Viaxa polos camiĂąos do outono...
www.GaliciaTurismoRural.es
Viaxa polos camiños do outono...
é unha proposta do sector do turismo rural de Galicia na que podes elixir entre unha gran variedade de experiencias a realizar durante os meses de outubro e novembro de 2018 coa túa parella, cos teus amigos, coa túa familia ou co grupo co que habitualmente fas rutas de sendeirismo, de BTT, de fotografía, etc. Ademais poderás aloxarte nun dos establecementos de turismo rural recollidos neste catálogo. Dinos o que precisas e poñerémoste en contacto cos colaboradores para disfrutar ao máximo da túa experiencia. Atención: a primeira viaxe polos camiños de outono... poderás disfrutala as noites do 28-29 de setembro cunha FINDE SORPRESA DE TURISMO RURAL, na que atoparás unha oferta á que non vas poder resistirte (consulta ficha).
O Cluster de Turismo de Galicia, a proposta da Federación Galega de Turismo Rural (Fegatur) e a Asociación Galega de Turismo Rural (Agatur), promove este catálogo de produtos no sector do turismo rural para a campaña de outono 2018. Na súa elaboración participaron tamén as asociacións de turismo rural Mar de Compostela (A Estrada-Forcarei), Campo e Mar (Arousa-Sar), Ribeira Sacra Rural (Ribeira Sacra) e Lugo Costa (A Mariña lucense), así como diversos establecementos de turismo rural de toda Galicia. As reservas deste catálogo deben realizarse directamente (vía teléfono ou correo electrónico) cos establecementos e mencionando a experiencia escollida. En todo o catálogo os precios establecidos inclúen o IVE.
www.GaliciaTurismoRural.es
Viaxa polos camiños do outono...
· Galicia ·
UNHA FINDE SORPRESA DE TURISMO RURAL (con agasallo) Os establecementos agrupados nesta iniciativa queren invitarte a compartir con centos de viaxeiros unha ocasión única: · Coñecer algún dos xeodestinos galegos máis representativos durante a última fin de semana de setembro (noites do 28 e 29 de setembro). · Por reservar unha noite, o establecemento escollido REGÁLACHE OUTRA. Poderás gozar da súa privilexiada localización, da proximidade a múltiples encantos naturais e legados históricos, da tradición e ... dunha EXPERIENCIA SORPRESA que se ofrecerá en cada establecemento. Condicións: Reservas realizadas ata o 26 de setembro aboando a totalidade. Contacto directo (tlf ou mail) co establecemento. Promoción non acumulable con outras ofertas e non contempla as restantes manutencións. ESTABLECEMENTOS Casa da Meixida (Padrón)
Familias
Seniors
Mozos/as
LUGO:
2 noites en Casa de Turismo Rural Almorzo PREZO* 2 Pax / 2 noites: tarifa do establecemento 1 Pax / 2 noites: tarifa do establecemento SERVIZOS COMPLEMENTARIOS Información turística da zona Propostas de experiencia sorpresa MÁIS INFO 631 17 92 52 info@turismoruraldegaliciaexperiencias.com *Pax Pasaxeiro OURENSE / PONTEVEDRA: A Casa da Eira (Nogueira de Ramuín)
Casa das Bentinas (Ames) Casa de Laxe (Malpica) Casa de Marcelo (Padrón)
Aira Sacra (Pantón) Casa de Díaz (Samos) Casa do Fidalgo (Pontenova) Casa do Mudo (Cervo)
Casa da Botica (Forcarei)
Casa do Cruceiro (Ames)
Casa do Romualdo (Taboada)
Casa da Pastora (A Estrada)
Casa o Muíño de Pena (O Pino)
Casa dos Muros (Pantón)
Casa do Avó (A Estrada)
Fogar do Selmo (Rois) O Xastre de Anos (C. Bergantiños)
Casona de Labrada (Pontenova) Finca Goleta (Foz)
Casa Galicia (Forcarei) Casa da Brea (A Estrada)
Os Migueliños (Catoira)
Finca o Bizarro (Trabada) O Canto da Terra (Pantón)
Torres de Moreda (A Estrada) Torre Lombarda (Allariz) Val Fresco (A Estrada)
Pazo de Andeade (Arzúa) Pazo de Sedor (Arzúa)
Grupos
SERVIZOS INCLUÍDOS
28 e 29 de setembro 2018
A CORUÑA:
Todos
Casa a Rega (Combarro) Casa Avelina Garrido (A Estrada)
Viaxa polos camiños do outono... A ESTRADA - FORCAREI Excursión pola terra da mazá (1ª quincena outubro) Findes de Turismo Rural Airista Participando na elaboración da Sidra (1ª quincena outubro) Recollendo cogomelos por Tabeirós Terra de Montes Semana para descubrir A Estrada Forcarei Sendeirismo Airista Terras de Forcarei e observación nocturna Vía da Prata para peregrinos Workshop: interpretación da paisaxe en Tabeirós - Terra de Montes (9 e 10 novembro) Workshop: a cultura Castrexa en Tabeirós - Terra de Montes (19 e 20 outubro)
AROUSA - SAR Apadriña un viño na comarca de ArousaSar (1ª quincena outubro) Descenso polo río Ulla (outubro) Esencias de Galicia en Pazo de Faramello As tradicións en Rois Paseando polo Barbanza Semana para descubrir Arousa-Sar Sendeirismo ao carón do Ulla Workshop: interpretación da paisaxe en Arousa-Sar (26 e 27 outubro) Workshop: safari fotográfico pola Ría de Arousa (2 e 3 novembro)
RIBEIRA SACRA BTT pola Ribeira Sacra en 3 etapas BTT e Magosto en Parada de Sil Casiñas de conto e película en GarabelosChantada Fin de semana gastronómica en Quiroga Paseo pola Viticultura Heroica Recollendo os froitos do bosque na Ribeira Sacra Saberes, sabores e sentires na Ribeira Sacra Sendeirismo e dieta detox en Castro Caldelas Sendeirismo e xogos de escape en Pantón para toda a familia Workshop: interpretación da paisaxe en Ribeira Sacra (12 e 13 outubro) Workshop: safari fotográfico pola Ribeira Sacra (23 e 24 novembro) RESTO DE GALICIA Descobre a vida no rural de Anos (Cabana de Bergantiños) Descobre os misterios de Santa Mariña de Aguas Santas Findes de turismo rural na Mariña Lucense Sinte a forza do Océano (a partir do 5 novembro) Viaxa polos camiños da gastronomía do outono de Galicia
Experiencias durante os meses de outubro e novembro, excepto que se indique o contrario
www.GaliciaTurismoRural.es
Viaxa polos camiños do outono...
A ESTRADA FORCAREI
www.GaliciaTurismoRural.es
Viaxa polos camiños do outono...
A Estrada · Forcarei
EXCURSIÓN POLA TERRA DA MAZÁ Todos
1ª quincena outubro 2018 Nas terras de A Estrada é característica a produción de mazá para a elaboración de sidra. Outubro é unha época moi adecuada para que un grupo poida realizar unha excursión por algunhas das paraxes ao redor do río Curantes ou de Callobre, podendo contemplar as plantacións de maceiras de diversas variedades. No discorrer destes paseos pódense ver ademáis árbores singulares como a sobreira de Valiñas ou o castro e a cascada de Callobre. Para que o día resulte redondo, é posible levarse un picnic para o mediodía do sábado e gozar dunha cea grupal con sidra. Durante o domingo pola mañá tamén haberá tempo para realizar un percorrido pola ribeira do Ulla, acercándose a lugares chamativos coma as pontes do Ulla ou o coto de Ximonde Condicións: Actividade prevista para un grupo entre 16 e 50 persoas Opcionalmente poderase contratar medio de transporte para desprazar ao grupo Reservas: contacto directo (tlf ou mail) co establecemento ou ver “máis info" ESTABLECEMENTOS Torres de Moreda Casa da Pastora Casa do Avó
O Palomar Val Fresco
Familias
Seniors
Mozos/as
Grupos
SERVIZOS INCLUÍDOS 1 noite en Casa de Turismo Rural Almorzo e cea (media pensión) Picnic PREZO* 2 Pax / 1 noite: 50 € 1 Pax / 1 noite: 40 € Media Pensión: 21 € / Pax Opcional: Picnic para comida: 8 € / Pax SERVIZOS COMPLEMENTARIOS Información turística da zona Ruta guiada (consultar) Transporte (consultar) MÁIS INFO 631 17 92 52 info@turismoruraldegaliciaexperiencias.com *Pax Pasaxeiro
Viaxa polos camiños do outono...
