REVISTA

Page 1

Curso 2010 -11

Nº 12

xuño 2011

PR OXECT XECT O :A A nosa nosa Ría Ría PRO XECTO O O: PRO XECTO: PR

euriña Revista anual do CEIP Parada Campañó

1


2


LIMIAR Aquí estamos un ano máis editando esta revista escolar que trata de ser un pequeno reflexo da actividade desenvolvida durante o curso que agora remata no noso colexio. Este curso acordamos facer por primeira vez un proxecto bianual para estudar A Nosa Ría, tratando o primeiro ano o aspecto físico e deixando o sociocultural para o que vén. É por iso que ides ver gran cantidade de animais e plantas que conforman a nosa paisaxe habitual e que, como todo o que nos é cotián, ás veces pasa desapercibido. Plasmamos algún dos nosos traballos nun mural situado no vestíbulo principal do colexio e como saída de fin de curso de primaria fomos ver unha factoría conserveira como as que tanta sona deron aos produtos do mar galegos. Educación Infantil traballou como proxecto global O Ciclo do Pan desde o inicio do mesmo, coa plantación do cereal (millo), até o cocido de barras e bolas e visitaron un muíño, unha panadería e unha granxa para complementar o traballo diario de clase. Este curso estiveron con nós as profes Amaranta, Lupe e Sol e as tres implicáronse moitísimo no desenvolvemento de todas estas actividades e algunha máis das que se mencionaron, polo que desexariamos que volvesen traballar con nós se teñen a oportunidade, e senón, desexámoslles moita sorte nas súas futuras andainas. Un cariño grande do profesorado de Campañó !! Xa para rematar, pero non por iso menos importante, darvos as gracias ás familias por colaborar co centro nesta tarefa común que é educar aos vosos fillos e fillas e axudalos a medrar sans e responsables. Agora coñezamos algo mellor A Nosa Ría.

3


4


5


PARTES DA GALIร A

6ยบ Ed.Infantil (5 anos)

6

(Traballo feito por Elena)


PROXECTO ANUAL DO CICLO DE INFANTIL: 1º OBRADOIRO: O xoves 07 de

O PAN

outubro do 2010, todo o ciclo de infantil fumos á biblioteca para visitar a nosa mascota Rufiño. Estando alí, escoitamos que alguén cacarexaba e descubrimos que, tras uns libros, estaba a galiña Marcelina, amiga de Rufiño que nos veu visitar porque quería coñecernos. Tróuxonos, como agasallo, un conto sobre unha das súas amigas: A GALIÑA PAULINA. Como o libro era pequeno, para que poidéramos ver mellor as ilustracións, a profe María fixo maxia e converteuno nun conto xigante e, a profe Eugenia, dramatizounos a historia xunto coa profe Amaranta.

3º OBRADOIRO:O xoves 14, cando entramos do recreo, escoitamos cacarexar. Buscando e buscando, atopamos á Galiña Marcelina que se agachara nunha caixa de cartón. Contounos que, xa que debullaramos o millo a vez anterior e dado que os nenos e nenas non comen os grans crus como ela, tróuxonos maíz doce e bolsas con «pombiñas de millo» para que as probásemos. ¡¡Pasámolo en grande probando todo!! A galiña Marcelina sempre ten unhas sorpresas incríbles...

2º OBRADOIRO:O xoves 14 reunímonos despois do recreo para coñecer como é a pranta do millo, as súas características, as distintas clases de millo e, por último, todos xuntos debullamos as mazorcas. Botounos unha man o noso magnífico conserxe Educardo. Pasámolo xenial e foi moi divertido. ¡¡Todos foron uns auténticos campións e unhas auténticas campioas debullando mazorcas!! 7


4º OBRADOIRO: disfrutamos dun día formidable xa que, acompañados pola Galiña Marcelina, fumos visitar ós Muíños da Freixa que funcionan gracias a auga. Alí explicáronnos como era o seu funcionamento e, despois, botamos o millo que debullamos no 1º OBRADOIRO (que se encargou de levalo ata alí a galiña) e convertémolo en fariña. Pasámolo xenial, sobre todo os máis pequenos xa que esta era a súa primeira excursión e a primeira vez que subían ó autobús. 5º OBRADOIRO: para o último obradoiro fóra do colexio, convertímonos en panadeiros/as. Para iso, contamos coa colaboración da familia dunhas alumnas do colexio que nos prestaron o seu tempo ensinándonos como é o seu traballo diario no forno da panadería, amosáronnos como se fai o pan, experimentamos o que é ser panadeiros amasando o noso propio pan e cocéndoo no forno e, por último, agasalláronnos cunha merenda MOI RICA cos deliciosos donuts caseiros que eles fan. A verdade e que foi unha experiencia inolvidable na que aprendiemos moitísimo. 8

6ºe 7º OBRADOIRO: Para rematar este proxecto anual, fixemos un obradoiro de creatividade decorando as nosas propias camisetas brancas co motivo da Galiña Marcelina. Estas camisetas as levamos postas o día da excursión de fin de curso á GranxaEscola Serantellos onde disfrutamos de varios obradoiros durante todo o día, entre eles, o que foi o 7º e último obradoiro do proxecto anual sobre o PAN.


