PROPOSTA DIDÁCTICA
Agustín Fernández Paz Ana Acuña Trabazo Ana Iglesias Álvarez Anaír Rodríguez Rodríguez Miguel Louzao Outeiro Xabier Campos Villar Xosé Manuel Moo Pedrosa
SOLUCIONARIO DO LIBRO DO ALUMNADO
SOLUCIONARIO
UNIDADE 8 LITERATURA «Comprende e razoa» (181) 1. Pondal recorre á cultura celta para construír unha épica e presentar unha situación na que existe un pasado heroico do pobo galego libre con heroes cuxas fazañas servisen como exemplo de valor de cara a un futuro glorioso. 2. A paisaxe ten un gran protagonismo porque a terra comunica co pasado e co futuro, as árbores son guerreiros, a paisaxe serve para expresar sentimentos... 3. A lingua de Eduardo Pondal non bebe da lírica popular, ao contrario, o poeta emprega unha linguaxe moi coidada e na que se aprecia o cultismo, o simbolismo e a adxectivación retórica. Preocupouse, en definitiva, por dignificar a lingua galega. ESCOLMA «Repara» (183) 1. Os temas principais de Queixumes do pinos que se poden exemplificar na escolma son: - O celtismo e bardismo («Os pinos», «Dos célticos bardos»). - A natureza como chamada telúrica para avivar a conciencia nacional («Os pinos») ou para expresar sentimentos («Feros corvos de Xallas»). - A virilidade e a muller débil («Pilleina entre os pinos soa»). - A defensa da lingua («Meniñas da Cruña»). 2. A posición de Pondal con respecto á lingua galega é a de defendela, chamando ao seu uso, como se pode ver no poema «Meniñas da Cruña». 3. O celtismo deixou pegada noutros autores pola concepción que Eduardo Pondal tiña do bardo, e dos piñeiros, como aqueles que lle poden devolver ao pobo galego a conciencia da súa identidade. O celtismo estivo moi presente nos historiadores do século XIX pois ese pasado glorioso xustificaba o espírito galeguista.
153
8
LINGUA E LITERATURA 3º ESO LECTURA E TRABALLO CO TEXTO (186-187) 1. - Rabiarás: sentir rabia, ira. - Leria: conversa amigable sobre cousas sen importancia. - Xeitoso: moi apropiado. - Madia leva: xa o creo. - Eslamiado: que non ten graza ou interese. - Balbordo: ruído de moitas voces xuntas. 2. • Patricia é a camareira dunha cafetaría. Iqbal é un inmigrante paquistaní. Os dous conversan na cafetaría na que traballa Patricia. • Patricia le cada noite os correos electrónicos que Iqbal lle escribe á súa namorada que está en Londres. • Parece que Iqbal non lle gusta a Patricia, pero ela sente envexa desas mensaxes amorosas que el escribe. • Iqbal non informa correctamente aos pais porque prefire enganalos e non preocupalos. 3. A voz narradora é unha terceira persoa omnisciente que coñece o que pensa Patricia. Unhas mostras poden ser as seguintes frases do texto: «Patricia dío por pura envexa» (l. 12), «Gústalle, no fondo, este balbordo de xente» (l. 30-31)... 4. No texto aparecen as expresións coloquiais habituais nun diálogo: refencias ao interlocutor, expresións malsoantes, expresións coloquiais, uso do diminutivo, frases feitas etc. Por exemplo: «dunha maldita vez», «amodiño», «non te poñas así, muller», «claro», «meu rei», «alá ti», «madia leva», «vale, vale», «parvadas»... 5. - epiderme de mel e mirada de Monzón tardío. Refírese á cor da pel e dos ollos de Iqbal, procedente de Paquistán. - longas palabras que ela bebe cada noite. Alude á maneira que ten Patricia de ler as mensaxes que Iqbal escribe. A lectura é tan ávida que parece que bebe as palabras. - Patricia (...) baila co seu sorriso de mesa en mesa. Indica que os movementos de Patricia entre as mesas da cafetería lembran os dunha persoa cando está a bailar. 6, 7, 8 e 9. Actividades de resposta aberta. 10. - ordenador: orden- (lexema), -ador (morfema derivativo sufixo) - xeitoso: xeit- (lexema), -os- (morf. deriv. suf.) -o (morf. flex. de xénero masc.) - parvadas: parv- (lex.) -ad- (morf. deriv. suf.) -a- (morf. flex. de xénero fem.) -s (morf. flex. nº pl.) - inconfesable: in- (morf. der. pref.) -confes- (lex.) -able (morf. der. suf.)
