REXIMES CONXUNTOS E COMPROMISOS PARA O DESENVOLVEMENTO DE DINAMIZACIÓN ACTUACIÓNS EN CANTO A PASEOS MUNICIPAIS E INFRAESTRUTURAS DE USO PÚBLICO A) Servizos e Actividades en Común na Área da Lenda na praza Gabino García de Manzaneda: - Adquírese o compromiso de creardes un convenio entre o colexio infantil de Manzaneda e o de Trivés, para que unha vez por mes leven os nenos/as dende marzo ata xuño, ao espazo da Área da Lenda, se dedique unhas horas semanais na que maiores voluntarios da comarca, relaten no espazo “Área da Lenda“ vivencias e valores do pasado. B) Servizos e Actividades en Común no Itinerario Interpretativo Histórico. - Adquírese o compromiso de creardes un convenio entre o colexio infantil de Manzaneda e o de Trivés, para que realicen actividades ao longo do ano centradas na historia da vila medieval de Manzaneda e da pegada romana en Trives; e que se asomen ao casco histórico de Manzaneda e de Trives e utilicen as infraestruturas de interpretación nas prazas e lares do casco histórico que configuran as actuacións neste senso para as que solicita a presente axuda. C) Servizos e Actividades en Común na praza do reloxo e no casco histórico de A Pobra de Trives - Poderán realizarse actividades escolares que poñan en valor o carácter histórico do casco e outro tipo de actividades lúdicas. Pénsase neste espazo, así como no casco histórico de Manzaneda, como principio e final do acercamento dos dous municipios gracias o proxecto de “Camiños para o Desenrolo Local entre Manzaneda e Trivés”, - Acondicionarase a zona da praza do reloxo para o uso peonil e a posta en valor do seu carácter histórico como punto neurálxico do municipio. D) Servizos e Actividades en Común na Recuperación do Paseo Municipal da Antigo Ponte de San Lázaro: - Os servizos en común que se ofrecen con esta actuación sería a posibilidade de utilizar este paseo de modo lúdico-recreativo tanto polos nenos e maiores da zona de Manzaneda e de Trives, así como por calquera persoa ou visitante destas terras. Polo tanto a recuperación deste tramo é de vital importancia cara conseguirdes realizar as actividades e servizos comúns de Manzaneda e Trives, de recuperación de sendas e camiños de uso público no seu trazado orixinal, restaurando e acondicionando lares de valor cultural do percorrido e das localidades ao mesmo tempo que se crea un novo produto turístico co que se busca a diversificación da oferta turística, cada vez máis demandada polos visitantes que acoden a este destino.