TEMA 4. 3º ESO. XERAIS

Page 1

PROPOSTA DIDÁCTICA

Agustín Fernández Paz Ana Acuña Trabazo Ana Iglesias Álvarez Anaír Rodríguez Rodríguez Miguel Louzao Outeiro Xabier Campos Villar Xosé Manuel Moo Pedrosa


SOLUCIONARIO DO LIBRO DO ALUMNADO


LINGUA E LITERATURA 3º ESO

UNIDADE 4 LITERATURA «Comprende e razoa» (81) 1. Podemos afirmar que as cantigas de escarnio e maldicir serven para coñecer a sociedade medieval, porque nelas critícase a sociedade da época sen facer distinción. 2. As cantigas de escarnio critican de forma encuberta e con dobres sentidos, mentres que as de maldicir satirizan de maneira directa a explícita. 3. As cantigas medievais son máis orixinais porque o conservado en prosa é unha tradución de obras escritas noutras linguas, aínda que os tradutores se permitiron moita liberdade creativa. 4. As cantigas de Santa María tiveron relevancia polo seu duplo obxectivo: relixioso e propagandístico de determinados santuarios. ESCOLMA «Repara» (83) 1. Son cantigas de escarnio as de Pero da Ponte e de Afonso Eanes do Cotón. Nelas critícase con dobres sentidos (en palabras como «frío», «cono»). Son cantigas de maldicir as de Martin Soares e Martin Moxa. 2. Os tipos de cantigas que encontramos na escolma son: social (Pero da Ponte), persoal sexual (Afondo Eanes do Cotón), literaria (Martin Soares) e moral (Martin Moxa). 3. A cantiga de Santa María é de loor porque se trata dun texto de loanza á virxe que emprega os tópicos dos cantigas de amor. Ex.: «rosa de beldad’e de parecer», «fror d’alegria e de prazer»... LECTURA E TRABALLO CO TEXTO (86-87) 1. - Cidadanía: situación de quen é cidadán.

108


SOLUCIONARIO - Perímetro rural: liña que sinala o bordo dunha superficie. - Operativo: que está a funcionar. - Aboar: pagar unha cantidade de diñeiro por algo. - Redes sociais: estrutura social composta de grupos de persoas conectadas por un ou varios tipos de relacións. 2. • A nova informa da chegada do wifi gratuíto á cidade de Ourense e ao seu perímetro rural. • Ourense consegue poñerse ao nivel doutras cidades do estado e mesmo europeas. • Até o 1 de marzo será de balde, despois haberá que aboar unha cota en función da modalidade elixida. • Ayoub vai buscar redes sociais para contar a nova e descubrir canto se tarda en baixar películas e música. Antonio González pensa comprar un ordenador para aproveitar o servizo. • Prevese un incremento do número de usuarios cando chegue a primavera ou o verán porque o tempo permitirá un maior aproveitamento dos parques públicos. 3. alta velocidade - Significado cotián: 1. relación entre o espazo percorrido por algo ou alguén e o tempo empregado en percorrelo. 2. rapidez. - Significado na informática: medida de tempo utilizada para calcular tanto o tempo que tarda unha unidade en encontrar información almancenada nel como o tempo que tarda en ser lido un dato. puntos - Significado cotián: lugar concreto no espazo. - Significado na informática: localidade onde un determinado provedor de internet dá servizo de acceso a esa rede. a rede - Significado cotián: tecido feito con fíos, cordas ou arames entrelazados. - Significado na informática: tecnoloxía hardware e software que permite a dous ou máis ordenadores poder compartir recursos, datos, ficheiros etc. navegación - Significado cotián: acción de navegar (ir unha embarcación pola auga ou unha nave polo aire). - Significado na informática: visita a páxina web xeralmente en formato HTML. O termo popularizouse ao considerarse Internet como un mar de datos. consolas - Significado cotián: mesa decorativa que se coloca arrimada a unha parede. - Significado na informática: dispositivo informático especialmente deseñado para executar certo tipo de xogos. baixar - Significado cotián: 1. ir a un lugar que está máis baixo. 2. saír dun vehículo. 3. diminuír.

