraparte na rexión. Dende Galicia, ademáis de Equus Zebra, participa na financiación o Concello da Coruña, o Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, e como entidades privadas está a Fundación Paideia e se está á espera da 72
Estudo da poboación senegalesa residente en Galicia como axente de desenvolvemento
aprobación de Caixa Galicia. Por outra banda, a contraparte en Senegal está composta por dúas ONG´s da zona, ASAS, (que agora está integrada en Equus Zebra Senegal), e JAALTAALBÉ.
O proxecto, como xa se sinalou, comezou en 2007, e Equus Zebra conta con que se remate a súa construcción en 2008, e a pesares de que o pensan xestionar eles como organización durante dous anos, (ata que o proxecto sexa sostible), os plans apuntan a que en 2010 a xestión pase ó propio goberno senegalés, para darlle unha continuidade temporal ó proxecto.
73
Estudo da poboación senegalesa residente en Galicia como axente de desenvolvemento
6.- CONCLUSIÓNS
A partires do presente estudo, podemos verter unha serie de conclusións. En primeiro lugar, hai que subliñar que a inmigración senegalesa en Galicia posúe unhas redes con Senegal moi fortes e densas, que teñen como eixe central á propia familia do/a inmigrante. Así, as redes económicas (as remesas, o envío de mercancías), e as redes sociais (o contacto, sobre todo telefónico, con persoas en Senegal, as longas visitas ó país), son establecidas na súa maior parte a través da familia extensa que queda na zona de orixe. O envío de diñeiro resulta unha constante e unha prioridade na maioría dos casos, o que obriga a activar diferentes estratexias de aforro en Galicia, (vivenda e comida compartida, evitar o gasto en ocio, etc.).
O gasto do diñeiro enviado é decidido polos membros/as desa familia. Nalgúns casos tamén se detectaron gastos na construcción de vivendas en orixe por parte dos/as inmigrantes ou en determinadas ofrendas relixiosas. Neste senso, son escasas as inversións por parte dos/as inmigrantes en negocios en Senegal. O complexo debate sobre a inmigración como axente de desenvolvemento queda aberto para os propios protagonistas, así, os/as senegaleses/as contactados/as posúen diverxencias ó respecto: algunhas persoas si conclúen que as remesas enviadas fan que Senegal funcione e que as familias poidan saír adiante, mentres que outros/as inmigrantes subliñan que a maioría das remesas se agotan na alimentación desa familia extensa en orixe, sen provocar novos proxectos emprendedores en Senegal.
Por outra banda, no que existe unanimidade é no continuo seguimento que se realiza da realidade senegalesa dende Galicia. Así, no traballo de campo detectouse un nivel de información elevado do que acontece en Senegal, a través, sobre todo, das antenas parabólicas da televisión, e tamén mediante diversos portais de internet que informan sobre diversas novas e que aloxan prensa e radio na súa web. Para os que non posúen estes medios, a comunicación vía telefónica coa familia en Senegal é a vía que queda para informarse da actualidade senegalesa.
74
Estudo da poboación senegalesa residente en Galicia como axente de desenvolvemento
En canto ós actores sociais clave en relación á inmigración senegalesa, podemos concluír que son moi diversos os axentes que entran en conexión con esta inmigración. Por unha banda, as dúas asociacións de inmigrantes senegaleses de Vigo e Ourense cumpren un papel moi importante para o colectivo, que soe recoñecer a estas agrupacións, tendo un nivel de socios bastante elevado, (aínda que o traballo activo é desenvolvido por un pequeno número de persoas). Así mesmo, unha especificidade en relación á participación colectiva deste colectivo son as Dahiras, agrupacións de certas cofradías relixiosas, (musulmanas), que se atopan vinculadas a miúdo con asociacións máis formais. Estas Dahiras desenvolven funcións de axuda mutua, e de celebración de certas cerimonias moi importantes para os/as senegaleses/as. No caso de Vigo, detectouse unha Dahira da cofradía musulmana Mouride, que posúe así mesmo unha vinculación importante coa etnia wolof e coa actividade comercial.
Ademais destas dúas agrupacións, para o colectivo senegalés tamén existen ONG´s e sindicatos que cumpren funcións moi importantes de asesoramento e de axuda ós/as recen chegados/as, como o caso de “Ecos do Sur”, “Eco- Desarrollo Gaia”, “Equus Zebra”, “AIDA”, “CITE” ou “CIG”.
