Plástica
ci a

•
Aprender a levar unha vida sa e promover o benestar das persoas que nos rodean.
1.1 O corpo humano
• O esquema do corpo
• O canon e a proporción
• A expresividade das mans
• Corpos que falan
1.2 A moda
• O deseño e a xeometría na moda
• Os adornos da dama
• Un corpo en movemento
• Figuras proporcionadas
• Mans realistas
• Unha parella de manequíns
• Moda ao estilo de Sonia Delaunay
• Unha dama ao grande
Constrúe:
• Personalizo o meu lapiseiro (páx. 65)
• A miña estrela de Nadal (páx. 67)
Pinta:
• Atardecer na sabana (páx. 73)
Saúde e benestar
• As xoias na historia
• Así crean: Yves Saint Laurent e Elsa Schiaparelli
• Un amuleto de boa sorte
• Crea ao teu xeito
Previr e reverter a degradación do noso planeta, e emprender con urxencia accións para iso no noso ámbito.
2.1 A natureza
• O aspecto das árbores
• As liñas da natureza
• As formas dos animais
• O paso das 2D ás 3D
2.2 O universo
• O universo en movemento
• O cine en branco e negro
• A técnica do salpicado
• As formas das árbores
• Expresión mediante a liña
• Un animal a partir do seu esquema
• Elementos naturais en 3D
• O movemento no cómic
• Un fotograma coloreado
• A túa versión do universo
• Unha ilustración de conto
Constrúe:
• Celebro o Día Mundial da Auga (páx. 69)
Pinta:
• As follas da primavera (páx. 75)
Vida de ecosistemas terrestres
• As ilustracións nos libros
• Así crean: Anxos Santos e Wassily Kandinsky
• Crea ao teu xeito
Comprender a necesidade do uso xeneralizado de internet e conseguir o acceso universal á información.
3.1 A forma
• A maxia do volume
• A arte óptica
• A técnica da ensamblaxe
3.2 A cor
• As cores harmónicas
• A psicoloxía da cor
• A maxia da cor
Industria, innovación e infraestrutura
• As cores na noite
• Así crean: Alexander Calder e Tamara Lempicka
• Obxectos con profundidade
• Un deseño Op Art
• Unha escultura con materiais reciclados
• Harmonía cromática
• Unha etiqueta rechamante
• Unha imaxe en dúas tonalidades
• Unha escena nocturna
• Crea ao teu xeito
Constrúe:
• Unha fortaleza no alto da montaña (páx. 71)
Pinta:
• Celebro o Día do Medio (páx. 79)
Para ter unha existencia plena, é fundamental levar unha vida sa e saudable.
O coidado que lle damos a diario ao noso corpo (alimentación, exercicio, descanso) determina a nosa saúde.
As persoas que recibiron educación teñen máis probabilidade de levar unha vida saudable que as persoas sen educación.
en acción
Aprender a levar unha vida sa e promover o benestar das persoas que nos rodean.
Observa estas siluetas e a sensación de movemento que nos provocan a pesar de ser tan só figuras negras.
Para crear sensación de movemento, é preciso debuxar primeiro un esquema básico do esqueleto humano. Deste xeito a túa representación da figura será moito máis realista e correcta.
Cun rotulador vermello debuxa o esquema básico sobre as figuras que aparecen a continuación. Fíxate no modelo.
CREA
Observa, sigue os pasos e debuxa a nena e o neno en movemento.
Os escultores da Grecia clásica determinaron as proporcións ideais para a representación da figura humana.
Este canon variaba dependendo da idade da figura representada. Os nenos e as nenas pequenos teñen proporcionalmente a cabeza máis grande polo que o canon é diferente.
Na actualidade a arte representa a figura humana con diferentes proporcións e formas; isto é un reflexo máis realista da gran diversidade de persoas que existe no mundo.
Observa o canon de oito cabezas do Apoxiomeno. Agora, fíxate nas fotos. Que canon ten cada unha? Mide a cabeza e repite a medida ao longo do corpo. Fíxate no exemplo e comproba como en cada idade varían as proporcións.
CREA
Observa, sigue os pasos e debuxa un neno e unha nena. Colorea o teu gusto.
A altura das nenas e os nenos de entre 6 e 12 anos varía entre 6 e 7 cabezas.
1 2 3 1 2 3
As nosas mans permítennos tocar, agarrar, sentir, suxeitar, manipular, explorar, debuxar, modelar... e unha morea de cousas. Nas artes plásticas son unha parte fundamental para a creación artística.
Sabías que hai unha linguaxe de signos que se desenvolve coas mans? Observa e aprende o teu nome.
Agora, fai o teu nome en linguaxe de signos.
Sigue os pasos e debuxa o dorso e a palma da man. Colorea.
1 2 3 1 2 3
Dorso Palma
Algúns artistas fan uso de manequíns de debuxo articulables para a representación da figura humana e así poden prescindir de modelos que pousen para as súas obras.
Estes manequíns facilitan a comprensión das posturas que pode adoptar o corpo cando nos movemos, facemos deporte, bailamos, etc.
Observando os xestos e as posturas do corpo somos capaces de interpretar o que nos queren transmitir as persoas. Observa e relaciona.
présa
pensativo relaxado alegre con
Corpos que falan
Recorta e garda para a páxina seguinte.
