TEMA 2. 3º ESO. XERAIS

Page 1

PROPOSTA DIDÁCTICA

Agustín Fernández Paz Ana Acuña Trabazo Ana Iglesias Álvarez Anaír Rodríguez Rodríguez Miguel Louzao Outeiro Xabier Campos Villar Xosé Manuel Moo Pedrosa


SOLUCIONARIO DO LIBRO DO ALUMNADO


LINGUA E LITERATURA 3º ESO

UNIDADE 2 LITERATURA «Comprende e razoa» (33) 1. Antes da lírica galego-portuguesa existía en Galicia unha rica tradición de literatura popular relacionada coas colleitas, a chegada da primavera etc. 2. Non sempre os trobadores eran intérpretes da súas cantigas. O segrel compuña e interpretaba as súas propias cantigas, mentres que o xograr só era intérprete. 3. Os cancioneiros non conservan a música de todas as cantigas medievais. Só conservan a transcrición musical o Pergamiño Vindel (coas sete cantigas de Martin Codax) e o Pergamiño Sharrer (coa letra e a música das cantigas de don Dinis de Portugal). ESCOLMA «Repara» (35) 1. As cantigas da escolma pertencen ao xénero de amor porque son composicións en que un cabaleiro expresa os seus sentimentos a unha muller á que chama «senhor» e da que está namorado. A excepción da cantiga de Don Dinis que segue os ditados da canço provenzal (centrado na loanza da dama), as cantigas dos restantes autores manifestan un amor non correspondido, de aí a coita amorosa e o padecemento doutros síntomas do amor como a loucura. 2. Son de refrán as cantigas de Bernal de Bonaval, Paio Gomes Charinho e João Garcia de Guilhade. De mestría é a cantiga de Don Dinis. 3. Ademais do paralelismo, nas cantigas encontramos os seguintes recursos: - Finda ou conclusión ao final da cantiga de Paio Gomes Charinho. - Atá-finda tamén na cantiga de Paio Gomes Charinho. - Dobre e mordobre (sandece - sandeu) na cantiga de João García de Guilhade.

84


SOLUCIONARIO LECTURA E TRABALLO CO TEXTO (38-39) 1. - Estimulante: que alenta, que aumenta a intensidade de algo. - Arbitrario: que depende da libre vontade ou do capricho de alguén. - Clixé: tópico, idea ou expresión demasiado utilizada. - Tabú: que non se pode nomear; situación, obxecto, lugar ou tema de conversa que o costume social adoita evitar por consideralo indecoroso, doloroso ou ofensivo; aquilo sagrado ou prohibido. - Mutuo: relación entre dous. - Rol: papel, traballo ou función que ten que desenvolver unha persoa. - Submiso: obediente, que actúa con submisión. - Contracepción: anticoncepción, acción e efecto de impedir a concepción. 2. • Os cambios que se producen na adolescencia son físicos, psicolóxicos e sociais. • A OMS define o concepto de sexualidade como a enerxía que motiva a buscar afecto, contacto e pracer, tenrura e intimidade. • Na nenez a sexualidade maniféstase con contacto físico (caricias) que descobren o poder de comunicación e transmiten seguridade e tranquilidade. • O desexo sexual provoca tensión no corpo (aceleración do corazón e da respiración) e excitación. • As condutas sexuais non son únicas nin uniformes porque son escollidas como expresión da liberdade das persoas. • A sociedade tradicional reserváralle á muller un papel pasivo e submiso, ademais de considerala única responsable da contracepción. 3. Actividade de resposta aberta. 4. Actividade de resposta aberta. 5. Unha posibilidade pode ser: - Cada un de nós é unha persoa única. - A sexualidade acompáñanos ao longo da vida como expresión de afectividade. - Na adolescencia existen novas necesidades sexuais. - Non hai fórmulas únicas nas relacións sexuais. - As relacións deben ser máis igualitarias. Cada un de nós é unha persoa única e, dado que a sexualidade nos acompaña ao longo da vida, debemos comprender a adolescencia como unha etapa con novas necesidades. Nas relacións non hai fórmulas únicas, por iso deben ser expresión da nosa liberdade de cara a unhas relacións máis igualitarias. 6, 7 e 8. Actividades de resposta aberta.

