COÑECE O LOBO FEROZ 1
Ola! Eu son o Lobo Feroz!
Si, xa sei que me coñeces. O que tirou as casas dos Tres Porquiños cun soprido, o que devora avoas, o que merenda claras de ovo... Ese lobo. Tedes sorte de atoparme nesta época da miña vida. Se chegades a dar comigo hai uns aniños, tería papado a metade da vosa clase antes de que puidésedes dicir «Bo día». Agora mudei moitísimo. Son unha persoa nova. Un animal novo, mellor dito. Sigo sendo feroz, pero aprendín a controlarme.
Antes, os meus pasatempos preferidos eran cazar, agocharme, comer carne fresca e ser un cafre. Agora encántame regar as miñas plantas, ler libros, facer fotografías e probar as cousas ricas que cociña o meu sobriño.
cafre: alguén que se porta coma un salvaxe.
Desde que vivimos xuntos aprendín que non podo andar por aí asustando a xente. Agora traballo na miña xastrería, arranxando carapuchiñas e remendando vestidos de princesas.
De cando en vez, saco as poutas e regaño os dentes cando axudo o Gato con Botas a loitar contra algún malvado dos que viven na veciñanza. O Bosque pode ser un lugar ben perigoso. Aínda que o terrible Lobo Feroz xa non anda solto, hai cada un por aí que mete medo! A min non, claro, pero a vós...
Eh? Quen está chamando ao timbre a estas horas? Non esperaba visita. Vou abrir...
Comprendo comprensión lectora
1 Fíxate nos pasatempos do Lobo Feroz e repasa con estas cores. antes agora
Δ :; HI® Δ 45i67b>?r89o23s
*+^_a45zxya45®
»r:; NOg`aa45® »p67 89a45n45t89a<=s
*+a89g`aoBCdeh89a45r<=sÇÉÞ
ÃsÇÉ HI® »u45> *+^_a67 jkr:;Þ
Δ `aa89PQ HI® Δ `ao>?t89oBCgjkr89a67 jkí89a<=s
*+^_o>?m:; HI® *+^_a45r45n:;Þ Δ jkr:; TUsÑÖ^_å
2 A que se dedica no presente o Lobo Feroz? Marca cun X.
Facer doces e pratos moi saborosos.
Ordenar libros na biblioteca.
Arranxar roupa.
3 Con quen vive?
VVWi45vDEÞ *+^_ø ÃsÇÉ HI¤ .
4 Que sucede ao final? Rodea.
1
Pega cada personaxe do Bosque no seu lugar.
ANTES
AGORA
XOÁN SEN MEDO 2
OLobo abriu a porta e atopou un rapaz duns doce anos. Tiña esa postura na que pos os brazos en forma de xerra para indicar que es moi valente. Porque este rapaz era moi valente, o que máis.
—Son Xoán Sen Medo! —anunciou— e veño buscando o Lobo Feroz.
—Boa tarde —respondeu o Lobo—. Son eu, necesitas algún arranxo da miña xastrería? Agora mesmo estou pechado, pero podo recollerche a prenda.
—Nada diso. A miña vestimenta está perfectamente, lobo peludo!
Ao Lobo sorprendeulle o xeito que tiña de falar. Pareceulle un chisco maleducado. Tiña un ton de voz moi agresivo.
—Estás ben? Pareces un pouquiño nervioso. Fágoche unha infusión?
—Unha infusión? —sorprendeuse o rapaz.
aterrador: que dá moito medo.
—Teño macela, menta e tila. Tamén teño té, pero non sei se será bo para os teus nervios.
—Estás intentando confundirme? Ti non es o malvado Lobo Feroz?
O Lobo sorriu cando escoitou este adxectivo.
—Non, non. Iso era antes. Agora son o razoable Lobo Feroz. Eu xa abandonei o Ferocismo.
—Oh... —a noticia non pareceu sentarlle moi ben a Xoán, que do desgusto non tiña nin ganas de seguir de pé e sentou no chan.
O Lobo convidouno a entrar. Preparou unhas cuncas de infusión de amoras e o Lobiño trouxo unhas pastas de améndoas que fixera el mesmo na súa pastelería.
