LINGUA PRIMARIA
O primeiro día
LEO E COMPRENDO VOCABULARIO GRAMÁTICA ORTOGRAFÍA
Narración
A escola
O punto
Unha alfombra de follas
Postais de Nadal
A illa remeira
Cun olliño pechado
A Cidade de Todo é Posible
A hora do almorzo 1 5 3 7 2 6 4 8 9
María Canosa, Escola de bruxas
Poesía
Antonio García
Teijeiro, As catro estacións
Postais
Narración
Jaureguizar, Os Sabuxos entran na casa do pé esquerdo
Cómic
Jacobo Fernández, Marcopola (2).
Os Piratas da Lúa
Texto expositivo
Como dormen os animais?
Narración
M.ª Dolores Pérez-Lucas, Don Inventos
Noticias
Xa é primavera!
O abecedario
A maiúscula
O outono
Os sinónimos e os antónimos
O Nadal
Os diminutivos
e os aumentativos
Os alimentos
As palabras polisémicas
Os deportes
As frases feitas
O guión
A coma Os dous puntos
Os signos de interrogación e admiración
As palabras con C e QU
As palabras con Z e C
As palabras con MP e con MB
As palabras con X
Os animais
Os campos semánticos
Os medios de transporte
Os sufixos e os prefixos
A primavera
As palabras compostas
As palabras con B e V
As letras, as palabras e as oracións
As sílabas
O nome
O xénero e o número
O adxectivo
O artigo
As contraccións
Os posesivos e os demostrativos
Os números
O pronome persoal
As palabras con R e RR
O verbo (1)
As palabras con G, GU e GÜ
O verbo (2)
Teatro
Imos ao teatro!
Fernando Lalana,
Se suspende la función
O teatro
Os conectores
As palabras con H e NH
As linguas
Como é Pardal?
3
cos meus pais e as miñas dúas irmás. encantoume durmir nunha tenda de campaña e facer novos amigos. COMPETENCIAL COMPETENCIAL O carné a información que falta
LEO E COMPRENDO
As lecturas adáptanse ao nivel lector do alumnado e fomentan o crecemento da identidade lectora.
As actividades de comprensión seguen as indicacións dos informes Pisa e céntranse na localización da información e na relación desta co contorno. A súa aplicación práctica trabállase de forma oral e participativa no apartado Escoito e falo.
VOCABULARIO
Os campos semánticos están relacionados coa lectura e co tema da unidade.
Os contidos léxicos avanzan progresivamente ao longo da etapa.
ORTOGRAFÍA
Neste segundo ciclo da Primaria é moi importante a práctica da ortografía para afianzar a escritura.
Ao longo do libro hai actividades competenciais para practicar o aprendido.
GRAMÁTICA
Os estudos de gramática inícianse de forma intuitiva no primeiro ciclo e avanzan gradualmente no segundo.
Foméntase a aprendizaxe autónoma a través de exemplos, a busca da información e o traballo visual.
1 O primeiro día
Deixárona diante do edificio. Despedírona cun bico na fronte e axitaron as mans a medida que se ía afastando deles.
Non quería ir, pero non lle quedaba outra. agarimo: cariño.
—Xa o falamos, Mencía. Ten que ser —dixéralle a nai con moito agarimo* mentres lle daba o almorzo—. Xa verás que logo non has querer volver para a casa.
Mencía non podía nin responder. Atragoábaselle o leite con galletas e azucre no medio da gorxa. Tiña un nó no estómago feito de nervios. Non quería ir.
—Veña, pequena —animáraa o pai—. Farás amizades, xogarás e pasaralo moi ben. Aquí non hai veciños, virache estupendo coñecer rapazada.
Parada diante da escola, repetía para si esas palabras de ánimo para ver se lle entraba a alegría, pero os beizos debuxábanlle un xesto triste.
Mirou para atrás. Seus pais, moi xuntiños, seguían observándoa e animándoa.
Sorríanlle e incitábana a entrar. Obedeceu, arrastrando os pés e coa cabeza baixa, agarrada á súa mochila.
No cartel que había enriba da porta poñíao moi claro, en letras grandes: «ESCOLA DE BRUXAS».
«Que castigo!», pensaba Mencía. A ela dábaselle moi mal ser bruxa... Oxalá nacese sendo outra cousa. Pero non, a ela tocáralle bruxa.
