Tecelingua: Lingua 6º Primaria (demo)

Page 1

TECELINGUA EDUCACIÓN PRIMARIA INCLÚE LICENZA 12 MESES PROXECTO DIXITAL mostra

SEMENTE

REVOLUCIÓN

• Falamos sobre a imaxe

• A lingua e os falantes: A linguaxe non discriminatoria

• Respectámonos en todas as linguas: xustiza, pasado, revolución

• Falamos sobre a imaxe

• A lingua e os falantes: Os estranxeirismos

• Respectámonos en todas as linguas: televisión, serie, actriz/actor

• Falamos sobre a imaxe

• A lingua e os falantes: A linguaxe non sexista

• Respectámonos en todas as linguas: amor, respecto, dereitos

• Falamos sobre a imaxe

RIMANDO PISANDO FORTE AMPLIANDO AS MIRAS SALTO

• A lingua e os falantes: O dobre sentido

• Respectámonos en todas as linguas: poesía, cantar, concerto

• Falamos sobre a imaxe

• A lingua e os falantes: A retranca e a ironía

• Respectámonos en todas as linguas: zapatos, camiñar, moda

• Falamos sobre a imaxe

• A lingua e os falantes: As frases feitas

• Respectámonos en todas as linguas: premio, aprender, entrevista

• Falamos sobre a imaxe

• A lingua e os falantes: As variedades da fala

• Respectámonos en todas as linguas: atleta, salto, medalla

• Falamos sobre a imaxe

• A lingua e os falantes: Os arcaísmos e os neoloxismos

• Respectámonos en todas as linguas: piloto, viaxe, alcalde

• Falamos sobre a imaxe

• A lingua e os falantes: Rexistros da linguaxe

• Respectámonos en todas as linguas: océano, animais, descubrir

Volta aos tempos de Maricastaña

• Tipoloxía textual: O texto narrativo. A lenda

O home das mil caras

• Tipoloxía textual: O texto descritivo

Un amor sen xénero de dúbida

• Tipoloxía textual: A biografía

Voa o aire

• Tipoloxía textual: A poesía

Zoqueando ata as orixes

• Tipoloxía textual: O cómic

«Jorge Mira, catedrático de Física…»

• Tipoloxía textual: A entrevista

«Un salto a prol da lingua»

• Tipoloxía textual: O texto argumentativo

Coa cabeza nas nubes

• Tipoloxía textual: A carta e o correo electrónico

Seguindo o ronsel

• Tipoloxía textual: O teatro

ÍNDICE
O
A
DA
XENIO E FIGURA TODO
PRECISO É AMOR
O
AO ÉXITO ALTOS VOOS
FUTURO É NOSO
FALO LEO TRIMESTRE 1 TRIMESTRE 2 TRIMESTRE 3 8 46 86 126 26 66 106 146 166 PÁX.

ESCRIBO PENSO E POÑEMOS EN COMÚN

• Puntadas de lingua: Os sinónimos e os antónimos

• Retallos de lingua: O substantivo. O adxectivo. O artigo. Os complementos do nome

• Fiando palabras: A coma. O punto

• Puntadas de lingua: A anáfora. A elipse

• Retallos de lingua: Os pronomes persoais. Os determinates demostrativos, posesivos, numerais e indefinidos

• Fiando palabras: O punto e coma. Os dous puntos. Os puntos suspensivos

• Puntadas de lingua: As palabras homónimas e polisémicas

• Retallos de lingua: Os pronomes demostrativos, posesivos, numerais e indefinidos. As preposicións, as conxuncións e as interxeccións

• Fiando palabras: O guión e a raia. As parénteses e as comiñas

• Puntadas de lingua: A comparación, a personificación e a hipérbole

• Retallos de lingua: O verbo. Os verbos defectivos. A persoa e o número

• Fiando palabras: A acentuación

• Puntadas de lingua: Os aumentativos, os diminutivos e os despectivos

• Retallos de lingua: A familia de palabras. Palabras primitivas e palabras derivadas. O lexema e o morfema. O campo semántico. Os enunciados. Os tipos de oracións

• Fiando palabras: A acentuación diacrítica

• Puntadas de lingua: Os enlaces textuais

• Retallos de lingua: O suxeito e o predicado

• Fiando palabras: O ditongo e o hiato

• Puntadas de lingua: As abreviacións

• Retallos de lingua: O adverbio. O complemento circunstancial

• Fiando palabras: Os grupos consonánticos -pt-, -pc-, b + consoante

• Puntadas de lingua: Historia da lingua galega

• Retallos de lingua: O complemento directo e o complemento indirecto. Os verbos transitivos e intransitivos

• Fiando palabras: Palabras con -cia/-za, -cio/-zo; -cc- e -ct-

• Puntadas de lingua: As palabras simples e as compostas

• Retallos de lingua: A voz activa e a voz pasiva. O estilo directo e o estilo indirecto

• Fiando palabras: As palabras con b, v; s, x

• Banda deseñada: Desvelando o misterio

• Traballamos en grupo: As barreiras arquitectónicas

• Banda deseñada: Sereno outono

• Traballamos en grupo: A linguaxe das redes sociais

• Banda deseñada: Defendo a esencia

• Traballamos en grupo: O tempo de lecer

• Banda deseñada: A maxia do maxín

• Traballamos en grupo: Os humoristas gráficos

• Banda deseñada: A maior das riquezas

• Traballamos en grupo: A retranca galega

• Banda deseñada: A ciencia do futuro

• Traballamos en grupo: A fraseoloxía galega

• Banda deseñada: Fermosa variedade

• Traballamos en grupo: Os bloques lingüísticos

• Banda deseñada: Verbas do pasado, verbas do futuro

• Traballamos en grupo: As novas tecnoloxías

• Banda deseñada: O maior dos tesouros

• Traballamos en grupo: Os microplásticos

A SEMENTE DA REVOLUCIÓN

COMENTAMOS A IMAXE

Escoita o audio e responde.

• Cal será a famosa expresión á que se refire o guía turístico? Consideras que ten unha connotación negativa?

• Paréceche importante coñecer a orixe dos lugares e os personaxes destacados que viviron neles? Por que?

• A protagonista rebelouse contra a inxustiza. Pensa tres situacións inxustas que lle afecten ás persoas na actualidade.