TRIATLÓN

O 25 de Outubro viñeron ó cole a dar información sobre o Triatlón e as súas modalidades. A encargada de facelo foi Fani, a responsable da Escola de Triatlón de Pontevedra. O alumnado de 5º e 6º estivo atento e mostrou interese por este deporte que non move grandes masas de xente. O Triatlón é un deporte que combina natación, ciclismo e carreira a pé. Prácticase nun entorno natural. Os triatletas teñen que afrontar estes segmentos por esta orde e sen descanso algún entre eles. É deporte olímpico dende Sydney 2000. O actual campeón do mundo é o galego Javier Gomez Noya

BALONCESTO O mércores 15 de decembro, o alumnado de 5º e 6º tivemos unha sesión de Baloncesto, con dous membros do equipo feminino ARXIL. As xogadoras que nos visitaron xogan no seu equipo de pivot (Nuria, a máis alta) e de base (Taimara, a máis baixa). Fixemos con elas algúns xogos e pasámolo xenial. Soubo a pouco. Tiveron un detallino connosco e agasalláronnos cunha camiseta. O baloncesto é un deporte colectivo inventado en 1891 polo profesor de Educación Física James Naismith. Cada un dos dous equipos está formado por cinco xogadores ou xogadoras. Ten como obxectivo pasar a pelota por dentro dunha cesta colocada nas extremidades da pista. Actualmente pode xogarse tamén en pistas ao ar libre. Neste deporte pódense facer os cambios de xogadores que o adestrador estime necesarios. As posicións máis comúns dos xogadores son: base, escolta, aleiro, ala-pivot e pivo (pivot). O xogador máis importante é o base, xa que ten a función de dirixir o xogo.

9


10


11


COMO POTABILIZAMOS A AUGA EN PONTEVEDRA

O día 9 de novembro de 2010 fomos de excursión a Potabilizadora de Xeve que sirve para limpar a auga que chega despois ás nosas casas e demais. Primeiro miramos un vídeo que dicía como se pode aforrar a auga, que proceso fai, etc. 12 A continuación os monitores déronnos unha sorpresa que era o xogo dos personaxes do vídeo e o das parellas tamén con aqueles personaxes. Despois miramos como se limpaba a auga cunhas máquinas que ían pola superficie arrastrando a porquería que tiña, o almacén de auga, as piscinas, unha máquina que recollía o lixo dela para facer unha especie de abono para as plantas… Tamén miramos o laboratorio, ¡Era impresionante! Foi o que máis me gustou. Finalmente os monitores déronnos a cada un, un diploma de vixilante oficial da auga, unha gorra e un vaso. E así rematou a nosa excursión. Nuria 5º

O día 9 de novembro os de quinto fomos á planta potabilizadora de Xeve. A min o que máis me gustou foi o xogo que fixemos e como se limpa a auga; e as dúas sorpresas. A primeira foi uns xogos de parellas e a oca. Vimos unha historia no portatil dos monitores, é como é o ciclo da auga como van as depuradoras é e certo a segunda sorpresa é un diploma, un vaso e unha gorra é así foi a visita de hoxe a depuradora de Xeve. Andrea 5º


Para a segunda festa do outono, fixemos cestas, coloreamos castañas, lemos contos e poemas e, por fin, despois de varios días de chuvia, o día 15 do mes de Santos, profesorado e alumnado,

fixemos a festa da castaña:

O MAGOSTO.

MAGOSTO 2010 Eduardo, un ano máis, asou as castañas que trouxemos preparadas da casa e nós comémolas con entusiasmo, e despois....

A XOGAR!!!

Probamos as nosas habilidades cos aros dos nosos avós e cos nosos; coa Cana pescamos botellas e afinamos a puntería cos Pincharos e coa Argola; saltamos a Corda e os máis pequenos aos Bolos.

13


OS COGOMELOS HOXE, DÍA 16 DE NOVEMBRO DO 2010 FOMOS AO MONTE MONTECELO. FOMOS A COLLER COGOMELOS ACOMPAÑADOS DE UN EXPERTO QUE SE CHAMA XAIME DIOS E DO PROFE BENITO. VIMOS COGOMELOS DIMINUTOS E OUTROS COGOMELOS GRANDISÍMOS. ALGÚNS ERAN VELENOSOS E OUTROS BOS PERO NON COMESTIBLES. OS HABÍA DE TODAS AS CORES: AMARELOS, VERMELLOS, BRANCOS E INCLUSO VERDES. GUSTOUNOS MOITÍSIMO E ADEMÁIS A SAÍDA FOI DIVERTIDA PORQUE APRENDIMOS MOITOS NOMES DE COGOMELOS COMO O BOLETUS, A LACTARIUS E A AMANITA MUSCARIA. 14

MARTÍN E AINHOA (3º CURSO)


EXPOSICIÓN DE COGOMELOS Cos cogomelos que recollimos no monte Montecelo os de 3º, 4º, 5º e 6º fixemos unha pequena exposición no corredor da entrada. Engadímoslle dous cogomelos que nos trouxo Jaime. Poucos días durou porque os cogomelos cheiran.

EXPOSICIÓN DE FOTOS DE COGOMELOS En novembro a asociación Brincabois de Pontevedra deixounos unha exposición de fotografías de cogomelos que estivo 15 días no panel de exposicións na entrada do colexio. Os distintos niveis traballaron os cogomelos sobre as fermosas fotografías da exposición . Os de 5º cubriron catro fichas de observación entre as que figuraban debuxos e sinxelos informes.