Mais, entre todo este entramado de asociacións e ONG´s, só detectamos dúas ONG´s que tiveran algún tipo de proxecto de codesenvolvemento con Senegal. É o caso de “Equus Zebra” e “Eco- desarrollo Gaia”. As asociacións de senegaleses sinalaron que aínda que lles gustaría levar a cabo este tipo de proxectos, non posúen os medios nin a infraestructura necesaria para inicialos, quizais porque aínda son demasiado incipientes e non teceron redes con organizacións en orixe. Polo tanto, en canto ós proxectos de codesenvolvemento as protagonistas son as ONG´s, que pasaron de apoiar a inmigración a implicarse no desenvolvemento das comunidades de orixe dos/as inmigrantes.
Entre todos estes actores sociais nomeados, (asociacións, ONG´s, sindicatos,...), se detectou unha escaseza de relacións importante; é dicir, entre o asociacionismo inmigrante senegalés e as ONG´s que se dedican ó traballo con inmigrantes senegaleses/as non se percibe comunicación, o que provoca o descoñecemento dos 75
Estudo da poboaci贸n senegalesa residente en Galicia como axente de desenvolvemento
proxectos que cada actor est谩 levando a cabo no eido da acollida ou do codesenvolvemento.
76
Estudo da poboación senegalesa residente en Galicia como axente de desenvolvemento
BIBLIOGRAFÍA
- ABAD, L,. ARAGALL, X., AUBARELL, G., GÓMEZ, M., LACOMBA, J., MORE, I., MORENO, L., RAMÓN, C. (2005): Codesarrollo: migraciones y desarrollo mundial, Cideal, Madrid. - AMBROSINI (1998): “Intereses ocultos: la incorporación de los inmigrantes a la economía informal”, Migraciones nº 4, pp. 111- 151.
- CORTÉS, Almudena (2006): “Codesarrollo y migración: una lógica transnacional. Reflexiones sobre el caso español” en Puntos de Vista nº 8/Codesarrollo, Decembro 2006, Publicaciones del Observatorio de las Migraciones y de la Convivencia intercultural de la ciudad de Madrid, Madrid, pp. 7- 27.
- DIAO, Aliou (2006): “Las migraciones africanas: su impacto en el desarrollo”, en Puntos de vista nº 8 / Codesarrollo, Decembro 2006, Publicaciones del Observatorio de las Migraciones y de la Convivencia intercultural de la ciudad de Madrid, Madrid, pp. 31- 42.
- FARO DE VIGO, 6 de decembro 2007 [en liña]: dispoñible en: www.farodevigo.es [consulta: 6 de decembro 2007].
- Goberno da República de Senegal, [en liña]: dispoñible en: http://www.gouv.sn/, [consulta: 15/10/2007].
- GUARNIZO, Luis et al. (2003): “Desconfianza, solidaridad fragmentada y migración transnacional: los colombianos en la ciudad de Nueva York y Los Ángeles”, en PORTES, Alejandro et al (eds) La globalización desde abajo: transnacionalismo inmigrante y desarrollo, FLACSO, México, pp. 233-270.
- JABARDO, Mercedes (2006): Senegaleses en España. Conexiones entre origen y destino, Ministerio de Trabajo y Asuntos Sociales, Madrid. 77
Estudo da poboación senegalesa residente en Galicia como axente de desenvolvemento
- KAPLAN, Adriana (2003): “Los procesos migratorios: senegambianos en Cataluña” Instituto de Altos Estudios Universitarios, [en liña]: dipoñible en: www.iaeu.es, [consulta: 10/10/2007].
- LACOMBA, Joan (2000): “Inmigrantes senegaleses, islam y cofradías en Valencia (España)”, en Revue Européenne des Migrations Internacionais, 16, pp. 85- 103.
________ (2001):
“Inmigrantes senegaleses, Islam y cofradías” en Revista
Internacional de Sociología, nº 29, Maio- Agosto, pp. 163- 187.
- MALGESINI, Graciela (2001) “Reflexiones sobre migraciones, cooperación y codesarrollo”, Arxius de Ciencias Sociales nº5, pp.123-146.
- MARTÍN, Gema e LÓPEZ, Ana (2003): Mujeres musulmanas en España. El caso de la inmigración femenina marroquí, Instituto de la Mujer, Madrid.
- MOLINA, José Luis e DÍAZ, Aurelio (2006): “Vender en la calle” en Beltrán, Joaquín, Oso, Laura e Ribas, Natalia (coords): Empresariado étnico en España, Fundació CIDOB, Barcelona, pp. 181- 193.
- NAÏR, Sami (1997): Informe de balance y orientación de la política de codesarrollo en relación a los flujos migratorios, Misión Interministerial sobre migración y codesarrollo, Ministerio de Asuntos Exteriores de Francia.