A Estrada · Forcarei
FINDES DE TURISMO RURAL AIRISTA Todos
outubro e novembro 2018 A Asociación de Turismo Rural Mar de Compostela propón coñecer os atractivos turísticos da comarca de TabeirósTerra de montes, aloxándose durante unha fin de semana nas casas de turismo rural situadas en A Estrada e Forcarei. A principios do s. XX a poboación da costa acudía á vila airista de A Estrada a tomar os aires de montaña e así curar as enfermidades pulmonares, converténdose nun destacado lugar turístico. Na actualidade segue vixente a función sanatorio e ademais pódese combinar coa visita aos atractivos naturais dos ríos Ulla e Umia, ás Brañas de Xestoso ou ás serras de Candán e Cando, entre outros. Tamén se pode realizar unha aproximación ao románico (Mosteiro de Aciveiro), á cultura popular (Centro etnográfico da Terra de Montes), á botánica (Pazo de Oca) ou á contemplación celeste (Observatorio astronómico de Forcarei). Condicións: Aloxamento previsto: venres e sábado Recomendada para familias, grupos de sendeirismo ou BTT Grupos de sendeirismo guiado: 6-16 persoas (a concertar) Reservas: contacto directo (tlf ou mail) co establecemento ou ver “máis info"
Seniors
Mozos/as
Grupos
SERVIZOS INCLUÍDOS 2 noites en Casa de Turismo Rural Almorzo PREZO* 2 Pax / 2 noites: 100 € 1 Pax / 2 noites: 80 € Almorzo 2 días: 12 € / Pax Opcional: Cama supletoria (ata 12 anos) 2 noites: 30 € SERVIZOS COMPLEMENTARIOS Información turística da zona Sendeirismo guiado (consultar) Guía románico (consultar) Visita Mosteiro Aciveiro (horarios limitados) Visita Pazo de Oca: 6 € / Pax MÁIS INFO 631 17 92 52
ESTABLECEMENTOS Casa da Botica Torres de Moreda Casa Galicia Casa da Pastora O Palomar
Familias
Casa Avelina Garrido Casa de Brea Val Fresco Casa do Avó
info@turismoruraldegaliciaexperiencias.com
*Pax Pasaxeiro
Viaxa polos camiños do outono...
A Estrada · Forcarei
PARTICIPANDO NA ELABORACIÓN DA SIDRA 1ª quincena outubro 2018 No lugar de Callobre (A Estrada) hai unha longa tradición no cultivo de maceiras e a produción de sidra. A primeira quincena de outubro adoita ser unha boa época para que familias ou grupos participen na recollida da mazá (actividade matinal) e na elaboración de sidra (actividade de tarde), comprobando como se combinan técnicas tradicionais con novas formas de xestionar os cultivos. O resultado de todo este traballo pode ser contemplado nalgunha das sidrerías da zona. Para a cea do sábado disfrutarase dun menú-degustación empregando a sidra. Condicións: Actividade prevista para un grupo entre 4 e 8 persoas e supeditada á confirmación de reserva Reservas: contacto directo (tlf ou mail) co establecemento
ESTABLECEMENTOS Torres de Moreda Casa da Pastora
Todos
Familias
Seniors
Mozos/as
Grupos
SERVIZOS INCLUÍDOS 1 noite en Casa de Turismo Rural Pensión completa PREZO* 2 Pax / 1 noite: 55 € 1 Pax / 1 noite: 40 € Pensión completa: Adultos: 45 € / Pax Menor 12 anos: 28 € / Pax Opcional: Cama supletoria (ata 12 anos): 18 € SERVIZOS COMPLEMENTARIOS Participación na recollida da mazá e a elaboración da sidra (sábado) Visita a unha sidrería (domingo mañá) MÁIS INFO 631 17 92 52 info@turismoruraldegaliciaexperiencias.com *Pax Pasaxeiro
Viaxa polos camiños do outono...
A Estrada · Forcarei
RECOLLENDO COGOMELOS POR TABEIRÓS - TERRAS DE MONTES outubro e novembro 2018 No outono toda a comarca de Tabeirós - Terra de Montes é un lugar moi apropiado para a recollida de cogomelos. De feito, a Asociación para a divulgación da micoloxía de A Estrada realiza saídas ao monte tódolos domingos de outubro e novembro, previa inscrición na súa web. Se un grupo específico está interesado pódese concertar unha saída cun experto da asociación de xeito que se realice a actividade con todas as garantías e se respete a normativa vixente. Pola noite, co resultado da recollida, elaboraríase unha ceadegustación no restaurante Val Fresco, experto na materia e con dispoñibilidade a facer partícipes ás persoas asistentes no proceso de elaboración. Condicións: Actividade prevista para un grupo entre 6 e 20 persoas Actividade supeditada á confirmación de reserva con guía opcional Reservas: contacto directo (tlf ou mail) co establecemento ou ver “máis info"
Todos
Familias
Seniors
Mozos/as
Grupos
SERVIZOS INCLUÍDOS 1 noite en Casa de Turismo Rural Almorzo e cea (media pensión) PREZO* 2 Pax / 1 noite: 55 € 1 Pax / 1 noite: 40 € Media Pensión: Adultos: 22 € / Pax Menores 12 anos: 14 € / Pax Opcional: Cama supletoria (ata 12 anos): 18 € SERVIZOS COMPLEMENTARIOS Información turística da zona Paseo guiado polo bosque para recoller cogomelos (consultar) MÁIS INFO 631 17 92 52
ESTABLECEMENTOS Casa da Botica Torres de Moreda Casa Galicia Val Fresco O Palomar
Casa do Avó Casa Avelina Garrido Casa de Brea Casa da Pastora
info@turismoruraldegaliciaexperiencias.com *Pax Pasaxeiro
Viaxa polos camiños do outono...
A Estrada · Forcarei
SEMANA PARA DESCUBRIR A ESTRADA - FORCAREI outubro e novembro 2018 A Asociación de Turismo Rural Mar de Compostela propón ao público senior coñecer con intensidade a comarca de Tabeiróis-Terra de Montes, aloxándose durante catro noites nas casas de turismo rural situadas en A Estrada e Forcarei. Na proposta combínanse o coñecemento da paisaxe da comarca coa visita aos lugares máis emblemáticos (Pazo de Oca, Mosteiros de Aciveiro ou de Carboeiro, Pontes do río Ulla, etc.), coa tradición na elaboración da sidra ou coa asistencia á feira. Tamén incorpora un amplo programa social participando da gastronomía da zona, da festa na taberna e, se se considera, unha sesión de balneario nas Termas de Cuntis. Condicións: Actividade prevista para un grupo entre 6 e 8 persoas a realizar durante días de semana Opcionalmente poderíase contratar medio de transporte para desprazar ao grupo Reservas: contacto directo (tlf ou mail) co establecemento
Todos
Familias
Seniors
Mozos/as
Grupos
SERVIZOS INCLUÍDOS 4 noites en Casa de Turismo Rural Almorzo ou almorzo e cea (media pensión) PREZO* 2 Pax / 4 noites: 200 € 1 Pax / 4 noites: 160 € Almorzo 4 días: 24 € / Pax Media pensión 4 días: 88 € / Pax SERVIZOS COMPLEMENTARIOS Información turística da zona Visitas guiadas (consultar) Visita xardíns Pazo de Oca: 6 € / Pax Termas de Cuntis (consultar) Transporte (consultar) MÁIS INFO 631 17 92 52
ESTABLECEMENTOS Casa da Botica Torres de Moreda Casa Galicia Casa da Pastora O Palomar
Val Fresco Casa do Avó Casa Avelina Garrido Casa de Brea
info@turismoruraldegaliciaexperiencias.com *Pax Pasaxeiro
Viaxa polos camiños do outono...
A Estrada · Forcarei
SENDEIRISMO AIRISTA outubro e novembro 2018 A Asociación de Turismo Rural Mar de Compostela propón a grupos de sendeirismo realizar este outono algunha das rutas homologadas da comarca de Tabeirós-Terra de Montes, aloxándose nas casas de turismo rural situadas en A Estrada e Forcarei. Ademais de “tomar os aires” da zona (A Estrada foi considerada vila airista a principios do s.XX), recorrerase algún dos seus sendeiros homologados (PR-G 100, PR-G 113, PR-G 196 e PR-G 197). Os dous primeiros, xa clásicos, permiten achegarse á Serra do Candán-Aciveiro e ás pontes do río Lérez; e os dous últimos, de recente creación fan unha aproximación dos valores naturais e patrimoniais na ribeira do Ulla e en Codeseda-Sabucedo, onde ten lugar a famosa rapa das bestas. Condicións: Grupos de sendeirismo: 16-50 persoas (a concertar) Opcionalmente poderíase contratar medio de transporte para desplazar ao grupo Reservas: contacto directo (tlf ou mail) co establecemento ou ver “máis info"
Todos
Familias
Seniors
Mozos/as
Grupos
SERVIZOS INCLUÍDOS 1 noite en Casa de Turismo Rural Almorzo e Cea (media pensión) PREZO* 2 Pax / 1 noite: 50 € 1 Pax / 1 noite: 40 € Media pensión: 21 € / Pax Opcional: Picnic: 8 € / Pax SERVIZOS COMPLEMENTARIOS Información turística da zona Sendeirismo guiado (consultar) Transporte (consultar) MÁIS INFO 631 17 92 52
ESTABLECEMENTOS Casa da Botica Casa Galicia Casa da Pastora Casa Avelina Garrido Casa de Brea Val Fresco
info@turismoruraldegaliciaexperiencias.com *Pax Pasaxeiro
Viaxa polos camiños do outono...
