DEMO
INCLÚE
C
EN
S
LI
PROXECTO DIXITAL ZA 12 MES
E
1
BACHAR ELATO
HISTORIA DO MUNDO CONTEMPORÁNEO Joaquín Prats Enrique Moradiellos, Carlos Gil Andrés María Pilar Rivero
a
ic ón
r pe
O u
o d n
m
Índice Os saberes básicos do curso DESAFÍOS QUE DEIXAN PEGADA
De súbditos a cidadáns.......................................................................... 12 Si señor, somos a revolución.............................................................. 14 A aparición das máquinas................................................................... 16 O desastre total. . ......................................................................................... 18 Un mundo en transformación.......................................................... 20 Que é a historia contemporánea?.....................................................22
1 A Europa do Antigo Réxime
..................... 24
1. A economía 2. A sociedade estamental e os primeiros cambios 3. O sistema de goberno 4. Os conflitos bélicos na Europa do século xviii 5. Os novos mundos coloniais 6. O pensamento preliberal Traballa os contidos Obradoiro de historia. Comentario de texto Traballa con documentos
2 A crise do Antigo Réxime
. . ..........................
.......................................
e consolidación dos Estados
44
112
.................... 134
1. Os inicios da independencia das colonias españolas 2. O vicerreinado de Nova España: México 3. O vicerreinado de Nova Granada 4. O vicerreinado do Perú 5. As repúblicas de Río de la Plata e Chile 6. Brasil 7. Estados Unidos 8. Canadá Traballa os contidos Obradoiro de historia. Comentario dunha táboa e dun gráfico estatístico Traballa con documentos
7A Segunda Revolución
Industrial e o imperialismo
3 A Primeira Revolución ......................................................................................... 66
1. As orixes da industrialización 2. As revolucións agraria e demográfica 3. A produción industrial 4. A expansión da Revolución Industrial Traballa os contidos Obradoiro de historia. Mapa conceptual Traballa con documentos
...................
160
1. A Segunda Revolución Industrial 2. O novo imperialismo do século xix 3. A repartición de África 4. O imperialismo en Asia 5. As consecuencias do imperialismo Traballa os contidos Obradoiro de historia. Elaboración dun mapa histórico Traballa con documentos
8 A Primeira Guerra Mundial
4 O s Estados europeos:
liberalismo e nacionalismo
europea do século XIX
1. O desenvolvemento das cidades 2. A vida das xentes: a burguesía e a clase obreira 3. O movemento obreiro: orixe e desenvolvemento 4. As ideoloxías obreiras: marxismo e anarquismo 5. As internacionais obreiras Traballa os contidos Obradoiro de historia. Comentario dunha obra de arte Traballa con documentos
6 A mérica: independencia
1. A Revolución Americana: o nacemento de Estados Unidos 2. A Revolución Francesa 3. O imperio napoleónico Traballa os contidos Obradoiro de historia. Liña do tempo Traballa con documentos
Industrial
5 O s cambios na sociedade
.. ........................ 88
1. As vagas revolucionarias 2. O nacionalismo 3. Os conflitos europeos pola hexemonía Traballa os contidos Obradoiro de historia. Comentario dun mapa histórico Traballa con documentos
(1914-1918)
................................................................................ 182
1. Antecedentes da guerra 2. As causas da guerra 3. O conflito bélico: os contendentes 4. O desenvolvemento da guerra 5. As consecuencias da guerra Traballa os contidos Obradoiro de historia. Comentario dun debuxo satírico Traballa con documentos
13 A Guerra Fría: Un mundo bipolar
9 A Revolución Rusa
e a Unión Soviética
. . ......
................................................. 206
1. A Rusia tsarista en vésperas da Gran Guerra 2. A Revolución Rusa de 1917 3. A creación do réxime soviético en tempos de Lenin 4. O triunfo do stalinismo Traballa os contidos Obradoiro de historia. Comentario dun cartel de propaganda Traballa con documentos
10 A economía de entreguerras e a Gran Depresión
14 A sia e África: da descolonización
1. O reaxuste da posguerra 2. A expansión económica dos anos vinte 3. A sociedade dos anos vinte 4. A crise do 29 e a Gran Depresión 5. A busca de solucións 6. Causas e consecuencias Traballa os contidos Obradoiro de historia. Comentario dun obxecto Traballa con documentos
ás novas potencias
................................................... 324
1. A descolonización e o terceiro mundo 2. O Sur e o Sueste Asiático 3. O Extremo Oriente: China e Xapón 4. O espertar de África 5. O mundo islámico Traballa os contidos Obradoiro de historia. busca de documentos históricos en Internet Traballa con documentos
15 A mérica Latina: séculos XX e XXI
11 A época de Entreguerras:
. . .....
.......
250
1. O efémero triunfo da democracia 2. O fascismo en Italia 3. O nazismo en Alemaña Traballa os contidos Obradoiro de historia. Comentario dunha fotografía Traballa con documentos
12 A Segunda Guerra Mundial (1939-1945)
1. Características e etapas da Guerra Fría 2. Estalido e consolidación da Guerra Fría (1945-1962) 3. Estados Unidos e a Unión Soviética ante a Guerra Fría 4. Distensión e coexistencia pacífica (1962-1979) 5. Agravamento e caída da URSS (1979-1991) 6. As diferenzas entre os dous bloques Traballa os contidos Obradoiro de historia. Comentario dunha obra cinematográfica Traballa con documentos
.. ........................................... 228
Democracias e totalitarismos
296
.......................................................................... 272
1. As causas e os bandos belixerantes 2. A primeira fase da guerra (1939-1942) 3. A lenta vitoria aliada 4. As consecuencias da contenda Traballa os contidos Obradoiro de historia. Comentario dun mapa ou esbozo dunha batalla Traballa con documentos
348
1. 2. 3. 4.
Unha sociedade desigual A realidade económica Unha atormentada evolución política Século xxi: consolidación democrática e avance económico 5. Tres camiños diferentes: México, Arxentina e Cuba Traballa os contidos Obradoiro de historia. Exposición dun tema histórico Traballa con documentos
16 Da Ce e á Unión Europea
........................... 370
1. As orixes da Unión Europea 2. A Comunidade Económica Europea 3. A Unión Europea 4. Europa no século xxi Traballa os contidos Obradoiro de historia. Redacción dun tema histórico Traballa con documentos
17 O mundo actual
............................................................ 392
1. Evolución dos grandes países asiáticos 2. Os grandes cambios na Europa comunista 3. Estados Unidos no novo escenario internacional 4. Guerras civís e conflitos entre Estados en África 5. A globalización Traballa os contidos Obradoiro de historia. Traballo de investigación histórica Traballa con documentos
1
O carro, de Louis Le Nain.
A Europa do Antigo Réxime QUE É O ANTIGO RÉXIME
QUE VAS ATOPAR NESTA UNIDADE
O sistema social, político e económico da maior parte de Europa entre os séculos xvi e xviii coñécese co nome de Antigo Réxime. Esta denominación contraponse ao concepto de «novo réxime» xurdido a raíz das revolucións liberais e o éxito do sistema capitalista, triunfante en Europa durante o século xix.
1. A economía 2. A sociedade estamental e os primeiros cambios 3. O sistema de goberno 4. Os conflitos bélicos na Europa do século xviii 5. Os novos mundos coloniais 6. O pensamento preliberal • Traballa os contidos • Obradoiro de historia: comentario de texto • Traballa con documentos
O Antigo Réxime caracterízase por un sistema económico predominantemente agrario, no que unha parte importante da posesión da terra era de tipo feudal. A produción manufectureira estaba en mans de gremios medievais e a sociedade dividíase en estamentos: nobreza, clero e pobo baixo. A forma de goberno da maioría dos Estados era a monarquía absoluta. No século xviii, este sistema comezou a ter cambios, preludio dos que se produciron a fins de século.
Los contenidos y las actividades de esta unidad pueden resultar de utilidad para la realización del proyecto multidisciplinar «De súbditos a ciudadanos» que se plantea en el anexo. TRADUCIR 24
POLÍTICA
CULTURA E SOCIEDADE
A Compañía de Indias crea a factoría comercial de Barbados Francia funda a cidade de Quebec
1601 1605 1608 1609 1611
Comeza a guerra dos Trinta Anos O cardeal Richelieu, primeiro ministro de Francia Gran Bretaña conquista Madrás
1618
Guerras civís inglesas Holanda conquista Curaçao Carlos I de Inglaterra, decapitado Proclamación da República
1624-1642 1642-1649
Galileo defende a teoría heliocéntrica de Copérnico
1649
O Parlamento inglés restablece a monarquía
1660
Guillerme de Orleans, rei de Inglaterra, xura a Declaración de Dereitos, que limita os seus poderes
1666
As meninas, de Velázquez
Grande incendio en Londres
1689 1693
Gran fame en Francia
1696
Gran Bretaña conquista Calcuta 1700-1714
1701
Tratado de Utrecht
1713 1714
Creación do vicerreinado de Nova Granada Francia funda a cidade de Nova Orleans
1717 1718 1730
Guerra de Sucesión polaca
1733-1738
1733
Guerra do Asento entre España e Gran Bretaña no Caribe Guerra de Sucesión austríaca Sitio de Cartagena de Indias
1739-1748 1740-1748
1738 1739 1740 1741
Paz de Aquisgrán
1748 1751 1752
Guerra dos Sete Anos (Francia-Gran Bretaña)
Kepler enuncia as súas dúas primeiras leis sobre o movemento planetario
1624 1639 1642 1643
1656
Guerra de Sucesión española
Shakespeare, Hamlet Cervantes, O Quixote (primeira parte)
1756-1763
Montesquieu, O espírito das leis D'Alambert e Diderot, Enciclopedia (1751-1772) Franklin inventa o pararraios
1756
Catalina II, tsarina de Rusia
1762 1763
Motín de Esquilache, en España Expulsión dos xesuítas, en España
1766 1767 1768
Rebelión de Túpac Amaru II en Perú 1780-1781 Xosé II de Austria: abolición da servidume e igualdade civil
Tull inventa a segadora mecánica
Rousseau, O contrato social Voltaire, Tratado sobre a tolerancia
1768-1779 Cook explora Australia e Oceanía
1770
Euler, Introdución completa á álxebra
1776
Adam Smith, A riqueza das nacións Bougainville explora o sur 1776-1779 do océano Pacífico
1779 1780 Watt perfecciona a máquina de vapor 1781 Kant, Crítica da razón pura
25
1
A economía O sistema económico do Antigo Réxime estaba baseado nunha economía de subsistencia. O 80 % da poboación era campesiña e traballaba as terras da nobreza e da Igrexa, á que tiñan que dar gran parte da produción. Nalgunhas zonas, sobre todo costeiras, as economías ligadas ao comercio tiveron un auxe crecente; ao principio controlaban as rutas co Oriente Próximo e co comercio dos mares do norte. Despois produciuse unha explosión do comercio coas colonias transoceánicas. No século xviii, o auxe do comercio e a introdución de novas formas agrícolas supuxeron un cambio que provocou, entre outras cousas, un grande aumento da poboación.
A miserable vida do campesiñado
1.1. A agricultura No século xviii, a agricultura e a gandería eran a principal fonte de riqueza. A poboación europea sufriu unha situación de pobreza xeneralizada debido á baixa produtividade das explotacións agrarias, dedicadas na súa maioría a un cultivo para o autoconsumo que buscaba a supervivencia da unidade familiar. Ao escaso desenvolvemento tecnolóxico e á dependencia das colleitas dos fenómenos naturais (secas, xeadas e inundacións), uníanse os impostos e a opresión do réxime señorial que determinaba o acceso á terra e a vida cotiá do mundo rural. Na maioría de Europa, case dúas terceiras partes da terra pertencían á nobreza e á Igrexa. O sistema de propiedade baseábase no señorío, institución medieval que sobrevivira como forma de explotación económica e dominio social. Podía ser territorial, cando o señor, laico ou eclesiástico, recibía unha renda do campesiñado a cambio da cesión da terra de cultivo; ou xurisdicional, cando o señor tiña capacidade para exercer o goberno e ditar xustiza en nome do rei. Polo común, os señores gozaban tamén de privilexios: tributos especiais, prestacións persoais (servizo doméstico, traballos na súa residencia, etc.) e o monopolio de servizos básicos para a comunidade rural (muíños, fornos, accesos, reservas de caza e leña). No século xviii, a poboación medrou, provocando unha maior demanda de produtos agrícolas e, polo tanto, un incremento nas ganancias. Isto favoreceu a Igrexa e a nobreza, porque case toda a terra era da súa propiedade. Estes beneficios apenas serviron para introducir novas técnicas; non obstante, en países, como en Inglaterra, onde a burguesía comercial adquirira terras, xa comenzaban a empregarse. A maior demanda de produtos foi aproveitada nalgunhas zonas por pequenos propietarios, que introduciron melloras nos campos. Xurdiron así unha agricultura máis dedicada ao comercio e á exportación e, tamén, unha nova clase de campesiños adiñeirados. 26
Visita de Federico II o Grande (1712-1786), rei de Prusia, aos campesiños que traballan as súas terras. Gravado de 1887, obra de Herve & Kirmse.
Na Europa central e oriental aínda seguía vixente a servidume. O campesiñado permanecía atado a terras que non podían abandonar sen permiso do señor. Realizaba traballos forzados que lle encargaban en función da tradición ou os caprichos dos nobres. Na Europa occidental e nas rexións mediterráneas non había servidume. O campesiñado era libre xuridicamente. Pero a maioría das familias vivía preto do albor da pobreza, un temor que se facía presente nas casas dos humildes cando aumentaba a presión fiscal (impostos reais, os censos e pagamentos aos señores e os décimos, que eran pagamentos que cobraba a Igrexa). A morte e as epidemias eran masivas cando se sucedían varias malas colleitas seguidas, que provocaban as chamadas periódicas crises de subsistencia. Nesas ocasións, á escaseza sucedíana, primeiro, o encarecemento dos alimentos e, despois, a fame, a desnutrición e as enfermidades. A continuación, un aumento da mortalidade, co conseguinte estancamento do crecemento da poboación. Moitas destas crises daban lugar a rebelións da poboación, que rapidamente eran sufocadas polas armas e seguidas de duros castigos.
U 1
1.2. O comercio
1.3. Da produción artesá á manufactureira
O comercio interior
A produción manufectureira seguía estando en mans artesás, organizadas en gremios desde a época medieval.
O comercio interior estaba pouco desenvolvido a causa das malas comunicacións terrestres e da pouca capacidade adquisitiva da maioría da poboación, que eran campesiños pobres. Durante o século xviii melloraron os camiños e algunhas vías fluviais, que permitiron unha activación do comercio de curta e media distancia.
O comercio exterior Non obstante, o comercio colonial e internacional creceu de xeito espectacular. • Nas colonias, sobre todo nas españolas e portuguesas, proliferaron plantacións que utilizaban, na súa gran maioría, man de obra escrava que traían do continente africano. A produción destas plantacións vendíase en Europa. Os principais produtos eran madeiras, algodón, cacao, té, especias, etc. • Os países europeos exportaban ás colonias manufacturas (tecidos, ferramentas, útiles diversos) ou produtos elaborados, sobre todo viños e augardentes. Este comercio favoreceu a creación de compañías comerciais e o enriquecemento de moitos comerciantes e dos donos das plantacións.
Estas organizacións tiñan un sistema de traballo que non permitía grandes producións, xa que a maioría eran pequenos talleres con poucas persoas que, case sen máquinas, elaboraban os produtos da súa especialidade nos seus obradoiros: xastrarías, carpintarías, ferrarías, cristalerías, curtido de peles, etc. Durante o século xviii, esta situación comezou a transformarse debido a que un sector da burguesía comercial empezou a investir as súas ganancias na produción de manufacturas, nalgúns casos construíndo talleres de grandes dimensións. Estas manufacturas, que empregaban man de obra asalariada, podían poñer no mercado produtos moito máis baratos, provocando así a ruína dalgúns sectores artesanais. Loxicamente, os gremios opuxéronse con toda enerxía a estes sistemas novos de produción, pero a nova burguesía manufectureira obtivo o apoio dos monarcas, pois sufragaba cos seus impostos os elevados gastos dos Estados.
Durante o Antigo Réxime, a produción artesá era, xunto co comercio, a principal actividade económica nas cidades. O conxunto de mestres, oficiais e aprendices dun mesmo oficio formaban un gremio, organización que regulamentaba todos os aspectos laborais e profesionais do seu sector. Durante o século xviii, os gremios foron perdendo poder e a economía abriuse á iniciativa de empresarios libres, que non se sometían ás ordenanzas gremiais. Na imaxe, interior dun taller de fabricación de velas. Gravado coloreado da Encyclopédie. 27
2
A sociedade estamental e os primeiros cambios A sociedade do Antigo Réxime era profundamente desigual. Había tres estamentos: a nobreza, o clero e o pobo. A desigualdade viña pola orixe, que marcaba as persoas desde o seu nacemento e fixaba o seu destino, con moi poucas probabilidades de cambio e mobilidade social. A nobreza e o clero eran os grupos privilexiados, mentres que as clases populares vivían en extrema pobreza. Unha nacente burguesía comezou a ter poder económico e influencia nas sociedades europeas máis dinámicas.
2.1. A nobreza e o clero Os que, grazas á herdanza ou á concesión real, pertencían ás dúas ordes ou estados privilexiados, a nobreza e o clero, gozaban da exención de impostos e dun status xurídico propio. Ademais das rendas procedentes das súas posesións señoriais, estes sectores privilexiados monopolizaban os altos cargos da Administración, da Igrexa e do Exército.
A nobreza Dentro da nobreza había notables diferenzas: por un lado, a alta aristocracia e os grandes títulos (duques, marqueses e condes) acumulaban un elevado poder político, as numerosas honras e prerrogativas e un inmenso patrimonio económico; por outro, a baixa nobreza rural e os pequenos fidalgos, que moitas veces pasaban apuros para manter a súa condición social privilexiada.
O clero O nivel de riqueza marcaba tamén unha liña divisoria moi clara no seo da Igrexa: o alto clero (cardeais, arcebispos, bispos e abades e abadesas), de extracción exclusivamente nobiliaria, controlaba os beneficios do rico patrimonio eclesiástico e gozaba dunha grande influencia social e política; o baixo clero, composto polos curas rurais e a maioría do clero regular (frades e monxas), procedía da pequena nobreza e algúns do estado baixo e vivía dun xeito moito máis modesto.
