Ven y verás: Relixión Católica 4 Primaria (mostra)

Page 1

Católica

en e erÁs 4 INCLÚE LICENZA 12 MESES PROXECTO DIXITAL GALICIA
mOstra
PRIMARIA Relixión

QUE IMOS APRENDER

A gran promesa de Deus 1

Impórtasme ti, ti e ti 2

A voz de deus o mundo é noso

• A promesa das promesas.

• As promesas na Biblia.

• As promesas de Deus.

• Os profetas.

Perdoa e sé feliz 3

• A persoa é o primeiro.

• A persoa e a lei.

NADAL: Ouro, incenso e mirra

• Cantas veces hai que perdoar?

• Deus perdoa sempre.

Teño unha misión 4

• O sal e a luz.

• A misión dos cristiáns.

Semana Santa: Douche a miña vida

Celebramos a nosa fe 5

• Xesús celebra.

• Celebrar a fe.

• Xesús rompe os esquemas.

• Xesús e as persoas do seu tempo.

• Pedir perdón e perdoar.

• Dicir « síntoo »

• Sodes o sal da terra.

• Sodes a luz do mundo.

• A Igrexa celebra.

• Tempos litúrxicos.

• Unha Igrexa próxima. Unha Igrexa viva

• A gran familia de Deus.

• Somos Igrexa viva.

María: Nai de toda a humanidade

VERÁN: Vouno pasar ben

• Unha Igrexa en movemento.

6 8 20 36 48 64 76 PÁX. PÁX. PÁX. PÁX. PÁX. PÁX. 3432 PÁX. 3460 PÁX. 3488 PÁX. 3492 PÁX.

• Somos profetas.

• A confianza.

• Xesús, un Mesías diferente.

• Retrato de Xesús, hoxe.

• Un só corazón.

• Organizo os meus apuntamentos.

• Recordo o que aprendín.

• Cóntame o que aprendiches.

• Es importante para min.

Situación de aprendizaxe

• Xesús, ti e o mundo.

• O respecto.

• O que fixestes a un destes, a min fixéchesmo.

• Todos somos Xesús.

• Organizo os meus apuntamentos.

• Recordo o que aprendín.

• Cóntame o que aprendiches.

• Beneficios do perdón.

• A paz.

• Xesús e o perdón.

• Fai a túa vidreira.

• Vou perdoar.

• Organizo os meus apuntamentos.

• Recordo o que aprendín.

• Cóntame o que aprendiches.

• Son sal e luz.

• Unha misión de coidado.

• O compromiso.

• Doce apóstolos.

• Un chisco de sal.

• Organizo os meus apuntamentos.

• Recordo o que aprendín.

• Cóntame o que aprendiches.

• Celebramos o encontro con Cristo.

• A honestidade.

• Tradicións relixiosas.

• Un álbum de fotos.

• Quero celebrar.

• Organizo os meus apuntamentos.

• Recordo o que aprendín.

• Cóntame o que aprendiches.

• O meu grande apoio.

• A solidariedade.

• Templos vivos.

• Orar para conectar co corazón.

• Son Igrexa viva.

• Organizo os meus apuntamentos.

• Recordo o que aprendín.

• Cóntame o que aprendiches.

Confío en ti. Respectar para amar. Semáforo da paz. Comprométome. Así son eu. Só dar e dar.

O valor do teu interioR con moita arte os apuntamentos de veny

44

4

COn moita arte

Xesús e o perdón

Xesús ensínanos a importancia do perdón coas súas accións. Perdoando sempre a quen llo pedía e con palabras como estas do Evanxeo de San Lucas 6, 37. «Perdoade, e hanvos perdoar».

Que arte tes!

Como unha vidreira, o perdón deixa pasar a luz e fai que a vida sexa máis amable, máis bonita e estea chea de cor.

As vidreiras están realizadas con cristais de cores formando figuras. Alcanzan a súa máxima beleza cando a luz natural atravesa os cristais. Así, a luz intégrase na obra de arte.

Na historia, as vidreiras forman parte da arquitectura relixiosa e utilizáronse nas igrexas e nas catedrais para representar as pasaxes bíblicas.

Fai a túa vidreira

1. Pensa nunha figura sinxela. Por exemplo: un corazón, unha pomba, unha man, unha flor.

2. Debuxa dúas veces a mesma figura nunha cartolina. Fai un bordo groso arredor.

3. Recorta os contornos da silueta por ambos os dous bordos, interior e exterior.

4. Sobre un dos contornos, enche a figura, pegando con cola papeis de seda de cores previamente cortadas.

5. Pega o outro contorno enriba, déixao secar e... tachán, xa tes a túa vidreira!

U3

Axuda anayaeducacion.es

Con moita arte: Unhas páxinas a través das que transcender desde a arte e realizar talleres creativos.

1. Observa a obra e, mediante unha chuvia de ideas, comen ta en clase o que máis che chama a atención.

Os apuntamentos de Veny Poesías, organizadores gráficos e unha gran variedade de actividades avaliativas, autoavaliativas e coavaliativas.

Vidreiras na igrexa Grundarfjordur ( 1961). Islandia. Nadal

Ouro, incenso e mirra

«E cando entraron na casa atoparon o neno con María, súa nai. Prostráronse e rendéronlle homenaxe; logo, abrindo os seus tesouros, ofrecéronlle coma regalo ouro, incenso e mirra». Le o relato completo no Evanxeo de San Mateo 2, 1-12.

Tres Reis Magos

Melchor, Gaspar e Baltasar chegan do afastado Oriente ata Belén seguindo a unha estrela moi brillante que os guía ata o portal.

Trouxeron a Xesús regalos como homenaxe. Melchor leva ouro que representa a riqueza. Ouro era o regalo que se facía aos reis. Isto significa que recoñecen a Xesús como Rei. Gaspar entrega incenso. Era unha resina que se queimaba nas ofrendas a Deus. Iso significa que recoñecen a Xesús como o Fillo de Deus.

