Gali INCLÚE PROXECTO DIXITAL mOstra

• Preséntanse todas as ferramentas que utilizan as persoas que se dedican á ciencia e que se empregarán ao longo de todas as unidades.
• Situación de aprendizaxe: a curiosidade dunha nena por observar ao microscopio a súa cea fará reflexionar sobre a procedencia e a función dos alimentos.
• Obxectivo en acción: elaboramos unha exposición mostrando de que seres vivos proceden distintos pratos de comida.
• Situación de aprendizaxe: a partir das preguntas dunha nena sobre por que non podemos comer de todo, invítase a reflexionar sobre a natureza dos alimentos que consumimos e as consecuencias de non os ter.
• Obxectivo en acción: construímos maquetas de órganos que nos permiten nutrirnos con materiais reciclados.
TRIMESTRE 1 STEAM: Margaret Mee• Situación de aprendizaxe: un neno atópase confuso porque dubida se as accións cotiás, como almorzar, xogar, etc., constitúen a nosa forma de levar a cabo as funcións vitais.
• Obxectivo en acción: escribimos un pequeno diario anotando como realizamos as nosas funcións vitais na vida cotiá. .
• Situación de aprendizaxe: unha nena está preocupada porque a súa avoa sae en bicicleta e cre que periga a súa saúde. Isto invita a tomar conciencia do papel que xogan a actividade social e física no mantemento da saúde.
• Obxectivo en acción: analizamos os nosos propios hábitos e propoñemos formas de levar unha vida máis saudable.
REPASO TRIMESTRE 2 STEAM: Mary Anning• Situación de aprendizaxe: a partir da esaxeración das necesidades de uso de roupa, enerxía, etc. dun neno, convídase á reflexión acerca dos recursos materiais e enerxéticos que consuminos cada día e das desigualdades que existen no acceso a estes.
• Obxectivo en acción: facemos un mural sobre consumo responsable.
• Situación de aprendizaxe: un neno descobre que coas máquinas ten «superpoderes», o que lle permitirá relexionar acerca das limitadas funcións biolóxicas das persoas e como superalas con algunhas máquinas
• Obxectivo en acción: Investigamos sobre os «superpoderes» que nos outorgan as máquinas e organizamos unha exposición.
TRIMESTRE 3 STEAM: Elena Gracía Armada
• O método científico
• O método baseado en proxectos
• O pensamento computacional
• Que é un ser vivo?
• De que estamos feitos os seres vivos?
• Temos que clasificar os seres vivos
• Como somos os animais?
• Os seres humanos, animais moi especiais
• Realizamos a función de nutrición
• Como extraemos os nutrientes dos alimentos?
• Como extraemos o osíxeno do aire?
• Como se distribúen os nutrientes e o osíxeno polo o corpo?
• A programación por bloques
• O Plan TIC-TAC
Actividades para traballar competencias
• Mira como penso: Seres despistados
• A miña profesión: zoóloga mariña
• Iguais pero diferentes
• Como expulsamos os refugallos? Actividades para traballar competencias
• Natural ou procesado
• Entrevistamos o aire
• Mira como penso e a miña profesión: analista clínica
• A nosa función de relación
• Como captamos olores, sabores, dores...?
• Como vemos as cousas? Como oímos?
• Quen interpreta a información que recollen os sentidos?
• Que significa ter salaud?
• Para previr, hábitos saudables!
• Mantemos a nosa hixiene
• Movémonos... e descansamos
• Comemos san
• Evitamos riscos
• Coidamos as nosas emocións
• De que están feitas as cousas que nos rodean?
• Como clasificamos a materia?
• Pode cambiar a materia?
• Que produce os movementos e os cambios?
• A calor: unha transferencia de enerxía Actividades para traballar competencias
• Mira como penso: auga, aceite e chocolate
• Como executamos as respostas?
• A nosa función de reprodución Actividades para traballar competencias
• Mira como penso: Industria e función de relación?
• A miña profesión: oftalmóloga e matrón
• Un cerebro multitarefa
• Actividades para traballar competencia s
• Enfermidades infecciosas, contaxiosas ou non contaxiosas?, Recolle o teu cuarto!, Imos ao ambulatorio! e Escoita as túas emocións
• Mira como penso: Un algoritmos para adquirir bos hábitos
• A miña profesión: tecnóloga de alimentos
• Por que se moven ou se deforman os obxectos?
• Tipos de forza
• Como aproveitamos a nosa forza?
• As máquinas na nosa vida
• Deseñamos unha máquina
• Utilizamos o ordenador e programamos un videoxogo
• O bingo das propiedades particulares da materia
• A miña profesión: cociñeiro
• Guía de viaxes para gotas de auga
• A longa viaxe da enerxía ata a túa casa
• Frío, quente, temperado
• O caso da porta misteriosa
Actividades para traballar competencias
• Comprobamos os efectos das forzas
• A miña profesión: mecánica
• Mira como penso: Coas máquinas... máis vale previr!
• Mira como penso: Deseñamos unha máquina e programamos un videoxogo paso a paso
PROXECTO INTLA CONTAMINACIÓN SILENCIOSA DE
· A contaminación silenciosa das augas: Debaixo do desaugadoiro
Vaia lea teño! Polo meu aniversario regaláronme un microscopio, así que se me ocorreu diseccionar a miña cea cunhas tesoiras e observar en detalle os distintos alimentos. Que sorpresa! En todos vin que están formados como por ladrillos diminutos... Papá di que son células, porque os alimentos proceden de seres vivos. Vós entendedes algo?