María Canosa, Escola de bruxas
Leo e comprendo
1 Onde estaba a punto de entrar Mencía?
Na
2 Como se sentía Mencía? Rodea tres palabras.
contenta nerviosa animada preocupada triste feliz
3 Que almorzou ese día?
4 Une cada oración co seu personaxe.
«Farás amizades»
Tiña un nó no estomágo
«Xogarás»
Non podía nin responder
Sorrían
Arrastraba os pés
«Pasaralo ben»
Tiña un xesto triste
5 Que materias imaxinas que hai na escola de bruxas?
6 Que cres que levará na mochila? Escríbeo.
Escoito e falo
vasoira
1 Á túa clase acaba de chegar un novo alumno.
• Cantas persoas están falando?
• De onde é o rapaz novo?
• Quen quere xogar con el?
• Que razóns dan os outros para non xogar?
2 Cando chega alguén novo á túa clase, que fas?
Non falo con el, porque non o coñezo.
Dígolle ola e pregúntolle o nome.
No recreo, invítoo a xogar cos meus amigos.
3 Por que pensas que é importante axudar a un alumno novo?
A escola
1 Completa o abecedario coas letras que faltan.
B D F G H
I M N Ñ P Q
R T U V X Z
• Cantas letras ten o abecedario galego?
Ten letras.
2 Rodea a palabra mal ordenada e colócaa ben.
encerado – goma – carpeta – lapis – regra
carpeta – encerado – goma – lapis – regra
amarelo – vermello – laranxa – marrón – rosa
aprender – mestre – papel – estudar
3 Completa o nome destes obxectos. afialapis c t b r e m
• Fíxate na primeira letra e ordénaos alfabeticamente.
Afialapis
4 En que libro aparecen as palabras en orde alfabética? No
5 Escribe tres palabras máis sobre a túa escola en cada caderno.
MATERIAS
Lingua
DEPORTES baloncesto
ESPAZOS comedor
PERSOAS mestre
Se o precisas, consulta o Anexo
1 Completa.
Escribimos punto . ao final de cada .
2 Pon os puntos que faltan.
Chámome Pedro . Vivo un pouco lonxe da escola
Desde que comecei Primaria vou no autobús
Lévame vinte minutos chegar
Gústame ir no autobús porque así falo cos meus amigos A miña mellor amiga chámase Xulia
• Cantos puntos escribiches?
O diario
COMPETENCIAL
A maiúscula
1 Completa.
Escribimos sempre maiúscula ao comezo dun texto e despois de
2 Rodea as letras que deben ir en maiúscula.
este verán paseino moi ben. estiven varias semanas na casa dos meu avós. tamén viñeron os meus curmáns. fomos moito á praia e aprendín a mergullarme.
ademais, fun de cámping cos meus pais e as miñas dúas irmás.
encantoume durmir nunha tenda de campaña e facer novos amigos.
O carné
Engade a información que falta no teu carné.
DOCUMENTO DE IDENTIDADE
Eu chámome . Vivo en na rúa . O meu colexio chámase .
Se tivese un can, chamaríalle , e se tivese un gato poríalle .
COMPETENCIAL
• Pega unha fotografía.
• Como escribiches as palabras do teu carné? Rodea.
Con minúscula Con maiúscula
As letras, as palabras e as oracións
1 Fíxate e pon un exemplo máis de cada.
Letras n c E a M
Palabras Mencía
2 Di cantas letras ten cada palabra.
Se o precisas, consulta o Anexo
Oracións
Chámome Mencía.
Mencía 6 bruxa nena pai edificio escola
3 Ordena as letras destas actividades da escola.
T
A R P I N ������
PINTAR
E S B R I C R I ������
O X G A R ������
4 Separa as palabras e escribe as oracións. Eraoprimeirodíadeescola.
Era o primeiro día de escola. Estabamoinerviosa. Naportahabíauncartel.
As sílabas
1 Completa.
Unha está formada por un grupo de sons que se pronuncian nun só golpe de voz (es-co-la).
2 Fíxate e clasifica estes nomes.
Car-me Fer-nan-do A-le-xan-dre Mar
1 sílaba 2 sílabas 3 sílabas 4 sílabas Xan Sa-ra Men-cí-a Mar-ga-ri-da
3 Completa.
A sílaba que pronunciamos con máis forza chámase (es-CO-la).
4 Copia a sílaba tónica e escribe a solución.
© GRUPO ANAYA, S.A., 2025 - C/ Valentín Beato, 21 - 28037 Madrid. Reservados todos os dereitos. O contido desta obra está protexido pola Lei, que establece penas de prisión e/ou multas, amais das correspondentes indemnizacións por perdas e danos, para quen reproduza, plaxie, distribúa ou comunique publicamente, en todo ou en parte, unha obra literaria, artística ou científica, ou a súa transformación, interpretación ou execución artística fixada en calquera tipo de soporte ou comunicada a través de calquera medio, sen a preceptiva autorización.