85

2


LINGUA E LITERATURA 3º ESO 9. - ch: chea, darche. - gu: guíate, guía. - ll: lle, escoller, mulleres, maquillarse, parella. - nh: unha, algunhas. - qu: que, cadaquén, quere, maquillarse. - rr: ocorrer, correctas. 10. O (determinante artigo) desexo (substantivo) sexual (adxectivo) é (verbo) igual (adxectivo) para (preposición) mozos (substantivo) e (conxunción) mozas (substantivo), non (adverbio) hai (verbo) diferenzas (substantivo). 11. - SIDA: Síndrome de Inmunodeficiencia Adquirida - VIH: Virus de Inmunodeficiencia Humana - ETS: Escola Técnica Superior - CEIP: Centro de Educación Infantil e Primaria - ESO: Educación Secundaria Obrigatoria - FM: Frecuencia Modulada - IVE: Imposto sobre o Valor Engadido - UE: Unión Europea - PC: do inglés, Personal Computer (ordenador persoal) 12. - Cagar: defecar, evacuar... - Vaxina: perrecha, paxara... - Pene: carallo, pirola... - Morrer: apagar, estirar a pata... - Vomitar: botar a pota, trousar... - Teta: peito, seo... 13. O texto da marxe dereita é sexista porque só contempla o xénero masculino. As modificacións que se poderían efectuar son varias: Señores deputados e señoras deputadas: Estamos hoxe aquí, nesta casa da cidadanía, as persoas de ben, para debater o problema do acoso entre o alumnado dos nosos centros de ensino, e tamén entre os adolescentes e o seu profesorado, algo sobre o que xa se ten pronunciado a xuíza María Piñeiro e a médica Carme Loureiro. 14. Actividade de resposta aberta.

86


SOLUCIONARIO TIPOS DE TEXTOS (41) 1. As partes que se poden identificar no texto sobre a sexualidade son: - Inicio: presentación dunha nova etapa marcada polos cambios na sexualidade. - Corpo: que é a sexualidade na adolescencia e como se manifesta. - Conclusión: necesidade dunhas relacións afectivo-sexuais máis igualitarias e sen fórmulas únicas. Tendo en conta que no corpo do texto é onde se desenvolven as ideas relativas á sexualidade na adolescencia (que é o tema central), esta é a secuencia das ideas fundamentais tratadas: - Novas necesidades sexuais na adolescencia. - O desexo sexual e as súas manifestacións. - Inexistencia de formas correctas e incorrectas de vivir a sexualidade. 2. As ideas están estruturadas partindo de ideas xerais cara a ideas máis particulares e a través de ideas encadeadas. - Ideais xerais que se presentan por separado (a adolescencia e a sexualidade) conflúen para abordar a sexualidade na adolescencia e as súas manifestacións (cambios físicos e manifestacións). - Idea encadeada sería a análise da sociedade como sexista. 3. O texto cumpre o exposto en canto á expresión, pois as ideas están expostas con claridade e sinxeleza, con concisión e propiedade. 4. En canto ao contido, no texto distinguimos un inicio e un corpo. No inicio preséntase brevemente o tema (que facer nunha intoxicación por cogomelos) e a continuación, no corpo, desenvólvense os consellos sobre o que facer (acudir ao centro sanitario, informar sobre o consumo, levar os restos, informar do lugar onde se apañaron, observar as persoas intoxicadas...). O texto carece de conclusión. As ideas están estruturadas no texto segundo un criterio de maior a menor importancia. É o que ocorre no caso dos consellos ofrecidos por nivel de relevancia. A expresión é adecuada e facilita a comprensión ao guiarse polos tres principios de claridade e sinxeleza, concisión e propiedade. 5 e 6. Actividades de resposta aberta. O TECIDO DA LINGUA (42-43) 1. O texto consta de tres parágrafos. A idea central é a presenza do oso nas montañas do Courel e do Cebreiro. 2. O tema principal de cada un dos parágrafos do texto é o seguinte: - Presenza de osos no Courel e no Cebreiro. - Avistamentos no Courel durante o ano anterior e mais durante o presente. - Testemuño dun veciño do Cebreiro.