109

4


LINGUA E LITERATURA 3º ESO - Significado na informática: descargar, copiar, recibir no ordenador un ficheiro dende un servidor conectado en rede, xeralmente a través dun FTP de internet. cobertura - Significado cotián: aquilo que serve para cubrir algo. - Significado na informática: área xeográfica que cobre unha estación específica de telecomunicación. 4. - Parágrafo 1: a cidadanía ourensá dispón de 53 puntos públicos para conectarse á rede wifi. - Parágrafo 2: durante a presentación pública os maiores solicitaron aclaracións sobre o prezo, mentres que os mozos se interesaron por descubrir as posibilidades. - Parágrafo 3: outras persoas asistiron por curiosidade. - Parágrafo 4: os encargados do operativo solucionaron as dificultades dos máis ansiosos. A cidadanía ourensá dispón de 53 puntos públicos para conectarse á rede sen cable. Durante a presentación pública os encargados do operativo aclararon dúbidas e solucionaron inconvenientes dos usuarios máis ansiosos. 5, 6 e 7. Actividades de resposta aberta. 8. - wifi: organización comercial (Wi-Fi Alliance) que certifica o cumprimento dos estándares relacionados coas redes inalámbricas de área local. - internet: rede informática de ámbito mundial formada por ordenadores dispostos en subredes para intercambiar información. - pen drive: nome inglés para designar o dispositivo de almacenamento que utiliza memoria flash para gardar a información. - mega: abreviación de megabyte (1.000.000 bytes). Byte: unidade básica de almacenamento de datos. Outros cinco termos: software, chat, PC, rede social, disco duro. 9. - Ti sobes ao parque, oles as roseiras e sacodes as herbas. - Xoán sofre e séntese mal cando o seu equipo non consegue gañar. - María segue camiñando pola praia. 10 - Resolveu a situación habilmente. - O equipo local gañou o partido facilmente. - Temporalmente teremos que usar a aula do lado. - Marchou da aula ruidosamente. - Os manifestantes percorreron as rúas de Compostela tranquilamente. - Aquelas dúas persoas mantiñan unha discusión apaixonadamente.

110


SOLUCIONARIO TIPOS DE TEXTOS (88-89) 1 e 2. Actividades de resposta aberta. 3. A noticia si cumpre as pautas de redacción indicadas: - Que pasou? A chegada a Ourense da alta velocidade. - A quen? Cidadanía ourensá. - Cando? Decembro. - Onde? Cidade de Ourense e perímetro rural. - Como? Presentación nunha carpa instalada na Alameda. - Por que? Trátase dun operativo montado polo Concello a través da empresa Gowex. 4. Son valorativos estes tres titulares: «Contra o machismo como arma de guerra», «Galicia obvia o portugués, con dez veces máis alumnos en Estremadura» e «Os tablet PC, estrelas». O primeiro deles introduce a opinión do xornalista «como arma de guerra», o segundo engade un verbo valorativo «obviar» e o terceiro emprega o substantivo «estrelas» en sentido figurado con función valorativa. Os restantes titulares son informativos. 5, 6 e 7. Actividades de resposta aberta. Tanto á hora de que cadaquén redacte a súa crónica na actividade 5, como para analizar as crónicas dos xornais e revistas na actividade 6, é interesante ter en conta os seguintes aspectos indicativos dunha crónica ben redactada e composta: - Tratar de que a crónica non supoña unha acumulación de feitos noticiables ou interpretativos, senón unha mestura de ambos. - As valoracións terán que estar supeditadas á exposición e información dos feitos. - O redactor da crónica deberá explicar e analizar as manifestacións que exprese, fuxindo das hipóteses e das opinións aventuradas. - Tratarase de destacar o factor humano incluíndo anécdotas e curiosidades. - Procurarase que o estilo da redacción sexa directo e desenfadado, plasmando algunha característica do redactor ou redactora. - É preferible que a crónica comece cunha anécdota ou cunha descrición dun ambiente. - En canto á gramática, son preferibles os tempos verbais variados e o emprego de figuras retóricas; tamén o emprego de adxectivación engade sutileza á información. O TECIDO DA LINGUA (90-91) 1. No texto aparecen repetidos os termos seguintes: imaxe (liñas 1 e 2), ciclo (liñas 4 e 8) e cinco (liñas 9 e 10). 2. - Aquel rapaz de pelo longo leva unha luva amarela e unha azul. (Substitución mediante elipse) - Quedaran na cafetaría do instituto, pero alí non apareceu ninguén. (Substitución por adverbio) - Eu quero estudar Medicina e Xiana Dereito. (Substitución mediante elipse)

