XOVES 23 DE FEBREIRO DE 2017 9:00 - 14:00 Auditorio Municipal do Areal (antigo Rectorado) Areal esquina r/Oporto Vigo
¡LARGA VIDA AL RAEE! UNHA PROPOSTA EN CLAVE DE ECONOMIA CIRCULAR 2.0
A reutilización de Residuos de Aparellos Eléctricos e Electrónicos (RAEEs): oportunidade para a inclusión social e laboral de xóvenes. ENTIDADES SOCIAS
Funded by the Erasmus+ programme of the European Union
COLOBORA
9:00 - 09:30 Recepción de participantes 9:30 - 10:00 Inuguración David Regades Concelleiro de Fomento, Limpeza e Contratación do Concello de Vigo Javier Pradini Director de Emaús Fundación Social 10:00 - 10:30 O impacto medioambiental dos RAEEs no noso entorno Anton Lois Amigos da Terra 10:30 - 11:30 Oportunidades para a inserción laboral da xuventude: A metodoloxía FABLAB O Proxecto WeeeLabs Patricia Díaz ImpactHub Vigo Virginia Romero Emaús Galicia
A ollada dende a experiencia Antonio Llorente Asociación La Rueca Madrid
11:30 - 12:00 Pausa-café 12:00 - 14:00 Mesa Redonda A preparación para a reutilización de RAEEs: obligacións e responsabilidades dos axentes implicados Os produtores Enrique Redondo Director técnico e de operacións da Fundación ECOLEC. Madrid
As entidades de economía social Estratexias colaborativas Jorge de Antonio Director de negocio de SARETEKNIKA. Guipúzkoa
As entidades locais Susana González Enxeñeira técnica industrial do Concello de Vigo
Javier Pradini Director de Emaús Gipuzkoa
As empresas distribuidoras Pendente confirmación Dinamiza Eduardo Rolland Periodista
AFORO LIMITADO INSCRIPCIÓN GRATUITA EN http://bit.ly/2kC4HPI 986 220 284 galicia@emaus.com
EMAÚS FUNDACIÓN SOCIAL
É unha organización de carácter social, laica, sen ánimo de lucro con máis de 30 anos de traxectoria, concretamente no País Vasco, Asturias e Galicia. Ten como obxetivo promover e acompañar procesos transformadores, individuais ou colectivos, no eido social, económico e medioambiental. Para todo isto desenvolven Programas para a inclusión social e laboral, Programas de sensibilización e educación para a sostenibilidade e empresas de economía social.
AMIGOS DA TERRA
É unha asociación ecoloxista sen ánimo de lucro coa misión de fomentar un cambio local e global cara unha sociedade respetuosa co medio ambiente, xusta e solidaria. Defenden a xustiza social e ambiental, cre firmemente que o centro das políticas deben ser as persoas e A Terra. Participan en procesos de denuncia e sensibilización á vez que propoñen solucións para lograr un mundo máis xusto.
IMPACT HUB VIGO
Impact Hub é unha rede de traballo, global e diversa, que se expande con más de 15000 miembros en 80 lugares do planeta. Cada Impact Hub representa un ecosistema único de recursos, inspiración e oportunidades para maximizar o impacto social do seu traballo. A rede se construe a partir de accións locais, co obxectivo de impulsar o seu impacto a nivel global. Impact Hub ten oficina en Vigo dende o ano 2016.
LA RUECA
É unha entidade sen ánimo de lucro que nace en 1990 da man dun grupo de profesionais afins ao campo do social e do cultural. Desde entón, traballan en Madrid distintos proxectos co fin de aumentar a calidade de vida e o benestar das persoas máis desfavorecidas e vulnerables.
Fundación ECOLEC
É unha entidade en ánimo de lucro creada por asociación empresariais que representan ao sector de fabricantes e importadores de grandes e pequenos electrodomésticos. Xestionan residuos de aparatos eléctricos e electrónicos dende un enfoque medioambiental económico e social cumprindo coa normativa vixente. O ámbito de actuación é estatal e ten como finalidade ser o sistema de financiación colectiva de xestión de residuos máis importante de España.
SARETEKNIKA
Cooperativa que liderou o servizo técnico posventa do Grupo Fagor en todo o mundo durante máis de 15 anos e que hoxe en día, dende Guipuzkoa, constituíuse como un Servizo Técnico Multimarca de referencia no mercado Español.