PROPOSTA DIDÁCTICA
Agustín Fernández Paz Ana Acuña Trabazo Ana Iglesias Álvarez Anaír Rodríguez Rodríguez Miguel Louzao Outeiro Xabier Campos Villar Xosé Manuel Moo Pedrosa
SOLUCIONARIO DO LIBRO DO ALUMNADO
SOLUCIONARIO
UNIDADE 1 LITERATURA «Comprende e razoa» (9) 1. A literatura popular, conxunto de composicións literarias creadas e transmitidas polo pobo, foise creando ao longo dos séculos. 2. Na historia de Galicia a literatura popular foi moi importante. Se nos séculos XII e XIII foi a fonte principal de inspiración da lírica galego-portuguesa, durante os chamados Séculos Escuros (XVIXVII) converteuse, agás escasas excepcións, na única literatura creada en galego. A súa pervivencia durante esta última época foi fundamental para a restauración da literatura de autor no século XIX. 3. Actividade de resposta aberta. As máis coñecidas para o alumnado posiblemente sexan as coplas que aínda están moi vivas na música tradicional. 4. A relación entre a literatura popular e a música actual prodúcese a través dos elementos de repetición que facilitan a memorización, como poden ser o refrán e o paralelismo. ESCOLMA «Repara» (11) 1. Na escolma atopamos coplas («Ai, Maruxiña», «Foliada de Sarela»), cantigas infantís, concretamente dúas de berce («Pedro Chosco...«, «Ora, meniño...») e un recitado para os animais («Miñato, miñato...»), adiviñas, refráns, contos de costumes («Para quen cucou o cuco», «Os avisos da morte») e unha lenda urbana («A moza da curva»). 2. Actividade de resposta aberta. Algunhas das lendas urbanas máis coñecidas: a Gran Muralla China pódese ver dende o espazo; nos sumidoiros de Nova York habitan numerosos crocodilos abandonados; rapto de nenos para traficar cos seus órganos etc. 3. Actividade de resposta aberta.
73
1
LINGUA E LITERATURA 3º ESO LECTURA E TRABALLO CO TEXTO (14-15) 1. - Asexar: observar con atención e coidado para non ser visto. - Cómaro: franxa de terreo sen cultivar que bordea unha leira.// Pequena elevación de terreo de pouca extensión. - Trebellos: aparellos ou útiles empregados nunha determinada actividade, neste caso na pintura. - Perpetraba: executar ou levar a cabo un acto delituoso. - Incruenta: que non comporta efusión de sangue. - Aveños: instrumentos ou utensilios de labranza. - Inaudito: que nunca antes se oíu dicir, extraordinario. 2. • O rapaz narrador tenta asexar a través das fiestras pero non o consegue. • O pintor non tarda en saír e, cargando cos seus trebellos, encamíñase cara ao castelo. • A acción sitúase en Francia. No texto cítanse lugares de París e encóntrase léxico en francés. • Ao narrador sorpréndelle a súa maneria de pintar «como un tolo»: mesturaba cores, perpetraba violentas pinceladas coma se loitase co lenzo. • O rapaz agochábase para asexar sen ser visto. 3. - ... e as miñas tripas queixábanse: as tripas do rapaz facían os ruídos habituais provocados pola ausencia de alimentos durante moito tempo. - ... semellaba que mantivese unha loita desesperada co lenzo: o pintor daba unhas pintadas tan apaixonadas que parecían golpes no lenzo. - Pillárame nas minchas: o rapaz foi descuberto polo pintor mentres o primeiro vixiaba, ás agachadas, o seu cadro. - Faltábanme as palabras: o rapaz non encontra as palabras axeitadas para describir o cadro. 4. Actividade de resposta aberta. 5. Actividade de resposta aberta. Achégase unha proposta: - abriulle unha moza pálida | apagada | brillante - cargou os seus ofensivos trebellos - encamiñouse, outeiro arriba, cara ao escuro | terrible castelo - durante horas vagou polas inofensivas | solitarias | feroces campías - Mesturaba as intensas cores con lixeireza - Polo menos podíasme axudar a carrexar os vellos aveños 6. Actividade de resposta aberta. 7. Tras deixar as súas cousas na entrada, o pintor chama á porta. Ábrelle unha moza e entran. Eu achégome o máis que podo á casa e tento asexar a través das fiestras, sen resultado ningún. Só podo
74
