Presentación de Veny A diversidade da aula Ola! son Veny. Estou aquí para acompañarte, para ir contigo e VER. Xuntos buscaremos o soño de Deus. Son de cores, a miña cara é unha pantalla e da cabeza sáeme unha rama. Son diferente como ti. Represento a diversidade de todas as nenas e os nenos do mundo; cando vexas alguén diferente, coma ti ou coma min, non o rexeites, que o diferente non che dea medo. Cando che falte a enerxía, para e reza. Que non se che vaia da cabeza o coidado do planeta. Que as pantallas che axuden a mirar e que non te separen dos demais. E non teñas medo de ser quen es, porque Deus te quere así.
7