Observa, ordena as pezas da páxina anterior e pégaas. Despois, imaxina un diálogo entre os dous personaxes.
Nesta obra, o pintor italiano Giorgio de Chirico (1888-1979) transpórtanos a un mundo de fantasía. Nela simplificou a figura humana mediante manequíns, aos que deu vida. El é Héctor, un heroe da antiga Grecia, e ela, Andrómaca, a súa esposa. A parella estase a despedir. Héctor vaise a un combate do que non volverá.
A artista Sonia Delaunay presenta os seus cadros xunto aos seus deseños téxtiles. En ambos os dous casos predomina a decoración con formas poligonais. A súa obra baséase tamén en vistosas composicións usando circunferencias, círculos, semicírculos...
Busca en internet máis información sobre a obra desta artista.
Sonia Delaunay (1885-1979) foi unha pintora francesa, que tamén deseñou moda. As súas obras caracterízanse por ser abstractas e pola utilización de formas xeométricas como círculos concéntricos e semicírculos.
Inspírate nestas obras e crea unha peza de vestir, con deseño propio e orixinal, utilizando formas xeométricas.
Vestidos simultáneos (1925), de Sonia Delaunay.
Ritmo (1938), de Sonia Delaunay.
Esta marabillosa peza arqueolóxica ibera, representa o busto dunha muller vestida cunha túnica e adornada con colares e un belo toucado con rodetes, que resultan moi característicos. A postura frontal e hierática da Dama de Elx, xunto con eses característicos adornos que leva fana inmediatamente recoñecible.
Dama de Elx (séculos v-iv a. C.).
Observa estas outras esculturas iberas e explica as súas similitudes. A que conclusión chegas?
Dama de Baza (século iv a. C.).
Dama oferente do Outeiro dos Santos (séculos iii a. C.).
Dama de Gardamar (400 a. C. e 370 a. C.).
Observa o exemplo e debuxa a Dama de Elx. Logo, coloréaa.
1.2 A moda
Observa estas xoias antigas, escolle unha, e imaxina que protección achegaba ao seu dono ou dona.
Na antigüidade as xoias eran moito máis que adornos corporais. Utilizábanse como símbolos (de poder, de status social, relixioso...) e amuletos protectores.
Para crear estas xoias, inspirábanse nas formas da natureza, os animais e as figuras humanas, ás que daban un significado especial.
Colar exipcio da dinastía XVIII (1479-1425 a. C.).
Colares exipcios de louza con amuletos (715-332 a. C.).
Peitoral exipcio en forma de escaravello alado do tesouro de Tutankamon, dinastía XVIII (1325 a. C.).
Nocelleira exipcia con serpes e un escaravello alado sostendo o disco solar. Necrópole real de Tanis, dinastía XXI.
Observa, completa e colorea. Fíxate no orixinal.
Colgante baseado nun antigo escudo ibero.
Observa o colgante circular: os catro raios (liñas descontinuas no debuxo) divídeno en catro partes iguais. Por iso, dicimos que ten simetría radial.
Yves Saint Laurent afirmaba que «a moda non é arte, pero para facer roupa hai que ser artista». Inspirándose nos cadros de Piet Mondrian realizou unha serie de vestidos.
Que obxecto cotián elixirías para realizar un sombreiro moi orixinal?
Elsa Schiaparelli utilizou con moitísima orixinalidade un zapato para crear o deseño dun sombreiro único e divertido.
Escolle un artista e busca información en internet. Despois debuxa unha peza de moda inspirada na obra que máis che gustase dese artista.
Nesta unidade viches como o corpo humano é unha fantástica ferramenta que nos serve para expresarnos, movernos, gozar e vivir en plenitude. Debemos respectalo e coidalo a diario para mantelo sempre san e en condicións óptimas.
A través da técnica CTF (considera todos os factores) elabora un decálogo con dez hábitos diarios saudables para promover unha vida sa e conseguir fomentar o benestar no teu ámbito. Consulta en anayaeducacion.es
1 Ordena do 1 ao 4 pensando que se che dá mellor e que necesitas mellorar. Despois, completa.
Debuxar unha figura humana utilizando a proporción.
Facer o meu nome en linguaxe de signos.
Reproducir unha imaxe mediante unha cuadrícula base.
Utilizar a simetría para crear un amuleto.
O aspecto n.° 1 é a miña fortaleza porque...
Para mellorar o aspecto n.° 4, debo...
2 Completa para coñecer como aplicas a túa aprendizaxe.
Coñecer as miñas habilidades e aprender dos meus erros axúdame a...
Colaborar coa clase nunha exposición serviume para...
Dar a coñecer as miñas emocións axudoume a...
Aprendín a escoitar os demais coa actividade...
Reservados todos os dereitos. O contido desta obra está protexido pola Lei, que establece penas de prisión e/ou multas, amais das correspondentes indemnizacións por perdas e danos, para quen reproduza, plaxie, distribúa ou comunique publicamente, en todo ou en parte, unha obra literaria, artística ou científica, ou a súa transformación, interpretación ou execución artística fixada en calquera tipo de soporte ou comunicada a través de calquera medio, sen a preceptiva autorización.
© GRUPO ANAYA, S.A., 2022 - C/ Valentín Beato, 21 - 28037 Madrid.