SOLUCIONARIO escoitar as notas vacilantes dun piano. Abandono a leira con sixilo, agáchome tras un cómaro e fágolle a espera. 8. - Proceder: ter orixe ou principio. // Realizar dun xeito determinado. // Axustarse unha cousa ao que dita a oportunidade. - Procederes: modo de actuar ou de comportarse. - Ser: ter existencia. - Seres: todo aquilo, animado ou inanimado, que ten existencia no Universo. - Falar: pronunciar palabras. // Comunicarse. // Ter relación. - Falares: maneira de falar. - Querer: ter gana, vontade ou intención de. - Quereres: cariño, amor. // Persoa amada. - Poder: ter a capacidade de facer algo. - Poderes: facultade ou capacidade. // Dirección ou control das funcións de goberno. - Xantar: comer ao mediodía. - Xantares: comida do mediodía. 9. Entrara, fixera, puidera, estivera, fora, quixera, valera, dera. 10. - Asexar: espiar, espreitar. - Fiestras: ventás, xanelas. - Encamiñouse: dirixiuse, encarreirouse. - Procurase: buscase. - Incruenta: sen mortos nin sangue derramado. - Inaudito: incrible, abraiante, insólito. 11. Proposta de traballo de investigación, que se podería realizar na biblioteca do centro, sobre a vida e a obra do pintor Vincent van Gogh. TIPOS DE TEXTOS (17) 1. • Hai un personaxe principal, real e redondo: un mozo que quere ser xornalista. Xa secundaria, hai unha personaxe cincuentona, fumadora e fraca que limpa a redacción dun xornal. • No fragmento hai espazos externos (rúas de Santiago como a Acibecharía e o Obradoiro), pero tamén internos (redacción do Diario Galego). • O tempo externo en que se pode deducir que suceden os acontecementos do fragmento é o século XXI (ou finais do século XX). En canto ao tempo interno do fragmento son uns minutos (dende que o protagonista esperta até que chega á redacción do xornal).
75
1
LINGUA E LITERATURA 3º ESO • A voz narradora comeza por ser unha primeira persoa, un narrador protagonista, polo que o punto de vista é interno. Tamén encontramos unha voz narradora en terceira persoa, omnisciente e obxectiva que actúa como unha cámara. • A estrutura interna do fragmento presenta unha orde lineal, unicamente coa introdución aos personaxes, espazo e tempo. Tamén se adianta como se pode desenvolver a acción tendo en conta os intereses do protagonista. 2. • Os personaxes son principais ou protagonistas, ao corresponderse coa realidade, e supoñemos que redondos. • Os espazos son, maioritariamente, abertos: cómaros, outeiros, campías. Tamén se citan as rúas de París e o interior dunha casa. • O tempo externo vén marcado pola época na que o pintor holandés, Vincent van Gogh, reside en Auvers (Francia): verán de 1890. O tempo interno do fragmento dura unhas horas, até o anoitecer. • As voces narradoras son dúas: unha terceira persoa omnisciente e unha primeira persoa que coincide co personaxe protagonista. O punto de vista é, polo tanto, externo e mais interno (protagonista). • En canto á estrutura interna do fragmento, encontramos unha introdución (presentación do pintor e das súas accións), nó (mentres o pintor desenvolve o seu traballo na campía) e un desenlace (cando o personaxe protagonista é descuberto polo pintor).
O TECIDO DA LINGUA (19) 1. Os factores que inflúen no tipo de mensaxe e nas escollas lingüísticas son a intención do emisor, o destinatario e o soporte ou canle do texto. O emisor ten que adaptarse ás distintas situacións comunicativas, por iso escolle unha ou outra variedade lingüística para se dirixir ao seu xefe, a un amigo ou a unha amiga. A intención (convencer/informar), o tema (unha anécdota/suceso), o destinatario (amigos/xefe) ou a canle (correos electrónicos/mensaxe de móbil) empregada son os elementos que fan que os tres textos conten o mesmo feito de distinto xeito, adecuándose para quen se escribe en cada caso (máis familiar cos amigos). As principais diferenzas son de estilo e de vocabulario (máis formais no correo electrónico dirixido ao xefe, menos formal no dirixido ao amigo). 2. Actividade de resposta aberta. OS NOMES DAS COUSAS (20) 1. - Venda (xerm. binda = ligadura, faixa) s.f. 1. Tira de tea para suxeitar ou cinguir un membro ferido ou protexer unha ferida. 2. fig. Cegueira, ignorancia, obcecación.