—O caso é que non coñezo o que é o medo —explicou Xoán—. Por iso me chaman así: Xoán Sen Medo. Eu pensaba que alguén coa túa sona e o teu historial aterrador podería ensinarmo, pero teño tan mala sorte que nin así! Resulta que es un cidadán exemplar! Que desgraciado son!
—Non te poñas triste, Xoán —suxeriulle o Lobiño—. Estou seguro de que o meu tío pode axudarte.
—Podo intentalo —dixo o seu tío.
O Lobo ouveou, ensinou os dentes, bramou, ruxiu, fixo un pouco de teatriño. Nada do que facía asustaba a ninguén. Notábase que o Lobo era xa case máis manso ca Feroz.
—Teño un plan —anunciou o Lobo.
Ao mellor, o Lobo xa non era tan terrible metendo medo, pero seguía sendo igual de bo argallando plans. Convidaron a Xoán a durmir con eles.
Na tele estaban poñendo «A noite do morcego», unha peli de moito medo, pero Xoán nin se inmutou. Marchou para a cama triste e decepcionado. Mentres el durmía, o famoso Lobo sentou na súa mesa de traballo e comezou a trazar un plan.
manso: tranquilo.
Comprendo comprensión lectora
1 Quen chamou á porta do Lobo Feroz?
2 Que quere que lle ensine o Lobo? Rodea.
o que é o medo o que é a risa
3 Por que o Lobo lle ofrece unha infusión? Marca cun X.
Porque Xoán parecía tranquilo.
Porque Xoán parecía nervioso.
Porque era o único que tiña na casa.
Creo
1 Se ti foses o Lobo Feroz, que farías para asustar a Xoán? Escribe dúas ideas que metan medo.
Idea 1
Idea 2
3 A SENDA TENEBROSA
–Eu pensaba que un almorzo do Lobo Feroz sería algo máis... sangrante.
Quen acababa de dicir isto era Xoán Sen Medo, que estaba sentado na mesa diante dunha cunca de cereais con leite e arandos. O Lobo riu mentres cortaba un kiwi en anaquiños cun coitelo.
—Quita, quita. Antes tiña por costume papar a primeira hora da mañá algún coello, un porco pequeno ou un cabuxiño mediano. Pero agora sempre empezo o día cun almorzo saudable e equilibrado. Lácteos, fibra, froita... Cousas que dean enerxía e axuden a comezar o día con boa pouta.
Xoán preocupouse un pouco. Este era o que lle ía ensinar o que era o medo? O que estaba botando canela por riba dun iogur desnatado?
—Preparado para aprender o que é o medo? —preguntoulle o Lobo.
tenebrosa: que dá moito medo.
arrepiantes: que dán moito medo.
—Que tes en mente? —Xoán non tiña moita confianza.
—Voute levar por unha parte do Bosque dos Contos que ninguén debería visitar. Unha parte que ao meu sobriño lle está estritamente prohibida. Imos visitar... O Monte Aterrador.
Dixo isto último cunha voz de meter medo, estirando moito as letras. Así:
—MOOOOOONTE ATERRADOOOOOOR!
Pero a Xoán non lle impactou nada este alongamento vocálico.
—Veña, arranquemos! —Xoán estaba impaciente por comezar.
—Moi ben, pero quero advertirte. O camiño será longo e complicado. Imos pasar por lugares arrepiantes. Imos atopar cousas horribles que desexarías non ter atopado. Imos experimentar cousas que...
—Veña, apura! Vamos, vamos!
Estaba desexando ver iso co seus propios ollos.
Se chegas ao final do Bosque dos Contos, pasando a urbanización de castelos das princesas, despois do deserto das Mil e Unha Noites e logo de atravesar as montañas da Raíña das Neves, atoparás o comezo dunha senda que cruza un bosque escuro e misterioso. Os bufos ouvean. O vento sopra. E as pantasmas aparecen para asustar os viaxantes.
APARECEN TRES PANTASMAS!
Como se chaman? Que lles pasou?
