1
1. A poesía das Irmandades da Fala. Características,autores e obras representativas. Tema 1
1. A POESÍA DAS IRMANDADES DA FALA. CARACTERÍSTICAS,AUTORES E OBRAS REPRESENTATIVAS 1. INTRODUCIÓN 1.1. A LÍRICA GALEGA ENTRE DOUS SÉCULOS 1.2. CONTEXTO HISTÓRICO 1.2.1. CLASES SOCIAIS 1.2.2 TRANSFORMACIÓNS ECONÓMICAS 1.2.3 AGRARISMO 1.2.4 EMIGRACIÓN 1.2.5 NACIONALISMO E IRMANDADES DA FALA 2. ANTÓN NORIEGA VARELA (Do ermo) 2.1 POESÍA COSTUMISTA 2.2 POESÍA LÍRICA 3. RAMÓN CABANILLAS 3.1 OBRA 3.1.1 LÍRICA a) Cívica (No Desterro) b) Intimismo (Vento mareiro, A rosa de cen follas) c) Costumismo d) Modernismo 3.1.2 NARRATIVA (Samos) 3.1.2.1 Na noite estrelecida a) Estrutura (Escalibor, O cabaleiro do S. Graal, O soño do rei Artur) b) Métrica c) Carga ideolóxica Nacionalista 3.2 INFLUENCIAS
2
1. A poesía das Irmandades da Fala. Características,autores e obras representativas. Tema 1
1. A POESÍA DAS IRMANDADES DA FALA. CARACTERÍSTICAS,AUTORES E OBRAS REPRESENTATIVAS. 1. INTRODUCIÓN 1.1. A LÍRICA GALEGA ENTRE DOUS SÉCULOS: Despois dos brillantes anos do Rexurdimento (1863-1988) prodúcese una decadencia literaria, ancorándose na estética e temática do século XIX (ruralismo, costumismo,intimismo, sentido cívico …). Mais, ó tempo que se dan transformacións políticas, económicas e sociais en Galiza grazas, entre outras, ás Irmandades da Fala e á Xeración Nós, a nosa literatura retoma vigor e evoluciona dende unha lírica decimonónica cara un modernismo (a pesares de que na nosa literatura non se chega a dar un movemento modernista). 1.2. CONTEXTO HISTÓRICO 1.2.1. CLASES SOCIAIS a) Fidalguía en decadencia dende a redención dos foros. b) Burguesía urbana vinculada á industria. c) Campesiñado, xurdindo o pequeno propietario agrícola grazas á reivindicación da redención dos foros a través de sociedades e sindicatos agrarios. d) Proletariado vinculado ó sector industrial; organizado en sindicatos. 1.2.2. TRANSFORMACIÓNS ECONÓMICAS: Destacamos o aumento da produtividade agraria coa mecanización das terras de cultivo e a acelerada industrialización (conserveira, metalurxia, madeireira…). 1.2.3. AGRARISMO: O agrarismo é un movemento social de carácter reivindicativo que pescuda a mellora do campesiñado (coa loita anticaciquil, contra o sistema foral, coa industrialización do campo …) que xorde finais do século XIX e continúa nas dúas primeiras décadas do século XX. Nos anos 20 existían máis de mil sociedades agrarias en Galiza. O líder deste movemento foi Basilio Álvarez. Destacan Noriega e Cabanillas como grandes difusores do movemento. 1.2.4. EMIGRACIÓN: A pesar dos avances, produciuse unha desruralización acompañada dunha emigración transoceánica.