76
SOLUCIONARIO - Pinta (de pintar < lat. *pintare < pinctu, por pictu < pinguere =pintar) s.f. 1. Penca, sinal. 2. Mancha no pelo e plumaxe dos animais, minerais, etc. 3. Sinal exterior que indica a calidade dunha persoa. 4. Aspecto dunha persoa, facha, aparencia. s. 5. Un dos nomes do anfibio denominado píntega. - Oxalá (ár. wa-sa Allah = queira Alá) Interx. Expresa o desexo de que algo aconteza. - Branco (xerm. blank = brillante) adx. e subst. 1. Cor que resulta da combinación de todas as cores do espectro solar. 2. De cor clara, que se aproxima ao branco. 3. Cor da raza europea. s.m. 4. A cor branca. 5. Obxecto ou punto determinado ao que se dispara. 6. Espazo, oco sen encher nos escritos. 7. Antiga moeda de vellón, que valía medio maravedí. // Branco do ovo. A clara o ovo. Dar no branco. Acertar. Branco do ollo. Membrana exterior opaca do ollo. Deixar un branco. Deixar un espazo sen escribir. Quedar en branco. Non recordar. Quedar sen branca. Quedar sen nada. - Floco (lat. floccu) s.m. 1. Adorno que consiste nunha serie de fíos ou cordonciños, xeralmente prendidos nunha fita de tea. 2. Beira dun tecido vello esfiañado polo uso. 3. porción de pelo que cae sobre a fronte. 2. - Seica: acaso, disque, quizais, talvez. - Agochar: acochar, ocultar, esconder, tapar. - Raspón: raspadura, rabuñadura, rabuño, rañadura. - Coidado: atención, tino, vixilancia. - Estraño: anormal, desusado, especial, excepción, extraordinario, raro, singular. - Logo: despois, máis tarde. 3. - Vago – bago: palabras homófonas. Vago: 1. Que non é amigo de traballar. 2. Sen precisión. | Bago: Uva considerada individualmente. - Valor – balor: palabras homófonas. Valor: 1. Calidade pola que unha cousa é apreciada. 2. Valentía. | Balor: Peluxe que se forma nas materias orgánicas con humidade. - Votar – botar: palabras homófonas. Votar: Dar a opinión. | Botar: Facer chegar unha cousa a un sitio mediante un impulso, deixar saír. - Cola – cola: palabras homógrafas. Cola1: 1. Parte posterior dunha cousa. 2. Conxunto de persoas ou de vehículos situados un detrás doutro. | Cola2: Substancia pastosa usada para apegar. 4. - vivo | morto: complementarios - femia | macho: complementarios - grande | pequeno: antónimos - pagar | cobrar: inversos - filla | nai: complementarios - antigo | novo: complementarios
77
1
LINGUA E LITERATURA 3º ESO - san | enfermo: complementarios - negro | branco: antónimos - cheo | baleiro: antónimos - alumno | profesor: complementarios - libre | preso: complementarios - triste | alegre: complementarios LINGUA E SOCIEDADE (22-23) 1. - Éuscaro: lingua falada en Euskadi, no norte de Navarra e no País Vasco francés (Iparralde). Comparte territorio co castelán e co francés (onde non ten protección), pero só é cooficial no País Vasco e en Navarra (zona vascófona). Non ten filiación nin parentesco con ningunha outra lingua europea. - Francés: única lingua con recoñecemento oficial entre as faladas na República de Francia. Lingua territorial en Valonia (Bélxica) e algúns cantóns suízos, á parte de ser lingua cooficial co italiano no Val de Aosta (Italia). Comparte territorio con outras linguas en Suíza (o francés é oficial nos cantóns de Xenebra, Xura, Neuchâtel, e Vaud; ademais é cooficial co alemán nos cantóns de Friburgo, Berna e Valais), Bélxica (oficial na Valonia e cooficial en Bruxelas), Mónaco e Italia (cooficial no Val de Aosta). O francés tamén está presente noutros continentes. - Occitano: lingua distribuída por todo o sur de Francia, occidente do Piemonte italiano, Val de Arán en Lleida e na vila calabresa de Guardia Piemontese (Italia). Se ben en Francia non goza de estatus oficial, a variedade falada no Val de Arán, o aranés, está normalizada grazas ao seu recoñecemento no Estatuto de Autonomía catalán, mentres que en Italia o occitano está recoñecido no artigo 2 da Norma de tutela das