TEMA 6. 3º ESO. XERAIS

Page 1

PROPOSTA DIDÁCTICA

Agustín Fernández Paz Ana Acuña Trabazo Ana Iglesias Álvarez Anaír Rodríguez Rodríguez Miguel Louzao Outeiro Xabier Campos Villar Xosé Manuel Moo Pedrosa


SOLUCIONARIO DO LIBRO DO ALUMNADO


LINGUA E LITERATURA 3º ESO

UNIDADE 6 LITERATURA «Comprende e razoa» (131) 1. O papel de Rosalía de Castro no Rexurdimento foi importante por ser pioneira da recuperación do galego e defensora do pobo galego e a súa cultura; ao tempo que reivindica un lugar para a muller dentro da literatura e da sociedade. De aí que se convertese nunha icona. Con Cantares gallegos abre o chamado Rexurdimento, dando paso á literatura contemporánea e ao rexurdir na nosa literatura. 2. Existe relación temática entre Cantares gallegos e Follas novas. O segundo libro contén dúas grandes temáticas tamén presentes no primeiro: poesía subxectiva ou intimista e poesía obxectiva ou de crítica social. 3. Como xa se comentou na actividade anterior, entre as cuestións comúns a Cantares gallegos e Follas novas está o tratamento da poesía subxectiva ou intimista e a poesía obxectiva ou de crítica social. As diferenzas teñen que ver co contido e coa forma: - Cantares gallegos presenta unha estrutura circular, ademais do uso de distintas voces. Por esta razón encontraremos distintas temáticas (costumista, amorosa, social...). - Follas novas contén cinco partes nas que sobresae a voz poética da propia Rosalía. De aí que dúas sexan as temáticas predominantes: a intimista e a social. - Cantares gallegos aproveita cantares populares e recursos propios da lírica tradicional. - En Follas novas predomina unha métrica orixinal, culta e variada (octosílabos, hendecasílabos...). - En Cantares gallegos o ton será claramente vitalista. - Follas novas terá un marcado ton pesimista. ESCOLMA «Repara» (134) 1. Os temas dos poemas seleccionados para a escolma son varios: social («Castellanos de Castilla», «Tecín soia a miña tea», «Prá Habana»), costumista («Se a vernos, Marica»), amoroso («Quíxente tanto, meniña») e intimista («Campanas de Bastabales», «Daquelas que cantan», «Follas novas!, risa dáme», «Negra sombra», «Unha vez tiven un cravo»).

130


SOLUCIONARIO 2. Tal e como expresa a autora no prólogo a Cantares gallegos, os cantares populares son a mellor forma de cantar o pobo galego, de coñecer as súas belezas, os seus costumes e a súa lingua. Rosalía, pois, parte do foclore e fai falar nas súas poesías a personaxes do pobo. 3. A visión da emigración que se presenta nos poemas da escolma é moi rica e dramática. Ás veces retrátase a emigración a Castela («Castellanos de Castilla») e outras a América («Prá Habana») na procura de «pan». O eu poético resulta ser, en ocasións, a muller que queda en Galicia á espera e soa («Tecín soia a miña tea», «viúdas de vivos e mortos»). 4. A poesía de Rosalía, sobre todo a de Follas novas, ten a forza que posúen as grandes obras: a de poderen ser lidas con ollos novos polas sucesivas xeracións. Ao falar dos grandes problemas do ser humano (o sentido da vida, a existencia da dor, a morte, o paso do tempo, a solidariedade cos menos favorecidos da sociedade), moitos dos seus poemas non perderon actualidade. Fórmulas creadas por Rosalía como «o cravo», «tecer a tea», «viúvas de vivos»... seguen mantendo todo o seu sentido e aínda hoxe se repiten. LECTURA E TRABALLO CO TEXTO (138-139) 1. - Estrume: conxunto de restos vexetais que se botan nas cortes dos animais para que estes estean secos e fagan esterco. - Galas dun día: unha gala é unha festa ou reunión á que se debe ir ben vestido, pero tamén designa o vestido que se pon nas ocasións especiais. - Decote: de maneira continua. - Lar: lugar da lareira ou da cociña onde se facía o lume para cociñar; casa ou lugar en que unha persoa vive. - Cortiñas: terreo próximo á casa, normalmente cercado, dedicado a prado ou ao cultivo de produtos como legumes e patacas. - Campías: extensión grande de terreo onde hai moitos prados. - Mucharon: do verbo muchar, secar ou poñer secas feas as flores ou plantas. - Mofaron: do verbo mofarse, rirse ou burlarse de alguén. 2. - O tema do poema son os abusos e a inxustiza padecida polos débiles. - Resumo: ante unha situación de inxustiza continuada, a protagonista, sen nada que perder, toma a xustiza pola man e asasina a aqueles que a deshonraron. 3. • A voz poética é a dunha muller deshonrada, desafiuzada e desposuída de todo canto tiña (casa, fillos...). O seu estado anímico é o de necesidade de vinganza, xa que non a escoita nin a xustiza divina nin a humana.

