Pardal: Lingua 5 primaria (muestra)

Page 1


LINGUA PRIMARIA 5

FÓRMULA PRÁCTICA

Índice

Con sentimento

LEO E COMPRENDO

Narración

An Alfaya, O caderno azul

A princesa de negro

Vacacións de Nadal

Poesía

Concha Blanco, Luces, bicos e cores

Narración

Pasqual Alapont, Quen lle ten medo a Morgana?

Poesía

A miña vila

O aprendiz de druída

Fran Alonso, Cidades

Narración

Anxo Fariña, Os Megatoxos e o aprendiz de druída

Narración

VOCABULARIO GRAMÁTICA ORTOGRAFÍA

As emocións

O dicionario

As sílabas e as palabras

O meu cuarto

Os sinónimos e os antónimos

A amizade

A palabra

A vila

As palabras derivadas

O hospital

As palabras compostas

Os sentidos

O acento gráfico

A lingua galega

O ditongo e o hiato

A oración.

Suxeito e predicado

O substantivo: xénero e número

O punto, as maiúsculas e a coma

A interrogación e a admiración

Os dous puntos e as comiñas

O guión

O adxectivo

Os artigos e os posesivos

Os demostrativos

Víctor Rega, Sempre tes que meter o nariz

Cómic

Non quero ser princesa

Cornelia Funke, A princesa Isabella

Teatro

Xavier Lama, Os reloxos preguiceiros de Néboa

Narración

A familia léxica

De compras As palabras polisémicas

O teatro Os tecnicismos e os xentilicios

Sentidiño… Comeza a función! O campamento

Alba de Evan e Xabier Domínguez, Segredos soterrados

De acampada

Os conectores

As palabras con nh

As palabras con c, cc e ct

Os numerais

Os indefinidos

O pronome persoal: formas tónicas e átonas

As palabras con x, ll e i

As palabras con h 1 5 3 7 2 6 4 8 9

O verbo

O adverbio

As preposicións e as conxuncións

Como é Pardal?

camiños descoñecidos que conducen á esperanza.

Seoprecisas, consultaoAnexo

3 Completaoesquemaeponexemplos.

4 Leo texto clasifica aspalabrassubliñadas. OavóDavidpreparouunhafestadeaniversario paraAnxélica portodooalto.Nonfaltaba absolutamentedenada.Notábaseoseudesexodefacelafeliz Osollosbrillábanllemoito. Elescusousedicindoqueerapolaemoción, peroeuxuraríaquetiñacaradedesacougo. Coidoque,detodososxeitos,eléquenmáis sofrepolaenfermidadedamiñaqueridairmá AnAlfaya,Ocadernoazul

Monosílabas:

As sílabas e as palabras foto teñen dúas sílabas. medio monosílabas: teñensílaba. sol Segundoonúmerodesílabas, aspalabraspodenser: trisílabas: teñen sílabas. cansanzo teñen máis de tres sílabas. vergoñento as letras dos asvogaisquevanxuntas

Bisílabas: Trisílabas: Polisílabas: 5 Completa O vermelloservepara

6 Completaoesquemaeponexemplos.

con atención o seguinte texto e responde as preguntas. A lingua dos habitantes dos castros É curioso, pero en Galicia non se falou sempre galego. Non, ho, castelán tampouco, nin

LEO E COMPRENDO

Lecturas breves e actividades intuitivas e cordiais para construír a identidade lectora. O apartado Escoito e falo propón diferentes dinámicas de comunicación para traballar a expresión e a comunicación oral.

VOCABULARIO

O vocabulario seleccionado fornéceos para nomear os seus campos de interese.

Introdúcense os aspectos lexicográficos adaptados ao currículo e ao nivel do alumnado deste ciclo.

ORTOGRAFÍA

Refórzase a ortografía e a competencia escrita para que o alumnado sexa solvente e se sinta cómodo producindo textos. En todas as actividades do libro téñense en conta as pautas DUA para acadar unha aprendizaxe significativa e adaptada a todas as intelixencias e capacidades da aula.

GRAMÁTICA

En moitas actividades hai un guieiro ou exemplo, sinalado en verde, que activa os coñecementos previos e innatos. O seu obxectivo é fomentar a aprendizaxe autónoma. Para pechar a unidade, introdúcese unha actividade competencial enmarcada nun contexto significativo para o alumnado, no que poidan resolver situacións da vida cotiá.

ANEXO

Lúdico Audio

Dixital Oral

Neste apartado aparecen todos os contidos teóricos necesarios para cada curso.

1 Con sentimento

Todos os rapaces e rapazas que teñades un avó coma o meu podedes estar ledos coa vosa sorte, pois con que vos queira só a metade do que me quere a min, xa é unha barbaridade. Chámome Anxélica e vivo con el en Vigo, nunha casa con horta, onde podo respirar un aire puro e limpo. Meus pais e mais a miña única irmá, Marta, residen na Coruña. O porqué de non estar eu con eles é algo que saberedes ao seu tempo.