A Estrada · Forcarei
TERRAS DE FORCAREI E OBSERVACIÓN NOCTURNA outubro e novembro 2018 Nas terras de Forcarei a combinación de montañas con vales permiten gozar de lugares tan chamativos coma o entorno do Mosteiro de Aciveiro, inicio de diversos sendeiros que se encamiñan cara o río Lérez ou cara a Serra do Candán. Outro lugar máxico é o que acolle os neveiros de Fixó, así coma o mirador de Grobas. Ao ser terra de canteiros, destaca a contrución civil e relixiosa en pedra, cunha gran variedade de hórreos, cruceiros e pombares. Tamén existen varias necrópolis coma o Campo das Mámoas en O Carrascal-A Madalena. No mes de novembro pódese asistir á festa do cogomelo en Soutelo de Montes. O complemento final está na visita ao Observatorio Astronómico de Forcarei no que durante as noites despexadas pódese realizar unha observación nocturna da man de persoal especialista. Condicións: Actividade prevista para un grupo entre 6 e 16 persoas Visita ao Observatorio Astronómico: actividade supeditada á confirmación de reserva Reservas: contacto directo (tlf ou mail) co establecemento ou ver “máis info" ESTABLECEMENTOS Casa Galicia Casa do Avó O Palomar
Casa Avelina Garrido Casa de Brea
Todos
Familias
Seniors
Mozos/as
Grupos
SERVIZOS INCLUÍDOS 1 noite en Casa de Turismo Rural Almorzo PREZO* 2 Pax / 1 noite: 55 € 1 Pax / 1 noite: 40 € Almorzo: Adultos: 6 € / Pax Menores 12 años: 3 € / Pax Opcional: Cama supletoria (ata 12 anos): 18 € SERVIZOS COMPLEMENTARIOS Información turística da zona Sendeirismo guiado (consultar) Visita ao Mosteiro de Aciveiro (horarios limitados) Observ. Astronómico (consultar) MÁIS INFO 631 17 92 52 info@turismoruraldegaliciaexperiencias.com *Pax Pasaxeiro
Viaxa polos camiños do outono...
A Estrada · Forcarei
VÍA DA PRATA PARA PEREGRINOS Todos
outubro e novembro 2018 A Vía da Prata é un dos camiños de Santiago que atravesa Galicia polo interior e que cada vez atrae a máis peregrinos. No seu paso polas terras do Ulla dase a circunstancia de estar a dúas etapas do final do Camiño (Bendoiro-Dornelas e Dornelas-Santiago) e, á súa vez, encontrarse a unha distancia prudencial das dúas etapas anteriores (BóvedaCarballeda e Carballeda-Bendoiro). Deste modo proponse ser a base de operacións durante catro noites e, nunha mesma casa rural, para un grupo que dispoña ou non de medio de transporte -neste caso poderíase contratar-. Deste xeito combínase a comodidade dun único aloxamento coa oportunidade de coñecer unha comarca tranquila no interior de Galicia. Condicións: Actividade prevista para un grupo entre 8 e 30 persoas a realizar durante días de semana Actividade supeditada á confirmación de reserva As persoas interesadas poderán dispor de medio de transporte de acceso e recollida en cada unha das etapas Reservas: contacto directo (tlf ou mail) co establecemento ou ver “máis info"
Familias
Casa da Botica Casa do Avó O Palomar
Mozos/as
Grupos
SERVIZOS INCLUÍDOS 4 noites en Casa de Turismo Rural Almorzo ou almorzo e cea (media pensión) PREZO* 2 Pax / 4 noites: 160 € 1 Pax / 4 noites: 100 € Almorzo 4 días: 20 € / Pax Media pensión 4 días: Menú 1: 80 € / Pax Menú 2: 120 € / Pax SERVIZOS COMPLEMENTARIOS Transporte (consultar) MÁIS INFO 631 17 92 52 info@turismoruraldegaliciaexperiencias.com *Pax Pasaxeiro
ESTABLECEMENTOS
Seniors
Viaxa polos camiños do outono...
A Estrada · Forcarei
WORKSHOP: INTERPRETACIÓN DA PAISAXE TABEIRÓS-TERRA DE MONTES
Familias
Seniors
Mozos/as
Grupos
SERVIZOS INCLUÍDOS
9 e 10 novembro 2018 Na comarca de Tabeirós-Terra de Montes hai varios lugares destacados para realizar un exercicio de interpretación da paisaxe (Miradoiro do Castro, Miradoiro de San Sebastián, etc.), así como diversos lugares (Brañas de Xestoso, Fervenza de Callobre, etc.) que permiten profundizar en como se chegou a definir unha comarca que combina montañas e vales tan intensos coma os asociados ás concas do río Ulla e Umia. O workshop será dirixido por un xeólogo especializado en divulgación e que permitirá coñecer a fondo cal foi a traxectoria xeolóxica da comarca e como condicionou a actividade humana. Abordaranse anécdotas coma as relacionadas coas dúas pontes de tren no río Ulla. O venres, despois da cea, realizarase unha breve presentación do traballo de campo a realizar o sábado. E durante todo o sábado terá lugar a visita aos puntos acordados, para antes de cear realizar unha posta en común. Condicións: Actividade prevista para un grupo entre 6 e 8 persoas Opcionalmente poderíase contratar medio de transporte para desprazar ao grupo Reservas: contacto directo (tlf ou mail) co establecemento ESTABLECEMENTOS Casa da Botica Torres de Moreda Casa Galicia Casa da Pastora O Palomar
Todos
Val Fresco Casa do Avó Casa Avelina Garrido Casa de Brea
2 noites en Casa de Turismo Rural Almorzo PREZO* 2 Pax / 2 noites: 100 € 1 Pax / 2 noites: 80 € Almorzo 2 días: 12 € / Pax SERVIZOS COMPLEMENTARIOS Información turística da zona Ruta guiada e workshop (consultar) Transporte (consultar) MÁIS INFO 631 17 92 52 info@turismoruraldegaliciaexperiencias.com *Pax Pasaxeiro
Viaxa polos camiños do outono...
A Estrada · Forcarei
WORKSHOP: A CULTURA CASTREXA EN TABEIRÓS-TERRA DE MONTES 19 e 20 outubro 2018 A cultura celta presenta múltiples manifestacións na comarca de Tabeirós-Terra de Montes. Un recente estudio da Universidade de Santiago de Compostela (USC) ten identificados case 30 castros na zona. Ademais, polo que se coñece, a importancia do patrimonio etnográfico e da cultura celta nesta zona é significativa, sendo a súa máxima expresión o Parque Arqueolóxico de Campo Lameiro. O workshop será dirixido por unha persoa experta e especializada na temática e coñecedora da zona, que permitirá abordar o venres unha panorámica xeral sobre a temática, para durante o sábado realizar unha visita guiada aos puntos máis destacados e representativos. Condicións: Actividade prevista para un grupo entre 6 e 12 persoas Desprazamentos en coches particulares Reservas: contacto directo (tlf ou mail) co establecemento ou ver “máis info"
Todos
Familias
Seniors
Mozos/as
Grupos
SERVIZOS INCLUÍDOS 2 noites en Casa de Turismo Rural Almorzo e cea (media pensión) Picnic PREZO* 2 Pax / 2 noites: 100 € 1 Pax / 2 noites: 80 € Media Pensión 2 días: 42 € / Pax Opcional: Picnic para comida sábado: 8 € / Pax SERVIZOS COMPLEMENTARIOS Información turística da zona Ruta guiada e workshop (consultar)
MÁIS INFO 631 17 92 52
ESTABLECEMENTOS Torres de Moreda Casa Galicia
info@turismoruraldegaliciaexperiencias.com *Pax Pasaxeiro
Viaxa polos camiĂąos do outono...
AROUSA SAR
www.GaliciaTurismoRural.es
Viaxa polos camiños do outono...
