3
Esa nena que está entre as pitas chámase Xela. Hoxe está a visitar o seu pai, Valentín, que traballa na escola agraria da granxa Barreiros. É unha nena con ganas de ver mundo, de aprender e de ser libre, que máis tarde estudará no Colexio Fingoi de Lugo.
4
5
Con 7 anos Xela e súa familia múdanse a Vigo. Xela é unha nena que non xoga con bonecas e tampouco con peluches; ela prefire desfrutar coas amizades do barrio, aínda que como mellor o pasa é lendo e inventando historias que logo pide pasar á máquina de escribir ós seus pais.
6
Con once anos gaña o concurso de contos do Facho co relato “A fraga dos páxaros e a fraga leopardicia”, polo que lle fan unha entrevista no Faro de Vigo na que defende o uso do galego e fala do seu futuro.
Que queres ser de maior? De maior quero ser mestra de educación infantil.
7
Con 18 anos, e moitas ganas de ser independente, comeza a traballar en Edicións Xerais de Galicia. Primeiro empeza facendo un pouco de todo, ata acabar aprendendo o labor de editora e correctora. Son tempos de xuventude e descubrimento, nos que merca unha moto para achegarse á editorial, ir á praia a ver o mar ou marchar ó monte a ver as estrelas.
8
9
Vigo é unha cidade na que a cultura ferve, todo o mundo ten un grupo de música, edita un fanzine ou está metido nalgún proxecto teatral. Xela ten por costume achegarse ó café De Catro a Catro, onde fan recitais de poesía, e unha noite, vencendo o medo que ten a falar diante da xente, ponse a recitar e o rebumbio muda en silencio. É o nacemento dunha poeta.
10
11
Ó tempo, a súa obra comeza a cobrar notoriedade e participa no Festival da Poesía do Condado. Implícase ademais no movemento feminista, participando na Festa da Palabra Silenciada, publicación realizada nos anos 80 para visibilizar o papel da muller en tódolos ámbitos da sociedade.
«Escribir pode ser por si un acto revolucionario, pero facelo en galego si é unha revolución sempre.»
12
13
Xela é unha muller rigorosa co seu traballo, que precisa intimidade e ganas para escribir o que ten que contar. Con só 22 anos fai unha recompilación dos seus poemas e publica o seu primeiro libro, Denuncia do equi-
librio, con ilustracións de Xosé Guillermo. Tan lonxe de ti se ergue esta existencia
as plantas decaídas e o silencio dos trasteiros...
14
15
No seu traballo en Edicións Xerais, Xela acada cada vez máis responsabilidades e comeza a traducir obras ó galego, coa ilusión de que os nenos e nenas poidan ter un material de lectura na súa lingua. Unha das súas primeiras traducións é O galo gai-
ado e a andoriña señá, unha historia de amor, de Jorge Amado.
16
17
Logo virán moitas máis traducións, todas feitas con moito rigor, respecto polo traballo e amor pola lingua, que a levarán a obter diversos recoñecementos, como o da Sociedade da Língua Portuguesa por Amor de perdición ou o premio Ramón Cabanillas pola novela O derradeiro dos mohicanos.
Sempre será máis xusto que o lector faga uso do seu dereito de saltar follas que o traductor decida onde e cando debe facelo.
18
19
Xela continúa a escribir, agora unha obra co seu compañeiro o fotógrafo Xulio Gil, Tigres como cabalos, na que mesturan a fotografía coa poesía. Entre os dous fan unha obra conxunta. - Ti fas 24 fotos e para cada unha delas eu escribo un poema, e logo eu fago 24 poemas e ti tomas 24 fotos para cada un deles... - E así teremos 48 obras en conxunto.
20
21
Namentres, volve estudar, sen deixar de traballar.
22
Vai á universidade e acaba por converterse en profesora de literatura española, percorrendo diversas vilas da xeografía galega: Pontevedra, Redondela, Moaña...
23
…e convértese en nai dun neno chamado Darío, ó cal lle adica a terceira das súas obras, Darío a Diario: unha obra que resulta un canto de amor dunha nai polo seu fillo e na que apreciamos as inseguridades e sentimentos que xera a maternidade e a crianza.
“E, por certo e para sempre, contigo a miña maior diversión”
24
25
Xela é unha creadora que busca sempre novas propostas. Para a súa derradeira publicación, Intempérome, deseña unha continuación en forma de representacións nas que se mesturan a poesía coas composicións musicais de Fernando Abreu.
Esta etapa coincide con tempos de apoio ó colectivo
Burla Negra, contra a marea negra do buque Prestige que encheu de chapapote a costa galega. Porque contraes débedas cos pasos que enlazas 26
27
A Xela sorprendeulle a morte cando era moi nova, no ano 2003, pero desfrutou da vida creando, editando, traducindo e respectando o idioma.
28
Foi unha loitadora pola liberdade dos pobos, a paz, a ecoloxía e a igualdade de homes e mulleres. 29
Xela Arias Castaño (Sarria 1962 - Vigo 2003) foi unha escritora, editora,
tradutora e profesora de literatura. Comezou a traballar moi nova en Edicións Xerais, compaxinando este traballo con diversas colaboracións en publicacións como La Voz de Galicia, A Nosa Terra ou o Faro de Vigo. Foi unha muller do seu tempo, comprometida co movemento feminista, co ecoloxismo e co pacifismo, que participou en diversos movementos culturais como a Festa da Palabra Silenciada ou Burla Negra. Entre as súas obras destacamos Darío a Diario, Tigres coma cabalos, Intempérome e Denuncia do equilibrio. No ano 2021 é homenaxeada no Día das Letras Galegas. INFÓRMATE: Nesta publicación atopamos movementos sociais e culturais nos que participou Xela Arias como muller comprometida e do seu tempo que era. Procura información sobre: A Festa da Palabra Silenciada
30
Burla Negra
Greenpeace
O movemento contra a entrada de España na OTAN
«O idioma é o principal signo dunha cultura. (...)Unha lingua ha medrar como a hedra, dándolle o sol e mailo aire.»
Xela Arias, “Paixón de militancia e escuros desertores”. Revista de Filología Románica de la Universidad Complutense de Madrid nº6, 1989. 31