A LINGUA E OS FALANTES

A linguaxe non discriminatoria

Facermos un uso consciente da linguaxe favorece a non discriminación das persoas. Pensar en termos de «normalidade» é moi reducionista, posto que todas as persoas somos diferentes e a diversidade é o que nos enriquece e debemos considerar como normal.

1. Anímaste a colaborar na creación dunha sociedade inclusiva?

Empregar a expresión «persoa con diversidade funcional» contribúe a non discriminar a persoas con capacidades diversas.

• Por que é máis axeitado empregar este termo no canto de «persoa con discapacidade»?

Cando se usa a expresión «persoa con diversidade funcional» constrúese unha definición que parte dunha terminoloxía positiva.

• Agora repara nos termos «discapacitado» ou «minusválido». Fíxate nos prefixos destas dúas últimas palabras. Cres que posúen unha connotación negativa? Por que?

«Construír espazos libres de barreiras favorece a vida cotiá das persoas con diversidade funcional».

• Que medidas existen na túa escola para facilitar o acceso de todas as persoas aos diferentes espazos e situacións?

RESPECTÁMONOS EN TODAS AS LINGUAS

FALO 9
PASADO REVOLUCIÓN
XUSTIZA

VOLTA AOS TEMPOS DE MARICASTAÑA

De seguro tes usado moitas veces a expresión «en tempos de María Castaña» ou «en tempos de Maricastaña», cando te queres referir a algo que pasou hai moito tempo. Algunha vez pensaches cal sería a orixe desta expresión?

María Castaña foi unha muller de carne e óso, cun papel tan importante na nosa historia que se converteu nun mito e o seu nome viaxou a través dos séculos ata os nosos tempos.

Conta a lenda que María Castaña vivía no Couto da Cereixa, nas terras de Lemos e Quiroga (o que agora sería o concello de Pobra de Brollón).

Por aquel entón, a fame e as pestes asolagaban a nosa terra. A isto, su- mábanse anos de revoltas, guerras e inestabilidade, que fixeron que as galegas e galegos sufrisen motíns, violencia, roubos, destrución… E cando por fin parecía que se imporía a paz, os señores acabados de chegar ao poder estableceron uns tributos esaxerados para saciar a súa cobiza e as súas ansias de exercer o seu poderío.

O bispo de Lugo era un destes caciques abusóns e María Castaña e a súa familia estaban xa fartos de sufriren os seus excesos. Logo de resistir numerosos atropelos aos seus dereitos, un día cando o mordomo do bispo foi cobrar os impostos, houbo unha pelexa e María e os seus acabaron ferindo de morte ao recadador.

Como consecuencia dos seus actos violentos, a familia de María Castaña viuse obrigada a doarlle á Igrexa todos os seus bens. A maiores, deberían pagar mil marabedís, facer un xuramento de non volver facer dano aos recadadores de tributos da Igrexa e axudar en todo canto fose preciso ao bispo. Así obtiñan o perdón polo seu pecado e, por suposto, enriquecían un pouco máis ao eclesiástico.

LEO 10
5 10 15 25 20

O episodio axiña correu de boca a oído por toda Galiza, espertando a carraxe e indignación daqueles que traballaban duro para logo ter que entregar boa parte do que obtiñan aos señores feudais, mantendo as súas artesas baleiras mentres enchían as daqueles egoístas que pouco velaban polo benestar da súa veciñanza.

Outras moitas mulleres encabezaron revoltas para loitar polo seu pan, pola supervivencia da súa familia e, en definitiva, por un futuro máis xusto.

Así, persoas nobres e campesiñas apoiaron o rei Fernando I de Portugal, que foi recibido e aclamado como rei dende Tui ata A Coruña, unindo Galiza e Portugal de novo nun mesmo reino.

O novo monarca pretendía defender os dereitos e liberdades da cidadanía fronte ao poder dos bispos, pero, logo dun ataque da Casa Trastámara, viuse obrigado a retornar ao país luso.

E esta é a historia de como os pequenos actos de grandes persoas desataron cambios e feitos que se lembran tras o paso dos séculos. Foron estes os tempos de María Castaña, quen loitando polos seus dereitos contribuíu á tentativa de Galiza de constituírse como un reino independente.

Deste xeito María Castaña converteuse en lenda, representando na súa figura a todas as persoas que se mobilizaron por un porvir máis equitativo. Os tempos de María Castaña eran tempos de inxustiza; os tempos de María Castaña, eran tempos de loitar polos dereitos; os tempos de María Castaña, eran tempos nos que unha afouta muller se converteu en lenda.

11
40 50 45
30 35

Persoa narradora

O texto narrativo

O texto narrativo relata feitos desenvolvidos por personaxes nun lugar e nun tempo concretos.

Os elementos do texto narrativo

É quen conta a historia nunha obra narrativa.

Personaxes

Son as persoas que forman parte da obra narrada.

Voces narrativas Tipos de personaxes

1º persoa 3º persoa

A persoa que narra é a protagonista do relato.

A persoa que narra non forma parte da historia.

Principais Secundarios

Son os protagonistas ao redor dos que xira a trama.

Forman parte da historia pero o seu papel é menos relevante.

Espazo

Lugar no que acontecen os feitos.

Tempo

Época na se sitúan os feitos e duración do suceso relatado.

LEO 12

A lenda

A lenda é un tipo de texto narrativo que indaga nas orixes de personaxes, lugares ou tradicións mesturando feitos fantásticos e reais.

Nas lendas non se adoita coñecer a persoa autora, posto que forman parte das narracións populares que se transmiten de xeración en xeración. Deste xeito, as lendas forman parte da cultura popular dun determinado lugar e axudan a conformar a identidade das persoas que viven alí. As lendas teñen tamén a estrutura de presentación, nó e desenlace. Fíxate nesta que relata a orixe das Penas de Rodas en Outeiro de Rei (Lugo):

Introdución

Dende tempos inmemoriais, existen dúas colosais penas de orixe incerta no alto dun outeiro. Estas dúas rochas agochan un misterio.

Algúns din que os druídas fixeron un esconxuro para imbuírlles unha forza máxica e farto poderosa: unha delas está preñada de ouro e a outra de alcatrán. Quen se atrevese a destruílas cambiaría a sorte do lugar. Se a pedra fendida fose a que contén ouro, o sitio quedaría encandeado pola riqueza do prezado metal. Máis se a escachada fose a outra, o alcatrán asolagaría todo ao seu redor.

Desenlace

AGORA TI!