minorías lingüísticas históricas (1999) sen que esta norma se desenvolvese na práctica. - Franco-provenzal: lingua dun territorio comprendido entre os ríos Saône e Ródano, así como da Alta Saboia en Francia; dos cantóns de Xenebra, Vaud e Valais, en Suíza; e do val de Aosta e vales de Susa, Sangone, Cenischia, Viu, Ala e Grand, en Italia. En ningún destes territorios está recoñecida como lingua diferencial, pois é asimilada oficialmente ao francés. - Romanche: cuarta lingua nacional de Suíza, cooficial no cantón dos Grisóns (cantón de cooficialidade trilingüe onde son oficiais o alemán, o italiano e o romanche). - Ladino: lingua retorromance falada en Italia nunha zona limítrofe entre as provincias de Bolzano, Trento e Belluno. En Bolzano os falantes de ladino gozan de recoñecemento legal e protección efectiva (na zona existe cooficialidade trilingüe: alemán, italiano e ladino), nas outras dúas provincias son ignorados e non teñen protección. - Friulano: lingua retorrománica autóctona falada na rexión autónoma italiana de Friuli-Venecia Giulia. Tamén existen falantes de friulano en puntos eslovenos fronteirizos. En Friuli, ademais do friulano, fálase o véneto. Esta zona é unha encrucillada entre os mundos eslavo (esloveno), xermánico (alemán) e latino. Aínda que a lingua oficial é o italiano, o friulano estase a recuperar. - Italiano: ou toscano. É a lingua oficial de Italia, aínda que tamén se falan outras linguas sen esa protección (ligur, piemontés, lombardo, friulano, emiliano, napolitano, calabrés).
78
SOLUCIONARIO - Romanés: lingua oficial das repúblicas de Romenia e Moldavia, pero tamén se fala en zonas fronteirizas de Ucraína, Hungría, Serbia e Bulgaria. En Romenia fálanse as seguintes linguas, ademais do romanés, húngaro, romaní, alemán, arromanés, ucraíno, ruso, serbocroata, turco e gagauts, tátaro, eslovaco, búlgaro e armenio. Á parte, existen minorías lingüísticas romanesas en estados limítrofes como Ucraína, Moldavia, Serbia, Bulgaria e Hungría. - Sardo: lingua da illa de Sardeña. Na illa fálanse tres linguas máis: corso, catalán e tabarquino (variante do xenovés). A lingua oficial é o italiano. 2. Hai algunhas palabras que se poden adscribir a varios campos semánticos ou modificar os seus nomes (p. ex., rodaballo e salmón poderían considerarse baixo un novo campo semántico denominado animais). En todo caso, esta proposta pretende facilitar a aprendizaxe dos termos e datar a súa orixe. Substrato a) Idade dos Metais: corpo humano (beizo, bico), vestido (camisa), natureza (burato, camiño, laxe, lousa, penedo), comida e bebida (boroa, cervexa, rodaballo, salmón), construcións e instrumentos relacionados coa vivenda (billa, berce). b) Idade de Pedra: natureza (barranco, beira, bouza, carballo, curuto, gándara, lama, tobo, toxo, veiga, amorodo), construcións e instrumentos relacionados coa vivenda (parra). Superestrato a) Pobos xermánicos: cores (branco), animais (gando, pouta), vestido (luva), carácter ou condición (rico, orgullo), natureza (escuma), instrumentos ou construcións relacionadas coa vivenda e o alimento (garfo, lobio), guerra (espetar, espora, estaca, falcatrúa, frecha, gañar, guerra, helmo, rifar, roubar, tregua). b) Pobos árabes: alimento (aceite, arroz, azafrán, azucre), natureza (algodón, cenoria, laranxa, limón), entretementos (xadrez, alquimia), vivenda (adobe, albanel, alicerce, azotea, tabique). • Actividade de resposta aberta. 3. - As linguas que se falaban na Península no século X eran seis: galego, astur leonés, castelán, vasco, navarro aragonés e catalán. - A pesar de que no século XIII as seis linguas aumentaron o seu territorio polo avance da reconquista, actualmente só o castelán e o catalán mantiveron esa evolución, sobre todo o primeiro. As demais linguas, debido a razóns históricas, viron reducida a súa xeografía. 4. LATÍN CLAVE CLAMAR
