euriña Sempre voltaremos a vista atrás para lembrar o vivido e seguiremos medrando con todo o aprendido. Subvenciona
ANPA San Pedro
Nº 1 4 xuño 201 3
Despois de anos no colexio imos xa para o instituto, alí seremos os pequenos mentres aquí eramos os maiores.
PROXECTO: Cóntame un conto
CEIP Parada Campañó
Queridas familias: Un ano máis chegamos ao tempo das despedidas, pero facémolo despois dun ano de experiencias vividas xuntos. O proxecto de centro foi Cóntame un conto, co que se buscaba traballar sobre a literatura, tanto a nivel oral, como foi nos seus comezos, cando as historias sobrevivían contadas de pais a fillos, como escrita, que se remonta a uns 7.000 anos atrás aproximadamente. Todos tratamos de aportar o noso gran de area, creando historias propias ou contando e recreando os contos, tradicionais ou non. Ao mesmo tempo, o ciclo de infantil, estivo estudando os procesos do leite e do mel, e na área de música levaron a cabo o proxecto Todo soa, elaborando instrumentos musicais por medio do reciclado de obxectos de uso cotián, no que colaborastes as familias. Houbo moitas outras actividades, tales como obradoiros de consumo, de enerxías renovables, fomos ao teatro, incluso en inglés, a concertos, fixemos saídas á nosa contorna natural, un intercambio cun colexio de Noia en colaboración cos coles de Lérez e Xeve, celebramos a Semana da Lingua e a Literatura Galega, fomos á radio, a Onda Cero, gravar o que cada grupo preparou na súa clase, participamos no Salón do Libro, fixemos un obradoiro de surf e outro de triatlón e, por suposto, traballamos sobre o magosto, o Samaín, o Nadal, o día da paz e o Entroido. Parece incrible que nove meses de traballo duro queden resumidos en tan poucas liñas, pero a verdade é que a profesión de ensinante mantén o noso espírito xoven grazas a que cada ano temos alumnado novo co vivimos moitas experiencias cotiás por primeira vez na súa vida. E, como cada ano, antes do merecido descanso, chega o tempo das despedidas, como dixen antes. Este curso estiveron con nós varias mestras e un mestre con destino provisional: Noelia, Jose, Loreto e Elsa, que compartiron a titoría de 1º, e Tutú, a profesora de apoio de audición e linguaxe que compartía o noso cole con outros dous. Todos eles formaron parte da familia e a todos lles desexamos a mellor das sortes para o seu futuro. En canto a mín, todos os que estabades presentes no festival de fin de curso xa soubestes que me deron destino definitivo, por fin, nun colexio de Pontevedra, no que continuarei desenvolvendo as labores de bibliotecaria que tan ben aprendín neste colexio. E falando da Dirección e da biblioteca, non podo menos que render público homenaxe e brindarlles o máis sentido dos agradecementos a Luisa (Secretaria) e a Trini (Xefa de Estudos) que foron dous piares fundamentais en ambos labores. As súas ideas, o traballo compartido no traslado e posta en funcionamento da biblioteca, espazo fundamental de calquera centro educativo, o seu apoio en todas as actividades de dinamización da mesma e o traballo intenso combinando o cargo dentro do equipo directivo e a entrega no labor de impulso a todas as actividades do centro fan delas o equipo directivo ideal. Esta foi a miña primeira experiencia na Dirección dun centro pero non vai ser a última. É un cargo que demanda moita implicación, non só profesional senón tamén persoal, e que ten as súas luces e as súas sombras, posto que te convertes no pararraios do colexio, pero todo queda compensado cando ves os resultados do traballo ben feito. Por último, o Claustro de profesores quería agradecerlle á ANPA San Pedro que faga posible que teñades esta revista en papel nas vosas mans. O curso pasado, ao baixar as subvencións para os proxectos de fomento do galego, non tivemos cartos para afrontar a súa impresión e, este curso, a súa publicación en papel págaa a ANPA. Esperamos que vos guste e, pola miña parte, só dicirvos: Ata sempre! Mª Cristina Barreiro Couto
Enredos Saídas Traballo de aula
As nosas celebracións
Proxecto Cóntame un conto
ÍNDICE
Os que chegan a infantil .....................................................................................................
6
O Mago de Oz ....................................................................................................................
7
Brancaneves .......................................................................................................................
9
Conto viaxeiro de Campañó .............................................................................................
11
Pedro Sarmiento de Gamboa .............................................................................................
12
Proxecto Cóntame un Conto .............................................................................................
13
Festas de Outono................................................................................................................
14
Nadal ..................................................................................................................................
15
O Día da Paz .....................................................................................................................
16
Entroido 2013 .................................................................................................................
17
Semana das Letras..............................................................................................................
18
Festival................................................................................................................................
19
As Abellas ........................................................................................................................
21
A vaca Palmira............................................................................................................
22
Como aforrar enerxía..........................................................................................................
23
Miró....................................................................................................................................
24
A arte na clase de Relixión .................................................................................................
25
Exposición de música..........................................................................................................
26
Theatre the legend of King Arthur.......................................................................................
28
Roteiro por Pontevedra .................................................................................................... 29 Biblioteca............................................................................................................................
30
A Educación Física.............................................................................................................
32
Enredos...............................................................................................................................
33
Os que marchan de sexto ....................................................................................................
34
Curso 2012-13
Benvida aos alumnos de 4º de EI
XA ESTAMOS NO COLE!!
Ola! somos os nenos e nenas de clase de 4º de E.Infantil, chegamos ao cole por primeira vez e fixemos moitos amiguiños , xuntos viaxamos ao mundo máxico dos contos e coñecimos a personaxes marabillosos como: Pinocho, Os tres porquiños, Carapuchiña vermella ....pero o que máis nos gustou foi ... “O Gran Mago de Oz” Agora xa somos contadores de historias,e queremos aprender, unha chea de cousas novas, que nos fagan sentir ben, neste cole tan bonito al que chegamos por primeira vez.
Euriña 14
6
Curso 2012-13
Proxecto Cóntame un Conto
“OS NOSOS MAGOS”
OS NENOS DE 3 ANOS DEBUXAMOS AOS NOSOS PAIS DE “MAGOS”.
Euriña 14
7
Curso 2012-13
Proxecto Cóntame un Conto
A NOSA OBRA DE ARTE…
“O MAGO DE OZ”
Euriña 14
8
Curso 2012-13
Proxecto Cóntame un Conto
Brancaneves e os sete ananiños Entre conto e conto, na clase de 1º decidimos facer aos personaxes desta historia coa axuda das nosas familias. E gracias a súa colaboración, quedaron así de locidas para decorar o corredor da planta baixa do cole. Brancaneves está radiante! Irá a un desfile ou estará agardando polo seu príncipe?
Será mellor que estes dous teñan moito coidado coa bruxa...
Euriña 14
9
Curso 2012-13
Proxecto Cóntame un Conto
...e tamén co seu cazador...Non vaia ser que leven un bó susto...e a bruxa se saia coa súa.
Parece que ao final...todo segue coma sempre. E....colorín colorado, este conto está...rematado.
Euriña 14
10
Curso 2012-13
Proxecto Cóntame un Conto
Conto Viaxeiro de Campañó Como xa é habitual, os nenos e nenas do primeiro ciclo participamos na elaboración dun libro viaxeiro, colaborando con outros colexios da zona. Esta actividade consiste na invención e continuación dunha historia e que vai pasando por todos os coles que participan. Nesta ocasión a historia vai de catástrofes, pois un tsunami arrasou a cidade. Os “arquitectos” de cada cole deberán buscar solucións e aportar as súas ideas para que todo volva á normalidade e se podemos...mellorar as cousas. Pero iso si, teremos que empregar a xeometría. Así
que...mans á obra! O primeiro, a idea: despois da nosa reconstrución...que é o que falta por facer? Que vos parece un zoolóxico? Os animais non poden andar por aí soltos...e menos se son perigosos. Un fondo con natureza.... unhas figuras xeométricas por aquí....outras por alá, e......
Xa temos o noso zoo cos seus animais a salvo!!
Euriña 14
11
Curso 2012-13
Proxecto Cóntame un Conto
No 2º CICLO fixemos un traballo sobre Pedro Sarmiento de Gamboa un pontevedrés que viviu no século xvI, que viaxou por todo o mundo e estivo a piques de morrer moitas veces. Traballou en Perú facendo mapas,fundou cidades en Arxentina, descubriu as illas Salomon,loitou cos piratas Drake e Raleigh, foi condenado ao desterro por bruxo , estivo prisioneiro en Inglaterra e Francia... Despois volveu a España e morreu preto das costas de Portugal no ano 1592.
Euriña 14
12
Curso 2012-13
Proxecto Cóntame un Conto
Proxecto:
“Cóntame un conto”
A primeiros do mes de febreiro os nenos de 5º de primaria contámoslle contos dos irmáns Grimm aos nenos de infantil e primeiro. Un día déronnos a noticia de que tiñamos que contarlle os nosos contos a todos os nenos de infantil e primeiro. Iamos por parellas, un con roupa normal e outro vestido de bufón ou arlequín a contar o conto. Quedaban sorprendidos cando contabamos os contos, oían os axóuxeres do traxe ou o son da frauta e sobre todo cando nos vían entrar pola porta así vestidos. Cando acababamos sempre nos apraudían. Gustoume moito, porque xa non teño medo de contar algo en público. Kevin 5º Euriña 14
13
Curso 2012-13
As Nosas Celebracións
AS FESTAS DE OUTONO Un ano máis no cole de Campañó participamos, nas celebracións relacionadas co outono: o MAGOSTO e o SAMAIM. O día do Magosto todos degustamos unhas riquísimas castañas feitas polo castañeiro. Logo de tomar forzas, o alumnado do cole participou nun percorrido polos diferentes xogos populares galegos. Nesta ocasión fixemos dous percorridos de xogos, un para Infantil e outro para Educación Primaria, e contamos cos alumnos de sexto como monitores. Como novidade ,este ano tivemos un hinchable enorme que resultou ser moi divertido.
O Samaím voltou un ano máis tinguindo de escuro o noso cole; os morcegos voaban polos corredores, os esqueletes celebraron o seu día grande saíndo dos seus cadaleitos para dar un paseo, e por último a espectacular exposición de cabazas na que colaboraron todos os nenos do cole.
Euriña 14
14
Curso 2012-13
As Nosas Celebracións
NADAL 2012-2013
Había
unha
vez
un
cole
chamado CEIP de Parada – Campañó…
…que polo Nadal sempre adornaba os seus corredores cos traballos dos nenos… … este ano tocou facer o Belén entre os rapaces, pais e profes con personaxes de contos…
Alí apareceron: Os tres porquiños, Alicia, Riciños de Ouro, O frautista de Hamelín, A casiña de chocolate, Nemo, Brancaneves ... e todos estaban moi contentos de estar no Nacemento. Euriña 14
15
Curso 2012-13
As Nosas Celebracións
DÍA DA PAZ O Día 30 de Xaneiro do 2013 celebramos o Día da Paz e da non Violencia. Neste acto participaron tódolos cursos xuntos dende Infantil ata 6º de Educación Primaria. A mestra de Relixión traballou co alumnado de 1º,2º,3º,4º e 6º de Primaria unha serie de textos tanto en prosa coma en verso para reflexionar sobre o significado desta palabra que precisa do traballo diario e de actitudes e xestos moi simples. Os de 1º recitaron un poema de Viviana Lasover titulado “Deseos”, os de 2º convidáronnos a contestar SÍ ou NON a unha serie de propostas para construirmos a Paz, os de 3º recitaron un fantástico conto en verso “La Paloma Mari Paz” de Carmen Gil, os de 4º recapacitaron sobre o que podemos facer para promover cambios e finalmente 6º profundizou no verdadeiro significado da palabra PAZ: abundancia de vida e non só ausencia de loitas. O titor de 5º puso en escena un breve sketch titulado “O primo de zumesol” no que dous rapaces chegan a montar unha guerra mundial imaxinaria nos seus desexos de vinganza ó tropezares un co outro de xeito casual. En tono sempre irónico constrúen un diálogo en espiral baseados na linguaxe e valores violentos dos/as adultos/as pero coa inxenuidade de dous rapaces que o que pretenden é impoñer a súa opinión.
A mestra de Música preparoulles aos nenos/as dúas cantigas: “Que viva a Paz e o Amor” ( Infantil , 1º e 2º curso ) e “No Mundo” un tema do grupo galego “ Luar na Lubre” (3º,4º,5º e 6º ).Na primeira as/os rapazas/es pintáronse as palmas da man de branco e o dorso de vermello para simbolizar mediante xestos unha pomba e un corazón. No segundo tema fálase das desigualdades no mundo e reinvindícase a Solidariedade de todos nós. Ámbolos dous temas ían acompañados por unhas coreografías moi vistosas e sobretodo cun simbolismo que enchían de significado o contido do texto. Foi un acto de convivencia inesquecible que incluiu choiva de confeti, inundando o fin de festa de ledicia e unión.
Euriña 14
16
Curso 2012-13
As Nosas Celebracións
ENTROIDO 2013 Para celebrar o Entroido fixemos unha gran merenda con produtos típicos destas datas.
Os do 2º ciclo de E.P. disfrazáronse de cartas do conto de Alicia no país das marabillas.
E os do 3º ciclo de Carapuchiña Vermella.
O venres seguinte queimámos o noso querido Ravachol. Euriña 14
17
Curso 2012-13
As Nosas Celebracións
LETRAS GALEGAS O luns 13, visitunos a popular actriz Casilda Alfaro da serie de televisión Libro de Familia, primeiro premio Maria Casares e que traballou con Vidal Bolaño.
O martes 14, o pontevedrés ABEL ALONSO veu ao noso colexio para impartir unha charla para todo o alumnado do centro, sobre o alpinismo e sobre a súa próxima expedición a Gashrbrum I e II, de 8.000 mts. O mércores 15, visitounos Dionisio Aboal, do grupo OS Alegres, que fará durante toda a mañá un obradoiro de construcción de instrumentos musicais no que irán participando todos os grupos do colexio por quendas, coordinados pola mestra de música.
Euriña 14
18
Curso 2012-13
As Nosas Celebracións
FESTIVAL 2013 O venres, 31 de maio, celebramos o Festival de Fin de Curso. Como estes últimos anos, o festival estivo dividido en 2 partes, cun descanso por medio de media hora. O alumnado estivo ensaiando durante varias semanas para que todo saira perfecto. Ese día os nervos estaban latentes en cada un/unha pero cada actuación saíu ás mil maravillas. Unha xornada cargada de risa e diversión coa que agardamos que disfrutaran as familias. A continuación aparecen as fotos das magníficas actuacións e dos protagonistas:
4º EDUCACIÓN INFANTIL Baile “Imaxínate”
6º EDUCACIÓN INFANTIL Graduación + baile “Eso no se hace!”
Euriña 14
5º EDUCACIÓN INFANTIL Baile “O rock da ducha”
1º e 2º EDUCACIÓN PRIMARIA Rimas escenificadas “Da A ao Z cos contos”
19
Curso 2012-13
As Nosas Celebracións
3º e 4º EDUCACIÓN PRIMARIA Teatro “Vida de Pedro Sarmiento”
3º e 6º EDUCACIÓN PRIMARIA Actuación Musical “TUM PÁ” - Corpusión
XIMNASIA RÍTMICA pequenas “Paxaro loco””
Euriña 14
5º EDUCACIÓN PRIMARIA Teatro “Instrucciones para hablar gallego”
5º EDUCACIÓN PRIMARIA Actuación Musical “Marcha Radetsky” - Corpusión
XIMNASIA RÍTMICA maiores “Boas”
20
Curso 2012-13
Traballo de aula
Os nenos e nenas de 5º de infantil estamos aprendendo moitas cousas sobre as abellas. E para que vós aprendades tamén un pouquiño, propoñémosvos unhas adiviñas. A ver se sodes quen de resolvelas!
Euriña 14
21
Curso 2012-13
Traballo de aula
Gravación de 5 anos do programa de Onda Cero "Dálle á lingua" (2013)
Euriña 14
22
Curso 2012-13
Traballo de aula
Como aforramos enerxía? Os nenos e nenas de 1º e 2º de primaria este curso tamén participamos xunto con outros coles de Pontevedra nun proxecto para aprender a aforrar enerxía. Comezamos a nosa aventura cunha charla na que aprendimos cousas sobre a enerxía e regaláronnos xoguetes solares.
Despois fixemos unha pequena investigación e plasmamos todo nun mural que levamos ao Principal. No Principal presentamos o traballo aos nenos dos outros coles. Quedamos moi contentos do noso traballo e aprendimos moitas cousas.
Euriña 14
23
Curso 2012-13
Traballo de aula
O pintor Joan Miró naceu en Barcelona, gustáballe moito pintar, debuxaba a todas horas. Debuxaba persoas, animais de tres colas cos ollos grandes, abertos, para ver moi ben as cousas. Despois marchou a París e pintou moitas estrelas, tamén as constelacións, moi bonitas todas ellas. Cando foi para Mallorca levou aos seus personaxes, plantas, insectos, rochas e todas as súas paisaxes. É o mundo da alegría o mundo da imaxinación. Respectar a liberdade é a única opción. NENOS E NENAS 4º E.P. Euriña 14
24
Curso 2012-13
Traballo de aula
A ARTE NA CLASE DE RELIXIÓN
A imaxe da Virxe María sostendo ao seu fillo Xesús (Piedade) é un motivo moi recorrente na historia da arte. Moitos pintores inspíranse en escenas de Xesús. Os alumnos de 4º de primaria analizamos as dúas persoas e a paisaxe retratadas na pintura de Vicent Van Gogh “A Piedade” onde: A posta de sol simboliza a morte do home. A actitude da Muller é a dunha nai que da seguridade e consolo. A luz e a cor da saba transmiten esperanza. Tamén buscamos en internet outros exemplos pictóricos como A Piedade de Tiziano, de Rubens, de Riber ou de Van Dyck, así como esculturas como A Piedade de Miguel Angel, de Gregorio Fernández ou de Kate Kollvitz. Euriña 14
25
Curso 2012-13
Traballo de aula
E X P O S I CIÓN
IN S T R UM ENTO S MU SI C AI S:
“TODO S OA: P EN S A, C ON S T R Ú E E TO CA ” Baixo ese título se recollen no hall da entrada do colexio máis de douscentos instrumentos musicais construídos polos/as rapaces/zas ó longo deste curso escolar, coma resultado dun proxecto levado a cabo dende a aula de Música y que quere dar resposta ás preguntas: ¿ Que é o que soa ó noso arredor ? e ¿ Por que soa ? .Con este obxectivo, empezou todo un traballo de investigación no seu medio sonoro.Nas casas poucas cousas foron parar ao lixo, todo serve, nada se tira, todo se transforma, só hai que botarlle imaxinación.Deste xeito, un tubo coenrugado cun funil no seu extremo pode producir son.Dúas botellas cheas de arroz ou soia son unhas maracas, cunha lata de xoubas con aberturas laterais para meterlle chapas de refresco conséguese unha boa pandeireta.Paus de chuvia, axóuxeres de man ou en caixa, tambores de man, cítaras, sistros de noz ou chapas, rascadores, baquetas, botellófonos, campás tubulares, charrascos, kazoos, sirenas e baterías diversas, toda unha
acumulación de obxectos resoantes e vibratorios que rebosan orixinalidade, creatividade, colorido e moita, moita imaxinación. A elaboración dos instrumentos foi, en moitos casos, un proceso de intento-erro.A miúdo, a primeira vez que facían o instrumento esquecíanse da
Euriña 14
26
Curso 2012-13
Traballo de aula
caixa de resonancia e, claro, non soaba ata que subsanaban o erro.O importante era saber en que fallaban. Deste xeito empezaron a utilizar o vocabulario técnico musical e a cotía oíaselles falar da caixa de resonancia, da tensión das cordas e a súa relación coa altura do son que producen, columnas de aire, timbres, lonxitude, grosor, vibración, trastes, caravillas, ponte, agudo, grave, mastro, pizzicato, ...etc. En resumo, o alumnado estaba descubrindo que cada instrumento como obxecto irrepetible que é ten a súa razón de ser, que as súas formas que son, aparentemente caprichosas, obedecen en realidade a leis físicoacústicas absolutamente precisas que lle confiren as súas peculiais características.Neste novedoso proxecto educativo que pretende achegar ós/ás nenos/as á musica a través dunha experiencia directa, xogaron un papel fundamental a ilusión dos/as rapaces/zas e a colaboración das familias facilitando os materiais e substituíndo as/as nenos/as no uso das ferramentas propias de adultos.Ademáis é un proxecto globalizado que precisou do uso das novas tecnoloxías(TICs), fomentou o gusto pola lectura coa consulta de numerosos libros, enriquecímonos có novo vocabulario en galego, fomentouse o respecto pola natureza e o medio ambente, traballamos as artes plásticas e moitos valores do currículo escolar. Todo este universo instrumental que xurdiu desta experiencia, suficiente para unha pequena orquestra, ben merecía ser exposto para admiración e goce de toda comunidade escolar. .Disfrutemos logo,desta exposición de obxetos vibrantes que agárdanvos no silencio dunha mesa e precisan da colaboración do voso oído para encherse de sentimentos e facerse realidade.Grazas a todos/as os que compartíchedes traballo e ilusión neste proxecto. Euriña 14
27
Curso 2012-2013
Euriña 14
Saídas
28
Curso 2012-2013
Saídas
ROTEIRO O pasado 13 de Marzo visitamos xunto cos de 3º e 4º un roteiro por Pontevedra. Gustounos moito e descubrimos cousas interesantes como que o porto de Pontevedra chegou a ser o principal porto A basílica de Sta María foi mandada construir
pesqueiro de Galicia.
polo gremio de mareantes no século XIV. Xunto ao teatro Principal estivo a antiga igrexa de S. Bartolomeu o vello e tamén o primeiro cemiterio da cidade.
Outra das prazas que visitamos foi a da Leña , que se chamaba así porque era onde se vendía leña, piñas... Rematamos o roteiro na praza da Pedreira onde está o Pazo de Mugartegui. Euriña 14
29
Curso 2012-2013
Enredos
BIBLIOTECA Este foi un curso no que estiven moi contento porque o Proxecto Anual de Centro, chamado Cóntame un conto, fixo que todos os grupos do cole me visitasen moi a miúdo. Algúns deles viñan ler á miña casa, que é a biblioteca escolar, xa sabedes, e outros viñan buscar libros e máis libros que logo lían na súa aula. Por suposto, xa que o tema ía de contos, prestáronlle especial atención aos contos tradicionais, aínda que se compraron e se leron historias de todo tipo, escritas e publicadas nos últimos anos. Cando a bibliotecaria preguntou aos máis pequenos que podía ser iso dos contos tradicionais, unha alumna de 1º de E. Primaria contestou : “Eses que nos contaron mil veces!”, resposta que fixo rir a toda a clase pero que era a pura verdade. Así que, entre todos, converteron o vestíbulo do cole no salón da miña casiña, cunha cadeira de vimbio na que sentar para lerlles un conto aos nenos como se fosen as súas avoíñas.
Había unha alfombra, unha cheminea e un estante con libros. Era tan agradable o ambiente que se respiraba que eu mesmo, ás veces, baixaba a escoitar unha desas historias con eles, porque, aínda que as teñamos oído e lido en moitísimas ocasións, son clásicos porque nunca te cansan. Este ano, a biblioteca foi a protagonista do curso!! Despois do Nadal, deixaron as figuriñas protagonistas dos contos que representou cada clase no estante dos libros para que me fixesen compaña. Que ben o pasabamos polas noites, todos a carón do lume, contando historias ata quedar durmidos!
Unha novidade deste curso nas clases que coordina a bibliotecaria foi o atril, aparello que se comprou para que as nenas e os nenos lesen en voz alta, nunha postura cómoda. O ano pasado, cando lían co libro enriba da mesa , baixaban moito a cabeza e parecía que a voz non quería saír. O do atril foi un gran invento porque estes pequenos lectores aprenderon enseguida que nesa postura podían dramatizar as
historias, xesticulando e cambiando as voces para dar máis énfase a todo o que lían. Na foto podedes ver a unha nena lendo O Xastriño Valente. Ah, claro, dicirvos que a lectura foi durante o Entroido, non é que se teña un que vestir de maneira especial para usar o atril.
Euriña 14
30
Curso 2012-2013
Enredos
Leuse de todo nestas clases, lecturas que despois servían para o debate , pero este ano a bibliotecaria prestou especial atención, aparte de aos contos tradicionais, sobre todo dos
Irmáns Grimm, aos textos que traballasen no eido da empatía, ese sentimento que nos permite tentar de poñernos na pel dos demais e ver a vida polos seus ollos. Emocioneime cando os de 6º leron Kafka e a boneca viaxeira , onde un xoven escritor fai todo o posible por agarimar a unha pequerrecha que acaba de perder á súa boneca ou cando os de 2º dedicaron un trimestre a traballar sobre o trato aos avós con libros como Las zapatillas del
abuelo, ¿Quen me quere adoptar? e Avós, pero tamén rin un bo pouco coas aventuras de Rita tenista, que lles ensinou aos de 4º que para ser un deportista famoso primeiro hai que prescindir de moitas cousas como vivir separado da familia e suar ben a camiseta. Escoitade o que di a bibliotecaria: o único sitio onde o éxito vén antes que
o traballo é... NO DICCIONARIO !! Ai, esta profe que cousas ten! Pero os días que mellor o pasei foron cando os de 1º leron Breogán e Don Quixote na aventura
dos muíños: as nenas e os nenos colleron fundas dos mapas e arremeteron un por un contra a bibliotecaria como se ela fose un dos
xigantes-muíño de vento. Que ben que o pasamos! Mirade que debuxo tan chulo fixo un deles.