131

6


LINGUA E LITERATURA 3º ESO • Aqueles que agraviaron a protagonista aparecen nomeados como «aqués que ten fama de honrados na vila». Entre os agravios recibidos están: deshonra, roubo, infanticidio, fame... • A protagonista acode á xustiza humana e divina pero non serve de nada porque nun caso mófanse dela e, noutro, só recibe silencio. • A solución que atopa a protagonista é tomar a xustiza pola súa man, a pesar de que sabe o que iso supón. 4. Podemos distinguir catro partes en consonancia co número de estrofas. Na primeira parte (primeira estrofa), descríbense os agravios sufridos pola protagonista. Na segunda parte (segunda estrofa), a protagonista pide axuda sen ningunha sorte. Na terceira parte (terceira estrofa), a protagonista relata o asasinato que comete buscando xustiza. A última parte (en só dous versos e última estrofa), é unha conclusión ou desenlace de todo o que antes se expuxo. 5. A protagonista, debido á deshonra que padeceu, acaba sufrindo un proceso de animalización coma a que serve para denominar a aqueles que a agraviaron. Se primeiro dorme coas «lebres nas campías», pouco a pouco irá acollendo trazos máis feroces conforme a súa sede de xustiza non se apague. Neste sentido, os elementos da natureza negativos que serven para designar aos seus verdugos e a ela son: «loba doente ou ferida», «fera na cama mulida», «raposa de sangue maldita». Tamén é interesante a oposición da que se serve a poeta para indicar o lugar ao que queda reducida a protagonista («leito de toxos e silvas»), fronte ao dos culpables («leito de rosas durmían»). Curiosamente o termo máis positivo emprégase para designar aos personaxes máis depravados, tal e como se indicou ao comezo do poema con outro termo agrícola («botáronme estrume nas galas dun día»). 6. O verso «rondei paseniño... Nin as herbas sentían» indica o ambiente de silencio no que se movía a protagonista para non ser escoitada e cometer o asasinato. 7. Actividade de resposta libre. 8. • Tomar a xustiza pola man: impoñer á marxe da lei o que se considera un xusto castigo. • Actividade de resposta libre. 9. O momento de máis tensión no poema é o momento do asasinato cometido pola protagonista. Rosalía consegue manter a tensión ao relatar os feitos lentamente. Prodúcese así un ritmo narrativo lento no que destaca o ralentí, recurso polo que se describe amplamente algo que dura pouco. 10. No poema Rosalía establece unha comparación evidente da protagonistas como «loba doente ou ferida». Noutros casos a comparación convértese en identificación: «a fera», «os raposos» para referirse aos agresores. 11. Campo semántico da xustiza: avogado, fiscal, sentenza, acusado, Lei de axuizamento civil... 12. - zapato | zapata: calzado | peza para frear, reforzo, parte inferior do lintel da porta. - castaño | castaña: cor | froito.