154
SOLUCIONARIO - namorados: namor- (lex.) -ad- (morf. der. suf.) -o- (morf. flex. xén. masc.) -s (morf. flex. nº pl.) - revisión: re- (morf. der. pref.) -visión (lex.) - cafetería: cafe- (lex.) -tería (morf. der. suf.) 11. - Vinte pola rúa pero non che vin a bici nova. - Merqueiche un agasallo para que non te anoxes. - Onte deiche o recado para non ter que visitarte hoxe. - Farache ben que non te poñas ao sol. 12. Patricia dicíao por pura envexa. Oxalá a ela alguén lle escribise longas cartas de amor todos os días ás oito da mañá, chovese ou ventase. Longas palabras que ela bebía cada noite por unha inconfesable copia de seguridade. Era a cousa máis fea que fixera na vida e da que menos se arrepentía. Porque a ela o esmaliado Iqbal non lle gustaba pero non o podía evitar. Claro que non lle gustaba. Como lle había gustar! 13. - A ver se coñeces o funcionamento deste aparello. - Haber hai xente, pero non a suficiente. 14 e 15. Actividades de resposta aberta. TIPOS DE TEXTOS (189-191) 1. - Flash back: expresión inglesa para designar a técnica de incluír na acción principal accións anteriores no tempo, e que se emprega nas narracións cinematográficas ou literarias. - Travelling: emprégase no mundo do cine para indicar o movemento da cámara ao desprazarse cara adiante, cara atrás ou cara aos lados, sobre dúas bandas metálicas. A finalidade deste procedemento non é outra que a de suavizar ao máximo os movementos da cámara. - Zoom: nunha cámara fotográfica ou de vídeo, obxectivo de distancia focal variable, que mantén enfocada a imaxe en calquera variación da distancia focal. - Fundido: procedemento empregado en cinema e música que consiste en facer aparecer unha imaxe ou un son ao tempo que desaparece a imaxe e o son anteriores. - Panorámica: en fotografía e cinematografía, fotografía ou sucesión de fotografías que mostran un amplo sector da paisaxe visible desde un punto. - Montaxe: no cine, selección e axuste das escenas e planos dunha película para obter un ritmo e unha continuidade narrativa coherentes. 2. Actividade de resposta aberta. 3. Actividade de resposta aberta.
155
8
LINGUA E LITERATURA 3º ESO Para a realización desta actividade poden empregar dende teléfonos móbiles ata cámaras de fotos, pasando por deseños animados en papel. Unha vez que teñan elaboradas as súas producións poderían empregar algún dos servizos gratuítos de distribución de produtos en liña para facer públicas as súas creacións. Algúns destes servizos poden ser: Youtube, SlideShare, Google Vídeos, Blip.tv, OurMedia etc. Debemos advertir que pouco despois de publicarse o libro do alumnado deuse de baixa o sitio web flocos.tv, que se recomendaba nesta actividade para buscar información. O TECIDO DA LINGUA (190-191) 1. Tes que ir até a praza do Pan. No centro ten un cruceiro e enfronte está a Biblioteca Municipal. Alí colles a rúa Esperanza. Nese momento verás unha fonte e axiña o colexio público. Pouco despois, tes que coller á esquerda pola avenida da Liberdade até chegar á praza da Música. Aí verás a escultura dun piano que ten enriba unha rosa. Baixas pola rúa da Alegría e, ao fondo, verás o Teatro Principal. 2. Actividade de resposta aberta. 3. En primeiro lugar, todos os artigos de rebaixas deben ter á vista os prezos de venda incial e os de rebaixas ou a porcentaxe de redución. Por outro lado, a factura ou resgardo de compra é imprescibdible para devolucións ou reclamacións. Ademais, o consumidor ten tamén dereito á devolución se pagou con tarxeta de crédito. Pola súa banda, os establecementos comerciais deben mostrar en sitio visible o período de rebaixas escollido polo comerciante. Á súa vez, nun mesmo establecemento non pode haber vendas de saldos e de rebaixas no mesmo período. Por último, non poden ser vendidos produtos deteriorados ou defectuosos, a non ser que se especifique expresamente que son saldos. 4. - Introducir tema: en primeiro lugar, para comezar. - Para continuar: ademais, á súa vez, así mesmo. - Para distinguir ou establecer correspondencias: por outro lado, pola súa banda, por unha banda. - Para concluír: por último, en conclusión, por último, para finalizar. OS NOMES DAS COUSAS (192-193) 1. En primeiro plano hai unha muller que peitea un neno mentres o belisca. Á esquerda, un home dorme na herba. Diante del, un mozo le sentado nun banco. Máis próxima a nós, unha persoa maior tose. Nunha árbore un mozo agatuña mentres un gato lle rabuña. Debaixo da árbore, a rente do chan, un can ulisca ao tempo que o seu dono se axeonlla. Detrás deles, espreita un rapaz escondido detrás dunha árbore. Á súa dereita un mozo anoa as zapatillas de deporte. Ao fondo e á dereita, dous homes xantan uns bocadillos.