galego
portugués
español
catalán
francés
italiano
romanés
chave
chave
llave
clau
clef
chiave
cheie
chamar
chamar
llamar
clemer
clamer
chiamare
a chema
OCTO
oito
oito
ocho
vuit
huit
otto
opt
NOCTE
noite
noite
noche
nit
nuit
notte
noapte
LUNA
lúa
lua
luna
lluna
lune
luna
lun˘a
PETRA
pedra
pedra
piedra
pedra
pierre
pietra
piatra
5. Actividade de resposta aberta.
79
1
LINGUA E LITERATURA 3º ESO A LINGUA POR DENTRO (24-25) 1. - Desenterrar: des- (morfema derivativo prefixo), -en- (morfema derivativo prefixo), -terr- (lexema), -ar (morfema derivativo sufixo alterativo). - Raposeira: rapos- (lexema), -eir- (morfema derivativo sufixo), -a (morfema flexivo de xénero feminino). - Ollada: oll- (lexema), -ada (morfema derivativo sufixo). - Compañeiro: compañ- (lexema), -eir- (morfema derivativo sufixo), -o (morfema flexivo de xénero masculino). - Tesouro: lexema. - Soneca: son- (lexema), -eca (morfema derivativo sufixo alterativo). - Ouro: lexema - Anaquiños: anaqu- (lexema), -iñ- (morfema derivativo sufixo alterativo), -o- (morfema flexivo de xénero masculino), -s (morfema flexivo de número). - Pebidas: pebid- (lexema), -a (morfema flexivo de xénero feminino), -s (morfema flex. de número). - Marcos: marco- (lexema), -s (morfema flexivo de número). - Tesoureiro: tesour- (lexema), -eir (morfema derivativo sufixo), -o (morf. flex. de xénero masculino). - Celo: lexema. 2. - Paxariño: paxar- (lexema), -iñ- (morfema derivativo sufixo), -o (morfema flexivo de xénero masculino). - Xardineira: xardin- (lexema), -eir- (morfema derivativo sufixo), -a (morfema flexivo de xénero feminino). - Desleal: des- (morfema derivativo prefixo), -leal (lexema). - Camiñante: camiñ- (lexema), -ante (morfema derivativo sufixo). - Sardiñada: sardiñ- (lexema), -ada (morfema derivativo sufixo). - Xogadora: xog- (lexema), -ador- (morfema derivativo sufixo), -a (morfema flexivo de xénero feminino). - Casas: casa- (lexema), -s (morfema flexivo de número plural). - Amigos: amig- (lexema), -o- (morfema flexivo de xénero masculino) -s (morfema flexivo de número plural). - Incontable: in- (morfema derivativo prefixo), cont- (lexema), -able- (morfema derivativo sufixo). - Foles: fol- (lexema), -es (morfema flexivo de número plural). 3. - Corresponder: correspondencia (substantivo), correspondente (adxectivo). - Habitar: habitante, habitación, habitáculo (substantivo), habitable (adxectivo). - Morder: mordedura, mordedela (substantivo), mordedora (adxectivo). - Vingar: vinganza (substantivo), vingadora, vingativo (adxectivo). - Protexer: protección (substantivo), protectora (adxectivo).