E Baltasar regala mirra, que se utilizaba para facer perfumes e medicinas. É un presente que simboliza a humanidade de Xesús, que Deus se fai home para salvar ao mundo.

1. Como celebras o día e a noite de Reis na casa? Escribederno e dialoga en clase.

2. Imaxina que viaxas cos Reis Magos para coñecer a Xesús. Que regalo lle levarías? Debuxa o teu regalo e explica o que simboliza no teu caderno.

OS Apuntamentos de veny

Vou perdoar

Organizo os meus apuntamentos

Deus perdoa sempre

Único requisito

Xesús di: Hai que perdoar 70 veces 7

Pedir perdón Persoas valentes Recoñecen o seu erro

Corazón sincero

Perdoar Persoas xenerosas Comprenden e aman

Beneficios do perdón

Ensancha o corazón Libera Felicidade Mellora as relacións Achega a Deus

Recordo o que aprendín Deus perdóanos sempre, sen condicións. El quere só o noso arrepentimento. Perdoar e pedir perdón ábrenos o corazón e comprométenos a ser mellores persoas. Perdoar é o maior dos beneficios, achéganos a Deus e a vivir segundo o seu mandamento de amor. A paz é a capacidade de convivir desde o respecto e a tole- rancia.

Cóntame o que aprendiches Responde no teu caderno

1 Que responde Xesús a Pedro cando lle pregunta cantas ve- ces hai que perdoar?

2 A que nos compromete o perdón?

3 Que di o Papa Francisco sobre o perdón?

4 Cales son os maiores beneficios de perdoar?

Experimenta e crea

5 Durante a seguinte semana, anota as veces que pides per- dón e che piden perdón. Analiza cada ocasión, se é un per- dón sincero.

Como aprendiches 6 O que aprendiches nesta unidade podes poñelo en práctica en familia, en clase e coas túas amizades. Pensa como e de que xeito podes facelo. Escribe as túas ideas e, despois, compárteas en clase.

7 Escribe no teu caderno:

O que máis me gustou desta unidade foi... O que menos me gustou desta unidade foi...

Para cada trimestre

Gustoume moito

? ?

Non me gustou

?

?

5 46 47

Seccións trimestrais para celebrar as datas sinaladas no calendario.

5

Xesús, na vidreira, está a mirar cara a abaixo con tenrura aos nenos e ás nenas. Estas siluetas brancas representan toda a humanidade. No xesto de Xesús podemos intuír que está a escoitar o que lle din. As cores vivas de Xesús e do ceo dan forza ao xesto dos brazos estendidos que os envolve como símbolo de protección. A obra transmite todo o que implica o perdón de Deus: amor, comprensión e acollida. 32 33
Un, dous, tres, acción: tomei unha decisión! Vou practicar o perdón sempre desde o corazón. Deus ámame e perdóame tantas veces que me esborrancha. Eu farei igual con calquera persoa e sen poñerme unha coroa. Perdoar senta ben, é bo para a pel.

Proxecto dixital

Un proxecto que che ofrece todos os contidos do curso a través do libro dixital, xunto cunha gran diversidade de recursos.

Descubre outra forma de aprender sinxela, intuitiva e compatible con calquera plataforma e dispositivo.

6

iP ad

O valor do teu interior Xesús, ti e o mundo Para Xesús, o importante é a persoa e o que hai no seu corazón. Cada persoa é única, non hai dous iguais. Como di o Papa Francisco: «non somos fotocopias, somos todos orixinais!» El ama a persoa por ser como é. Non lle importa: Se ten moito ou pouco. Todas as persoas valemos por igual. Cal é a súa crenza. As crenzas dunha persoa son a súa unión con Deus. Que ideoloxía ten. Cada persoa ten as súas ideas e as súas experiencias e reflíctese

Estar preto de Xesús é relacionarte cos demais como El o fai.

Como accedes? O respecto

no seu xeito de ver a vida. O importante é saber que ningunha ideoloxía vale máis que a dignidade das persoas. Xesús achégase ás persoas excluídas ou rexeitadas pola sociedade. Non porque sexan especiais, senón que porque sofren as inxustizas e, por iso, son os que máis o necesitan. Tamén se achega a ti sen condicións porque es importante para El. A súa amizade ensínanos a abrir o corazón para achegarnos aos demais e crecer como persoas.

Xesús ámate como es.

1. Escribe no teu caderno o que significan para ti as palabras do Papa Francisco: non somos fotocopias, somos todos orixinais! 2. Responde no teu caderno: a) Que é o máis importante para Xesús? b) Por que El se achega especialmente ás persoas excluídas?

Respectar é aceptar as persoas como son. Cada persoa ten dereito a ser quen é e a expresar os seus gustos, os seus intereses, a súa forma de pensar, etc. Todas as persoas podemos ser diferentes e expresarnos libremente. O respecto é a antesala do amor, sen respecto non hai amor: Respéctate a ti mesmo, coida de ti, para poder facelo cos demais. Respecta os demais e sé tolerante. Respecta a natureza, cóidaa e ámaa. Respecta a sociedade, con cada xesto de respecto constrúes un mundo máis amable. Isto non significa estar de acordo en todo; hai tantos puntos de vista como persoas hai no planeta. O importante é respectar os demais. Xesús ensínanos a tratar a todo o mundo con respecto, sen xulgar. Imaxina un mundo no que non existe o respecto, ninguén ten en conta as demais persoas, todos tratan de impoñer as súas ideas, os seus gustos, a súa forma de pensar. Viviriamos nun conflito permanente. Sen respecto, a sociedade non funciona, é un caos.

Tes todas as indicacións necesarias para acceder a el xunto á primeira páxina do teu libro. 3 26

Ola, son Veny.

Quero invitarte a ver, vivir e participar a experiencia cristiá. Ninguén queda fóra en e erÁs

Como é?

Unha resposta global para un ámbito educativo diverso.

Intuitivo

Doado de usar para ti.