Na cuarta ficha, e última, sobre a exposición dos cogomelos, había que confeccionar unha especie de informe sobre un xénero de fungos de aspecto e olor moi chamativos, que se chama Clathrus. Na exposición de fotos había unha especie pero Jaime, o monitor que nos guiou no monte, trouxera as dúas especies para a nosa pequena exposición de cogomelos. Houbo que metelas en cadanseu bote para evitar a expansión do seu cheiro fedorento por todo o colexio. Esto que segue é a información que recolleu un alumno: sobre esta variedade de cogomelos. Na foto un Clathrus archeri

Os Clathrus son un xénero de cogomelos que teñen dúas formas de atraer ás moscas para poder reproducirse. Unha é polo olor e outra polo aspecto. Polo olor porque as moscas, atraídas polo fedor, se poñen enriba, onde están as esporas, e logo van a outro sitio e deixan as esporas. E polo aspecto porque semella un cadáver entón as moscas póusanse e levan as esporas a outro sitio. Javier 5º

15


OS NENOS DE INFANTIL APRENDIMOS AS PARTES DUN COGOMELO

ยก QUE BEN DEBUXAMOS !

16

5ยบ de Educaciรณn Infantil


NADAL 2010

Este ano, o Nacemento fixémolo coa colaboración de toda a comunidade escolar. Profesores, nenos e nenas fixeron na clase as casas, os barquiños, os animais, e as figuras do Neno Xesús, a Virxe María, San Xosé e os tres Reis Magos. As familias fixeron as figuras dos pastores, pescadores, mariscadoras... Tamén fixemos entre todos os adornos para a nosa Árbore de Nadal . Un traballo ilusionante e divertido, feito en equipo e cun resultado moi bonito.

17


PERSONAXES DE NADAL Este curso apareceu por primeira vez no colexio unha tradición de nadal completamente galega. Compartiu espazo xunto co nacemento e a árbore. Falamos do Apalpador. Os de 5º estiveron investigando polo mundo adiante a ver que personaxes lendarios son os que fan as delicias dos nenos e nenas nesas datas.

Reis Magos

Apalpador

Esteru

18

Santa Claus

Bruxa Befana

Papá Noel

Os Reis Magos, Papá Noel, a bruxa Befana, Santa Claus, o Olentzero, o Esteru, o Tió de Nadal, o Apalpador son personaxes típicos das festas que se fan en Nadal en diferentes países ou cominidades. España, Alemaña, Italia, Estados Unidos, País Vasco e Navarra, Cantabria, Cataluña, Galicia…Son moitos máis ao longo do mundo. O vello Apalpador, ou Pandegueiro como se lle chama en partes do oriente ourensán, é unha figura lendaria galega que achega os agasallos aos nenos polas datas de nadal (31 decembro). Este xigante, de oficio carboeiro, baixaba das devesas e apalpaba as barriguiñas dos cativos. Se estaban cheas dicía: «Así, así esteas todo o ano» e deixáballes unha presa de castañas. Senón calaba, pero deixáballes tamén as castañas. Esta tradición estase a recuperar nestes últimos anos.

Olentzero

Tió de Nadal


Outras culturas, outros nadais Este Nadal invitamos a nosa clase a tres persoas que vivían en Pontevedra pero son de outros países. Viven con nós pero lémbranse do seu país. Son de outras tradicións diferentes. O día 16 de decembro Loicith, unha peruana da selva, contounos os seus costumes, así o escoitou Andrea: Loicith vive aquí, en Pontevedra. Veu a explicarnos como se celebra o Nadal en Perú. Na selva amazónica. Tomán as uvas. Tamén teñen as badaladas. O día 25 pola noite, a xente vai cantando cumbias-vinllancicos e bailando ata as dez. Ás dez van á misa do galo. Ás doce poñen ao neno Xesús no pesebre. Cando a xente quería ir de viaxe collía unha maleta baleira e corría arrededor da mazá. Os que se querían casar púñanse fronte ao espello e vestían unha prenda vermella. Loicith tróuxonos un instrumento (Xacapa), un villancico cumbia e unha cabaza con forma de quirquincho que dentro tiña o pesebre. Así é como Loicith pasou a hora na nosa clase. Andrea 5º O día 17 de decembro viñeron Yulia e Radhouan. Yulia é de Ucraína en Europa e son de tradición relixiosa ortodoxa. Contounos que aos nenos tráenlles os xoguetes o día 19 de decembro (véñenlles os regalos antes que o nadal). O seu personaxe chámase San Nicolás e deixalles os agasallos o lado da almofada. Axúdalle no reparto a súa neta. Na Noite boa que se celebra, polo antigo calendario xuliano, o 6 de xaneiro, cean xuntos e poñen na mesa dous manteis un para os vivos e outro para os familiares difuntos, debaixo da mesa un pouco de palla para conmemorar que o neno naceu nun pesebre de palla. Logo os nenos van cantar villancicos e a xente lles da diñeiro por cantarlles. Non recollen a mesa de noite boa e deixan un prato e unha vela acesa detrás da porta de entrada por se veñen os antepasados. Na súa tradición o neno naceu o 7 de xaneiro. Son nadales moi fríos. Poden chegar normalmente a 20º e con neve ata os xeonllos. Yulia contounos a lenda de San Nicolás e trouxo unhas fotos do personaxe. Radhouan é de Alxeria en África e despois de estar estudando un tempo na Misión Biolóxica marchaba precisamente ese día para o seu país. Embarcaba no avión ás 9 da noite pero tivo a xentileza de vir e falarnos dos costumes da súa familia. Son de tradición musulmana. Non celebran o nadal. Teñen outras festas que nos explicou. Pola súa amabilidade regalámoslles a Loicith, Yulia e Radhouane cadansúa postal coas sinaturas de todos os nenos e nenas de 5º para que tiveran unha lembranza do seu paso pola nosa clase.