132


SOLUCIONARIO - barco | barca: vehículo que flota na auga | embarcación pequena. - caldeiro | caldeira: recipiente redondo para transportar | recipiente grande para quentar, depósito cerrado. - ovo | ova: o que poñen as femias | masa formada polos oviños dos peixes. - ramo | rama: conxunto de flores ou plantas | póla, conxunto das follas do piñeiro. 13. Hipérbato: - a roupa decote puñéronma en tiras: puñéronme a roupa en tiras decote. - ao raso coas lebres durmín nas campías: durmín coas lebres ao raso nas campías - os raposos de sangue maldita tranquilos nun leito de rosas durmían: os raposos de sangue maldita durmían tranquilos nun leito de rosas. 14 e 15. Actividades de resposta aberta. Para a actividade 15, o profesorado atopará varios poemas musicados de Rosalía de Castro no seguinte enderezo web: http://sondepoetas.blogspot.com TIPOS DE TEXTOS (141) 1. O texto de Agustín Fernández Paz reproduce o estilo directo, mentres que o de Marilar Aleixandre inclúe os diálogos no propio parágrafo marcándoos con comiñas. Ambos os textos empregan o estilo directo, pero de distinto xeito. A diferenza máis notable é a ruptura da linealidade no primeiro texto. A inclusión dos diálogos por medio de raias xera un maior número de parágrafos que, inevitablemente, lle restan axilidade e lucidez á narración. 2. Actividade de resposta aberta. Unha posible transformación do texto de Agustín Fernández Paz: Drisna conseguiu preguntarlle quen era e que diría del. El respondeu se non o sabía, se os maiores xa non lle falaban de fantasmas á xente nova. Drisna, incrédulo, negábase a crer que os fantasmas existisen, pois estes vivían lonxe dos humanos. O fantasma confirmou que vivían lonxe, na Maleza dos Fantasmas, pero que sempre había algún incauto que se achegaba á súa morada. Ese fora o caso de Drisna. Drisna insistiu en saber que quería del. Fantasma replicou que quería zugarlle o cerebro, único alimento que o enchía de vida. Drisna pediu que non o matase porque aínda era novo. Pero Fantasma matizou que non morrería de todo, que só quedaría sen ideas, sen soños e sen o riso. Unha posible transformación do texto de Marilar Aleixandre é a seguinte: —Como? —Que conseguín finaciación para un proxecto de estudo do comportamento dos morcegos. —E como vas estudar o seu comportamento? —Mantendo exemplares vivos no laboratorio. —Non cres que estarán sometidos a unha tensión enorme? –aventurei. —Non sabía que estabas en contra da experimentación con animais. E as troitas que ti pescas, morren cunha canción nos beizos?

133

6


LINGUA E LITERATURA 3º ESO —Non –rectifiquei– quero dicir que o comportamento presentará sesgos. —Como todos os estudos do laboratorio –dixo ela. 3. «O que queren oír» reproduce un diálogo en estilo directo a través de raias ou de comiñas (estas para o que non chega a dicir pero pensa). Iqbal berroulle a Patricia que perdera a conexión, por terceira vez na semana, e o que estaba escribindo. Patricia preguntoulle por que non mercaba el un ordenador, pero Iqbal recordoulle que estaba sen traballo. Patricia aduciu que o ordenador era para consultas miúdas e non para pasar unha mañá escribindo. En realidade Patricia ten envexa desas longas cartas de amor que escribe Iqbal. 4. Actividade de resposta aberta. 5. Estando na cabana do cume, unha morea de homes presentáronse ante a porta dun paisano. Os cinco homes, entre os que se contaba o cura, apresuráronse a contarlle á súa muller que requirían da súa presenza, xa que os franceses estaban a subir contra Pedrafita e que toda a parroquia tería que impedir que «eses herexes» –como os chamaba o cura– entrasen en Galicia. Aos poucos minutos o paisano botou o seu corpo fóra da casa e, agradecido pola advertencia, respondeulles cun «ben feito» pois os franceses roubaran as súas mulas. Pero, segundo el, antes tiñan que se enfrontar aos ingleses porque requisaran as sardiñas que transportaba a Astorga. O TECIDO DA LINGUA (142-143) 1. Os dous puntos empréganse neste texto de Fran Alonso en dúas ocasións. Na primeira delas («Ola Bernal:») porque os puntos van detrás dunha fórmula de saúdo. Na segunda («Teñen razón:») empréganse os dous puntos porque serven para introducir unha conclusión. 2. - Este verán visitamos tres países: Andorra, Francia e Italia. - Querido Xaime: hai oito días que chegamos e nin tempo tiven de escribirche. - A mestra sempre me di: «Amiguiños si, pero a vaquiña polo que vale» - Non é que me dean medo as araña: téñolles pánico. - Non podo comer: teño o estómago revolto. - Cando se despide sempre di: «abur iogur». - O curso estrutúrase en tres niveis: básico, intermedio e avanzado. 3. - «mordíalle o nariz...»: empréganse para indicar que se trata dunha enumeración que se prefire deixar incompleta. - «as pegadas por todas partes...»: empréganse para indicar que se trata dunha enumeración que se prefire deixar incompleta. - «e por non discutir...»: para omitir unha parte do discurso que se dá por sobreentendida.