NOME:
CAUSA DA MORTE:
NOME: CAUSA DA MORTE:
NOME: CAUSA DA MORTE:
—UUUUUUUUUUH! Somos as pantasmas da Senda Tenebrosa.
—E que pasa? —quixo saber Xoán.
—UUUUUUUUUUH! Non che damos medo?
—Por que iades darme medo? —preguntou Xoán.
—Eeeeh... Porque somos pantasmas? —dixo unha delas—. Mira o teu amigo Lobo.
O Lobo Feroz estaba subido enriba dunha árbore.
As pantasmas non lle facían moita graza.
—Xa, pero que facedes que poida asustar a alguén?
Sodes como persoas, pero transparentes, non? Flotades, brillades e pouco máis. Que medo vou pasar con vós?
As pantasmas quedaron cortadísimas polo seu fracaso e marcharon.
—Como veñen os novos rapaces! A este paso imos ter que cambiar de negocio! —comentou unha antes de marchar.
O Lobo estaba francamente impresionado.
—E isto é o que me tiña que dar tanto medo? —Xoán estaba un chisco decepcionado.
—Xoán, amigo. A nosa viaxe acaba de empezar...
Comprendo comprensión lectora
1 Escribe o que almorza o Lobo Feroz.
Antes
2 Onde está a Senda Tenebrosa? Marca cun X.
Ao comezo do Bosque dos Contos.
Ao final do Bosque dos Contos.
3 Que personaxes apareceron na Senda Tenebrosa?
Agora
4 Estes personaxes asustan a Xoán Sen Medo? Rodea.
• E ao Lobo Feroz?
QUEN DIXO MEDO? 4
Cando cruzas a Senda Tenebrosa e pasas o pan tano pestilente chegas ao cemiterio arrepiante.
O Lobo, tremendo, sinalou unhas mans que saían de dentro da terra.
—Mira ben, Xoán! Son zombis! Mortos viventes saíndo das súas tumbas!
Xoán Sen Medo nin xirou a vista para mirar para eles, encolleu os ombros e suspirou.
pestilente: que cheira moi mal.
—Xa teño visto zombis, Lobo. Camiñan amodo cos brazos estirados e facendo ruídos coma os que fai a miña avoa cando intenta erguerse do sofá.
—Pero comen cerebro! Son aterradores!
—Para que nos coman os miolos terían que atraparnos. Ao ritmo que van débense alimentar de cerebros de caracois. Seica por iso babexan tanto! Ti pensabas que isto ía darme medo?
—Aínda non chegamos ao noso destino, Xoán. Ao final do camiño coñecerás o que é o medo, garántocho.
Seguiron avanzando pero Xoán continuaba coma se tal cousa. Non sentiu nada cando visitaron o castelo do Conde Drácula.
—Como me vai dar medo un tipo que morre se abres a fiestra do seu cuarto en pleno día, ou se botas allo nas lentellas?
Tampouco se amedrentou cando foron tomar o té co Doutor Frankenstein e o seu axudante Igor. O Lobo pensou que Xoán ía empezar a berrar cando apareceu o monstro cunha bandexa de pastas, pero nin pestanexou.
Logo pararon a comer o chocolate das paredes dunha casa feita de larpeiradas. Unha bruxa abriu a porta para darlles un susto e Xoán reaccionou tirándolle á cabeza unha barra de turrón do duro.
Pero nin o científico tolo, nin o vampiro, nin a casa da bruxa eran o final do camiño.
—Por fin chegamos —dixo o Lobo.
Era un edificio ben bonito. Tiña fiestras enormes con carteis de cores pegados por todos os lados.
Estaba moi ben iluminado e familias con rapaces e rapazas saían do seu interior cun sorriso na cara.
—Prepárate para coñecer o que é o medo!
Comprendo comprensión lectora
1 Por que Xoán non tiña medo dos zombis? Marca cun X.
Porque os zombis camiñan moi rápido.
Porque os zombis camiñan moi amodo.