19


FESTIVAL DE NADAL Celebrouse o día 22 de Decembro coas seguintes actuacións:

Educación Infantil «Os panadeiros van ao portal»

1º ciclo de Primaria co musical «Todo esto é o Nadal»

20

2º ciclo de Primaria representou a obra de teatro «O Nadal de antes»


5º de E.P. coa obra de teatro «Cousas do parque »

6º de E.P. cantou a panxoliña «Os peixes no río» 21

A aula de Educación Musical interpretou :Un « Canto de reis» e un«Aguinaldo»


LEVAMOS O 1º, 3º E O 4º PREMIO DO CONCURSO DE INTERCULTURALIDADE O Concello de Pontevedra celebra todos os anos un concurso sobre Interculturalidade. Os de Educación Infantil do noso colexio participaron cun debuxo sobre o tema (como indicaban as bases do concurso). Pois este ano, outra vez, levámonos o 1ºe 3º premio e un diploma que foron para: - 1º PREMIO: NEREA RODIÑO (5 anos) - 3º PREMIO: LEIRE COCHÓN (4 anos) - DIPLOMA: ARANTXA CASAS (5 anos) que tamén levou o 1º premio na anterior edición. Os premiados levaron un diploma (ilustrado co debuxo de Arantxa) e unha colección de libros e videos. Asemade, déronnos uns premios ó noso colexio: libros infantís, videos e un cadro co debuxo gañador. Estiveron os fotógrafos dos xornais de Pontevedra no que fixeron referencia ó acto. Adxuntamos un enlace co FARO DE VIGO. Todos os nenos e nenas participantes recibirán un DIPLOMA como obsequio pola súa participación.

22


EDUCACION, DEPORTE E VALORES Un día moi soleado facendo deporte uns nenos divertíanse saltando moi forte. Traballando en equipo co seu irmá Perico xogaba limpo e respectaba as reglas do equipo. Estaba moi sa sentíase moi ben superaba a súa meta coa axuda de Belén. Gañou un trofeo nos xogos olímpicos superando aos rivais cun xogo moi limpo. Alumnado de 3º Primaria

Se comes moita froita non enfermarás pídelle a mamá un zume e ao médico non irás. Saltar, correr e xogar moito exercicio farás e ao chegar a noite terás que descansar Alumnado de 1º

23


24


OBRADOIRO DE SABORES Os nenos e nenas de 5 anos, participamos nun obradoiro de sabores, xunto cos nenos e nenas de 3 e 4 anos. Neste obradoiro tocamos, ulimos e probamos algunhas froitas como os lim贸ns, mandarinas e laranxas.

Primeiro probamos uns anacos de lim贸n, despois tomamos mandarinas e rematamos brindando con zume de laranxa.

25

Laura Buceta Garc铆a

Pablo Argibay Sertal


26


O MEU PORQUIÑO ROSADO E GORDIÑO CHEIRA O CALDIÑO CO SEU FOUCIÑO (5º Ed. Infantil)

27


OBRADOIRO: PIRÁMIDE ALIMENTICIA O 14 de f ebreiro do 2011 disfrutamos dun obradoiro no centro sobre a Pirámide Alimenticia e a importancia de ter unha dieta variada e sa. A través de cancións, disfraces e xogos aprendimos que alimentos debemos comer: TODOS OS DÍAS: pan, cereais, pasta,... FRECUENTEMENTE: peixe, carne, leite, iogures,... DE VEZ EN CANDO: lambonadas, chocolate,... Ademáis, a través de xogos nos que cada un/unha era un alimento, aprendimos a coñecer a que escalón da pirámide corresponden os alimentos máis comúns. ¡FOI MOI DIVERTIDO!

28


CANCIÓN DE PAZ SER AMIGOS (BIS) É MELLOR QUE ESTAR PELEXANDO (BIS) SEN RAZÓN E SE HAI UN MOTIVO (BIS) PARA PELEXAR MANS NOS PETOS (BIS) SEN DUBIDAR

29


O DÍA DA PAZ O Día Escolar da Non-violencia e a Paz foi declarado por primeira vez en 1964. Xorde dunha iniciativa pioneira, non gubernamental, independente e voluntaria de Educación Non-violenta e Pacificadora. O seu obxectivo é a educación en e para a tolerancia, a solidaridade, a concordia, o respecto aos Dereitos Humanos, a non-violencia e a paz. A mensaxe básica deste día é : Amor universal, Non-violencia e Paz. O amor universal é mellor que o egoísmo, a Non-violencia é mellor que a violencia, e a paz e mellor que a guerra.

No cole fixemos ditintas actividades para conmemorar este día. Os alumnos de 5º e 6º fixeron un debate sobre os Dereitos Humanos e despois xuntámonos todos, lemos un manifesto, contamos un conto e todos xuntos cantamos unha fermosa canción «Cantarela nosa».

30


31


OBRADOIRO DE COCIÑA: UNHA FORMA DIFERENTE DE APRENDER LINGUAXE ORAL E ESCRITA.

No mes de marzo o alumnado de 5º e 6º de Educación Infantil participou en dous obradoiros de cociña onde as mestras titoras e especialistas de audición e linguaxe e pedagoxía terapéutica colaboraron conxuntamente . RECEITA DE TRUFAS CON CHOCOLATE INGREDIENTES: – – – – –

1 LATA DE LEITE CONDENSADO 1 TABLETA DE CHOCOLATE NEGRO 50 GR DE MANTEIGA 8 PAQUETES DE GALLETAS FIDEOS DE CHOCOLATE OU DE CORES COCO RELADO.

ELABORACIÓN:

1. NUNHA POTA A FOGO LENTO DERRETEMOS A MANTEIGA E O CHOCOLATE E MESTURAMOS CUNHA CULLER DE MADEIRA. 2 . COLOCAMOS A MESTURA NUN RECIPIENTE E MESTURÁMOLA CO LEITE CONDENSADO E AS GALLETAS EN ANAQUIÑOS. 3. MESTURAMOS TODO E DEIXÁMOLO ARREFRIAR NA NEVEIRA DURANTE 30 MINUTOS. 4. FACEMOS BOLIÑAS E DECORÁMOLAS CON FIDEOS DE CHOCOLATE E COCO RELADO.