Considerastes algunha vez de onde veñen os alimentos que comedes? Ocórresevos algún exemplo? Fixádevos no que se ve a través do microscopio de Diana. Que vos chama a atención? Lede o dato. Por que unha dieta que conteña moitos alimentos vexetais pode ser beneficiosa para o planeta?
Para esta unidade...
Imos analizar distintos pratos de comida e elaborar unha exposición mostrando de que seres vivos proceden os seus ingredientes.
Unha dieta baseada sobre todo en plantas é moi saudable para as persoas... e para o planeta.
Sigue o fío!
1
As características dos seres vivos Que é un ser vivo?
As células e os niveis de organización De que estamos feitos os seres vivos?
2
Os principais grupos de seres vivos 3
Temos que clasificar os seres vivos
4
As características dos animais e a súa clasificación Como somos os animais?
En que nos parecemos e en que nos diferenciamos doutros animais
5
Os seres humanos animais moi especiais
A maioría dos nosos alimentos proceden de seres vivos. Pero... iso que é?
Os seres vivos distínguense da materia inerte porque realizan as funcións vitais. Ademais, todos os seres vivos están formados por unhas estruturas diminutas denominadas células.
As funcións vitais son as actividades que realizan os seres vivos e que os diferencian das cousas non vivas.
Todos os seres vivos realizan tres funcións vitais comúns: a nutrición, a relación e a reprodución.
A función de nutrición permite aos seres vivos tomar substancias da contorna e utilizalas para obter enerxía, crecer e reparar o seu corpo. Tamén lles serve para expulsar as substancias de refugallo.
Segundo a súa forma de nutrirse ou, o que é o mesmo, de obter enerxía e materiais, os seres vivos poden ser: heterótrofos o autótrofos.
Os dous tipos de nutrición dos seres vivos
Obteñen o seu alimento doutros seres vivos
Os seres vivos heterótrofos, como, por exemplo, os animais, non poden fabricar o seu propio alimento e obtéñeno doutros seres vivos.
Os seres vivos autótrofos, como as plantas e as algas, fabrican o seu propio alimento utilizando a enerxía do sol.
Fabrican o seu alimento
A función de relación permítelles aos seres vivos captar información da contorna y reaccionar ante ela.
A función de reprodución permite aos seres vivos producir novos seres vivos (descendentes) con características iguais ou moi parecidas ás súas.
Existen dous tipos de reprodución: a asexual e a sexual.
Os dous tipos de reprodución dos seres vivos
Asexual
Na reprodución asexual, un só individuo (proxenitor) produce descendentes iguais a el.
Único proxenitor
Descendentes idénticos
Sexual
Na reprodución sexual, dous individuos (proxenitores), un masculino e outro feminino, producen descendentes parecidos a eles.
Descendentes parecidos
1 Das seguintes características, indica cales son comúns a todos os seres vivos: a) Son verdes. e) Funcionan con pilas. b) Nútrense. f) Relaciónanse. c) Están formados por células. g) Producen descendentes. d) Teñen pelo. h) Comen carne.
2 Por que un robot non é un ser vivo? Razoa a resposta.
3 Busca o significado das palabras: nutriente, descendente e reaccionar. Relaciona cada unha cunha función vital.
Toma nota!
Sabemos que algo é un ser vivo porque realiza as tres funcións vitais.
Sabes que tedes en común ti e unha ensalada? Estades formados por células!
Todos os seres vivos, xa sexa un gato, unha mosca, unha planta, unha alga, un cogomelo, etc., están formados por células.
Unha célula é unha estrutura de tamaño moi pequeno capaz de realizar as tres funcións vitais.
As células son tan pequenas que non se poden ver a simple vista. Para velas é necesario utilizar un instrumento chamado microscopio.
Grazas ás observacións feitas con microscopios, sabemos que todas as células teñen :
• A membrana: é unha capa que separa o interior da célula do exterior.
• O interior celular: nel atópanse miles de substancias e pequenas estruturas flotando nun líquido espeso chamado citoplasma.
Aínda que todas as células teñen esta estrutura en común, non son todas iguais. Algunhas son moi sinxelas e pequenas, mentres que outras presentan maior tamaño e teñen máis estruturas dentro. Ademais, non todas teñen a mesma forma.
1 Define célula.
2 Que hai no interior celular?
3 Pode haber seres vivos que non estean formados por células. Razóao.
4 Copia a célula da imaxe e colorea as estruturas do seu interior da cor que máis che guste.
Os seres vivos estamos formados por celulas
Células Microscopio
O microscopio permítenos ver como son as células
Interior da célula
Membrana
Tecidos, órganos, aparatos e sistemas
As células agrúpanse formando tecidos
O número de células varía duns seres vivos a outros:
Son os que están formados por unha soa célula que realiza as tres funcións vitais. Por exemplo, as bacterias e os protozoos.
Outros seres vivos están formados por máis dunha célula. Algúns, como os animais ou as plantas, teñen millóns de células de distintos tipos.
Nos seres vivos máis complexos, as células agrúpanse formando estruturas chamadas tecidos.
Os tecidos á súa vez agrúpanse formando órganos, e estes combínanse para formar aparatos e sistemas.
5 Se todas as células son máis ou menos dun tamaño parecido, ordena os seres vivos seguintes de menor a maior número de células. Explica a túa resposta.
a) Elefante c) Bacteria
b) Planta de papoula d) Formiga
6 Relaciona cada imaxe coa etiqueta que lle corresponde. A continuación, di a orde das etiquetas desde o máis sinxelo ao máis complexo:
Os tecidos agrúpanse formando órganos
Os órganos agrúpanse formando aparatos e sistemas
Aparato Aparato Aparato
O conxunto de aparatos e sistemas forman o organismo
Órgano Aparato
Célula
Organismo Tecido
D
B
A C E
Aparato Aparato + Aparato +
Aparato Aparato + Aparato +
Toma nota!
