PROPOSTA DIDÁCTICA
Agustín Fernández Paz Ana Acuña Trabazo Ana Iglesias Álvarez Anaír Rodríguez Rodríguez Miguel Louzao Outeiro Xabier Campos Villar Xosé Manuel Moo Pedrosa
SOLUCIONARIO DO LIBRO DO ALUMNADO
SOLUCIONARIO
UNIDADE 9 LITERATURA «Comprende e razoa» (203) 1. As dificultades dos autores do XIX para escribir prosa en galego debíanse aos seguintes aspectos: - Dificultade de publicar prosa tanto en libros como en prensa. - Inexistencia dun estándar lingüístico. - Falta dun público lector acostumado a obras deste tipo. 2. Os temas máis repetidos na narrativa galega deste período son aqueles derivados das fontes orais: ruralismo, costumismo, sentimentalismo e humorismo. 3. A Escola Rexional de Declamación foi unha escola que tiña como obxectivos formar actores e animar os autores a escribir obras en galego garantíndolles unha canle para a súa representación. O labor da Escola Rexional de Declamación foi importante para paliar a escaseza de obras, así como de actores e actrices dispostos a representar en galego, e tamén para contar cun espazo para a representación. ESCOLMA «Repara» (205) 1. As características da narrativa decimonónica que se aprecian en Maxina son o ruralismo e o costumismo na descrición dos personaxes, do espazo e do tempo. 2. Álvarez de Nóvoa renuncia ao ruralismo e ao costumismo que el denomina «enxebre», é dicir, cando o conto fala «dunha esmorga, dunha lacoada, dunha vendima, dunha desfolla, dunha romaxe, dunha espadela, dunha malla, dunha muiñada, dunha rebolada». 3. O personaxe do vinculeiro pode representar o cacique porque ten todo o poder económico para inclinar ao seu favor a xustiza.
161
9
LINGUA E LITERATURA 3º ESO LECTURA E TRABALLO CO TEXTO (212-213) 1. • Segundo os datos manexados polo político e polo seu asesor, o índice de capturas en Vilarei superou en cincocentas toneladas a cifra do ano anterior. Prefiren dar este dato local para agochar os resultados negativos de capturas a nivel global. • O xornal Hoxe vai inaugurar un suplemento onde aparecerá un anuncio da campaña. • Aos medios de comunicación estase presentando a campaña «Rematou a conta atrás. Estamos de novo en marcha», coa que o goberno autonómico pretende publicitar a fin da recuperación do desastre ecolóxico dunha marea negra. • A noticia sobre unha exposición non sairá porque a responsable do programa informativo decide concederlle máis tempo á presentación da campaña publicitaria de Otero. • Ao encontro no que un organismo ou colectivo convoca os medios de comunicación para coñecer algunha noticia denomínase rolda de prensa. 2. A expresión «A primeira fase é estática» quere dicir que nun primeiro momento a campaña de publicidade será unicamente na prensa, en valados de publicidade, autobuses e marquesiñas, sen soporte audiovisual. «Non me amoles» é unha expresión para referirse a algo que causa molestia ou fastío. 3. • A primeira parte do fragmento da banda deseñada iría dende a viñeta 1 ata a 11 (pp. 206-207), a segunda dende a 12 até a 26 (pp. 207-209) e a terceira dende a 27 até a 39 (pp. 210-211). • A localización sería, en primeiro lugar, durante unha viaxe en coche e o descenso do vehículo. Nun segundo momento, sitúase durante unha rolda de prensa e, por último, en dúas cabinas de montaxe de televisión. • En canto aos personaxes e por orde de aparición: - Un alto cargo do goberno autonómico e mais o seu asesor. - Eles os dous, xunto con periodistas e cámaras, durante unha rolda de prensa. - Varios xornalistas dunha televisión montando a noticia da rolda de prensa e quitándolle espazo a outra nova. 4. • Os autores queren transmitir a manipulación da información ao seleccionar determinados datos (totais ou parciais), ofrecer outros que non se poden contrastar... e todo en función dos intereses do poder. • Os motivos desta banda deseñada derivan do desastre do Prestige. • Actividade de resposta libre. 5. Un par de exemplos poden ser os seguintes: «Cantas praias están afectadas e non son aptas para o uso?» «Cales son os datos globais do movemento económico no sector pesqueiro?» 6. Na lectura existen globos cuxa liña externa é redonda e outros cuxa liña é punteada. Os primeiros son normais e indican a conversa entre varios personaxes, mentres que os segundos indican que as palabras están gravadas e non proceden dun diálogo.
162
SOLUCIONARIO 7. Actividade de resposta aberta. 8. Un alto cargo do goberno e o seu asesor planifican, durante unha viaxe en coche, unha comparecencia diante da prensa na que, ademais, se presentará unha campaña anunciando o fin das consecuencias dunha marea negra. Durante a rolda de prensa, o político, tal e como planeara, presenta a información de maneira sesgada no seu propio beneficio e exemplifica a campaña cun anuncio aparecido no xornal Hoxe. Nunha cabina de televisión, uns xornalistas preparan unha reportaxe baseada nas imaxes gravadas durante a rolda de prensa. O tempo dedicado a esta noticia irá en detrimento doutras. 9. - Levan grupo consonántico: sector, autóctono, ficticio, actor, acto, aspecto. - Non levan grupo consonántico: conflito, dicionario, condutor, construción. 10. - Tivo que recuperar as mates en setembro (‘aprobar’) - O equipo contrario recuperou a pelota no centro do campo (‘recobrar o que se perdera’) - Malia terlle feito unha masaxe, non conseguiron recuperalo (‘reanimar’) - A dona da xoiaría recuperou o que lle roubaran os ladróns (‘recobrar o que se perdera’) - Non era moi espelido; en cincuenta anos no exército non pasara de cabo (‘graduación, categoría superior a soldado’) - O cabo Fisterra é un dos puntos máis occidentais de Europa (‘parte saínte da costa’) - Só quedaba alumeando o cabo dunha candea (‘extremo, parte en que remata algo’) 11. O termo galego que se correspondería con slogan é lema. piercing – pendente e-mail – correo electrónico disc jockey – picadiscos barman – camareiro amateur – afeccionado foulard – pano (do pescozo) dribbling – caneo bacon – touciño entrefebrado freaky – estrafalario, raro hall – vestíbulo 12. Actividade de resposta aberta. TIPOS DE TEXTOS (214-217) 1. • A maioría das elipses son temporais. Entre a 3ª e a 4ª viñeta hai unha elipse espacial entre o interior e o exterior do vehículo. • Sucesos elididos entre as viñetas: - Tobuso estaría falando do que lle gusta o mar e a praia. - Tobuso desvíase do camiño da escola e colle o rumbo da praia. - Tobuso busca os aveños necesarios para estar na praia, prepara a roupa e baixa do vehículo. - Tobuso estende a toalla e prepárase para tomar o sol.
163
9
LINGUA E LITERATURA 3º ESO 2. Sucesos elididos en «Un minuto máis»: - A elipse temporal e espacial máis destacada prodúcese na páxina 207, cando o político, despois de baixar do coche, lle di ao asesor que lle poña un exemplo. Na seguinte viñeta xa está na sala ofrecendo unha rolda de prensa para un feixe de xornalistas. - Ademais, entre a última viñeta da páxina 209 (sala de prensa) e a primeira da páxina 210 (cabina de montaxe de televisión) prodúcese unha elipse espazo-temporal. • En principio, non parecen necesarios os textos explicativos, xa que se perciben claramente os cambios de escenario e de tempo, polo que o lector ou lectora sitúase con facilidade. Aínda así, no caso de que se quixesen poñer, poderían ser do tipo: «Unha hora despois / un día despois e noutro lugar», para referirse á sala de televisión na que se monta a reportaxe; ou «Pouco despois...», para referirse ao momento en que xa aparece Otero dando a rolda de prensa. 3. Actividade de resposta aberta. • - Plano xeral: viñeta 1 da páxina 209. Amosa o espazo onde se está a desenvolver a rolda de prensa. - Primeiro plano: viñeta 4 da páxina 207 e viñeta 6 da páxina 210. O lector ou lectora concédelle toda a atención ao personaxe. - Plano americano: viñeta 2 da páxina 208. Represéntase a varios personaxes conversando. - Plano medio: viñeta 6 da páxina 208. Preténdese que o lector se fixe no que di o personaxe e na súa expresión. - Plano enteiro: viñeta 1 da páxina 211. O lector ou lectora fíxase no personaxe concedéndolle importancia ao lugar onde está. - Plano detalle: viñeta 5 da páxina 207. Repárase nun pequeno detalle importante para a narración. • O ángulo de visión cumpre unha función adxectiva na narrración: - Ángulo dende arriba (picado): viñeta 3 da páxina 209. - Ángulo dende abaixo (contrapicado): viñeta 4 da páxina 207. - Horizontal: resto. 4. Unha posibilidade de textos para completar os globos pode ser a seguinte: - Voulle mandar este recadiño para que deixe de levantar a man. - Ten coidado. Agora é perigoso, temos a profesora de fronte. - A ver, Afonsiño, responde ti. - Aiiiii! Que é isto? 5, 6 e 7. Actividades de resposta aberta. 8. Un exemplo de guión podería ser este: - Viñeta 1. Home bebendo. «Teño que beber para esquecer, pero as penas aboian.» - Viñeta 2. Soidade na mesa/Home afundido. - Viñeta 3. Soidade no bar. - Viñeta 4. A camareira repara no home. «Xa é hora de cerrar.»