A estratificación social no Antigo Réxime Na sociedade do Antigo Réxime, os grupos privilexiados, como a nobreza e o clero, representaban entre un 2 % e un 5 % da poboación, pero o poder, a terra e a riqueza estaban nas súas mans, e mantiñan nun estado de opresión o resto do pobo.
A sociedade do Antigo Réxime en Francia
1,5%
PRIVILEXIADOS 2% da poboación
Nobreza 1,5% da poboación
0,5%
NON PRIVILEXIADOS 98 % da poboación
- Propietarios das terras - Exentos do pagamento de impostos Burguesía - Ostentan cargos públicos Propietarios - Leis e dereitos de negocios especiais - Grupo heteroxéneo e de terras
Clero 0,5% da poboación
Artesáns Organizados en gremios
Labregos A gran maioría
Grupos marxinais Mendigos Escravos Outros…
Á esquerda, campesiño pisado polo clero e a nobreza. Caricatura do século xviii (Museo Histórico Alemán, Berlín). Á dereita, pirámide da sociedade estamental en Francia.
28
- Riqueza patrimonial - Poder ideolóxico e prestixio social - Grupo heteroxéneo
U 1
2.2. As clases populares O grupo privilexiado formaba unha minoría moi pequena, entre un 2 % e un 5 % da poboación total. O resto, a gran maioría, constituía o que en España se denominaba «estado xeral» e en Francia englobábase co termo «terceiro estado». Un conxunto heteroxéneo que tiña en común a ausencia de privilexios xurídicos, económicos e sociais.
O mundo rural No mundo rural distinguíanse dous grupos: a gran masa de campesiñado sen terra, propietarios e arrendatarios pobres, preocupados unicamente pola súa subsistencia; e un pequeno sector de labradores acomodados.
O mundo urbano Nas cidades, o lugar máis baixo estaba ocupado por un número considerable de poboación marxinada, que se dedicaba á mendicidade. As clases populares urbanas estaban compostas polos artesáns dos gremios (oficiais e aprendices), os criados e demais traballadores manuais. Por enriba situábase a burguesía, un grupo que incluía pequenos comerciantes e propietarios de talleres e almacéns, funcionarios e profesionais liberais, e grandes homes de negocios, enriquecidos polas manufacturas e o comercio colonial. Compartían cos demais grupos do terceiro estado o interese por acabar cos privilexios do alto clero e da nobreza.
2.3. O ascenso da burguesía Durante o século xviii, as cidades creceron de xeito significativo. Os burgueses, moi activos e dominantes xa nas cidades holandesas e italianas, fixéronse hexemónicos en gran parte das grandes cidades europeas. A súa riqueza fíxoos tratar de igual a igual á nobreza. O poder víñalles da riqueza producida nas súas empresas, xeralmente comerciais. Algúns proviñan do campo, arrendatarios ou propietarios enriquecidos cos cultivos de exportación. Xunto a eles empezaron a consolidarse atrevidos manufactureiros, o antecedente inmediato dos empresarios industriais. Como aliados imprescindibles xurdiron novas xeracións de banqueiros, xa desligados da dependencia dos gobernantes e dispostos a facer negocios cos burgueses máis emprendedores. A todos estes grupos burgueses, cada vez máis numerosos e poderosos, hai que engadirlles un círculo de profesionais vinculados á xestión política, letrados, profesores, médicos e homes de ciencia, que eran aceptados polos círculos burgueses, e a aristocracia de talante máis aberto.
A arte nos séculos xvii e xviii: do Barroco ao rococó O Barroco xurdiu a cabalo entre os séculos xvi e xvii en Italia e manifestouse en todas as formas de expresión artística: literatura, pintura, artes plásticas, música... Caracterízase polo dinamismo da composición (en diagonal, en espiral...), os contrastes de cores, a decoración recargada e, nalgúns casos, a incorporación de ilusións ópticas, que dotan a obra de maior profundidade. Pero, en realidade, non hai unha unidade absoluta no estilo, pois depende en boa medida do momento e do contexto de cada país e de cada artista. Así, son pintores respresentativos do Barroco, entre outros, Rembrandt, Rigaud, Rubens e Velázquez.
Retrato de Luís XIV, de Hyacinthe Rigaut (Museo do Louvre, París)
O rococó xurdiu en Francia no século xvii. Representa o gusto das clases acomodadas do momento, recargado en decoración aínda máis que o Barroco e centrado en temas que reflicten a vida luxosa e ociosa destes grupos privilexiados, polo que foi acusado de frívolo. Entre outros, destacan os pintores Fragonard e Lancret.
Detalle de O bambán, de Jean-Honoré Fragonard, (Colección Wallace, Londres).
29
3
O sistema de goberno Nos Estados de orixe medieval tendeuse ao fortalecemento da monarquía e á perda de poder da nobreza. O rei asumiu o poder político. En Gran Bretaña, Holanda e noutros lugares xurdiron outras formas políticas que foron o xerme do parlamentarismo moderno.
Un caso excepcional era a república das Provincias Unidas, en Holanda. Para os críticos do absolutismo, o modelo a seguir era a monarquía parlamentaria inglesa, onde, despois da revolución e as guerras civís do século xvii, o poder do rei quedou limitado polo Parlamento.
3.1. As monarquías absolutas
3.2. O absolutismo ilustrado
A monarquía concentrou máis poder. O seu fortalecemento debíase á súa capacidade para impoñer impostos á poboación, obter homes e recursos, e manter un exército profesional permanente. Para iso necesitaban crear unha Administración extensa e eficaz, unha burocracia que controlase todo o reino. O resultado de acumulación de poder foi a monarquía absoluta, a organización política máis común na Europa dos séculos xvii e xviii. A soberanía real implicaba a facultade dos reis para decretar leis, administrar xustiza e gobernar os seus súbditos sen máis límites que a súa vontade, unha facultade de orixe divina. Pero ese absolutismo estaba limitado polo poder da Igrexa e a nobreza, que non contribuían ás cargas do Estado, e o peso dos poderes locais e das oligarquías urbanas. A autoridade real era absoluta, pero a súa capacidade para impoñela estaba limitada.
No século xviii, algúns monarcas absolutos introduciron cambios sociais e económicos para poder manter o poder. Catarina II en Rusia, Federico II en Prusia, Xosé II de Austria, Gustavo de Suecia ou Carlos III en España, abriron as súas cortes a conselleiros e ministros reformistas que recollían parte do pensamento ilustrado. Estes reis tomaron medidas para impulsar a economía: repoboación de zonas deshabitadas, construción de portos, canles de transporte e de rego, etc. O programa reformista perseguía, tamén, a modernización da Administración, o impulso da ciencia e a educación, e a liberalización do comercio e da industria. Estas medidas non supuxeron un cambio na estrutura política dos Estados. O lema «Todo para o pobo, pero sen o pobo» orientaba a acción política destes monarcas, chamados «déspotas ilustrados».
O absolutismo ou despotismo ilustrado Luís XV pronunciou este discurso ante o Parlamento de París, o 3 de marzo de 1766, en defensa do seu poder absoluto: «É só na miña persoa onde reside o poder soberano, cuxo carácter propio é o espírito de consello, de xustiza e de razón; é a min a quen deben os meus cortesáns a súa existencia e a súa autoridade; a plenitude da súa autoridade, que eles non exercen máis que no meu nome, reside sempre en min e non pode volverse nunca contra min; só a min pertence o poder lexislativo sen dependencia e sen división; é pola miña autoridade que os oficiais da miña Corte proceden non á formación, senón ao rexistro, á publicación e á execución da lei; a orde pública emana de min e os dereitos e os intereses da nación, dos que adoita facer un corpo separado do monarca, están unidos necesariamente ao meu e non descansan máis que nas miñas mans.» O chamado «absolutismo Ilustrado» ou «despotismo ilustrado» foi unha forma de Goberno común en moitas monarquías europeas. Dous países rivais, Austria e Prusia, tiveron dous monarcas que foron un exemplo deste tipo de goberno: Xosé II de Austria e Federico II de Prusia.
30
Xosé II de Austria (1741-1790), aínda que accedeu ao trono en 1780, xa desde 1765, baixo o reinado da súa nai, María Tareixa de Austria, se ocupou de todos os asuntos de goberno. Fixo seu o ideal racionalista de felicidade para os súbditos, separación da Igrexa do Estado e fomento da tolerancia ante as diversas crenzas. Decretou a liberdade de culto e apoiou a libre circulación de ideas. Centralizou o Goberno, unificando as leis do amplo imperio que rexía. Aboliu a servidume no campo e prohibiu a tortura, que era legal e aceptada nos interrogatorios. Federico II de Prusia (1712-1786) herdou o novo estado escindido en 1701 do imperio austríaco. Prusia, xerme da actual Alemaña, converteuse baixo o seu reinado na primeira potencia centroeuropea, incorporando Silesia e parte da actual Polonia. Durante o seu goberno potenciouse a economía cunha espectacular extensión dos cultivos e a modernización das técnicas agrícolas. Impulsou as reformas universitarias e financiou a investigación. Foi un avanzado en educación coa creación de escolas primarias. Modernizou o exército, o que lle valeu éxitos militares nas súas guerras contra Austria.
U 1
Revolucións e parlamentarismo en Inglaterra A monarquía inglesa non pode ser considerada unha monarquía absoluta. O rei tiña o poder executivo, que exercía xunto co seu Goberno, ao que nomeaba pero que estaba sometido ao control do Parlamento. Este último tiña o poder lexislativo e estaba composto por dúas cámaras: a dos Lords (alta nobreza) era nomeada polo rei; e a dos Comúns (con 513 deputados), elixida por burgueses e propietarios acomodados.
O sistema político inglés Poder executivo
O rei
O intento da dinastía Estuardo de instaurar unha monarquía de corte máis absolutista, sen someterse ao control do Parlamento, levou a unha serie de guerras civís ou revolucións. A primeira saldouse coa decapitación do rei Carlos I (1649) e a proclamación dunha república que Cromwel foi transformando en ditadura. Por iso, á súa morte, en 1660, o Parlamento devolveulle o poder ao rei, pero a cambio do respecto ás liberdades e ao control do Parlamento. A segunda revolución produciuse en 1689 e con ela o Parlamento consolidou o seu poder, limitando o do rei e outorgando para iso a coroa a Guillerme de Orange, que xurou a Declaración de Dereitos que o garantía.
Poder lexislativo O Parlamento
nomea
Cámara dos Comúns, 513 deputados de cidades e pobos
Cámara dos Lords, grandes nobres e bispos
nomea controla
O Goberno fai aplicar a lei
vota as leis e os impostos
elixen
Electores: ao redor de 200 000 propietarios e burgueses Non electores: mulleres, pequenos propietarios, artesáns, asalariados, pobres
Sistemas de goberno en Europa Monarquía absoluta Monarquía parlamentaria
REINO DE SUECIA
Monarquía electiva República Territorios de Austria Reino de Prusia Límites do Sacro Imperio Romano Xermánico 0
250
REINO DE IRLANDA
500 km
IMPERIO RUSO
REINO DE DINAMARCA E Mar NORUEGA
Mar Báltic o
do Norte
REINO DE GRAN BRETAÑA PROVINCIAS
1
UNIDAS
RE
DE INO
PRU
1 2 3 4 5 6 7 8
Electorado de Hannover Electorado de Saxonia Países Baixos (Austria) Electorado de Baviera Confederación Helvética República de Venecia República de Xénova Gran Ducado de Toscana (Austria) 9 Estados Pontificios
SIA
REINO DE POLONIA
2
3 3 4 REINO DE FRANCIA
5 6
OCÉANO AT L Á N T I C O
REINO DE PORTUGAL
7 REINO DE ESPAÑA
AUSTRIA HUNGRÍA
REINO DE SARDEÑA
M 6 ar Ad 6 8 ri át 9 ic o
I MP ER I O
Reino das
Mar Dúas Sicilias Tirreno (ESPAÑA)
Mar
M a r N e gr o
Mar Exeo
O T O MÁ N
Mar Xón ic o
Mediterráneo
Antes da Revolución Francesa, case toda Europa estaba gobernada por monarquías absolutas, agás Gran Bretaña, as Provincias Unidas, Confederación Helvética, Venecia e Xénova.
31
4
Os conflitos bélicos na Europa do século xviii As guerras entre as monarquías europeas foron unha constante no Antigo Réxime. Durante os séculos xvi e xvii, co pretexto das loitas entre as diversas tendencias relixiosas dentro do cristianismo, iniciáronse guerras polo control de territorios, que pasaban dun monarca a outro. No século xviii producíronse tres conflitos bélicos que azoutaron Europa: a guerra de Sucesión española, a guerra de Sucesión austríaca e a guerra dos Sete Anos. Foron un prólogo ás dúas grandes contendas internacionais que se produciron a fins do século xviii debido á independencia de Estados Unidos de América e á Revolución Francesa, coa posterior creación do imperio napoleónico.
En España, esta guerra internacional transformouse nunha guerra civil, na que a coroa de Aragón (Cataluña, Aragón, Valencia e Mallorca) se inclinou polo candidato austracista (foi nomeado rei co nome de Carlos III), mentres que a coroa de Castela apoiou o candidato francés, Felipe V.
4.1. A guerra de Sucesión española
Os campos de batalla estendéronse aos mares, a toda a Península Ibérica, a varios dos Estados da Península Itálica e a diferentes zonas do norte de Europa. Cando o arquiduque Carlos, tras a morte de Maximiliano I, foi nomeado emperador de Austria, os aliados, especialmente ingleses e holandeses, perderon interese por apoiar este candidato, que, se vencía, volvería reunir un vasto imperio europeo, como na época de Carlos I. Por outra parte, nas frontes da Península Ibérica, as tropas castelás e francesas obtiveran vitorias significativas.
A guerra de Sucesión española produciuse entre 1701 e 1714, tendo como causa a disputa entre os países que defendían o candidato Felipe de Borbón, neto de Luís XIV de Francia, e os que defendían a candidatura do arquiduque Carlos de Habsburgo, posteriormente nomeado emperador de Austria. Francia contaba co mellor exército da época, pero non conseguiu atraer á súa causa case ningún outro país (tan só Baviera e Suecia). O bando proaustríaco configurouse cun grupo moi potente de aliados: Austria, Inglaterra, Holanda e Portugal, ademais doutros pequenos Estados centroeuropeos.
En 1713 asinouse na cidade holandesa de Utrecht un tratado que poñía fin á guerra. Felipe V foi recoñecido como rei de España e as súas colonias ultramarinas, pero perdía todas as posesións europeas (Nápoles, Países Baixos, etc.), ademais de prazas como Xibraltar e a illa de Menorca. Gran Bretaña tamén se aseguraba posibilidades de comercio nas colonias americanas hispanas. Aínda que Austria seguiu combatendo un ano máis, a guerra estaba decidida, co resultado de perdas territoriais para España, debilitamento de Francia e vantaxes para holandeses e ingleses.
A guerra de Sucesión española (1701-1714) Territorios aliados de Carlos de Austria
REINO DE DINAMARCA E NORUEGA
Territorios aliados de Felipe V Territorios aliados de Felipe V e perdidos por España
REINO DE GRAN BRETAÑA
Vitorias de Felipe V
a Ramillies b Blenheim 1 2 3 4 5 6 7 0
Países Baixos (Austria) Luxemburgo (Austria) Milán (Austria) Mantova (Austria) VENECIA XÉNOVA TOSCANA
IMPERIO RUSO
Mar Báltico
Mar do Norte
REINO DE IRLANDA
Vitorias de Carlos de Austria
REINO DE SUECIA
PROVINCIAS UNIDAS
PRUSIA
REINO DE POLONIA
1 a
OCÉANO AT L Á N T I C O
IMPERIO ALEMÁN
2 LORENA
PE
RIO
BAVIERA
REINO DE FRANCIA
AU
ST
RIA
SUÍZA
SAVOIA
500 km
IM
b
3
Torino
CO
4
M a r Negro
5 REINO DE PORTUGAL
Brihuega
REINO DE ESPAÑA Xibraltar (Gran Bretaña)
Menorca (Gran Bretaña) Sardeña (Austria) Intercambiados en 1720
Ceuta (España) Melilla (España)
32
M
7
6
Villaviciosa
8
ar
Ad
ri
át
IMPERIO ic
o
ESTADOS PONTIFICIOS Sicilia (Savoia)
Mar
OTOMÁN Reino de Nápoles (Austria)
Mediterráneo
U 1
A guerra dos Sete Anos en Europa (1756-1763) 0
Aliados de Austria
250
500 km
REINO DE SUECIA
Aliados de Prusia Vitorias do bando austriaco Vitorias do bando prusiano
a Kolín (xuño 1757) b Rossbach (nov. 1757) c Leuthen (dec. 1757) d Zorndorf (ago. 1758) e Kunersdorf (ago. 1759) f Legnica (ago. 1760) g Torgau (nov. 1760) h Kolberg (dec. 1761) 1 HANNOVER 2 Pomerania sueca 3 REINO DE PRUSIA 3* Brandenburgo (Prusia) 3** Prusia oriental (Prusia) 3*** Silesia (Prusia) 4 SAXONIA 5 Países Baixos (Austria) 6 Luxemburgo (Austria) 7 BAVIERA 8 SALZBURGO 9 Moravia (Austria) 10 Estiria (Austria) 11 Carintia (Austria) 12 Carniola (Austria) 13 Eslavonia (Austria) 14 Milán (Austria) 15 Mantova (Austria) 16 VENECIA 17 Parma (España) 18 Módena (España) 19 XÉNOVA 20 TOSCANA
REINO DE DINAMARCA E NORUEGA
Mar do Norte
REINO DE IRLANDA
REINO DE GRAN BRETAÑA
Mar Báltico
PROVINCIAS UNIDAS
2
3 1
b
3
d
3*
3 5
REINO DE POLONIA
e
a Bohemia
LORENA
7
AT LÁ NT I C O
REINO DE FRANCIA
SUÍZA
14 17
Aviñón
REINO DE PORTUGAL
19
Tirol
8
15 18
Austria
10 11 12
20
Ma
ESTADOS PONTIFICIOS
Menorca (1756 Francia, 1762 Gran Bretaña)
IMPERIO AUSTRIACO
Hungría Transilvania
13
Banato
Mar Negro
rA d
riá
tic
o
IMPERIO
Mar Xónico
Mar Exeo
OTOMÁN
Reino de Sicilia
Melilla (Esp.)
