TEMA 3. 3º ESO. XERAIS

Page 1

PROPOSTA DIDÁCTICA

Agustín Fernández Paz Ana Acuña Trabazo Ana Iglesias Álvarez Anaír Rodríguez Rodríguez Miguel Louzao Outeiro Xabier Campos Villar Xosé Manuel Moo Pedrosa


SOLUCIONARIO DO LIBRO DO ALUMNADO


SOLUCIONARIO

UNIDADE 3 LITERATURA «Comprende e razoa» (57) 1. A utilización de técnicas repetitivas axuda a estruturar o texto das cantigas de amigo de forma que facilita a súa memorización e comprensión, o que permite fixar un ritmo marcado para a súa declamación. 2. A música actual sería herdeira dalgúns elementos de repetición como o paralelismo e o refrán. 3. As cantigas de amigo recollen os sentimentos das mulleres porque son reelaboracións cultas dunha poesía popular autóctona común a outras zonas de lingua romance; ademais aproveitan elementos simbólicos. ESCOLMA «Repara» (59) 1. Trátase de cantigas de amigo porque nelas unha moza manifesta o seu amor por un amigo que está lonxe e co que desexa o encontro. Nestas breves composicións o amado aparece citado como «amigo». Outras razóns desta inclusión son a presenza dun contorno natural, as continuas repeticións paralelísticas (tanto semánticas como estruturais) ou o reiterado emprego do refrán ao final de cada estrofa. 2. Algúns dos elementos simbólicos máis recorrentes das cantigas de amigo son: avelaneiras (paixón erótica), cervo (namorado), mar e ondas (paixón amorosa). 3. - Na cantiga de Airas Nunes encóntrase paralelismo nas dúas primeiras estrofas e dous versos da terceira estrofa, ademais de refrán. - Na cantiga de Pero Meogo: paralelismo nos dous versos das dúas primeiras estrofas e paralelismo nos dous versos das dúas últimas. - Na cantiga de Johán de Cangas: paralelismo no último verso de cada estrofa e refrán. - Nos textos de Martin Codax e mais no de Meendinho: paralelismo, leixaprén e refrán.

97

3


LINGUA E LITERATURA 3º ESO 4. A cantiga de Airas Nunes é unha bailada, a de Martin Codax unha barcarola ou mariña, a de Johán de Cangas unha cantiga de romaría e a de Meendinho é unha cantiga mariña e de romaría. LECTURA E TRABALLO CO TEXTO (62-63) 1. - Velida: fermosa. - Fontana: fonte. - Leda: alegre. - Louçana: bela. 2. • A voz poética é unha terceira persoa que expón os sentimentos femininos. A través deste «eu escénico» descríbese un encontro amoroso nunha fonte. • A voz poética fala dunha moza que vai lavar os cabelos á alba. A fonte e a alba son lugar e momento aptos para o encontro dos namorados na poesía popular. A auga como símbolo universal do feminino e da fecundidade. • O estado anímico da protagonista é de alegría polo próximo encontro co namorado. • Na fonte encontra o amigo, simbolizado no cervo que turba a auga. 3. Pertence ao xénero das cantigas de amigo porque nela unha muller namorada centra a atención do poema e refírese ao namorado como «amigo». Outras razóns desta inclusión son a presenza dun contorno natural, as continuas repeticións paralelísticas (tanto semánticas como estruturais) ou o reiterado emprego do refrán ao final de cada estrofa. 4. • Os elementos que se repiten no poema son, basicamente, o verso ao final de cada estrofa (refrán), e os dous primeiros versos de cada grupo de dúas estrofas. • A cantiga de Pero Meogo ten leixaprén en todas as estrofas posibles. Para que fose un leixaprén perfecto habería que emendar as seguintes frases, que non reproducen fielmente os versos aos que imitan: «passou seu amigo, que lhi ben quería», «passa seu amigo, que lhi ben quería». 5.

Levantouse á alba, levantouse a belida vai lavar cabelos, na fonte fría leda de amores, de amores leda. Levantouse a fermosa, levantouse a bela, vai lavar cabelos, na fría fonte, leda de amores, de amores leda. Vai lavar cabelos, na fonte fría, pasou seu amigo, que ben lle quería, leda de amores, de amores leda.