156
SOLUCIONARIO 2. - Asoar: fungar - Brincar: saltar - Rosmar: roñar - Impar: saloucar - Apalpar: tentar - Catar: desgustar - Observar: axexar 3. Actividade de resposta aberta. Bisbar – oído Roncar – oído Palpitar – oído Uliscar – olfacto Catar – gusto Livián – tacto Beliscar – tacto
Impar – oído Relatar – oído Rañar – tacto Enxergar – vista Xantar – gusto Apalpar – tacto Albiscar – vista
Axexar – vista Acariñar – tacto Ventar – olfacto Ollar – vista Saloucar – oído Chiar – oído Cantaruxar – oído
4. Actividade de resposta aberta. LINGUA E SOCIEDADE (194-195) 1. • O rapaz encóntrase nun ámbito formal: unha aula. • Diríxese a un profesor, polo que non existe unha relación de familiaridade. • O rapaz fala do contido dun libro. • A intención é informar do contido dun libro durante un exame oral. • A forma de falar non se adecúa ao ámbito, pois o rapaz actúa coma se estivese nun ámbito informal. Polo tanto, a súa comunicación non terá éxito e non aprobará o exame. • Unha proposta: O libro trata dun mozo que, despois de roubarlle o coche ao seu pai, tivo un accidente na autoestrada. 2. - Repetición de palabras: conocemos, Madrid, máis, e tal, eu que sei, puerto. - Palabras baleiras de significado: non?, bueno. - Palabras malsoantes: cu do mundo. - Palabras que non pertencen ao galego normativo: isla, bueno, virgen, conocemos - Presenza de dialectalismo: mui. - Frases inacabadas, vacilacións e reformulacións: «eu que sei, de, andaluces, de, cataláns, eu que sei», «e, nun barco, nun ferri, desde Ibiza, e, bueno», «ó chegar a Formentera foi un, alí no puerto, chámase o puerto da Sabina», «porque era, dos que había por alí era o máis, o máis concurrido».
157
8
LINGUA E LITERATURA 3º ESO - Interxeccións e referencias aos interlocutores: «non?; eh; Ei, paisanos; onde sodes; Mira; Ah. - Redución de sons: pos, Madrí. 3. Nunha comunicación oral de nivel medio de formalidade tamén se darían algunhas das características vistas na actividade anterior. Referímonos ás frases inacabadas, vacilacións e reformulacións, por un lado, e, por outro, ás referencias aos interlocutores. 4. No poema de Carlos Negro encóntranse os seguintes exemplos propios da xerga xuvenil relacionada co motor: «pícalle no tubo», «ruxa», «decibelios», «chapas», «róelle duro», «goma das rodas», «maquea o buga». A LINGUA POR DENTRO (196-197) 1. As preposicións do texto son: ao (a + o), na (en + a), dos (de + os), polos (por + os), baixo, dun (de + un) de, cara ao (cara a + o), canda, para, na (en + a), sobre, coa (con + a), do (de + o), da (de + a), de, de, sobre, entre. 2. Nesta actividade o profesorado debe pedir que cada preposición sexa substituída só por unha locución preposicional: - En canto ao servizo non hai queixa. - Non xantamos por cousa de Brais. - Tocante á cea non fixo comentarios. - Conseguiuna a través de subornos. - O garfo colócase a carón da culler. 3. - ao hospicio (frase nominal) - Para os seus íntimos concertos (frase nominal) - na punta dos pés (frase nominal) 4. - Este verán chegou até Roma (Complemento circunstancial) - Levou un billete de ida e volta (Modificador) para a filla (Complemento indirecto) - Viaxaba con moitos amigos (Complemento circunstancial) - A guía falou de terras descoñecidas (Suplemento) - Vin a Lena (Complemento directo) o sábado pasado nas Illas Cíes (Complemento circunstancial) 5. No cárcere os días pasan demasiado (cantidade) amodo (modo). Ás veces (tempo) penso que non (negación) vou ser quen de aguantar moito tempo máis (cantidade) aquí (lugar). Nunca (negación) imaxinei que esas cousas cotiás que normalmente (modo) lle pasan a un inadvertidas puidesen cobrar tanto valor vistas dende unha perspectiva tan (cantidade) coutada coma esta. Como sabes, agora (tempo) a miña vida social redúcese ás conversas case (cantidade) caladas que manteño con algún compañeiro de cadea mentres (tempo)
158
SOLUCIONARIO executamos a paseata diaria arredor do patio. Con todo, quizais (dúbida) sexan estes escasos momentos, estas escasas palabras e estes escasos colegas os que consigan manterme aínda (tempo) íntegro. Son eles os que me permiten seguir loitando intensamente (modo) comigo mesmo para poder saír axiña (tempo) desta falta de espazo. 6.