Marrocos
9
Reino de Nápoles
REINO DE ESPAÑA
Xibraltar (G. Br.)
c 3***
16
REINO DE SARDEÑA
Ceuta (España)
f
g 4
6
O C ÉA NO
3**
h
3
Bloqueo naval británico 1758-1759
IMPERIO RUSO
Bloqueo naval ruso 1759
Orán (España)
4.2. A guerra de Sucesión austríaca e a guerra dos Sete Anos A guerra de Sucesión austríaca (1740-1748) e a dos Sete Anos (1756-1763) son dous conflitos bélicos que implicaron a maior parte dos países europeos. As causas destas guerras foron dúas: o dominio de Centroeuropa, que se disputaban Prusia e Austria, e a rivalidade na expansión colonial entre Francia e Gran Bretaña.
A guerra de Sucesión austríaca (1740-1748) O motivo inmediato que desencadeou a guerra foi a sucesión do trono austríaco tras a morte do emperador Carlos VI (que pretendera a coroa española en 1701). Deixara como herdeira á arquiduquesa María Tareixa, pero Prusia, Baviera e outros territorios ligados ao imperio non a recoñeceron como emperatriz pola súa condición de muller. Prusia, aliándose con España, Baviera, Saxonia e Francia, declarou a guerra a Austria. Gran Bretaña e Holanda apoiaron a Austria, co que unha nova guerra internacional regou de sangue os campos europeos. A Paz de Aquisgrán (1748) acabou co recoñecemento de María Tareixa como soberana dos territorios
Alxeria
Tunisia
Mar Mediterráneo
dos Habsburgo, aínda que foi o seu marido, Francisco de Lorena, quen recibiu o título de emperador. Prusia anexionou Silesia e España recuperou algunhas prazas da Península Itálica.
A guerra dos Sete Anos (1756-1763) Pero a paz, que durou soamente oito anos, non foi máis que unha tregua, xa que en 1756 se iniciou un novo enfrontamento entre Prusia e Austria. De novo, esta guerra entre os Estados centroeuropeos implicou outras potencias: Francia, Rusia, España, Suecia e Saxonia a favor de Austria, e Gran Bretaña a favor de Prusia. Parte da guerra decidiuse no mar, o que supuxo que Gran Bretaña arrebatase a Francia territorios da actual Canadá. Parecía que Prusia perdería a guerra, pero a retirada de Rusia e Suecia cambiou o transcurso da contenda. Como resultado, Francia perdeu parte importante do seu imperio colonial, España cedeu aos ingleses a península de Florida e Prusia reafirmou o seu dominio de Silesia, converténdose na primeira potencia centroeuropea. Gran Bretaña confirmouse como a primeira potencia colonial, dona dos mares e do comercio marítimo internacional. 33
5
Os novos mundos coloniais A visión do mundo desde a Grecia clásica aos imperios coloniais
Círculo Polar Ártico
Lisboa Azores
Hugli
La Española
Trópico de Cáncer
Ecuador
Madeira Bahamas Canarias Porto Rico Cuba Cabo Verde Illas de Xamaica Sotavento
Vicerreinado de Nova España Acapulco Veracruz Vicerreinado de Nova Granada
Cádiz
Masqat
Vicerreinado do Perú Potosí
Mombasa
Baía
Ascensión Angola
Brasil
Santa Helena
São Paulo
Valparaíso
Bombay Diu Goa
Mangaluru Calicut
Elmina Fernando Poo São Tomé Cuzco
O mundo de Heródoto (século V a.C.) O mundo de Ptolomeo (século II d.C.)
Ormuz
Zanzíbar
Mozambique
Cochin
Masulipatam Ceilán (Sri Lanka)
Macau
Malaca
Sumatra Xava Makassar
Filipinas Sulawesi (Célebes) Molucas Timor Trópico de Capricornio
Lagoa
O horizonte árabe no século XV Mundo descoñecido a principios do século XVII Posesións españolas Posesións portuguesas 0
Círculo Polar Antártico
1000 2000 3000 4000 5 000 km
Límites territoriais coñecidos desde Europa. A partir da segunda metade do século xvii, produciuse un vertixinoso proceso de novos descubrimentos e, sobre todo, de ocupación de novas terras.
A fins do século xvii, os territorios americanos eran un foco de rivalidade para as potencias europeas no que respecta ao comercio e ao equilibrio de poder internacional. Aínda que España intentou monopolizar o comercio coas súas colonias, as embarcacións inglesas, francesas e holandesas comezaron a comerciar e a practicar a pirataría nas augas do Caribe. Durante o século xviii, xa se consolidaran territorios coloniais en todo o planeta.
5.1. España Dende o inicio do século xvi, os Austria controlaban un vasto imperio ultramarino. Nas centurias seguintes colonizouse gran parte do territorio americano e organizouse unha administración colonial. Creáronse os vicerreinados de Nova España (gran parte de América do Norte e América Central), de Nova Granada (os actuais Ecuador, Colombia e Venezuela), Perú (que comprendía a extensa capitanía de Chile e os actuais Bolivia e Perú) e o do Río de la Plata (actuais Arxentina, Uruguai, Paraguai e parte de Brasil). Durante o século xvi e gran parte do xvii, América enviaba á metrópole grandes cantidades de ouro e sobre todo de prata, que a monarquía hispánica gastaba en guerras e en manter o seu poder europeo. 34
No século xviii, a poboación de América aumentou espectacularmente. Incrementouse a produción agrícola e mineira e fundáronse novas cidades. Creáronse asentamentos e misións nos actuais Paraguai, Arxentina, California, Arizona, Nuevo México e Texas. Creceu a exportación de produtos e metais. Exportábanse a Europa peles de animais, azucre, tabaco, cacao, algodón e índigo, un produto empregado para tinguiduras, ademais de ouro e prata. Na zona de Asia e do Pacífico, a presenza española foi menor que a dos seus competidores europeos. A súa principal base foron as illas Filipinas, que se mantiveron baixo o dominio hispano ata 1898. Tamén foron colonias algúns arquipélagos oceánicos, como as illas Marianas, as illas Carolinas e outras.
5.2. Portugal Dende o século xv, Portugal formara un verdadeiro imperio colonial en Brasil e no océano Índico: • En Brasil, que era propiedade persoal do rei de Portugal, fundáronse importantes núcleos de poboación na costa norte (Recife e Baía) e no sur (Río de Xaneiro e, posteriormente, São Paulo). Creáronse grandes plantacións de azucre, cacao e algodón, onde traballaban miles de persoas escravas africanas. A fins do século xvii descubriuse ouro e prata en Minas
U 1
Gerais e Mato Grosso. Este feito aumentou a riqueza da colonia e permitiu a colonización dunha parte do interior do país. • Portugal controlaba tamén o comercio das especias nos mares do Sur. Tiña factorías e portos comerciais en África (Mozambique), Arabia (Aden, Ormuz), India (Goa), China (Macau), Malaca e as illas das Especias. As súas redes comerciais formaban un verdadeiro imperio, cuxa capital se encontraba en Goa. Non obstante, desde o século xvii, os portugueses foron atacados por holandeses, ingleses e franceses, que ambicionaban o control comercial do Índico.
5.3. Gran Bretaña Inglaterra levou a cabo as súas empresas coloniais mediante compañías comerciais, que non estaban sometidas ao Estado. As compañías promoveron a chegada de colonos, moitos deles fuxindo das guerras británicas do século xvii. • Na costa leste de América do Norte establecéronse, desde 1620, os primeiros asentamentos: eran territorios que recoñecían a autoridade do rei británico, pero que mantiñan certo autogoberno. No Caribe, a Compañía de Indias creou factorías comerciais, como as de Barbados (1605), Bermudas (1612) e Bahamas (1646). • Dende o século xvii, as embarcacións británicas estiveron presentes na ruta das Indias Orientais. Arrebataron o seu poder aos portugueses, controlando o estreito de Ormuz, e establecéronse nas costas do sur da India, conquistando Madrás (1639), Bombay (1661) e Calcuta (1696). Estas foron as bases do futuro imperio colonial na India, que se converteu no máis importante ao longo do século xviii e principios do século xix.
5.4. Francia Francia enviou expedicións a: • América do Norte. Desde o século xvi estableceu as súas primeiras colonias en Terra Nova, Nova Escocia e Nova Francia. Alí fundaron as cidades de Quebec (1608) e Montreal, e dedicáronse ao comercio de peles e ao cultivo de terras que arrebataron aos indíxenas. Exploraron a canle do río Mississippi, e crearon a colonia de Louisiana; a súa capital, Nova Orleans, foi fundada en 1718. • Caribe. Converteron en colonias antigas sedes de corsarios, como Guadalupe, Martinica e Haití, onde miles de persoas escravas cultivaban azucre e cacao.
5.5. Holanda Holanda sempre tivera un importante comercio marítimo e creou compañías para a explotación das colonias. • A comezos do século xvii, os holandeses intentaron establecerse na costa norte de Brasil, pero foron derrotados polos portugueses e só conservaron algunhas illas do Caribe, como Curaçao (1634) e a costa de Güiana (1636). • No sur de África fundaron unha florecente colonia que controlaba o paso polo cabo de Boa Esperanza. • Non obstante, foi no Extremo Oriente onde tiveron unha maior presenza colonial. En 1609, Holanda expulsou a Portugal de Malaca e Sri Lanka, e controlou, desde Batavia, o comercio da India e China con Europa durante os séculos xvii e xviii. Anos despois, os comerciantes holandeses asentáronse na costa oriental de China e foron os únicos europeos que contaban cunha base comercial no illado Xapón.
Descubrindo novos mares e terras Entre os séculos xvii e xviii, expedicións españolas, holandesas, rusas, inglesas e francesas competían por ampliar e cartografar novos mundos. No século xvii xa se descubrira o océano Ártico e Rusia comezaba a colonizar Siberia; España ocupara arquipélagos de Oceanía e establecera bases no norte de Australia. No século xviii incrementáronse as expedicións científicas e de descubrimento de novos espazos. De entre os exploradores máis coñecidos destacan James Cook, Louis de Bougainville e Alexandre Malaspina. James Cook, cartógrafo e navegante, realizou varias viaxes (1768-1779) explorando as costas orientais de Australia e varios arquipélagos de Oceanía. As súas descricións son un retrato apaixonante dos mares do Sur.
Louis de Bougainville, durante catro anos deu a volta ao mundo (1776-1779) e explorou o sur do océano Pacífico. Na súa viaxe acompañábano botánicos, astrónomos e outros científicos, que se encargaron de rexistrar as numerosas novidades en plantas, animais e terras. Unha das especies botánicas que encontrou en Brasil estendeuse polos xardíns de Europa e aínda leva o seu nome: a buganvílea. Alexandre Malaspina, oficial da Armada Española, realizou importantes expedicións de carácter científico (estudos de flora, pobos indíxenas, mapas e descricións naturais, etc.) entre 1783 e 1794. Percorreu todas as costas do continente americano, desde a Tierra de Fuego ata Alaska. Deu a volta ao mundo nas súas viaxes a Filipinas.
35
6
O pensamento preliberal A «Enciclopedia» A obra colectiva máis importante levada a cabo polos ilustrados, chamados en Francia les philosophes, foi a publicación, entre 1751 e 1772, dos vinte e oito volumes da Enciclopedia, un ambicioso dicionario «das ciencias, das artes e das técnicas», que tivo varias impresións e traducións. Os seus directores, D'Alembert e Diderot difundiron o saber científico da época, dedicando un espazo notable á crítica política e á defensa da tolerancia. As novas ideas da Ilustración abríronse paso nos faladoiros, nas academias científicas, nas sociedades culturais e nas redaccións dos primeiros xornais diarios.
O século xviii denomínase tamén Século da Razón ou Século das Luces. É a época da Ilustración, o movemento cultural e intelectual que xurdiu na Europa do setecentos como unha reacción crítica fronte ao pensamento relixioso tradicional, os valores sociais e os principios ideolóxicos que sostiñan o edificio do Antigo Réxime. Produciuse unha renovación da filosofía, a educación e a ciencia, que marcou, ao mesmo tempo, o camiño dos cambios políticos impulsados polas revolucións liberais.
6.1. A Ilustración O pensamento da Ilustración descansaba nunha serie de principios xerais compartidos pola maioría dos intelectuais europeos: • Uso da razón. Había que explicar o mundo de xeito racional e denunciar o escurantismo, a superstición e a tradición. • Defensa das ciencias experimentais. As ciencias naturais podían descubrir as leis do funcionamento da natureza. No século xviii establecéronse as bases da física, das matemáticas, da astronomía e da química modernas. • Fe no progreso humano. O auxe da ciencia, o crecemento económico e as reformas sociais e políticas permitiríanlles aos pobos alcanzar o benestar material e a felicidade colectiva. A educación sería o mellor instrumento para conseguir ese obxectivo. 36
• Aposta pola tolerancia relixiosa. Os ilustrados eran crentes ou deístas (recoñecían a existencia dun Deus creador), pero a súa confesión relixiosa non impedía a crítica do teocentrismo. O centro da vida tiña que ser o ser humano. Ademais, denunciaban o peso excesivo da Igrexa no Estado e na sociedade civil e condenaban a intolerancia e o fanatismo relixiosos. • Liberdade económica. Propoñían eliminar as trabas e barreiras que obstaculizaban a liberdade de mercado, liberar a terra e o capital das mans ociosas dos estamentos privilexiados e recoñecer que o traballo era unha ocupación útil e honrosa, a base da riqueza.
6.2. O pensamento político ilustrado Aínda que algúns ilustrados confiaban no sistema de monarquía absoluta, outros criticaron o absolutismo defendendo os dereitos dos cidadáns como homes libres fronte ao poder despótico do rei, prefigurando as bases do liberalismo. As sementes plantadas polos principios ilustrados de liberdade política e de igualdade social creceron pronto no terreo fertilizado polo descontento da crecente burguesía urbana, gravada con todas as cargas impositivas e marxinada do poder político. As ideas políticas dos líderes revolucionarios do último terzo do século xviii baseábanse nas obras de pensadores ingleses, como John Locke (Dous tratados sobre o Goberno Civil, 1689), e franceses, como Voltaire e os directores da Enciclopedia: D'Alembert e Diderot. Estas obras e publicacións periódicas inspiraron os líderes dos movementos liberais, que, nas primeiras décadas do século xix, se rebelaron fronte ao absolutismo do Antigo Réxime. Un dos ilustrados franceses máis influentes foi o barón de Montesquieu (1689-1755), un nobre terratenente que, a partir do seu coñecemento do sistema parlamentario inglés, propuxo a división de poderes do Estado (executivo, lexislativo e xudicial) como garantía contra o poder despótico dos reis. En 1748 publicou a súa obra máis coñecida, O espírito das leis. Aínda que non era un revolucionario e nunca cuestionou os privilexios da aristocracia, co tempo as súas ideas inspirarían os textos constitucionais dos revolucionarios americanos e europeos. A obra do suízo Rousseau chega máis lonxe nas súas propostas críticas da sociedade do Antigo Réxime. En O contrato social afirma a bondade natural do ser humano, corrompido pola sociedade. Para regular a convivencia, é necesario un pacto entre os individuos que compoñen a comunidade, homes libres que ceden a súa soberanía a un poder superior obrigado a gobernar buscando o ben común, a vontade xeral. É unha temperá formulación do principio da soberanía nacional. Para Rousseau, a liberdade estaba unida á igualdade, un precedente das ideas democráticas do século posterior.
U 1
Locke, Voltaire e Rousseau John Locke (1632-1704) foi un dos precursores do pensamento político liberal. Ao seu xuízo, o poder dos gobernantes non procedía dunha suposta soberanía de orixe divina, senón dun pacto ou contrato político acordado cos gobernados, co fin de procurar o benestar e a seguridade da sociedade civil. Se os gobernantes incumprían ese pacto ou contrato, os homes, libres e iguais por natureza, tiñan dereito a rebelarse contra a tiranía. François-Marie Arouet, coñecido como Voltaire (16941778), era partidario da liberdade política que sostiñan os ilustrados ingleses, criticou con dureza a sociedade do seu tempo e defendeu a liberdade de conciencia e a tolerancia relixiosa fronte á ig norancia, as supersticións e o fanatismo: «En Francia, un nobre é moi superior a un negociante. Eu non sei, non obstante, quen é máis útil a un Estado; o señor ben engalanado que sabe con precisión a que hora se levanta o rei e que se dá aires de grandeza, ou un negociante que enriquece o seu país, dá ordes no Cairo e contribúe á felicidade do mundo» (Cartas filosóficas, 1734). Jean-Jacques Rousseau (1712-1778) defendeu a liberdade e a igualdade como compoñentes inseparables: «Se se busca en que consiste o ben máis prezado de todos, que ha ser obxecto de toda lexislación, encontrarase que todo se reduce a dúas cuestións principais: a liberdade e a igualdade, sen as cales a liberdade non pode existir. Renunciar á liberdade é renunciar a ser home, aos dereitos e aos deberes da humanidade. A verdadeira igualdade non reside no feito de que a riqueza sexa absolutamente a mesma para todos, senón en que ningún cidadán sexa tan rico como para poder comprar a outro e que non sexa tan pobre como para verse forzado a venderse» (O contrato social, 1762).
6.3. O pensamento económico En 1776, o ano da revolución americana, publicouse o libro Unha investigación sobre a natureza e causas da riqueza das nacións. Escribírao o economista e filósofo escocés Adam Smith (1723-1790). En él explica como GranBretaña e Holanda progresaran no século xviii. Analiza elementos, como o valor, o prezo, o funcionamento do mercado, etc. Sostén que o crecemento da produción debe basearse no traballo das nacións e na ambición dos axentes económicos. Elaborou a lei da oferta e a demanda, que debe rexer o funcionamento do mercado. Xa no Antigo Réxime especulárase moito sobre a natureza do proceso económico; no século xvii, os mercantilistas propugnaban a intervención do Estado na economía, controlando a produción de manufacturas e a emisión de moeda. A mediados do século xviii, a teoría predominante era a chamada fisiocracia, que rexeitaba a acción do Goberno deixando facer á economía; baseaba o crecemento unicamente no incremento da produción agrícola. A obra de Smith deixou desfasadas as tradicionais explicacións imperantes e sentou os principios que rexen a economía nun sistema capitalista. Unha serie de economistas afondaron nas sus teorías. Os máis destacados foron T. R. Malthus (1766-1834), David Ricardo (1772-1823) e John Stuart Mill (1806-1873), que son considerados os pais do pensamento económico contemporáneo.