Aínda que todos os seres vivos temos células, hainas de diversas formas, algunhas agrúpanse para formar tecidos.
A simple vista, podemos diferenciar doadamente distintos tipos de seres vivos como unha mosca, unha árbore e un ser humano. Pero, para clasificar os seres vivos dun xeito científico, necesitamos fixarnos non só no seu aspecto, senón noutras características.
Existen distintas clasificacións científicas dos seres vivos. Unha das máis utilizadas é a que os agrupa en cinco reinos diferentes segundo a súa complexidade e o seu xeito de alimentarse.
Inclúe: os protozoos, formados por unha soa célula e con nutrición heterótrofa...
... e as algas, seres vivos autótrofos, formados por moitas células.
Seres vivos con nutrición autótrofa, con moitas células, con tecidos e, algúns, con órganos.
Seres vivos cunha soa célula, sinxela e moi pequena. Por exemplo, as bacterias.
Seres vivos que poden ter unha soa célula ou moitas. Teñen nutrición heterótrofa.
Seres vivos con nutrición heterótrofa, con moitas células, a maioría con tecidos, órganos, aparatos e sistemas.
Existen tantos tipos de seres vivos diferentes... como podemos organizalos para non nos enlear?
Mira como penso
Estes seres vivos despistáronse con tantas viaxes. Podes axudarlles a regresar ao seu reino?
Para iso, relaciona primeiro cada imaxe co cartel que lle corresponda e despois traza o camiño cara ao seu reino. Para iso, escribe o código no teu caderno para indicar cal é o camiño que ten que percorrer cada un ata chegar ao seu reino partindo da casa indicada na cuadrícula. Coidado! Non pises ningún cartel!
Fabrico o meu propio alimento usando a luz do sol. Vivo no mar e as miñas células son todas iguais.
Eu si que son pequena. Só poderías verme cun microscopio moi potente. E estou formada por unha soa célula moi sinxela.
Aínda que son moi pequena, teño millóns de células organizadas en distintos sistemas e Aliméntomeaparatos.do néctar das flores.
Son enorme. Teño millóns de células que forman distintos tecidos agrupados en órganos como as follas, as raíces... Ah, e fabrico o meu propio alimento coa luz do sol!
aIndicanoteucaderno cadarutaquedebeseguir similarservivodeforma aesta:1a,2a,3a,3b...
Todas as miñas células son parecidas. Aliméntome dos restos en descomposición doutros seres vivos.
Toma nota!
Clasificamos os seres vivos en cinco grandes reinos.
O reino dos animais é un grupo enorme que inclúe seres tan diferentes como as esponxas de mar, as baleas, os voitres... e nós, os seres humanos!
Os seres vivos que pertencemos ao reino dos animais temos as seguintes características:
• Estamos formados por moitas células e de distintos tipos.
• O noso corpo ten partes especializadas en realizar distintas funcións vitais.
• Temos nutrición heterótrofa; é dicir, alimentámonos doutros seres vivos.
• Podemos movernos.
Dependendo de se teñen esqueleto ou non, os animais divídense en dous grandes grupos: Os invertebrados
Os invertebrados son os animais que non teñen un esqueleto interno con columna vertebral.
Reprodúcense mediante ovos; é dicir, son ovíparos.
Os vertebrados son os animais que teñen un esqueleto interno con columna vertebral.
O seu corpo divídese en cabeza, tronco e extremidades, que poden ser aletas, patas ou ás. Reprodúcense por ovos (ovíparos) ou paren crías (vivíparos).
Son acuáticos e non se moven. Teñen forma de saco con moitos poros polos que toman a auga, a filtran e extraen dela os seres microscópicos dos que se alimentan.
Animais co corpo xelatinoso. A súa boca está rodeada de tentáculos velenosos. Poden nadar libremente ou vivir fixados ao chan. Todos son mariños.
Animais con corpo estreito e alongado. O seu corpo está dividido en aneis. Poden ser acuáticos ou terrestres.
Animais con corpo brando e musculoso. Moitos teñen o corpo cuberto dunha cuncha dura. Poden ser acuáticos (a maioría) ou terrestres.
Artrópodos
Animais con cuncha externa dura formada por pezas articuladas. Poden ser acuáticos ou terrestres.
Equinodermos
Animais co corpo cuberto de placas duras, algúns con espiñas. Todos son mariños.
Algúns grupos de vertebrados
Animais acuáticos. Teñen o corpo cuberto de escamas. As súas extremidades teñen forma de aleta para desprazarse na auga. Respiran mediante branquias. Case todos son ovíparos.
Ola! Chámome Lucía e son zoóloga mariña. A miña profesión é apaixonante xa que estudo os animais que viven no medio acuático. Son tan diversos que os hai de todos os grupos.
Animais terrestres, pero necesitan vivir preto da auga. Teñen o corpo cuberto por unha pel moi fina e húmida. Presentan catro extremidades en forma de patas. Respiran con pulmóns e son case todos ovíparos.
1 Hoxe estou a preparar un cartel sobre a diversidade de animais que viven en medios acuáticos. Atopei estas imaxes. Axúdasme a ordenalas indicando a que grupos de vertebrados ou invertebrados
Animais acuáticos e terrestres. Teñen o corpo cuberto de escamas e catro patas, agás as serpes e as cobras. Respiran mediante pulmóns. Case todos son ovíparos.
Animais terrestres. Teñen o corpo cuberto por plumas. Presentan un pico e carecen de dentes. As súas extremidades dianteiras están transformadas en ás. Respiran mediante pulmóns e son ovíparos.