Arousa · Sar
APADRIÑA UN VIÑO NA COMARCA DE AROUSA-SAR 1ª quincena outubro 2018 A denominación de orixe Rías Baixas ten unha particular dinámica na zona da desembocadura do río Ulla, que fai que a vendimia se retrase en relación a outras zonas da mesma denominación de orixe e do resto de Galicia. Por ese motivo, a Asociación de Turismo Rural Campo e Mar propón participar nunha particular vendima durante a primeira quincena de outubro, así coma na elaboración do mosto. A experiencia tería unha segunda parte no mes de marzo que consistiría no embotellado do viño, levando aos participantes a unha mostra da producción final. Condicións: Aloxamento previsto: sábado Actividade prevista para un grupo entre 4 e 8 persoas Actividade supeditada á confirmación de reserva Reservas: contacto directo (tlf ou mail) co establecemento
Todos
Familias
Seniors
Mozos/as
Grupos
SERVIZOS INCLUÍDOS 1 noite en Casa de Turismo Rural Almorzo PREZO* 2 Pax / 1 noite: 55 € 1 Pax / 1 noite: 40 € Almorzo: 6 € / Pax Opcional: Cama supletoria (ata 12 anos): 18 € SERVIZOS COMPLEMENTARIOS Información turística da zona Participación na vendima e na elaboración do mosto MÁIS INFO 631 17 92 52
ESTABLECEMENTOS Casa de Marcelo Casa da Meixida Os Migueliños Fogar do Selmo
info@turismoruraldegaliciaexperiencias.com *Pax Pasaxeiro
Viaxa polos camiños do outono...
Arousa · Sar
DESCENSO POLO RÍO ULLA Todos
outubro 2018 A Asociación de Turismo Rural Campo e Mar, en colaboración coas empresas de Turismo Activo da zona, propón gozar dunha experiencia de descenso polo río Ulla nas modalidades de rafting, kaiak ou hidro-speed. A actividade realizarase o sábado pola tarde, permitindo coñecer o entorno natural do río Ulla á vez que se realiza unha actividade grupal de intensa adrenalina. O desprazamento na zona da actividade contará co apoio da empresa de Turismo Activo. Condicións: Aloxamento previsto: sábado Actividade prevista para un grupo entre 4 e 8 persoas Actividade supeditada á confirmación de reserva Reservas: contacto directo (tlf ou mail) co establecemento ESTABLECEMENTOS Casa de Marcelo Casa da Meixida Casa das Bentinas Casa do Cruceiro Casa o Muíño de Pena
Familias
Seniors
Mozos/as
Grupos
SERVIZOS INCLUÍDOS 1 noite en Casa de Turismo Rural Almorzo PREZO* 2 Pax / 1 noite: 50 € 1 Pax / 1 noite: 40 € Almorzo: 6 € / Pax SERVIZOS COMPLEMENTARIOS Rafting-kaiak (consultar) Hidro-speed (consultar) MÁIS INFO 631 17 92 52 info@turismoruraldegaliciaexperiencias.com *Pax Pasaxeiro
Viaxa polos camiños do outono...
Arousa · Sar
ESENCIAS DE GALICIA EN PAZO DO FARAMELLO outubro e novembro 2018 O Pazo do Faramello agocha detrás dos seus muros a esencia de Galicia ao combinar historia, cultura, natureza e paisaxe. Orixinalmente foi a primeira fábrica de papel de Galicia no 1710 e, a partir de entón, converteuse nunha auténtica xoia arquitectónica con diversos elementos considerados Ben de Interés Cultural (BIC). Conta, entre outros, cuns xardíns de estilo francés do siglo XIX e unha terraza barroca compostelana, así coma unha ampla extensión ao seu redor pola que circula o Camiño de Santiago orixinario e na que un/unha se pode deleitar con múltiples curiosidades. A proposta realizada pola Asociación de Turismo Rural Campo e Mar consiste en visitar o sábado pola mañá o Pazo do Faramello e, pola tarde, poder aproximarse a outros atractivos turísticos cercanos como Carballeira de Francos, Castro Lupario ou Ponte Romana de Paradela. Condicións: Aloxamento previsto: sábado Actividade prevista para un grupo entre 4 e 8 persoas Actividade supeditada á confirmación de reserva Reservas: contacto directo (tlf ou mail) co establecemento ESTABLECEMENTOS Casa de Marcelo Casa da Meixida Fogar do Selmo
Casa das Bentinas Casa do Cruceiro Casa o Muíño de Pena
Todos
Familias
Seniors
Mozos/as
Grupos
SERVIZOS INCLUÍDOS 1 noite en Casa de Turismo Rural Almorzo PREZO* 2 Pax / 1 noite: 55 € 1 Pax / 1 noite: 40 € Almorzo: 6 € / Pax Opcional: Cama supletoria (ata 12 anos): 18 € SERVIZOS COMPLEMENTARIOS Información turística da zona Visita ao Pazo do Faramello: 10 € / Pax (con viño degustación) MÁIS INFO 631 17 92 52 info@turismoruraldegaliciaexperiencias.com *Pax Pasaxeiro
Viaxa polos camiños do outono...
Arousa · Sar
AS TRADICIÓNS EN ROIS Todos
outubro e novembro 2018 No Concello de Rois é posible aproximarse á tradición galega vencellada tanto coas explotacións gandeiras coma a recollida no histórico Pazo do Faramello. Durante a tarde do venres, no Fogar do Selmo poderase coñecer de preto unha explotación de porco celta coas actividades asociadas á mesma. Haberá ocasión de desfrutar dunha comida-degustación de porco celta o sábado. O sábado pola mañá visitarase o Pazo do Faramello, unha auténtica xoia arquitectónica que recolle a esencia da cultura dos pazos industriais de Galicia, impregnada polos seus xardíns e entorno botánico particulares. Pola tarde poderase realizar un percorrido por algunhas das aldeas con encanto de Rois, como Silvarredonda e Angueira de Castro. Condicións: Aloxamento previsto: venres Actividade prevista para un grupo entre 6 e 20 persoas Inclúe comida-degustación con porco celta o sábado Reservas: contacto directo (tlf ou mail) co establecemento ou ver “máis info"
ESTABLECEMENTOS Fogar do Selmo
Familias
Seniors
Mozos/as
Grupos
SERVIZOS INCLUÍDOS 1 noite en Casa de Turismo Rural Pensión completa PREZO* 2 Pax / 1 noite: 55 € 1 Pax / 1 noite: 40 € Pensión Completa: Adultos: 46 € / Pax Menores 12 anos: 28 € / Pax Opcional: Cama supletoria (ata 12 anos): 18 € SERVIZOS COMPLEMENTARIOS Información turística da zona Visita ao Pazo do Faramello: 10 € / Pax (con viño degustación) MÁIS INFO 631 17 92 52 info@turismoruraldegaliciaexperiencias.com *Pax Pasaxeiro
Viaxa polos camiños do outono...
Arousa · Sar
PASEANDO POLO BARBANZA Todos
outubro e novembro 2018 En torno á serra do Barbanza aglutínase un espazo que combina unha riqueza paisaxística e patrimonial moi variada e digna de contemplar no seu conxunto. Na cima da serra atópase o mirador da Curota, cunha vista 360º que permite contemplar a desembocadura do río Ulla e a totalidade da Ría de Arousa. Bordeando a serra atópase o Complexo dunar de Corrubedo e as lagoas de Carregal e Vixán, así coma o Dolmen de Axeitos, a cascada de Ribasieira e o Castro de Baroña. Tomando como base algunha das casas de turismo rural que propoñen este percorrido turístico, entre o sábado e o domingo pola mañá é posible introducirse nun espazo natural dunha vistosidade e uns contrastes moi marcados habitados dende a prehistoria. Condicións: Actividade prevista para un grupo entre 6 e 8 persoas Actividade supeditada á confirmación de reserva Opcionalmente poderíase contratar medio de transporte para desprazar ao grupo Reservas: contacto directo (tlf ou mail) co establecemento ESTABLECEMENTOS Os Migueliños Fogar do Selmo
Familias
Seniors
Mozos/as
Grupos
SERVIZOS INCLUÍDOS 1 noite en Casa de Turismo Rural Almorzo PREZO* 2 Pax / 1 noite: 55 € 1 Pax / 1 noite: 40 € Almorzo: 6 € / Pax Opcional: Cama supletoria (ata 12 anos): 18 € SERVIZOS COMPLEMENTARIOS Información turística da zona Ruta con guía (consultar) Transporte (consultar) MÁIS INFO 631 17 92 52 info@turismoruraldegaliciaexperiencias.com *Pax Pasaxeiro
Viaxa polos camiños do outono...