MARY WOLLSTONECRAFT (1759-1793) Filósofa e escritora británica que destacou pola súa defensa da educación en igualdade de homes e mulleres, e pola denuncia das situacións inxustas que vivían as mulleres da época, reflectindo estas ideas nas súas novelas. A preocupación pola educación das mulleres quedou patente nas súas primeiras obras, como en Reflexións sobre a educación das fillas (1787). No contexto da Revolución Francesa, publicou Vindicación dos dereitos da muller. Nela defendeu a importancia da educación racional das mulleres e denunciou que foran privadas dela, centrando a súa formación en cuestións menores como a beleza ou as artes. Aínda que non reivindicou a igualdade de dereitos, defendeu que homes e mulleres debían estar suxeitos ás mesmas leis morais e a unha educación equivalente.
37
Traballa os contidos RESUMO
Lembra seleccionar o material de traballo desta unidade no teu portafolio.
Xerar - Clasificar Relacionar - Desenvolver
Economía
Agricultura de subsistencia: – Desigual repartición da terra – Comercio colonial – Produción manufactureira
Privilexios de nobreza e clero: – Exención de impostos – Status xurídico propio – Rendas
• Guerra de Sucesión austríaca • Guerra dos Sete Anos
Non privilexios da burguesía e das clases populares: – Grupo heteroxéneo – Ausencia de privilexios
• • • • •
• Absolutismo • Despotismo ilustrado (século xviii)
– Ascenso da burguesía
Novos imperios coloniais
Conflitos
Guerra de Sucesión española: – Austria / Borbóns – Conflito nacional / internacional – Tratado de Utrecht
Sistema de goberno
Sociedade estamental
España Portugal Gran Bretaña Francia Holanda
A Ilustración
• Uso da razón • Ciencias experimentais • Progreso humano • Tolerancia relixiosa • Liberdade económica
• Rousseau • Voltaire • Montesquieu • D'Alembert • Diderot
RECURSOS Bibliográficos • Hughes, R. (2002). La costa fatídica. Barcelona: Galaxia Gutemberg. Apaixonante relato sobre o nacemento de Australia como colonia penal durante o século xviii. Ofrece unha documentación exquisita e narra con gran detalle a vida dos reclusos. • Munck, T. (2013). Historia social de la Ilustración. Barcelona: Crítica. Presenta, desde a óptica da nova historia cultural, unha análise diferente da Europa ilustrada. • Prats, J. e Vilalta, M. J. (1994). La Europa del siglo xviii. Madrid: Anaya, Biblioteca Básica de Historia. Libro que presenta os cambios económicos, sociais e culturais que anuncian o final da Idade Moderna e o xurdimento do mundo contemporáneo a partir dos procesos revolucionarios abertos en EE. UU. e en Francia.
Audiovisuais • Barry Lyndon (S. Kubrik, 1975). Reflexo da vida cotiá en Europa no século xviii, a través da figura do mozo irlandés Redmond Barry. • O perfume (T. Tykwer, 2006). Na Francia do século xviii, Jean-Baptiste Grenouille vive obsesionado por atrapar olores, trastorno que o levará a cometer actos insospeitados.
38
• A misión (R. Joffe, 1986). Narra a situación das misións xesuíticas en territorio guaraní durante o século xviii.
• As amizades perigosas (G. Fenton, 1988). Baseada na novela homónima de Choderlos de Laclos publicada en 1782, narra as aventuras amorosas da marquesa de Merteuil e o vizconde de Valmont. Excelente retrato da aristocracia francesa de finais do século xviii.
Internet • gallica.bnf.fr/conseils/content/lencyclopédie-de-diderot-et-d’alembert A Encyclopédie de Diderot e d’Alembert. Web que recolle a dixitalización da Enciclopedia, con numerosos gravados de grande interese. • artehistoria.com/es/contexto/la-ilustracion A Ilustración. Abundante información sobre os ilustrados, a súa ideoloxía e as canles de difusión do movemento. • clio.rediris.es/n30/segunda/antiguoregsoc.htm O Antigo Réxime. Web completa para obter información en moitos aspectos do tema, tamén sobre a crise do Antigo Réxime e o inicio do liberalismo.
U 1
ACTIVIDADES 1 Que aspectos caracterizaban a economía do Antigo Ré-
10 Realiza unha táboa sobre a guerra de Sucesión austría-
xime? Que diferenzas encontras coas sociedades industrializadas do século xix?
ca e a guerra dos Sete Anos, con cronoloxía, causas, contendentes e consecuencias.
2 Observa o mapa conceptual sobre a sociedade esta-
11 Elabora un mapa no que sitúes as posesións coloniais
mental: Que grupos eran os máis numerosos? Dispoñían dalgún tipo de representación? Había algún tipo de mobilidade social?
3 Explica e contextualiza a seguinte cita de Luís XVI: «É só na miña persoa onde reside o poder soberano, cuxo carácter propio é o espírito de consello, de xustiza e de razón».
de España, Portugal, Gran Bretaña, Francia e Holanda que aparecen citadas na epígrafe 5.
12
Que foi a Ilustración? Cales son as súas características? Cres que abrangueu a todos os grupos sociais? E a todos os países? Razoa a túa resposta.
13
Busca información sobre John Locke, J. J. Rousseau, o barón de Montesquieu e F. M. Arouet (Voltaire). Elabora unha ficha dun deles na que inclúas a súa cronoloxía, obras e características máis destacadas.
4 Define os seguintes conceptos: Antigo Réxime, estamento, terceiro estado, absolutismo, burguesía, soberanía real, L'Encyclopédie.
5 Elabora unha definición de «despotismo ilustrado». Enume-
14 Que monarcas gobernaron durante o século xviii en España? Realiza unha síntese xeral do período.
ra algunhas medidas tomadas polos déspotas ilustrados.
6
Investiga como era a vida das mulleres das clases populares. Por que podemos dicir que sufrían unha dobre discriminación?
7 Cal foi a causa da guerra de Sucesión española? Quen apoiou cada un dos bandos?
8 Explica como influíu o nomeamento do arquiduque Carlos como emperador de Austria na fin do conflito.
9 Sintetiza os acordos alcanzados no Tratado de Utrecht.
15
Liña do tempo. Realiza un eixe cronolóxico con: guerra de Sucesión española; guerra dos Sete Anos; Tratado de Utrecht; guerra de Sucesión austríaca; Cook explora Australia e Oceanía; Catarina II de Rusia; Xosé II de Austria: abolición da servidume e igualdade civil; Montesquieu, O espírito das leis; D'Alambert e Diderot, A Enciclopedia; Rousseau, O contrato social; Adam Smith, A riqueza das nacións; Kant, Crítica da razón pura.
Que consecuencias ten na actualidade?
Lectura no salón de Madame Geoffrin, de Gabriel Lemonnier. Madame Geoffrin recibía no seu salón persoas que colaboraban na propagación da Ilustración. Entre outras, hai que citar a Anne-Marie du Boccage, D'Alambert, Diderot, Françoise de Graffigny, Sophie de Houdetot, Julie de Lespinasse, Montesquieu e Rousseau.
39
Obradoiro de historia. Comentario de texto PRESENTACIÓN DO PROXECTO Os textos son fontes de información fundamentais para a reconstrución dos feitos históricos. Poden clasificarse en función da súa forma (informativos, narrativos, xurídicos, historiográficos, ensaios...), a súa temática (políticos, económicos, culturais...), os seus destinatarios (público, privado) ou da súa situación temporal respecto ao feito ao que se refiren. Neste último caso, denomínanse fontes primarias as que son coetáneas ao feito ou acontecemento referido e fontes secundarias aquelas que se escribiron con posterioridade. Realizar un comentario de texto desde o punto de vista histórico consiste en analizar as ideas principais e as secundarias, relacionándoas co seu contexto histórico e buscando as motivacións do autor ou da autora.
PASOS PARA REALIZAR O PROXECTO 1. Identificación do texto Autoría, datación (contexto histórico), tema principal, clasificación (por forma, temática, destinatarios e tipo de fonte).
2. Preparación da análise Lectura do texto, subliñado de ideas principais e secundarias, e de palabras clave. Busca de documentación sobre o autor ou a autora para relacionar as súas ideas co seu contexto histórico. 3. Análise interna Identificación de ideas, personaxes, institucións ou tendencias que reflicte o texto; resumo da idea principal e das secundarias. 4. Interpretación Explicación das ideas do texto no marco do seu contexto histórico, poñendo atención nos: — Antecedentes e consecuencias do texto analizado. — Argumentos que presenta para defender as súas ideas. 5. Redacción do comentario Elaboración dun texto que inclúa os datos dos pasos 1, 3 e 4, seguidos dunha breve síntese final na cal se valore a influencia do autor e o seu texto na sociedade do seu tempo e posterior.
EXEMPLO O librecambio «Aqueles sistemas que, por preferir a agricultura, impoñen restricións ás manufacturas e ao comercio exterior son inconsecuentes e contraditorios. Todo home, con tal de que non viole as leis da xustiza, debe quedar perfectamente libre para abrazar o medio que mellor lle pareza para buscar o seu modo de vivir e os seus intereses; e que poidan saír as súas producións a competir coas de calquera outro individuo. Segundo o sistema de liberdade de negociar, ao soberano só lle quedan tres obrigas principais ás que ten que atender: a primeira, protexer a sociedade da violencia e invasión doutras sociedades independentes; a segunda, poñer no posible a cubierto cuberto da inxustiza e opresión a un membro da república doutro que o sexa tamén desta (...), e a terceira, manter e erixir certas obras e establecementos públicos, aos que nunca poden alcanzar os intereses dos particulares, ou de poucos individuos, senón os de toda a sociedade en común». A. Smith: Investigación sobre a natureza e causas da riqueza das nacións (1776).
1. Identificación do texto
Adam Smith (1723-1790), augaforte de John Kay. 40
É un fragmento da obra Investigación sobre a natureza e causas da riqueza das nacións, rematada polo escocés Adam Smith en 1773 e publicada tres anos despois. É un ensaio económico, destinado ao público en xeral, e constitúe unha fonte primaria de gran valor para comprender o liberalismo económico que xorde a finais do século xviii.
U 1
2. Preparación da análise Para facer a análise interna do documento, hai que lelo detidamente e resaltar a idea principal, a secundarias e as palabras clave. 3. Análise interna O autor defende o liberalismo económico, que os poderes públicos interfiran o mínimo posible na organización e xestión da actividade económica, en xeral, e no comercio internacional e a produción industrial, en particular. Considera que a liberdade do individuo debe respectarse e iso inclúe a súa liberdade para exercer a actividade económica que desexe e gañarse a vida con iso, polo que o Estado non debe interferir favorecendo unhas ou outras actividades ou poñendo trabas ao comercio. Segundo o autor, os gobernantes dos países, polo tanto, non deben ocuparse das cuestións económicas, senón de como protexer a sociedade da violencia, defendela da inxustiza e da opresión, e manter e erixir obras e establecementos públicos.
4. Interpretación O texto defende o librecambio, isto é, que os produtos de calquera individuo poidan competir libremente cos de calquera outro, e o liberalismo económico. Os programas reformistas do despotismo ilustrado incluían aspectos como a modernización da Administración, a construción de infraestruturas e a liberalización do comercio e da industria, ideas que Adam Smith defende nesta obra e que se enmarcan no movemento do pensamento ilustrado, no cal a liberdade do ser humano constitúe un piar fundamental. 5. Redacción do comentario Con esta proposta, en 1773, a obra Investigación sobre a natureza e causas da riqueza das nacións, de Adam Smith, converteuse inmediatamente nun referente do liberalismo económico, sistema que se foi impoñendo nos países occidentais desde a Revolución Francesa e chegou ao seu auxe no século xix, ao crecer o comercio internacional a grande escala como consecuencia da chamada Segunda Revolución Industrial.
EXERCICIO • Seguindo os pasos indicados, comenta este fragmento sobre os novos exércitos. No século xviii cambiou o xeito de facer a guerra. Os exércitos creceron e profesionalizáronse. As batallas
producíanse en verán e en outono. Os exércitos case se citaban e elixían un campo de batalla. En inverno retirábanse aos seus cuarteis para iniciar negociacións diplomáticas, recadar recursos financeiros e recrutar, case sempre pola forza, novos continxentes de soldados. Conseguir mariñeiros era máis difícil, pois cumpría que as persoas estivesen familiarizadas coa navegación. Nesa época incorporáronse os uniformes, diferentes entre os distintos corpos ou rexementos. A artillaría creceu con novos canóns, que esixían unha preparación especial da oficialidade. A maioría eran soldados de infantaría armados con fusís aos que se incorporaba unha baioneta para o enfrontamento corpo a corpo. A operación de cargar e disparar era lenta (catro ou cinco minutos entre disparo e disparo), polo que resultaba necesario organizar as cargas por filas e seccións para manter unha potencia de tiro constante e continuada.
Evolución da indumentaria do exército francés a partir do século xviii.
41
Traballa con documentos A RENDA NACIONAL INGLESA
ben, está limitado para facer o mal; no que os señores son grandes sen insolencia e sen vasalos; e no que o pobo comparte o goberno sen desorde.
• Analiza os datos da táboa e fai un comentario. Fíxate en quen conforman o grupo máis podente e quen o menos favorecido, e reflexiona sobre as causas e consecuencias destas diferenzas. Ten en conta que esta distribución é característica das sociedades do Antigo Réxime e permite relacionar a economía preindustrial coa estrutura da sociedade estamental.
A Cámara dos Pares (dos Lords) e a dos Comúns son os árbitros da nación, e o rei é o árbitro supremo. Non foi doado establecer a liberdade en Inglaterra; o ídolo do poder despótico foi afogado en sangue, pero os ingleses cren non ter pagado demasiado polas súas leis. As demais nacións non derramaron menos sangue ca eles, pero este sangue que verteron pola causa da súa liberdade non fixo máis que cimentar a súa servidume».
Distribución da renda nacional inglesa, en 1688 Grupos sociais
Número de familias
Renda per cápita (libras)
Lords, cabaleiros e alto clero
16 586
Entre 70 e 50
Altos funcionarios
10 000
Entre 27 e 18
Grandes comerciantes
10 000
Entre 50 e 33
Membros da Administración de Xustiza
10 000
20
Oficiais do exército
9 000
15
Profesionais liberais
16 000
12
180 000
Entre 12 e 10
Baixo clero
10 000
Entre 10 e 9
Tendeiros e pequenos comerciantes
40 000
10
Artesáns
60 000
10
Pequenos propietarios agrícolas
150 000
8
Mariñeiros
50 000
7
Soldados
35 000
7
Traballadores e criados
364 000
2
Colonos e pobres
400 000
2
Pequenos propietarios
Ph. Deane: A Primeira Revolución Industrial. Península, 1968.
O PARLAMENTARISMO BRITÁNICO • A partir do seguinte texto, explica o sistema da monarquía parlamentaria británica do século xviii e establece diferenzas cos sistemas de goberno das outras monarquías europeas da época. Para iso podes utilizar como exemplo os textos históricos breves que figuran nesta unidade.
Doc. 1. Os logros políticos de Inglaterra «A nación inglesa é a única sobre a terra que conseguiu regular o poder dos reis enfrontándose a eles e que, con constantes esforzos, puido finalmente establecer un sabio goberno no que o príncipe, todopoderoso para facer o
42
Voltaire: Cartas filosóficas (1734).
O PENSAMENTO DA ILUSTRACIÓN •
Sinala e comenta as ideas deste texto que sexan características da Ilustración. Na actualidade, segue sendo a educación un motor do cambio?
Doc. 2. A educación, motor do cambio «A nosa esperanza no porvir da especie humana pode reducirse a tres puntos importantes: a destrución da desigualdade entre as nacións, os progresos da igualdade dentro dun mesmo pobo, e, en fin, o perfeccionamento real do home. Chegará, pois, o día en que o sol non iluminará na terra máis que a homes libres, que non recoñezan outro señor que a súa propia razón (...). Cunha boa elección, tanto dos coñecementos coma dos métodos para ensinalos, pódese instruír a todo un pobo en todo o que cada home necesita saber sobre a economía doméstica, a administración dos seus negocios, o desenvolvemento das súas facultades, o coñecemento dos seus dereitos (...), para ser dono de si mesmo. A igualdade da instrución corrixiría a desigualdade das facultades, o mesmo que unha lexislación previsora diminuiría a desigualdade de riquezas. Aceleraría o progreso das ciencias e das artes creándolle un medio favorable e multiplicando os artesáns (...). O efecto sería o crecemento do benestar para todos (...). E este cadro da especie humana, liberada de todas esas cadeas, subtraída ao imperio do azar, así como ao dos inimigos dos seus progresos, e avanzando con paso firme e seguro pola ruta da verdade, da virtude e da felicidade, preséntalle ao filósofo un espectáculo que o consola dos erros, dos crimes, das inxustizas que aínda ensucían a terra (...)». Condorcet: Bosquexo dun cadro histórico dos progresos do espírito humano (1793).
U 1
A BURGUESÍA Esta obra de Luís Paret representa un paseo ante o Xardín Botánico de Madrid na segunda metade do século xviii. É unha obra costumista que nos ofrece un fiel retrato da sociedade da época. • Realiza unha descrición da obra, incidindo nos personaxes que aparecen (accións, indumentaria dos personaxes, etcétera.). • Busca en Internet outras tres obras de arte que representen escenas pertencentes á burguesía (a súa actividade económica, o seu ocio, retratos, etc.), preferiblemente doutros séculos, e compáraas coa obra de Paret. Paseo fronte ao Xardín Botánico, de Luís Paret.