Multidispositivo

Adáptase e visualízase en calquera tipo de dispositivo (ordenador, tableta, smartphone...) a calquera tamaño e resolución de pantalla

Descargable

Permíteche traballar sen conexión a internet e descargalo en máis dun dispositivo.

Sincronizable

Os cambios que realices sincronízanse automaticamente ao conectar calquera dos dispositivos nos que esteas a usalo.

Que che ofrece?

Contén diversidade de recursos, é moito máis que unha reprodución do libro en papel.

Con eles poderás:

Exercitar actividades interactivas

Estudar resumos interactivos, esquemas...

Aprender audios, vídeos, Game Room

Avaliar autoavaliación, portafolio...

Universal

Compatible con todos os sistemas operativos, os ámbitos virtuais de aprendizaxe (EVA) e as plataformas educativas (LMS) máis utilizadas nos centros escolares.

27 3. Escribe un exemplo de respecto: a) a ti mesmo; b) aos demais; c) á natureza; d) á sociedade. 4. Crea unha rima sobre o respecto. Comparte en clase. O respecto á diversidade garante a convivencia en paz. U2 Respecto
7

A gran promesa de Deus

Que é unha promesa?

Unha promesa é un compromiso con alguén que che importa moito. Realízase a través da palabra, polo que o valor da promesa está en cumprir o que dis.

Nunha promesa é importante a confianza.

Prométocho

Pensa nas respostas e dialoga en clase:

• Algunha vez fixeches unha promesa?

• Cumpriches a túa palabra?

Deus é confiable, sempre cumpre a súa palabra.

1
8

Nesta unidade descubrirás que...

• A gran promesa de Deus é que enviará o Mesías.

• Quen son os profetas e a súa misión.

• Somos profetas polo bautismo.

• Xesús, un Mesías moi diferente.

SITUACIÓN DE APRENDIZAXE

Confío en ti Como te sentes cando estás con persoas nas quen confías?

9

A voz de deus

A promesa das promesas

Deus anuncia as promesas a través dos profetas. Isaías narra así nos Libros proféticos da Biblia a gran promesa de Deus, que enviará o Mesías, un Salvador para o seu pobo.

«O meu Señor daravos El mesmo un sinal: Velaí a doncela: está en cinta e dá a luz un fillo, ó que lle pon de nome Emmanuel» (Is. 7, 14).

Axudarache a comprender o relato da Biblia

Pensa no que significa para ti dicir: Prometo. Seguro que fixeches promesas en diferentes ocasións. Aínda que non todas as promesas son iguais, todas teñen valor cando nacen do corazón. Por exemplo, ao dicir:

• Prometo gardarche o segredo: estamos a demostrar a alguén que para ti esa persoa é importante e que vas protexer os seus segredos coma se fosen teus. Estás a ofrecer a túa confianza para que a persoa estea tranquila.

• Prometo facer a tarefa antes de ir xogar: é pedir a mamá ou a papá que confíen en ti.

• Prometo rezarche máis se me sae ben o exame: é buscar en Deus a seguridade e a esperanza de que todo sairá ben.

• Prometo portarme ben e compartir : é querer mellorar e confiar en ti mesmo, para que o noso mundo sexa máis amable.

Prometer é «com-prometer». É asinar un compromiso coa palabra que, cando o cumpres, te converte nunha persoa comprometida e confiable.

Promete desde o corazón.

As promesas de Deus son xestos de amor co seu pobo.

1. Responde no teu caderno:

a) Cal é a gran promesa de Deus?

b) Quen anuncia as promesas de Deus?

2. Dialogade en clase sobre o que significa ser unha persoa confiable.

3. Debuxa a silueta da túa man e escribe: Prometo ser unha persoa confiable. Decóraa ao teu gusto.

1 10

As promesas na Biblia

As promesas de Deus sempre son unha nova oportunidade para volver a El, para amar os demais e para ser máis felices.

Na Biblia existen dous tipos de promesas:

• A promesa incondicional é aquela na que Deus se compromete coas persoas, porque si, porque nos quere. Estas promesas non necesitan requisitos nin condicións para cumprilas, só dependen del.

Por exemplo: “Non teñas medo, que estou contigo; non mires con medo, que eu son o teu Deus. Fortalecinte e axudeite, collinte coa miña destra vitoriosa.” (Is. 41, 10)

• A promesa condicional é aquela que vai unida a unha condición ou un compromiso por parte das persoas. O cumprimento deste tipo de promesas por parte de Deus depende do cumprimento das persoas.

Por exemplo, recordas a Alianza que Deus fai co seu pobo cando lle entrega os Dez Mandamentos a Moisés? Esta é unha promesa condicional xa que debe haber un compromiso das persoas: Deus promete ao seu pobo a salvación; a cambio, eles teñen que cumprir os mandamentos.

4. Responde no teu caderno: Que é unha promesa incondicional?

5. Copia e completa a frase: As promesas de Deus sempre son...

6. Pecha os ollos, respira fondo e pensa: Deus confía en min porque son importante para El. Crea e decora un cartel con esta frase e expono no teu cuarto para non esquecelo.

11
U1
Deus sempre confía en nós e pídenos que confiemos nel.
Confía na miña palabra.

As promesas de Deus

As promesas de Deus nacen do seu amor infinito e, aínda que ás veces as persoas nos equivoquemos, Deus segue confiando en nós.

Ao longo da historia, Deus fai varias promesas e todas se basean en:

• O amor: As súas promesas nacen desde o seu corazón e van ao corazón das persoas, do seu amor infinito cara á humanidade. Son promesas que sempre buscan a felicidade, son xestos do seu amor incondicional.

• A confianza: É a chave de calquera promesa, sen ela as promesas só son palabras baleiras.

Deus sempre confía en nós e demóstranos que podemos confiar nel porque sempre, está connosco.

• A fidelidade: É como o tícket de garantía de que a promesa se vai cumprir. Deus é fiel á súa palabra, sempre a cumpre. Sempre está ao noso lado, cóidanos, acompáñanos e perdóanos. Nunca nos abandona.