Animais terrestres e acuáticos. Teñen o corpo cuberto de pelo e catro patas. Respiran mediante pulmóns. Son animais vivíparos.
Algúns dos nosos alimentos, como o leite ou os ovos, proceden de animais.
Preguntácheste algunha vez en que cousas nos parecemos a outros animais e cales nos fan diferentes?
O ser humano, un animal moi especial
Os seres humanos somos vertebrados mamí feros e como tales temos características simi lares aos animais deste grupo; non obstante, temos outras moi especiais:
• Temos un cerebro moito máis desenvolvido que o do resto dos mamíferos.
• Camiñamos ergueitos sobre as nosas extre midades inferiores (pernas).
• O dedo polgar das nosas mans pode formar unha pinza co dedo índice. Iso permítenos agarrar obxectos con gran precisión.
• A nosa pel só está cuberta de pelo nalgunhas zonas.
• Tardamos moito en crecer e madurar, e dependemos dos coidados dos adultos durante varios anos.
• Temos unha linguaxe articulada que nos permite expresarnos, comunicarnos e pensar.
1 Que características compartimos os seres humanos co resto dos mamíferos? Elixe as respostas correctas:
a) Camiñamos a catro patas.
b) Alimentámonos de leite cando somos pequenos.
c) Temos pelo por todo o corpo.
d) Temos mans.
e) Ao nacer, non dependemos dos adultos para coidarnos.
Xa sei que as persoas somos animais pero, en que me parezo a eles?
2 Cales dos seguintes trazos son propios dos seres humanos?
a) Cabeza grande en relación co resto do corpo.
b) Mans para agarrar obxectos con precisión.
c) Ollos azuis.
d) Pel con moi pouco pelo.
e) Barba.
Os seres humanos podemos ter aspectos moi variados, pero no fondo parecémonos moitísimo uns a outros. Nesta imaxe podes ver unha multitude de persoas con diferente aspecto externo.
1 Elixe dúas persoas moi distintas da imaxe. Imaxina que se coñecen e se fan amigos. Inventa unha conversación entre eles e escríbea. Ten que ser unha conversación construtiva na que cada persoa valora e admira as características diferentes que ten o outro.
2 Agora, escribe unha mensaxe agradable dunha frase para cada persoa deste grupo.
3 Indica seis cousas que sexan comúns a todas as persoas que aparecen na imaxe.
4 Indica algunhas características que diferencien ás persoas da imaxe.
5 Cres que, en conxunto, hai máis características comúns a todas as persoas ou máis características diferentes?
Toma nota!
Viches? Es un animaliño moi interesante.
1 Explica coas túas palabras que son a función de nutrición, a de relación e a de reprodución.
2 Di en que se diferencian: a) A nutrición autótrofa da heterótrofa. b) A reprodución sexual da asexual.
3 En que se parecen e en que se diferencian os protozoos e as algas?
4 Di se os seres vivos da lista teñen unha soa célula ou máis e cal é o seu tipo de nutrición: a) Protozoo. b) Elefante. c) Cacto. d) Alga verde. e) Bacteria.
5 Di a que cres que se refire o resultado de cada «suma» en cada caso: a) Órgano + órgano + órgano +... = ? b) Célula + célula + célula +... = ? c) Tecido + tecido + tecido +... = ?
6 A que grupo de vertebrados pertencemos os seres humanos? Escribe no teu caderno tres características que fan do ser humano un animal peculiar.
7 Relaciona os conceptos das dúas columnas:
8 Resolve estas adiviñas: a) É un vertebrado cuberto de pel moi fina e catro patas. b) É un invertebrado cuberto por unha coiraza ríxida dividida en pezas móbiles. c) É un vertebrado vivíparo que respira mediante pulmóns. d) É un invertebrado xelatinoso que vive no mar.
9 Pensa na forma de nutrición e contesta: a) Que teñen en común os fungos e os animais? b) Que diferencia os fungos e os animais das plantas?
10 Clasifica os animais seguintes:
2 1 4
8
3 5 6 7
11 Escribe unha redacción curta sobre dous vertebrados e dous invertebrados que aproveite o ser humano como alimento ou para obter materiais.
1 Desprende osíxeno.
2 Desprende dióxido de carbono.
3 Mestura de auga e sales minerais.
Non esquezas completar o teu álbum de fotos desta unidade dispoñible en anayaeducacion.es a) Zume bruto. b) Fotosíntese. c) Zume elaborado. d) Respiración.
4 Mestura de nutrientes e auga.
O semáforo. Xunto a cada actividade, colorea así no teu caderno: se soubeches a resposta se necesitaches axuda ou se non a soubeches responder
1 Chegou o momento de preparar a exposición! Entre toda a clase, facede unha lista de pratos e sobremesas que coñezades. Elixe un deles e fai unha lista cos seus ingredientes principais. A continuación, copia e enche o seguinte organizador gráfico a medida que investigas o prato que elixiches.
Que sabes xa sobre os ingredientes do prato? Sabes de que ser vivo proceden? Que parte do ser vivo son? Que función cumpren nese ser vivo?
Que dúbidas che xorden acerca dos ingredientes do prato?
Apunta aquí as cousas que non sabes aínda.
2 Debuxa, colorea e recorta o prato elixido nunha cartolina branca a tamaño real. Recorta frechas grosas en cartolina de cores e pégaas sobre o prato sinalando cada un dos ingredientes. Non te preocupes se sobresaen. En cada frecha debes escribir:
a) O nome do ingrediente.
b) De que ser vivo (ou seres vivos) procede e a que reino pertence.
c) Que parte do ser vivo é e que función cumpre nel.