Arousa · Sar
SEMANA PARA DESCUBRIR AROUSA-SAR outubro e novembro 2018 A Asociación de Turismo Rural Campo e Mar propón ao público senior coñecer a comarca de Arousa-Sar durante catro noites de outono nas catro casas de turismo rural da zona. Na proposta combínase o coñecemento da paisaxe da comarca, da man dun especialista, coa visita a algúns dos lugares emblemáticos (Pazo do Faramello, Convento de Herbón, Museo de Camilo José Cela, Museo de Rosalía de Castro, Torres de Catoira, etc.). Tamén se pode incorporar un pase acquaform nas Termas de Cuntis ou realizar un tramo do Camiño de Santiago orixinario que pouca xente transita. Para completar a visita, o último día tería lugar unha ceadegustación con produtos tradicionais. Condicións: Aloxamento previsto: entre luns e venres Actividade prevista para un grupo entre 6 e 8 persoas Opcionalmente poderíase contratar medio de transporte para desprazar ao grupo Reservas: contacto directo (tlf ou mail) co establecemento ESTABLECEMENTOS Casa de Marcelo Casa da Meixida Os Migueliños Fogar do Selmo
Todos
Familias
Seniors
Mozos/as
Grupos
SERVIZOS INCLUÍDOS 4 noites en Casa de Turismo Rural Almorzo ou almorzo e cea (media pensión) PREZO* 2 Pax / 4 noites: 200 € 1 Pax / 4 noites: 160 € Almorzo 4 días: 24 € / Pax Media pensión 4 días: 88 € / Pax SERVIZOS COMPLEMENTARIOS Información turística da zona Visitas guiadas (consultar) Termas Cuntis (consultar) Transporte (consultar) MÁIS INFO 631 17 92 52 info@turismoruraldegaliciaexperiencias.com *Pax Pasaxeiro
Viaxa polos camiños do outono...
Arousa · Sar
SENDEIRISMO AO CARÓN DO ULLA Todos
outubro e novembro 2018 A Asociación de Turismo Rural Campo e Mar propón coñecer os atractivos naturais do tramo final do río Ulla entre Padrón e Catoira. No transcurso da ruta poderase contemplar a particular beleza dalgúns tramos do río, como son os seus peculiares rápidos e os espazos para a pesca. Tamén se pode contemplar lugares históricos coma o convento de Herbón, de onde xorde o famoso pemento de Herbón, ou as torres viquingas de Catoira. A primeira parte da ruta iniciaríase o venres pola tarde, continuando a segunda parte o sábado pola mañá. Deste xeito, quedaría dispoñible o sábado pola tarde para unha tranquila visita por Padrón, podendo achegarse aos museos de Camilo José Cela e/ou Rosalía de Castro. Condicións: Aloxamento previsto: venres e sábado Actividade prevista para un grupo entre 6 e 8 persoas Actividade supeditada á confirmación de reserva Opcionalmente poderase contratar medio de transporte para desprazar ao grupo Reservas: contacto directo (tlf ou mail) co establecemento
Seniors
Mozos/as
Grupos
SERVIZOS INCLUÍDOS 2 noites en Casa de Turismo Rural Almorzo PREZO* 2 Pax / 2 noites: 100 € 1 Pax / 2 noites: 80 € Almorzo 2 días: 12 € / Pax Opcional: Cama supletoria (ata 12 anos) 2 noites: 30 € SERVIZOS COMPLEMENTARIOS Información turística da zona Sendeirismo con ou sen guía (consultar) Transporte (consultar) Visita guiada ao Museo Camilo José Cela e ao Museo Rosalía de Castro (consultar) MÁIS INFO 631 17 92 52
ESTABLECEMENTOS Casa de Marcelo Casa da Meixida Os Migueliños
Familias
Casa das Bentinas Casa do Cruceiro Casa o Muíño de Pena
info@turismoruraldegaliciaexperiencias.com *Pax Pasaxeiro
Viaxa polos camiños do outono...
Arousa · Sar
WORKSHOP: INTERPRETACIÓN DA PAISAXE AROUSA-SAR 26 e 27 outubro 2018 Na comarca de Arousa-Sar pódese realizar un exercicio de interpretación da paisaxe moi curioso ao combinar a transición entre o tramo medio do río Ulla e a súa desembocadura coa conformación da ría de Arousa. O workshop será dirixido por un xeólogo especializado en divulgación e permitirá comprender a dinámica xeolóxica que explica a chamativa combinación de montes con vales e a presencia de planicies bordeando a ría. O venres, despois da cea, realizarase unha breve presentación do traballo de campo que se realizará o sábado. Durante todo o sábado terá lugar a visita aos puntos acordados, para antes de cear realizar unha posta en común. Condicións: Actividade prevista para un grupo entre 6 e 8 persoas Opcionalmente poderíase contratar medio de transporte para desprazar ao grupo Reservas: contacto directo (tlf ou mail) co establecemento ou ver “máis info"
Todos
Familias
Casa de Marcelo Casa da Meixida Os Migueliños
Mozos/as
Grupos
SERVIZOS INCLUÍDOS 2 noites en Casa de Turismo Rural Almorzo PREZO* 2 Pax / 2 noites: 100 € 1 Pax / 2 noites: 80 € Almorzo 2 días: 12 € / Pax SERVIZOS COMPLEMENTARIOS Información turística da zona Ruta guiada e workshop (consultar) Transporte (consultar) MÁIS INFO 631 17 92 52 info@turismoruraldegaliciaexperiencias.com *Pax Pasaxeiro
ESTABLECEMENTOS
Seniors
Viaxa polos camiños do outono...
Arousa · Sar
WORKSHOP: SAFARI FOTOGRÁFICO POLA RÍA DE AROUSA 2 e 3 novembro 2018 Viaxar pola Ría de Arousa coa cámara fotográfica é garantía de introducirse nun espazo de luz no que podes enfocar ao infinito ou concentrarte nun pequeno detalle; no que según o punto de mira captas unha paisaxe natural envolvente ou unha forma insólita; no que según como amenza o día podes atoparte cun esplenderoso lugar ou un melancólico entorno. No workshop, que conta coa colaboración de ClickGalicia, preténdese realizar un exercicio de inmersión na costa norte da Ría de Arousa, entre Catoira e Porto do Son, para peregrinar na busca da esencia do lugar. Os/as participantes serán quenes decidan cómo moverse durante o sábado sobre unha proposta inicial realizada o venres pola noite. O sábado, a partir de media tarde, terá lugar o revelado fotográfico dixital e, co resultado preténdese realizar unha exposición virtual. Condicións: Actividade prevista para un grupo entre 6 e 12 persoas Movilización nos coches particulares Reservas: contacto directo (tlf ou mail) co establecemento ou ver “máis info"
ESTABLECEMENTOS Casa de Marcelo Casa da Meixida Os Migueliños
Todos
Familias
Seniors
Mozos/as
Grupos
SERVIZOS INCLUÍDOS 2 noites en Casa de Turismo Rural Almorzo PREZO* 2 Pax / 2 noites: 100 € 1 Pax / 2 noites: 80 € Almorzo 2 días: 12 € / Pax SERVIZOS COMPLEMENTARIOS Información turística da zona Participación en workshop (consultar)
MÁIS INFO 631 17 92 52 info@turismoruraldegaliciaexperiencias.com *Pax Pasaxeiro
Viaxa polos camiĂąos do outono...
RIBEIRA SACRA
www.GaliciaTurismoRural.es
Viaxa polos camiños do outono...
· Ribeira Sacra ·
BTT POLA RIBEIRA SACRA EN 3 ETAPAS outubro e novembro 2018 Os/as amantes de BTT coñecen a Ribeira Sacra polas posibilidades que teñen para realizar rutas de distintos grados de dificultade. Entre os concellos de Nogueira de Ramuín e de Parada de Sil están trazadas cinco rutas cun total de 110 km. Polo concello de Pobra de Brollón discorren catro rutas cun total de 90 km de camiños sinalizados. A Asociación de Turismo Ribeira Sacra Rural fai a proposta aos grupos de afeccionados/as de BTT a mergullarse durante catro días nas increíbles paraxes do sur do Canón do Sil, contando, se o desexan, co apoio de transporte para movilizar as bicicletas. Condicións: Aloxamento previsto: 4 días consecutivos de semana Actividade prevista para un grupo entre 2 e 4 persoas Actividade supeditada á confirmación de reserva Opcionalmente poderíase contratar medio de transporte para desprazar ao grupo Reservas: contacto directo (tlf ou mail) co establecemento ESTABLECEMENTOS Reitoral da Chandrexa Casa da Eira
Todos
Familias
Seniors
Mozos/as
Grupos
SERVIZOS INCLUÍDOS 3 noites en Casa de Turismo Rural Almorzo e cea (media pensión) PREZO* 2 Pax / 3 noite: 165 € 1 Pax / 3 noites: 120 € Media pensión 3 días: 66 € / Pax SERVIZOS COMPLEMENTARIOS Rutas BTT sen guía Transporte (consultar) MÁIS INFO 631 17 92 52 info@turismoruraldegaliciaexperiencias.com *Pax Pasaxeiro
Viaxa polos camiños do outono...