• A esperanza: As promesas de Deus transforman os medos e as inseguridades na esperanza dun futuro mellor.

Deus sempre confía en ti.

Deus é fiel ás súas promesas, sempre cumpre a súa palabra.

1. Describe coas túas palabras no teu caderno o que máis che chama a atención das promesas de Deus.

2. Mediante unha chuvia de ideas, compartide que poderiades facer para mellorar a vida en

clase. Transformade algunhas das ideas nunha promesa da clase para o curso. Por exemplo: Non deixar a ninguén só, estar unidos, etc.

Escribe no teu caderno as promesas acordadas entre todo o alumnado.

2 12 O muNdo é Noso

Os profetas

Deus chama os profetas para comunicar as súas promesas. Eles son os encargados de recordar constantemente o amor infinito que Deus ten polo seu pobo.

Os profetas son a voz de Deus, son mensaxeiros da súa palabra. A súa mensaxe chámase profecía, porque falan en nome de Deus.

A misión dos profetas consiste en:

• Anunciar as promesas de Deus que buscan axudar ás persoas e que sexan felices con El.

• Preparar o pobo para o cumprimento da gran promesa: a chegada de Xesús, o Mesías enviado por Deus.

• Recordar ás persoas como quere Deus que vivamos, para ser felices e denunciar as inxustizas.

• Chamar á conversión. Volver ao lado de Deus e buscar o ben para todo o mundo. Amar para construír un mundo mellor.

Os profetas son persoas valentes que guían o pobo segundo a palabra de Deus.

Anunciar as promesas de Deus

Preparar o pobo para recibir a Xesús

3. Copia e completa no teu caderno:

Os profetas son persoas chamadas por Deus para que:

• Vixíen o seu pobo e llo conten despois.

• Falen no seu nome.

Misión dos profetas

Recordar o amor de Deus

Chamar á conversión

• Repartan comida entre as persoas que o necesitan.

4. Imaxina que podes conversar cos profetas a través dun asistente de voz. Por exemplo, sobre a contaminación ou a pobreza no mundo. Escribe a pregunta e a resposta no caderno e dialoga en grupo.

13
U1

O valor do teu interior

Somos profetas

Deus segue contando con persoas que son a súa voz no mundo de hoxe e claman aos catro ventos o seu amor infinito por toda a Creación.

Todas as persoas bautizadas estamos chamadas a anunciar que Deus nos ama por riba de todo, que sempre nos coida e quere que sexamos felices. Todos estamos chamados a contarlle ao mundo a súa bondade e as súas promesas.

Polo bautismo, todos os cristiáns somos profetas de Deus e a nosa misión como profetas de hoxe é vivir como Xesús nos ensina, buscar o ben para todas as persoas e levar a súa alegría a calquera canto. Habemos de ser persoas xustas e solidarias preocupadas por aquelas que o pasan mal. Debemos denunciar todo aquilo que discrimina e fai dano.

Confía en Deus como El confía en ti e atrévete a expresar o que hai no teu corazón, para que o mundo coñeza o amor de Deus.

Conta ao mundo que o amor de Deus é infinito.

1. Copia e completa as frases no teu caderno: Todas as persoas bautizadas estamos chamadas a...

Polo bautismo somos...

2. Crea un cartel no que se poida ler: SON (nome), PROFETA DE DEUS

Expono nun lugar visible para recordar a túa misión como persoa bautizada.

3 14
Profetas hoxe.

A confianza

A confianza está presente en cada momento da nosa vida, en cada cousa que facemos. É a base das relacións de amor e amizade que temos cos que nos rodean. Está sempre viva e aumenta ou diminúe en función das experiencias que vivamos; por iso, é importante coidala.

Algunha persoa non cumpriu a súa promesa contigo? Eses momentos son dolorosos, sentes coma se por dentro rompese algo e ao instante desaparece a confianza.

Para recuperar a confianza, son importantes o arrepentimento, o perdón, a comprensión e, sobre todo, o amor. Por iso, valoramos o amor infinito de Deus e que sempre confía en nós.

A confianza dános seguridade.

3. Pensa no nome das persoas nas cales confías e dá grazas a Deus por elas.

4. Imaxina que a confianza se puidese vender coma se fose unha enerxía. Por grupos:

a) Creade un nome comercial para esa enerxía e realizade un anuncio que explique as súas características.

b) Expoñédeo en clase.

15
U1
confianza

COn moita arte

Xesús, un Mesías diferente

Os profetas anunciaron a vinda do Mesías como a gran promesa de Deus. O Mesías, o Salvador, nace nun pobre presebe aos arredores da cidade,

e é pequeno e fráxil como calquera neno. Deus cumpre a súa promesa en María, ao elixila nai de Xesús.

A obra de Murillo reflicte perfectamente as condicións nas que nace Xesús, a súa fraxilidade e pobreza, rodeado de animais e de pastores, persoas humildes e sinxelas.

Os pastores foron as primeiras persoas que recibiron o anuncio do nacemento do Fillo de Deus. Eles foron os primeiros en adoralo.

A luz da obra pon o foco en Xesús e en María para resaltar así a humanidade e a divindade de Deus ao mesmo tempo.

1. Observa a obra e, mediante unha chuvia de ideas, comentade en clase o que máis vos chama a atención.

4 16
A adoración dos pastores, Bartolomé Esteban Murillo (1650). Museo do Prado, Madrid.

Que arte tes!

Xesús é un Mesías moi diferente ao que esperaban, tanto que moitos non o recoñeceron ou lles custou tempo facelo. O pobo esperaba un rei todopoderoso e glorioso que os ía salvar de todo mal. Pero Deus enviou ao seu Fillo, un neno que nace nun presebe, xusto o contrario do que imaxinaron.

Cando escoitaron ou viron as súas obras, recoñeceron a Xesús como o Fillo de Deus, o Mesías que estaban a esperar.