3 Na aula, preparade unha mesa con mantel, vasos e cubertos. Colocade os vosos «pratos» de cartón e... tachán! Xa podedes gozar da exposición! Se queredes, podedes investigar os vosos pratos favoritos ademais dos que saen no menú do día seguindo os mesmos pasos.
Investiga en internet, libros ou preguntando a outras persoas e responde aquí as interrogantes que te fixeches na columna «Interésame».
1 Seguro que ao estudar a unidade haberá cousas que che resultaron sinxelas de aprender e outras que che custaron un pouco máis. Escribe no teu portafolio as tres cousas que che resultaron máis difíciles e explica por que.
2 O que agora xa sabes das plantas, fíxote pensar en como debes protexelas?
O que máis me aprendercustou Porque.....
É inxusto! Os meus pais din que son un pouco caprichoso. Eu? Pero se non necesito case nada! Cóntovos como é o meu día a día para que vexades que me apaño con moi pouca cousa.
Estades de acordo en que Antón non necesita case nada? Que necesitades vós para o voso día a día?
Credes que Antón está a facer un uso responsable das cousas que ten? Fixádevos no dato. Como vos fai sentir?
Para esta unidade...
Analizamos as nosas propias necesidades de materia e enerxía para crear un mural sobre consumo responsable.
Calcúlase que, cada ano, un terzo dos alimentos producidos podrecen nos colectores de lixo ou mentres se transportan.
A materia e as súas propiedades De que están feitas as cousas que nos rodean?
1
Os estados da materia. Substancias puras e mesturas 2
Como clasificamos a materia?
Os cambios físicos e químicos 3
Pode cambiar a materia?
Uso tan só tres conxuntos de roupa ao día acabados de lavar. É o mínimo para estar presentable!
Polas noites deixo todas as luces do corredor acesas. E se logo necesito erguerme?
Nas comidas tan só me preparan cinco pratos diferentes para que elixa cal me gusta máis. Non podo comer calquera cousa!
Cando chego á casa, poño a tele aínda que non me apeteza vela. Encántame tela de fondo.
Non me gusta pasar frío, así que deixo a calefacción sempre acendida, e se teño calor, abro a ventá do meu cuarto.
A enerxía 4
Que produce os movementos e os cambios?
A calor e os seus efectos A calor: unha transferencia de enerxía
5
Todo o que podemos tocar, ulir, saborear, soster... está feito de materia. Mesmo os nosos corpos!
A materia é o que forma todo o que existe ao noso arredor.
A materia pode presentarse baixo moitos aspectos diferentes: branda, dura, deformable, con distintas cores... Pero toda a materia ten dúas propiedades que se poden medir: a masa e o volume.
• A masa é a cantidade de materia que ten unha substancia. Mídese con balanzas e exprésase en gramos (g) ou en quilogramos (kg).
• O volume é o espazo que ocupa unha substancia. Mídese con recipientes graduados e exprésase en mililitros (ml) ou litros (l).
Mira como penso
Auga, aceite e chocolate
Fíxate nestes tres envases:
1 Cal contén máis volume de líquido? Razoa a resposta.
2 Se tiveses unha báscula e un vaso graduado, que farías para comprobar canta masa de cada líquido teñen os envases?
3 Indica paso a paso todo o que farías, e a cada paso asígnalle un número. Así terás un algoritmo para pesar líquidos confeccionado por ti mesmo.
Non toda a materia é igual. Por exemplo, o ferro e a auga están feitos de materia, pero non se parecen porque a materia que forma o ferro e a que forma a auga teñen propiedades particulares moi distintas que estudaremos na páxina seguinte. Chamamos substancias ou materiais aos distintos tipos de materia que existen.
Unha pista: este método para pesar líquidos chámase dobre pesada, porque para cada líquido tes que pesar dúas veces.
Cada tipo de materia ten unhas propiedades particulares que permiten diferenciar un tipo de materia doutro.
Algunhas das propiedades específicas dos materiais son a cor, a transparencia, a resistencia, a plasticidade, a elasticidade, a condutividade, a flotabilidade...
Imos xogar ao bingo coas propiedades físicas particulares dalgúns obxectos. Fíxate nesta tarxeta de bingo, que indica as propiedades físicas particulares dunha culleriña de café:
Fixándote nesta tarxeta, elixe un obxecto que teñas na casa (pode ser tamén algún alimento). Confecciona a súa tarxeta de bingo con nove das súas propiedades. Non esquezas incluír:
• Cor.
• Se é transparente, translúcido ou opaco (segundo o material deixe pasar ou non a luz).
• Se é brillante ou mate.
• Se é duro ou brando.
• Se é condutor da calor ou non (se o pos en contacto con algo quente, quéntase moi á présa ou moi devagar?).
• Se é plástico (defórmase) ou non.
• Se é elástico (recupera a forma tras deformarse) ou non.
• Se é resistente ou fráxil (é dicir, que rompe con facilidade).
• Se flota ou non.
1 Que farías para comprobar se un material é duro ou brando?
2 Indica catro propiedades particulares de: plastilina negra, vidro da ventá, crema de cacahuete, medalla de ouro.
• Leva o teu obxecto ou un debuxo del á cla se e a túa tarxeta de bingo. Xogaremos ao bingo con toda a clase. A profesora irá «can tando» as propiedades da materia e, se es tán na túa tarxeta, márcalas. Cando teñas unha liña enteira riscada cantarás «liña». Cando teñas todas as casas riscadas can tarás «bingo».
• O primeiro que cante bingo recibirá como premio unha medalla de ouro de cartolina. O primeiro que cante liña recibirá unha me dalla de prata de cartolina.