32


BROCHETAS DE FROITAS

INGREDIENTES: -

3 4 2 5 2 4

PERAS MAZÁS MANDARINAS RODELAS DE PIÑA PLÁTANOS KIWIS

ELABORACIÓN: 1. CORTAMOS EN TROCIÑOS A FROITA QUE COMPRAMOS. 2. METEMOS CADA TROCIÑO NUN PAU PARA FACER BROCHETAS. 3. LOGO QUENTAMOS UN POUCO DE CHOCOLATE NUN CAZO E BOTÁMOLO POR RIBA DA FROITA. 4. POR ÚLTIMO, SERVIMOS AS BROCHETAS E A COMER! ÑAM. ÑAM. QUE RICAS ESTÁN!

33


34


Xa estamos en primeiro !

Xa estamos en primeiro xa pasamos do mandíl agora rimos moito e contamos ata mil.

LAURA

Pasamos no cole media vida ás veces moi divertida ás veces traballando duro e pasando algún apuro.

UXÍA

Estudiamos a primaria porque é moi necesaria o mellor é aprender compartir e querer. ISMAEL

Prepárate colexio que xa estamos en primeiro!

PAULA

35

DANIEL

EDGAR

CRISTINA


O 12º Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra O Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra é un dos eventos culturais anuais máis importantes da cidade. Baixo o patrocinio e organización do Concello de Pontevedra e o Pazo da Cultura, colaboran unha manchea de entidades da nosa contorna: Asociación Socio-Pedagóxica Galega, Asociación Galega de Editores, Banda Municipal de Música de Pontevedra, Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola, Biblioteca Virtual Galega (BVG), BLIX, Domingos do Principal, Editoriais, ETL Paspallás, GÁLIX, IES Xunqueira I, ONCE, Seminario Permanente de Jazz de Pontevedra... e moitos colexios que envían seus libros, súas instalacións ou ambas as dúas cousas. A programación é moi variada Este ano estaba adicado ao tema: É mentira.

Como estes últimos anos o noso colexio participa confeccionando un elemento base que teña que ver co tema e uns contos creados polos nenos dos cursos participantes. Este ano participamosno Salón: Infantil e 5º. O elemento base deste ano tiña que ver cos cogomelos que hai no bosque e os seres que viven, segundo as lendas, baixo deles. Todos sabemos que debaixo dos cogomelos din que viven os trasnos ou os gnomos ou ananos. Como a representación tiña que ser mentira, os de 3 anos fixeron uns pitiños moi feitucos que puxemos no chan da instalación. O resto eran tres cogomelos da especie brincabois (amanita muscaria). Axudounos Eduardo. Os dous libros de contos, compostos polos nenos/as, trataban de mentiras e de raposos. Os de 5º pintaron de vermello, deron unha capa de látex e recolectaron as follas da base. Os de infantil fixeron as láminas, as pintas do sombreiro e os pitiños. Os cursos que participamos sempre estamos invitados de balde a facer unha visita ás exposicións do Salón e a participar nun obradoiro sobre libros. 36


O mentirómetro do Salón do Libro En febreiro enchemos un autobús os de infantil e os de 5º e alá fomos visitar o Salón do Libro. Na visita que fixemos os do colexio observamos que na exposición había un mentirómetro que, como o seu propio nome indica, é un sistema para medir a cantidade de mentiras que estamos dispostos a inventar. Consiste nunha escala graduada de 0 a 20 pintada en forma de nariz sobre unha parede do Salón. E funciona apoiando a cabeza nesa especie de regra. Nese mismo momento se che tiran unha foto sáeche o nariz do tamaño real non como o ves no espello todas as mañáns. Se mides na escala o tamaño do nariz que che sae, saberás o mentiroso/a que podes chegar a ser. Non falla. O profe non quixo probar o mentirómetro. Por que será? Estes son os resultados da clase de 5º.

37

Xa sabedes quen é o máis mentireiro?


A DAY AT THE OPERA

IN THE OPERA

38

A DAY

O dia 26 de Febreiro, os nenos e nenas do segundo e terceiro ciclo de primaria fomos a un espectáculo diferente. Todos escoitamos algunha vez un fragmento dunha ópera pero nunca lle demos interese, quizais porque é unha música que non estamos afeitos a ela ou tamén porque no idioma no que cantan non o entendemos. Pero desta vez, como dixen antes, foi un espectáculo diferente, desta vez puidemos ver, escoitar e sentir a ópera doutra forma, dun xeito que realmente nos permitiu disfrutar dunha representación especial. Todo grazas a compañía de ópera «Camerata Lírica», unha compañía de grande prestíxio nacional e internacional, da que forman parte músicos e cantores que traballaron coas mellores orquestras do mundo.


Poesía os panadeiros Os panedeiros de Campañó, para que teñades de comer moletes de pan viñémosvos traer Mesturamos a fariña, ovos, auga e fermento, amasamos dándolle a forma e metendo nun forno ao momento. Son de trigo e son de millo son grandes e pequenos, son cruxentes e brandiños e nos cestos os traemos. Para rematar o traballo, e honrando aos Reis Magos fixemos un roscón que será do voso agrado E agora marchamos todos a casa para durmir traballamos toda a noite para traer isto aquí.