- OSO, Laura e RIBAS, Natalia (2006): “Empresariado étnico y relaciones de género. Mujeres dominicanas y marroquíes en Madrid y Barcelona” en Beltrán, J., Oso, L. E Ribas, N. (Coords.): Empresariado étnico en España, Fundació CIDOB, Barcelona, pp. 211- 228.
78
Estudo da poboación senegalesa residente en Galicia como axente de desenvolvemento
- PACHECO, Karina (2003): “El codesarrollo en España: Posibilidades y desafíos”, Migraciones nº 13, pp. 185- 207. - SAW, papa (2006): “Grupos étnicos y patrones migratorios” en Jabardo, Mercedes: Senegaleses en España. Conexiones entre origen y destino, Ministerio de Trabajo y Asuntos Sociales, Madrid, pp. 44- 45.
- ZAPATA- BARRERO, Ricard (2004): Multiculturalidad e inmigración, Editorial Síntesis S.A, Madrid.
79
Estudo da poboación senegalesa residente en Galicia como axente de desenvolvemento
ANEXO 1: GUIÓN DAS ENTREVISTAS EN PROFUNDIDADE A SENEGALESES/AS
GUIÓN TEMÁTICO DAS ENTREVISTAS DATOS DA PERSOA ENTREVISTADA:
NOME: IDADE: SEXO: ORIXE DE NACEMENTO: NACIONALIDADE: MUNICIPIO DE RESIDENCIA: ESTADO CIVIL: NÚMERO, SEXO E IDADE DOS/AS FILLOS/AS: ANOS QUE LEVA EN GALICIA: NIVEL DE ESTUDOS: COÑECEMENTO DE IDIOMAS: LINGUA MATERNA: DATA E LUGAR DE REALIZACIÓN DA ENTREVISTA:
BLOQUE A) SITUACIÓN EN ORIXE: A DECISIÓN DE MIGRAR
1.-
¿Cal é a razón pola que elexiste saír de Senegal?
2.-
¿De que zona ou rexión do seu país emigrou vostede? (Situar no mapa). ¿Cal era a principal actividade económica desta rexión ou cidade? ¿Como definiría a situación laboral e económica nesta zona/cidade?
¿De qué zona do seu país emigraron os compatriotas que coñe? (Situar no mapa).
3.-
¿ Por que se elixiu Galicia como destino?
80
Estudo da poboación senegalesa residente en Galicia como axente de desenvolvemento
¿Cal era a información que manexaba de Galicia?
4.-
¿Cal é a túa meta en Galicia: aforrar e retornar ó teu país, ou instalarte definitivamente en Galicia?
BLOQUE B) A FAMILIA E A DECISIÓN DE MIGRAR
5.-
¿Cal era a súa situación familiar no momento de migrar (estado civil, parella, fillos/as, etc.)
¿Emigrou só ou acompañado/a?
6.-
¿Cantas persoas formaban parte da súa familia cando vostede emigrou?
7.-
¿De que vivían as personas que integran a súa familia: que actividades económicas desenvolvían?
8.-
¿Emigraron outras persoas da súa familia antes de que vostede o fixese?
BLOQUE C) A EMIGRACIÓN: A VIAXE, A SITUACIÓN ADMINISTRATIVA E A INSERCIÓN NO MERCADO LABORAL
9.-
¿Como foi o traxecto para chegar a Galicia?
¿Cal foi o costo económico da viaxe? ¿Como financiou a viaxe?
10.-
¿Que tipo de documentación precisou para emigrar?
¿Quen lle proporcionou a documentación para emigrar?
81
Estudo da poboación senegalesa residente en Galicia como axente de desenvolvemento
11.-
¿Estivo vostede en situación irregular?
¿Cando conseguíu regularizar a súa situación e a través de que método?
¿En que situación se atopa na actualidade? (que tipo de permiso ten)
12.-
¿Cal é o seu traballo actualmente?
¿Cal é o salario e as condicións laborais?
BLOQUE D) A RELACIÓN CO SEU PAÍS DE ORIXE: FAMILIA TRANSNACIONAL E REMESAS
13.-
Cuando vostede emigrou, ¿desfíxose das súas propiedades no seu país?
De non ser así, ¿quen se encarga na súa ausencia do seu coidado?
14.-
Se vostede ten casa no seu país de destino, ¿quen está residindo na mesma?
15.-
¿Ten vostede familia a día de hoxe en Senegal?
