IES DAVID BUJÁN Camiño dos Cacharros,1, 15181, Cambre (A Coruña) 981 613 146 ies.david.bujan@edu.xunta.es
Samaín 2018. VIII CONCURSO DE CONTOS DE MEDO
MEDO ME DÁ
O Equipo de Dinamización da Lingua Galega, en colaboración coa Biblioteca e o Departamento da Lingua Galega, convoca o VIII Concurso de contos Medo
me dá
BASES DO CONCURSO 1. Poderán participar no concurso todas as persoas que o desexen. 2. Os contos deberán ser de medo, orixinais, inéditos e escritoS en galego. 3. Haberá diferentes categorías: Categoría 1: 1º e 2º de ESO Categoría 2: 3º e 4º de ESO Categoría 3: 1º e 2º de Bacharelato Categoría 4: pais e profesorado 4. Os contos presentaranse en tamaño A-4 e cunha extensión máxima de tres folios por unha soa cara 5. A obra presentarase en sobre pechado onde, por fóra, deberá figurar un pseudónimo e mais a categoría. No interior, noutro sobre grampado ao traballo, figurarán nome e apelidos, curso, contacto, … 6. Os traballos entregaranse na conserxaría do IES David Buján ata o 15 de novembro 7. Haberá un suculento premio para cada categoría. De ser o caso, poderase conceder ata un máximo dun accésit por categoría. 8. O xurado estará integrado por membros do Equipo de Biblioteca, do Departamento de Lingua Galega e o EDLG. 9. A decisión do xurado farase pública no taboleiro do EDL, a través da web do centro e do blog do EDLG: https://dinamizacionlinguagalega.blogspot.com/ 10. Os contos premiados poderán ser publicados, polo que os seus autores ceden os seus dereitos ao IES David Buján 11. As persoas gañadoras permitirán que se corrixan os posibles erros gramaticais ou léxicos das súas obras para seren publicadas 11. A resolución do xurado será inapelable e este pode declarar deserto algún premio. 12. A participación no concurso implica a aceptación das presentes bases, así como a decisión do xurado. SIGRÁS, 17 de outubro de 2018