80
SOLUCIONARIO 4. - Cociñeiro: palabra derivada. Está formada por: cociñ- (lexema), -eir- (morfema derivativo sufixo), -o (morfema flexivo de xénero masculino). - Fregapratos: palabra composta por dous lexemas. Está formada por: fregar (verbo), pratos (substantivo). - Vocacional: palabra derivada cuxa base é un substantivo (vocación) ao que se lle engade un morfema derivativo sufixo -al. - Cociña: palabra simple. - Creación: palabra derivada; -ción (morfema derivativo sufixo). - Estrelas: palabra simple; -s (morfema flexivo de número plural). - Enerxético: palabra derivada; -étic- (morfema derivativo sufixo), -o (morfema flexivo de xénero masculino). - Benestar: palabra composta. Está formada por: ben (adverbio), estar (verbo). - Felicidade: palabra derivada; -idade (morfema derivativo sufixo). LETRAS E SIGNOS (26) 1. - Un fonema é representado por unha única grafía: mediodía, tapa. - Un fonema é representado por varias grafías: valor, balor, chatarra, ruído. - Varios fonemas son representados por unha única grafía: queixo, exame. - Unha grafía que non representa ningún fonema: hache, queixo. - Queixume: que u, e, i, xe, u, eme, e. - Guitarra: gue u, i, te, a, erre dobre, a. - Unha: u, ene hache, a. - Agoiro: a, gue, o, i, erre, o. - Máximo: eme, a, xe, i, eme, o. - Maquillaxe: eme, a, que u, i, ele dobre, a, xe, e. - Agochar: a, gue, o, ce hache, a, erre. - Cazola: ce, a, zeta, o, ele, a. PROBA DE AVALIACIÓN (28) 1. • O texto presenta as seguintes características da literatura popular: transmisión de forma oral, brevidade, sinxeleza e función lúdica. Non cumpriría o seu carácter anónimo nin a variabilidade. • Aproximaríase aos xéneros dialogados como a regueifa, o parrafeo...
81
1
LINGUA E LITERATURA 3º ESO 2. As voces narradoras que se encontran son a terceira e a segunda. O cambio de voz estaría en función de involucrar, en maior ou menor medida, aos oíntes na escola de hip hop. A voz narradora finxe un diálogo co lector/oínte coa finalidade de mostrarlle os pasos e darlle as instrucións necesarias para aprender a rimar. • O punto de vista é interno pois o narrador fala dende dentro da historia como un personaxe máis. 3. Actividade de resposta aberta. 4. O rexistro lingüístico do rap é informal, tal e como se ve no léxico familiar e coloquial. • Con tal escolla preténdese unha aproximación aos interlocutores/receptores: lectoras da letra ou oíntes da canción. • Hai adecuación, polo tanto, porque o rexistro escollido é adecuado á situación comunicativa. 5. Estrela: en sentido literal é un astro e en sentido figurado é unha persoa famosa que destaca sobre as demais. • A palabra prato está utilizada no texto coa seguinte acepción: obxecto redondo e plano, parte do tocadiscos onde se colocan os discos. • Cohipónimos de testa poden ser cella, pálpebra, beixos, queixo, gorxa, caluga, mandíbula, fazula... En canto ao campo semántico, testa pertence ao corpo humano. • Sinónimo de escola: colexio. Antónimo de tristeza: alegría. 6. A maior parte do léxico das linguas románicas procede do latín. palabra latina LACTE PLUVIA PERSONA
palabra patrimonial leite chuvia persoa
cultismo lácteo pluviómetro personalizar
• Pertencen ás mesmas familias léxicas: lactante, lactación (leite), chuvioso, chuvasqueiro, pluvial, pluviosidade (chuvia), persoal, personaxe (persoa). Trátase de familias léxicas irregulares porque presentan variación na forma do lexema. • palabra latina CLAMAR OCTO NOCTE LUNA PETRA
palabra patrimonial chamar oito noite lúa pedra
cultismo clamor, clamar octosílabo, octógono nocturno, noctámbulo lunar, lunático pétreo, petrificado
7. - Alumnos: palabra simple: -o- (morfema flexivo de xénero masculino), -s (morfema flexivo de número plural).
82
SOLUCIONARIO - Tristeza: palabra derivada: -eza (morfema derivativo sufixo). - Rapear: palabra derivada: -ear (morfema derivativo sufixo). - Estrelas: palabra simple: -s (morfema flexivo de número plural). - Improvisación: palabra derivada: -ción (morfema derivativo sufixo). 8. Os estranxeirismos localizados son: scratching, breakdance, graffiti, spray, beat box, flow. • Non son grafías propiamente galegas «k», «y» e «w». 9. O uso das distintas grafías para os dous sons dependen, sobre todo, das vogais que aparezan a continuación: - [k]: c + a, o, u, consoante (casa, escola, cuspir, clase). - [θ]: c + e, i (facendo, improvisación). - [θ]: z + a (tristeza).
83
1