A día de hoxe ninguén foi capaz de esnaquizar ningunha das penas polo temor a errar na escolla.

1. Analiza a lenda «Volta aos tempos de Maricastaña» e indica onde están a introdución, o nó e o desenlace.

2. Inventa un desenlace alternativo para a lenda de «Penas de Rodas».

13
ESCRIBO puntadas de lingua

Os sinónimos e os antónimos

A castaña e os magostos posiblemente sexan un dos motivos de que o outono sexa tan fermoso e saboroso.

E vós preferídelas asadas ou cocidas? Iso é como escoller papá ou mamá, mais o que si temos seguro é que nós coa castaña imos á fin do mundo. E quen di á fin do mundo, di a calquera receita. Chegou o tempo das galletas de castañas!

Os sinónimos son palabras que significan o mesmo. Os sinónimos perfectos son moi escasos, pois teñen matices de uso, afectivos…

As palabras castaña e bullote son sinónimas.

1. Busca un sinónimo de cada unha das seguintes palabras:

AGORA TI! saboroso motivo seguro fermoso

2. Os sinónimos do exercicio anterior son sinónimos perfectos ou non? Xustifica a túa resposta coa axuda do dicionario.

3. Le o texto de novo, colocando no lugar das anteriores palabras os sinónimos que buscaches no exercicio 1.

• Ten a mesma mensaxe o texto?

4. Busca na lectura inicial «Volta aos tempos de Maricastaña» sinónimos e antónimos. Relaciónaos entre si.

5. Relaciona os antónimos destas columnas.

lingua 14
ESCRIBO puntadas de
5 entrada tranquilo capaz silencio ruído incapaz saída nervioso
Diana Fernández Gómez e David Díaz Díaz: Cociñando con Bolboretas no bandullo

Os antónimos son palabras entre as que hai unha oposición de significados.

Hai diferentes tipos de antónimos:

Complementarios ou privativos

Exclúense un ao outro, non admiten graduación nin comparación.

esquerda - dereita

Abstractos

Non se exclúen totalmente, hai graos intermedios. noite - día

En ocasións, os antónimos fórmanse engadindo os prefixos des- ou in-: feito → desfeito; xusto → inxusto.

AGORA TI!

6. Busca os antónimos das palabras sinaladas e le a receita de novo.

• Sairán as galletas de castañas ou temos unha receita nova?

Galletas de castañas

1. O primeiro paso é pelar as castañas, coa axuda dunha persoa adulta

2. Unha vez peladas, cocémolas durante 15 minutos. Logo, esmiuzámolas coas mans.

3. Agora temos que mesturar as castañas, a fariña, o azucre, o lévedo, o sal e a raiadura da laranxa nunha cunca.

4. A seguir, facemos un oco no centro e botamos o ovo, o aceite, o zume e o mel.

5. A continuación, mollamos un pouco as mans, facemos boliñas que sexan do mesmo tamaño e colocámolas sobre papel de forno.

6. Enfornamos a 200 graos, calor arriba e abaixo, durante 15 minutos.

7. Deixamos que arrefríen un pouco e comémolas ou gardámolas porque van voar!

Individuais

Son dous aspectos dunha mesma relación. A presenza dun supón sempre a existencia do outro.

dar - recibir

15
Diana Fernández Gómez e David Díaz Díaz: Cociñando con Bolboretas no bandullo

O substantivo

María Castaña foi unha persoa que se converteu en lenda. Esta audaz muller loitou contra a inxustiza en tempos difíciles para a xente de Galicia

As palabras destacadas no texto son substantivos.

Os substantivos son palabras que serven para nomear seres, obxectos, ideas ou sentimentos.

Os tipos de substantivos

Propios

Designan seres, lugares ou obxectos en particular.

María Castaña, Galicia

Concretos

Nomean algo que podemos percibir polos sentidos.

muller

Abstractos

Nomean ideas, emocións, sentimentos, etc.

xustiza

Individuais

Nomean un só ser ou obxecto.

persoa

Comúns

Designan seres ou obxectos en xeral.

Contables

Refírense a algo que pode ser contado.

lenda

Colectivos

Designan en singular a un conxunto de seres ou obxectos.

xente

Incontables

Noméanse elementos que non se poden contar.

tempo

16
ESCRIBO retallos de lingua

O xénero e o número do substantivo

Os substantivos varían en xénero e número.

• O xénero dos substantivos pode ser feminino ou masculino.

• O número dos substantivos pode ser singular ou plural.

Regras para a formación do xénero

Se o substantivo remata en consoante, engádeselle -a xuí z → xuíz a

Se remata en vogal tónica, engádese -a av ó → avo a

Se remata en -o ou -e átonos, cambia esa vogal por -a nen o → nen a

Se remata en -án, muda por -a cidad án → cidad á

Se remata en -ón, cambia a terminación por -oa le ón → le oa

En ocasións, as palabras femininas e masculinas son distintas. rei → raíña

Hai substantivos que non varían a súa forma. a mosca femia → a mosca macho

Regras para a formación do plural

Engaden -s cando rematan en vogal ou en -n. lend a → lenda s

Engaden -es cando rematan en consoante distinta de -n dáti l → dátil es

Cambian a terminación -l por -is nas palabras agudas. canti l → cant ís

Cambian a terminación -l por -es nas palabras graves ou monosílabas. mo l → mol es

Algúns substantivos teñen a mesma forma para singular e plural. o xoves → os xoves

Nalgúns casos, o substantivo só ten forma singular. a fame, a sede

Noutros, o substantivo só teñen forma plural. as tesoiras, os lentes,

AGORA TI!

1. Facede unha táboa onde recollades cada unha das normas para a formación do feminino.

• Despois, por parellas, xogade a ver quen é capaz de buscar o maior número de exemplos nun minuto.

2. Forma o plural dos seguintes substantivos: túnel, can, patrón, vez.

17

ESCRIBO retallos de lingua

O adxectivo

As xacias ou xacios son seres moi fermosos, coa metade inferior do corpo de peixe e a parte superior humana Segundo as lendas, son seres acuáticos que habitan nas pozas dos ríos.

As palabras destacadas no texto son adxectivos.

Os adxectivos son palabras que expresan unha calidade ou propiedade do substantivo ao que se refiren, e concordan con el en xénero e número.

Clasificación dos adxectivos

SEGUNDO A COLOCACIÓN

Explicativos Especificativos

Van antes do nome e resaltan unha calidade propia do substantivo.