• Ao final da actividade, montaremos na clase unha exposición con todos os obxectos e as tarxetas de bingo que corresponden a cada un e que indican as súas propiedades.
Todos os tipos de materia teñen masa e volume, pero diferéncianse polas súas propiedades.
Na nosa vida utilizamos materia moi variada, como podemos organizala para comprendela mellor?
O ferro que utilizamos para facer ferramentas, a auga que bebemos e o osíxeno que respiramos son materia, pero atópase en estados diferentes.
A materia pode presentarse en tres estados distintos: sólido, líquido e gasoso.
Normalmente, os distintos tipos de materia encóntranse nun estado determinado. O ferro en forma de sólido, o osíxeno en forma de gas, etc. A auga é un caso particular porque é habitual que a atopemos nos tres estados: o xeo é auga en estado sólido, bebemos auga en estado líquido e o vapor de auga é auga en estado gasoso.
O estado da materia permítenos clasificala en materia sólida, líquida ou gasosa. Outra forma de clasificar a materia é en substancias puras e mesturas.
Unha substancia pura está formada por un único tipo de materia.
O ferro do que está feita esta reixa é unha substancia pura.
1 En anayaeducion.es podes consultar as características dos sólidos, os líquidos e os gases. A continuación, emparella.
Sólido Non teñen forma, nin volume fixo.
Líquido Non varían nin a súa forma nin o seu volume.
Gasoso Non teñen forma fixa, pero o seu volume é sempre o mesmo.
2 Busca substancias sólidas, líquidas e gasosas na túa vida diaria. Escribe no teu caderno tres exemplos de cada unha.
As mesturas están formadas por dúas ou máis substancias puras, que son os compoñentes da mestura.
A maionesa é unha mestura homoxénea de ovo, aceite e limón ou vinagre. Nela non se distinguen os compoñentes que a forman.
A sopa de fideos é unha mestura heteroxénea de caldo líquido e fideos. Nela distínguense a simple vista os compoñentes que a forman.
Mira como penso
A miña profesión: cociñeiro
Os cociñeiros pasamos o día facendo mesturas. Combinamos alimentos e ás veces sáennos mesturas homoxéneas. Outras veces as nosas receitas son mesturas heteroxéneas. Fíxate no menú de hoxe:
PRIMEIRO PRATO
Paella de marisco Puré de cabaza
SEGUNDO PRATO Croquetas Ensalada mixta
SOBREMESA
Xelatina de amorodo Macedonia de froitas
*
O menú inclúe pan e auga
1 Recoñece mesturas homoxéneas e heteroxéneas no menú.
Aos cociñeiros, noutras ocasións, tócanos separar mesturas. Un dos métodos máis habituais para separar mesturas dun líquido cun sólido é a filtración. Sabes en que consiste?
2 Fíxate no que está a facer Paula e descríbeo no teu caderno paso a paso.
3 Poderías utilizar o mesmo método para separar os compoñentes do café con leite do pai de Paula?
4 Que diferenza existe entre as mesturas do zume de Paula e o café con leite do seu pai?
Non me gustan os anaquiños no zume de laranxa!
Toma nota!
O xeo que botamos nun refresco é un sólido, o aire que respiramos é unha mestura gasosa... ocórrenseche máis exemplos?
Non só existen moitos tipos de materia, senón que ademais pode cambiar! Viches algunha vez evaporarse a auga dunha camiseta mollada?
A materia cambia continuamente e estes cambios poden ser de dous tipos: químicos ou físicos.
Nos cambios químicos, a materia cambia de aspecto e de composición e aparecen substancias novas.
Por exemplo, cando algo se queima desaparecen as substancias iniciais e aparecen cincentas.
Nos cambios físicos varían as propiedades da materia, a súa dureza, transparencia, elasticidade... pero non a súa composición. Tras un cambio físico non aparecen substancias novas.
Por exemplo, cando sacamos da neveira a manteiga, abranda e vólvese case líquida, pero non cambia de composición. Segue sendo manteiga.
Os cambios de estado
Os cambios físicos máis habituais son os cambios de estado.
Os cambios de estado prodúcense cando quentamos ou arrefriamos a materia.
Por exemplo, cando quentamos unha pedra de xeo, a auga pasa de estado sólido a líquido por fusión. Se seguimos quentando a auga líquida pasa a estado gasoso por evaporación.
Estes cambios tamén suceden no outro sentido se arrefriamos a materia. Se arrefriamos vapor de auga, transfórmase en auga líquida por condensación. Se seguimos arrefriando a auga líquida solidifícase ou conxélase e forma xeo.
Un cambio químico. A fabricación do iogur
Cando facemos iogur prodúcese un cambio químico denominado fermentación.
As bacterias que fabrican o iogur transforman o leite líquido e lixeiramente doce en iogur sólido e ácido. Este cambio dise que é irreversible, unha vez que temos o iogur non podemos volver ter o leite líquido.
1 Define estes termos : a) Cambio químico. b) Cambio físico. c) Cambio de estado.
Para comprender mellor os cambios de estado, visualiza o vídeo «Os peluches non se condensan» en anayaeducacion.es
Imos acompañar unha gota de auga na súa viaxe polo ciclo da auga. Atopamos as seguintes notas de viaxe que escribiu a nosa gota de auga. Antes de iniciar a actividade lédeas con detemento. Daranvos todas as pistas necesarias para resolver a actividade. Estades preparados para cambiar de estado?
O día amenceu soleado e cálido. Algo está a pasar, síntome moi lixeira. De súpeto saio do mar. Subo e subo sen parar. Que vista tan bonita desde as alturas!