87

2


LINGUA E LITERATURA 3º ESO 3. O texto que redactou Ana é pouco coherente porque repite continuamente ideas (por exemplo, «me deu moita pena») e reflicte que a información non foi previamente seleccionada. Asemade, reproduce a mesma idea en dous parágrafos distintos (idea de que lle deu moita pena) e contrapón as súas achegas, xa que primeiro indica que non lle gustou o libro e inmediatamente despois fai referencia á parte que máis lle gustou. 4. Se descartamos as ideas que se desvían do tema principal, estas son as relacionadas: - Cada día existen máis coches polas rúas e tamén máis conflitos circulatorios. - Os automóbiles non sempre respectan o Código de Circulación. - Os peóns ás veces cruzan as rúas sen precaución. - As páxinas de sucesos dos xornais dan boa mostra desta realidade. - O problema ecolóxico derivado do tráfico é outro tema importante. • Un posible texto que recolla todas estas ideas sería: Cada día exiten máis coches polas rúas e tamén máis conflitos circulatorios. As páxinas de sucesos dos xornais dan boa mostra desta realidade: por unha parte, os automóbiles non sempre respectan o Código de Circulación e, por outra, os peóns, ás veces, cruzan as rúas sen precaución. O problema ecolóxico derivado do tráfico é outro tema importante. OS NOMES DAS COUSAS (44-45) 1. - Traumatismo: dano que se produce nunha parte do corpo por un golpe. - Intoxicación: efecto de intoxicarse. - Atragoamento: efecto de atragoarse ou sufrir unha obstrución na gorxa. - Crise cardíaca: manifestación aguda dunha alteración do estado do corazón, momento grave do corazón. - Reacción alérxica: cambio producido no organismo por unha causa mórbida ou pola aplicación dun remedio, sucesión de feitos marcados por un inicial. - Doente: enfermo. 2.

88

1. Xeringa 2. Vacinar/inxección 3. Caixa de urxencias 4. Estribeira 5. Cadeira de rodas 6. Enxesado/xeso/escaiola 7. Padiola 8. Soro 9. Xarope 10. Escordadura.


SOLUCIONARIO 3. - Gripe. Síntomas: febre, tose, dores musculares, cansazo xeneralizado. Tratamentos: repouso, inxestión de líquidos, analxésicos. - Varíola. Síntomas: bochas na pel, calafríos, febre, dor de costas, náuseas. Tratamento: vacina, antibiótico. - Sarampelo. Síntomas: sarabullo na pel e comechón, sensación de febleza, febre. Tratamento: manterse en lugar quente, analxésicos. - Arrefriado. Síntomas: conxestión nasal, dor de gorxa, espirros. Tratamento: xarope. 4. - Cirurxiá - Vertixe (cómpre facer notar que este é un substantivo feminino) - Doazón - Mancadura - Acne (cómpre facer notar que este é un substantivo feminino) - Proído 5. - Pediatría: especialidade médica que se ocupa das enfermidades infantís. - Oftalmoloxía: especialidade que se ocupa das doenzas dos ollos. - Xinecoloxía: especialidade que se ocupa do relacionado cos órganos sexuais da muller. - Odontoloxía: especialidade que se ocupa dos dentes, o tratamento das súas doenzas e a súa hixiene. - Traumatoloxía: parte da medicina que se encarga dos danos producidos nos ósos, articulacións e músculos. - Dermatoloxía: parte da medicina que se ocupa do estudo da pel e das súas enfermidades. LINGUA E SOCIEDADE (46-47) 1. No século XI, un nobre desenvolvería estas actividades nas seguintes linguas: - Celebración dun torneo: galego. - Redacción dun testamento: latín. - Instrucións aos vasalos: galego. - Rexistro eclesiástico do nacemento dun fillo: latín. - Relación en privado cos seus fillos: galego. • No século XIV todas esas actividade serían en galego. 2. Actividade de resposta aberta. As dúas linguas viviron o seu esplendor na época medieval. 3. Actividade de resposta aberta. Afonso X foi un monarca culto que dominaba o castelán, o galego-portugués (a súa lingua poética) e o latín, ademais de se dedicar a varias ciencias como a historia, a haxiografía, a teoloxía e as ciencias xurídicas. Coa colaboración de cristiáns, árabes e xudeus, fundou

89

2


LINGUA E LITERATURA 3º ESO na súa corte unha auténtica oficina de tradutores (ao castelán) e compiladores, onde se verteron e compilaron gran número de obras que contribuíron ao incremento cultural da Península. 4 e 5. Actividades de resposta aberta. A LINGUA POR DENTRO (48-51) 1. MORFEMAS DERIVATIVOS Prefixos

pre-

ultrade-

2.