3
1. A poesía das Irmandades da Fala. Características,autores e obras representativas. Tema 1
1.2.5. NACIONALISMO E IRMANDADES DA FALA: O nacionalismo consolidouse grazas ás Irmandades da Fala (1916), á Xeración Nós (1920) e o Partido Galeguista (1931), valedor do Estatuto de Autonomía aprobado en referendo en 1936. 1.2.5.1. Fundación das Irmandades: O 18 de maio de 1916 reúnense na Coruña as figuras máis notables do rexionalismo convocadas por Antón Vilar Ponte. Dez días despois fúndase a Irmandade de Santiago. O movemento esténdese a outras cidades e vilas a través dunha campaña de mitins e conferencias. O xornal A Nosa Terra convértese no seu voceiro. 1.2.5.2. Consolidación das Irmandades: Entre 1916 e 1918 cénsanse ata 28 Irmandades en Galiza, ademais da de Madrid, Bos Aires e A Habana (Xuntanza Nacionalista Galega). 1.2.5.3. Integrantes das Irmandades: Predominaban os intelectuais e os membros de profesións liberais (periodistas, médicos, avogados, notarios …), quedando obreiros e campesiños reducidos a unha presenza simbólica. 2. ANTÓN NORIEGA VARELA (1869-1947): a) Foi un poeta implicado no movemento agrarista. b) Escribiu unha única obra Do ermo (1904 e 1910 publicouse baixo o nome de Montañesas). c) Na súa poesía distínguense dúas liñas básicas: poesía costumista e poesía lírica. 2.1. POESÍA COSTUMISTA: Trátase dunha poesía con estética decimonónica e temática realista costumista na que se exalta Galiza e o galego (costumes, festas, tradicións …). 2.2. POESÍA LÍRICA: Os motivos desta poesía seguen a ser o campo e a vida na montaña e a súa lingua tamén segue a ser a fala popular, mais agora o autor achégase á natureza adoptando un ton íntimo e emotivo. Destaca nos seus sonetos a influencia do modernismo castelán e portugués, onde, co paso dos anos, se incorporan formas cultas e se coida a musicalidade. 3. RAMÓN CABANILLAS (1876-1959): Comprometido coa lingua e co nacionalismo, apostou pola renovación das liñas literarias con novos estilos, temas, xéneros …
4
1. A poesía das Irmandades da Fala. Características,autores e obras representativas. Tema 1
En 1910 emigrou a Cuba onde coñeceu a Basilio Álvarez, quen prologou o seu primeiro libro, No desterro (1913), onde o líder agrarista di que Cabanillas encherá o baleiro deixado por Curros. Colaborou coas Irmandades da Fala. Ingresou na Real Academia Galega e na Española en representación da cultura galega. 3.1. OBRA 3.1.1. LÍRICA: Onde expresa os seu sentimentos cara catro grandes temas: a) A cívica, concordando co agrarismo da época (destacando a loita anticaciquil) e o galeguismo das Irmandades. Nesta liña destacamos os poemas do seu libro No desterro (1913). b) O intimismo, onde aflora a súa sensibilidade amorosa e o sentimento dorido da visa. Nesta liña herdada de Heine, Béquer e Rosalía englóbanse moitos poemas da súa obra Vento mareiro (1915) e A rosa de cen follas co predominio da poesía amorosa. c) O costumismo, herdado do século anterior, reproducía os tipos de costumes reivindicando as raíces da nosa cultura. Cabanillas engade novidades formais achegadas do modernismo. Nesta liña destacamos Da terra asoballada (1917). d) O modernismo vese nalgúns poemas en canto ó estilo, na súa busca da evasión con ambientacións exóticas ou medievais, na sensorialidade e musicalidade dos versos. 3.1.2. NARRATIVA: Destacamos Samos (1958), un relato descritivo da vida de historia do mosteiro, e Na noite estrelecida (1926). 3.1.2.1. Na noite estrelecida: a) Estrutura: “A espada Escalibor” que é atopada na illa de Sálvora. “O cabaleiro do Sant Grial”; Galaaz atopa o Santo Graal no Cebreiro. “O soño do rei Artur”. b) Estilo e métrica: Influencias modernistas cunha densa adxectivación propia do mundo dos sentidos e con pareados de versos alexandrinos combinados con romances c) Carga ideolóxica Nacionalista:
5
1. A poesía das Irmandades da Fala. Características,autores e obras representativas. Tema 1
Escribiuse durante o esplendor do galeguismo erudito e europeizante. É unha obra pertencente á Materia de Bretaña, tema da literatura europea, achegada a Galiza. Nela exáltase a lírica galega. Pretende a dignificación do noso pasado. 3.2. INFLUENCIAS: Cabanillas, sen renunciar ó legado das figuras do Rexurdimento, renova a lírica explorando novos horizontes con altos graos de calidade literaria. A súa obra conta con influencias do romanticismo europeo e do modernismo iberoamericano. ( 870 palabras)