Vai un pouco de frío. Algo me sucede, síntome un pouco pesada. Atopeime con moitas máis gotas de auga ás que lles sucedeu o mesmo. Agora voamos suspendidas no aire. Din que estamos na estación nube. Mola moito!
O tempo cambiou e vai moito frío. Non trouxen roupa de abrigo. Síntome rara, agora estou en estado sólido e dixéronme que teño forma de estrela. Caemos sobre unha montaña suavemente, como se tivésemos paracaídas. A mellor experiencia da miña vida!
1 Le as notas de viaxe da nosa gota de auga e asígnaas a cada unha das etapas do ciclo da auga.
2 Como se chama o cambio de estado que sufriu a nosa gota de auga para saír do mar? E cando chega á estación nube?
3 Que lle sucedeu á nosa gota de auga por non levar roupa de abrigo? Como se chama ese cambio de estado?
4 Á nosa amiga encantoulle a viaxe e quere volver ao punto de partida para dar outra volta. Ten que viaxar desde a montaña ao mar de novo. Como o faría? Que cambio de estado lle suxires?
5 Agora describe no teu caderno e coas túas propias palabras esta viaxe que chamamos «o ciclo da auga».
Toma nota!
Viches arder unha candea? E derreterse un xeado?
Ocórrenseche outros cambios que vexas na túa vida cotiá?
Unha televisión desenchufada non pode mostrar imaxes. Non obstante, se a conectamos á corrente eléctrica, si. É maxia? Non! É enerxía!
O mundo cambia continuamente ao noso arredor: o sol móvese no ceo, o vento axita as follas, pasan vehículos, acéndese unha luz, sae fume por unha cheminea, óese o canto dun paxaro... Como pode sufrir a materia tantas transformacións? A resposta podería resumirse nunha soa palabra: enerxía!
A enerxía que ten a materia é o que lle permite producir cambios.
Tamén poderiamos dicir que a enerxía é o que fai funcionar as cousas.
Algunhas formas ou tipos de enerxía
A enerxía luminosa. É a que nos chega en forma de luz procedente do Sol ou de fontes artificiais como as lámpadas.
1 Que tipos de enerxías podes observar no lume?
2 De onde cres que sae esta enerxía? Sinala a resposta correcta no teu caderno:
a) Do movemento da madeira. b) Da enerxía química que se desprende cando a madeira se queima. c) Da luz que se oculta dentro da madeira.
A enerxía térmica. É a que se desprende en forma de calor que pasa dun obxecto quente a outro máis frío. Por exemplo, a que emite un fogón da cociña para quentar os alimentos.
A enerxía cinética. É a que teñen os obxectos, substancias e seres que se moven, como un tren, un guepardo correndo ou o vento.
A enerxía química. Está en todas as substancias e libérase cando se produce un cambio químico. Como cando queimamos combustibles.
A enerxía eléctrica. Xérase en baterías, pilas e centrais eléctricas, e que chega ás nosas casas a través de cables. Utilízase para facer funcionar os electrodomésticos e os dispositivos electrónicos.
Os distintos tipos de enerxía pódense transformar uns noutros. Os seres humanos aproveitamos estas transformacións para transportar enerxía duns lugares a outros e facer funcionar as nosas máquinas e inventos.
As fontes de enerxía son os materiais ou procesos dos que obtemos enerxía.
As fontes de enerxía poden ser renovables ou non renovables.
• As fontes renovables. Son aquelas que non se esgotan, porque se rexeneran rapidamente de xeito natural, como a luz solar, o vento ou a forza da auga nunha fervenza.
• As fontes non renovables. Son aquelas que se rexeneran tan devagar que poden chegar a esgotarse. É o que acontece, por exemplo, cos combustibles fósiles, como o carbón, o petróleo ou o gas natural. Estas substancias tardaron millóns de anos en formarse, pero estámolas a consumir tan á présa que cada vez son máis escasas e máis caras.
3 O vento é unha fonte de enerxía renovable ou non renovable?
4 Indica en que tipo de enerxía se transforma a enerxía eléctrica en cada un destes obxectos ou aparatos: a) Secador de pelo. b) Tren eléctrico. c) Lámpada.
Intúo e deduzo Observa a ilustración e contesta: Cantos tipos de enerxía diferente se utilizan para producir a enerxía eléctrica que chega á túa casa?
Toma nota!
Moitas das nosas actividades diarias necesitan enerxía. Ocórreseche algunha?
A longa viaxe da enerxía ata a túa casa
Cando chega o verán, gústanos bañarnos en auga fresquiña. E en inverno, poñemos a calefacción. Que é exactamente a calor entón?
A través do tacto, as persoas podemos percibir a temperatura á que se atopan as superficies que tocamos. Cando entramos en contacto cun obxecto que está a menor temperatura que a nosa pel, notamos frío. Cando tocamos algo que ten maior temperatura que a nosa pel, notamos calor.
Isto sucede porque a calor pasa continuamente duns obxectos a outros e sempre o fai dos obxectos que están máis quentes (é dicir, que teñen maior temperatura) aos obxectos que están máis fríos (é dicir, que teñen menor temperatura).
A calor é a enerxía térmica que pasa duns obxectos a outros que están a unha temperatura máis baixa.
Esta transmisión de calor dun obxecto a outro continúa ata que os dous obxectos igualaron a súa temperatura.
Fago ciencia!
Para comprobar como se produce a transmisión de calor, podes realizar o seguinte experimento.