2 Que hai que facer para acabar co Conde Drácula? Debuxa.
3 A quen máis visitaron?
Creo
1 Que outras criaturas se che ocorre que poderían intentar asustar a Xoán?
A BIBLIOTECA 5
Abiblioteca municipal do Bosque dos Contos está construída ao final da Zona Aterradora, pero é preciosa. Paga a pena a visita aínda que queda bastante lonxe. Ten moitísimos libros de calquera tema que che pase pola cabeza. As familias da contorna veñen de visita para ler e para participar nas numerosas actividades que se organizan.
—Esta tarde contacontos de «Carapuchiña Vermella». Uuuuh. Aquí saio eu! —o Lobo estaba lendo o cartel.
—Estasme tomando o pelo, Lobo? —Xoán semellaba decepcionado—. Como vou aprender o que é o medo neste sitio tan bonito?
—Xa verás, Xoán. Ímoslle preguntar ao bibliotecario.
Un señor calvo e baixiño, con bigote e lentes, estaba sentado detrás do mostrador clasificando libros nun ordenador. O Lobo faloulle ben baixiño. Xoán case non podía nin entender o que lle estaba preguntando.
—Perdoe, estamos buscando un libro para aprender o que é o medo...
O bibliotecario non moveu a cabeza da pantalla e respondeu:
andeis: estantes.
—Emocións e sentimentos, corredor catro, andeis do doce ao dezaseis.
Chegaron á zona indicada e o Lobo colleu un libro do andel que parecía interesante.
—Anda! «O Pitiño Pepiño descobre as emocións»! —exclamou o Lobo.
Buscou no índice e abriu na páxina buscada.
QUE É O MEDO?
O medo é a angustia que se sente ante un perigo real ou imaxinado.
Cousas que lle dan medo ao Pitiño Pepiño:
• os cans •
Canta con nós!
—Dáme un biquiño.
Non teñas medo, pitiño.
Tes que ter valor!
—Pepiño, meu amooor —cantou o Lobo. Xoán estaba enfadadísimo. Colleu o libro e tirouno ao chan.
—Para isto fixemos tanta viaxe, para que me ensines un libro parvo para rapaces pequenos? Cres que así vou aprender o que é o medo, con esta trapallada?
—Sssh, fala máis baixo —bisbou o Lobo.
—NON ME DÁ A GANA DE FALAR BAIXO!
Detrás de Xoán, apareceu o bibliotecario. Só que agora medía como catro metros. Os seus ollos eran de cor amarela. Tiña cornos, ás xigantes e botaba lume pola boca.
O que máis destacaba na súa boca aberta eran uns cairos xigantes.
—QUEN ESTÁ FALANDO NA MIÑA BIBLIOTECA???!!! —berrou.
O Lobo sorriu. Pero non puido comprobar a reacción de Xoán. Porque Xoán fuxira.
Atravesou coma unha frecha a Zona Aterradora, o cemiterio, o pantano, a senda, o Bosque dos Contos enteiro. Entrou correndo na súa casa e meteuse debaixo das mantas da cama. Non saíu de aí en toda a semana.
O bibliotecario transformouse de novo nun señor normal e preguntoulle ao Lobo.
—Quen era ese que correu tanto?
—Un amigo meu. Xoán. Xoán Con Medo.
Comprendo comprensión lectora
1 Onde está a biblioteca do Bosque dos Contos? Marca cun X.
2 Como é o bibliotecario?
3 Como se chama o protagonista do conto que colle o Lobo?
4 Quen asustou a Xoán Sen Medo? Rodea. vampiro pantasma bibliotecario zombi
5 Como lle chama agora o Lobo a Xoán?
© GRUPO ANAYA, S.A., 2024 - C/ Valentín Beato, 21 - 28037 Madrid.
Reservados todos los derechos. El contenido de esta obra está protegido por la Ley, que establece penas de prisión y/o multas, además de las correspondientes indemnizaciones por daños y perjuicios, para quienes reprodujeren, plagiaren, distribuyeren o comunicaren públicamente, en todo o en parte, una obra literaria, artística o científica, o su transformación, interpretación o ejecución artística fijada en cualquier tipo de soporte o comunicada a través de cualquier medio, sin la preceptiva autorización.