134


SOLUCIONARIO 4. - Non quero nin falar del, esa persoa é unha... Mellor calo. - Díxome que que... Que máis dá! Prefiro non lembrar o asunto. - Viaxou por moitos países: Arxentina, Exipto, Noruega... Que sei eu! - Gústalle ler de todo; xornais, revistas, cómics... - Hoxe andamos en bicicleta, ceamos fóra, fomos ao cine... Foi un día completo! - Daquela colleu a maleta e dixo: tardaremos en volvernos a ver. - Toma nota dos ingredientes que tes que mercar: allo, pementa, espárragos verdes e... Que máis era? - Bos días: gustaríame falar con Cibrán Vázquez. - Naquel eido plantaran de todo: maceiras, cerdeiras, nogueiras, pereiras... OS NOMES DAS COUSAS (144-145) 1.

Reprodutor de audio (2) Teclado (3) Rato sen fíos (5) Escáner (9) Memoria USB (7) Módem (6)

DVD (8) Impresora (1) Gravador de discos (12) Ordenador (11) Altofalantes (10) Almofadiña (4)

2. - GPS: Global Positioning System (sistema de posicionamento global) - USB: Universal Serial Bus (dispositivo de almacenamento) - ADSL: Asymmetric Digital Subscriber Line (liña de abonado dixital asimétrica) - WIFI: Wi-Fi Alliance (empresa) - MP3: Moving Picture Experts Group (empresa) - SMS: Short Message Service (servizo de mensaxes curtas) 3.

menú

enlace cursor

icona

barra de desprazamentos vídeo audio

135

6


LINGUA E LITERATURA 3º ESO 4. - Redes sociais: estrutura social composta de grupos de persoas conectadas por un ou varios tipos de relación. - Ciberdelincuentes: o prefixo ciber- úsase para describir temas relacionados con Internet. Delincuente que actúa no ciberespazo (Internet). - Usuario: persoa que aplica un sistema informático ás súas necesidades mediante os programas adecuados. - Web: rede lóxica que descansa fisicamente sobre Internet e que permite acceder facilmente á información situada en calquera lugar do mundo. A unidade física é o servidor e a unidade lóxica é a páxina no servidor. - Nube: metáfora de Internet. Unha nube é unha maneira de representar a Internet en diferentes diagramas utilizados nos contornos informáticos, de aí a metáfora. Neste tipo de computación os usuarios acceden a servizos a través de Internet mediante o uso do seu navegador, sen ter en conta os recursos que usan, a localización dos servidores, a localización dos datos etc. - Correo electrónico: medio de levar a distancia un documento por teletransmisión en lugar do correo ordinario. - Privacidade: ámbito da vida persoal do individuo que se desenvolve nun espazo reservado e que debe manterse confidencial, intimidade. - Aplicacións: sistema informático (programas e datos) que resolve as necesidades de tratamento de información dun conxunto de usuarios. - Escritorio: nome co que se coñece á zona principal de traballo de Windows onde se encontran as iconas máis importantes que permiten acceder a todos os recursos. - Navegador: programa que se utiliza para visualizar a información contida en forma de páxina web nos ordenadores de todo o mundo contectados a Internet. - Contrasinal: palabra ou cadea de caracteres recoñecibles por un sistema informático, que permite a un usuario acceder a datos, recursos ou programas protexidos. - Dispositivo de almacenamento externo: almacenamento que suplementa o almacenamento interno dun ordenador. É unha unidade de almacenamento de datos ou memoria distinta da principal. - Arquivo adxunto: ficheiro que se axunta a un correo. 5. Actividade de resposta aberta. 6. - 1: Teléfono móbil - 2: GPS - 3: Consola - 4: Ordenador portátil - 5: Lector de libros electrónicos LINGUA E SOCIEDADE (146-147) 1. O documental pódese ver no seguinte enderezo: http://www.crtvg.es/TVGacarta/?prog=158.

136


SOLUCIONARIO • O primeiro investigador da nosa fala foi Frei Martín Sarmiento. • O seu primeiro contacto co castelán tivo lugar no convento de Lérez e despois nos xesuítas (Pontevedra). • As linguas que aprendía unha minoría, daquela, na escola eran o latín e o castelán. O ensino é un instrumento da política unificadora dos Borbóns. 2. As motivacións didácticas que responden ás palabras de Sarmiento son o ensino en galego e o ensino do galego. 3. Cantares gallegos supuxo unha gran novidade por ser unha muller a autora e polo seu carácter reivindicativo. • As principais obras do Rexurdimento inclúense dentro da poesía porque era máis fácil de publicar. 4. • As linguas da nosa contorna iniciaron o proceso de construción dunha variedade estándar dende os séculos XV (castelán, con Antonio Nebrija), XVI (portugués, con Fernando de Oliveira, e francés, con Palsgrave). • O galego, por mor da súa propia historia social, non creará as primeiras gramáticas e dicionarios até o século XIX. 5. Os textos de Rosalía de Castro apártanse da normativa actual no uso de castelanismos léxicos e morfolóxicos (campanas, cabezales, eres, sólo), hiperenxebrismos (brila), dialectalismos (levás, falín) e vulgarismos (marmurio, pra, amostras, maxino). 6. Dado que as linguas estaban distribuídas segundo as clases sociais, o normal era que as clases altas utilizasen o castelán. Este era o idioma das elites culturais e económicas, pero tamén da Administración, a Igrexa e as clases medias urbanas. A situación non normativizada do galego, relegado á lingua familiar e coloquial da maioría da poboación marxinada da cultura e do poder, non debía facilitar a súa incorporación polas clases altas. Con todo, para achegarse aos problemas desa sociedade apartada do poder, a lingua utilizada só podía ser o galego. De aí a súa presenza na poesía e nas publicacións periódicas da época que acolleron nomes de tipos populares. Por outra parte, o uso do galego, sen deixar de ser un exercicio literario, será motivo de preocupación e, en ocasións, intentará ocupar as relacións afectivas das clases altas. Unha mostra é a carta poema enviada por Xoán Manuel Pintos Villar ao seu pai e na que expresa: «nin tome cabuxo/s ô castellan deixo/por falar na fala/dos nosos galegos». • En canto ao estado do proceso de substitución lingüística no Rexurdimento, cómpre recordar que o galego seguía a ser a lingua maioritaria da poboación pola rixidez da sociedade con poucas posibilidades de ascenso social e polo reducido contacto co castelán. Aparece un feito novo e positivo, pois o galego adquire representación escrita normal e aparecen os medios de elaboración dun estándar. En definitiva, sen que muden os usos formais do castelán, aparecerán os usos do galego na literatura.

137

6


LINGUA E LITERATURA 3º ESO 7. Esquema das principais características sociolingüísticas e literarias: Idade Media Esplendor da lingua e da literatura.

Séculos Escuros Substitución do galego polo castelán.

Séculos XVIII e XIX Defensa da lingua polos ilustrados.

Lingua de toda a poboación e instalada en todas as funcións.

Galego maioritario nas clases baixas.

Mantense o proceso de substitución.

Lingua sen produción literaria.

Rexurdimento literario.

Lingua sen variedade estándar.

Primeiras gramáticas e dicionarios.

A LINGUA POR DENTRO (148-151) 1.

Chegou: a avoa Esquecín: eu Consegue: a avoa Apetecería: falar con eles Dixo: Celia Sentía: Celia

Chamases: ti Tiñas: ti Corrixiu: nai Era: Roberto Falou: Roberto/Rubén Conseguiu: Rubén

2. - Primeira conxugación, regulares: chegar, chamar, falar. - Segunda conxugación, regular: esquecer. - Segunda conxugación, irregular: ter, ser. - Terceira conxugación, regular: corrixir. - Terceira conxugación, irregular: conseguir, dicir, sentir. 3. TEMA RAÍZ

temcomescollpedmerclevrecib4. Actividade de resposta libre.

138

SUFIXOS FLEXIONAIS VOGAL TEMÁTICA

-e-í-e-í-a-a-

SMT

SNP

-ron -a

-raa-

-stes -n -mos -s -des


SOLUCIONARIO 5.

Chamou: pretérito de indicativo. Estabas: copretérito de indicativo. Consegue: presente de indicativo. Apetecería: pospretérito de indicativo. Dixo: pretérito de indicativo.

Chamases: copretérico de subxuntivo. Corrixiu: pretérito de indicativo. Hai: presente de indicativo. Mandaba: copretérito de indicativo. Deixou: pretérito de indicativo.

6. - A lingua galega comeza a súa recuperación no século XIX: histórico. - Os mércores pola tarde imos xogar ao tenis: habitual. - Mañá fágoche a torta de amorodos: futuro. - Ti fas todo o que che manden e calas a boquiña: imperativo. - Os Ancares son unha das serras orientais de Galicia: atemporal. 7.

Laura e mais eu fomos o sábado á noite coidar uns xemelgos bastante trastes. Non é que nos divirta traballar as fins de semana, pero preferimos gañar uns cartiños a ter que quedar na casa aburridas. Non minto nin esaxero, para este traballo non serve calquera por moi doado que pareza. Os nenos bolen toda a noite e á hora de os deitar sempre xorden complicacións, por iso cómpre ter moita man esquerda. Algo tan sinxelo como espir alguén convértese nunha faena: quen ispe uns rapaces que teiman en seguir xogando? Eles repiten unha e outra vez que non dormen, e fai ti por levarlles a contraria. Se lles berras ou os obrigas a se deitaren cospen, tosen sen ter ganas, só por amolar, soben á cama e póñense a saltar, e seguen así toda a noite até que te cansas deles. E cando xa non lles estás facendo caso ningún é cando comprobas que quedan durmidos.

8. A pronuncia da vogal o en ambas as palabras é distinta. En como trátase dunha vogal pechada e en comes dunha vogal aberta. 9. REGULAR

ALTERNANCIA VOCÁLICA

IRREGULAR

rir andar coñecer conducir cambiar nomear incluír caer cumprir unir

cocer beber comer

poder haber poñer/pór valer dar ver traer ter

139

6


DAR

VALER

PÓR

POÑER

HABER

PODER

LINGUA E LITERATURA 3º ESO

140

PRESENTE DE INDICATIVO

PRETÉRITO DE INDICATIVO

PRESENTE DE SUBXUNTIVO

podo podes pode podemos podedes poden hei has ha/hai habemos habedes han poño pos pon poñemos poñedes poñen poño pos pon pomos pondes pon vallo vales vale valemos valedes valen dou dás dá damos dades dan

puiden puideches puido puidemos puidestes puideron houben houbeches houbo houbemos houbestes houberon puxen puxeches puxo puxemos puxestes puxeron puxen puxeches puxo puxemos puxestes puxeron valín valiches valeu valemos valestes valeron dei deches deu demos destes deron

poida poidas poida poidamos poidades poidan haxa haxas haxa haxamos haxades haxan poña poñas poña poñamos poñades poñan poña poñas poña poñamos poñades poñan valla vallas valla vallamos vallades vallan dea deas dea deamos deades dean