Conto cun amigo de lei e cunha inimiga declarada. Son distintos como a cara e a cruz dunha moeda. Chámanse Xurxo e Rita. Somos compañeiros de clase. Coñeceredes as súas inquedanzas* por eles mesmos.

Xa postos, vouvos falar das miñas afeccións. Gústame o atletismo, aínda que agora non podo correr porque rompín a cadeira xogando un partido de balonmán. Vaia faena! Tamén escribo poemas; sérvenme de relax despois do exercicio físico que fago.

Inquedanza: desexo de coñecer cousas novas.

No colexio vou pasar para sexto de Primaria e, como podedes supoñer, a miña materia favorita é a ximnasia. Se tedes interese en saber máis cousas de min, atoparedes unha chea delas nos apuntamentos do meu caderno azul.

O caderno azul foi un agasallo do avó David. Nas súas páxinas escribo cun lapis de mina vermella. Para pechalo, póñolle arredor dúas cintas do pelo, e dentro anoto moreas de pensamentos, desexos, andanzas e segredos. Supoño que chegou o momento de compartilo convosco.

Empeza así:

Querido caderno azul, vou bordar nas túas follas soños e lembranzas, páxinas de alegría mesturadas de inquedanzas, camiños descoñecidos que conducen á esperanza.

An Alfaya, O caderno azul

Leo e comprendo

1 Contesta

• Onde escribe Anxélica?

• Por que escribe?

• Como se chama o caderno onde un escribe ese tipo de cousas?

2 Na vida de Anxélica, as relacións cos demais son moi importantes. Escribe que sentimentos terá cara a estes personaxes.

– O avó David

– Xurxo – Rita

3 Fíxate nestas definicións e escribe unha oración con cada palabra.

Segredo s. m. Cousa que non se quere que saiban os demais.

Secreto, -a adx. Oculto, reservado; aplícase ás cousas cuxo coñecemento se limita a un número reducido de persoas.

4 Cal pode ser a razón pola que Anxélica non vive cos pais? Razoa a túa resposta.

5 Busca no parágrafo indicado un sinónimo de cada palabra.

– Parágrafo 1 alegres

– Parágrafo 2 auténtico

– Parágrafo 3 descanso

– Parágrafo 5 vivencias

– Parágrafo 6 preocupacións

6 A continuación tes a ficha de presentación da protagonista. Cópiaa no teu caderno e cúbrea cos seus datos.

Chámome e teño anos.

Vivo co en Gústame onde vivo porque Meus pais viven

Tamén teño unha que se chama

O meu mellor amigo chámase

As miñas afeccións son

A miña materia preferida é

Escoito e falo

Falo por teléfono

1 Escoita a conversa e contesta.

• Quen está falando? A través de que falan?

• Onde está cada unha das nenas?

• Con quen vive cada nena?

2 Por parellas, preparade unha conversa telefónica entre o avó e a súa filla, a nai de Anxélica.

3 Explica cales son as persoas máis importantes na túa vida e por que.

• Quen nos ensinou algo relevante?

• Quen nos acompaña?

• Con quen nos comunicamos con facilidade?

As emocións

1 Relaciona cada sentimento coa imaxe.

abraio enfado

ledicia medo vergoña mágoa

2 Completa o cadro. Se o precisas, consulta o dicionario.

Adxectivo

Substantivo

ledo leda ledicia só medrosa simpático

vergoñenta

amabilidade triste cansanzo

O dicionario

1 Completa.

• No dicionario aparecen, por orde , todas as palabras dun idioma.

• Unha é cada unha das palabras que aparecen definidas.

• Cada un dos significados da palabra definida chámase

2 Nestas palabras ordenadas alfabeticamente hai erros. Ríscaos.

casa casal caseta casarío caseiro persoa persoal personalidade persoeiro personaxe

3 Busca estas palabras no dicionario e escribe a súa categoría gramatical.

adxectivo

Feliz: adx.

Noxo:

Alegría:

Tristemente:

4 Fíxate na entrada da palabra «calma» no dicionario.

Calma s.f. 1. Inmobilidade do mar ou da atmosfera.

2. Ausencia de ruído ou de actividade nun lugar.

3. Tranquilidade, estado da persoa que non está nerviosa, preocupada ou excitada. 4. Paciencia.

• Agora, numera cada oración segundo as definicións.

O colexio quedou en calma despois de que marchasen os nenos.

En momentos de apuro, hai que manter a calma.

Non te precipites, ten calma e espera.

Hoxe non hai vento; o mar está en calma.

As sílabas e as palabras

1 Completa.

– Na mensaxe do avó hai palabras.

– A palabra máis longa é e ten letras.

– A palabra máis curta é e ten letras.

2 Risca as afirmacións incorrectas.

«Dáme» ten unha soa sílaba.

«un» ten dúas sílabas.

«biquiño» ten tres sílabas.

«Anxélica» ten catro sílabas.

