PROPOSTA DIDÁCTICA
Agustín Fernández Paz Ana Acuña Trabazo Ana Iglesias Álvarez Anaír Rodríguez Rodríguez Miguel Louzao Outeiro Xabier Campos Villar Xosé Manuel Moo Pedrosa
SOLUCIONARIO DO LIBRO DO ALUMNADO
LINGUA E LITERATURA 3º ESO
UNIDADE 7 LITERATURA «Comprende e razoa» (157) 1. Manuel Curros Enríquez cría que a literatura tiña que ter a función social de compromiso co pobo galego, coa democracia e coas ideas progresistas. 2. Os primeiros poemas que Curros escribiu foron aqueles cos que participou no concurso literario da cidade de Ourense: «A Virxe do Cristal», «Unha voda en Einibó» e «O gueiteiro». 3. O obxectivo deste longo poema, que parodia o texto de Dante, non é outro que a crítica ao enriquecemento do clero e aos seus inimigos persoais. 4. Curros Enríquez emprega unha lingua popular e un estilo sinxelo, en consonancia coa súa concepción da poesía como medio de compromiso cívico. Ao poeta de Celanova importáballe que se entendesen as súas ideas e por iso emprega o galego popular da súa zona, aínda que cun tratamento coidado. ESCOLMA «Repara» (159) 1. As liñas temáticas que se reflicten nos poemas da escolma son varias: a cívica ou social (con aparencia costumista en «Cántiga», no fragmento de «O Divino Sainete» e «O maio») e a liña intimista («A Rosalía de Castro»). 2. Curros ve a Rosalía como a musa do pobo, pero soa («na noite sen fin») e incomprendida («pobre da tola», «comesta dos lobos»). 3. As institucións e clases sociais criticadas son todas aquelas que detentan e abusan do seu poder (Igrexa católica, caciques e fidalgos), así como os intrumentos utilizados (usuras, preitos, quintas, portas, foros...).
144
SOLUCIONARIO LECTURA E TRABALLO CO TEXTO (162-163) 1. - Avantar: avanzar. - Cómaros: pequena elevación do terreo sen moita extensión. - Corgas: zona moi pendente; camiño estreito e fondo que discorre entre elevacións do terreo. - Demagogo: que fai demagoxia, é dicir, unha política baseada en agradar o pobo para manexalo mellor. - Fanático: aquel que defende con paixón e entusiasmo cegos as súas crenzas, opinións, afeccións etc. - Fauces: parte posterior da boca dos mamíferos onde a lingua ten a raíz e, por extensión, toda a cavidade bucal, especialmente a dos animais moi feros. - Samaritano: caritativo, debido á parábola do bo samaritano, narrada no Novo Testamento. 2. Palabras normativas: saudádea, florecen, campás, sorrisos, triunfos. 3. • A voz poética é unha primeira persoa que se podería corresponder co autor. • Esa voz diríxese aos veciños de Ourense e aos elementos emblemáticos desta cidade (río e catedral). • O poema podería dividirse en tres partes. A primeira, que coincidiría coas catro estrofas iniciais (vv. 1-16), é unha petición aos habitantes de Ourense para que saúden a chegada da locomotora. Na segunda parte, que comprende as dúas estrofas seguintes (vv. 17-24), a petición trasládase á catedral para que actúe anunciando con campás a chegada. Finalmente, na terceira parte (vv. 2532), o poeta diríxese ao río onde beberá a locomotora. Curiosamente nesta última parte hai unha progresiva animalización e personificación da locomotora e do río («bon samaritano», «Cristo dos tempos modernos»). • A locomotora compárase con Nosa Señora («de ferro») e con Cristo («dos tempos modernos») porque ela é a relixión dos tempos modernos, a do progreso e da luz. • O progreso da locomotora oponse á relixión dos abades e cregos, localizada na catedral, e que non trae fartura. Mentres que a locomotora avanza, a catedral («demagogo de pedra») está detida ou retida por un pobo fanático. O poema trata a chegada a Ourense da locomotora. Para Curros, toda a cidade debe saudala (habitantes, catedral e río) porque trae fartura e progreso. O tema, polo tanto, sería a oposición entre o progreso (locomotora) e o atraso (catedral, abades, cregos). • A liña temática é, claramente, a cívica ou social. 4. A intención de Curros é criticar a aqueles que impiden o progreso e a fartura. 5 e 6. Actividades de resposta aberta. Na actividade 5, algúns dos temas que se poderían comentar son o paro, a inmigración, a violencia contra as mulleres etc. 7. • Vén: ten valor de terceira persoa do presente de indicativo do verbo vir grazas ao til diacrítico. Sen ese til corresponderíase ao verbo ver.