39


PROXECTO «A nosa ría» O proxecto deste ano chámase: Proxecto "A nosa Ría". Todo o que teña que ver con ese espacio que nos envolve e nos soporta pode, e vai ser traballado nas aulas dentro deste proxecto. O proxecto vai durar dous cursos. No actual, 2010-2011, incidiremos máis sobre contidos físicos, naturais, xeográficos e medioambientais. O vindeiro curso, 2011-2012, trataremos contidos históricos, humanos, económicos, culturais e artísticos. Cada ciclo ao seu nivel. Para facer visible parte do traballo das aulas construímos, coa participación de todos os cursos, un grande mural que representa a Ría de Pontevedra. Está flanqueado por dúas bandas de cor violeta onde se expoñen traballos dos nenos. A pintura verde que simboliza a terra e azul do mar foi traballo de 3º e 4º mediante a técnica de estarcido usando esponxa. Todos os niveis participaron e exhibiron traballos que terán continuidade o vindeiro curso. Ademais, o espazo que ocupa a ría, ten posto un plástico por riba para que sobre a propia ría se poidan pegar con masilla todas aquelas cousas que se traballen na clase. O desenvolvemento do mural foi segundo estas fotos.

40


EN FEBREIRO RECIBIMOS A VISITA DA MARISCADORA LOLA PARA MOSTRARNOS OS ARTES DO MARISQUEO A PE, COMO O SACHO , CUBO,....E DESPOIS OS NENOS DEDICÁRONLLE UNHA POSÍA DE AGRADECEMENTO .

41

NENOS DE EDUCACIÓN INFANTIL


Entroido

Este ano os nosos nenos foron disfrazados de cousas que tiĂąan relaciĂłn co mar.

42

uns de redes, outros de pescadores, de mariĂąeiros, de peixes raia...


Despois no ximnasio desfilamos e bailamos para que os nosos pais viran o guapos que estabamos.

Foi moi divertido e pasรกmolo moi ben!

43


A QUEIMA DO RAVACHOL O día 11 de marzo de 2011 celebramos a queima do Ravachol no patio do colexio. O profesorado do centro e o alumnado vestímonos de viudiños e viudiñas e choramos todos/as a queima do Ravachol. Que peniña nos dou!

Un pouquiño de historia.... O Ravachol era o loro do famoso boticario Perfecto Feijoo, moi coñecido na cidade. Ravachol avisaba cando alguén entraba na botica, aprendía palabras gra ciosas dos clientes e outras, xa se sabe, algo pícaras. Sucedeu que o loro morreu o último día de entroido en Pontevedra, organizouse todo un funeral ao loro por toda a cidade, para rematar foi soterrado nunha finca que o boticario tiña mas aforas da cidade.

44


1º de Primaria.

Camiño de Santiago

Fixemos hórreos para o Nacemento.

Proxecto «A nosa ría»

E.... moitas cousas máis.

45


46


Poesía

Un día no fondo do mar unha raia valente unha carreira quería gañar. Chamábase Popi empezou a correr e como sempre perdía trampas quixo facer. Meteuse por un camiño unha casa atopou e apareceu un linguado ordenado e marrón. O linguado preguntoulle -que fas por aquí? e Popi contestoulle. -buscar o camiño que sabes ti. É moi perigoso vámolo intentar tampouco é tan importante a carreira gañar. Metéronse por un camiño atoparon as moreas e Popi coa súa cola espantou a todas elas. Por fin chegaron á meta pero Popi non gañou e por facer trampas descalificada quedou.

3º de Primaria

47


POPI

ESCRITO polo alumnado do 2ยบ ciclo de Ed.Primaria ILUSTRADO polo alumnado do ciclo de Ed. Infantil

48

1

2

3

4


5

7

6

8

49


PROXECTO: «A nosa Ría»

A VIDA BAIXO A RÍA

Este ano fixemos un proxecto sobre os peixes e mariscos da ría de Pontevedra . Os de primeiro investigamos sobre as centolas, as nécoras,os camaróns, os berberechos, os mexillóns, as navallas, e as vieiras . 50 Os de 2º investigaron sobre os peixes. Buscamos información na biblioteca, en internet e preguntamos ás nosas familias. Aprendimos moito e tamén nos divertimos.. Ao final fixemos un mural -xunto cos de 2º para expoñer o resultado do noso traballo. Nenos e nenas de 1º e 2º


PROXECTO: «A nosa Ría»

Vilas da ría

BUEU

Ten unha poboación de 12.368 habitantes e unha extensión de 30,8 km cadrados. e Ten cinco parroquias Beluso, Bueu, Ons, Cela e Ermelo. A pesca é a actividade económica principal. Antigamente o foron as fábricas de salazón e de conservas.

O museo Massó, que antigamente foi unha fábrica de conservas, conta con moitos obxectos antigos relacionados co mar. Os principais areais son: Lapamán, Agrelo, Loureiro...

51

Da idade de Bronce, atopámos areais na illa de Ons, en Meira e en Beluso. Tamén hai asentamentos romanos excavados recentemente

3º Primaria


PROXECTO: «A nosa Ría»

Vilas da Ría

Marín Marín é unha das vilas que se atopan na ría de Pontevedra. Ten 26190 habitantes e está composto por oito parroquias.

Ten un porto dos máis importantes de Galicia e mesmo de España. Na escola Naval fórmanse todos os anos os futuros oficiais da Armada.

Atopamos petroglifos na praia de Mogor. O máis coñecido é a Pedra do Laberinto

52

As praias de Portocelo, Mogor, Aguete, Loira e Os Santos son uns dos seus principais atractivos turísticos.