Van despois do substantivo e expresan unha calidade que o diferenza dos demais.

SEGUNDO O XÉNERO

Variables Invariables

Varían a terminación para o feminino e para o masculino.

Teñen unha soa terminación para feminino e masculino

AGORA TI!

1. Indica se estamos a usar un adxectivo explicativo ou especificativo.

Doce pastel

O axitado mar O mar azul Torta doce

2. Forma o feminino e indica se é un adxectivo variable ou invariable.

O home aterrado

O galo feliz

18

Os graos do adxectivo

Grao positivo Expresa unha calidade do nome, sen intensificala. Pirata temible

Inferioridade menos + adxetivo + ca

Grao comparativo Compara unha calidade entre dous substantivos

Igualdade tan + adxetivo + coma, como

Superioridade máis + adxetivo + ca

Expresa unha calidade no seu grao máximo.

Grao superlativo

Adoita formarse engadindo gran ou a terminación -ísima/ -ísimo.

Sabela é una gran persoa

Sabela é unha grandísima persoa

Hai algúns adxectivos que forman o grao comparativo e superlativo de xeito especial. Fíxate:

alto superior supremo pequeno menor mínimo baixo inferior ínfimo grande maior máximo

3. Usa o adxectivo «feroz» para formar oracións cos diferentes graos do adxectivo.

4. Investiga sobre o grao superlativo dos seguintes adxectivos:

Sabela era menos temible ca Barbazul

Galeón era tan sanguinaria coma os demais piratas

Sabela era máis extraordinaria ca calquera

Cal usamos?

No grao comparativo usamos que se despois vai un verbo; usamos ca, se despois vai un pronome. No resto dos casos, pódese usar calquera das dúas formas.

5. Inventa unha lenda.

• Deberás usar un adxectivo en grao comparativo de inferioridade e o superlativo dun dos adxectivos da actividade 2.

19
TI! bo malo
AGORA

ESCRIBO retallos de lingua

O artigo

Lin unha lenda que di que os nubeiros son demos que viven no ceo. Dende alí, mandan as tempestades para arruinar as colleitas.

Singular

Plural

Feminino Masculino Feminino Masculino

Determinados A tempestade O nubeiro As castañas Os castiñeiros

Indeterminados Unha lenda Un urco Unhas fadas Uns trasnos

O artigo é un tipo de determinante que vai diante do substantivo e que concorda con el en xénero e número. Os artigos poden ser determinados ou indeterminados. o a os as un unha uns unhas a ao á aos ás

Os artigos forman contraccións cando van precedidos polas preposicións.

con co coa cos coas cun cunha cuns cunhas de do da dos das dun dunha duns dunhas en no na nos nas nun nunha nuns nunhas por polo pola polos polas

AGORA TI!

1. Escribe unha frase con:

• Un artigo determinado e a contracción por + os.

• Un artigo indeterminado e a contracción de + unha.

20

Os complementos do nome

Daniel estaba moi contento. Esa mañá, súa nai atopara un estoxo cun colgante. Estaba feito cun metal dourado e escintilante.

Teresa González Costa: Unha abella no camiño

Os complementos do nome son un grupo de palabras ou unha palabra que acompañan o nome e o describen.

Os complementos do nome poden ser de varios tipos:

• Sintagma preposicional: o substantivo vai acompañado dun grupo de palabras cunha preposición (de, con, entre, para, desde...).

Gastei os aforros nunhas moedas de chocolate.

SUBSTANTIVO

SINTAGMA PREPOSICIONAL

• Sintagma adxectival: o substantivo vai acompañado dun adxectivo.

Sabela era unha nena imaxinativa.

SUBSTANTIVO

SINTAGMA ADXECTIVAL

• Sintagma nominal: o substantivo vai acompañado doutro nome.

Chamábanlle a pirata Galeón.

SUBSTANTIVO

AGORA TI!

SINTAGMA NOMINAL

1. Indica que complemento do nome acompaña o substantivo.

Tomei unha torrada con tomate.

A cortiza áspera da árbore.

Falou coa súa veciña Lorena.

2. Completa as oracións co complemento do nome correspondente.

É moi caudaloso o río… (sintagma nominal).

Cociñamos albóndegas… (sintagma preposicional).

Paco tiña o pelo … (sintagma adxectival).

21

ESCRIBO fiando palabras

A coma (,)

Susana é lirio, azucena.

Tamara , palmeira , dátil. Hortensia traballa na horta Guiomar é ilustre no combate.

Áurea é resío de ouro.

Amara , moura no mar. Eloisa , a elixida das herbas de namorar.

Como se escribe?

Despois da coma, déixase un espazo en branco e logo escríbese a seguinte palabra. Se escribimos á man é sinxelo, pero non te esquezas do espazo cando escribes nun procesador de textos!

Empregamos a coma ( , ) cando queremos indicar unha pausa.

Uso da coma

Para separar as palabras dunha enumeración. As dúas últimas palabras adoitan unirse cun e

Xacias, trasnos, fadas e nubeiros son seres lendarios.

Se nunha oración omitimos o verbo, poñemos unha coma no seu lugar.

Elba é unha xacia e Paladís, un unicornio.

Para separar o nome de lugar e a data, nas cabeceiras das cartas, no pé dos formularios…

Couto da Cereixa, 20 de decembro de 1386.

Para escribir os números decimais.

25,3

Para facer unha aclaración no medio dunha oración. No Couto da Cereixa, provincia de Lugo, vivía María Castaña.

Para separar, nunha oración, o nome da persoa a quen nos diriximos. Fuches moi ousada, María.

Para marcar unha pausa antes dalgunhas conxuncións como: pero, mais, daquela, porque, aínda que...

Foi moi valente, mais recibiu un duro castigo.

22
Xabier Seoane: Cancións para Ana Lúa
5

O punto (.)

Conta a lenda que os trasnos son seres rebuldeiros que actúan polas noites no interior das casas.

Agochan e desordenan os obxectos, asustan o gando e fan ruídos no faiado. Polo día, desaparecen.

Chámaselles trasnos tamén ás nenas e nenos inquedos e revoltosos.

O punto ( . ) é un signo de puntuación que sinala a pausa que se produce ao final dun enunciado.

Tipos de punto

• O punto e seguido: serve para separar oracións dentro dun mesmo parágrafo. Varias oracións separadas con punto e seguido forman un parágrafo.