3.

90

notaria / notario cabalo / egua alcaldesa / alcalde

LEXEMA reloxmedio, día reloxcatalanooficio reloxprestixio colllaborxuízocostume luz -mar-pendherocárcere client-

MORFEMAS DERIVATIVOS Sufixos -eir-

MORFEMAS FLEXIVOS Xénero Número -o

-aría -án -s -eir-

-o-

-s

-eit-

-a -es -s

-in-ent-

-o-a -ína

-s

-a-

-s

xenro / nora médica / médico farmacéutico / farmacéutica tsar / tasarina cónsul / consulesa ovella / carneiro

reloxo (masculino) mediodía (masculino) oficio (masculino) negocio (masculino) labores (masculino)

praza (feminino) reloxaría (feminino) reloxeiros (masculino) sona (feminino) prexuízo (masculino)

o/a correspondente profeta / profetisa emperador / emperatriz

punto (masculino) anos (masculino) prestixio (masculino) colleita (feminino) hora (feminino)


SOLUCIONARIO vítima (feminino) día (masculino) golpe (masculino) pasma (feminino) vez (feminino) caixa (feminino)

costume (masculino) fronte (feminino) tenda (feminino) cartos (masculino) choio (masculino)

luz (feminino) cara (feminino) ultramarinos (masculino) cárcere (masculino) momento (masculino)

4. - dedo: cada unha das partes prolongadas móbiles en que terminan as mans e os pés do home e dos animais. - deda: dedo do pé. - testemuña: persoa que testifica un feito por ter coñecemento del ou telo presenciado. - testemuño: declaración da testemuña nun xuízo. - leira: terra de labradío; porción de terreo cultivado. - leiro: leira pequena. - ría: esteiro ou treito final dun val fluvial asolagado polo mar e que queda influído pola penetración das mareas. - río: corrente natural de auga doce dunha certa magnitude que aflúe ou desemboca no mar, nun lago ou noutra corrente. - cello: espazo da fronte que queda entre as cellas. - cella: parte saínte con forma curvilínea e cuberta de pelo, situada sobre a órbita ocular que cumpre unha función protectora. - cesto: recipiente de forma cilíndrica ou troncocónica, xeralmente feito de vimbios ou de cortizas de árbore, de menor tamaño ca a cesta, e cunha asa que vai de lado a lado. - cesta: recipiente xeralmente feito de vimbios ou láminas estreitas de madeira, máis grande ca o cesto, e xeralmente con dúas asas. - poza: cavidade no terreo que contén auga estancada; charqueira. - pozo: escavación vertical profunda realizada no solo para buscar auga, petróleo, gas, etc. - ova: masa que forma o conxunto dos ovos ou dos óvulos dos peixes; míllara, bragada. - ovo: produto comestible da posta dalgunhas aves, principalmente da galiña. - cubo: poliedro regular formado por seis caras iguais cadradas. - cuba: recipiente de gran capacidade feito de táboas un pouco curvadas, chamadas doelas, unidas entre si e reforzadas por medio de aros metálicos, e cerrado polas cabezas cunha tapadeira de madeira. 5. irmán – irmáns; tren – trens; til – tiles; anzol – anzois; control – controis; deus – deuses; baúl – baúis; dolmen – dolmens; mísil – mísiles; ciprés – cipreses; colar – colares; saharauí – saharauís; dobrez – dobreces; téxtil – téxtiles; perfil – perfís; dólar – dólares; alemá – alemás; réptil – réptiles; pub – pubs; sándwich – sándwichs; álbum – álbums; choromicas – choromicas (invariable); portal – portais; venres – venres (invariable)

91

2


LINGUA E LITERATURA 3º ESO 6. - Reloxaría: común, concreto, contable e individual. - Barcelona: propio, concreto, contable e individual. - Prestixio: común, abstracto, incontable e individual. - Vítima: común, concreto, contable e individual. - Clientas: común, concreto, contable e individual. - Prexuízos: común, abstracto, incontable e individual. - Caixa: común, concreto, contable e individual. 7. frase substantiva NÚCLEO

MODIFICADOR

subst.

adx.

Follas

novas

frase nominal DET.