· Ribeira Sacra ·
BTT E MAGOSTO EN PARADA DE SIL Todos
outubro e novembro 2018 O Concello de Parada de Sil conta con larga tradición de acoller actividades de BTT en torno á ruta denominada “Circular de Parada de Sil”. En conexión con esta ruta, que podería realizarse o sábado, hai outras de máis ou menos dificultade a gusto dos cicloturistas, que tamén se poderían realizar o domingo pola mañá. As casas de turismo rural da zona convidan aos cicloturistas a desfrutar da súa afección durante o sábado e o domingo, combinando, na tarde do sábado, coa participación nun magosto apropiado para recuperar enerxías. Condicións: Actividade prevista para un grupo entre 6 e 12 persoas Reservas: contacto directo (tlf ou mail) co establecemento ou ver “máis info"
Familias
Seniors
Mozos/as
Grupos
SERVIZOS INCLUÍDOS 1 noite en Casa de Turismo Rural Almorzo e cea (media pensión) PREZO* 2 Pax / 1 noite: 55 € 1 Pax / 1 noite: 40 € Media pensión: Adultos: 22 € / Pax Menores 12 anos: 14 € / Pax Opcional: Cama supletoria (ata 12 anos): 18 € SERVIZOS COMPLEMENTARIOS Ruta BTT sen guía Magosto (consultar)
ESTABLECEMENTOS Reitoral da Chandrexa Casa da Eira
MÁIS INFO 631 17 92 52 info@turismoruraldegaliciaexperiencias.com *Pax Pasaxeiro
Viaxa polos camiños do outono...
· Ribeira Sacra ·
CASIÑAS DE CONTO E DE PELÍCULA EN GARABELOS-CHANTADA outubro e novembro 2018 Ás fadas podemos atopalas nos contos, nas películas e, tamén, en Garabelos (Maríz-Chantada). Os/as máis pequenos/as poderán cumprir o seu sono de vivir unha experiencia máxica na “Casa da Árbore”, da man do contacontos Anxo Moure. Logo, sentados/as nas vellas butacas do Cinema Palleiriso, poderedes revivir inolvidables momentos fronte á gran pantalla. Esta iniciativa é promovida por establecementos de turismo da Ribeira Sacra Rural.
Todos
Familias
Seniors
Mozos/as
Grupos
SERVIZOS INCLUÍDOS 1 noite en Casa de Turismo Rural Almorzo PREZO* 2 Pax / 1 noite: 55 € 1 Pax / 1 noite: 40 € Almorzo: Adultos: 6 € / Pax Menores 12 anos: 3 € / Pax Opcional: Cama supletoria (ata 12 anos): 18 €
Condicións: Actividade prevista para un mínimo de 2 familias Actividade supeditada á confirmación de reserva Reservas: contacto directo (tlf ou mail) co establecemento ou ver “máis info"
SERVIZOS COMPLEMENTARIOS Actividade familiar nas casiñas de conto e de película (consultar)
ESTABLECEMENTOS
MÁIS INFO
Casa do Romualdo
631 17 92 52 info@turismoruraldegaliciaexperiencias.com
*Pax Pasaxeiro
Viaxa polos camiños do outono...
· Ribeira Sacra ·
FIN DE SEMANA GASTRONÓMICA EN QUIROGA outubro e novembro 2018 O outono maniféstase particularmente intenso en Quiroga (Lugo) a medida que avanza cara ó mes de novembro. O chamativo do entorno do Courel plásmase nos soutos de castiñeiros, que da pé a poder gozar dun bonito paseo e, ao fin do día, un intenso magosto na lareira de Casa Grande da Ferrería de Rugando. Ademais, nesta época, a gastronomía resulta moi agradecida como acompañante das actividades na natureza desta contorna tan privilexiada. Unha visita obrigada é ao museo xeolóxico de Quiroga e aos diversos lugares recomendados na súa exposición, coma por exemplo o Prego xeolóxico de Campodola-Leixazós, declarado monumento natural, ou á Lagoa de orixe glaciar de Lucenza. Condicións: Reservas: contacto directo (tlf ou mail) co establecemento ou ver “máis info"
Todos
Familias
Seniors
Mozos/as
Grupos
SERVIZOS INCLUÍDOS 2 noites en Casa de Turismo Rural Almorzo e cea (media pensión) PREZO* 2 Pax / 2 noites: 100 € 1 Pax / 2 noites: 80 € Media Pensión: 2 Pax / 2 días: 100 € 1 Pax / 2 días: 60 € SERVIZOS COMPLEMENTARIOS Información turística da zona Participación no Magosto (consultar) MÁIS INFO 631 17 92 52 info@turismoruraldegaliciaexperiencias.com
ESTABLECEMENTOS Casa Grande da Ferrería de Rugando
*Pax Pasaxeiro
Viaxa polos camiños do outono...
· Ribeira Sacra ·
PASEO POLA VITICULTURA HEROICA Todos
outubro e novembro 2018 A viticultura heroica fai referencia ao traballo de recollida da uva de variedades particulares en condicións de gran dificultade de acceso, gran pendente e viñedo en terrazas ou parcelas de reducida dimensión. Como é difícil a mecanización, a vendima realízase a man e portando o froito nas costas. Un dos máximos expoñentes desta viticultura é a Ribeira Sacra, onde resulta sorprendente coñecer os lugares e o proceso empregado. Dende a Asociación de Turismo Ribeira Sacra Rural proponse aos grupos de visitantes que se achegan á comarca comprobar de primeira man esta tradición milenaria, realizando durante o sábado unha ruta polas contornas dos viñedos e visitando algunha das adegas que dan a coñecer o seu traballo e permiten degustar os seus caldos, froito dun laborioso traballo. Condicións: Actividade prevista para un grupo entre 6 e 12 persoas. Actividade supeditada á confirmación de reserva. Reservas: contacto directo (tlf ou mail) co establecemento ou ver "máis info". ESTABLECEMENTOS Reitoral da Chandrexa Casa da Eira Casa do Romualdo O Canto da Terra
Familias
Seniors
Mozos/as
Grupos
SERVIZOS INCLUÍDOS 1 noite en Casa de Turismo Rural Almorzo PREZO* 2 Pax / 1 noite: 55 € 1 Pax / 1 noite: 40 € Almorzo: 6 € / Pax Opcional: Cama supletoria (ata 12 anos): 18 € SERVIZOS COMPLEMENTARIOS Información turística da zona Ruta con ou sen guía (consultar) Degustación en bodega (consultar) MÁIS INFO 631 17 92 52 info@turismoruraldegaliciaexperiencias.com *Pax Pasaxeiro
Viaxa polos camiños do outono...
· Ribeira Sacra ·
RECOLLENDO OS FROITOS DO BOSQUE NA RIBEIRA SACRA outubro e novembro 2018 Pasear polos bosques da Ribeira Sacra durante o outono supón introducirse nun mundo de sensacións moi variado e, como non, atoparse cos froitos que neles xorden durante esta estación: castañas e cogomelos, sobre todo. Aquelas familias ou grupos interesados en gozar desta experiencia pódeno realizar coa orientación dos establecementos de turismo rural situados nas proximidades destes bosques encantadores. A actividade realizaríase na tarde do sábado, podendo contar co apoio dun especialista. A cea desa noite incorporaría unha degustación dalgún dos froitos do bosque recolleitos. Condicións: Actividade prevista para un grupo entre 6 e 20 persoas. Reservas: contacto directo (tlf ou mail) co establecemento ou ver "máis info".
Todos
Familias
Seniors
Mozos/as
Grupos
SERVIZOS INCLUÍDOS
1 noite en Casa de Turismo Rural Almorzo e cea degustación (media pensión) PREZO* 2 Pax / 1 noite: 55 € 1 Pax / 1 noite: 40 € Media pensión: Adultos: 22 € / Pax Menores 12 anos: 14 € / Pax Opcional: Cama supletoria (ata 12 anos): 18 € SERVIZOS COMPLEMENTARIOS Paseo polo bosque para recoller castañas e/ou cogomelos (consultar) Cea degustación (consultar)
ESTABLECEMENTOS Reitoral da Chandrexa Casa da Eira O Canto da Terra
MÁIS INFO 631 17 92 52 info@turismoruraldegaliciaexperiencias.com *Pax Pasaxeiro
Viaxa polos camiños do outono...