3 Completa o esquema e pon exemplos.

monosílabas: teñen sílaba. sol

Se o precisas, consulta o Anexo

Dáme un biquiño, Anxélica!

: teñen dúas sílabas. medio

Segundo o número de sílabas, as palabras poden ser:

trisílabas: teñen sílabas.

: teñen máis de tres sílabas.

4

Le o texto e clasifica as palabras subliñadas.

O avó David preparou unha festa de aniversario para Anxélica por todo o alto. Non faltaba absolutamente de nada. Notábase o seu desexo de facela feliz. Os ollos brillábanlle moito. El escusouse dicindo que era pola emoción, pero eu xuraría que tiña cara de desacougo. Coido que, de todos os xeitos, el é quen máis sofre pola enfermidade da miña querida irmá.

An Alfaya, O caderno azul

Monosílabas:

Bisílabas:

Trisílabas:

Polisílabas:

5 Completa.

O vermello serve para

6 Completa o esquema e pon exemplos.

Non podemos separar a final de liña...

as letras dos as vogais que van xuntas

foto

A lingua galega

1 Completa a táboa.

Século I

Idade Media

Século xv

Século xix

Século xx

O galego pasa a ser lingua oficial de Galicia, xunto co castelán.

Se o precisas, consulta o Anexo

Rexurdimento da lingua galega.

Decadencia do galego, que só será falado pola xente do pobo.

O latín esténdese por todos os territorios do Imperio Romano.

O galego ten moito prestixio na literatura, sobre todo na poesía.

2 Que lingua é anterior á chegada dos romanos?.

Castelán Galego Éuscaro Catalán Portugués

3 Xunta as sílabas alternas e atoparás os nomes das linguas romances que se falaban na Península no século xi.

• Tes que saltar sempre unha casa.

• Cando chegues á última, volve empezar por arriba.

TA LE LÁN GO ÁS POR

TUR TU LE GUÉS O MO NÉS

ZÁ NA RA VA BE RRO- CAS A TE RA LÁN GO CA NÉS

galego - -

4 Resolve estes xeroglíficos e completa as frases.

As linguas románicas tamén se chaman

Na Idade Media, a poesía escribíase sempre en galego

GA

Se o precisas, consulta o Anexo

5 Le con atención o seguinte texto e responde as preguntas.

A lingua dos habitantes dos castros

É curioso, pero en Galicia non se falou sempre galego. Non, ho, castelán tampouco, nin inglés. Hai máis de dous mil anos, cando en Galicia non se falaba aínda galego, en Madrid tampouco sabían que era iso do castelán. De feito Madrid aínda non existía. En Londres, que tampouco existía, descoñecían o inglés completamente.

Que se falaba logo aquí naquel tempo? Pois como os «galegos» de entón non escribían, pouco sabemos daquela lingua. Só coñecemos algo polos nomes dos lugares e algunhas palabras que aínda conservamos: Samil, Barallobre, Cambre, toxo, alpendre, burato, touciño...

• Como se comunicarían os habitantes dos castros?

• Por que non podemos saber que lingua se falaba daquela?

• Que pegadas conservamos hoxe daquela lingua primitiva?

• Por que se mantería o éuscaro tras a chegada dos romanos?

6 Fíxate no mapa e indica que linguas se falan nestas autonomías.

– Cataluña:

– País Vasco:

COMUNIDADE

Galego

Castelán

Eúscaro

Catalán

Valenciano

Creamos un ficheiro

– Illas Canarias:

– C. Valenciana:

– Galicia:

Ao longo do curso, ides aprender palabras novas. Podedes crear un ficheiro propio seguindo estes pasos.

1 Buscade un lote de fichas e unha caixa apropiada que vos sirva de ficheiro.

2 En cada ficha, debedes escribir:

• A entrada, cunha cor especial.

• Que clase de palabra é? Pode ser un substantivo masculino ou feminino, un adxectivo, un verbo, un adverbio... Lembrade que para iso utilizamos abreviaturas:

s. m. (substantivo masculino)

v. (verbo)

s. f. (substantivo feminino) adv. adx. pron.

• A definición coas vosas palabras.

3 A cada definición, podedes engadirlle un debuxo ou un exemplo.

4 Colocade as fichas por orde alfabética. Podedes usar separadores de cores para as distintas letras.

PALABRAS DIFÍCILES

PALABRAS FERMOSAS

PALABRAS FEAS

PALABRAS MOI LONGAS

© GRUPO ANAYA, S.A., 2025 - C/ Valentín Beato, 21 - 28037 Madrid. Reservados todos os dereitos. O contido desta obra está protexido pola Lei, que establece penas de prisión e/ou multas, amais das correspondentes indemnizacións por perdas e danos, para quen reproduza, plaxie, distribúa ou comunique publicamente, en todo ou en parte, unha obra literaria, artística ou científica, ou a súa transformación, interpretación ou execución artística fixada en calquera tipo de soporte ou comunicada a través de calquera medio, sen a preceptiva autorización.

Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.