¿Mantén contacto con estes/as familiares? ¿de qué tipo? (comunicación frecuente e medio que empregan, de que cousas soen conversar)
16.-
¿Soe realizar envíos de diñeiro ou mercancías (especificar: roupa, fotos, xoguetes) a Senegal? (con qué frecuencia, a través de que medios: bancos, remesadoras, amigos).
Dende que chegou a Galicia: ¿cando comezou a enviar remesas a Senegal?
82
Estudo da poboación senegalesa residente en Galicia como axente de desenvolvemento
¿Qué destino teñen os envíos de diñeiro? ¿Ten enviado diñeiro para algunha obra de interese social: saneamento, escolas, etc.? ¿Ten enviado diñeiro para algunha ofrenda de tipo relixioso? 17.-
¿En qué cre vostede que se están gastando principalmente esas remesas enviadas ó seu país? ¿Cre que están contribuíndo ó desenvolvemento económico do país?
18.-
Dende que está vostede en Galicia, ¿cantas veces volveu a Senegal? (por qué motivos)
¿Como ve o país dende a súa marcha: mellorou ou empeorou económicamente? 19.-
¿Ten vostede novas do que ocorre no seu país? ¿Como se informa do que sucede?
¿En que medida cre que le puede afectar lo que acontece en su país?
BLOQUE E: AFORRO E CONSUMO
20.-
Do seu total de ingresos, ¿canto diría que dedica vostede a vivenda, alimentación, transporte, roupa, educación, sanidade, etc?
21.- ¿Consigue vostede aforrar? ¿En qué inverte os seus aforros en Galicia?
22.- ¿Consume habitualmente productos ou servicios procedentes do seu país de orixe?
23.- Dende que está en España, ¿adquiriu bens como vivendas, terras, negocios, etc?
83
Estudo da poboación senegalesa residente en Galicia como axente de desenvolvemento
ANEXO 2: GUIÓN DAS ENTREVISTAS EN PROFUNDIDADE ÁS ORGANIZACIÓNS
GUIÓN TEMÁTICO DAS ENTREVISTAS ACTORES SOCIAIS
DATOS DA PERSOA ENTREVISTADA:
NOME: IDADE: CARGO NA ONG: (Especificar dende cando) SEXO: DATA E LUGAR DE REALIZACIÓN DA ENTREVISTA:
BLOQUE A) SOBRE A ONG
1.-
Historia da asociación: ¿cando é onde xorde a idea para montar a ONG?
2.-
Composición da asociación: número aproximado de membros/as. Perfís dos/as socios/as: distribución por sexo e por nacionalidades dos/as membros/as. (Distinguir socios/as e usuarios/as).
3.-
¿Cales son os obxectivos que persigue a asociación?
BLOQUE B) A ONG E O CODESENVOLVEMENTO
4.-
¿A vosa ONG ten algún proxecto de codesenvolvemento?
5.-
Concretamente: ¿O ten con Senegal? especificar como é o proxecto:
5.1.- Obxectivos do Proxecto 84
Estudo da poboación senegalesa residente en Galicia como axente de desenvolvemento
5.2.- Localización exacta (situar no mapa) 5.3.- Axentes involucrados: (outras ONG´s, inmigrantes senegaleses, Concellos, Xunta, etc)
5.4.- Duración do proxecto, 5.5.-Tipo de financiamento,
6.-
¿A vosa ONG ten relación con asociacións ou outras ONG´s de Senegal? ¿de qué tipo son estas asociacións?
BLOQUE C) A ONG E OUTRAS ASOCIACIÓNS EN GALICIA
7.-
¿Tedes contacto con outras asociacións de inmigrantes ou outras ONG´s en Galicia? ¿Facedes proxectos en común sobre Codesenvolvemento con estas a ONG´s? (especificar caso de Senegal)
8.-
¿Qué outras asociacións ou ONG´s vos parecen actores sociais claves en Galicia no campo do codesenvolvemento con Senegal?
9.-
¿Participades na Asamblea de asociacións de inmigrantes e emigrantes retornados a nivel galego?
BLOQUE D) OS/AS INMIGRANTES SENEGALESES COMO AXENTES DE CODESENVOLVEMENTO
10.-
A partir do teu contacto co Colectivo Senegalés: ¿de que zonas de Senegal proceden maioritariamente os inmigrantes senegaleses?
11.-
¿Cres que os inmigrantes senegaleses manteñen moito contacto coa súa familia en Senegal? (visitas a Senegal, contacto telefónico, etc.) 85
Estudo da poboación senegalesa residente en Galicia como axente de desenvolvemento
12.-
¿Cres que os inmigrantes senegaleses soen realizar envíos de dinero ou mercancías (especificar: roupa, fotos, xoguetes) a Senegal? (con qué frecuencia, a través de que medios: bancos, remesadoras, amigos).