1 Ao sacar a lata da auga, como está, máis quente ou máis fría?
2 Como está a auga despois de sacar a lata, máis quente ou máis fría?
3 De onde procede a calor da lata ao final da experiencia?
4 Cres que toda a calor que perdeu a auga foi parar á lata? Razoa a resposta.
Lata sacada do frigorífico a 3 oC Auga a 50 oC
« Cóntocho nun momento». Para comprender mellor os efectos da calor, visualiza o vídeo «A casa non me deixa saír» en anayaeducacion.es
Cando un obxecto intercambia calor prodúcense diversos cambios. Entre eles están:
• Os cambios de temperatura. Un obxecto quéntase se recibe calor doutro; e arrefría cando cede calor a outro obxecto. Os cambios de estado (que xa se estudaron en apartados anteriores).
• As dilatacións. Cando quecen, algúns obxectos aumentan o seu volume e ocupan máis espazo. O caso da auga é especial, xa que o xeo ocupa máis espazo que a auga líquida.
Sumamos Na casa dos avós de Sofía e Xoán hai unha porta moi misteriosa. É a que leva ás escaleiras do faiado. Durante o verán está pechada e ninguén pode abrila por moito que o intente. Pero todos os anos, ao chegar o inverno, un bo día ábrese soa! Xoán di que a porta está encantada, pero Sofía quere convencelo de que hai outra explicación. Podes axudar a Sofía a convencer a Xoán? Utiliza o que aprendiches sobre as dilatacións para explicar o caso da porta misteriosa.
1 Investiga como funciona un globo aerostático e contesta: Que importancia ten a dilatación para o seu funcionamento?
2 Por que cres que os zapatos nos adoitan facer máis dano en verán que en inverno?
Usamos enerxía térmica para moitas cousas: cociñar, pasar o ferro, quentar as casas... Ocórrenseche máis?
1 Que instrumento utilizarías para medir a cantidade de masa dun obxecto?
2 Para medir o volume dun obxecto sólido, pódese botar este obxecto a un recipiente graduado con auga e ver canto sobe o nivel da auga. Indica paso por paso como o farías.
3 O chumbo ten a masa moito máis concentrada que o plástico. Tendo isto en conta, que cres que ocupará máis volume, 100 gramos de chumbo ou cen gramos de plástico?
4 A materia atópase en tres estados diferentes. Cales son os seus nomes?
5 Que substancia moi común se pode atopar nos tres estados da materia?
6 Define: substancia pura, mestura homoxénea e mestura heteroxénea.
7 As culleres que se utilizan para remover a comida cando a estamos a cociñar son de madeira. Por que cres que se utilizan culleres de madeira para esta función e non de metal?
8 Indica cales das mesturas seguintes son homoxéneas e cales heteroxéneas:
9 Investiga sobre os seguintes cambios e decide se son cambios físicos ou químicos. Razoa a túa resposta.
Abrandamos a plastilina coas mans.
Cortamos unha folla de papel con tesoiras.
Acendemos un misto.
Deixamos un xoguete metálico á intemperie, perde a pintura e sáenlle manchas avermelladas.
10 Indica para que se usan os seguintes instrumentos:
11 Compara a manteiga sólida da neveira coa manteiga fundida nunha tixola. En que propiedades físicas da materia se diferencian?
12 En que tipo de enerxía se transforma a enerxía eléctrica nun ventilador? E nunha torradora de pan?
Non esquezas completar o teu álbum de fotos desta unidade dispoñible en anayaeducacion.es.
O semáforo. Xunto a cada actividade, colorea así no teu caderno: se soubeches a resposta se necesitaches axuda ou se non a soubeches responder
1 Entre toda a clase, elaborade unha lista cos tipos de materia e enerxía que usades ao longo dun día calquera. Por exemplo, roupa e calzado, luz eléctrica, ordenador, transporte público, auga...
2 Repartide a cada persoa ou parella un dos elementos da lista. Nunha cartolina de cor debedes facer a lista de tarefas que se indica á dereita.
3 Observa o mural rematado sobre consumo responsable. Por último, copia e completa o seguinte organizador gráfico (antes pensaba-agora penso) acerca de como cambiou o teu pensamento nesta unidade.
Antes pensaba...
Antes de estudar esta unidade, que pensabas sobre a materia e a enerxía que necesitas e como as utilizas?
1 Escribir o nome do elemento da lista que vos tocou.
2 Indicar se se trata de materia ou de enerxía. 3 Investigar e escribir como e para que se usa. 4 Propoñer un xeito de usalo de forma responsable. 5 Decorar con fotos ou debuxos e pegar a cartolina na parede da aula (poñer nunha zona todos os elementos que sexan materia e noutra todos os que sexan enerxía).
Agora penso...
Agora que completaches esta unidade, en que cambiaches de opinión?
Causas
Por que cambiaches de opinión? Aprendiches algo novo ou ocorréuseche algo que nunca pensaras?
1 Copia a imaxe da dereita e puntúate en cada un dos aspectos que se nomean. Despois, une os puntos; canto maior sexa o pentágono, mellor será a túa situación de aprendizaxe.
2 Reflexiona e responde no teu caderno:
a) Que fago mellor cando traballo en equipo?
b) Que compañeira ou compañeiro saca o mellor de min?
c) Que consigo coa axuda de...?
d) A mellor calidade de... é...
Calidade dos meus traballos
Traballo en grupo
© GRUPO ANAYA, S.A., 2022 - C/ Valentín Beato, 21 - 28037 Madrid.
Reservados todos os dereitos. O contido desta obra está protexido pola Lei, que establece penas de prisión e/ou multas, amais das correspondentes indemnizacións por perdas e danos, para quen reproduza, plaxie, distribúa ou comunique publicamente, en todo ou en parte, unha obra literaria, artística ou científica, ou a súa transformación, interpretación ou execución artística fixada en calquera tipo de soporte ou comunicada a través de calquera medio, sen a preceptiva autorización.