SOLUCIONARIO

TRAER

VER

vexo ves ve vemos vedes ven traio traes trae traemos traedes traen

vin viches viu vimos vistes viron trouxen trouxeches trouxo trouxemos trouxestes trouxeron

vexa vexas vexa vexamos vexades vexan traia traias traia traiamos traiades traian

LETRAS E SIGNOS (152) 1. DITONGO

chapeu vasoira indiano papeis noite

TRITONGO

maio cordiais

HIATO

ruína raíz areal partiamos baúl caída neboeiro

2. DITONGO

doutor moito esperarei moi eu Herminia outro tardou serio máis pouco mais

TRITONGO

vaia

HIATO

oíu aí preocupe Luís saíu aínda había Areal facíase arealés confianza

141

6


LINGUA E LITERATURA 3º ESO PROBA DE AVALIACIÓN (154) 1. O diálogo está en estilo directo, xa que reproduce a voz dos personaxes. As intervencións da voz narradora aparecen tras as intervencións en estilo directo con formas como «pregunta», «respondo», «di», «pregúntolle». Tamén aparece a narradora cando non hai estilo directo. 2. O uso dos dous puntos e dos puntos suspensivos xustifícase porque se quere omitir algo que se dá por sobreentendido e mais para introducir unha cita textual. - Ola, Xiana: esta semana non puiden chamarte. Entre exames, curso de teatro, ollar do meu irmán... Non dou feito! - Fíxate nese cartel: «Véndense soños á carta: románticos, de acción, de medo, de... Daquilo que imaxines!» - Non tiña fame, pero en canto sentamos á mesa dixo: «comer e rañar...» 3. Internet (l. 1), conexión (l. 2), cable (l. 2), banda ampla (l. 4), ordenador (l. 4), clave (l. 9), páxina (l. 10), Bookcrossing (l. 14). • contrasinal, arquivo adxunto, móbil, amplificador. • ordenador, orde, ordenar, ordenación, ordenamento, ordenanza. Trátase dunha familia léxica irregular porque unha forma presenta un lexema patrimonial e outras formas un lexema culto. 4. Lexema

Vogal temática

decidamosagradecentr-

-i-a-e-a-

Suf. modo / tempo -re-ra-

Suf. número / persoa -u -i -s -ches

• - Presente indicativo vestir: visto, vistes, viste, vestimos, vestides, visten. - Presente indicativo seguir: sigo, segues, segue, seguimos, seguides, seguen. - Presente indicativo tusir: tuso, toses, tose, tusimos, tusides, tosen. 5. ditongo meus pais decidiu ademais eu tampouco mais

142

tritongo

hiato xeo boa aínda continúa idea

Tempo e modo pretérito de indicativo futuro de indicativo futuro de indicativo pretérico de indicativo


SOLUCIONARIO 6. Frei Martín Sarmiento, Sobreira, Feixoo e Cornide Saavedra foron ilustrados que, no século XVIII, se preocuparon pola lingua galega e a estudaron. • A distribución durante o século XIX era parella á da etapa anterior: as clases altas e as medias desenvolvíanse en castelán, mentres as clases baixas vivían en galego. 7. Este poema pertence a Follas novas, o poemario máis intimista de Rosalía de Castro. A temática é a dor existencial. Sobresae o paralelismo, a repetición e a enumeración de elementos dolorosos (batido, dor, esquecemento, amor). O poema vai ascendendo en contención poética para ir descendendo nos versos conclusivos finais: ao fin, a vellez e a morte.

143

6


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.