Retrato de Xesús, hoxe

E ti, que reacción terías se che presentasen hoxe a Xesús? Imaxina en que lugar da túa cidade ou pobo tería nacido, onde viviría agora, quen serían as súas amizades, como se vestiría, etc.

1. Dialogamos sobre a nosa reacción se nos presentasen a Xesús hoxe.

2. Fai un retrato de Xesús tal e como te imaxinas que viviría hoxe. Aproveita e recicla materiais!

3. Expoñemos en clase as creacións.

17
U1
Axuda anayaeducacion.es

OS Apuntamentos de veny

Un só corazón

A miña cabeza está repleta co que di o profeta. Recórdame onde está a meta e pídeme que me comprometa.

Deus fai unha promesa que o meu corazón atravesa. Quéreme e bícame e todo o seu amor me expresa.

Organizo os meus apuntamentos

Promesas de Deus

Son xestos do seu amor Confía en nós Sempre cumpre a súa palabra Son a nosa esperanza

A gran promesa: enviará o seu Fillo para salvarnos

Os profetas son mensaxeiros de Deus Polo bautismo estamos chamados a ser profetas hoxe.

5 18

Recordo o que aprendín

• Os profetas falan en nome de Deus para anunciar as súas promesas, denunciar as inxustizas e chamar á conversión.

• Deus sempre é fiel á súa palabra e cumpre as súas promesas.

• As persoas bautizadas somos profetas hoxe e a nosa misión é anunciar aos demais o que recibimos e aprendido de Deus.

• Co nacemento de Xesús cúmprese a gran promesa de Deus.

Cóntame o que aprendiches

Responde no teu caderno

1 Que significa dicir «prométoo»?

2 Segundo os profetas, cal é a gran promesa de Deus?

3 Que misión teñen os profetas?

4 Completa a frase: As promesas de Deus...

Experimenta e crea

5 Como profetas de hoxe realizamos sinais de camiño con palabras e accións que recordan a todas as persoas quere Deus como que vivamos para ser felices. Por exemplo: amando, con sinceridade, xustiza... Comentámolas na clase.

Como aprendiches

6 O que aprendiches nesta unidade podes poñelo en práctica en familia, en clase e coas túas amizades. Pensa como e de que xeito podes facelo.

7 Escribe no teu caderno:

O que máis me gustou desta unidade foi...

O que menos me gustou desta unidade foi...

19
? ? Gustoume
? ? Non me gustou
moito

2 Impórtasme ti, ti e ti

Impórtasme

Todas as persoas do mundo temos un desexo común: sentirnos queridas.

Ser importante para outra persoa dános confianza e seguridade.

Es importante para Xesús.

Por que sabes que me importas?

Porque sei o teu nome, cóidote, sei o que che gusta, interésome por ti, etc.

• Como te sentes cos que te queren?

• Compartimos as ideas e dialogamos.

20

Nesta unidade descubrirás que...

• O máis importante para Xesús é a persoa.

• Como se relaciona Xesús coas persoas do seu tempo.

• Amar a Deus implica respectar e amar os demais.

SITUACIÓN DE APRENDIZAXE

Respectar para amar Como mostras respecto cara aos demais?

E cara ao planeta?

21

A persoa é o primeiro

Xesús ensínanos que nada hai máis importante que a persoa. Le este texto do Evanxeo de San Mateo 12, 9-13.

«Había alí un home que tiña unha man tolleita e preguntáronlle para o tentar:

–E logo, está permitido curar en sábado? El respondeulles: Quen de vós que teña unha soa ovella, se lle cae en sábado nun foxo, non a colle e a saca de alí? Pois un home vale moito máis ca unha ovella: polo tanto está permitido facer ben no sábado. E coa mesma díxolle ó home:  –Estende a túa man. El estendeuna e púxoselle tan sa coma a outra».

Axudarache a comprender o relato da Biblia

Propóñoche un xogo: pecha os ollos e pensa nunha persoa que te quere. Imaxina que pon as súas mans nas túas meixelas e mirándote aos ollos diche «impórtasme e quérote como es».

Abre os ollos. É incrible, o amor fai que te sintas importante.

Todas as persoas somos únicas e todas merecemos sentir o poder do amor. Sempre ganas cando valoras as persoas e es ti quen perde cando as rexeitas.

Cando te atreves escoitar a quen pensa distinto a ti, ganas ti.

Cando ris con quen se mostra como é, aínda que sexa diferente a ti, ganas ti.

Cando observas a experiencia dos maiores, ti aprendes, ganas ti.

Cando descobres a persoa que hai detrás dunha aparencia diferente, ganas ti.

Cando te achegas ás persoas que están illadas e teñen poucas amizades, ganas ti.

Mira ao teu arredor. Descubre as persoas incribles que te rodean, sé valente e dilles que che importan e que as queres tal e como son. Sempre ganarás.

1. Dialogade en clase acerca do que significa a pasaxe bíblica de San Mateo 12, 9-13.

2. Elixe unha das frases nas que ganas ti e fai un debuxo.

1 22
O primeiro para Deus é a persoa e a súa dignidade.
A
voz de deus

A persoa e a lei

Para entender a importancia do xesto de Xesús ao curar un enfermo en sábado, hai que coñecer o que significaba a lei para o pobo xudeu.

A lei dos xudeus é a lei que Deus dera a Moisés. É unha lei de obrigado cumprimento porque só así serán felices e Deus estará contento.

Tan preocupados estaban de cumprir rigorosamente a lei que se esqueceron do amor e da xustiza, é dicir, das persoas.

Por exemplo, en tempos de Xesús a lei prohibía realizar calquera actividade en sábado porque era o día sagrado de descanso dedicado a Deus.

Xesús saltouse a lei porque unha persoa necesitaba axuda, e a persoa é o primeiro. El ensínanos a non nos conformar con cumprir a lei xa que nada ten sentido sen amar os demais.

Os cristiáns habemos de vivir amando, buscando a xustiza e a felicidade de todas as persoas para construír un mundo mellor. A principal lei de Deus é o amor.

As persoas son o máis importante.

Xesús ensínanos que por enriba da lei sempre están as persoas.

3. Explica no teu caderno:

a) Que significaba a lei para o pobo xudeu?

b) Que nos ensina Xesús sobre a lei?

4. Copia no teu caderno as frases verdadeiras:

• Xesús sáltase a lei porque non a coñecía.

• En tempos de Xesús a lei prohibía realizar calquera actividade en sábado porque era o día sagrado de descanso dedicado a Deus.

• A principal lei de Deus é o amor.

23
U2

Xesús rompe os esquemas

Xesús relaciónase con todo o mundo, non lle importa nin o que pensen, nin o que digan os demais. Era un feito sorprendente para as persoas daquela época. Sabes por que?

Para comprendelo, hai que trasladarse ao momento no que viviu Xesús. Naquela sociedade existía unha gran diferenza entre ricos e pobres.

• Os ricos controlaban todo o poder e as terras. Entre eles estaban os fariseos, os sacerdotes e os doutores da lei.

• Os pobres non tiñan máis que o xusto para vivir. Eran os pescadores, os agricultores, os artesáns, etc. Neste grupo estaban tamén a infancia, os enfermos e as mulleres, é dicir, as persoas máis vulnerables da sociedade.

Xesús fala con todas as persoas con respecto e sen condicións. Devolve a dignidade aos pobres, téndelles a súa man e ofrécelles a súa amizade. Xesús dilles que teñen un sitio privilexiado no Reino de Deus. Rompe os esquemas daquela sociedade porque antes ninguén fixera algo así.

Xesús non exclúe a ninguén, ama a todas as persoas.

1. Explica no teu caderno por que cres que Xesús rompe cos esquemas. Dialoga en clase.

2. Por parellas, imaxinade a Xesús ante situacións difíciles de hoxe en día. Dialogade entre vós sobre o que diría Xesús e que faría para solucionalo.

Compartide en clase.

2 24 O muNdo é Noso
Todos somos iguais en dignidade.

Xesús e as persoas do seu tempo

Xesús mira o corazón das persoas, relaciónase con elas de ti a ti. Para el, todas as persoas son iguais en dignidade. Por iso, Xesús se relaciona con:

• As persoas humildes: Xesús nace nunha familia pobre, humilde e traballadora, cóidano e quéreno. E elixe as súas amizades entre os máis pobres. Con eles vai pescar, divírtese, reza, etc.

• A infancia: Nesa época desconsiderábase á infancia, as nenas e os nenos non tiñan os dereitos que teñen na actualidade. Pero Xesús míraos, acaríciaos, abrázaos e bendíceos.

• As persoas enfermas: A enfermidade considerábase un castigo de Deus. Os enfermos eran tratados como persoas impuras, ninguén se achegaba a eles. Pero Xesús achégase, tócaos, míraos e cúraos.

• As mulleres: Non tiñan dereitos na sociedade daqueles tempos. Xesús, non obstante, ten amigas ás que valora e trata igual que aos seus amigos, van con El e acompáñano ao igual que facían os discípulos.

• Os pecadores: Considerábaselles fóra da lei de Deus, traidores. Xesús faláballes e comía con eles (comer na mesa con alguén significaba que pertencías ao seu grupo).

Xesús recórdanos pola súa forma de relacionarse coas persoas da súa época que somos imaxe de Deus; polo tanto, todas as persoas somos iguais en dignidade.

Xesús trata a todas as persoas con respecto e dignidade.

Persoas pobres

Persoas humildes

Xesús trata a todas as persoas por igual, con respecto e dignidade

Persoas ricas

Persoas pecadoras

Infancia

3. Busca os seguintes relatos bíblicos e escribe no teu caderno con quen se relaciona Xesús (un enfermo, un pescador, unha muller, un pobre, un recadador...).

a) Mateo 19, 13-15.

b) Xoán 4, 5- 43.

c) Xoán 9, 1- 41.

Persoas enfermas

Mulleres

d) Marcos 2, 16.

4. Crea un mural coa seguinte frase escrita no centro: Xesús relaciónase con todas as persoas por igual. Decora con siluetas recortadas de persoas diferentes.

25
U2

O valor do teu interior

Xesús, ti e o mundo

Para Xesús, o importante é a persoa e o que hai no seu corazón. Cada persoa é única, non hai dous iguais. Como di o Papa Francisco: «non somos fotocopias, somos todos orixinais!»

El ama a persoa por ser como é. Non lle importa:

• Se ten moito ou pouco. Todas as persoas valemos por igual.

• Cal é a súa crenza. As crenzas dunha persoa son a súa unión con Deus.

• Que ideoloxía ten. Cada persoa ten as súas ideas e as súas experiencias e reflíctese no seu xeito de ver a vida. O importante é saber que ningunha ideoloxía vale máis que a dignidade das persoas.

Xesús achégase ás persoas excluídas ou rexeitadas pola sociedade. Non porque sexan especiais, senón que porque sofren as inxustizas e, por iso, son os que máis o necesitan.

Tamén se achega a ti sen condicións porque es importante para El. A súa amizade ensínanos a abrir o corazón para achegarnos aos demais e crecer como persoas.

Estar preto de Xesús é relacionarte cos demais como El o fai.

1. Escribe no teu caderno o que significan para ti as palabras do Papa Francisco: non somos fotocopias, somos todos orixinais!

2. Responde no teu caderno:

a) Que é o máis importante para Xesús?

b) Por que El se achega especialmente ás persoas excluídas?

3 26
Xesús ámate como es.

O respecto

Respectar é aceptar as persoas como son. Cada persoa ten dereito a ser quen é e a expresar os seus gustos, os seus intereses, a súa forma de pensar, etc. Todas as persoas podemos ser diferentes e expresarnos libremente.

O respecto é a antesala do amor, sen respecto non hai amor:

• Respéctate a ti mesmo, coida de ti, para poder facelo cos demais.

• Respecta os demais e sé tolerante.

• Respecta a natureza, cóidaa e ámaa.

• Respecta a sociedade, con cada xesto de respecto constrúes un mundo máis amable.

Isto non significa estar de acordo en todo; hai tantos puntos de vista como persoas hai no planeta. O importante é respectar os demais. Xesús ensínanos a tratar a todo o mundo con respecto, sen xulgar.

Imaxina un mundo no que non existe o respecto, ninguén ten en conta as demais persoas, todos tratan de impoñer as súas ideas, os seus gustos, a súa forma de pensar. Viviriamos nun conflito permanente. Sen respecto, a sociedade non funciona, é un caos.

Respecto

paz.

3. Escribe un exemplo de respecto:

a) a ti mesmo;

b) aos demais;

c) á natureza;

d) á sociedade.

4. Crea unha rima sobre o respecto. Comparte en clase.

27
U2
O respecto á diversidade garante a convivencia en

COn moita arte

O que fixestes a un destes, a min fixéchesmo

No Evanxeo de San Mateo 25, 34-45, nárrase a seguinte historia:

«Entón dirá o Rei ós da súa dereita: “Vinde, benditos do meu Pai; recibide a herdanza do Reino preparado para vós desde a creación do mundo. Porque tiven fame e déstesme de comer; tiven sede e déstesme de beber; fun forasteiro e acolléstesme; estiven espido e vestístesme; enfermo e visitástesme; estiven na cadea e viñéstesme ver”.

Entón preguntaranlle os xustos: “Señor, cando te vimos famento e che demos de comer; ou sedento e che demos de beber? Cando te vimos forasteiro e te acollemos; ou espido e te vestimos? Cando te vimos enfermo ou na cadea e te visitamos?”.

O rei contestaralles: “Asegúrovos que canto fixestes cun destes irmáns meus máis pequenos fixéstelo comigo”».

O artista creou esta escultura que representa a Xesús de Nazaret como un sen fogar, envolto nunha manta, cos pés descalzos e tombado nun banco para denunciar a situación das persoas que viven na rúa sen fogar.

A escultura orixinal (2013) encóntrase en Canadá. Existen máis de cen réplicas por todo o mundo.

1. Observade a obra e dialogade en clase sobre o que máis vos chama a atención.

4 28
Xesús sen fogar. Thimoty P. Schmalz.

Que arte tes!

Xesús recórdanos que o encontramos en todas as persoas, que amar a Deus é amar e respectar as persoas.

Resulta curioso analizar as preguntas que fai Xesús no relato do Evanxeo de San Mateo. Non pregunta se cumpres os mandamentos ou se vas á igrexa, céntrase no importante: as persoas, en especial as que o pasan mal.

Para Xesús, o cumprimento dos mandamentos non é suficiente. Ten que ir acompañado de xestos e palabras de amor.

Todos somos Xesús

Realiza unha careta coa cara de Xesús.

1. Debuxa nunha cartolina a cara de Xesús a tamaño real.

2. Colorea e recorta a careta.

3. Fai uns buraquiños aos lados para poñer unha goma elástica.

4. Poñemos as nosas caretas para ver a Xesús en todos nós.

29
U2 Axuda anayaeducacion.es

OS Apuntamentos de veny

Es imporante para min

Xesús nunca decepciona, sempre aposta pola persoa. Sexa cabezona, molona, ou chorona nunca, nunca a acantoa.

Non borres da túa mente que cumprir é insuficiente. Respecta o diferente, ama, comparte e sinte, Amar é respectar e Deus sempre cho vai recordar: hai liñas que non se poden cruzar, ás persoas sempre hai que coidar.

Organizo os meus apuntamentos

XESÚS

As persoas sempre primeiro

Cura en sábado

A persoa está por enriba da lei

Relaciónase con todo o mundo

Ama á persoa por ser como é

En especial os que peor o pasan

Persoas excluídas da sociedade

Trata a todas as persoas con respecto, dignidade e amor

Amar a Deus é amar e respectar as persoas

5 30

Recordo o que aprendín

• Xesús cámbiao todo. O centro do seu corazón ocúpano as persoas, especialmente as que son excluídas por calquera razón.

• Xesús relaciónase con todas as persoas con respecto e dignidade.

• Amar a Deus implica amar os demais. Relacionarnos coas persoas desde o respecto e o amor fainos mellores persoas.

Cóntame o que aprendiches

Responde no teu caderno

1 Que demostra Xesús co seu xeito de relacionarse coas persoas?

2 Por que é importante o respecto a un mesmo?

3 Completa as frases:

O primeiro para Deus é...

Xesús trata a todas as persoas con...

Experimenta e crea

4 Elaborar un programa de noticias en clase.

Por grupos, pensade nunha noticia actual. Imaxinade que o reporteiro sexa Xesús e contade a noticia como El o faría. Recordade que para Xesús o máis importante é a persoa.

Como aprendiches

5 O que aprendiches nesta unidade podes poñelo en práctica en familia, en clase e coas túas amizades.

Pensa como e de que xeito podes facelo.

Escribe as túas ideas e despois compárteas en clase.

6 Escribe no teu caderno:

O que máis me gustou desta unidade foi...

O que menos me gustou desta unidade foi...

31
? ? Gustoume moito ? ? Non me gustou

Nadal Ouro, incenso e mirra

«E cando entraron na casa atoparon o neno con María, súa nai. Prostráronse e rendéronlle homenaxe; logo, abrindo os seus tesouros, ofrecéronlle coma regalo ouro, incenso e mirra».

Le o relato completo no Evanxeo de San Mateo 2, 1-12.

Tres Reis Magos

Melchor, Gaspar e Baltasar chegan do afastado Oriente ata Belén seguindo a unha estrela moi brillante que os guía ata o portal. Trouxeron a Xesús regalos como homenaxe.

Melchor leva ouro que representa a riqueza. Ouro era o regalo que se facía aos reis. Isto significa que recoñecen a Xesús como Rei.

