1 minute read

Presentación de Veny

A diversidade da aula

Ola! son Veny. Estou aquí para acompañarte, para ir contigo e VER. Xuntos buscaremos o soño de Deus.

Son de cores, a miña cara é unha pantalla e da cabeza sáeme unha rama. Son diferente como ti. Represento a diversidade de todas as nenas e os nenos do mundo; cando vexas alguén diferente, coma ti ou coma min, non o rexeites, que o diferente non che dea medo.

Cando che falte a enerxía, para e reza.

Que non se che vaia da cabeza o coidado do planeta.

Que as pantallas che axuden a mirar e que non te separen dos demais.

E non teñas medo de ser quen es, porque Deus te quere así.

This article is from: