DE LABORES E OFICIOS
vol.1
INTRODUCIÓN Con este traballo se pretende dar información sobre o espectáculo musical e de baile levado a cabo pola A.C.F. o Fiadeiro, na súa VII Gala, titulada “Labores e oficios”. A temática, que funciona de fío condutor da gala, aporta certo significado aos bailes e cantos presentes na mesma. En relación aos últimos, son o eixe sobre o que se move o repertorio que se mostra no espectáculo. Cada un deles, pertence a un tipo de repertorio concreto relacionado directamente con cada unha dos oficios e labores que citaremos a continuación.
LABORES E OFICIOS LABOR
Actividade ou traballo que se realiza có fin de abastecerse, tanto en alimentación como en confección de téxtiles. As labores non implican unha dedicación exclusiva, xa que polo xeral non ocupan a totalidade das horas do día, senón que se levan a cabo nunha franxa horaria moi concreta, ou ben nunha época concreta do ano, por iso moitas líganse ás tradicións do ciclo anual. Deste xeito podemos referirnos ás labores da casa (cociñar, planchar, fregar,…), labores do
campo (colleitar, segar,…) ou labores téxtiles (fiar, tecer,…). Podemos comprobar que todas realízanse có fin de autoabastecerse.
OFICIO
Cargo ou traballo que unha persoa desempeña de maneira habitual. Podemos dicir que implica unha dotación económica, e pola súa parte é un medio para a subsistencia.
ÍNDICE MÚSICA 1 Nana labor de nai 2 Canto de mina (Pontegrixoa) 3 Muiñeira de Pontegrixoa (Pontegrixoa) 4 Canto de pedreiros (Moscoso) 5 Xota das Cortellas (Soutomaior) 6 Música dos Padernes O bico do Brelo Ledicia na festa Rumba dos Padernes.
LIBRO Labor de nai
6
Oficio de mineiro
8
Oficio de pedreiro
12
Oficio de músico
16
3 Xota das Cortellas: Esta peza foi recollida polo grupo O Fiadeiro a Maruja Grande, veciña da parroquia das Cortellas, situada no municipio pontevedrés de Soutomaior.
Este neno vai durmir nunha camiña de frores, e na cabeceira leva a Virxen de los Dolores. Ea, ea. Durme meu neno, durme meu amor. Durme meu neno que xa ven o sol. Ea, ea. Este neno ten o sono, este neno quer durmir. Este neno ten o sono e nun lle acaba de vir. Ea ea. Durme meu neno, que ven o “cocón”, a levar os nenos que non durmen, non. Ea, ea.
LABOR DE NAI Comenzamos esta mostra facendo referencia a unha trascendental labor da muller, a de ser nai.
OFICIO DE MINEIRO O mineiro era o home que furaba a terra en sentido horizontal na procura da auga para facer unha fonte, pero tamén o que a furaba para a extracción de minerais. O inicio da Guerra Civil e da Segunda Guerra Mundial fixo que a demanda de minerais específicos se multiplicara considerablemente, florecendo así o oficio dos mineiros. Moitos homes, e ás veces familias enteiras, foron a vivir aos arredores das explotacións mineiras, creando pequenas aldeas improvisadas.
2 Canto de mina: Esta peza foi recollida polo grupo Cantigas e Agarimos, de Santiago de Compostela, no seu propio concello. Máis concretamente na parroquia de Pontegrixoa sendo a súa informante Dona Herminda Miramontes Lamela. 2 Muiñeira de Pontegrixoa (Gaita, tamboril e bombo)
Tiveron grande sona as minas de Barilongo, situadas no concello de Santa Comba e destinadas á extracción do golfran (mineral semellante ó carbón). Mentres os mineiros remexían na terra, os carabineiros, policía da época, facían garda para evitar roubos de mercadoría. As mulleres agardaban fóra coa comida para os seus homes. A actividade mineira na actualidade céntrase tres materiais, o xa comentado golfran, o estano e por último a lousa, da que a nosa comunidade pode presumir ao ser unha das grandes potenzas mundiais na súa explotación. Pódense apreciar nos paisaxes galegos grande cantidade de tellados de lousa, sobre todo en construcións rústicas da montaña luguesa, onde abunda este tipo de material.
Fun á mina a Barilongo, por ghanar o patacón. A mina de Barilongo foi a miña perdición. Ailalalalalala, ailalalalalalala. A mina de Barilongo, mina neghra para min-e, entréi sen amores nela, namoradiño salin-e. Ailalalalalala, ailalalalalalala. A mina de Barilongo, ten vintesinco escaleiras, para ghañaren os mozos tódalas mozas solteiras. Ailalalalalala, ailalalalalalala. A mina de Barilongo, no filón da campaíña. Alí toméi eu amores, para toda miña vida. Ailalalalalala, ailalalalalalala.
No tocante á música, pouco podemos destacar deste oficio. Existe algunha referencia a esta profesión
no cantigueiro popular, pero non podemos concretar nada máis acerca do seu uso.
OFICIO DE PEDREIRO Podemos consideralo como un gran oficio artesanal, moi ligado á cultura popular, e moi expandido no noso territorio. Quizais unha das causas sexa a gran existencia e abundancia de materiais na natureza galega, como por exemplo o granito, tipo pedra moi usada polos canteiros para os seus traballos. A tradición canteira en Galicia e unha das máis primitivas, xa que temos grandes mostras artesanais en grandes obras e monumentos da nosa comunidade.
O exemplo máis claro é o da Catedral de Santiago de Compostela, destacando os detalles dos diferentes pórticos. Non podemos excluír outras mostras da fermosa arquitectura galega. Son moitas as igrexas que existen no noso territorio, tendo a maior parte delas a presenza dun cruceiro, algúns deles moi elaborados, onde se representa, a modo de escena, unha secuencia da crucifixión de Xesucristo. Todos eles están realizados en granito e obtivéronse tras moitas horas de picar e picar pedra minuciosamente, coa
2 Canto de pedreiros: A peza que se presenta foi recollida polo grupo O Fiadeiro na parroquia de Moscoso (Concello de Pazos de Borbén), a Rosa Garrido Casqueiro e Aida Garrido Casqueiro.
axuda de martelo e cincel. Os pedreiros, picapedreiros e canteiros foron os encargados de extraela pedra e darlle forma para logo construír pontes, casas, valados… Todo isto por medio das súas propias mans, moito antes de que as máquinas facilitaran o seu traballo. Ao son do martelo, co po voando polo aire e rabuñando na gorxa, cantaban para facer máis levadeiro o duro oficio, adoptando así un ritmo pausado pero sen descanso no son metálico que define o seu oficio. As ferramentas empregadas para o seu traballo eran diversas: Pauferro, mandarria, ferro, maceta, punteiro, pistolo, pico, rebolo,… En Galicia, quizais o máis destacable da obra canteira, vese reflexado na propia catedral da cidade Compostelá. O minucioso traballo de picar
CANTO DE PEDREIROS Na miña ventana teño, reghalo que ninguén ten-e. A todas horas do día, miro a quen eu quero ben-e. (BIS) Non te fíes miña nena, do pedreiro que ben canta. Coa fariña da pedra, alísaselle a gharghanta. (BIS) Adéus pedra de almirante, Que de almirante se cubre. Non hai ben que non se acabe, ai ni mal que sempre cure. (BIS) Dime ti miña rapaza, que lle votas o teu pelo. Unha herva que hai no monte, que lle chaman “tremantelo”. (BIS)
a pedra ao máximo detalle fixo que os canteiros e picapedreiros galegos se convirtiran nuns mestres neste terreo. Unha das representacións máis coñecidas e admiradas é a que podemos atopar no seu pórtico da Gloria. Hoxe en día a Catedral de Santiago de Compostela é un referente mundial para calquera estudioso no campo da escultura e arquitectura. Por outro lado, comentado anteriormente e moi vencellado á cultura popular, atopamos os cruceiros. Realizados en pedra, polo xeral granito, adóitanse situar nos recintos da igrexa, no interior do ceminterio e nos cruces de camiños. Por último, atopamos os hórreos, que non son máis que construcións, xeralmente de pedra (granito) e madeira, que servían a modo de almacén ou despensa de unha ou varia
3 Xota das Cortellas: Esta peza foi recollida polo grupo O Fiadeiro a Maruja Grande, veciña da parroquia das Cortellas, situada no municipio pontevedrés de Soutomaior. 4 Música dos Padernes: 3 pezas musicáis do repertorio da Orquestra “Os padernes” (O Caurel). O bico do Brelo, Ledicia na festa e Rumba dos Padernes.