Porque, ademais de ler e debater sobre as lecturas, ás veces tamén facían debuxos que logo aparecían no Papaventos, o boletín trimestral da biblioteca, que chegaba ás vosas casas para informarvos de como ían os proxectos que se propoñían ás familias para que compartirades con nós os materiais da biblioteca: as Mochilas Viaxeiras, as Olimpíadas do
saber e, como non, as clases na biblioteca. Aquí tedes ás rapazas de 3º ilustrando o famoso libro de poemas Rimas con letra. Como vedes, estes grupos ían a toda máquina, e nunca mellor dito porque este ano o Salón do libro infantil e xuvenil de
Pontevedra, que celebrou a súa XIV edición xa, tiña esta frase por tema, así que axiña se puxeron mans á obra os nenos de infantil e de 5º para facer os contos cos que participaron mentres que Eduardo nos construía esta máquina que aquí vedes. A locomotora vai ser recordada no Salón e tamén pola bibliotecaria e mais a Secretaria do cole porque no tempo que estivo no vestíbulo non parou de facer soar a súa campá dourada. Que gañas de chamar a atención!!
Euriña 14
31
Curso 2012-2013
Enredos
A EDUCACIÓN FÍSICA Seguramente á Educación Física non se lle dá a importancia que debera na sociedade actual tan sedentaria, polo que cada vez é máis necesaria para manter unha boa saúde e evitar problemas de sobrepeso, colesterol,etc. Ademáis de relacionarse coa saúde, na Educación Física, fanse xogos, que son fundamentais para a aprendizaxe social, como respectar as normas dos xogos, traballar en equipo,cooperar,etc. Por último a través da Educación Física podemos transmitir o grande acervo lúdico de Galicia, ás xeneracións vindeiras, realizando xogos populares e tradicionais. Temos aquí un conto sen palabras que nos explica dúas maneiras de resolver un conflito, explica coas túas palabras cada unha das situacións, dicindo cal é a máis axeitada.
Euriña 14
32
Curso 2012-2013
Enredos
Busca nesta sopa de letras nomes de personaxes de contos I
C
V
F
R
A
U
T
I
S
T
A
E
D
R
M
X
K
L
Q
H
Z
B
Z
P
I
N
O
Q
U
I
O
A
N
R
F
O
F
P
R
U
V
L
G
B
D
A
E
R
S
M
E
B
F
N
W
X
O
N
G
Q
H
F
D
G
K
R
K
L
F
C
O
U
A
Ñ
I
H
C
U
P
A
R
A
C
I
D
R
O
Z
L
V
G
D
B
N
U
Ñ
R
B
M
E
M
O
T
A
K
E
N
O
A
A
L
I
C
I
A
O
E
V
A
S
T
F
W
N
M
X
G
I
K
E
L
K
I
O
Ñ
I
D
A
D
L
O
S
T
E
Ñ
T
N
W
G
U
T
B
I
R
M
B
A
C
E
C
I
N
C
E
N
T
A
Segue o camiño
Euriña 14
33
Curso 2012-13
Despedida dos alumnos de 6º de E.P
Alcanzades unha meta. Comeza una nova etapa Chegou o momento de despedirse dunha nova xeración de alumnos de sexto que rematan a súa formación neste colexio e que comezaran así, unha nova etapa nas súas vidas, pero tendo a certeza de que todo o que os levades deste centro: coñecementos, vivencias, amizades, ilusións, xogos… axudaravos a superar os novos retos que ides afrontar a partires de agora. Lembrade sempre que con esforzo e constancia iredes logrando todo o que os propoñades. Agora é o momento de gozar dunhas merecidas vacacións e de ilusionarse coa nova etapa no instituto. Non esquezades que sempre poderedes contar co noso apoio e cariño.
Euriña 14
34
euriña Sempre voltaremos a vista atrás para lembrar o vivido e seguiremos medrando con todo o aprendido. Subvenciona
ANPA San Pedro
Nº 1 4 xuño 201 3
Despois de anos no colexio imos xa para o instituto, alí seremos os pequenos mentres aquí eramos os maiores.
PROXECTO: Cóntame un conto
CEIP Parada Campañó