rápido – ás présas repentinamente – de sotaque ben – a dereitas gratis – de balde inutilmente – en balde adrede – á mantenta
7. Actividade de resposta aberta. LETRAS E SIGNOS (198) 1. - té [ɛ] / te [e]: substantivo ‘infusión’ / substantivo nome da letra, pronome persoal. - é [ɛ] / e [ɛ]: terceira persoa do presente de indicativo do verbo ser / conxunción. - bóla [ɔ] / bola [o]: substantivo ‘esfera’ / substantivo ‘pan’. - chá / cha: adxectivo ‘chaira’ / contracción dos pronomes che + a. - nó [ɔ] / no [o]: substantivo ‘lazo’ / contracción en + o. - cá / ca: contracción ca + a / comparación ca. - dá / da: terceira persoa do presente de indicativo do verbo dar / contracción de + a. - óso [ɔ] / oso [o]: substantivo ‘peza do esqueleto’ / substantivo ‘animal’. - póla [ɔ] / pola [o]: substantivo ‘rama’ / substantivo ‘galiña’. - pór [o] / por [o]: verbo poñer / preposición. - présa [ɛ] / presa [e]: substantivo ‘apuro’ / substantivo ‘cantidade’, ‘valo’; adxectivo ‘suxeita’. 2. - el: pronome persoal tónico, terceira persoa. - ti: pronome persoal tónico, segunda persoa. - po: substantivo ‘partículas pequenas de terra ou area’. - si: pronome tónico de terceira persoa na súa forma oblicua, adverbio afirmativo. - pa: substantivo ‘ferramenta’. - voo: substantivo ‘feito de voar’. As cinco primeiras palabras da listaxe non deben levar til porque son monosílabas e non son diacríticas. En canto á última non se acentúa por ser grave acabada en vogal.
159
8
LINGUA E LITERATURA 3º ESO PROBA DE AVALIACIÓN (200) 1. - Película: fita de celuloide en que quedan recollidas imaxes. - Fita: tira de celuloide que contén imaxes en fotogramas. - Fotograma: cada unha das fotografías que compoñen unha película. - Proxección: acción e efecto de proxectar, é dicir, facer que se vexan nunha pantalla as imaxes ampliadas dunha película. 2. Actividade de resposta aberta. 3. Actividade de resposta libre. Comer – xantar Albiscar – enxergar Saltar – brincar
Olfactear – ulir Rubir – agatuñar
4. - Preposicións: para, sobre, sen, desde, tras. - Frases preposicionais: de (relator) aventuras (termo), con (relator) Marga (termo), de (relator) sobra (termo). - Adverbios: ben, mentres, despois, nada, si, tamén, sempre, nunca. - Frases adverbiais: moito (modificador) mellor (núcleo). 5. - Se prefires o té mellor có café, non te preocupes. - Se non te portas ben non baixas ao parque, así que sé bo. - Ves aqueles montes? Se vés a fin de semana poderás coñecelos. - Cómpre que lle compre un xersei máis grande. Dáme a impresión de que este xa non lle serve. - Pola tarde, con aquelas pólas secas imos construír un cerrado para as polas. - Co miolo da bola do pan fixo unha bóla e lanzoulla ao seu irmán. 6. - Rexistro formal: morrer, saír, suspender, delincuente, ladrón, estudar, vixilante, abandonar. - Rexistro coloquial: espichar, abrirse, cargar, chourizo, chapar, segurata. Os factores que condicionan a elección do rexistro lingüístico adecuado son: lugar, relación entre os participantes, tema da mensaxe, canle e intención. 7. O texto pertence ao poemario Queixumes dos pinos de Eduardo Pondal. A atribución establécese polo tratamento da natureza e a presenza do celtismo e do bardo. Ademais do celtismo e a natureza, outro tema recorrente na poesía de Pondal é a presenza da virilidade.
160