OFICIO DE MÚSICO Na cultura popular galega non podemos afirmar que o oficio de músico fora unha das eleccións da xente como medio de subsistencia. A educación que existiu durante moitos séculos en Galicia, nun medio rural, producía que a súa xente non asimilara a posición do musico nun rango de oficio respectado, si ben é certo que ata nós chegaron moitos documentos que confirman a contratación de músicos en determinados Municipios de toda a xeografía galega, pero en casos esporádicos. Trátanse de acor-
dos (contratos) que se facían, ben con motivo de animación a unha determinada festividade ou como intérpretes dunha danza gremial executada nas grandes festividades relixiosas, neste caso contratado polo propio gremio ao que acompañaba. O acordo podía ser simplemente verbal, polo que na actualidade non podemos confirmar moitas das contratacións. Por outro lado, atopamos certo número de rexistros nas contas patronais de moitas parroquias existentes en Galicia, nas que destinaban unha partida ao pago das músicas. Tamén, como dato anecdótico, atopamos referencias á contratación de músicos en algún testamento, non que se especifica a presenza de gaiteiros ou ben outro tipo de instrumentista na celebración do propio enterro, coa súa respectiva remuneración económica.
XOTA DAS CORTELLAS Aldeíña das Cortellas, con catro mozas que ten-e. Elas son miñas amigas e tamén lles quero ben-e Ailalalala Se soubera que ti viñas, que tu habías de vir-e, mandaba barre-la calle cunha folliña de Abril-e Ailalalala No alto altiño alto, mozas de Soutomaior-e, no alto altiño alto, o alto vaise mellor-e Ailalalala Aluméame luniña, ahuméame lunar-e, ahuméame luniña que me quero ir deitar-e Ailalalala
Non entraremos na práctica musical ligada á música culta, que xa a mediados do século XIX estaba moi consolidada. Cabe destacar a achega de diversas agrupacións musicais, sobre todo corais, que no último terzo do século XX tratan de recuperar melodías e cantos tradicionais procedentes do mundo rural galego. Aínda que adquiriron moita fama a Coral de Ruada ou Aires da Terra, de Pontevedra, non contaban con músicos de oficio, xa que cada un dos membros tiña o seu traballo fora do ámbito musical.
A mediados do século XIX, gracias a expansión da cultura e a mellora das comunicacións de Galicia có exterior, gran parte da poboación abriuse camiño cara outras terras na procura dunha educación que cubrira as súas necesidades e, incluso algúns privilexiados se desprazaban para encher as súas inquedanzas. Có paso do tempo foron traendo a súa sabedoría, transmitíndoa a todo aquel canto estivese interesado. Deste xeito formáronse as primeiras bandas de música, a comezos do século XX. A incursión de instrumentos de banda no panorama musical galego, fixo que moitos dos instrumentos pertencentes á nosa tradición, caso principal da gaita, se adaptaran pouco a pouco para tocar con eles, sendo incluso tocados por músicos profesionais, especialistas noutro
instrumento de banda, como saxofón ou clarinete. Pouco a pouco vanse incorporando novos instrumentos, como requinta ou acordeón, que tamén acompañaban ás pandereteiras, enriquecendo aínda máis a música que estas facían para bailar. A presenza doutro tipo de músicos que se gañaban a vida honradamente era o caso dos músicos ambulantes. Solistas, dúos, tríos ou cuartetos amenizaban as prazas maiores das vilas. Esta práctica era moi habitual dende xa ben entrado o século XIX, recollendo a tradición dos cegos que, acompañados có seu lazarillo, contaban as noticias e os chismorreos, con certo toque humorístico, viaxando de vila en vila e subsistindo das propinas que lle permitiran saír adiante. Podemos destacar o caso
particular de Florencio, o cego de Vilar, sempre acompañado do seu violín, que serviu de fonte musical a moitos estudosos da nosa música tradicional.