145
7
LINGUA E LITERATURA 3º ESO - Dálle: correspóndese á terceira persoa do presente de indicativo do verbo dar (+ pronome dativo). O verbo diferénciase, grazas ao til, de da (contracción de preposición de e artigo a). - É: acentúase porque é terceira persoa do presente de indicativo do verbo ser. Distínguese así da conxunción e. 8. Actividade de resposta aberta. 9. dar seguir ir subir facer vir
ti dá sigue vai sube fai ven
subst. fame auga néboa suor balor
adx. famento augacento neboento suorento balorento
vós dade seguide ide subide facede vide/vinde
10.
11. Actividade de resposta aberta. Pode ser moi interesante proxectar na aula o documental Carrilanos. Os túneles dun tempo. 12. Actividade de resposta aberta. TIPOS DE TEXTOS (165) 1 e 2. Actividades de resposta aberta. O TECIDO DA LINGUA (166-167) 1. - Véndese, a bo prezo, unha enciclopedia actualizada e composta por vinte volumes. Polo tanto, os interesados poden chamar pola mañá, de 9 a 14 horas, ao 004 92 44 e preguntar por Laura Ceán. - Un mozo de vinte e seis anos e con inquedanzas culturais desexa coñecer unha moza coa que compartir afeccións e experiencias. Preténdese que a relación estea baseada na seriedade. As interesadas poden contactar no teléfono 20 34 65.
146
SOLUCIONARIO 2.
Dentro das denominadas Rutas do Xurés, poderemos elixir a do antigo contrabando, que destaca polas súas extraordinarias paisaxes, con numerosos ríos, lagoas e encoros. Nesta expedición transfronteiriza pásase, en primeiro lugar, polo alto do Outeiro das Augas en dirección a Castro Laboreiro, xa en Portugal, onde se fai unha parada para degustar comida típica. Ademais visítase Entrimo e a súa magnífica igrexa. A continuación, podemos facer o Raid Gerés, con idílicas rutas a cabalo. Deste xeito, os participantes serán transportados nun jeep até Soajo, e a partir do picadeiro o traxecto realizarase a cabalo ao longo dun extraordinario percorrido polo Gerés luso. Á parte destas actividades, Rutas do Xurés organiza outras actividades como rafting, sendeirismo, piragüismo ou escalada. Porén, se o que queremos é un plan máis relaxado, podemos visitar o centro de interpretación Aquae Querquennae, en Bande, que ofrece a oportunidade de coñecer a fondo a Vía Nova e os restos do campamento romano que leva ese nome. Para rematar, é obrigado pasar por Santa Comba de Bande para admirar a súa igrexa, o único templo suevo que se conserva na súa integridade.
3. Actividade de resposta aberta. Unha posible resposta sería: Xosé e Laura querían ir ao cine, pero tiñan plans moi diferentes. Xosé prefería ir ver unha película de aventuras. Laura, pola súa parte, prefería unha de suspense. Ademais, Laura quería ir pola noite, polo que terían que cear na casa. Porén, Xosé prefería ir á tardiña, de maneira que despois puidesen cear fóra. En consecuencia, non foron ao cine. É máis, nin sequera síaron ese día. OS NOMES DAS COUSAS (168-169) 1. Actividade de resposta aberta. 2.
1. Rapante 2. Castañeta 3. Robaliza 4. Luras 5. Ourizo
6. Polbo 7. Pescada 8. Xurelos 9. Bacallau 10. Peixe sapo
3. pequeno pancho corbelo chincho carioca xouba/parrocha
grande ollomol abadexo xurelo pescada sardiña
147
7
LINGUA E LITERATURA 3º ESO 4. - Ser bo peixe: persoa que non inspira confianza. - Durmir coma un peixe: durmir moito. - Tirar co peixe e quedar coas espiñas: preferir unha cousa de peor calidade. - Todo é peixe: o que un colle para si, malia non ser de moito proveito. - Nin rabo de peixe: absolutamente nada. - Querer vender o peixe: cando alguén quere intervir nunha conversa. LINGUA E SOCIEDADE (171) 1. Actividade de resposta aberta. 2. O inicio do proceso de normalización habería que situalo no século XX cando a lingua galega ten recoñecemento legal. • Actividade de resposta aberta. 3. Lendo o resultado dos dous exemplos de planificación lingüística, podemos deducir o seguinte: - Para estender o uso dunha lingua (swahili) é moi importante a escolarización só nesa lingua. - É necesario recuperar funcións de uso da lingua que está en retroceso. - O tempo é un factor importante á hora de recuperar unha lingua, pois pode ser demasiado tarde. 4. - Durante os séculos IX-XIII da Idade Media as linguas en contacto eran o latín (lingua minoritaria) e o galego (lingua maioritaria). As funcións formais e escritas estaban pensadas para o latín, mentres que as familiares e coloquiais se deixaban para o galego, polo tanto o grao de bilingüismo era baixo. - Nos séculos XIII-XV da Idade Media o latín perdera uso, e xa non se pode considerar que houbese linguas en contacto, polo tanto tampouco habería bilingüismo latín/galego. - Durante os séculos XVI-XVIII aparece unha nova lingua en contacto co galego, o castelán. Aínda que é maioritario o uso do galego, o castelán ocupa as funcións formais e escritas e relega o galego ás familiares e coloquiais. O grao de bilingüismo é practicamente nulo, pois o castelán era a lingua dos nobres non galegos que residían en Galicia, mentres que o galego era a lingua propia da maioría da poboacion. - No século XIX as linguas en contacto son o galego e o castelán. A lingua maioritaria é o galego, aínda que ocupa as funcións familiares e coloquiais; o nivel de bilingüismo non avanza. • A situación actual, sendo semellante aos cadros iniciais, require varias matizacións. Aínda que o galego gañou funcións formais e escritas, o parámetro da idade mostra que está deixando de ser a lingua maioritaria entre as xeracións máis novas. Desta maneira, en canto ao bilingüismo individual, semella que o nivel de competencia en galego nas catro destrezas é menor.
148
SOLUCIONARIO A LINGUA POR DENTRO (172-174) 1. - Infinitivo: estar (l. 1), ver (l. 3), andar (l. 5), ver (l. 9), atopar (l. 10), ver (l. 11). - Xerundio: abrindo (l. 5). - Participio: acaroado (l. 1), louvado (l. 4), rodeada (l. 7), aberta (l. 11), arrimadas (l. 12). 2. As formas irregulares e regulares coas cales se terán que construír os enunciados son as seguintes: - Acender: aceso, acendido. - Cansar: canso, cansado. - Espertar: esperto, espertado. - Pagar: pago, pagado. - Prender: preso, prendido. - Suxeitar: suxeito, suxeitado. 3. - Xa é hora de te ires. - Ao entrar deixou a porta aberta. - Por non facermos caso, pasou o que pasou. - Chegan domingo para pasardes xuntos as vacacións. 4. - EU: Ao saír do instituto chovía a mares. - TI: Ao saíres do instituto chovía a mares. - EL / ELA: Ao saír do instituto chovía a mares. - NÓS: Ao saírmos do instituto chovía a mares. - VÓS: Ao saírdes do instituto chovía a mares. - ELES / ELAS: Ao saíren do instituto chovía a mares.
6. - vai cadrando (l. 1): acción non rematada. - ten que termar (l. 1-2): valor obrigativo. - vanse amañando (l. 3): acción non rematada. - teño andado (l. 4): reiteración. - ha de ser (l. 5): valor de futuridade. - hai que limpar (l. 8): expresa obriga ou necesidade. - teñen que ser (l. 11): valor obrigativo. - estamos chegando (l. 13): acción non rematada. - vén dicindo (l. 14): valor de futuridade inminencial. - haberá que desapartar (l. 14): expresa obriga ou necesidade. - haberá que pagar (l. 15-16): expresa obriga ou necesidade.