111

4


LINGUA E LITERATURA 3º ESO - Vai á casa de Roi e lévalle este paquete. Se non o atopas tráesmo de novo. (Substitución mediante pronomes) - Xa non quedan moitas pitas do monte na serra dos Ancares. Estas aves están en perigo de extinción. (Substitución mediante hiperónimos) - Lin a última novela de Manuel Rivas e gustoume aínda máis que a anterior obra del. (Substitución mediante sinónimo, elipse e pronome) 3. • - logrouno — armar un ciclo de cinema para a ocasión. (Substitución mediante pronome) - filme — película. (Substitución mediante sinónimo) - alí — Universidade de Santiago. (Substitución mediante adverbio) - longametraxe — película. (Substitución mediante sinónimo) - países — India, Guinea Ecuatorial, Arxentina, Perú e Senegal. (Substitución mediante hipónimos) - ver — visionar. (Substitución mediante sinónimo) • Deíxe de tempo: onte (liña 9). Na marxe dereita desta páxina aparece unha viñeta que exemplifica o funcionamento da deíxe. Pódese empregar para que o alumnado repare en que para comprender este enunciado é imprescindible coñecer o contexto. Só así se pode identificar o suxeito da acción cun gato e o deíctico «aí» con «enriba dun armario». OS NOMES DAS COUSAS (92-93) 1. Considéranse árbores os que medran en lonxitude, sobre todo polas xemas terminais e nas dos brotes laterais superiores. Considéranse arbustos, pola contra, os que medran polas xemas situadas nas ponlas inferiores e retardan o desenvolvemento das superiores. Con todo, na práctica non sempre é fácil distinguir entre árbore e arbusto. Por unha parte, a diferenza complícase á hora de aplicala a determinados exemplares e, por outra, hai árbores que en determinadas condicións poden vexetar como arbustos, ou arbustos que polo seu tamaño poden ser confundidos con árbores.

112

Nome

Árbore

Carballo Castiñeiro

X X

Bidueiro

X

Ameneiro Salgueiro Freixo Pradairo Abeleira Cerqueiro Érbedo Loureiro Olmo Lamigueiro Teixo

X X X X X X X X X X X

Arbusto

Froiteira de consumo humano

X

Folla caduca

Folla perenne

X X X

X

X X X X

X

X X X X X X X X X X

X

X


SOLUCIONARIO Acivro Estripeiro Abruñeiro Pereira Maceira brava

2.

X X X X X

X X X X X

1. Carballo 2. Bidueiro 3. Castiñeiro 4. Acivro

X X X X X

X X

5. Freixo 6. Ameneiro 7. Salgueiro 8. Loureiro

3. - carballo: carballeira - castiñeiro: souto - bidueiro: bidueiral/biduído - teixo: teixidal - maceira: pomar 4. Número