· Ribeira Sacra ·
SABERES, SABORES E SENTIRES NA RIBEIRA SACRA outubro e novembro 2018 Casa do Romualdo propón unha intensa fin de semana para descubrir a contorna da Ribeira Sacra e da Ulloa a través das árbores, as plantas, as persoas e os seres máxicos que nel habitan. O venres, a media tarde, repasarase o que se vai facer, e cearase xunto á " lareira". O sábado, despois do almorzo, iniciarase o camiño cos "seis" sentidos ata a hora do picnic (incluído no prezo). Pola tarde será a preparación para elaborar diferentes produtos con recursos silvestres de tempada. Ao acabar celebrarase "A Festa do son" (choiva, vento, chillido de paxaros, etc) e, finalmente, "cea da colleita de saberes, sabores, e sentires" e "Cantaconto" con Francisco do Romualdo. O domingo, despois do almorzo e antes da despedida, será a proclamación do compromiso coa Terra. Condicións: Actividade prevista para un grupo entre 10 e 20 persoas. As habitacións deberán ser ocupadas por un mínimo de dúas persoas, sen opción de uso individual. Reservas: contacto directo (tlf ou mail) co establecemento.
ESTABLECEMENTOS Casa do Romualdo
Todos
Familias
Seniors
Mozos/as
Grupos
SERVIZOS INCLUÍDOS 2 noites en Casa de Turismo Rural Almorzo e cea (media pensión) Picnic PREZO* 2 Pax / 2 noites: 100 € Media Pensión con picnic: Adulto 2 días: 50 € Menor 12 anos 2 días: 30 €
Opcional: Cama supletoria 2 noites (ata 12 anos): 25 € SERVIZOS COMPLEMENTARIOS Información turística da zona Ruta guiada e actividade (consultar) MÁIS INFO 631 17 92 52 info@turismoruraldegaliciaexperiencias.com
*Pax Pasaxeiro
Viaxa polos camiños do outono...
· Ribeira Sacra ·
SENDEIRISMO E DIETA DETOX EN CASTRO CALDELAS outubro e novembro 2018 Dende o Caserío da Castiñeira propóñenche un intenso fin de semana no que se combine o exercicio físico e unha experiencia de dieta Detox (dieta depurativa a base de batidos verdes). A "Ruta dos bosques máxicos" sería a proposta para realizar durante o sábado, coa opción de ser orientada por un guía especialista da zona. A dieta Detox iría dende o venres tarde ata o domingo pola mañá, e constaría de 6 batidos verdes (green smothies) de froita e verdura biolóxica con superalimentos ecolóxicos a distribuír durante o período. Tamén irían acompañados de mollos de herba de trigo e licuados variados. Opcionalmente poderíase gozar de clases diarias de ecoioga. Condicións: Aloxamento previsto: venres e sábado. Actividade prevista para 2 ou máis persoas. Reservas: contacto directo (tlf ou mail) co establecemento.
ESTABLECEMENTOS Caserío da Castiñeira
Todos
Familias
Seniors
Mozos/as
Grupos
SERVIZOS INCLUÍDOS 2 noites en Casa de Turismo Rural Pensión completa PREZO* 1 Pax / 2 noites: 80 € Pensión Completa 2 días: 70 € / Pax SERVIZOS COMPLEMENTARIOS Senderismo guiado (consultar) Eco-ioga (consultar) MÁIS INFO 631 17 92 52 info@turismoruraldegaliciaexperiencias.com *Pax Pasaxeiro
Viaxa polos camiños do outono...
· Ribeira Sacra ·
SENDEIRISMO E XOGOS DE ESCAPE EN PANTÓN PARA TODA A FAMILIA outubro e novembro 2018 O outono é unha época moi agradable para coñecer lugares próximos con encanto. É o caso de Pantón e dos bonitos carreiros que atravesan este concello da Ribeira Sacra. As casas de turismo rural de Pantón ofrécenche pasar unha fin de semana inesquecible achegándote aos miradoiros do río Miño polos seus carreiros. Durante a tarde do sábado, previa reserva, a proposta é gozar en familia ou en grupo dunha intensa experiencia participando nun xogo de escape en vivo na casa dos Muros. Condicións: Escape en vivo: actividade prevista para grupos de ata 6 persoas previa reserva. Reservas: contacto directo (tlf ou mail) co establecemento.
Todos
Familias
Seniors
Mozos/as
Grupos
SERVIZOS INCLUÍDOS 1 noite en Casa de Turismo Rural Almorzo PREZO* 2 Pax / 1 noite: 55 € 1 Pax / 1 noite: 40 € Almorzo: Adultos: 6 € / Pax Menores 12 anos: 3 € / Pax Opcional: Cama supletoria (ata 12 anos): 18 € SERVIZOS COMPLEMENTARIOS Información turística da zona Escape en vivo (consultar)
ESTABLECEMENTOS Casa dos Muros O Canto da Terra Aira Sacra
MÁIS INFO 631 17 92 52 info@turismoruraldegaliciaexperiencias.com *Pax Pasaxeiro
Viaxa polos camiños do outono...
· Ribeira Sacra ·
WORKSHOP: INTERPRETACIÓN DA PAISAXE NA RIBEIRA SACRA 12 e 13 outubro 2018 A Ribeira Sacra engloba unha multiplicidade de riquezas dende o punto de vista paisaxístico: o Canón do Sil, as ribeiras do Miño, o pregamento xeolóxico de Campodola en Quiroga, Montefurado, etc. Esta riqueza natural aínda resulta máis atractiva se é interpretada por un especialista que nos permite entender as orixes destas contornas e a súa evolución no tempo, así como a repercusión sobre o hábitat e, particularmente, sobre a vida humana no territorio. O workshop proposto pretende precisamente afondar nestes temas. Para iso comezaríase o venres pola noite, despois da cea, cunha breve sesión na que se exporían os fundamentos da visita de campo que se realizaría durante o sábado. Dada a extensión do territorio para abordar, durante o venres concretaríanse os lugares de visita. Ao acabar o sábado habería unha posta en común. Condicións: Actividade prevista para un grupo entre 6 e 8 persoas. Opcionalmente poderíase contratar medio de transporte para desprazar ao grupo. Reservas: contacto directo (tlf ou mail) co establecemento.
ESTABLECEMENTOS Casa Grande da Ferrería de Rugando O Canto da Terra Casa da Eira
Todos
Familias
Seniors
Mozos/as
Grupos
SERVIZOS INCLUÍDOS 2 noites en Casa de Turismo Rural Almorzo PREZO* 2 Pax / 2 noites: 100 € 1 Pax / 2 noites: 80 € Almorzo 2 días: 12 € / Pax SERVIZOS COMPLEMENTARIOS Información turística da zona Ruta guiada e workshop (consultar) Transporte (consultar) MÁIS INFO 631 17 92 52 info@turismoruraldegaliciaexperiencias.com *Pax Pasaxeiro
Viaxa polos camiños do outono...
· Ribeira Sacra ·
WORKSHOP: SAFARI FOTOGRÁFICO POLA RIBEIRA SACRA
Familias
Seniors
Mozos/as
Grupos
SERVIZOS INCLUÍDOS
23 e 24 novembro 2018 Se hai un lugar en Galicia onde convida a percorrelo durante o outono coa cámara fotográfica, ese é a Ribeira Sacra. O cromatismo que podemos atopar, os contrastes entre distintos lugares da comarca, a perspectiva das paisaxes e outras múltiples experiencias visuais, só se pode entender se se visita este lugar privilexiado. No workshop, que conta coa colaboración de ClickGalicia, preténdese realizar un exercicio de inmersión nos distintos espazos que ofrecen as ribeiras do Sil ou do Miño cos seus viñedos tinguidos de outono, nos incribles bosques de castiñeiros ou nos insólitos espazos ao redor dos monumentos románicos. O venres realizarase un pase fotográfico para inspirar o safari do sábado e para organizarse en función dos/das participantes. O sábado será a actividade exterior, para volver revelar as fotografías a partir de media tarde. Co resultado preténdese realizar unha exposición virtual. Condicións: Actividade prevista para un grupo entre 6 e 12 persoas. Mobilización nos coches particulares. Reservas: contacto directo (tlf ou mail) co establecemento ou ver "máis info". ESTABLECEMENTOS Reitoral da Chandrexa Casa da Eira Casa do Romualdo
Todos
Casa Grande da Ferrería de Rugando
2 noites en Casa de Turismo Rural Almorzo PREZO* 2 Pax / 2 noites: 100 € 1 Pax / 2 noites: 80 € Almorzo 2 días: 12 € / Pax SERVIZOS COMPLEMENTARIOS Información turística da zona Safari fotográfico Workshop (consultar) MÁIS INFO 631 17 92 52 info@turismoruraldegaliciaexperiencias.com *Pax Pasaxeiro
Viaxa polos camiĂąos do outono...