O COMERCIO COLONIAL NO SÉCULO xviii • Comenta este mapa poñendo atención aos produtos orixinarios de cada lugar e reflexionando sobre as riquezas que a posesión dos territorios produtores
nas colonias podería proporcionar ás metrópoles e os conflitos e as tensións internacionais relacionados con iso.
Islandia
Rupert’s Land
Louisiana
Vicerreinado de Nova España México
Nova Francia
Groenlandia
Nova Escocia
s ctura nufa tos e Ma im n e al s o ost imp sos as, m i n cio pr pre lgodó rias is a a Mate t , as Me tur afé ,c fac e u r n úc Ma az n, Ro Escravos
Cuba
Senegambia
Güiana Suriname
Baía
Accra
Chile Sacramento
c tu ras Escravos
, ón od iro alg ñe Di
Brasil Río de Xaneiro
Goa Mahé
Elmina Fernando Poo
fa
s, tile Téx
Vicerreinado do Perú
nu
a
Lima
ais preci osos
Bogotá
Assinie
té ,
es
Calcuta
Macau
Diu
M
Vicerreinado de Nova Granada
Bombay
Cabo Verde
Ron
Guatemala
M et
Trece colonias
Angola Mozambique
pe
cia
Delagoa
s
Yanaon Madrás Karaikal
Filipinas
Ceilán (Sri Lanka)
Sulawesi (Célebes) Sumatra
Madagascar
Xava Borneo
Mauricio Reunión Fort Dauphin
Cape Town
Buenos Aires
0
1 500
3 000 km
Posesións españolas
Posesións francesas
Posesións portuguesas
Posesións holandesas
Posesións británicas
Posesións danesas
Mundo musulmán
Principais fluxos comerciais
Escravos Principais produtos intercambiados
43
2
O asalto á Bastilla, de Hippolyte Lalaisse.
A crise do Antigo Réxime AS REVOLUCIÓNS DO SÉCULO xviii
QUE VAS ATOPAR NESTA UNIDADE
As orixes do mundo contemporáneo occidental encóntranse nos procesos revolucionarios que se produciron a finais do século xviii en América do Norte e en Francia. Os protagonistas daqueles acontecementos eran conscientes de estar asistindo ao nacemento dunha nova época histórica.
1. A Revolución Americana: o nacemento de Estados Unidos 2. A Revolución Francesa 3. O imperio napoleónico • Traballa os contidos • Obradoiro de historia: liña do tempo • Traballa con documentos
Os alicerces do Antigo Réxime, a orde social estamental e a monarquía absoluta, cambalearon, provocando a súa ruína definitiva. No seu lugar apareceron as bases dos réximes políticos, os sistemas sociais e as correntes ideolóxicas que dominaron a historia do século xix, a era das revolucións. A construción dunha sociedade que pretendía estar constituída por persoas libres, iguais e fraternas, cidadáns no canto de súbditos.
Los contenidos y las actividades de esta unidad pueden resultar de utilidad para la realización del proyecto multidisciplinar «De súbditos a ciudadanos» que se plantea en el anexo. TRADUCIR 44
POLÍTICA
CULTURA E SOCIEDADE
Estados Unidos Motín contra o imposto do té en Boston
1773
Guerra de Independencia de Estados Unidos (1775-1782)
1775
Declaración de Independencia de EE. UU.
4 de xullo
1776
Paz de Versalles. Gran Bretaña recoñece a independencia de EE. UU.
1783
Convención de Philadelphia Constitución de EE. UU.
1787
Mozart, Don Giovanni
1789
Declaración dos Dereitos do Home e do Cidadán
George Washington, primeiro presidente de EE. UU. (1789-1797) Francia Estados Xerais Asemblea Nacional Constituínte (1789-1791) Toma da Bastilla Abolición do feudalismo Fuxida de Luís XVI Primeira Constitución francesa
30 de abril 5 de maio 9 de xullo 14 de xullo agosto
Asemblea Lexislativa (1791-1792)
20 de xuño 1791 3 de setembro 1 de outubro
Asalto ao pazo das Tullerías Convención (1792-1795)
10 de agosto 20 de setembro
Execución de Luís XVI Convención xacobina Época do Terror (set. 1793 - xuño 1794) Reacción termidoriana
1792
21 de xaneiro xullo
1793
27 de xuño
1794
Mary Wollstonecraft publica Vindicación dos dereitos da muller Lei do divorcio en Francia A Marsellesa, himno revolucionario Calendario republicano francés Recrutamento obrigatorio (levée en masse) Jacques-Louis David pinta A morte de Marat
1795
Constitución do ano III Directorio (1795-1799)
22 de agosto 26 de outubro
Golpe de Estado do 18 brumario Consulado (1799-1804)
9 de novembro
1799
Napoleón, cónsul vitalicio
2 de agosto
1802
Coroación de Napoleón como emperador
18 de maio
1804
Imperio (1804-1815) Batalla de Austerlitz. Derrota do exército austríaco Batalla de Jena. Napoleón vence a Prusia e entra en Berlín
Beethoven, Primeira sinfonía Introdución do sistema métrico decimal
Promulgación do Código civil francés
1805 1806 1807
Sublevación española contra Napoleón
Olympe de Gouges, Declaración dos Dereitos da Muller e da Cidadá
2 de maio
1808 1810
Campaña de Napoleón en Rusia Gran retirada
1812
Primeira abdicación de Napoleón
1814
Imperio dos Cen Días Derrota de Napoleón en Waterloo
1815
Prohibición do comercio de escravos nas colonias británicas
Goya inicia a serie de gravados Os desastres da guerra
45
1
A Revolución americana: o nacemento de Estados Unidos A rebelión das Trece Colonias británicas da costa leste de América do Norte contra a metrópole deu lugar a unha guerra pola súa independencia e xerou, ao mesmo tempo, un proceso revolucionario. A loita pola igualdade, pola liberdade e polos dereitos dos gobernados produciu un cambio político que desembocaría no nacemento dos Estados Unidos de América. A independencia das colonias norteamericanas abriu o proceso das revolucións burguesas, que derrubaron o Antigo Réxime.
1.1. Os antecedentes As colonias británicas norteamericanas gozaban dunha notable autonomía respecto ao Goberno de Londres. Tiñan asembleas representativas, impostos reducidos e unha ampla liberdade de comercio. Había diferenzas importantes entre os pequenos propietarios rurais e a burguesía urbana das cidades do norte e, os propietarios das plantacións escravistas do sur, onde traballaban medio millón de escravos negros repartidos entre as grandes explotacións de algodón, azucre e tabaco. Pero, a pesar das diferenzas sociais e económicas, non tiñan os problemas derivados da pervivencia da sociedade estamental e o réxime señorial vixentes no continente europeo.
A rebelión dos colonos A rebelión dos colonos tivo unha orixe fiscal e comercial. Gran Bretaña, asfixiada pola débeda contraída ao remate da guerra dos Sete Anos (1756-1763), que enfrontara a británicos e franceses, aumentou a presión tributaria sobre as colonias e esixiu o cumprimento das leis sobre os monopolios comerciais e os impostos aduaneiros. Os colonos protestaron, sostiñan que, como non tiñan participación política no Parlamento británico, non estaban obrigados a aceptar as súas leis fiscais: «Ningún imposto sen representación». Sentíanse discriminados porque achegaban impostos e riqueza á metrópole e, non obstante, estaban completamente marxinados das decisións que lles afectaban.
flito. Un Congreso Continental en Philadelphia de delegados das colonias redactou en outubro de 1774 unha Declaración de Dereitos e Agravios coas súas reivindicacións a Gran Bretaña. Deste congreso xurdiu a Asociación Continental, que acordou non importar nin exportar produtos ingleses, buscando que as compañías inglesas que comerciaban coas colonias exercesen presión sobre o Goberno británico. Tamén lle enviaron un escrito ao rei, Xorxe III, expoñendo as súas queixas. Este non contestou e en 1775 reuniuse o Segundo Congreso Continental, que organizou un exército; os colonos do norte mobilizaron as colonias do sur e os choques armados illados xeneralizáronse. O 4 de xullo de 1776 asinouse a Declaración de Independencia.
1.2. A guerra de Independencia Primeira fase (1775-1777) Nesta fase, os milicianos, comandados por George Washington, a pesar da súa inferioridade en homes e en armas, conseguiron estender a insurrección e fustrigar as tropas británicas. O 12 de xuño de 1776 fíxose pública a Declaración de Virginia (Virginia Bill), redactada por George Mason (político de Virginia), de grande influencia posterior e considerada a primeira declaración histórica sobre dereitos humanos. O 4 de xullo de 1776, os representantes das colonias, reunidos en Philadelphia, asinaron a Declaración de Independencia, redactada por Thomas Jefferson de acordo cos principios do liberalismo político: «Todos os homes son libres e iguais, e o pobo, depositario da soberanía nacional, ten dereito a erguerse contra a tiranía e a elixir a súa forma de goberno». Os rebeldes considerábanse patriotas americanos, cidadáns en armas. A súa vitoria na batalla de Saratoga (1777) cambiou o curso dos acontecementos.
Segunda fase (1778-1783)
Dende mediados do século xviii, este malestar latente foi creando un clima de opinión, cada vez máis estendido, contrario á dependencia de Gran Bretaña.
Nesta etapa, a guerra converteuse nun conflito internacional coa entrada de Francia e de España a favor dos insurrectos: Francia tiña ánimo de desquite despois da derrota que sufrira na guerra dos Sete Anos. España vía a oportunidade de recuperar algunhas posesións perdidas, como Xibraltar.
O detonante da rebelión foi a concesión á Compañía das Indias Orientais do monopolio da venda do té. En 1773, un grupo de mozos disfrazados de indios botaron ao mar a carga de té dos barcos amarrados no porto de Boston. Este grave incidente coñécese como o motín do té (Boston Tea Party).
Tras a entrada das potencias europeas, o balance de forzas inverteuse e o exército británico comezou a perder posicións ata a súa derrota definitiva en Yorktown, no outono de 1781. O recoñecemento británico da independencia de Estados Unidos chegou coa firma da Paz de Versalles o 3 de setembro de 1783.
As medidas represivas británicas desencadearon o con-
46
U2
O motín do té O chamado «motín do té» foi un dos detonantes da guerra entre as colonias americanas e Gran Bretaña. Aconteceu na noite do 16 de decembro de 1773, cando un grupo de patriotas radicais americanos, disfrazados de indios mohawk, asaltaron tres barcos ancorados no porto de Boston e botaron ao mar a súa carga: 343 caixas de té valoradas nunhas 10 000 libras. Os patriotas, denominados «fillos da liberdade», protestaban así contra a lei aprobada ese mesmo ano polo soberano británico, Xorxe III, que outorgaba á Compañía das Indias Orientais o monopolio do comercio de té (Tea Act). O incidente formaba parte dunha campaña máis ampla de boicot dos colonos contra os produtos importados impostos pola metrópole. As autoridades británicas reaccionaron con dureza: decretaron a substitución das autoridades locais, o envío de varios rexementos a Boston e o peche do porto da cidade. As medidas represivas acenderon aínda máis a hostilidade dos colonos e deron ás aos partidarios da ruptura. Os patriotas de Boston recibiron axuda do resto das colonias americanas, cada vez máis dispostas a formular unha loita común pola independencia. Ao longo de 1774 aumentaron os incidentes e enfrontamentos coas tropas británicas e, na primavera do ano seguinte, a guerra era unha realidade innegable. A guerra de Independencia (1775-1783)
La Sai wr nt en
NEW HAMPSHIRE
Missouri
Lago Hurón
Lago Erie
Territorio do Noroeste
Red
Vicerreinado de Nova España (España)
Territorio C h e do Mississippi
Yorktown 1781
IC es
Límite dos trece estados ao finalizar a guerra de Independencia en 1783 Cesións territoriais británicas a Estados Unidos en 1783 Territorios británicos en 1783 Territorios españois en 1783
Sioux Pobos indíxenas
N
CAROLINA DO SUR
XEORXIA
b
O Florida (España)
de ran oG Rí
Golfo de México
T
CAROLINA DO NORTE
1729 1732
Vitorias británicas
1 MAINE En 1820 a porción setentrional do Estado de Massachusetts convírtese no Estado de Maine.
L
e rok
Vitorias estadounidenses
Á
1729
ssis sipp i Mi
Louisiana (España)
RHODE ISLAND 1636 CONNECTICUT 1633 Trenton 1776 Brandywine 1777 NEW JERSEY 1664 DELAWARE 1664 MARYLAND 1632
VIRGINIA
io Oh
as
Principais batallas entre 1775 e 1783
NOVA YORK 1664
1607
Sioux
Territorio reservado aos indios en 1763 polo rei inglés
MASSACHUSETTS 1630 1679
PENNSYLVANIA 1681
Iroqueses
Límite das Trece Colonias cara a 1775
T
i
i sour Mis
Arkans
Huróns
Lago Michigan
2
A
iss iss ip p
Comanches
Saratoga 1777 Lago Ontario
2 VERMONT O seu territorio foi obxecto de disputa entre os estados de Nova York e Nova Hampshire, que o reclamaban. Independente de 1777 a 1791 como República de Vermont, en 1791 intégrase como Estado da Unión.
O
M
Superior
Territorio das Trece Colonias cara a 1775
1
N
Lago
1679 Datas de fundación das Trece Colonias
Nova Escocia (Gran Bretaña)
a
ce
O
Canadá (Gran Bretaña)
C
É
A
Nova Providencia (España)
a Territorio disputado aos británicos ata 1842.
Bahamas (Gran Bretaña)
b Territorio disputado con España ata 1802.
0
250
500
750 km
47
1
A Revolución americana: o nacemento de Estados Unidos Declaración de Independencia de EE. UU.
«Sostemos como evidentes estas verdades: que todos os homes son creados iguais; que son dotados polo seu Creador de certos dereitos inalienables; que entre estes están a vida, a liberdade e a busca da felicidade; que, para garantir estes dereitos, se institúen entre os homes os gobernos, que derivan os seus poderes lexítimos do consentimento dos gobernados; que cando queira que unha forma de goberno se faga destrutora destes principios, o pobo ten o dereito a reformala ou abolila e instituír un novo goberno que se cimente nos devanditos principios, e a organizar os seus poderes na forma que ao seu xuízo ofrecerá as maiores probabilidades de alcanzar a súa seguridade e felicidade. (...) Mais, cando unha longa serie de abusos e usurpacións, dirixida invariablemente ao mesmo obxectivo, demostra o designio de someter ao pobo a un despotismo absoluto, é o seu dereito, é o seu deber, derrocar ese goberno e establecer novas prevencións para a súa futura seguridade. (...) A historia do actual rei da Gran Bretaña é unha historia de repetidos agravios e usurpacións, encamiñados todos directamente cara ao establecemento dunha tiranía absoluta sobre estes Estados. Para probar isto, sometemos os feitos ao xuízo dun mundo imparcial». 4 de xulio de 1776.
1
2
3 4
1 John Adams, un dos partidarios da independencia
no Congreso Continental. Segundo presidente do país. 2 Thomas Jefferson, de cultura enciclopédica, foi un dos
autores da Declaración de Independencia. Terceiro presidente do país.. 3 Benjamin Franklin, científico e político, propuxo
emendas que promovían a liberdade, a igualdade e a tolerancia. 4 John Hancock presidiu o Segundo Congreso
Continental e recibiu o borrador da Declaración de Independencia.
George Washington Naceu en Virginia en 1732, nunha familia acomodada chegada de Inglaterra no século xvii. Con pouco máis de vinte anos, alistouse no exército e destacou nas campañas da guerra dos Sete Anos (1756-1763), que enfrontou a británicos e franceses. Nos anos seguintes mantivo unha posición política moderada, contrario ás imposicións da metrópole, pero fiel á Coroa británica. Cambiou de actitude a partir de 1773. En 1774 representou Virginia no Primeiro Congreso Continental, celebrado en Philadelphia, e declarouse partidario da independencia. Converteuse no comandante en xefe das tropas formadas polos colonos americanos e mostrou durante a guerra unha gran capacidade de organización.
George Washington.
48
Ao rematar esta, defendeu a creación dun Estado federal cun poder central forte, ideas que se plasmaron na Constitución aprobada en 1787. En 1789, o Congreso nomeouno primeiro presidente de Estados Unidos, cargo que ocupou ata 1797. A súa figura pasou á historia en Estados Unidos como o Pai da Patria.
U2
A Constitución dos Estados Unidos de 1787 Forma de goberno República federal Cada Estado ten autonomía para gobernar Manteñen en común: –P olítica exterior
Poderes
Lexislativo
Executivo
Xudicial
Congreso
Presidente
Tribunal Supremo
– Lexisla – Aproba o presuposto – Controla o Goberno
– Defensa – Moeda
Goberno
Cámara de Representantes
Senado
Xuíces
Secretarios (ministros)
Gobernadores dos estados
Dende 1913
Parlamentos dos estados
Compromisarios
Elección directa. El sufragio estaba reservado en cada Estado, polo xeral, a cidadáns brancos, propietarios e contribuíntes. Estaban excluídos negros e indíxenas. As mulleres non obtiveron o dereito ao voto ata 1920. Os parlamentarios designan dous senadores por cada estado (ata 1913). Elección indirecta do presidente a través de compromisarios. Nomeamento que confirma o Senado. Control.
C
I
D
A
D
A
N
En 1787, os representantes das antigas colonias, «os pais fundadores», reuníronse en Philadelphia como depositarios da soberanía nacional para debater o contido dunha Constitución común. Unha lei suprema que marcase os límites do exercicio do poder político. O texto constitucional aprobado establece a república federal como forma de Estado. Salvo defensa, moeda e política exterior, que son competencias exclusivas do Goberno federal, os diferentes estados asumen todos os demais aspectos da xestión pública. O sistema político ordénase de acordo co principio ilustrado da división de poderes: • Á fronte do poder executivo sitúase o presidente, que é elixido por sufraxio universal indirecto cada catro anos, con capacidade para nomear o Goberno e dirixir o exército. O primeiro presidente foi George Washington. • O poder lexislativo descansa nun Congreso composto de dúas cámaras, a Cámara de Representantes (elixidos en cada estado de acordo coa súa poboación)
Í
A
Veto suspensivo.
e o Senado (dous delegados de cada Estado). • O poder xudicial, independente das demais institucións do Estado, está encabezado por un Tribunal Supremo (seis membros designados polo presidente) encargado de interpretar a Constitución. A Constitución, que entrou en vigor en 1787, non solucionou as tensións e diferenzas entre os estados do norte e os do sur, nin abordou o problema da discriminación racial e a escravitude. Un problema que no século seguinte acabaría desencadeando o sanguento conflito civil coñecido como guerra de Secesión (18611865). Pero, a pesar das súas insuficiencias e limitacións, o texto constitucional, con algunhas emendas, demostrou a súa vixencia ata a actualidade. A Constitución de Estados Unidos de América foi a primeira constitución liberal, un exemplo exitoso que non pasaron por alto os revolucionarios europeos nin as outras colonias americanas.