• O punto e á parte: úsase para separar parágrafos.

• O punto final: utilízase para rematar un escrito. Un parágrafo remata sempre cun punto e á parte ou cun punto final.

AGORA TI!

1. Pensa nun exemplo para cada uso da coma e expono.

2. Volve á lectura inicial e busca exemplos dos tipos de punto que se ven neste apartado.

3. Escribe no teu caderno un texto no que empregues a coma e un exemplo de cada uso do punto explicado nesta unidade.

4. Le con atención o texto do ditado:

Unha labrega no 1386, en Galiza, non tiña unha vida fácil. Os días pasaban cheos de esforzo ata que sentiu que alguén quería roubar esa suor, traballo e dedicación. Frei Pedro López de Aguiar topou cunha muller labrega que, con corazón de ferro, non dubidou en loitar e pórlle freo. Revoltas, loita e máis loita. Só unha muller única e forte lle faría fronte aos poderosos nun tempo no que poucos querían que a muller contase.

23
5

PENSO E POÑEMOS EN COMÚN

DESVELANDO O MISTERIO

galegón?

non!! vese que levas pouco tempo na escola, martiño, todos a coñecen por “galeón”.

comba, sabela, pedro...

un día, na biblioteca, vin un conto e como non sabía ler, pedinlle á mestra que me lese unha palabra que eu pensaba que era o nome do pirata. pero a mestra leu só a portada: “galeón”.

sabela, por que te chaman “galeón” tendo un nome tan bonito?

galeón?

no ollo esquerdo levaba un parche, cousa pouco frecuente nunha rapaza da súa idade. que agocharía debaixo?

cando ía en infantil tiveron que poñerme o parche no ollo. algunhas compañeiras e compañeiros chamábanme pitoña, chosca, cegarata…

fíxenlles crer a todos que en realidade era filla duns malandríns que sucaban os sete mares e que volverían por min. as burlas tornaron en temor. quen ousaría meterse coa filla duns sanguinarios piratas?

tampouco queria crear inimigos, só quería que me respectasen...

...así que fixen uns agasallos e perdéronme o medo e, pouco a pouco, fixen grandes amigas e amigos...

sabela, ou mellor dito, galeón, non tentaba ser coma os demais e, por iso, era extraordinaria. poida que ninguén debese tentar ser normal porque, no fin de contas, que era iso de ser normal?

se non fose polo parche, poida que a miña vida fose moi diferente, polo que estou encantada de telo.

se queres, contoche o meu segredo, eu ...son... eu ...son...

24

1. Le o cómic e despois escoita o audio con atención.

2. Sabela aceptou a súa diversidade e fixo da súa diferenza unha fortaleza. En grupos de tres ou catro persoas, sinalade as fortalezas das vosas compañeiras e compañeiros e aquelas características que máis vos gustan.

3. Facede un mural para expoñelo.

TRABALLAMOS EN GRUPO

Construír espazos libres de barreiras arquitectónicas favorece a vida cotiá das persoas con diversidade funcional.

• Que medidas arquitectónicas existen na túa escola para facilitar o acceso aos diferentes espazos?

Se observades que hai algunha deficiencia, deseñádeo de novo coas vosas propostas.

• Facede grupos de catro ou cinco persoas

• Cada grupo localizará un espazo que precisa ser modificado para que sexa un espazo libre de barreiras arquitectónicas.

• Analizaredes por que non cumpre eses requisitos e buscaredes algunha solución.

• A seguir, cada grupo redactará un texto (carta, correo electrónico, texto argumentativo…) para enviar ás autoridades competentes (equipo directivo, Consellería de Educación, Concello…).

• Facede un seguimento da vosa petición e mantede a comunicación co organismo ao que a enviastes.

25

RIMANDO

COMENTAMOS A IMAXE

Escoita o audio e responde.

• Que é unha foliada? Fuches algunha vez a unha?

• Que instrumentos de música tradicional galega coñeces?

• Que significa «apoucado»? E «achantar»?

• Sabes algunha cántiga popular?

A LINGUA E OS FALANTES

O dobre sentido

O dobre sentido é un recurso lingüístico mediante o que se expresa unha mensaxe susceptible de ser entendida de dúas maneiras. O dobre sentido é moi empregado cunha finalidade humorística. Fíxate nesta expresión: Ten máis ollos ca barriga.

1. Anímaste a explorar o teu lado humorístico?

• Pensa en chistes que coñezas. Compárteos coas túas compañeiras e compañeiros e reflexiona se algún deles bota man do dobre sentido.

• Intenta crear unha viñeta ou chiste no que empregues o dobre sentido.

2. En Galicia temos grandes humoristas gráficos coma Kiko da Silva, Luis Davila, Andrés Meixide, Xosé Lois, Gogue…

• Investiga sobre o traballo dalgún deles e comparte as túas viñetas preferidas coas compañeiras e compañeiros.

3. A miúdo podemos darlle un dobre sentido a expresións de uso cotián. Por exemplo: Estou como un flan.

• Ilustrade estoutros exemplos buscándolles o dobre sentido: bala perdida, café cortado, montaña rusa, lentes graduados.

RESPECTÁMONOS EN TODAS AS LINGUAS

FALO 67
POESÍA CANTAR CONCERTO

VOA O AIRE

Non teño pan que comer nin viño para beber nin teño donde durmir: máis rico non podo ser.

Teño ouro, teño prata, teño calderilla e cobre. De todo estou abundante, só de amores que estou pobre.

Voa o aire, voa o aire, voa o aire, voa o vento. Así como o aire voa tamén voa o pensamento.

Escorrín, caín na lama e pronto me levantei, sacudín o meu capote, conforme estaba quedei.

Quixen facer un cigarro por non perder o costume e reparei que non tiña tabaco, papel nin lume.

Voa o aire, voa o aire, voa o aire, voa o vento. Así como o aire voa tamén voa o pensamento.

LEO 68
5 10 20 15

Non hai cantiga no mundo que non teña o seu refrán. Nunca ninguén fai a conta senón do que ten na man.

Para que sobes tan alto, atrevido pensamento? Para que sobes tan alto se tes que baixar co tempo?

Voa o aire, voa o aire, voa o aire, voa o vento. Así como o aire voa tamén voa o pensamento.

Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre: Noró (Algunhas músicas do Norte)

69
25 35 30

As cantigas desta páxina están extraídas dos discos Coplas para Icía e The tambourine men, de Xabier Díaz.