13.-
¿En qué cres que se están gastando principalmente esas remesas enviadas ó seu país? ¿Cre que están contribuíndo ó desenvolvemento económico do país?
86
Estudo da poboación senegalesa residente en Galicia como axente de desenvolvemento
ANEXO 3: LISTADO DE ENDEREZOS E TELÉFONOS DE ASOCIACIÓNS, ONG´S E SINDICATOS RELACIONADOS COA INMIGRACIÓN SENEGALESA
Provincia da Coruña
1.- “Equus Zebra” Localidade: A Coruña Enderezo: Rúa Cardenal Cisneros 70, baixo. Teléfono: 881898931.
2.- “Eco- Desarrollo Gaia” Localidade: A Coruña Enderezo: Rúa Antonio Pereira nº3, Baixo. Teléfono: 629817581 (Coordinador)
3.- “Ecos do Sur” Localidade: A Coruña Enderezo: Rúa Ángel Senra nº 25, 1º. Teléfono: 981150118.
Provincia de Pontevedra
1.- “Asociación de Senegaleses residentes en Vigo” Localidade: Vigo (non posúen local) Teléfono de contacto: 652389878 (Presidente)
2.- “Asociación de Integración y Ayuda al Africano-Aida” Localidade: Vigo Enderezo: Rúa Camelias, nº 117, Portal 3C, 3º Esquerda. Teléfono de contacto: 610831031 (Presidente).
87
Estudo da poboación senegalesa residente en Galicia como axente de desenvolvemento
Provincia de Ourense
1.- “Asociación de inmigrantes Senegaleses de Ourense” Localidade: Ourense Enderezo: Rúa Calpurnia Abana nº 1-baixo. Teléfono de contacto: 667557096 (Secretario).
A nivel Galicia
CITE- Comisións Obreiras
1.- CITE- A coruña Enderezo: Avenida Alfonso Molina s/n, Edificio sindical Teléfono de contacto: 981145932
2.- CITE- Santiago de Compostela Enderezo: Rúa Miguel Ferro Caaveiro, nº 8. Teléfono de contacto.: 981551802
3.- CITE- Ferrol Enderezo: Rúa Madrid, nº 42-44 Teléfono de contacto: 981350303 Fax: 981174889
4.- CITE- Pontevedra Enderezo: Rua Pasanteria.nº 1, 2º Teléfono de contacto: 986866276
5.- CITE- Vigo Enderezo: Rúa Teixugueiras, nº11.
88
Estudo da poboación senegalesa residente en Galicia como axente de desenvolvemento
Teléfono de contacto: 986246822
CIG- Migración
1.- CIG- A Coruña Enderezo: Avenida Alfonso Molina s/n. Edificio sindical, 8º. Teléfono de contacto: 981131895
2.- CIG- Santiago de Compostela Enderezo: Rúa Miguel Ferro Caaveiro, nº 10. Teléfono de contacto: 981564300
3.- CIG- Pontevedra Enderezo: Rúa Pasantería, nº1- 2º. Teléfono de contacto: 986852589
4.- CIG- Vigo Enderezo: Rúa Gregorio Espino, nº47, Baixo. Teléfono de contacto: 986827971-72-73.
89
Estudo da poboación senegalesa residente en Galicia como axente de desenvolvemento
ANEXO 4: ÍNDICE DE TÁBOAS E MAPAS
Táboa 1. Distribución provincial da poboación senegalesa en Galicia, 2007................12 Táboa 2. Comparativa da poboación senegalesa en Galicia, 2002- 2005.......................13 Táboa 3. Distribución da poboación senegalesa por municipios, 2006...........................15 Táboa 4. Distribución por idades da poboación senegalesa, 2006..................................17 Táboa 5. Senegaleses/as contratados/as e contratos de xaneiro a setembro de 2007......18 Táboa 6. Distribución por réximes do colectivo senegalés en España, 2006..................20 Táboa 7. Senegaleses/as dados de alta á Seguridade Social por Provincias, (2006).....................................................................................................21 Mapa 1: Rexións de Senegal e principais puntos de saída cara á emigración galega.........................................................................................................23 Mapa 2. Departamentos da Rexión de Dakar..................................................................25 Mapa 3. Departamentos da Rexión de Diourbel..............................................................26 Mapa 4. Departamentos da rexión de Saint- Louis.........................................................27
90