98


SOLUCIONARIO Vai lavar vabelos, na fría fonte, pasa seu amigo, que moito a amaba, leda de amores, de amores leda. Pasa seu amigo, que ben lle quería, o cervo do monte á auga volvía leda de amores, de amores leda. Pasa seu amigo, que moito a amaba, o cervo do monte volvía á auga leda de amores, de amores leda. É necesario comentar os cambios ortográficos entre b/v, as grafías que hoxe desapareceron ou se adaptaron (ss/ç/z, lh), así como o cambio sufrido polo ditongo -ui. 6. - Verso dunha hipotética sétima estrofa: O cervo do monte a augua volvía - Verso dunha hipotética oitava estrofa: O cervo do monte volvía a augua 7.

Como vivo coitada, madre, por meu amigo, ca m’enviou mandado que se vai no ferido: e por el vivo coitada! Como vivo coitada, madre, por meu amado, ca m’enviou mandado que se vai no fossado: e por el vivo coitada! Ca m’enviou mandado que se vai no ferido, eu a Santa Cecilia de coraçón o digo: e por el vivo coitada! Ca m’enviou mandado que se vai no fossado, eu a Santa Cecilia de coraçón o falo: e por el vivo coitada!

8. Actividade de resposta aberta. 9. Unha posible reescritura podería ser a seguinte: Levou-saa noite, levou-sa feia, vai lavar cabelos, na fontana quente, triste de amores, de amores triste. (...) Vai lavar cabelos, na fontana quente, passou seu amigo, que lhi mal quería, triste de amores, de amores triste. (...)

99

3


LINGUA E LITERATURA 3º ESO 10. - Anxos, Rosa, Estrela, Margarida, Luz. - Regueiro, Monte Alto, Pousadoiro, Xunqueira, As Lagoas. 11. No texto, as formas verbais están en perfecto e en presente de indicativo. - Perfecto: foi, quixo, amou, volveu. - Copretérito: ía, levantaba, pasaba. 12 e 13. Actividades de resposta aberta. TIPOS DE TEXTOS (65) 1. As características destacables do físico do rapaz son a cabeza (ollos, fociños, pelo, barba, marcas), a pel e a estatura. Outros trazos que non se din teñen que ver coa forma de ser: relación entre o aspecto das mans e o oficio, relación entre as marcas do rostro e o oficio, e a relación entre a maneira de falar e a clase social. O autor bota man de varios recursos lingüísticos: predominio dos adxectivos e dos substantivos, uso da comparación e dos verbos en presente e pretérito. 2. Actividade de resposta aberta. 3. Actividade de resposta aberta. Unha posibilidade pode ser a seguinte: A rapaza da imaxe é morena de pel e parece forte. A súa cabeza é pequena en relación ao tamaño do cabelo, moi longo e escuro. Na súa cara destaca o seu nariz amplo e nos seus labios asoma un sorriso. A súa mirada parece tranquila, expectante. 4. Actividade de resposta aberta. 5. O texto 2 desenvolve unha descrición obxectiva, sen valoracións persoais. Pola contra, o texto 3 reproduce unha descrición subxectiva na que os datos obxectivos aparecen escondidos tras as valoracións ou impresións persoais: «fiestra desconfiada, de ollar vesgo», «sebes que se curvaban cunha vontade de bóveda», «o musgo levedaba e tiña o corpo dun ourizo cacho arrecunchado», «casa que semellaba sostida e apuntalada pola natureza», «ruínas que queren esboroarse», «as hedras (...) non as fenden, senón que as vendan». 6. Actividade de resposta aberta. 7. A descrición 4 é subxectiva porque os datos se mesturan con ideas, valoracións ou impresións persoais. A casa da tía Ádega compárase cun boneco. O seu pelo relaciónase cun corno, dise que é un cañoto cortado en bico e enribirichado como o rabo dun o. A descrición tamén presenta personificación (na casa que chisca un ollo) e esaxeración (o pelo ofensivo coma un corno).

100


SOLUCIONARIO O TECIDO DA LINGUA (66-67) 1. Actividade de resposta aberta. Esta actividade debe servir para reflexionar sobre como, a través de diferentes procedementos, podemos referirnos a un mesmo concepto ao longo dun texto. 2.