3º Primaria


PROXECTO: «A nosa Ría»

53


PROXECTO: «A nosa Ría»

54


PROXECTO: «A nosa Ría»

EXPOSICIÓN: MERGULLADOS NO LÉREZ Desde a Concellaría de Medio Ambiente Natural trouxemos outra exposición. Estivo na entrada, frente á baixada das escaleirasdurante todo o mes de abril. MERGULLADOS NO LÉREZ é unha exposición de 40 fotos de animais que viven nas augas do río Lérez, Almofrei e o Pontillón do Castro. Son os mesmos que abondan por aquí, en Campañó, no río Rons. As fotografías son do premiado fotógrafo Jorge J. Candán que ten traballado para TVE, National Geographic e obtivo o primeiro premio do Campionato Mundial de Vídeo Submarino. Nas imaxes aparecen troitas, salmóns, lampreas, ras, pintafontes, cobras de auga, mexillóns e cangrexos de río, sollas, anguías. Todos nacen de ovos. Os ríos están vivos e as imaxes son fermosísimas. As novas xeracións coñecen moi pouco dos nosos espazos naturais preto das súas casas. Traémos estes animais ó colexio para facelos visibles e querelos. Ollos que ven, corazón que sente e coida a súa contorna natural. O vindeiro curso intentaremos traer outra exposición que complementa a esta sobre a vida no noso río Lérez. 55


56


57


O GALIÑEIRO DE CAMPAÑÓ (gravada para o programa de radio de Onda Cero en marzo) Preto do colexio no lugar de Campañó, hai un pequeño galiñeiro que causa sensación. Hai unha galiña presumida coas plumas de cores chámase Marcelina e ten varios amores-. O seu primeiro amor é o galo Xacinto que, a parte do seu compañeiro, é o seu marido. Xacinto é corpulento, cunha gran crista vermella protexe ó galiñeiro e, pola mañá, a todos desperta. 58

Os outros amores de Marcelina son os seus catro pitiños, pequenos, regordechos, e moi ben criadiños.

A miúdo recollen o millo que atopan polo chan e o levan ó muíño para en fariña transformar. Con ella fan un biscoito para poder merendar e, cando empeza a escurecer, vanse todos deitar. E así son os días neste galiñeiro sensacional, diferente, divertido,. e tamén orixinal. 6º Ed. Infantil (5 anos) Debuxos de Miguel


A AMEIXA CATALINA A AMEIXA CATALINA, MOI ESCONDIDIÑA ESTÁ NA AREA DA PRAIA, NINGUÉN A ATOPARÁ. UNHA AMIGA MARISQUEIRA, PRONTO A DESCOBRERÁ, E CON MOITO AGARIMO, NO SEU CESTO A ESCONDERÁ. ATA A LONXA CAMIÑANDO, CAMIÑANDO SEN PARAR, SON AS DUAS , AMIGUIÑAS, NINGUÉN AS SEPARARÁ. DENDE A LONXA ATA CAMPELO, CAMIÑANDO SEN PARAR, CONTENTIÑAS CARA A FESTA, ELAS BEN O PASARÁN.

59


A nosa presenza en Onda Cero (5º) O 23 de marzo foi a data acordada para que os nenos e nenas de Infantil, 5º, un de 4º e outro de 6º foran facer unha gravación radiofónica de distintos contidos que logo sería emitida ao longo do mes de maio.

Os de 5º, intervimos todos. Este foi o guión: Lectura dramatizada da sonada lenda de Campañó: 1.

A Fonte da Moura.

3’30 min.

Exposicións de traballos de clase: Experimentos 2. A calor dilata os corpos. Cambios de estado dos corpos: 3. Fusión 4. Solidificación 5. Evaporación 6. Condensación 7. Sublimación 8. Máquinas simples: Poleas 60

Total outros 3’30 min. Tempo TOTAL 7 min.

Na foto os de 5º, Carlos de 4º e Emilio de 6º posando para a cámara despois de observar a Fonte dos Nenos, mentres agardabamos polos de infantil que nese momento estaban gravando no edificio que está ao fondo. Haberá copia das gravacións para as familias de todos os participantes.


61


CICLISMO

62

O 1 xuño veu Jesús a falarnos de certos aspectos importantes relacionados coa circulación en bicicleta. Aspectos como: POÑER O CASCO, sinalizar correctamente, circular pola dereita, manter distancias .... Tamén nos falou das competicións, de como é un día nunha etapa do TOUR, do GIRO ou da VUELTA. Destacou como o ciclismo, parecendo un deporte individual, é un deporte onde o TRABALLO EN EQUIPO é fundamental. Onde a AMIZADE e o RESPECTO entre os equipos é o normal etc... Despois de falar de estes aspectos e de outras cousas, tamén tivemos unha clase de Eduación Física sobre bicicletas. Facendo primeiro un circuito e despois unhas carreiras de relevos nos que a COLABORACIÓN e a ORGANIZACIÓN dentro do equipo estivo presente: axudar cambiar o casco e agarrar da bicicleta era fundamental para que a carreira fose fluida e non houbese perdas de tempo. O mellor de todo foi:

O BEN QUE O PASAMOS


63


64


65


66


67


68


N贸s debuxamos os animais as铆:

69


70


71


25 de novembro dĂ­a internacional de loita contra a violencia de xĂŠnero

72


US/UK Length system vs. Metric system

by Nuria 5º

Sistema de lonxitude estadounidense e británico comparado co sistema métrico decimal