NOMINAL frase subst. NÚCLEO

MOD.

subs.

subst.

adx.

O

pazo

baleiro

frase substantiva

92

NÚCLEO

MODIFICADOR

subst.

adx.

Vento

ferido


SOLUCIONARIO

frase nominal DET.

NOMINAL frase subst. NÚCLEO

MOD.

subs.

subst.

frase prep.

Un

ollo

de vidro

frase nominal DET.

NOMINAL frase subst. NÚCLEO

MOD.

subs.

subst.

adx.

As

cidades

invisibles

frase substantiva NÚCLEO

MODIFICADOR frase prep. REL.

TERMO

subst.

prep.

subst.

Lúas

de

nácara

8. - Cala, meu Xan (vocativo), que pareces un papagaio (complemento directo). - Os meus compañeiros (suxeito) son bastante amables.

93

2


LINGUA E LITERATURA 3º ESO - A Luísa non lle gustan as filloas (suxeito). - Contou un chiste (complemento directo) moi gracioso. - Chegaron o sábado (complemento circunstancial). - Aquelas escaleiras (suxeito) de pedra daban paso á entrada do pazo (complemento directo). LETRAS E SIGNOS (52) 1. Descrición do fonema das vogais tónicas: - Sete: semiaberta, anterior ou palabral [ɛ] - Ao: semiaberta, posterior ou velar [ɔ] - Lonxe: semipechada, posterior ou velar [o] - Cuberto: semiaberta, anterior ou palatal [ɛ] - Néboa: semiaberta, anterior ou palatal [ɛ] - Mesta: semiaberta, anterior ou palatal [ɛ] - Agora: semipechada, posterior ou velar [o] - Sobes: semiaberta, posterior ou velar [ɔ] - Anímate: pechada, anterior ou palatal [i] - Home: semiaberta, posterior ou velar [ɔ] - Atopamos: aberta, central [a] - Neve: semiaberta, anterior ou palatal [ɛ] - Festa: semiaberta, anterior ou palatal [ɛ] - Présa: semiaberta, anterior ou palatal [ɛ] - Norte: semiaberta, posterior ou velar [ɔ] PROBA DE AVALIACIÓN (54) 1. Entre os factores que contribuíron ao desenvolvemento de Galicia na Idade Media debemos comentar, dentro do eido económico e social, as melloras na agricultura e no comercio. Isto provocou o crecemento da poboación, o seu asentamento e a aparición de novos núcleos urbanos. Por outra parte, non podemos esquecer que Compostela será a cidade máis importante de Galicia ao converterse nun foco cultural e nun centro de peregrinación a través do Camiño de Santiago. Por último, no ámbito político, cómpre indicar que Galicia se converterá en reino independente nalgunhas ocasións. Este desenvolvemento traerá consigo un importante pulo cultural e artístico que se concretou na arte románica e na lírica galego-portuguesa como expresión literaria do galego-portugués. • Durante os séculos XIII e XIV o galego era unha lingua normalizada porque era a lingua de expresión de todos os galegos e ocupou todas as funcións sociais, tanto orais como escritas. 2. Os manuscritos nos que se conservan as cantigas son os Cancioneiros. O máis completo é o da Biblioteca Nacional, que contén 1.700 pezas de todos os xéneros.

94


SOLUCIONARIO • O trobador é un membro da nobreza que no seu tempo de lecer compoñía cantigas e, ás veces, podía interpretalas. O xograr pertencía a unha escala inferior e era exclusivamente o intérprete das cantigas que compoñían os trobadores. • Os menestreis e as soldadeiras acompañaban as representacións musicais, os primeiros eran os músicos e as segundas cantaban e bailaban. 3. Os temas que predominan nas cantigas da escolma son: - A coita amorosa (Bernal de Bonaval e João García de Guilhade): «A que tenh’eu por lume d’estes olhos meus / e por que choram sempre», «a gran coita d’amor hei». - Síntomas do amor (João García de Guilhade): «ca me vejo sandeu andar / e con sandece o direi». - Loanza da dama (Don Dinis): «prez nen fremusura non fal, / nen bondade». - Confesión do amor (Paio Gomes Charinho): «ca nunca lhi tan ben posso fazer / serviço morto, como se viver». 4. O texto incumpre a coherencia textual porque a información non está organizada e o lector non percibe os contidos con claridade. Composición: Cada comprimido contén 0,125g de ácido acetilsalicílico; sacarina sódica, 0,001g e excipiente. Acción: O ácido acetilsalicílico é eficaz como antipirético e analxésico. Indicacións: Alivio da dor moderada, coma dores de cabeza e dores dentais. Estados febrís. Posoloxía: Dose media recomendada: Nenos/as de 1 a 2 anos: ½ comprimido por toma, até un máximo de 4 tomas en 24 horas. Nenos/nenas de 2 a 4 anos: 1 comprimido por toma, até un máximo de 4 tomas en 24 horas. Nenos/as de 4 a 6 anos: 1 ½ a 2 comprimidos por toma, até un máximo de 4 tomas en 24 horas. Nenos/nenas de 6 a 12 anos: 2 a 2 ½ comprimidos por toma, até un máximo de 4 tomas en 24 horas. Os comprimidos poden mastigarse ou deixarse disolver na boca, bebendo a continuación algún líquido. Tamén poden administrarse diluídos en auga, zume de froita, leite ou papas. A administración do preparado está supeditada á aparición de síntomas de dor ou febre. A medida en que estes desaparezan debe suspenderse esta medicación. Contraindicacións: Úlcera gastroduodenal ou molestias gástricas de repetición. Alerxias a salicatos. Hemofilia ou problemas de coagulación no sangue. Insuficiencia renal e/ou hepática. Precaucións: A inxestión de ácido acetilsalicílico, entre outros factores, relaciónase con Síndrome de Reye, enfermidade moi pouco frecuente pero grave. Xa que logo, recoméndase consultar o médico antes de administrar o medicamento aos/ás nenos/as e adolescentes cando aparezan procesos febrís, gripes ou varicelas. Se se presentan vómitos ou somnolencia debe interroperse o tratamento e consultar inmediatamente ao médico.

95

2


LINGUA E LITERATURA 3º ESO Interaccións: En caso de administración continuada, advertir o médico ou odontólogo ante posibles intervencións cirúrxicas. Non administrar sistematicamente para previr as posibles molestias orixinadas polas vacinacións. Pode potenciar o efecto dos anticoagulantes orais e antidiabéticos orais. Non administrar con fármacos potencialmente ulceroxénicos (alcohol, corticoides). 5. Trátase dun texto de tipo expositivo-informativo sobre a aspirina. Cumpre os principios de concisión e propiedade. A concisión conséguese a través da brevidade, evitando o uso de substantivos de significado próximo, non sobreutilizando os adxectivos cualificativos e non abusando dos adverbios en -mente. En canto á propiedade depende da amplitude do léxico, non empregando palabras comodín e usando termos técnicos e precisos. 6 e 7. Actividades de resposta aberta. 8. Exemplo de resolución da actividade: - Comprimido: deriva de comprimir; -id- (morfema derivativo sufixo), -o (morfema flexivo de xénero masculino). - Moderada: deriva de moderar; -ad- (morfema derivativo sufixo), -a (morfema flexivo de xénero feminino). - Administración: deriva de administrar; -ción (morfema derivativo sufixo). - Medicación: deriva de medicar; -ción (morfema derivativo sufixo). - Tratamento: deriva de tratar; -mento (mordema derivativo sufixo). • - Nenos: nen- (lexema), -o- (morfema flexivo de xénero masculino), -s (morfema flexivo de número plural). Feminino: nenas. - Adolescentes: adolescente- (lexema), -s (morf. flexivo de número plural). Feminino: adolescentes. - Médico: médic- (lexema), -o (morfema flexivo de xénero masculino). Feminino: médica. 9. a dor, a dose, a auga, a síndrome, o leite, o síntoma, o sangue. 10. - Aspirina: propio, concreto, contable, individual. - Sacarina: común, concreto, contable, individual. - Dor: común, concreto, contable, individual. - Líquido: común, concreto, contable, individual. 11. - Frases substantivas: dose media recomendada, procesos febrís, alivio da dor moderada. - Frases nominais: o ácido acetilsalicílico, os comprimidos, a administración do preparado. 12. - Médico: e (semiaberta anterior ou palatal), i (pechada, anterior ou palatal), o (semipechada, posterior ou velar). - Cabeza: a (aberta central), e (semipechada anterior ou palatal), a (aberta central).

96


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.