3. Pon as ameixas en remollo en auga fría durante unha hora. Pasado ese tempo, escórreas e lávaas en abondosa auga. Bota 10 culleradas de aceite nunha pota grande e pona ao lume. Pica a cebola e o allo o máis miúdo posible. Bota eses dous ingredientes na pota cando o aceite fumegue e remexe durante un par de minutos. Cando a cebola estea medio feita, engade as ameixas. OS NOMES DAS COUSAS (68) 1. Mañá, tarde, día, noite, tarde-noite. • Actividade de resposta aberta. 2.

Noroeste

Norte

Oeste

Nordeste

Leste

Sur

Sueste

101

3


LINGUA E LITERATURA 3º ESO 3. Ordenados de esquerda a dereita, os números de cada imaxe son os seguintes: 9. Despexado/solleiro 3. Nubes e claros 7. Cuberto/nubrado 4. Chuvascos 8. Chuvia 1. Neve 5. Treboadas 2. Néboas/brétemas 6. Sarabia 4. Actividade de resposta aberta. Un modelo posible pode ser o seguinte: Na provincia de Lugo contaremos con tormentas de neve por enriba dos 800 m no sueste da provincia, fortes chuvias na mariña lucense e néboas no sur. A predición para a provincia de Ourense mellorará a medida que nos vaiamos achegando á fronteira con Portugal, xa que haberá nubes e claros. Na zona norte e no resto da provincia os ceos estarán cubertos. Para os que pensen pasar o día na provincia de Pontevedra, podemos dicir que haberá nubes e claros na zona norte e sur, ao tempo que na franxa fronteiriza entre Pontevedra e A Coruña, brillará o sol dende primeiras horas da mañá. Na provincia da Coruña non se librarán da chuvia que afectará tamén, como xa indicamos, ao norte de Lugo. 5. - Tromba de auga forte e intensa: ballón - Chuvia miúda e pouco intensa: poalla - Humidade da noite que molla: orballo - Aumento repentino da forza do vento: refacho - Vento marino e frío: viruxe 6. Actividade de resposta aberta. LINGUA E SOCIEDADE (70-71) 1 e 2. Actividade de resposta aberta. 3. Actividade de resposta aberta. 4.

Os individuos que acadan máis facilmente o bilingüismo galego-castelán serán os galegofalantes familiares porque fóra da familia hai moitas máis oportunidades de desenvolverse en castelán ca en galego. Un castelanfalante ten poucos lugares onde practicar o galego, por iso non poderá acadar un dominio elevado desta lingua.

102


SOLUCIONARIO A LINGUA POR DENTRO (72-73) 1.

cor alaranxada (l. 3) cutícula moi lisa (l. 4) marxe irregular (l. 5) laminiñas desiguais, pretas (l. 6)

máculas máis escuras e esparexidas (l. 8-9) exemplares vellos (l. 2) sabor picante, moi agradable (l. 11)

2. O sombreiro, de até 15 cm, adquire nos exemplares novos forma de funil, pois afunde un pouco no centro. É de cor amarela, con bandas concéntricas en distintas tonalidades e coa idade vaise tinguindo de verde. A cutícula é moi áspera, algo visguenta e coa marxe regular. As laminiñas son iguais, secas, moi decorrentes, da mesma cor que o sombreiro ou algo máis claras. Tínguense de vermello e de verde coa idade. O pé, oco, é fino e longo, da mesma cor que o resto, pero con algunhas máculas máis claras e mestas. A carne é amarela, aínda que rapidamente se tingue da cor cenoria, pois ten abundante látex desta cor. Ten sabor acedo en cru, moi doce cociñado. Moi bo comestible. Atópase dende o mes de setembro até o Nadal, baixo piñeiros, preferentemente en zonas que teñen sotobosque herbáceo. 3. SUBSTANTIVOS

ADXECTIVOS EXPLICATIVOS

ADXECTIVOS ESPECIFICATIVOS

lebre luz paxaro herba cristal chuvia

rápida luminosa ovíparo verde transparente húmida

parda artificial cantor cortada tintado radioactiva

4. GRAO POSITIVO

exemplares vellos cor alaranxada bandas concéntricas distintas tonalidades algo visguenta marxe irregular laminiñas desiguais, pretas pé oco, groso, curto carne alaranxada sabor picante