A estrofa é cada división do poema formada por versos que riman entre si.

A poesía

A poesía é un xénero literario que emprega a palabra para expresar sentimentos e emocións que enfatiza mediante o uso de recursos literarios.

O poema é a composición poética completa, formada por versos e estrofas, que se organizan seguindo unha métrica e rima determinadas.

Canta que cadramos ben, moitas almas se condenan porque nos queremos ben.

O verso é cada liña do texto poético.

Versos de arte maior: máis de 8 sílabas.

Hoxe é luns e mañá martes pasado xa logo vén domingo tárdame un ano para ver a quen quero ben.

Rima e tipos de rima

Versos de arte menor: 8 ou menos sílabas.

A rima é a repetición de determinados sons ao final dos versos co fin de organizar a estrutura do poema.

Que che parece?

A poesía popular galega servía de acompañamento aos traballos cotiáns (lavar, moer…). Xunto co baile, era unha fonte de entretemento. A muiñeira é un ritmo significativo da música tradicional galega. A súa orixe está asociada ao traballo nos muíños, onde se cantaba e se bailaba mentres se moían o millo ou o trigo.

Eu non sei se é certo o que lin nunha rev ista os maiores industriais veñen da terra da ch ispa

Para bailar o ma neo para o maneo bailare para bailar o ma neo vivan os da beiramare

Asonante: repítense só as vogais a partir da última sílaba tónica do verso. As consonantes poden variar.

Consonante: repítense todas as vogais e consonantes a partir da última sílaba tónica do verso.

LEO 70

A métrica

A métrica é a medida dos versos en sílabas. Na composición poética combínanse diferentes medidas para darlle expresividade. Para saber cantas sílabas ten un verso, debemos ter en conta o seguinte:

• Se unha palabra remata en vogal e a seguinte tamén comeza por vogal, faise sinalefa: xúntanse e só se conta unha.

Ma-ru-xi-ña-dá- me un -bi-co → 8 sílabas

• Se a última palabra do verso é esdrúxula, réstase unha sílaba.

Pa-ra i-res-bai-lar-meu- pí -ca-ro → 9-1=8 sílabas

• Se a última palabra do verso é aguda, súmase unha sílaba.

Que-che-hei-de ir-er-guer → 6+1=7 sílabas

Como se escribe un poema?

1. Matina sobre un acontecemento e os sentimentos ou emocións que che esperta e desexas transmitir no poema.

2. Ten en conta a rima e a métrica. Procura que os sons sexan semellantes no final dos versos e intenta que a extensión sexa parecida.

3. Usa recursos literarios para darlle máis forza e beleza ao poema. Por exemplo, a anáfora:

Anáfora

Repítese unha ou máis palabras ao comezo de dous ou máis versos.

Voa o aire, voa o aire, voa o aire, voa o vento.

4. Cando remates de escribir o poema, leo en voz alta entoando axeitadamente para comprobar a súa harmonía e sonoridade.

AGORA TI!

1. Elabora un pareado no que empregues a anáfora.

2. Crea un poema de catro versos con rima asonante.

71

A comparación

Xabier canta coma un paxariño.

A oración anterior é unha comparación. Quere dicir que canta moi ben.

A comparación é un recurso literario que consiste en destacar as semellanzas entre dous termos ou cousas. Está presente na linguaxe literaria e tamén na linguaxe cotiá.

Termo real

Aquilo que se describe.

AGORA TI!

e / está

semella parece

Termo imaxinario

1. «Esa bailadora que bonita é, debuxando voltas na punta do pé» son uns versos da canción O baile de Noró, de Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre.

• Imaxina a esa bailadora e fai tres oracións comparándoa cunha buxaina, cun muíño e cunha estrela.

2. No tema «O salón de cereixas», Xabier fala da súa nai e da súa avoa. Pensa en cinco mulleres importantes na túa vida e en cinco animais ou elementos da natureza, ideas… Fai oracións nas que empregues a comparación entre as palabras das dúas listaxes.

• Por exemplo: A Lúa baila como a miña nai.

ESCRIBO
72
puntadas de lingua
Aquilo co que se compara. COMO COMA TAL QUE

A personificación e a hipérbole

A personificación é un recurso literario que consiste en atribuír calidades propias dos seres humanos a animais, elementos da natureza, obxectos, ideas... como por exemplo:

As nubes choran

A auga canta

A porta asubía

As flores imaxinan

A hipérbole consiste en esaxerar as características dalgún elemento coa finalidade de chamar a atención sobre el.

Bota lume pola boca.

Queremos dicir que está moi enfadado ou enfadada.

AGORA TI!

1. Pensa en cinco homes importantes na túa vida. Despois inventa unha hipérbole para cada un deles.

2. Con frecuencia, a personificación utilízase cos fenómenos atmosféricos ou coas forzas da natureza. Intentade pensar tres exemplos e ilustralos.

3. Imos esaxerar e crear hipérboles para estes elementos:

• Un anaco de pan moi duro.

• Unha bicicleta que corre moito.

• Uns lapis de cores brillantes.

73

ESCRIBO retallos de lingua

… Caramba! Xa basta!

Traballar cansa!

… Para acabar, Fan gran manxar para xantar: Pasta branda á malabar!

… Para acabar, Papá abraza a mamá Mamá abraza a papá.

As palabras destacadas no poema son verbos.

Os verbos son palabras que indican o estado ou a acción que realizan as persoas, os animais, as plantas ou as cousas

AGORA TI!

1. Facede unha chuvia de ideas onde digades todas as tarefas do fogar que se vos ocorren.

• Anotade os verbos que utilizastes.

74
O verbo CAMARADAS
Papá prancha as sabas, mamá sacha as patacas, papá lava as pratas, mamá apaña as laranxas, papá arranxa a casa, mamá arranxa as zapatas.
5 10 15
Elvira Riveiro Tobío: PAlAbrAs brAncAs

As formas impersoais do verbo

As formas impersoais do verbo non indican nin número, nin persoa, nin tempo, nin modo. Son o infinitivo, o xerundio e o participio.

Primeira conxugación: verbos rematados en -ar xogar

Infinitivo

Formas non persoais do verbo

Xerundio

Participio

Segunda conxugación: verbos rematados en -er correr

Terceira conxugación: verbos rematados en -ir. durmir

Rematan en -ndo.

bailando, correndo, saíndo

Rematan en -da ou -do afastada, lido, ouvido

AGORA TI!