49
2
A Revolución Francesa A historia de Europa, e a do mundo, non volveu ser igual despois de 1789. Os acontecementos extraordinarios acontecidos en Francia foron o principio da fin dunha orde social, a do Antigo Réxime, e o inicio dunha nova idade histórica. As ideas, a linguaxe e os símbolos da Revolución Francesa dominaron o século xix, unha época de profundas transformacións políticas, económicas e sociais. A extensión da política parlamentaria e constitucional, a xeneralización dunha sociedade de clases e a imposición do liberalismo económico foron algúns dos cambios máis importantes e constitúen as raíces das nosas sociedades contemporáneas.
2.1. As causas da revolución As orixes da revolución son unha combinación de factores políticos, económicos e sociais vinculados coa estrutura do Antigo Réxime e de problemas e conflitos relacionados coa conxuntura do último cuarto do sécu-
Déficit do Estado francés en 1788
«2. Pedimos insistentemente que Luís XVI, o noso bo rei, e os seus sucesores en liña directa reinen como verdadeiros monarcas, de acordo coas leis fundamentais da monarquía, e que non se impoñan outras trabas á súa autoridade que aquelas que poidan impedirlles facer reflectir sobre o seu pobo as doces influencias da súa bondade.
Millóns de libras
145
Gastos militares e diplomáticos
165
Débeda pública
318
Total gastos
628
Total ingresos
503
Déficit
125
3. Que o terceiro estado na provincia de Bretaña sexa representado, tanto nos Estados Xerais como nos Estados Provinciais, por un número de deputados que iguale o número das dúas primeiras ordes reunidas, os cales deputados non poderán ser nobres, nin procuradores fiscais nin eclesiásticos; e que en ambos os dous estados se vote por cabeza.
Evolución do prezo do trigo en Francia, 1756-1790 Libras francesas (século XVIII)
4. Que o clero e a nobreza contribúan co terceiro estado á construción e conservación dos camiños con traballo gratuíto (corvée royale).
34 32
3
30
5. Que se suprima o sorteo de quintasque os milicianos, gardacostas e mariñeiros o sexan nos sucesivo por contrato libre e pagados en diñeiro.. Este é o único medio de conservar as familias, que son o máis prezado e o máis necesario da nación.
28
7
26 24
5
22
6
7. Que as pensións e outras grazas que goza a nobreza non sexan en diante unha carga para o terceiro estado (...).
4
1
18 16
2 1760
1765
1 Guerra dos Sete Anos 3, 5 e 6 Crise financeira
50
En xaneiro de 1789, a convocatoria dos Estados Xerais coincidiu cun período de grave crise económica. «Cahier de doléances»
Gastos civís (corte e privilexiados; instrución pública e asistencial, etc.)
14 1756
Algúns ministros de Facenda, como Turgot, Necker e Calonne, propuxeron unha reforma fiscal para que os estamentos privilexiados, nobreza e Igrexa pagasen impostos. Pero estes negáronse e, en 1787, a Asemblea de Notables esixiulle ao rei que, se quería formular un novo imposto, convocase os Estados Xerais, institución de orixe medieval que non se reunira desde 1614. Esa rebelión nobiliaria, «a revolta dos privilexiados», creou unha crise política que acabou desembocando na revolución.
A crise económica
Partidas presupostarias
20
lo xviii. O Estado francés atravesaba unha profunda crise financeira. Aos enormes gastos da corte sumábanse as débedas contraídas polas continuas guerras, como a que se sostivera contra Gran Bretaña en favor da independencia das colonias norteamericanas (1775-1783). A ameaza de bancarrota era permanente.
1770
1775
2 Paz de París 7 Bancarrota
1780
1785
1790
Anos
4 Guerra de Independencia dos Estados Unidos
9. Que os dereitos feudais sexan absolutamente abolidos como dereitos odiosos e vexatorios» Cahier de doléances da parroquia de Peumerit (Bretaña).
U2
As malas colleitas dos anos anteriores (as inundacións de 1787 e a acusada seca de 1788) provocaran unha aguda crise de subsistencia. O prezo do trigo duplicouse e o do pan case chegou a triplicarse. A carestía provocou tamén a redución do consumo de produtos artesanais, o que acentuou aínda máis a crise das manufacturas derivada da competencia dos produtos ingleses. Moitos talleres e fábricas tiveron que pechar deixando os seus traballadores no paro. A escaseza de alimentos básicos e a suba dos prezos e o desemprego xeraron un descontento crecente nas clases populares. O malestar da poboación quedou reflectido nos máis de 60 000 cadernos de queixas (cahiers de doléances) que os representantes do terceiro estado reuniron por todo o país para facerlle chegar as súas peticións ao rei. Os campesiños protestaban contra o pagamento dos décimos e os abusos dos dereitos feudais, os traballado-
res urbanos facíano contra a escaseza, a carestía, a falta de traballo e o abandono das autoridades locais. Por outra parte, a burguesía urbana queixábase da presión fiscal que soportaba, das trabas impostas á liberdade de comercio e industria, da inxustiza dos privilexios nobiliarios e da falta de representación política. Pedían garantías de liberdades civís e políticas e unha reforma profunda do Estado e da Administración. O eco das ideas políticas da Ilustración chegou a escoitarse nas primeiras sesións dos Estados Xerais, abertas polo rei Luís XVI, o 5 de maio de 1789, no pazo de Versalles. Os delegados do terceiro estado reclamaron que non se votase de forma separada por estamentos, como era tradición, senón que cada persoa tivese un voto; dese xeito, pretendían evitar o triunfo das teses dos privilexiados, que sempre sumaban dous votos contra un. O terceiro estado reclamaba o poder da maioría, o principio da revolución.
De los Estados Generales a la Asamblea Nacional Composición dos Estados Xerais
291 578 270
Clero
25,5% dos representantes
Nobreza
23,7% dos representantes
Terceiro estado 50,7% dos representantes
Principais líderes Clero Nobreza Terceiro estado
Talleyrand Duque de Orleans, Lafayette Sieyès, Robespierre
Composición dos Estados Xerais e detalle do Xuramento do Xogo da Pelota, de Jacques-Louis David. O 19 de xuño, Luís XVI impediulles aos deputados do terceiro estado acceder ao salón de reunións en Versalles. Ao día seguinte, unha maioría deles decidiu xuramentarse para dar a Francia unha constitución. Despois de que se lles unisen deputados do clero e algúns nobres, Luís XVI declarou a apertura da Asemblea Nacional Constituínte.
51
2
A Revolución Francesa O terceiro estado e a toma da Bastilla
Que é o terceiro estado? «Que é o terceiro estado? Todo. Que foi ata o presente na orde política? Nada. Que pide? Ser algo. Quen se atrevería a dicir que o pobo baixo non contén en si todo o necesario para formar unha nación completa? É un home forte e robusto cun brazo aínda encadeado. Se se suprimise a orde dos privilexiados, a nación non sería algo menos, senón algo máis. Que é o terceiro estado? Todo, pero un todo atado e oprimido. Que sería sen a orde privilexiada? Todo, pero un todo libre e florecente. Nada pode funcionar sen el, todo iría infinitamente mellor sen os outros». E. J. Sieyès: Que é o terceiro estado? (París, 1789).
A toma da Bastilla O 14 de xullo de 1789 tivo lugar a toma da Bastilla, un cárcere real situado xunto aos barrios populares do leste de París, símbolizó da opresión da monarquía absoluta. O detonante da protesta foi o anuncio de destitución de Necker, ministro de Facenda, en quen o pobo depositara as súas esperanzas de cambio. A multitude protestaba nas rúas pedindo a rebaixa do prezo do pan. Os amotinados, despois de asaltar o hospital militar dos Inválidos, ao oeste da cidade, e apoderarse de miles de fusís, lanzáronse cara á Bastilla, ao outro lado da cidade, en busca de pólvora. Apenas había prisioneiros nas súas celas. Despois de varias horas de asedio, o gobernador da fortaleza mandou abrir as portas e rendeu a gornición. O episodio converteuse nunha xesta heroica protagonizada polo pobo en armas, o anuncio do fin das cadeas do Antigo Réxime e o triunfo da liberdade. Cando ao día seguinte a noticia chegou ao pazo de Versalles, nos arredores de París, Luís XVI preguntou se o que acontecera era unha rebelión. O duque de Rochefoucauld contestoulle: «Non, señor, non é unha rebelión, é unha revolución».
2.2. A Asemblea Nacional (1789-1792) O 20 de xuño de 1789, os delegados da burguesía reuníronse na sala do Xogo da Pelota (Jeu de Paume) ante o temor de que o rei, que lles impedira a entrada ao salón de reunións, tivese a intención de disolver os Estados Xerais. Os representantes do terceiro estado xuraron non se separar ata aprobar unha constitución para toda a nación. Os conxurados, co apoio dunha minoría do clero e da nobreza, declararon a apertura dunha Asemblea Nacional Constituínte. A actitude receosa do rei e os movementos de tropas espertaron o temor a unha intervención do exército. As voces de protesta dos deputados da Asemblea encontraron eco nas rúas de París. Repetíronse os motíns populares contra a carestía do pan e os excesos das forzas encargadas da orde e, o 14 de xullo de 1789, unha multitude asaltou os muros do cárcere onde se confinaban os presos políticos, un símbolo do absolutismo. A toma da Bastilla converteuse na imaxe máis coñecida da revolución. 52
O terceiro estado, personificado nun home, rompendo as súas cadeas antes do asalto á Bastilla.
A mobilización popular estendeuse tamén ás zonas rurais. Durante a grande peur («o gran medo»), no verán de 1789, multiplicáronse as revoltas antiseñoriais, con asaltos a castelos e queimas de escrituras de propiedade. As demandas dos campesiños estaban relacionadas cos traballos da Asemblea Nacional. Nos primeiros días de agosto publicáronse os decretos que remataron cos décimos, as prestacións persoais e os privilexios xurídicos estamentais. A partir dese momento, todos os cidadáns eran iguais á hora de pagar impostos. Era a abolición do sistema feudal. Antes de finalizar agosto, a Asemblea aprobou un texto moi importante, a Declaración dos Dereitos do Home e do Cidadán, inspirada na declaración de dereitos de Virginia de 1776. O texto consagraba os dereitos naturais e imprescritibles de todos os franceses: liberdade de pensamento e de crenzas, igualdade ante a lei, seguridade, propiedade e resistencia á opresión. Tamén establecía que a soberanía nacional era a expresión da vontade xeral.
U2
A presión popular obrigou o rei a asinar as leis que poñían fin ao Antigo Réxime: —A s medidas lexislativas posteriores que decretaron a liberdade de comercio e industria. —A expropiación dos bens eclesiásticos (novembro de 1789), convertidos en bens nacionais. —A disolución das ordes monásticas e a Constitución Civil do Clero (xullo de 1790). A partir dese momento, os clérigos que xuraran fidelidade á constitución pasaban a depender do Estado. O papa Pío VI condenou as medidas revolucionarias e suspendeu os clérigos que aceptaran a nova lei. Outras medidas tomadas nese período foron: —A emisión de papel moeda (os billetes chamados «asignados», avalados pola venda dos bens nacionais). —A Lei Le Chapelier, que prohibía tallantemente a creación de gremios ou asociacións. — Os decretos proteccionistas e de liberdade de comercio do gran. —A organización territorial do país, dividido en departamentos e comunas ou concellos, etc. A obra fundamental da Asemblea Nacional foi a elaboración da Constitución de 1791. Francia convertíase nese momento nunha monarquía constitucional rexida polos principios da soberanía nacional e a división de poderes. • O Goberno (poder executivo) seguía en mans do rei, que podía exercer o seu dereito de veto para bloquear as leis nacidas da Asemblea. • A Asemblea (poder lexislativo) estaba conformada polos representantes da nación elixidos por sufraxio censatario e indirecto. Tiñan dereito de voto os cidadáns «activos», é dicir, os que demostraran un determinado nivel de renda, que representaban un 15 % da poboación masculina. • Os tribunais de xustiza (poder xudicial) quedaban a cargo de xuíces electos independentes. A Constitución, aprobada en setembro de 1791, tiña un carácter bastante moderado, pero os sectores máis revolucionarios pedían cambios políticos máis radicais. Un dos motivos foi o intento de fuga de Luís XVI e da súa familia, que trasladaran a súa residencia de Versalles, símbolo do absolutismo, ao pazo das Tullerías, en París. Dende alí intentaron fuxir disfrazados o 20 de xuño de 1791, pero foron descubertos ao día seguinte en Varennes e levados de volta a París. Antes de partir, o rei deixara un escrito revogando todas as medidas da Asemblea ás que dera o seu asentimento. Ao parecer, a fuxida estaba relacionada cunha conspiración que buscaba a intervención das potencias europeas absolutistas.
En outubro de 1791, despois da disolución da Asemblea Nacional e a convocatoria de eleccións xerais, os novos deputados electos crearon a Asemblea Lexislativa, cunha clara división entre os que pretendían deter a revolución e os que esixían cambios máis radicais. Moitos deputados formaban parte de clubs e sociedades, os primeiros partidos políticos, que representaban as distintas opinións e intereses. O Club dos Feuillants agrupaba os monárquicos máis conservadores. Entre os revolucionarios, os máis moderados eran os xirondinos e os máis radicais, os xacobinos e os cordoeiros, que reclamaban o sufraxio universal e a desaparición da monarquía. En abril de 1792, no medio dunha situación moi conflitiva pola escaseza de alimentos e a ameaza contrarrevolucionaria, a Asemblea declarou a guerra a Austria. Un pouco máis tarde, o exército prusiano atravesou a fronteira francesa. Ante o temor dun golpe contrarrevolucionario, o 10 de agosto as masas populares, que acusaban o rei de complicidade cos invasores, asaltaron o pazo das Tullerías. Entre a multitude destacaba o pulo radical dos sansculotte, traballadores urbanos que vestían pantalón longo en vez do culotte típico dos acomodados. Comezou a facerse popular A Marsellesa, canción que cantaban os voluntarios marselleses que chegaran a París a defender a revolución.
2.3. A Convención (1792-1795) En setembro, despois dunhas eleccións celebradas por sufraxio universal masculino, creouse un novo parlamento, a Convención, que aboliu a monarquía e proclamou a República. Simultaneamente, na batalla de Valmy, un exército de cidadáns franceses expulsou o exército prusiano do duque de Brunswick, que ameazaba París; en novembro, unha nova vitoria en Jemappes sobre os austríacos asegurou a continuidade da revolución. Un dos debates apaixonados que enfrontou os xirondinos, máis moderados, cos xacobinos, exaltados (dirixidos por Marat, Danton e Robespierre), foi o proceso aberto ao rei. Ao final, a presión dos xacobinos conseguiu que Luís XVI fose xulgado e condenado a morte por colaboración co inimigo. En xaneiro de 1793, foi guillotinado. A súa execución pública conmocionou as cortes reais europeas e propiciou a creación dunha coalición internacional formada por Austria, Prusia, Gran Bretaña, Holanda e España. A guerra chegou ás fronteiras francesas. A Convención decretou a «leva en masa» (levée en masse), o primeiro exemplo de formación dun exército nacional baseado no recrutamento obrigatorio. Os exércitos franceses, formados por campesiños e artesáns chamados ás ar53
2
A Revolución Francesa
Os termos «esquerda» e «dereita»
As constitucións
Os termos «esquerda» e «dereita» proceden dos primeiros anos da revolución. Non había partidos políticos, pero si grupos afíns procedentes de clubs e sociedades patrióticas, cunha ideoloxía e unha composición social similar. Na Asemblea, os propietarios burgueses, máis conservadores e sentados á dereita da presidencia, e que se opoñían aos cambios sociais e políticos, enfrontáronse aos partidarios de continuar o proceso revolucionario, sentados á esquerda da cámara. Entre os revolucionarios «patriotas», os máis moderados eran os xirondinos; os máis radicais, xacobinos e cordoeiros, esixían o establecemento da república e o sufraxio universal. Actualmente, as tendencias políticas de esquerda e dereita seguen conformando a nosa cultura política e continúan sendo válidas para definir o xeito diferente de entender os principios de liberdade e igualdade, o funcionamento do sistema económico capitalista e o papel que debe desempeñar o Estado.
Constitución de 1791
Constitución de 1793
Constitución de 1795
Forma de Estado
Monarquía constitucional
República
República
Soberanía
Sufraxio censatario
Popular por sufraxio universal masculino
Sufraxio censatario
Poder executivo
Rei
Poder lexislativo
Asemblea única
Poder xudicial
Consello executivo Directorio (24 membros) (5 membros)
Tribunal Supremo e Alto Tribunal (para xulgar ministros e altos cargos)
En novembro de 1793 celebrouse en París unha «Festa da Liberdade e da Razón» na catedral de Notre Dame, convertida en «Templo da Razón». No medio dunha procesión con mulleres vestidas de branco, bustos de filósofos e o coro da Ópera cantando himnos revolucionarios, apareceu unha moza cunha túnica azul e un gorro frixio coroada como deusa da Razón. Os actos do culto á Razón adquiriron certa popularidade e estendéronse polas principais cidades francesas durante o xacobinismo radical. Formaban parte do proceso de descristianización emprendido polas autoridades revolucionarias: a creación dunha relixión nova de carácter cívico-patriótico, unha nova liturxia simbólica visible tamén en festas como a plantación de árbores da Liberdade, as celebracións da Xuventude, a Agricultura e a Natureza, os banquetes fraternos ou as cerimonias das vitorias, os mártires nacionais e os aniversarios das xornadas máis memorables da revolución.