GRAO COMPARATIVO

máis claras máis escuras e esparexidas

GRAO SUPERLATIVO

moi lisa moi decorrentes moi agradable moi bo comestible moi decorrentes

103

3


LINGUA E LITERATURA 3º ESO 5. O alumnado deberá escribir un texto breve empregando os seguintes superlativos: celebérrimo, máximo, paupérrimo, pésimo, supremo, sapientísima e misérrima. De exemplo pode servir o seguinte: Era un personaxe celebérrimo que contaba coas máximas audiencias nos programas de televisión. Con todo, ninguén sabía que vivira unha infancia paupérrima de afecto. Esta situación misérrima, en máis dun sentido, provocáballe pésimos efectos. Os anos convertérano nunha persoa sapientísima para ir superando todas as dificultades cunha forza suprema. 6. Actividade de resposta aberta. Unha proposta: - O noso é o can máis dócil do barrio. - Este é o río menos caudaloso de Galicia. - Dixéronme que era o automóbil máis seguro do mercado. - O inverno é a estación máis chuviosa do ano. - É o museo menos coñecido de Europa. 7. - Marchastes moito antes ca min do concerto. - Gústame máis pintar ca/que ler. - O regalo gustoulle menos do que criamos. - A película foi tan aburrida como dixera. - Nunca pasei tanto frío como/coma naquela excursión á montaña. 8. - un micrófono impasíbel (MOD: adxectivo). - un escuro espía (MOD: adxectivo). - os nosos pensamentos máis secretos (MOD: frase adxectiva). - cousa inconfesábel (MOD: adxectivo). - un pozo profundísimo (MOD: adxectivo). - auga fría (MOD: adxectivo). 9. - O voso gato parece moi tranquilo. Neste caso a frase adxectiva moi tranquilo desempeña a función de ATRIBUTO. O adverbio moi é MODIFICADOR e o adxectivo tranquilo é NÚCLEO. - A viaxeira chegou excesivamente cansa. A frase adxectiva excesivamente cansa desempeña a función de PREDICATIVO. O adverbio excesivamente é MODIFICADOR e o adxectivo cansa é NÚCLEO. - Ten un can moi listo que a espera na porta sempre que chega. A frase adxectiva moi listo desempeña a función de MODIFICADOR do substantivo can. O adverbio moi é MODIFICADOR e o adxectivo listo é NÚCLEO. - A sala aínda era bastante ampla: A frase adxectiva bastante ampla desempeña a función de ATRIBUTO. O adverbio bastante é MODIFICADOR e o adxectivo ampla é NÚCLEO.

104


SOLUCIONARIO LETRAS E SIGNOS (76) 1. Precisan da intervención dos labios as palabras que conteñan consoantes bilabiais ou labiodentais ([b], [p], [m], [f]). É preciso expulsar o aire polo nariz naquelas palabras que conteñen consoantes nasais ([m], [n], [ŋ], [ɲ]). 2.

Maleta –Punto de articulación: alveolar. –Modo de articulación: lateral líquida. –Vibración das cordas vocais: sonora. Maceta –Punto de articulación: interdental. –Modo de articulación: fricativa. –Vibración das cordas vocais: xorda. Maneta –Punto de articulación: alveolar. –Modo de articulación: nasal. –Vibración das cordas vocais: sonora. Caixa –Punto de articulación: velar. –Modo de articulación: oclusiva. –Vibración das cordas vocais: xorda. Baixa –Punto de articulación: bilabial. –Modo de articulación: oclusiva. –Vibración das cordas vocais: sonora. Faixa –Punto de articulación: labiodental. –Modo de articulación: fricativa. –Vibración das cordas vocais: xorda. Fonte –Punto de articulación: labiodental. –Modo de articulación: fricativa. –Vibración das cordas vocais: xorda. Ponte –Punto de articulación: bilabial. –Modo de articulación: oclusiva. –Vibración das cordas vocais: xorda. Monte –Punto de articulación: bilabial. –Modo de articulación: nasal. –Vibración das cordas vocais: sonora.