2. Atopa no poema da páxina anterior todas as formas non persoais do verbo.

• A que conxugación pertencen?

3. Indica o infinitivo dos seguintes verbos e a súa conxugación.

serei recibiron coñecín responderas fomos

4. Indica o infinitivo dos seguintes verbos e a súa conxugación.

facendo chamar visto

75

ESCRIBO retallos de lingua

As formas persoais do verbo. Raíz e desinencia

Os verbos persoais si indican número, persoa, tempo e modo. Están formados pola raíz e as desinencias verbais.

• A raíz é a parte que queda ao quitarlle a terminación -ar, -er ou -ir ao seu infinitivo.

• As desinencias verbais expresan o número, persoa, modo, tempo e voz dos verbos.

decido → decidir → decid- -o

RAÍZ DESINENCIA

Infinitivo conxugado

Tamén podemos utilizar o infinitivo conxugado. A diferenza do infinitivo visto nas formas non persoais, o infinitivo conxugado indícanos o número e a persoa.

Infinitivo conxugado do verbo comer

O infinitivo conxugado úsase:

• Cando o infinitivo ten un suxeito diferente ao do verbo principal.

Dille que volva antes de chegarmos a casa.

• Cando o infinitivo leva diante unha preposición. Para cantares no escenario tes que superar unha proba.

5. Escribe un exemplo para cada un dos usos do infinitivo conxugado.

76
AGORA TI!
Singular 1ª persoa 2ª persoa 3ª persoa
comer-es comer Plural 1ª persoa 2ª persoa 3ª persoa comer-mos comer-des
comer
comer-en
→ Preposición
→ → Ti Nós

Os verbos regulares e irregulares

Os verbos regulares son aqueles que manteñen a súa raíz ou lexema durante toda a conxugación e teñen as mesmas desinencias que os verbos da 1ª (-ar), 2ª (-er) e 3ª (-ir) conxugación.

Os verbos irregulares son aqueles que presentan variacións:

Na raíz:

• Fas → infinitivo: facer → raíz fac-

Na raíz ou nas desinencias:

• Tiven → infinitivo: ter → raíz t-

• Couben → infinitivo: caber → raíz cab-

Vamos libro, fala para min, cóntame as cousas que eu inda non vin.

O verbo destacado en verde é un verbo regular e o destacado en vermello é un verbo irregular.

Para saber se un verbo é regular ou irregular temos que observar o presente, o pretérito de indicativo e o presente de subxuntivo. Se neses tempos non hai alteracións, é un verbo regular.

Verbo regular: NADAR nado

Verbo irregular:

DICIR digo dixen diga

partir ir durmir coller perder

77 estar
6. Indica cales destes verbos son regulares e cales irregulares. 7. Elabora un pequeno texto con tres dos verbos anteriores.
AGORA TI!
Presente de indicativo Pretérito de indicativo Presente de subxuntivo
nadei nade

Os verbos defectivos

Chove en xaneiro Sobre a campía

Choiva moi mesta. Choiva moi fría.

Chove en febreiro encol da terra.

Choiva que laia. Choiva que berra.

Os verbos defectivos non se poden conxugar en todas as persoas ou tempos verbais, só se poden conxugar na 3ª persoa dos diferentes tempos verbais.

• Algúns verbos defectivos son: suceder, atinxir, etc. Por exemplo, na seguinte oración, sucedeu é 3ª persoa do singular. Non podemos dicir eu sucedín, ti sucediches…

Sucedeu

• Tamén son defectivos os verbos que fan referencia a fenómenos meteorolóxicos: chover, anoitecer, tronar, sarabiar, amencer... Do mesmo xeito, na seguinte oración tronou é a 3ª persoa do singular. Tampouco podemos dicir eu tronei, ti tronaches

AGORA TI!

8. Os aleluias son estrofas divertidas formadas por dous versos que riman.

• Observa o exemplo e fai o teu aleluia usando un verbo defectivo.

Cando a nena choraba, na vila tronaba.

78
ESCRIBO retallos de lingua
nun país afastado. Tronou toda a noite.
5
Antonio García Teijeiro: Chove nos versos

A persoa e o número do verbo

As formas persoais do verbo varían en número e persoa.

A persoa no verbo indica quen realiza a acción.

• Primeira persoa: fai referencia á persoa que fala.

• Segunda persoa: fai referencia á persoa que escoita.

• Terceira persoa: fai referencia a unha persoa distinta da que escoita ou fala.

O número indícanos cantas persoas realizan a acción.

• Singular: a acción realízaa unha soa persoa, animal ou cousa.

• Plural: a acción realízase por máis dunha persoa, animal ou cousa.

Os pronomes persoais tamén nos axudan a identificar a persoa e número do verbo.

Singular Plural Primeira persoa Eu canto Nós cantamos Segunda persoa Ti cantas Vós cantades

Terceira

persoa El/Ela canta Eles/Elas cantan

AGORA TI! desestabilizamos parín

9. Elabora unha táboa e clasifica os seguintes verbos segundo a súa persoa e número.

endurecerán saberías Verbo Número Persoa Tempo

79
10. Busca na lectura inicial Voa o aire todos os verbos que atopes. Indica a súa persoa e número. trampeastes perdeu

ESCRIBO retallos de lingua

O tempo verbal

Estamos afeitos a usar pequenas computadoras portátiles, pero non sempre foi así. As denominadas mulleres calculadora traballaban acotío realizando algoritmos e estatísticas que actualmente sería imposible levar a cabo persoalmente. Na actualidade o almacenamento de datos, os procesadores de imaxes, a realización de algoritmos científicos… son impensables sen o uso dos ordenadores e programas informáticos.

O avance tecnolóxico é imparable, seremos unha sociedade dominada pola tecnoloxía ou os seres humanos volveremos a tomar o control?

O tempo verbal indica o momento no que se leva a cabo a acción

Pretérito Memoricei o poema.

Pasado A acción do verbo sitúase no momento antes do que se está a falar.

Copretérito Memorizaba o poema.

Antepretérito Memorizara o poema. Pospretérito Memorizaría o poema.

Presente A acción do verbo sitúase no momento no que se fala. Memorizo o poema

Futuro A acción do verbo sitúase despois do momento no que se fala.

AGORA TI!

