1 minute read

5.Os pronomes

Next Article
Os determinantes

Os determinantes

Que vas atopar nesta unidade?

1 Comunicación

Nesta unidade lerás un fragmento da novela Corredora, inspirada na atleta etíope Tiki Gelana. Unha historia de superación, común a moitas nenas e mulleres dese país. Tamén coñecerás vocabulario do deporte e aprenderás sobre os topónimos e os xentilicios. A continuación, estudaremos os textos e as súas clases. Tamén che propoñemos que escoites e que fales, porque a competencia oral é prioritaria para o dominio dunha lingua.

2 Estudo da lingua

Fonemas, monemas, palabras, oracións... conforman o tecido da lingua, as ferramentas que nos permiten comunicarnos. Sabes cantos fonemas temos en galego? Repasaremos as regras de acentuación e coñeceremos cal era a situación da lingua galega na Idade Media: monolingüismo e esplendor literario sintetizan este período.

3 Literatura

Martín Codax, Pero Meogo, don Denís... son algúns dos autores das máis fermosas cantigas medievais, que demostran a calidade e a importancia da nosa lingua na Idade Media. Animádesvos a imitar a estes autores creando os vosos propios textos?

This article is from: