TEMA 5. 3º ESO. XERAIS

Page 1

PROPOSTA DIDÁCTICA

Agustín Fernández Paz Ana Acuña Trabazo Ana Iglesias Álvarez Anaír Rodríguez Rodríguez Miguel Louzao Outeiro Xabier Campos Villar Xosé Manuel Moo Pedrosa


SOLUCIONARIO DO LIBRO DO ALUMNADO


LINGUA E LITERATURA 3º ESO

UNIDADE 5 LITERATURA «Comprende e razoa» (105) 1. As causas dos Séculos Escuros foron os acontecementos políticos que marxinaron Galicia e que provocaron o centralismo e a a implantación do castelán como lingua da Administración e do ensino. A consecuencia para a literatura galega posterior foi que non houbo produción literaria, propiamente dita, en galego. 2. No século XVIII a situación con respecto á lingua comeza a mudar porque houbo un número importante de ilustrados que pretendían unha mellora da sociedade galega e con ela, do idioma. Entre os ilustrados galegos cabe destacar a figura de Frei Martín Sarmiento e de Diego Antonio Cernadas e Castro como autores de numerosas composicións poéticas na nosa lingua. Outros destacados ilustrados galegos son Frei Benito Xerome Feixoo e Xosé Andrés Cornide. 3. Unha das principais dificultades foi lingüística, posto que a lingua se ruralizou e dialectalizou ao non haber un centro que irradiase un modelo oral e escrito. Ademais do desprestixio da lingua, outra das dificultades foi enfrontarse á lenda negra sobre os galegos. No apartado de Literatura da unidade 9 ofrécense máis contidos sobre esta cuestión. ESCOLMA «Repara» (107) 1. As «Décimas ao Apóstolo Santiago» responden á idea, xurdida polo ano 1617, de declarar a Santa Tareixa como copatroa de España. O autor defende, con irónico humor, a Santiago Apóstolo como único patrón. 2. O «Pranto da Frouseira» alude á morte do sonado mariscal D. Pedro Pardo de Cela, que se converteu nun mito do galeguismo a raíz da súa morte violenta a mans dos Reis Católicos, en 1483. Isto converteu a Pardo de Cela nun símbolo da defensa dos Galicia fronte Castela. 3. Os poemas de Francisco Añón e de Xoán Manuel Pintos están dedicados a Galicia e neles prodúcese, en primeiro lugar, unha identificación entre Galicia e a nai e, en segundo lugar, unha escisión entre a nai e os fillos.

120


SOLUCIONARIO O primeiro poeta, desde a distancia, desexa que Galicia e os seus fillos esperten. O segundo autor, moito máis duro, denuncia a situación marxinal de Galicia, a explotación, as agresións e a alienación que sofre. LECTURA E TRABALLO CO TEXTO (110-111) 1. - Entrevistador: Sergio Irigoyen. - Entrevistado: Xurxo Mariño. - Medio de comunicación: Xornal de Galicia (xornal.com). - Título da entrevista: «Xurxo Mariño: “O que máis me gusta é dar charlas porque podo facer o que quero de verdade”». 2. - Divulgación: facer que unha cousa sexa coñecida por moita xente. - Matices: trazo ou diferenza moi pequena. - Tópicos: aquilo que non é novo nin orixinal. - Encanto: conxunto de características que fan que unha cousa sexa atraente. - Conferencia: feito de expoñer diante dun público un tema científico. - Pasaxes: anaco dunha obra literaria ou musical, dunha charla... - Subvención: cantidade de diñeiro dada polo Estado ou por unha institución privada como axuda para facer algo. 3. • O entrevistado é biólogo e neurocientífico, traballa como profesor universitario. • Hallucigenia é unha revista fundada, entre outros, por Xurxo Mariño na facultade de Bioloxía da Universidade de Santiago de Compostela. O nome está tomado dun fósil. • Para a divulgación científica emprega varios medios: a prensa, a radio, a televisión, o teatro, os cafés científicos, o discurshow... De todos eles, o que máis lle agrada é dar conferencias. • O entrevistado amósase interesado no tema dende os seus anos de estudante universitario. • Xurxo Mariño cre que os actores se adaptan ben ás obras de contido científico porque estudaron Bioloxía e coñecen o mundo científico. 4. Tres dos temas tratados na entrevista son: a divulgación científica, os cafés científicos, os discurshow. 5. Un científico coñece un mundo que só é entendido por el. O divulgador, en cambio, é alguén que non pode transmitir a verdadeira ciencia porque se lle perden matices. 6, 7 e 8. Actividades de resposta libre. 9. Algunhas das palabras que se poden formar cos elementos proporcionados: biodegradable, epicentro, infravermello, xeopolítica, hipertensión, fotofobia.

121

5


LINGUA E LITERATURA 3º ESO 10. ciencia presenza cadencia

xustiza conciencia conferencia

crenza doenza perseveranza

graza solvencia importancia

11. Os tres determinantes que contén o enunciado «A miña primeira experiencia» son os seguintes: - A (artigo) - miña (posesivo) - primeira (numeral) 12. científico: palabra esdrúxula; é: til diacrítico; só: til diacrítico; alguén: palabra aguda rematada en -n; tópicos: palabra esdrúxula; neurocientífico: palabra esdrúxula; día: til para marcar o hiato; divulgación: palabra aguda rematada en -n; bioloxía: acento para marcar o hiato; fósil: palabra grave rematada en -l: deixásemos: palabra esdrúxula; xeración: palabra aguda rematada en -n; aínda: til para marcar o hiato; publicación: palabra aguda rematada en -n; científica: palabra esdrúxula; Física: palabra esdrúxula. 13. Actividade de resposta libre. 14. O inventor da calculadora foi Ramón Verea García e o inventor do futbolín foi Alexandre Campos Ramírez, máis coñeceido como Alexandre de Fisterra. TIPOS DE TEXTOS (113) Nesta dobre páxina recalamos de novo nun xénero periodístico como é a entrevista, centrándonos naqueles aspectos máis estreitamente vinculados ao mundo literario. Deste xeito, cómpre que o alumnado perciba con claridade que os pasos previos á realización dunha entrevista non difiren excesivamente dos que hai que seguir para a realización de calquera outro tipo de produción narrativa. A preparación, a realización e a redacción dunha entrevista son os pasos que aparecen detallados neste apartado, onde se pretende marcar ou indicar unhas pautas ao alumnado sobre as que apoiarse para a construción dun texto desta tipoloxía. 1. - Quen é o personaxe entrevistado? Na primeira entrevista o personaxe é Xurxo Mariño, na segunda é Verónica Boquete. - Cales son as razóns polas que se lle fai a entrevista? No primeiro caso a razón é coñecer a este neurocientífico interesado na divulgación a través da radio, da televisión, do teatro, das conferencias... No segundo caso o motivo é achegarse a unha futbolista galega que xoga nos Estados Unidos. - Hai unha parte gráfica? Que se destaca nos titulares? Hai unha parte gráfica nos dous casos. Nos titulares destácase, nun caso, o interese de Xurxo Mariño pola divulgación. No outro caso, o titular recolle o nome da futbolista. - Houbo unha preparación previa? En que se nota? Houbo unha preparación previa e apréciase en que o entrevistador coñece a actividade dos dous personaxes.

122


SOLUCIONARIO - É unha entrevista rápida ou é das «de personaxe»? Por que? Non son entrevistas «de personaxe» porque son breves e case non se ofrece información complementaria sobre a persoa. - Hai unha descrición da persoa entrevistada? E do ambiente? Non hai descrición da persoa entrevistada nin do ambiente da entrevista. En cambio si hai referencias ao ambiente da súa profesión. - Que información de interese se obtén das respostas da persoa entrevistada? Da persoa entrevistada obtense información de interese dende distintos puntos de vista. Os personaxes explican a situación da divulgación científica e mais do fúbol feminino. - Hai opinións do xornalista? Cales son? Si, sobre todo no comezo da entrevista a Xurxo Mariño e no final da entrevista a Verónica Boquete. 2. Actividade de resposta aberta. O TECIDO DA LINGUA (115) 1. - Que me queres, amor? - Aquela tarde, que estaba chuviosa e fría, non me apeteceu saír da casa. - Os inimigos, mellor canto máis afastados. - Como cidadá, sempre intento esixir que se respecten os meus dereitos. - Visitamos unha exposición de pintura, escultura e fotografía. - Laura, chámame cando poidas e quedamos para ir ao cine. - Esta semana vou estar na Coruña, pero será difícil que poidamos vernos. - O curmán de miña nai, Xermán, leva trinta anos en París. - Co corte de luz estragóuselles o ordenador, o módem e o televisor. 2. - Temos neveira, microondas e forno; o lavavaixelas a ver se o mercamos o mes que vén. - No ciclo de cine van proxectar Romasanta, a historia certa do home lobo; Pradolongo; Cela 211 e Os luns ao sol. - Apareceron disfrazados; os condes, de piratas; os marqueses, de indios; e os duques, de chineses. 3. Pódoche asegurar, Carla, que isto non é o que eu pensaba. Nesta cidade todo é ruído, automóbiles, xente con présa e rañaceos imposibles. Creo que non vai ser doado facer amigos no meu novo espazo. As cousas ás que posiblemente me custe máis adaptarme son a comida, as distancias longas en metro e o incrible barullo do que xa che falei. Nestes días lévome acordado moito das nosas saídas ao monte, de todos os da clase e de ti, que ben sabes que es a miña mellor amiga. A quen non boto nada en falta é a Lois; o feito de marchar axudoume a esquecerme del.

123

5


LINGUA E LITERATURA 3º ESO OS NOMES DAS COUSAS (116-117) 1.

Bio-: vida Fono-: voz, son Psico-: alma, vida interior, actividade mental Teo-: deus -loxía: teoría, discurso Xeo-: terra -grafía: escribir, describir - Biografía: relato histórico da vida dunha persoa. - Fonoteca: lugar onde se gardan discos, casetes e CD para escoitar. - Psicoloxía: ciencia que estuda os procesos da mente. - Teoloxía: estudo das cuestións relixiosas. - Mitoloxía: ciencias ou estudos metodolóxicos. - Xeografía: ciencia que trata da descrición da terra.

2. - Guía do Courel (1): Arte, xogo, deportes e ocio (7) - Galeoke (2) e 18 comidas (6): Videoteca e fonoteca - A retirada de Sir John Moore... (3): Bedeteca - Linda á espreita (4) e Dragal (7): Sección infantil e xuvenil - Galicia Hoxe (5): Hemeroteca - Dicionario de fraseoloxía galega (8): Lingua e literatura (8) 3. colección título

sinopse ou resumo

autor foto ou ilustración

autor código de barras e ISBN C título

124

ON

editorial TR

AP

OR TA D

A

LOMBO

A TAD POR

logo da editorial


SOLUCIONARIO

foto da autora autora título ilustradora

biografía da autora

tradutora

PO LAPELA

RT AD

nome e logo da editorial IÑ

A

4. Actividade de resposta aberta. LINGUA E SOCIEDADE (118-119) 1.

CARACTERÍSTICAS SOCIAIS

LINGUA

Rei

poder político

castelán

Nobreza

poder político

castelán

Cargos eclesiásticos

poder relixioso

castelán

poder económico

castelán/galego

sen acceso ao poder

galego

Burguesía Campesiñado

2. Na actualidade o galego non só aparece unido á clase campesiña (de feito, xurdiu un novo prexuízo que relaciona galego cun comportamento ideoloxizado, ademais de apareceren neofalantes nas zonas urbanas). Con todo, segue sendo unha idea maioritaria relacionar o galego co mundo rural, esquecendo que este hábitat mudou moito. Polo tanto, os prexuízos cara ao galego formados nesta época, en liñas xerais, mantéñense. 3. Dado que durante os séculos XVI, XVII e XVIII non existían medios de difusión lingüística (medios de comunicación) e o ensino non estaba estendido, a castelanización das clases máis baixas non se produciu. Ademais, outro factor que freou a propagación do castelán até as clases menos favorecidas foi o desinterese polo ascenso social (ligado ao uso do castelán).

125

5


LINGUA E LITERATURA 3º ESO 4. Nos séculos XVI e XVII a cultura castelá vive o seu «Siglo de Oro», mentres a galega padece os Séculos Escuros. Ambas as denominacións metafóricas son suficientemente clarificadoras da situación lingüística. Mentres o castelán se expande e inicia o proceso de elaboración dunha variedade estándar, o galego verase reducido á oralidade. A LINGUA POR DENTRO (120-123) 1. - Ela (l. 2) - el (l. 3) - comigo (l. 5) - ti (l. 8) - Eu (l. 9) - ela (l. 12) - el (l. 13) - ti (l. 15) 2. - Non bailarei con eles/elas na festa, fareino con vós. - Non sei se levarte comigo porque non te portaches moi ben. - Dígalle que vostede xa non está para esas troulas. - Non sei que vou facer cando remate o bacharelato: que será de min? - Tes que asentar a cabeciña, Ramón –dixo para si mesmo. 3. - Ela e mais as alerxias (neste caso o pronome e a frase nominal «as alerxias» forman parte dunha estrutura coordinada). - Anunciou el (SUXEITO). - Aceptaches saír comigo (COMPLEMENTO CIRCUNSTANCIAL de compañía). - O raro es ti (ATRIBUTO). - Eu (SUXEITO) sonche un solitario. - Dixo ela (SUXEITO). - Resignouse el (SUXEITO). - Amalia e ti (SUXEITO) contádesvos todo? 4. - Ela chegou máis cedo ca el. - Tanto eu coma ela estamos lendo O Hobbit. - Vós sodes máis vellos ca eles. - Tanto el coma ela teñen un irmán.

126


SOLUCIONARIO 5. - Esta mochila é a dela; aqueloutra é a del. - Ves aquel andel? Nel atoparás os libros que buscas. - Manteño contacto cos seus pais, pero deles non sei nada. - Xa non é dela, xa non é dela, é do gaiteiro, morena, de Redondela. - Nese río están as pozas das cales che falei, nelas brinquei moito de nena. - Son uns lercháns; non se pode confiar neles. 6. - ...pois non o (3ª persoa de singular masculino) has volver a ver... (l. 1) - Pois rexeitámola (3ª persoa de singular feminino) (l. 2) - E se algún non o (3ª persoa de singular masculino) fose... (l. 4) - ...eu mesmo o (3ª persoa de singular masculino) mato (l. 5) - Non accedes, pois, a entregarme (1ª persoa de singular) o (3ª persoa de singular masculino) que me (1ª persoa de singular) pertence? (l. 7) - Non che (2ª persoa de singular) pertence nada (l. 8) - Como es un testán vou ter que matarte (2ª persoa de singular), non me (1ª persoa de singular) deixas outra saída (l. 10) 7. - A nai colleu o fillo e levouno (CD) ao monte por ver se o aire lle (CI) arrincaba aquela tose que se lle (CI) cravara no peito e que non os (CD) deixaba durmir pola noite. - O martes, cando nos (CD) viñeron visitar, perdéronse (CD) e andaron ás voltas antes de vos (CD) atoparen. Menos mal que lles (CI) indicastes vós o camiño correcto. 8. - Non te levou á piscina. - Non che levou o almorzo á cama. - Compráronte por ben pouco. - Compráronche os tenis que querías. - Presentoute como unha amiga. - Presentouche ás súas amigas. - Mordeute o can de Xiao. - Mordeuche a perna o can de Xiao. 9. Pronomes que aparecen antepostos ao verbo do que dependen: «non o has volver a ver» (l. 1), «non o fose» (l. 4), «eu mesmo o mato» (l. 5), «o que me pertence» (l. 7), «non che pertence» (l. 8), «non me deixas» (l. 10). Pronomes que aparecen pospostos ao verbo: «rexeitámola» (l. 2), «a entregarme» (l. 7), «vou ter que matarte» (l. 10). - Como norma xeral, o pronome vai posposto e ligado ao verbo: rexeitámola, a entregarme, vou ter que matarte.

127

5


LINGUA E LITERATURA 3º ESO - O pronome vai anteposto porque un enunciado é negativo: non o has volver a ver, non o fose, non che pertence, non me deixas. - O pronome vai anteposto porque o enunciado comeza por un adverbio: eu mesmo o mato. - O pronome vai anteposto porque vai nunha cláusula subordinada: o que me pertence. LETRAS E SIGNOS (124) 1. - Cómpre reflexionar sobre o trato xenófobo que se lles dá en ocasións aos estranxeiros para que non se estenda o racismo. - Canto máis extenso sexa o noso léxico e canto máis correcta sexa a nosa sintaxe mellor nos imos expresar. - Van iniciar unha escavación arqueolóxica no lugar exacto en que as escavadoras descubriron antigos instrumentos de sílex con formas estrañas. - Este profesor é moi esixente; fíxonos un exame extremadamente extenso. Non me estraña que sempre suspenda máis da metade da clase. 2.

osíxeno /oxíxeno esixencia/exixencia esparexer

estranxeiría esixente/exixente toxicoloxía

esaxerar/exaxerar lexicoloxía expuxo

3. - Pronuncia [ʃ]: xoia, xamón, elixir (verbo), xenofobia, anxo, enxame, solfexo - Pronuncia [ks]: exame, elixir (substantivo), texto, éxodo, tóxico, paradoxo PROBA DE AVALIACIÓN (126) 1. • A personaxe entrevistada é Emma Ríos, debuxante arousá. Dedícase ao debuxo de cómics. O motivo da entrevista é que a prestixiosa editorial norteamericana Marvel lle ofreceu a renovación do mítico Doutor Estraño. • En canto á estrutura diferénciase unha introdución explicativa e, a continuación, a reprodución das preguntas do entrevistador e das respostas da entrevistada. • Trátase dunha entrevista rápida pola súa brevidade e porque non ofrece informacións complementarias, céntrase na dedicación profesional de Emma Ríos ao cómic. 2. A primeira coma e a última serven para marcar unha aclaración (neste caso sobre a empresa editorial), mentres que as restantes comas se utilizan para diferenciar elementos (neste caso, personaxes de cómic). - Só pensa nos seus asuntos, nos seus problemas, nas súas preocupacións; non o aturo. - Na excursión de fin de curso, todos, incluídos os profesores, saímos unha noite de esmorga.

128


SOLUCIONARIO - Xoana é tímida; a súa irmá, extravertida. - O meu pai, que está a preparar unha paella, quere que quedes a comer con nós. 3. Sinónimos de banda deseñada: cómic, novena arte. A banda deseñada localízase dentro da bedeteca ou da comiteca dunha biblioteca. - Parte exterior do libro. Adoita ser dun material máis duro ca o do interior, xeralmente cartón, plástico, pel...: portada. - Parte do libro onde se suxeitan todas as follas...: lombo. - Prolongación da cuberta que se dobra cara a dentro...: lapela. - Listaxe de obras consultadas: bibliografía. 4. • No primeiro exemplo, o pronome ten que ir colocado antes do verbo porque está nun enunciado interrogativo. No segundo exemplo, o pronome ocupa a súa colocación habitual, despois do verbo. • - Non che dixera que te viron o domingo no cine cunha rapaza agarrándote da cintura? - Paréceche normal? Dis que che gustaría perderte e non ver a ninguén e o outro día enfádaste porque non te chamamos. Teste que aclarar. Non hai quen te entenda. 5. • - expoñer - extremismo - escavadora - esaxerar - estender - osíxeno / oxíxeno - extensión - estranxeiro 6. As razóns que explican que o galego perdese o status de lingua culta son, sobre todo, as políticas unificadoras dos reis de Castela. Estas provocaron a substitución do galego nos usos formais e na escrita, ademais de prexuízos lingüísticos. 7. Séculos Escuros é o nome que recibe un período comprendido entre o século XVI e o XVII e que se caracteriza pola ausencia de produción literaria en galego. O século seguinte, o XVIII, foi importante porque foi o da Ilustración e nel os intelectuais galegos pretenderon a mellora integral da súa terra e do seu idioma.

129

5


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.