Forma

Cor

Tamaño

Casca ou pel. Tipo

Con carabuña, pebida, ou nada

Estación do ano

Mazá

5

acorazonada

verde, amarela, vermella

mediano

pel lisa

con pebidas

inverno

Ameixa

6

acorazonada

amarela, negra, encarnada

pequeno, mediano

pel lisa

con carabuña

verán

Cereixa

7

redonda

amarela, vermella

moi pequeno

pel lisa

con carabuña

verán

Pexego

9

redondeada

vermella, verde, amarela

pequeno, mediano

tona áspera e veluda

con carabuña

verán

Albaricoque

8

redondeada

amarela tirando a vermella

pequeno

tona áspera e veluda

con carabuña

verán

Néspero

10

ovoide

amarela tirando a laranxa

mediano

tona lisa

con carabuña

verán

Castaña

12

redondeada

castaña

pequeno

tona lisa e dura

sen carabuñas nin pebidas

outono e inverno

Noz

13

redondeada

castaña clara

pequeno

casca leñosa e dura dividida en dúas metades

sen carabuñas nin pebidas

outono e inverno

Abelá

15

redondeada

castaña

moi pequeno

casca leñosa e dura

sen carabuñas nin pebidas

outono

Améndoa

16

alongada

castaña

moi pequeno

casca dura

sen carabuñas nin pebidas

outono

Laranxa

18

redonda

laranxa

mediano

pel rugosa

con pebidas

inverno e primavera

Limón

17

ovoide

amarela

mediano

pel rugosa

con pebidas

todo o ano

redonda

laranxa

pequeno, mediano

pel rugosa

con pebidas

inverno e primavera

redondeada

castaña clara ou verdosa

pequeno

pel fina

con pebidas

verán e outono

ovoide

amarela

mediano

pel áspera

con pebidas

outono e inverno

Mandarina Figo Marmelo

14 2 11

Caqui

4

redondeada

encarnada

mediano

pel fina

con pebidas

outono e inverno

Amora

3

redondeada

encarnada, negra

moi pequeno

pel fina

sen carabuñas nin pebidas

verán

Oliva

1

redonda

verde, negra

moi pequeno

pel fina

con carabuña

inverno

113

4


LINGUA E LITERATURA 3º ESO • - Mazá (fem.) – maceira (fem.) - Ameixa (fem.) – ameixeira (fem.) - Cereixa (fem.) – cerdeira (fem.) - Pexego (masc.) – pexegueiro (masc.) - Albaricoque (masc.) – albaricoqueiro (masc.) - Néspera (masc.) – nespereira (fem.) - Castaña (fem.) – castiñeiro (masc.) - Noz (fem.) – noceira / nogueira (fem.) - Abelá (fem.) – abeleira (fem.) - Améndoa (fem.) – amendoeira (fem.) - Laranxa (fem.) – laranxeira (fem.) - Limón (masc.) – limoeiro (masc.) - Mandarina (fem.) – mandarineira (fem.) - Figo (masc.) – a figueira (fem.) - Marmelo (masc.) – marmeleiro / marmelo (masc.) - Caqui (masc.) – caqui (masc.) - Amora (fem.) – silveira (fem.) - Oliva (fem.) – oliveira (fem.) 5. - Estar san coma un buxo - Ser áspero coma un toxo - Ser forte coma un carballo - Ser ruín coma a grama - Ser delgado coma un vimbio - Ser alto e delgado coma un salgueiro 6. Actividade de resposta aberta. LINGUA E SOCIEDADE (94-95) 1. Na unidade 2 analizouse a «diglosia funcional ou clásica» como a repartición de funcións que existía entre o galego e o latín na primeira parte da Idade Media. O galego era a lingua oral cotiá de toda a poboación, pero na escrita e nos ámbitos formais empregábase o latín, considerado máis culto. Na unidade 4 analízase o termo «diglosia» nun sentido máis amplo: as situacións de conflito lingüístico nas que se dá un desequilibrio social entre as dúas linguas en contacto. Neste caso unha das linguas goza de maior prestixio ca a outra. No concepto visto na unidade 2 non había conflito lingüístico nin desequilibrio entre as dúas linguas (latín e galego), mentres que na unidade 4 si existe, pois unha das linguas está en expansión

