AUTORES: ENRIQUE GONZÁLEZ LÓPEZ
ALEJANDRO GIROLA ODERDA
ENXEÑEIRO AGRÍCOLA
ARQUITECTO
COLEXIADO Nº 449 COITA OURENSE
COLEXIADO Nº4105 COAG
P_ IND_03/11
“PLAN CONSERVACIÓN DO ESPAZO NATURAL DE INTERÉS LOCAL “PUZO DO LAGO” NO CONCELLO DE MASIDE” INTRODUCCIÓN
I.
INTRODUCCIÓN
Toda vez que foi declarado provisionalmente o espazo natural do “Puzo do Lago”, como espazo natural de interés local (ENIL) pola Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible; e en concordancia co estipulado na lei 9/2001 do 21 de agosto de conservación da natureza e máis o Decreto 124/2005, do 6 de maio, polo que se regula a figura do espazo natural de interese local e a figura do espazo privado de interese natural, redáctase o presente plan de conservación do ENIL “Puzo do Lago” para conseguirdes a declaración definitiva do espazo natural de interese local; adquirindo o Concello de Maside o compromiso formal de poñer en práctica as medidas precisas para a conservación dos valores naturais que motivaron a declaración, así como de aplicar o correspondente instrumento de planificación. O plan de conservación establece o réxime de usos e actividades permisibles, así como as limitacións necesarias para a súa conservación natural. Dito plan superponse ao planeamento urbanístico municipal actualmente en redacción e é vinculante para todas as administración. Os obxectivos do Plan de Conservación, que entrará en vigor en canto sexa publicado no DOG, son conservar os recursos naturais (auga, flora, fauna e paisaxe), asegurar a conservación das especies animais e vexetais silvestres que forman parte dos procesos naturais do espazo, desenvolver as liñas básicas para definir o sistema de uso público, promovera educación, divulgación e coñecemento dos valores naturais e ecolóxicos e, finalmente, incrementar o coñecemento e concienciar á sociedade sobre os valores e funcións dos húmidas. Entre os posibles riscos que poden afectar o “Puzo do Lago” figuran os usos recreativos excesivos (salientable a festa do cabalo que se celebra nas pistas hípicas limítrofes co espazo natural de interese local polo N e E, e o uso recreativo do campo de golf que limita polo SO co Puzo do Lago); outro risco son as verteduras de entullos, lixos, residuos de construción e demolición. O Plan de Conservación propón unha serie de directrices de actuación nos distintos ámbitos e divide o ENIL en catro zonas, en función do grao de limitación das actividades de uso público en función do seu valor ecolóxico.
4 CONCELLO DE MASIDE Casa Consistorial Praza Maior nº1 CP 32570 Maside Tfno 988288353 Fax 988288952 www. concellodemaside.es www.concello.maside@eidolocal.es