54
Dúas asembleas
Tribunais
Xuíces (designados por electores)
Xuíces (independentes e elixidos polo pobo).
O culto á Razón
Este soño durou moi pouco. Co Directorio e, despois, durante o imperio de Napoleón, as festas marxináronse e foron derrogadas. Tamén o calendario republicano foi abolido a finais de 1805. Pero a linguaxe, os símbolos e os ritos revolucionarios perviviron ao longo do século xix e pasaron a formar parte da cultura liberal e do republicanismo democrático.
Asemblea única
Cerimonia da Razón en París.
U2
mas, salvaron a República revolucionaria fronte ás tropas europeas que representaban o Antigo Réxime.
a educación primaria gratuíta, suprimiron o culto relixioso e crearon festas laicas dedicadas á Razón.
Na primavera de 1793, as levas e a carestía das subsistencias provocaron protestas e revoltas campesiñas, como a sublevación contrarrevolucionaria que estalou na rexión da Vendée, onde se chegou a crear un exército a favor da monarquía apoiado pola nobreza e o clero refractario. Mentres tanto, nun ambiente case de guerra civil, as clases populares urbanas protestaban en París contra a escaseza e a especulación, e pedían un Goberno de carácter máis social e democrático.
Ao mesmo tempo ditaron toda unha serie de reformas sociais que afectaban a propiedade da terra, os salarios mínimos e o prezo dos artigos de primeira necesidade. Recollían así algunhas das demandas das clases populares máis radicais. Robespierre, á fronte do Comité de Salvación Nacional, decretou unha serie de medidas excepcionais que pretendían eliminar os inimigos da revolución.
En xullo de 1793 chegou ao poder Robespierre. Os xacobinos, co apoio nas rúas da multitude formada polos sans-culotte, conseguiran desprazar do Goberno os dirixentes xirondinos. Comezaba a época da Convención xacobina ou montañesa, o período máis exaltado da revolución. Proclamouse unha nova Constitución cun carácter moito máis democrático e social que a anterior, baseada na soberanía popular e o sufraxio universal. Os xacobinos estableceron un novo calendario republicano, promoveron Charles-Maurice de Talleyrand-Périgord Talleyrand (1754-1838), bispo de orixe nobiliaria que en 1789 participou nos Estados Xerais como deputado do estamento eclesiástico, destacou como defensor das reformas revolucionarias. Foi un dos redactores da Constitución de 1791 e un dos poucos bispos que aceptou o estatuto civil e a nacionalización dos bens do clero. Ao radicalizarse o proceso revolucionario, exiliouse a Gran Bretaña e posteriormente a América do Norte. Regresou a Francia en 1796 para encargarse dos asuntos exteriores do Directorio, o mesmo posto que desempeñou ao servizo de Napoleón despois de 1799. A súa vocación diplomática foino afastando do imperialismo militar de Bonaparte. Ese distanciamento permitiulle continuar a súa carreira política despois de 1814, tras a abdicación do emperador. Como xefe do Goberno provisional foi o principal artífice da restauración dos Borbóns; no Congreso de Viena, de novo como ministro de Asuntos Exteriores, logrou a integridade territorial de Francia. A súa carreira política continuou ata a revolución de 1830, outra vez ao lado dos vencedores, os partidarios de Luís Filipe de Orleans. Unha vida a cabalo entre dous séculos, entre dous mundos diferentes. Unha proba de como unha parte das elites do Antigo Réxime conseguiu buscar acomodo na nova sociedade burguesa decimonónica.
Era o «despotismo da liberdade», unha sanguenta política represiva que se coñece como o Terror. Ás detencións, procesamentos masivos e xuízos sumarísimos sucedéronos miles de execucións (unhas 40 000 persoas) de todos aqueles que eran considerados «inimigos do pobo».
2.4. O Directorio (1795-1799) O 27 de xuño de 1794 (9 termidor do ano II), produciuse o que se coñece como reacción termidoriana. A burguesía moderada, co apoio do exército, puxo fin á experiencia da república igualitaria e xacobina. Robespierre e os seus principais partidarios foron detidos e remataron na guillotina. A Convención pasou ás mans de dirixentes conservadores, que anularon a lexislación democrática, clausuraron os clubs e sociedades patrióticas e, en setembro de 1795, decretaron a Constitución. Con sufraxio censatario, dúas cámaras lexislativas (Consello dos Anciáns e Consello dos Cincocentos) e un poder executivo encabezado por un Directorio de cinco membros dotados de amplos poderes. Foi a última etapa da revolución e estivo marcada por un xiro conservador apoiado pola burguesía. Os motíns populares provocados pola crise económica e as protestas de realistas e de radicais foron reprimidos polo exército. Os dirixentes do Directorio tivo que afrontar conspiracións, como a dirixida por François Babeuf en 1796, a chamada «conxura dos iguais», que avogaba por unha transformación radical postulando a colectivización da terra e o igualitarismo social. Babeuf, executado en 1797, foi considerado un precursor do socialismo utópico. O exército cobrou protagonismo político polos seus éxitos militares no exterior. No medio dun clima de inestabilidade política, creceu a idea da necesidade dun «goberno forte». Un dos xenerais máis destacados, Napoleón Bonaparte, protagonizou un golpe de Estado, o 18 de brumario (9 de novembro de 1799), poñendo fin á revolución.
55
3
O imperio napoleónico A ditadura militar imposta en Francia por Napoleón rematou co proceso revolucionario e deixou paso á construción dun imperio que, durante unha década, dominou Europa. A súa derrota final supuxo o retorno temporal do absolutismo. Pero as cousas non volverían ser como antes. Como demostrará a historia das décadas seguintes, a pegada da revolución era profunda e duradeira.
3.1. A construción do imperio Napoleón foi xeneral con apenas vinte e cinco anos. O seu rápido ascenso debeuse ás oportunidades creadas polas guerras da época revolucionaria. En 1796, o Directorio encomendoulle o mando do exército de Italia. En poucos meses conquistou o norte do país e derrotou a Austria, á que impuxo na Paz de Campo Formio a cesión de Bélxica. Despois da campaña de Exipto (1798-1799), regresou a París como un heroe nacional. Era o mellor
xeneral no campo de batalla e o máis capacitado para controlar a situación interna de Francia, un desexo que non ocultaban os sectores máis moderados do Directorio. Con ese apoio político, o respaldo do exército e o prestixio popular, Napoleón tíñao todo para lanzarse á conquista do poder. O golpe de estado de novembro de 1799 instaurou un Consulado. Napoleón tiña que compartir o poder executivo con outros dous cónsules, Sieyès e Ducos, pero en 1802, xa era cónsul único e vitalicio. O Consulado era, na práctica, unha ditadura persoal. O Goberno concentraba cada vez máis poder e tiña nas súas mans a iniciativa lexislativa. O primeiro artigo da Constitución do ano XII (1804) confiaba todos os poderes da República «a un emperador que toma o título de emperador dos franceses». O 2 de decembro dese ano, en presenza do papa Pío VII, Napoleón I coroouse a si mesmo na catedral de Notre Dame.
Napoleón Bonaparte (1769-1821) Naceu nunha familia da pequena nobreza da illa de Córsega. Ascendeu a xeneral durante a defensa do porto de Toulon (1793) e alcanzou gran prestixio militar nas campañas de Italia (1796-1797). A súa carreira política iniciouse co golpe de Estado do 9 de novembro de 1799 (18 de brumario) e a súa participación no Consulado, con Emmanuel-Joseph Sieyès e R. Ducos. En 1802 foi nomeado cónsul vitalicio e dous anos despois proclamouse emperador dos franceses. Impulsou e dirixiu a expansión militar francesa en Europa, difundindo as novas ideas revolucionarias e buscando crear un grande imperio europeo baixo a dirección de Francia. Gran Bretaña foi o seu gran rival, sobre todo no mar, pero as tropas francesas tamén se encontraron con outras dificultades, como o combate de guerrillas en España e, máis tarde, a táctica de «terra queimada» en Rusia: obrigounos a retirarse por problemas de avituallamento, agravados polas baixas temperaturas, tras chegar ata Moscova. O 31 de marzo de 1814, os aliados contra o imperio napoleónico entraron en París e este viuse obrigado a abdicar seis días despois e exiliarse á illa de Elba. Meses máis tarde regresou e tomou de novo o poder, en febreiro de 1815. A súa posterior derrota na batalla de Waterloo, o 18 de xuño dese ano fronte ao duque de Wellington, marcou o seu final. Morreu en 1821 durante o seu exilio na illa de Santa Elena.
Napoleón no seu gabinete de traballo, de Jacques-Louis David.
56
U2
No interior, establecido o control da orde pública, iniciáronse reformas administrativas que pretendían manter algúns principios do liberalismo moderado. O culto católico recuperou o recoñecemento e o apoio do Estado grazas ao Concordato asinado coa Santa Sé (1801). A promulgación do Código Civil (1804), o Código de Comercio (1807) e o Código Penal (1810) recoñecían as principais reivindicacións da burguesía: as liberdades individuais básicas, a igualdade ante a lei, a defensa do dereito de propiedade, etc. Estas reformas legais, xunto coas medidas que establecían a igualdade fiscal, a educación primaria universal e a centralización administrativa no seu capital, París, sentaron as bases da organización do Estado francés contemporáneo.
(Friedland, 1807), e da invasión de España e Portugal (1808), o dominio continental dos exércitos napoleónicos parecía incontestable. Contaban con amplos continxentes que non eran de orixe francesa, pero os seus éxitos militares debéronse a que loitaban contra exércitos do Antigo Réxime. As elites intelectuais manifestaron as súas simpatías por Napoleón e moitos europeos percibían a chegada das súas tropas como unha liberación das cadeas ás que estaban sometidos pola monarquía absoluta e a sociedade estamental. Dende o mar do Norte ata o Mediterráneo, case todos os Estados europeos quedaban baixo a administración directa imperial ou permanecían vinculados nunha rede de Estados aliados e Estados vasalos, gobernados por familiares directos do emperador. Só Reino Unido quedaba á marxe deste proxecto do «grande imperio» soñado por Napoleón, unha realidade ata 1812.
O imperio napoleónico estendeu as súas fronteiras por toda Europa. Despois das vitorias contra os austríacos (Austerlitz, 1805), os prusianos (Jena, 1806) e os rusos
Máxima expansión de Napoleón en Europa, 1812 0
Imperio francés en 1812
250
500 km
Estados dependentes do imperio francés Estados independentes aliados do imperio francés
REINO DE DINAMARCANORUEGA
Estados inimigos do imperio francés Fronteiras da Confederación do Rin
REINO UNIDO Mar DE GRAN BRETAÑA do Norte E IRLANDA
Bases navais británicas Principais batallas entre 1805 e 1815
Bailén
Leipzig 1813
Helgoland
1
ia
Ma r Ne gro
IMPERIO REINO DE NÁPOLES
5
OTOMÁN Corfú
Mar
REINO DE SICILIA
Melilla (España)
A expansión do imperio napoleónico estivo ligada á difusión das ideas revolucionarias de liberdade, igualdade e fraternidade, e considérase un dos precedentes da idea dunha Europa unida politicamente. Para logralo, enfrontouse, grazas ao apoio dunha parte da
Valaquia
MONTENEGRO
REINO DE SARDEÑA
A L XE RIA
c
b
Ceuta (España)
MARROCOS
AUSTRÍACO
a
Elba Córsega
IMPERIO
via da
Xibraltar (R. U.)
Austerlitz 1805 Wagram 1809
ab
Trafalgar 1805
IMPERIO RUSO
ol
AT L Á N T I C O
SIA
GRAN DUCADO DE VARSOVIA
NIA
BAVIERA
3
4
Bailén 1808
Eylau 1807
ar
OCÉANO
Borodinó 1812
XO
SA
REINO DE ITALIA
REINO DE ESPAÑA
Friedland 1807
PRU
Ulm 1805
VitoriaGasteiz 1813 Arapiles 1812
REP. DE DÁNZIG
Jena 1806
CONFEDERACIÓN DO RIN
FRANCIA
Báltico
M
REINO DE PORTUGAL
Waterloo 1815
Mar
s Be
1 GRAN DUCADO DE MECKLEMBURGO 2 GRAN DUCADO DE BERG 3 REPÚBLICA HELVÉTICA 4 DUCADO DE LUCCA 5 PIOMBINO
FA L
2
Illas Anglonormandas
a Gran Ducado de Toscana b Estados Pontificios c Provincias Ilíricas
ST
Derrotas francesas
DE
R.
IA
REINO DE HOLANDA
Vitorias francesas
WE
Jena
REINO DE SUECIA
TUNISIA
Malta
Illas Xónicas
Mediterráneo
poboación, aos países nos que gobernaban monarquías absolutas. Se ben tamén encontrou resistencia noutros grupos da poboación e algúns países convertéronse en difíciles inimigos, como Gran Bretaña, o imperio ruso ou España.
57
3
O imperio napoleónico El arte en el siglo xviii: el Neoclasicismo y el Romanticismo O Neoclasicismo xurdiu no marco da difusión das ideas da Ilustración e da Revolución Francesa como reacción á sobrecarga decorativa do Barroco. Inspirouse nos descubrimentos arqueolóxicos de finais do século xviii. Buscaba o equilibrio da composición e a pureza das liñas, ao tempo que incorporaba elementos e composicións das obras de arte gregas e romanas, sobre todo en arquitectura, en obras como o Museo Británico en Londres, o Panteón de París ou Museo do Prado en Madrid. En escultura destaca Antonio Canova. O
O Panteón de París.
Romanticismo xurdiu en Europa cara a 1830 como un movemento intelectual e artístico. Poñía a paixón e os sentimentos por enriba da razón e exaltaba a liberdade como valor irrenunciable.
En pintura expresouse mediante o movemento e a luz, con cores brillantes. Canto aos temas, elixíronse principalmente aqueles nos que a experiencia vital dos seus protagonistas ou a propia natureza se mostraban con toda a súa forza. Artistas como Delacroix, Géricault, Friedrich, Turner ou, en España, Mariano Fortuny son representativos desta corrente.
O camiñante sobre un mar de néboa, de Friedrich. Museo de Kunsthalle, Hamburgo (Alemaña).
OLYMPE DE GOUGES (1748-1793) É o pseudónimo de Marie Gouze, filósofa e escritora francesa, forte defensora dos dereitos das mulleres e da abolición da escravitude. Considérase unha das figuras clave dos inicios do feminismo, como Madame de Staël (1766-1817). Defendeu a igualdade entre homes e mulleres en todos os ámbitos: social, económico, político (incluíndo sufraxio e responsabilidade en xestión política), laboral, fiscal, militar, educativo, etc.
58
No ámbito familiar, propugnou a idea de cambiar o matrimonio por un contrato anual renovable e impulsou que os fillos de nais solteiras fosen recoñecidos polos seus pais. Naceu nunha familia humilde, casou a idade temperá e quedou viúva cun fillo. En 1788 trasladouse a vivir desde Montauban a París e alí iniciou a súa carreira literaria, durante a cal escribiu numerosos artigos, panfletos e obras de teatro. A súa obra máis coñecida é a Declaración dos Dereitos da Muller e da Cidadá, publicada en 1791 como resposta á Declaración dos Dereitos do Home e do Cidadán (1789), que se converteu nun símbolo da reclamación da igualdade ao deixarse fóra da cidadanía ás mulleres. As súas ideas políticas, contrarias a Robespierre e a Marat, levárona a ser condenada a morte na guillotina o 3 de novembro de 1793.
U2
3.2. A derrota napoleónica
3.3. A pegada da Revolución Francesa
Pero o dominio imperial tiña os seus límites. A derrota da escuadra naval franco-española en Trafalgar (1805) subliñou a superioridade marítima da Armada inglesa, que conseguiu sortear o bloqueo continental decretado por Napoleón (1806). A partir do ano 1812 chegaron os reveses militares. Dúas campañas producíronlle un enorme desgaste:
En 1815, as potencias internacionais que derrotaran a Napoleón intentaron restaurar a vella orde do Antigo Réxime. Pero, co paso dos anos, ese propósito revelouse imposible.
• Península Ibérica. As tropas francesas sufriron unha derrota inicial en Bailén (1808) e unha continua deterioración debido á resistencia dunha parte do pobo español en forma de guerrillas. En 1812, as vitorias do exército comandado por Wellington obrigaron o exército francés a emprender un repregamento que culminou, un ano máis tarde, coa súa expulsión ao outro lado dos Pireneos. • En Rusia, a desastrosa invasión que Napoleón ordenou en 1812 acabou cunha retirada en pleno inverno, que se converteu nunha catástrofe. Dos 600 000 soldados da Grande Armée só 100 000 puideron regresar ilesos. A coalición internacional dirixida por Reino Unido derrotou os franceses en Leipzig (1813). Os exércitos aliados internáronse en territorio francés e lograron chegar ata as portas de París, forzando a abdicación de Napoleón (1814), quen se retirou á illa de Elba. O seu fugaz regreso ao poder, en marzo de 1815, o chamado imperio dos Cen Días, rematou coa derrota sufrida en Waterloo fronte a un exército internacional formado por tropas británicas, prusianas, austríacas e rusas. Napoleón foi desterrado á illa de Santa Elena, onde morreu en 1821. O trono de Francia volveu ás mans dos Borbóns na figura de Luís XVIII, quen outorgou unha constitución que favorecía as clases propietarias conservadoras, aínda que mantiña algúns principios de carácter liberal moderado.
Os exércitos napoleónicos, na súa expansión por toda Europa, destruíran as estruturas do feudalismo. O derrubamento das monarquías absolutas permitiu tamén a chegada das ideas e dos principios revolucionarios. En moitos territorios promulgáronse constitucións que abolían a sociedade estamental e creaban monarquías limitadas pola separación de poderes e un corpo lexislativo elixido por sufraxio censatario. O que pasara unha vez podía volver acontecer. A Revolución Francesa foi un proceso de cambio radical que convulsionou o continente europeo durante máis dunha década e que o seguiu facendo ao longo do século xix. É o episodio histórico máis transcendental para entender a evolución do mundo contemporáneo occidental. A Revolución Francesa inaugurou o vocabulario político moderno, puxo en marcha os sistemas legais vixentes na actualidade, transformou as relacións sociais e demostrou que a xente común podía cambiar o curso da historia. Liberalismo, revolución social, burguesía, democracia, ditadura, dereitos humanos, liberdades individuais, ou cidadán en lugar de súbdito, etc., son conceptos fundamentais que teñen as súas raíces nos extraordinarios acontecementos que aconteceron en Francia na década de 1789 a 1799. O eco da Marsellesa chega ata hoxe e recorda a forza do seu slogan máis coñecido: Liberdade, Igualdade e Fraternidade.