Miles to kilometres Divide by 5 multiply by 8

Millas a kilómetros Dividir por 5 e multiplicar por 8

Kilometres to miles Divide by 8 and multiply by 5

Kilómetros a millas Dividir por 8 e multiplicar por 5

Metric system - Sistema métrico 10 centimetres 10 centímetros

= 1 decimetre = 1 decímetro

= 3.94 inches

100 centimetre 100 centímetros

= 1 metre = 1 metro

= 39.4 inches = 1.094 yards

10 metres 10 metros

= 1 dekametre = 1 decámetro

= 10.94 yards

1 inch 1 pulgada

= 25.4 mm

12 inces

= 1 foot = 1 pé

= 30.48 cm

8 furlongs

= 1 mile = 1 milla

= 1609.344 m

The Solar System

The Solar System consists of eight planets and the sun . The sun is the centre of the Solar System. MÉRCURY is the nearest planet to the sun. It travels round the sun at 47.9 kilometres a second. This is faster than the fastest planet ! VENUS is the hottest planet. The temperature on Venus is 480 ºC. EARTH is where people live. They can´t live on the other planets. MARS is between The Earth and Jupiter. It is smaller and colder than The Earth. JUPITER is the biggest planet. It is 1.300 times bigger than The Earth. SATURN is one of the most beatiful planets. There are rings round Saturn. They are made of ice. URANUS has rings too. It has blue and green clouds. NEPTUNE is a windy planet. The winds are three times stronger than the srongest winds onThe Earth.

SPACE QUIZ 1.HOW MANY PLANETS TRAVEL AROUND THE SUN ?

2.WHAT IS THE TEMPERATURE ON VENUS ?

3.WHAT IS AT THE CENTRE OF THE SOLAR SYSTEM ?

4. WHICH PLANET IS BETWEEN EARTH AND JUPITER ?

5.WHAT IS THIS ?

6.WHICH IS THE BIGGEST PLANET ?

4 8 9

Mars

Saturn Venus

47.9 º C 480º C 1,300º C

Earth The moon The sun

Jupiter

Earth

Uranus

7.WHO WAS THE FIRST MAN ON THE MOON ? Jason Miller Bud Starlight Neil Armstrong

ALBA E ARIADNA 6 º

73


Índice

74

Presentación .......................................................................................................................................................... 3 Sakapatú ................................................................................................................................................................ 4 Partes da galiña ..................................................................................................................................................... 6 Proxecto «Pan»...................................................................................................................................................... 7 Triatlón .................................................................................................................................................................. 9 Samaín ................................................................................................................................................................. 10 Rima de Samaín .................................................................................................................................................. 11 Como potabilizamos a auga en Pontevedra ..................................................................................................... 12 Magosto 2010....................................................................................................................................................... 13 Os cogomelos ....................................................................................................................................................... 14 Exposición de cogomelos .................................................................................................................................... 15 Partes dun cogomelo ........................................................................................................................................... 16 Nadal 2010 ........................................................................................................................................................... 17 Personaxes de nadal ........................................................................................................................................... 18 Outras culturas, outros nadais .......................................................................................................................... 19 Festival de Nadal ................................................................................................................................................. 20 Premios do Concurso de Interculturalidade .................................................................................................... 22 Educación, deporte e valores ............................................................................................................................. 23 Patroa dos mariñeiros ........................................................................................................................................ 24 Obradoiro de sabores ......................................................................................................................................... 25 Sopa de letras ...................................................................................................................................................... 26 Poesía: O meu porquiño ..................................................................................................................................... 27 Obradoiro: Pirámide alimenticia ...................................................................................................................... 28 Canción de Paz .................................................................................................................................................... 29 O Día da Paz ........................................................................................................................................................ 30 Investigamos sobre a galiña ............................................................................................................................... 31 Obradoiro de cociña ........................................................................................................................................... 32 Brochetas de froitas ............................................................................................................................................ 33 Xa estamos no cole .............................................................................................................................................. 34 Xa estamos en 1º ................................................................................................................................................. 35 O 12º Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra ................................................................................. 36 O mentirómetro .................................................................................................................................................. 37 A DAY AT THE OPERA .................................................................................................................................... 38 POESÍA : Os panadeiros .................................................................................................................................... 39 O proxecto bianual «A nosa ría» ....................................................................................................................... 40 A mariscadora Lola ............................................................................................................................................ 41 Entroido ............................................................................................................................................................... 42 A queima do Ravachol........................................................................................................................................ 44 1º de Primaria ..................................................................................................................................................... 45 A táboa do dous ................................................................................................................................................... 46 POESÍA: Un día no fondo do mar .................................................................................................................... 47 POPI ..................................................................................................................................................................... 48 A vida baixo a ría ................................................................................................................................................ 50 Vilas da ría: BUEU ............................................................................................................................................. 51 Vilas da ría: MARÍN .......................................................................................................................................... 52 Pampillosa ........................................................................................................................................................... 53 Os varamentos..................................................................................................................................................... 54 Exposición: MERGULLADOS NO LÉREZ .................................................................................................... 55 Unha aventura na biblioteca ............................................................................................................................. 56 O galiñeiro de Campañó .................................................................................................................................... 58 A ameixa Catalina ............................................................................................................................................... 59 A nosa presenza en Onda Cero .......................................................................................................................... 60 As campás ............................................................................................................................................................ 61 Ciclismo ............................................................................................................................................................... 62 Coñecemos os animais ........................................................................................................................................ 63 Semana da Lingua e Literatura Galegas .......................................................................................................... 64 Elvira Riveiro ...................................................................................................................................................... 67 Nós debuxamos os animais ................................................................................................................................ 69 Graduados/as de Infantil ................................................................................................................................... 70 Día Internacional de Loita Contra a Violencia de Xénero ............................................................................. 72 US/UK Length system vs. Metric system .......................................................................................................... 73 The Solar System ................................................................................................................................................ 73


75


76


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.