![](https://assets.isu.pub/document-structure/230512114202-bb9ee2be41d461dc0a85fb7ef1c5d404/v1/86c06860e709cf07bf4dbf4a5d17c11d.jpeg)
![](https://assets.isu.pub/document-structure/230512114202-bb9ee2be41d461dc0a85fb7ef1c5d404/v1/ffaf5e21b030a541f071038b24599a3b.jpeg)
![](https://assets.isu.pub/document-structure/230512114202-bb9ee2be41d461dc0a85fb7ef1c5d404/v1/e04b1107368adbc9592948c49f37f9e7.jpeg)
Ir ao río a bañarse no verán, facer barcos con noces, ir co patinete ou co andacamiños, enredar co tirafondas ou facer excursións eran as cousas que facía de neno Francisco
![](https://assets.isu.pub/document-structure/230512114202-bb9ee2be41d461dc0a85fb7ef1c5d404/v1/758f4f70e4f2fc2c39c8e2ab44e82f25.jpeg)
Fernández del Riego, aínda que todo o mundo lle chamaba Paco. E sobre todo, ler; a Paco
encantáballe ler...
Comezou a ir á escola na súa vila, Vilanova de Lourenzá. Era moi bo estudante e sacaba moi boas notas. Unha vez, ao rematar o curso polo verán e como premio polas súas cualificacións, convidárono a xantar uns amigos dos seus pais a Ribadeo. O que non sabía era que na comida había cebola... e Paco odiaba a cebola!
![](https://assets.isu.pub/document-structure/230512114202-bb9ee2be41d461dc0a85fb7ef1c5d404/v1/310592919a3f3947686efb48412a45cc.jpeg)
Segue a estudar, primeiro bacharelato en Monforte e logo a carreira de Dereito en Madrid, aínda que a rematará en Santiago de Compostela, onde se mudará toda a familia.
E como ten tempo para todo, tamén decide matricularse na carreira de Filosofía e Letras.
![](https://assets.isu.pub/document-structure/230512114202-bb9ee2be41d461dc0a85fb7ef1c5d404/v1/940c5b8a1935171f0da0baeb4fea4584.jpeg)
Érguese cedo e prepara a tarefa antes de ir
clase.
-Estou en pé antes de que cante o galo.
Pero a Universidade é moito máis que ir ás clases. Paco non perde unha festa, vai a exposicións e faladoiros, e coñece moita xente: pintores, poetas, escultores... Son tempos de estudo e de moita troula.
![](https://assets.isu.pub/document-structure/230512114202-bb9ee2be41d461dc0a85fb7ef1c5d404/v1/f20e7d6f126db3f2fa886e8db194352e.jpeg)
Neste período comeza a agromar nel o sentimento galeguista de amor polo país, o que fai que se presente coma representante dos estudantes no claustro universitario. Ten moitos proxectos para cambiar a universidade.
- O que temos que facer é galeguizar a Universidade.
O 25 de xullo do ano 1931, durante as vacacións, organiza a celebración do Día de Galicia en Vilanova de Lourenzá. Paco iza a bandeira galega no edificio do concello e dá un discurso para dar comezo a unha gran festa na que haberá gaiteiros, bailes e comidas nas prazas.
A miña burriña cando vai para o muíño sempre vai cargada cheíña de frío.
![](https://assets.isu.pub/document-structure/230512114202-bb9ee2be41d461dc0a85fb7ef1c5d404/v1/a93d46a6d569773048fcc12052ead287.jpeg)
Paco aproveita cada minuto: ingresa no Seminario de Estudos Galegos, participa en campañas electorais xunto a figuras como Castelao ou Bóveda e colabora na elaboración do Estatuto de Autonomía. Remata Dereito e pouco tempo despois convértese en profesor universitario. É feliz.
![](https://assets.isu.pub/document-structure/230512114202-bb9ee2be41d461dc0a85fb7ef1c5d404/v1/060876ff82ba6ab2b0ce3b67445d7f68.jpeg)
Pero o 18 de xullo do ano 1936, cando ten 23 anos, comeza a guerra civil co levantamento do xeneral Franco fronte ao goberno democrático da República.
![](https://assets.isu.pub/document-structure/230512114202-bb9ee2be41d461dc0a85fb7ef1c5d404/v1/6824127d3acbfdd0756c7c216236b684.jpeg)
Co triunfo de Franco, comeza a ditadura. Son tempos de medo e falta de liberdade. A Paco
prohíbenlle dar clase na Universidade de Santiago e ten que comezar unha nova traxectoria profesional. Son tempos duros e decide deixar Santiago e ir vivir a Vigo.
Alí traballará primeiro como avogado, e máis tarde comezará a colaborar en revistas como Industrias Pesqueras ou Galicia Emigrante , e tamén en emisoras de radio nos que dá o seu punto de vista sobre a situación do país. Para eludir posibles castigos, moitos deses artigos
foron asinados con pseudónimos para que non se soubese quen facía a crónica.
Neste tempo escribe ensaios como Historia da literatura galega ou Escolma da poesía galega .
![](https://assets.isu.pub/document-structure/230512114202-bb9ee2be41d461dc0a85fb7ef1c5d404/v1/3a123e7638c826897b4c6cd28de13020.jpeg)
Paco é un home comprometido coa nosa cultura e no ano 1950 embárcase no proxecto da editorial Galaxia, da que mais tarde será editor e xerente durante moitos anos.