GALICIA
www.GaliciaTurismoRural.es
Viaxa polos camiños do outono...
· Bergantiños ·
DESCOBRE A VIDA NO RURAL DE ANOS (CABANA DE BERGANTIÑOS) outubro e novembro 2018 O Xastre de Anos proponche vivir con intensidade unha fin de semana nunha contorna rural auténtica no lugar de Anos, concello de Cabana de Bergantiños, contándonos os/as protagonistas o seu día a día e facéndonos partícipes das súas experiencias. O primeiro día realizaremos unha ruta para descubrir a materia prima da que nos alimentamos. Visitaremos unha Panadería Artesanal de Andrade, unha granxa intensiva de leite en Casa da Roxa, a produción extensiva de carne en Casa do Quinto e Viveiros Anos. O segundo día introducirémonos no bosque da man dunha técnica forestal, descubrindo os seus segredos e visitando lugares emblemáticos como a fervenza do Rego da Enfesta ou a Pena da Eirita. Condicións: Actividade prevista para un grupo entre 6 e 8 persoas. Reservas: contacto directo (tlf ou mail) co establecemento. ESTABLECEMENTOS O Xastre de Anos
Todos
Familias
Seniors
Mozos/as
Grupos
SERVIZOS INCLUÍDOS 2 noites en Casa de Turismo Rural Almorzo PREZO* 2 Pax / 2 noites: 100 € 1 Pax / 2 noites: 80 € Almorzo 2 días: 12 € / Pax SERVIZOS COMPLEMENTARIOS Información turística da zona Sendeirismo guiado (consultar) MÁIS INFO 631 17 92 52 info@turismoruraldegaliciaexperiencias.com *Pax Pasaxeiro
Viaxa polos camiños do outono...
· Allariz ·
DESCOBRE OS MISTERIOS DE SANTA MARIÑA DE AUGAS SANTAS (ALLARIZ) outubro e novembro 2018 Se queremos visitar un lugar que foi asentamento dende épocas protohistóricas, con construcións megalíticas, castrexas e cristiás, ese é o conxunto histórico, artístico e paisaxístico de Santa Mariña de Augas Santas a 6 km de Allariz. Torre Lombarda convídate a coñecer a mestura de historia, tradición e lenda que envolve ao pobo, e no que se pode atopar unha singular combinación de monumentos, fontes, árbores e lugares, conseguindo un coidado exemplo de recuperación rural e de desenvolvemento económico digno de ser descuberto. Particularmente é coñecido o lugar polo oficio de cestería do cal poderemos atopar múltiples mostras. Condicións: Reservas: contacto directo (tlf ou mail) co establecemento. ESTABLECEMENTOS Torre Lombarda
Todos
Familias
Seniors
Mozos/as
Grupos
SERVIZOS INCLUÍDOS 1 noite en Casa de Turismo Rural Almorzo PREZO* 2 Pax / 1 noite: 55 € 1 Pax / 1 noite: 40 € Almorzo: 6 € / Pax SERVIZOS COMPLEMENTARIOS Información turística da zona
MÁIS INFO 631 17 92 52 info@turismoruraldegaliciaexperiencias.com *Pax Pasaxeiro
Viaxa polos camiños do outono...
· Mariña Lucense·
FINDES DE TURISMO RURAL NA MARIÑA LUCENSE outubro e novembro 2018 No outono a Mariña lucense presenta unha riqueza natural que os concellos de Cedeira, Burela e Ribadeo puxeron en valor a través do proxecto "Entre Arcos e Cantís". Pódese descubrir a forza do mar, a grandeza das rocas e a importancia das entrañas da Terra. Os establecementos de turismo rural de Lugo Costa propoñen pasar unha fin de semana no que poderás contemplar entre outros lugares "A Garita de Herbeira", o cantil máis alto da Europa continental, visitar a praia de area negra non volcánica do planeta en Teixido, ou percorrer os arcos rochosos da Praia das Catedrais. Esta incursión outonal tamén se pode complementar coas visitas á Lonxa de Burela ou ao Porto de Rinlo, aproveitando a gastronomía asociada ao mar, así como aos múltiples artesáns (olería, ferrería, etc) agrupados na comarca. Condicións: Reservas: contacto directo (tlf ou mail) co establecemento. ESTABLECEMENTOS Hotel Rural Finca Goleta Finca O Bizarro Casa do Mudo Casa do Fidalgo
Todos
Familias
Seniors
Mozos/as
Grupos
SERVIZOS INCLUÍDOS 1 ou 2 noites en Casa de Turismo Rural Almorzo PREZO* 2 Pax / 1 noite: 55 € 1 Pax / 1 noite: 40 € Almorzo: 6 € / Pax Opcional: Cama supletoria (ata 12 anos): 18 € SERVIZOS COMPLEMENTARIOS Información turística da zona MÁIS INFO 631 17 92 52 info@turismoruraldegaliciaexperiencias.com
*Pax Pasaxeiro
Viaxa polos camiños do outono...
· Costa da Morte ·
SENTE A FORZA DO OCÉANO Todos
a partir do 5 novembro 2018 Entre Camariñas e Camelle atopámonos coa Ruta dos Naufraxios, unha alegación ao resultado tráxico dos temporais na Costa da Morte. Durante a visita ao lugar pódese dispoñer de información de ata 63 naufraxios no móbil e comprobar in situ os lugares onde se produciron e, se cadra, as condicións climatolóxicas que os propician. Coñecer esta contorna no mes de novembro, así como poder realizar a etapa de "Camiño dos Faros" entre estas dúas localidades, é a proposta que ofrece o Hotel Rústico Lugar do Cotariño durante unha fin de semana. Outros atractivos engadidos durante a visita é coñecer a obra de Man, o alemán en Camelle, arrasada pola catástrofe do Prestige e que, sen dúbida, converteuse nun dos recordos vivos da mesma. Condicións: Actividade prevista para un grupo entre 8 e 16 persoas. Reservas: contacto directo (tlf ou mail) co establecemento.
Familias
Seniors
Hotel Rústico Lugar do Cotariño
Grupos
SERVIZOS INCLUÍDOS 2 noites en Casa de Turismo Rural Almorzo PREZO* 2 Pax / 2 noites: 120 € 1 Pax / 2 noites: 110 € Almorzo 2 días: 10 € / Pax SERVIZOS COMPLEMENTARIOS Información turística da zona
MÁIS INFO 631 17 92 52 info@turismoruraldegaliciaexperiencias.com *Pax Pasaxeiro
ESTABLECEMENTOS
Mozos/as
Viaxa polos camiños do outono...
· Galicia ·
VIAXA POLOS CAMIÑOS DA GASTRONOMÍA DO OUTONO (GALICIA) outubro e novembro 2018 Unha boa maneira de viaxar é a través da gastronomía. Durante o outono, en Galicia resulta suxestivo abordar este reto en distintas comarcas como as que propoñen cinco establecementos de turismo rural agrupados en Agatur. Trátase dun bono flexible para visitar en días separados, entre os meses de outubro e novembro, os seguintes establecementos: · Pazo de Andeade e Pazo de Sedor (Arzúa), onde se poderá degustar a caza. · Casa da Laxe (Malpica), onde se poderá probar o peixe de tempada. · Hotel Rústico Casa de Díaz (Samos), onde se poderá saborear o porco celta. · Casa A Rega (Combarro), onde se poderá apreciar o marisco. Condicións: Actividade prevista para un grupo mínimo de 8 persoas. A proposta realízase para a reserva conxunta nos catro establecementos. Reservas: contacto directo (tlf ou mail) con establecementos ou ver "máis info". ESTABLECEMENTOS Pazo de Andeade (Arzúa) Casa da Laxe (Malpica) Hotel rústico Casa de Díaz (Samos) Casa A Rega (Combarro) Pazo de Sedor (Arzúa)
Todos
Familias
Seniors
Mozos/as
Grupos
SERVIZOS INCLUÍDOS 4 noites en 4 Casas de Turismo Rural Almorzo e cea (media pensión) PREZO* 2 Pax / 1 noite: 55 € 1 Pax / 1 noite: 40 € Media pensión 1 día: 36 € / Pax SERVIZOS COMPLEMENTARIOS Información turística da zona Ceas degustación (consultar) MÁIS INFO 631 17 92 52 info@turismoruraldegaliciaexperiencias.com *Pax Pasaxeiro
www.GaliciaTurismoRural.es