114


SOLUCIONARIO (fronte á outra lingua minorizada con perda de falantes), ademais das distintas funcións e ámbitos de uso. 2. Actividade de resposta aberta. 3. Segundo o primeiro gráfico a poboación máis nova (5 a 29 anos) exprésase en castelán sempre. A lingua vai mundando conforme a idade, pero mesmo así, a opción de máis castelán é moi importante. No segundo gráfico móstranse os medios polos que se aprendeu a falar en galego e compróbase que a escola é o elemento máis importante entre os 5 e os 29 anos. Disto dedúcese que a familia está deixando de ser un axente transmisor do idioma galego. Polo tanto, aínda que o resultado final é moi dificilmente predicible, parece que o galego se atopa nun proceso de substitución lingüística ao deixar de ser lingua inicial dunha importante porcentaxe da poboación e abandonarse a súa transmisión. A non ser que haxa factores que prestixien o galego, este seguirá perdendo falantes. A LINGUA POR DENTRO (96-99) 1. - Aquela noite: feminino singular - os netos: masculino plural - esa luz: feminino singular - unha luz: feminino singular - o vello: masculino singular - ese home: masculino singular 2. - Artigos determinados: o (l. 1), os [aos] (l. 1), a (l. 1), o [no] (l. 3), os (l. 4), a [á] (l. 4), os [cos] (l. 4), o [no] (l. 6), o [do] (7), o (l. 9), o (l. 9), os (l. 9), o [ao] (l. 10), a (l. 10) - Artigos indeterminados: unha (l. 5), un (l. 8), un (l. 12) 3. - Foi á escola no autobús das oito. - Faloume duns ordenadores cunha pantalla táctil. - Coas ansias que teño dunha moto, ao mellor estudo nas fins de semana no canto de saír cos amigos. 4. - Primeira persoa: este (l. 10) - Segunda persoa: esa (l. 3), esa (l. 8), ese (l. 12) - Terceira persoa: aquela (l. 1), aquel [daquel] (l. 3)

115

4


LINGUA E LITERATURA 3º ESO 5. - Iso é coser e cantar. (SUXEITO) - Estas peras son da miña pereira. (DETERMINANTE dunha frase nominal) - Eses valen para perchas. (SUXEITO) - Diso non sabía nada. (TERMO dunha frase preposicional) - Iso foi o que atopou. (SUXEITO) 6. - Sempre celebro o meu aniversario cos meus amigos e coas miñas amigas. Posuidor: eu. Posuído: aniversario, amigos, amigas - A miña vila vive do mar; case todos os seus habitantes son mariñeiros. Posuidor: eu. Posuído: vila. | Posuidor: vila. Posuído: habitantes - Na nosa casa, ao daren as once da noite cada un vai para a súa cama. Posuidor: nós. Pouído: casa. | Posuidor: cada un. Posuído: cama - Non contabamos coa vosa chamada: pensamos que non vos gustaran os nosos plans. Posuidor: vós. Posuído: chamada. | Posuidor: nós. Posuído: plans 7. - Miña casiña, meu lar! Non leva artigo porque nos vocativos nunca se usa o artigo co posesivo. - Fillo de seu pai. Cos nomes de parentesco é optativo o uso do artigo. - Canto tempo sen verte, meu amigo. Nos vocativos nunca se usa o artigo co posesivo. - Hoxe vou comer con miña tía. Cos nomes de parentesco é optativo o uso do artigo. 8. - Comecei a traballar hai máis dun ano e aínda non teño coche de meu. - As laranxas non caen de seu: hai que ir collelas á laranxeira. - Non te preocupes, os nenos adoitan ser rebuldeiros de seu. - Imos construír a casa nova nunha leira de noso. 9. - Moitos amigos, ningún amigo: indefinidos variables, con variación de xénero e número. - Vaille rezar a outro santo: indefinido variable, con variación de xénero e número. - Traer algún viño de máis: o primeiro é un indefinido variable, con variación de xénero e número. O segundo é un indefinido invariable. - De tal pau tal racha: indefinido variable, só con variación de número. - A máis frío, menos roupa: indefinidos invariables. - Ir en calquera carro á misa: indefinido invariable. - Cada pera polo seu rabo: indefinido invariable. - Non vender tantas flores: indefinido variable, con variación de xénero e número. 10 - Comín demasiados (DET) doces e lévame a doer a barriga toda (DET) a tarde.

