RESUMO DAS IDEAS DO PROXECTO “ADECUACIÓN DA PRAZA GABINO GARCÍA DE MANZANEDA: ÁREA DA LENDA” ESTADO ACTUAL
PROXECTO DA “ADECUACIÓN DA PRAZA GABINO GARCÍA DE MANZANEDA: ÁREA DA LENDA”
“ Proxecto de Adecuación do Área da Praza Gabino García de Manzaneda: Área da Lenda”
I.
RESUMO DAS IDEAS DO PROXECTO “ÁREA DA LENDA”
Co proxecto de “Adecuación do Área da Praza Gabino García de Manzaneda: Área da Lenda” preténdese: •
Adecuar neste espazo urbano degradado dentro dun núcleo rural, seguindo criterios de desenvolvemento urbano sustentable.
•
Por outra banda, preténdense dotar a esta área dunha mellora en canto a circulación de vehículos e seguridade vial de peóns
•
Como última finalidade preténdese acondicionar e remodelar esta área, no que denominaremos como “Área da Lenda”: espazo de convivencia e xuntanza dos máis maiores cos máis novos en prol de que os cativos coñezan tradicións, xogos e cultura tradicional:
Atopámonos entón, cun proxecto integrador de preservación da entidade etnográfica, natural e tradicional de Manzaneda, adecuando unha área de praza e dotándoa de infraestrutura e equipamentos sociais que favorecen o desenvolvemento sustentable local. Asomade a actuación urbana a desenvolver serve tamén de portal de entrada dos visitantes que se mergullan dentro da Comarca de Trives ou se dirixan a zona de Valdeorras e o Bierzo.
En canto a medidas específicas de dinamización vinculadas as actuacións da “Adecuación do Área da Praza Gabino García” podemos resumilas en dotar o concello de infraestruturas e equipamentos sociais para acondicionar este espazo urbano degradado. Así como acondicionar e remodelar esta área, para conseguir aunála cun espazo de convivencia e xuntanza dos máis maiores cos máis novos, en prol de que os cativos coñezan tradicións, xogos e cultura tradicionais. Asomade a actuación urbana a desenvolver, serve tamén de portal de entrada dos visitantes que se mergullan dentro da Comarca de Trives ou se dirixan a zona de Valdeorras e Bierzo.
As actuacións proxectadas na área da praza, inclúen o crear o que denominamos “Area da Lenda”: un pequeno espazo público urbano dotando dunha pequena senda pavimentada, mesa conta-contos e pequenos paneis temáticos e xogos tradicionais, co gallo de que os maiores transvasen ós pequenos a historia, cultura, tradicións e xogos característicos da zona. Preténdese crear un convenio entre o colexio infantil de Manzaneda e a residencia da terceira idade, para que no bo tempo, se dedique unhas horas semanais na que maiores voluntarios da residencia, relaten no espazo “Área da Lenda“ vivencias e valores do pasado.