Memorizarei o poema

Iso é reguetón / ou o motor dun camión?

Tanta fachenda, tanta fachenda / que o can chapouche a merenda. Apandarei co que diga / da árbitra sempre hai que ser amiga.

80
11. Escribe tres pareados, en presente, pasado e futuro, usando un ton humorístico. Fixate nos exemplos.
5 10

O modo verbal

O modo informa sobre a actitude que adopta o falante ante o que se di. As formas verbais poden estar en tres modos.

Expresa feitos reais. Úsase en oracións enunciativas e interrogativas.

Expresa desexos, probabilidades ou dúbidas.

Xabier Díaz toca o pandeiro. Oxalá escoitásemos a Xabier en directo!

Expresa instrucións, rogos ou ordes.

Escoitade, é importante sentir a música!

AGORA TI!

12. En parellas, explicade a diferenza entre «Imos de excursión» e «Oxalá vaiamos de excursión». Buscade máis exemplos.

13. Escribe unha oración en modo indicativo, outra en subxuntivo e outra en imperativo usando o verbo argallar.

14. Indica o tempo, número, persoa e modo dos seguintes verbos. Observa o exemplo:

Partiras: segunda persoa do singular do antepretérito de indicativo do verbo «partir», terceira conxugación.

seremos andan iriades varresen

Para coñecer exemplos de conxugación de verbos regulares e irregulares vai á páxina 185

81
Indicativo Subxuntivo Imperativo

As palabras agudas son as que teñen a sílaba tónica na última sílaba da palabra.

Cando colocamos o acento gráfico?

Cando estamos ante unha palabra aguda polisílaba que remata en vogal, en vogal + n, en vogal + s ou en vogal + ns → cempés, alén, campións. Como verás máis adiante, non se acentúan cando hai un ditongo decrecente na última sílaba! Por exemplo: aneis.

As palabras graves son as que teñen a sílaba tónica na penúltima sílaba.

Cando colocamos o acento gráfico?

Cando estamos ante unha palabra grave que remata nunha consoante diferente a -n, -s, -ns (álbum, Díaz) ou nun ditongo decrecente na última sílaba da palabra (hóckey).

ESCRIBO fiando palabras 82
A acentuación das palabras agudas, graves e esdrúxulas
amor folclore cantar terra

lámpada teléfono

As palabras esdrúxulas son as que teñen a sílaba tónica na antepenúltima sílaba.

Cando colocamos o acento gráfico?

Sempre!

AGORA TI!

1. Clasifica estas palabras segundo sexan agudas, graves ou esdrúxulas. Cales deberían levar til?

dialogo limite

gaita

curiosidade investigador

2. Le con atención o texto do ditado.

comun alen

galego venta

premio publico loxico

animo sopro

Unha voz profunda e con musicalidade que sobe e baixa, movida polos ventos da gaita ou dos bailares dun acordeón. Música cosida a unha corda da que penden palabras galegas tan fermosas como rula, mariñeiro, Maruxiña, axudádeme, cantare, bailadora…Xabier Díaz medra ao investigar sobre o folclore galego ao que leva de viaxe polo mundo: Oslo, Lisboa, Bruxelas…e ao que sempre trae de volta á casa. Sopros de salitre, amor pola historia, respecto pola terra e moito amor pola vida cantada en galego! Grazas Xabier.

83

PENSO E POÑEMOS EN COMÚN

A MAXIA DO MAXÍN

era un día de temporal e a galeón e a martiño xa non se lles ocorría como podían seguir enredando.

de menú de aburrimento temos: de 10 prato: sopa de internet de 20 prato: internet con gornición de internet e de postre: internet.

xa teño empacho de tanto internet, e algo máis lixeiro?

fóra de carta temos os últimos capítulos da tempada.

non máis “tele”!!, queres ver cousas cun invento que constrúe mundos fantásticos?

de súpeto, galeón deu a volta agachando algo nas súas costas.

prepárate para coñecer ao creador de mundos, o destrutor do fastío, a man do enxeño…

galeón colleu unha folla e púxose a debuxar. un lapis? en serio? mentireira.

TACHAAÁN!!

O monstro máis temido de Galiland: Lingoretas, que non pensa o que di nin di o que pensa.

Lingoretas invade a cidade pero a meiga Cíclope íallo impedir.

de mentireira nada! vouche demostrar que estás totalmente equivocado.

Mago do fogón, axúdame!

Síntoo moito, Cíclope, pero os meus servizos vanche custar un ollo da cara.

e a tarde pasou voando... e sabedes que era o máis máxico de todo? ter unha grande amizade.

84

1. Le o cómic e despois escoita o audio con atención.

• En grupos de catro, elaborade unha enquisa e entrevistade ao resto dos compañeiros e compañeiras da aula para coñecer como é o seu lecer: en que o ocupan e canto tempo lle dedican ás súas actividades favoritas.

TRABALLAMOS EN GRUPO

En Galicia temos grandes humoristas gráficos, entre eles Luis Davila, Xosé Lois, Andrés Meixide, Kiko da Silva… Estes grandes humoristas amosan a realidade dos nosos días dende o punto de vista do humor, estilos gráficos variados e con gran intelixencia.

Ti podes converterte en humorista gráfico. Para iso, segue os seguintes pasos:

• Escolle a dous compañeiros cos que queiras traballar.

• Facede unha posta en común para escoller o tema da viñeta. Podedes pensar en temas de actualidade ou usar situacións escolares vistas con humor, caricaturas de personaxes coñecidos…

• Pensade no texto que queredes incluír.

• Poñede en común como é a mellor maneira de representar graficamente o que queredes expresar.

• Para elaborar a viñeta volvede repartir o traballo: un debuxa, outro colorea ou remata os detalles do debuxo e outro escribe a información.

• Amosádelle as vosas viñetas ao resto da clase e desfrutade.

85

© GRUPO ANAYA, S.A., 2023 - C/ Valentín Beato, 21 - 28037 Madrid.

Reservados todos los derechos. El contenido de esta obra está protegido por la Ley, que establece penas de prisión y/o multas, además de las correspondientes indemnizaciones por daños y perjuicios, para quienes reprodujeren, plagiaren, distribuyeren o comunicaren públicamente, en todo o en parte, una obra literaria, artística o científica, o su transformación, interpretación o ejecución artística fijada en cualquier tipo de soporte o comunicada a través de cualquier medio, sin la preceptiva autorización.

Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.