Esta editora comezará a publicar obras en galego co obxectivo de dar a coñecer (en tempos de ditadura) as figuras máis importantes do país. Todo este traballo incansable fai que dez anos máis tarde, en 1960, ingrese como membro na Real Academia Galega.
![](https://assets.isu.pub/document-structure/230512114202-bb9ee2be41d461dc0a85fb7ef1c5d404/v1/82c2bc74c1e7024db58e80e07e9edeee.jpeg)
No ano 1963 ten unha idea xenial: crear unha data para a posta en valor da nosa cultura que sirva para recoñecer unha biografía senlleira. Primeiro publica un artigo no Faro de Vigo no que conta que se podería escoller o 17 de maio como a Festa das
Letras Galegas, xa que nese mesmo día se cumprían 100 anos desde que Rosalía de Castro levara á imprenta Cantaresgallegos .
Mais quere dar un paso máis para que a data teña un carácter oficial.
![](https://assets.isu.pub/document-structure/230512114202-bb9ee2be41d461dc0a85fb7ef1c5d404/v1/b0098cacdde5dd8d3dc6d2d1a5210cac.jpeg)
Proponlle esta conmemoración á Real Academia
Galega nun escrito conxunto cos académicos Manuel Gómez Román e Xesús Ferro Couselo, e finalmente naquel ano 1963 celébrase a primeira edición do Día das Letras Galegas, homenaxeando a nosa escritora máis universal: Rosalía de Castro.
Ter obra relevante en galego.
A partir dese momento a Real Academia elixe de forma democrática, mediante a votación d@s académic@s, a persoa escollida, que ten que cumprir 3 condicións:
Ter unha calidade cultural e humana que mereza propoñerse como exemplo á socie- dade galega de hoxe.
Que pasasen dez anos entre a súa morte e a designación para ese día.
Regulamento de Réxime Interno da Real Academia Galega (Capítulo II, Artigo 7).
![](https://assets.isu.pub/document-structure/230512114202-bb9ee2be41d461dc0a85fb7ef1c5d404/v1/46b59a91ef5a59b5e3323844d0a0a847.jpeg)
Paco del Riego seguiu moitos anos traballando arreo, escribindo artigos xornalísticos no Faro de Vigo , colaborando en diversas publicacións e dirixindo a revista cultural Grial e máis a Fundación Penzol.
E todo isto sen descoidar a súa faceta de escritor, publicando narrativa como por exemplo O cego de Pumardedón , onde fala das desgrazas da guerra, ou literatura de viaxes como As peregrinacións xacobeas .
![](https://assets.isu.pub/document-structure/230512114202-bb9ee2be41d461dc0a85fb7ef1c5d404/v1/51499dba8b10884bb6903d776394386d.jpeg)
Na etapa final da súa vida recolleu numerosos recoñecementos, como o doutoramento honoris causa pola Universidade de Vigo, ou a Medalla Castelao.
Foi tamén presidente da Real Academia
![](https://assets.isu.pub/document-structure/230512114202-bb9ee2be41d461dc0a85fb7ef1c5d404/v1/278d424dae68afe61a0f5d6fc4002b51.jpeg)
Galega, onde reformou os seus estatutos e modernizou a institución.
Pero o seu maior premio foi o agradecemento da cidadanía pola axuda que prestara a todo aquel que pasase polo seu despacho a pedir información ou pola súa implicación en diversos proxectos culturais.
Bibliografía:
Francisco Fernández del Riego (2003): Camiño andado. Galaxia.
Perfecto Conde (2018): Conversas con Paco del Riego. Xerais.
Francisco Fernández del Riego (1971): Historia da literatura galega. Galaxia.
Ceferino de Blas (18-VII-2022): “La fiesta de don Paco”, artigo no Faro de Vigo.
Xan Carballa (26-I-2007): “Queimamos a vida en defender a cultura do país”, entrevista en El País.
http://www.crtvg.es/tvg/a-carta/francisco-fernandez-del-riego
https://www.crtvg.es/cultural/especiais/francisco-fernandez-delriego-1
https://www.cervantesvirtual.com/partes/706584/grial--revistagalega-de-cultura
https://gl.wikipedia.org/wiki/Francisco_Fernández_del_Riego
*A cita da contraportada foi extraída da entrevista realizada a Francisco Fernández del Riego para o xornal El País no ano 2007.
![](https://assets.isu.pub/document-structure/230512114202-bb9ee2be41d461dc0a85fb7ef1c5d404/v1/4dbfc62230de7274b1863be854f68459.jpeg)
FRANCISCO FERNÁNDEZ DEL RIEGO
(Vilanova de Lourenzá 1913 - Vigo 2010)
Foi un ensaísta, narrador e editor galego. Traballou incansable a prol da nosa cultura durante tempos escuros, impulsando e dirixindo proxectos que fixeron medrar o país. En 2023 vai ser homenaxeado co Día das Letras Galegas, no 60 aniversario desta celebración.
BIOGRAFÍA ILUSTRADA
![](https://assets.isu.pub/document-structure/230512114202-bb9ee2be41d461dc0a85fb7ef1c5d404/v1/c9c041257aa831d2aec29480a3c1bc83.jpeg)