Herdanza da Revolución Francesa Política
Económica
Organizativa
Ideolóxica e cultural
Soberanía nacional
Liberdade económica
Tribunais civís
Laicización
Constitucionalismo
Protección da propiedade
Administración territorial nacional
Sistema métrico decimal
Igualdade impositiva
Códigos civil, penal e comercial
Impulso educativo
Liberdades
Separación de poderes
A Marsellesa, de Rude.
59
Traballa os contidos RESUMO
Lembra seleccionar o material de traballo desta unidade no teu portafolio.
Xerar - Clasificar Relacionar - Desenvolver
Revolución Americana
• Aumento impositivo • Motín do té
• Guerra da Independencia (1775-1783) • Paz de Versalles (1783)
Revolución Francesa
• Crise financeira • Revolta dos privilexiados • Estados Xerais
Asemblea Nacional (1789-1792): – Revoltas antiseñoriais – Declaración de Dereitos do Home e do Cidadán – Constitución de 1791
Convención (1792-1795): – Guerra da Convención – Proclamación da República – Execución de Luís XVI – O Terror
• Declaración de Dereitos de Virginia (1776) • Constitución (1787)
Imperio napoleónico
Directorio (1795-1799): – Napoleón – Golpe de brumario
Reformas administrativas
Dominio europeo
• Derrota de Waterloo • Imperio dos Cen Días • Napoleón en Santa Elena
RECURSOS Bibliográficos
Audiovisuais
• Bosch, A. (2010). Historia de los Estados Unidos, 17761945. Barcelona: Crítica. Seguramente, o mellor libro escrito en castelán para coñecer as orixes históricas de Estados Unidos, o dobre proceso de independencia e revolución política, e a evolución posterior do país.
• O patriota (R. Emmerich, 2000). Película bélica que narra a historia de Benjamin Martin, un home que se ve implicado na Revolución Americana.
• Castells, I. e Tafalla, J. (2011). Atlas histórico de la Revolución Francesa (1789-1799). Madrid: Síntesis. Obra, moi actualizada, para seguir o proceso do ciclo revolucionario francés a través dun conxunto de mapas que relacionan os espazos, os acontecementos e os protagonistas.
• Napoleón (2002). Miniserie histórica de tres capítulos, nos que se debullan os triunfos e os fracasos militares de Napoleón, así como a súa vida persoal.
• Espinós, J. e Sánchez, D. (2001). Así vivían durante la Revolución Francesa. Madrid: Anaya, Biblioteca Básica de Historia. Este libro vai máis alá da historia política da revolución e presenta como viviron os protagonistas este acontecemento. • McPhee, P. (2013). La Revolución Francesa, 1789-1799. Una nueva historia. Barcelona: Crítica. Incorpora as liñas de investigación das últimas dúas décadas. • Yllán, E. (2000). La Revolución Francesa. Madrid: Anaya, Biblioteca Básica de Historia. Breve presentación dos sucesos revolucionarios acontecidos en Francia, con claro carácter divulgativo.
60
• Danton (A. Wajda, 1982). Excelente recreación da Revolución Francesa. Narra os últimos días de Danton e o clima de «terror» que se vivía.
• Scaramouche (Sidney, 1952). Película de aventuras ambientada na Francia prerrevolucionaria.
Internet • archives.gov/espanol/constitucion.html A Constitución dos Estados Unidos de América. Acceso aos orixinais da Constitución e a Declaración de Independencia de EE. UU. • clio.rediris.es/n30/cahiers.htm Os cahiers de doléances. Información sobre os cadernos de queixas e textos completos representativos de cada estamento social. • es.chateauversailles.fr Biografías de personaxes da corte, información sobre estancias, etc.
U2
ACTIVIDADES 1
Comprobamos. Explica cales eran os motivos do descontento dos colonos norteamericanos. Cales cres que foron os máis importantes?
2 Que sucedeu no denominado motín do té? Como reac-
9 Por que se produciu a toma da Bastilla? 10 Que leis aprobou a Asemblea Nacional Constituínte? Que supuxo a Constitución de 1791?
11
Analiza o papel de Luís XVI ao longo do proceso revolucionario. A que conclusións chegas?
12
Busca información e compara a actuación de Marat, Danton e Robespierre. Na imaxe, O arresto de Robespierre, de Jean Tassaert.
cionaron as autoridades británicas?
3 Redacta unha breve biografía de George Washington, na que incidas no seu papel durante a guerra.
4 Que papel desempeñaron españois e franceses na Guerra de Independencia norteamericana?
5 Explica o funcionamento do sistema político establecido na Constitución de Estados Unidos de 1787.
6
Consulta os gráficos e as imaxes da epígrafe 2 e elabora unha síntese sobre as causas da Revolución Francesa.
13 Redacta unha biografía de Napoleón. Por que cres que é un dos personaxes históricos máis célebres?
14 Realiza unha ficha dunha das batallas que figuran no mapa da epígrafe 3, na que inclúas a súa localización, cronoloxía e características.
15
7 Le o doc. «Cahier de doléances». Que demandas aparecen reflectidas? Cres que eran diferentes ás dos outros estamentos?
8 Explica e contextualiza o seguinte texto de E. Sieyès: «Que é o terceiro estado? Todo. Que foi ata o presente na orde política? Nada. Que pide? Ser algo».
Liña do tempo. Realiza un eixe cronolóxico cos seguintes conceptos: Boston Tea Party, Declaración de Independencia de Estados Unidos, Paz de Versalles, asalto á Bastilla, execución de Luís XVI, derrota de Waterloo, Asemblea Constituínte, Asemblea Lexislativa, Convención Republicana, Directorio, Consulado, imperio, coroación de Napoleón, batalla de Austerlitz, campaña de Rusia, batalla de Waterloo, imperio dos Cen Días.
Marcha sobre Versalles (outubro de 1789). As mulleres van cara a Versalles en protesta pola suba do pan e a falta de dereitos. A elas uníronse os revolucionarios, que pedían reformas políticas.
61
Obradoiro de historia. Comentario de texto PRESENTACIÓN DO PROXECTO É a representación gráfica dunha sucesión de acontecementos ordenados cronoloxicamente nunha liña na que a cada tramo de igual medida corresponde un período de igual duración. Se un centímetro representa dez anos, esta correspondencia mantense en toda a liña, independentemente do número de sucesos que se inclúan. Cando a liña é horizontal, chámase friso cronolóxico, e se é vertical, eixe cronolóxico. É moi útil para relacionar os acontecementos na súa sucesión ou simultaneidade, diferenciar ritmos no tempo histórico e observar relacións de causa e consecuencia.
PASOS PARA REALIZAR O PROXECTO
Hase ter en conta que en moitos casos a datación será aproximada ou cubrirá un período histórico de maior ou menor amplitude. 3. Fixación da unidade de medida Buscar a data máis antiga e a máis recente que se deban incorporar e situalas nos extremos do eixe para decidir se o espazo se vai distribuír por anos, decenios, séculos, etc., e o espazo que ocupará cada medida. 4. Marcación de anos como referencia visual Indicar o final ou inicio de cada década, de cada século, etc. 5. Situación dos elementos Escribir o acontecemento, xunto á súa data representada na liña do tempo, cun texto que sexa significativo. Aplicacións informáticas
1. Definición do título Tendo en conta os elementos a situar na liña, buscar un aspecto común que sirva para definir un título. 2. Datación de elementos Se non se coñece, buscar a data dos elementos que van situarse no eixe cronolóxico.
Hai ferramentas en liña para crear liñas do tempo que permiten incorporar arquivos textuais, gráficos e multimedia, determinar niveis de zoom, traballar de xeito cooperativo, compartir o resultado, etc. As máis utilizadas son Dipity, TimeToast, TimeLine, Signup e Preceden. Na páxina seguinte tes un exemplo dun eixe cronolóxico.
EXERCICIO • E labora unha liña do tempo da arte europea, do Barroco ao Romanticismo. Sitúa no tempo: Barroco, rococó, Neoclasicismo e Romanticismo. Busca a data das seguintes obras e sitúaas a continuación no eixe, vinculando cada unha co seu estilo correspondente:
11. Paret e Alcázar, A tenda do anticuario Geniani.
11. Velázquez, As meninas.
15. David, O xuramento dos Horacios.
12. Fragonard, O bambán.
16. Lagans, Porta de Brandenburgo.
13. Canova, Cupido e Psiqué.
17. Villanueva, Observatorio Astronómico (Madrid).
14. Bernini, A éxtase de Santa Teresa. 15. Ribera, O martirio de San Bertomeo. 16. Rembrant, Rolda de noite. 17. Rubens, As tres grazas. 18. Borromini, San Carlos das catro fontes. 19. C asas Novoa, fachada do Obradoiro (catedral de Santiago de Compostela). 10. R ovira, fachada do pazo do marqués de Dos Aguas (Valencia).
62
12. Boucher, Primavera. 13. Gainsborough, A avenida do parque St James. 14. Rude, A Marsellesa.
18. Goya, O parasol. 19. Friedrich, Viaxeiro fronte ao mar de néboa. 20. Turner, Ulises burla a Polifemo. 21. Delacroix, A Liberdade guiando o pobo. 22. Géricault, A balsa da Medusa. 23. Mengs, O Parnaso. 24. Xosé de Madrazo, A morte de Viriato. 25. Constable, O carro de feo.
U2
EXEMPLO Acontecementos fundamentais da historia contemporánea HISTORIA MUNDIAL Inicio da Primeira Revolución Industrial
HISTORIA DE ESPAÑA 1750
Declaración de independencia de EE. UU. 1776 Revolución Francesa 1789
1808 1811 1812 1814 Primeira Revolución liberal 1820 1823 Segunda Revolución liberal 1830 1833 Publicación do Manifesto comunista Terceira Revolución liberal 1848 Fundación da AIT (I Internacional) 1864 Revolución Meiji en Japón 1868 Comuna de París 1871 1873 1874 Inicio Segunda Revolución Industrial 1880 Conferencia de Berlín (repartición colonial) 1885 II Internacional 1889 1898 1909 Primeira Guerra Mundial 1914 Revolución Rusa 1917 1918 1923 Crac de Wall Street 1929 1930 1931 O Partido Nazi gana as eleccións en Alemaña 1933 1936 1939 Segunda Guerra Mundial 1940 1945 1952 1955 Creación da CEE 1957 Inicio da Terceira Revolución Industrial 1970 Crise do petróleo 1973 1975 1977 1978 1981 1982 1986 2000 Atentado contra as Torres Xemelgas en Nova York 2001 2004 Inicio dunha recesión económica mundial 2008 2011 Inicio das independencias de países latinoamericanos
Guerra da Independencia Aprobación en Cádiz da primeira Constitución española Pronunciamento de Riego Restablecemento da monarquía absolutista Isabel II chega ao trono Inicio das guerras carlistas Pronunciamento militar da «Revolución de setembro» Expulsión de Isabel II Primeira República
O desastre do 98 Semana Tráxica Folga xeral revolucionaria Inicio da ditadura de Primo de Rivera Proclamación da Segunda República Guerra Civil Ditadura de Franco
Fin do racionamento Entrada de España na ONU
Asasinato de Carrero Blanco Morte de Franco Eleccións democráticas tras a ditadura Aprobación da actual Constitución española Intento de golpe de Estado España, membro da OTAN Entrada de España na CEE Adóptase o euro como moeda Atentados do 11-M en Madrid ETA anuncia o cesamento definitivo da súa loita armada
63
Traballa con documentos A CIDADANÍA E O ESTADO • Comenta os Docs. 1 e 2 conxuntamente. Destaca as analoxías e as diferenzas, e busca as causas diso. • Analiza o Doc. 3 de Montesquieu acerca da organización do Estado, a realidade da súa época e a súa influencia nos cambios políticos posteriores.
Doc. 1. Declaración de Dereitos de Virginia (1776) 1. Q ue todos os homes son, por natureza, igualmente libres e independentes, e que teñen certos dereitos inherentes dos que non poden ser privados ou desposuídos (...); a saber, o gozo da vida e da liberdade, cos medios de adquirir e posuír a propiedade e perseguir e obter a felicidade e a seguridade.
Doc. 2. Declaración dos Dereitos do Home e do Cidadán (1789) 1. O s homes nacen e permanecen libres e iguais en dereitos. As distincións sociais non poden fundarse máis que sobre a utilidade común.
2. Q ue todo poder está investido no pobo e, por conseguinte, deriva do pobo (...).
2. O obxecto de toda asociación política é a conservación dos dereitos naturais e imprescriptibles do home. Estes dereitos son a liberdade, a seguridade, a propiedade e a resistencia á opresión.
5. Q ue os poderes lexislativo, executivo e xudicial deben estar separados e son diferentes (...).
3. O principio de toda soberanía reside (...) na Nación. (...).
6. Q ue todas as eleccións deben ser libres e que todos os homes que probasen suficientemente a súa adhesión á comunidade e un interese común permanente con ela teñen dereito de sufraxio (...).
4. A liberdade consiste en poder facer todo aquilo que non dane a un terceiro (...).
8. Q ue en todos os procesos criminais ou de pena capital o acusado ten dereito a coñecer a causa e natureza da súa acusación, a ser confrontado cos acusadores e testemuñas, a aducir testemuños ao seu favor e un xuízo rápido por un xurado imparcial (...). 12. Q ue a liberdade de prensa é un dos máis grandes baluartes de liberdade (...).
7. N ingún home pode ser acusado, arrestado nin detido, se non é nos casos determinados pola lei e segundo as formas por elas prescritas (...). 8. T odo home ha ser tido por inocente ata que sexa declarado culpable (...). 11. A libre comunicación dos pensamentos e das opinións é un dos máis preciosos dereitos do home (...).
16. ( ...) todos os homes están igualmente autorizados ao libre exercicio da relixión (...). Doc. 3. «O espírito das leis» «En cada Estado hai tres clases de poderes: o lexislativo, o executivo das cousas pertencentes ao dereito de xentes e o executivo das que pertencen ao civil. Polo primeiro, o príncipe ou o maxistrado fai as leis para certo tempo ou para sempre, e corrixe ou derroga as que están feitas. Polo segundo, fai a paz ou a guerra, envía ou recibe embaixadores, establece a seguridade e prevén as invasións; e polo terceiro, castiga os crimes ou decide as contendas dos particulares. Este último chamarase poder xudicial; e o outro, simplemente, poder executivo do Estado (...). Cando os poderes lexislativo e executivo se achan reunidos nunha mesma persoa ou corporación, entón non hai liberdade, (...). Así sucede tamén cando o poder xudicial non está separado do poder lexislativo e do executivo». Montesquieu: O espírito das leis (1748).
64
U 2
A MULLER NA REVOLUCIÓN FRANCESA •
Comenta o Doc. 4. Que dereitos recolle a autora na súa declaración? Que papel reivindica para a muller
como consecuencia deses dereitos? Valora a situación da muller no mundo actual.
Doc. 4. Declaración dos Dereitos da Muller e da Cidadá
as súas manifestacións non alteren a orde pública establecida pola Lei.
«Art. 1. A muller nace libre e permanece igual ao home en dereitos (...).
Art. 13. (…) As contribucións da muller e do home son as mesmas; ela participa en todas as prestacións persoais, en todas as tarefas penosas, polo tanto, debe participar na distribución dos postos, empregos, cargos, dignidades e outras actividades.
Art. 2. O obxectivo de toda asociación política é a conservación dos dereitos naturais e imprescritibles da Muller e do Home (...). Art. 3. O principio de toda soberanía reside esencialmente na Nación, que non é máis que a reunión da Muller e o Home (...). Art. 6. A lei debe ser a expresión da vontade xeral; todas as Cidadás e Cidadáns deben participar na súa formación (...). Art. 10. (…) A muller ten o dereito de subir ao cadafalso; debe ter tamén igualmente o de subir á Tribuna con tal que
Epílogo. Muller, esperta; o rebato da razón faise oír en todo o universo; recoñece os teus dereitos. O potente imperio da natureza deixou de estar rodeado de prexuízos, fanatismo, superstición e mentiras. O facho da verdade disipou todas as nubes da necidade e a usurpación. O home escravo redobrou as súas forzas e necesitou apelar ás túas para romper as súas cadeas. Pero unha vez en liberdade, foi inxusto coa súa compañeira. Oh, mulleres! Mulleres! Cando deixaredes de estar cegas?». Olympe de Gouges (1791).
«A CONSAGRACIÓN DE NAPOLEÓN» • As obras de arte teñen un importante valor como fonte histórica. Observa detidamente este cadro, que plasma o momento no que, tras coroarse emperador ante o papa Pío VII, Napoleón coloca a coroa de emperatriz á súa esposa na catedral de Notre Dame (París), e realiza o comentario da obra. Para iso podes seguir este guión:
ces, de liñas; disposición dos personaxes; dirección das súas miradas...). 4. I nterpretación do contexto histórico: relación da escena co momento histórico no que se sitúa.
1. Identificación da obra. 2. A nálise do contido: escena que se representa, situación espacial e temporal da escena, identificación do personaxe central e descrición completa da súa aparencia, actitude e acción; identificación e descrición completa doutros personaxes e grupos. 3. Análise da linguaxe visual: recursos que utiliza o artista para destacar o que considera máis significativo (combinación de cores e lu-
A consagración de Napoleón, de Jacques-Louis David (Museo do Louvre, París). 65
© GRUPO ANAYA, S.A., 2022 - C/ Juan Ignacio Luca de Tena, 15 - 28027 Madrid. Reservados todos os dereitos. O contido desta obra está protexido pola Lei, que establece penas de prisión e/ou multas, amais das correspondentes indemnizacións por perdas e danos, para quen reproduza, plaxie, distribúa ou comunique publicamente, en todo ou en parte, unha obra literaria, artística ou científica, ou a súa transformación, interpretación ou execución artística fixada en calquera tipo de soporte ou comunicada a través de calquera medio, sen a preceptiva autorización.