Gaspar entrega incenso. Era unha resina que se queimaba nas ofrendas a Deus. Iso significa que recoñecen a Xesús como o Fillo de Deus.

E Baltasar regala mirra, que se utilizaba para facer perfumes e medicinas. É un presente que simboliza a humanidade de Xesús, que Deus se fai home para salvar ao mundo.

1. Como celebras o día e a noite de Reis na casa? Escribe no caderno e dialoga en clase.

2. Imaxina que viaxas cos Reis Magos para coñecer a Xesús. Que regalo lle levarías? Debuxa o teu regalo e explica o que simboliza no teu caderno.

32
33

...no mundo

A noite de Reis é máxica. As rúas énchense de caramelos, cabalgatas, serpentinas, música e regalos.

Esa noite os Reis Magos chegaron ao portal. Fixeran unha viaxe moi longa buscando a Xesús e, por fin, estaban diante del. Ao velo axeonlláronse para adoralo e ofrecéronlle os seus regalos.

Os regalos dos reis a Xesús son un xesto de amor e un xeito precioso de recoñecelo como Rei, Fillo de Deus e Salvador do mundo.

Os regalos que recibimos a noite de Reis son regalos do corazón, un xeito de celebrar o nacemento de Xesús. O valor dos regalos non reside no seu tamaño ou na cantidade, senón na alegría que compartimos ao recibilos porque é Nadal, Xesús naceu e estamos felices.

ALEGRÍA E CARAMELOS

1. Imaxina que chegas ao portal de Belén despois dunha longa viaxe, e queres inmortalizar a alegría do momento cun selfi. Debuxa no teu caderno a foto.

2. Escribe tres mensaxes bonitas e péchaos coma se fosen caramelos para regalarllos a quen ti queiras coma se foses paxe real.

34

...no corazón ...con Veny

Os Reis Magos fan unha viaxe moi longa seguindo á estrela ata Belén para encontrarse con Xesús. Por iso, nada máis velo axeonlláronse ante El e adorárono.

Para os cristiáns, axeonllarnos é un xesto de adoración mediante o que recoñecemos a grandeza de Deus e a nosa pequenez.

Podemos adorar a Deus coa palabra, coa música, gozando da creación, na oración e con xestos de amor cara ás persoas que nos rodean. Adorar é comprometerte con Xesús para amar como El nos ensina.

En Nadal, Xesús nace no corazón de todas as persoas. Descúbreo e adórao en cada unha delas.

CANTAR E AMAR

3. Un xeito de adorar a Deus é coa música. En grupos de tres ou catro comparece, preparade un vilancico e compartídeo en clase.

4. Debuxa unha bóla de Nadal nunha cartolina e escribe dentro dela a que te comprometes con Xesús este Nadal. Por exemplo: a axudar aos demais, a ser amable, a estar alegre, a coidar a natureza, a rezar, etc. Decóraa ao teu gusto e pona na túa casa nun lugar visible.

Os tres Reis Magos representan a todas as persoas do mundo. Todas diferentes e todas ofrecendo o noso amor a Deus. Este Nadal descubre que as persoas somos un regalo de Deus, unhas para outras. Abre os ollos ben e descubre o amor de Deus nos que te rodean.

Vive o Nadal coidando o planeta, non malgastes, reutiliza e recicla. Cóidate, trátate con cariño e mímate, es unha persoa única e ninguén pode amar por ti. Coida os demais, ofrece sempre o mellor de ti. Ama a Deus por enriba de todo o demais, ama con todo o teu corazón.

Facemos algo diferente

5. Reflexiona. Que podemos facer en Nadal para regalar amor? Por exemplo: compartir, pensar nos demais, non malgastar auga, etc. Compartide as propostas mediante unha chuvia de ideas.

35

Ven e verás un proxecto educativo de Anaya para Educación Primaria.

Na realización deste proxecto interviñeron:

Edición: Mª Antonia Cordero

Deseño e gráficos: Patricia G. Serrano, Paz Franch.

Ilustración: Mindundis Factory s.l.

Asesoramento lingüístico: María González.

Edición gráfica: Rocío Álvarez.

Fotografías: Arquivo Anaya (Martin, J.), Alamy/CordonPress (Andia, Chris Howarth/Iceland, Historic Collection, Malacanang Photo, Todd Strand), Agencia Contacto (A. Pérez /Europa Press /ContactoPhoto), iStock/ Getty Images, 123RF e colaboradores.

IMPORTANTE: As actividades propostas neste libro deben ser realizadas en cadernos ou follas soltas; nunca no propio libro.

Esta obra pode conter enlaces a páxinas e sitios externos, que ANAYA non edita, controla, supervisa e/ou mantén, polo que ANAYA declina expresamente calquera responsabilidade respecto ás devanditas páxinas e sitios.

Relixión CatóliCa 4 - GaliCia - CódiGo 8390222 - et046231

Este libro foi aprobado pola COMISIÓN EPISCOPAL PARA A EDUCACIÓN E A CULTURA con data 25 de abril de 2023, segundo o CURRÍCULO DE RELIXIÓN CATÓLICA (BOE, 22 de xuño de 2022).

© Do texto: Jesús Mario Lorente Pérez, Pilar Ramírez Carbonero, 2023.

© Do conxunto desta edición: GRUPO ANAYA, S.A., 2023 - Valentín Beato, 21 - 28037 Madrid - ISBN: 978-84-143-2170-6

Depósito Legal: M-3891-2023 - Printed in Spain.

Reservados todos os dereitos. O contido desta obra está protexido pola Lei, que establece penas de prisión e/ou multas, amais das correspondentes indemnizacións por perdas e danos, para quen reproduza, plaxie, distribúa ou comunique publicamente, en todo ou en parte, unha obra literaria, artística ou científica, ou a súa transformación, interpretación ou execución artística fixada en calquera tipo de soporte ou comunicada a través de calquera medio, sen a preceptiva autorización.

Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.