CS probas acceso 2010 parte común lingua galega e literatura versión azul

Page 1

Probas de acceso a ciclos formativos de grao superior C贸digo

Proba de

CSPC001

P谩xina 1 de 6

Lingua galega

Lingua galega


Parte común LINGUA GALEGA

[CS.PC.001]

1.

Formato da proba Formato

A proba constará de 20 cuestións tipo test. As cuestións tipo test teñen tres posibles respostas das que soamente unha é correcta. Puntuación

Puntuación: 0’5 puntos por cuestión tipo test correctamente contestada. Cada cuestión tipo test incorrecta restará 0’125 puntos. As respostas en branco non descontarán puntuación. Duración

Este exercicio terá unha duración máxima de: 60 minutos.

Páxina 2 de 6


Parte común LINGUA GALEGA

[CS.PC.001]

2.

Exercicio 1.

Cal destas oracións é impersoal?

A Quedaron totalmente abraiados pola noticia. B Manqueime. C A casa vendeuse a bo prezo. 2.

En cal destas oracións se pode conxugar o infinitivo?

A O tren vai saír ás doce e cuarto. B Chamáronme xusto despois de saír do teatro. C Este curso teñen que saírme ben os exames. 3.

Cal destas oracións contén un presente histórico?

A O ano ten doce meses. B Hai un mes que non vou ao cine. C Rosalía escribe a súa poesía no século XIX. 4.

Cal é a serie de adverbios de modo?

A Adrede, amodo, devagar, gratis. B Acaso, disque, seica, talvez. C Talmente, soamente, mesmamente, xustamente. 5.

Cal destas oracións compostas contén unha oración subordinada substantiva?

A Ana lembrouse cando a chamei. B Alarmouno que non o chamase. C O rapaz co que falabas é fillo seu. 6.

Cal destas oracións contén un pronome de solidariedade?

A Foivos tan rápido que gañou a carreira. B Vouche dar o regalo que comprei. C Téñote por unha persoa moi responsable.

Páxina 3 de 6


Parte común LINGUA GALEGA

[CS.PC.001]

7.

Cal é a serie de palabras parasintéticas?

A Paspallás, zigzag, tictac. B Reciclar, descampado, botafumeiro. C Cartafol, tampouco, ollomol. 8.

Cal é a serie de palabras correcta?

A Absorber, novelo, billa, benvido, rebentar, movible. B Governo, sebe, gaveta, parabéns, baía, trovador. C Dúbida, volvoreta, boda, coviza, hibernar, bóbeda. 9.

Cal é a serie de conxuncións causais?

A Conforme, consonte, segundo. B Como, pois, porque. C Mais, pero, senón. 10.

Cal destas definicións é a correcta?

A Nos ditongos crecentes prodúcese o encontro de dúas vogais de sílabas distintas. B Nos ditongos homoxéneos encóntranse nunha sílaba dúas vogais pechadas. C Nos ditongos decrecentes a abertura vocálica vai de menos a máis. 11.

Cal é a serie que contén só palabras con vogal “o” tónica aberta /Ǥ/:

A Ouro, roda, dormen, dogma, voces, curioso, só. B Moito, roda, comen, dogma, voces, risoño, só. C Corvo, roda, soben, dogma, voces, lóxico, só. 12.

Cal é o fonema consonántico correctamente definido?

A /µ/ alveolar nasal xordo. B /κ/ velar oclusivo xordo. C /φ/ palatal lateral sonoro. 13.

O verbo callar significa:

A Solidificarse un líquido. B Penetrar un líquido nun corpo permeable. C Gardar silencio. Páxina 4 de 6


Parte común LINGUA GALEGA

[CS.PC.001]

14.

Cal é o tempo verbal correcto?

A Valga, valgas, valga, valgamos, valgades, valgan. B Coubese, coubeses, coubese, coubésemos, coubésedes, coubesen. C Dicirei, dicirás, dicirá, diciremos, diciredes, dicirán. 15.

Cal destas series é correcta?

A Os clubes, os hindúes, os rubís. B Os faxes, os baúles, os rubíes. C Os fieis, os baúis, os bulebules. 16.

Cal é o tempo verbal correcto?

A Quepa, quepas, quepa, quepamos, quepades, quepan. B Decía, decías, decía, decíamos, decíades, decían. C Andei, andaches, andou, andamos, andastes, andaron. 17.

Cal é a serie de palabras correcta?

A Décimo sétimo, triplo, cincocentos, trintaavo. B Décimo octavo, duplo, catro centos, cincuenteavo. C Décimo terzo, doble, vinteún, cuarenta. 18.

Cal destas series é correcta?

A A freira, a egua, a baronesa. B A xudía, a ferrolana, a feligresa. C A xudea, a cidadana, a heroína. 19.

Cal é a serie de palabras de xénero feminino?

A Ferruxe, diadema, leite, mel. B Epígrafe, síndrome, auga, sebe. C Pantasma, costume, suor, sinal. 20.

Cal é a serie de palabras de xénero masculino?

A Acedume, fel, sangue, labor. B Negrume, arte, calor, cárcere. C Pesadume, alma, riso, orixe. Páxina 5 de 6


Parte común LINGUA GALEGA

[CS.PC.001]

3.

Solución para as preguntas tipo test Nº

A

B

1

X

2

X

3 4

X X

5 6

X X

7 8

X X

9

X

10

X

11

X

12 13

X X

14

X

15

X

16

X

17

X

18

X

19 20

Anulada (+0,5) X

Nas preguntas de test, por cada resposta incorrecta descontaranse 0’125 puntos. As respostas en branco non descontarán puntuación.

Páxina 6 de 6

C


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.