149
7
LINGUA E LITERATURA 3º ESO 7. - Ao longo da súa vida leva lido moitos libros. - Houberon de morrer naquel accidente. - Non deu feito o traballo até a fin de semana. - Xa lle tiña dito moitas veces que lle ía pasar aquilo. - Acabo de chegar agora mesmo. LETRAS E SIGNOS (176) 1. - Agudas: el, baúl, chofer, tirizó, cotián, ademais, papeis, chapeu. - Graves: atmosfera, heroe, réptil, paxaro, aínda, acentúa, inútil, mísil, lapis, medula, dolmen, móbil, karate, téxtil. - Esdrúxulas: tépedo, mágoa. 2.
decimoterceiro franco-alemán riofrío
económico-social beirarrúa balompé
fincapé beiravía xurídico-social
balomán afialapis mediodía
PROBA DE AVALIACIÓN (178) 1. - O asunto do que se trata nesta reunión do Consello Escolar é a posible expulsión dun alumno. - Asisten quince persoas (profesores, conserxe e pais). - Interveñen Teresa, Pascual, Escurís e Sinda. - Chégase ao acordo de expulsar o alumno durante unha semana. • O día 8 de febreiro de 2011, ás 12 horas, na sala de profesores do instituto reúnense os representantes dos pais e nais, profesorado e conserxe. A reunión é para tratar: 1. Expulsión do alumno Mauricio. Sobre o único punto Teresa comezou lendo o relatorio de Pepa e facendo un pequeno resumo dos feitos. A pesar de que algúns membros do profesorado non estaban de acordo por falta de probas, decidiuse, finalmente, en votación, a expulsión durante unha semana do alumno Mauricio. Ao non haber rogos nin preguntas, remata a sesión, da cal estendo esta acta como secretario/a. Asdo: 2. - Creo que non deberiamos ir á festa, é máis, nin sequera estamos convidados. - O número de fumadores descendeu notablemente; pola contra, o número de consumidores de alcol aumentou entre a xente nova.
150
SOLUCIONARIO - A sociedade avanzou moito no que respecta á igualdade entre sexos, malia todo, cómpre non baixar a garda. - Pareceulle boa idea comer en Pontevedra, ademais, como non coñecía o museo da cidade, aproveitamos para visitalo. 3. - Infinitivo: falar, condenar, ver, tomar, incluír, primar, evitar. - Xerundio: lendo, facendo, discutindo. - Participio: violadas. • Con tomar / tomares / tomar / tomarmos / tomardes / tomaren a decisión antes do luns é abondo. - Estamos a falar duns sucesos moi graves: perífrase con valor de acción non rematada. - Ten que primar unha máxima: perífrase con valor obrigativo. - Dar + participio: valor de acción rematada. Ex.: non dou acabado antes das dúas. - Romper + a + infinitivo: valor de acción que empeza. Ex.: rompeu a chorar ao sabelo. - Ter + participio: valor de reiteración. Ex.: temos ido moitas veces co avó. - Dar + en + infinitivo: valor de acción que empeza. Ex.: deu en chorar ao sabelo. 4. - Acentúanse: paréceme, máxima (esdrúxulas), expulsión (aguda acabada en -n), responsábel (grave acabada en consoante distinta de -n, -s). - Non se acentúan: min (monosílaba), rapaz (aguda que acaba en consoante distinta de -n e -s). • Deben levar acento gráfico: téxtil, bágoa, réptil. 5. - Pancho: ollomol pequeno. - Chincho: xurelo pequeno. - Carioca: pescada pequena. - Xouba: sardiña pequena. - Até que deu a súa opinión non estivo tranquilo. Este rapaz sempre quere vender o peixe. - É un bo peixe. Sempre anda metido en leas. - Este meniño é un sol, come de marabilla e dorme coma un peixe. - Se ninguén quere a cadeira coxa lévoa eu, que todo é peixe. 6. A normalización lingüística pretende ampliar os ámbitos de uso dunha lingua minorizada e aumentar, asemade, o número de falantes que a coñecen e empregan. A estandarización ou normativización consiste na elaboración dunha variedade estándar ou normativa, destinada aos usos formais e escritos; ademais da actualización do vocabulario e a súa adecuación ás novas necesidades. A lingua galega está estandarizada, pois ten unha variedade estándar e os instrumentos de enriquecemento do seu léxico.
151
7
LINGUA E LITERATURA 3º ESO A lingua galega non está normalizada ao non ampliar os ámbitos de uso nin poder aumentar o número de falantes. 7. - O poema «Aos mozos» inclúese no poemario de Curros Enríquez Aires da miña terra (1880). - O asunto da composición é a pobreza. - Este poema adscríbese á liña tematica da denuncia, do compromiso cívico ou social.
152