116


SOLUCIONARIO - Non coubemos todos (NÚCLEO) en dous coches por sermos tantos (NÚCLEO). - Ninguén (NÚCLEO) debería faltar mañá, porque hai varias (DET) semanas que non nos reunimos. - Calquera (DET) persoa que vivise naquela época sabe que se pasou bastante (DET) fame. - Con tanto (DET) frío que vai a pouca (DET) leña que temos gardada non vai chegar. 11. • Cardinais: - 21: vinte e un / vinte e unha. - 16: dezaseis. - 31: trinta e un / trinta e unha. - 22: vinte e dous / vinte e dúas. - 50: cincuenta. - 500: cincocentos /cincocentas / quiñentos /quiñentas. - 200: douscentos / duascentas. - 1235: mil douscentos / duascentas trinta e cinco. • Ordinais: undécimo: 11 duodécimo: 12 sétimo: 7 vixésimo primeiro: 21

nonaxésimo: 90 milésimo: 1000 quincuaxésimo: 50 sesaxésimo: 60

LETRAS E SIGNOS (100) 1. cable nobre brando

platino globo clima

prato brancura pluma

clase fluxo claro

prazo glaciar plano

2. Convicción Pleno Praia Público Afeccionado Dedución Aproximaba Brancos

Praza Actuar Vitoria Directora Actor Incluída Fraqueaban Reaccionar

Vitoria Obxectivo Público Ditame Reflectise Aplausos

117

4


LINGUA E LITERATURA 3º ESO PROBA DE AVALIACIÓN (102) 1. A noticia consta dun titular («Os bosques galegos, os máis ameazados»), unha entradiña (liñas 1 e 2) e o corpo da noticia (liñas 3-15) onde se explica o enunciado no titular. • O texto responde ás seis preguntas: - Que pasou? Premio ao bosque ameazado. - A quen? O Souto de Santa Eufemia. - Cando? En 2010. - Onde? Folgoso do Courel. - Como? Comunidade co ecosistema forestal en maior perigo. - Por que? Para chamar a atencións sobre a degradación dos ecosistemas forestais. 2. - Repetición: «ecosistemas», «era», «este» - Substitucións mediante sinónimos: «galardón», «premio» - Substitución mediante pronomes: «converténdoo» (río) - Elipses: «a louseira e a súa entulleira destruíron, ocuparon e contaminaron» 3. Os termos referentes á flora que aparecen no texto son: souto, bosque, monte, castiñeiros, árbores, ameneiros, freixos, ecosistema forestal. • O nome colectivo é souto, colectivo de castiñeiro. • Ameneiro: ameneiral, amenedo; Freixo: freixedo; Aciñeira: aciñeiral. • A relación semántica que se establece entre eses termos é que árbores é un hiperónimo que engloba a castiñeiros, ameneiros e freixos, cohipónimos entre si, e hipónimos do primeiro termo (árbores). 4. - Substitución lingüística: prodúcese cando unha lingua ocupa funcións e espazos de uso doutra. - Lingua minorizada: refírese con este termo a aquela lingua que perdeu funcións, espazos e falantes por mor da presión doutra lingua en expansión. - Conflito lingüístico: situación de desequilibrio social entre dúas linguas (unha en expansión e outra minorizada). 5. - Artigos definidos: a [á], o, o, a [da], o [do], a, a, o [do], as [das], os, o, a [da], a, o, a, a, os, o [no]. - Artigos indefinidos: un, un [nun], unha [dunha]. - Demostrativos: esta [desta], este, este. - Posesivos: súa, súas. - Indefinidos: todos. - Numerais: trescentos.

118


SOLUCIONARIO 6. • obxecto, tradutora, cocción, subxectivo, veredicto, dicionario, ditado, condutor, conflito. • prazo, flor, fraco, pluma, brancura, frota, gloria, brando, clero, cumprir, praga, frecha, prato. 7. • A cantiga de Afonso Méndez de Besteiros é unha cantiga de escarnio porque, de xeito encuberto e usando o dobre sentido (mediante o léxico do campo semántico dos animais), satiriza a covardía do cabaleiro. Por outra parte, trátase dunha cantiga de refrán porque ao final de cada unha das estrofas se repiten dous versos iguais. • O narrador conta como Don Foão, ao ver os xinetes inimigos na guerra, estremeceu de medo, sacudiuse e fuxiu aterrado cara a Portugal. A través dos animais citados resáltase a covardía do cabaleiro (boi, tabán, becerro, can). Este texto relaciónase con outros que falan da covardía demostrada polos cabaleiros do exército de Afonso X que, ou ben buscaron algún pretexto para non acudir á guerra de Granada, ou ben se comportaron nela de xeito covarde (como é o caso).

119

4


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.