105

3


LINGUA E LITERATURA 3º ESO PROBA DE AVALIACIÓN (78) 1. Cantigas de amor

Cantigas de amigo

Voz poética

namorado

namorada

Denominación do ser amado

senhor

amigo

Tipo de amor

vasalaxe amorosa

plano de igualdade

Ambientación

natureza convencionalizada

natureza amiga e confidente

Recursos repetitivos

cantiga de mestría cantiga de refrán cantiga con dobre, mordobre, finda e ata finda

cantiga tradicional con paralelismo cantiga de refrán cantiga de mestría (rara)

2. - Emisor: personaxe feminina. - Destinatario: amigo ausente. - Mensaxe: sentimentos de soidade e angustia pola ausencia do amigo, agoira a chegada da morte ante a imposibilidade de salvarse das ondas do mar embravecido que a rodean. - Contexto: na ermida de San Simón (ría de Vigo). 3. A parte descritiva é aquela que se centra no barco. Trátase dunha descrición subxectiva, como se pode comprobar nos seguintes exemplos: «cuspindo labaradas de cinza e odio» (l. 3-4) «deitado como unha balea de ferro coas costelas ao aire» (l. 5) «cadáver devorado por auga e linguas de escuma negra» (l. 6) «botaba os derradeiros estertores nunha loita iracunda» (l. 7) A parte narrativa é un fragmento do inicio: «A choiva... avanzamos» (l. 1-3). 4. Comparación, personificación e esaxeración: [o barco] «como unha balea», «cuspindo labaradas de odio», «resistíase a afundir». 5. Actividade de resposta aberta. 6. - Palabras que se refiren ao barco: Mar Exeo (l. 4), o seu cadáver (l. 6), buque (l. 8, 12). - O suxeito barco está elidido en: «[o barco] Levaba moitas horas así, deitado...» (l. 4), «e [o barco] botaba os derradeiros estertores» (l. 7). - A palabra traxedia aparece dúas veces. Palabras que se refiren a traxedia: catástrofe (l. 8), todo (l. 14). 7. Tempo meteorolóxico: choiva, vento, chuvasco de vento, treboada. choiva: chuvia, chuvascada

chuvasco de vento: ballón

vento: aire, refacho

treboada: tormenta, trebón

106


SOLUCIONARIO • Campo semántico marítimo: encallar, costas, barco, balea, auga, escuma, pantalán, afundir, flote, eslora, fondeado, ría. 8. - Contacto lingüístico: situación pola que diversas linguas comparten un mesmo territorio. - Conflito lingüístico: situación inestable de contacto entre linguas por desequilibrio entre os grupos lingüísticos. - Bilingüismo social: situación de contacto entre dúas ou máis linguas nun mesmo territorio. - Bilingüismo individual: coñecemento e uso de dúas ou máis linguas por un mesmo individuo. - Lingua inicial: aquela á que o individuo está exposto dende o seu nacemento. - Bilingüe inicial: aquela persoa que comeza a falar en dúas ou máis linguas ao mesmo tempo. 9. Todos os adxectivos están en grao positivo. - Doado e divertido (superlativo: divertidísimo) (l. 2) - Húmido (l. 3) - Pestilente (l. 4) - Negra (superlativo: negrísima) (l. 6) - Derradeiros (l. 7) - Iracunda (l. 7) - Difícil (superlativo: dificilísima) (l. 8, 10) - Inmediata (l. 13) - Meteorolóxicas (l. 15) - Nova (l. 17) - Marítima (l. 17) - Coruñesas (l. 17) • Exemplos: - Foi máis divertido pasar o cerco que a comprobación da traxedia. - O mar estaba tan negro coma o loito. - Era unha situación menos difícil que a que viviramos anos antes. • Atributo: Foi doado. - Modificadores dentro dunha frase substantiva: botaba os derradeiros estertores, nunha loita iracunda, as condicións meteorolóxicas. 10. - Torre: dental oclusiva xorda, alveolar vibrante múltiple sonora. - Fume: labiodental fricativa xorda, bilabial nasal sonora. - Axiña: palatal fricativa xorda, palatal nasal sonora.

107

3


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.