164
SOLUCIONARIO - Viñeta 5. O home repara na camareira. - Viñeta 6. «Que quererá? Cerrar?» - Viñeta 7. A camareira continúa limpando. «Todos temos que convivir coa soidade» O TECIDO DA LINGUA (219) 1. Anúnciaselles ás persoas interesadas que o vindeiro día 5 de xuño terá lugar unha reunión da dirección dos centros dependentes desta coordinadora e a presidencia das asociacións de pais e nais de estudantes. Na reunión trataremos os seguintes puntos: - Propostas do alumnado. - Valoración das enquisas sobre o profesorado. - Elección de titores e titoras para o próximo curso. A secretaria: Ánxela Souto. 2. - Os concelleiros e as concelleiras/a corporación municipal poderán/poderá asistir á cerimonia acompañados das súas parellas. - Informaron ao cadro de persoal da empresa das modificacións no horario de traballo. - O ser humano é o único animal dotado de linguaxe. - A xuíza de instrución Iria Salgado ditou prisión provisional para o acusado de malos tratos á súa esposa. - A asociación de antigos alumnos e alumnas do instituto xa conta con 200 persoas asociadas. - A miña curmá é enxeñeira de camiños e está traballando na supervisión dunha autovía que se está a construír. - Se durante o voo necesitas algunha cousa, podes pedírllela aos asistentes de voo. - A cidadanía galega manifestouse en defensa da sanidade pública. - O persoal da limpeza comeza a súa xornada unha vez cerrado o centro. - A miña médica de cabeceira chámase Helena Villar. OS NOMES DAS COUSAS (220-221) 1.
Dobre teito Soportal dianteiro Vento
Ábsida para as mochilas Picaraña
Chan integrado
165
9
LINGUA E LITERATURA 3º ESO 2. - Viaxar: viaxante, viaxado - Pasear: paseante, paseo - Descansar: descanso, descansado - Ler: lectura, lexible - Nadar: nadador, nado - Mergullar: mergullador, mergullo - Divertir: divertido, divertimento - Navegar: navegable, navegación - Xogar: xogador, xogo - Bañar: bañador, baño - Queimar: queimadura, queimado - Fotografar: fotográfico, fotógrafo - Picar: picadura, picante 3. Diferenzas: - Na imaxe A hai un corvo mariño enriba dunha rocha - A gaivota da imaxe A ten unha soa pata - Na imaxe B hai dúas cunchas máis que na imaxe A - Na imaxe A a moza de pelo curto ten biquini e na B bañador - A moza de pelo longo ten un pareo na imaxe A - O mozo ten unha viseira na imaxe A - Na imaxe A a antuca está pechada - Na imaxe A hai cinco boias e na B hai seis. 4. - Chancleta: calzado que só protexe a planta do pé. - Bordo: límite exterior dunha superficie ou dun obxecto. - Caladas: acción de calar, somerxer na auga. - Cutáneas: da pel ou da cute. - Cans guía: can que acompaña a aquelas persoas con deficiencias visuais. - Desperdicios: cousas que sobran. - Cabichas: parte do cigarro que xa non se fuma e se tira. 5. Actividade de resposta aberta. - Nesta praia non se admiten: automóbiles, practicar a acampada, facer lume e cans. - Nesta praia podes: bañarte, tomar o sol, practicar deportes acuáticos e nadar. - Hai papeleiras, auga potable, acceso para descapacitados, duchas, posto de socorro, servizos e oficina de información. 6. Actividade de resposta aberta.
166
SOLUCIONARIO LINGUA E SOCIEDADE (222-223) 1. Actividade de resposta aberta. 2. Cando o libro do alumnado estaba acabado de imprimir, pechou o sitio web flocos.tv, polo que agora o documental Linguas cruzadas haberá que velo noutros sitios da rede: http://www.culturagalega.org/avg/extra_audiovisual_estreas.php?Cod_extrs=3129 http://video.google.es/videoplay?docid=-7399630610169788180# • a) emprega galego, b) castelán e c) galego. • Os falantes a) e b) non utilizan a variedade normativa. O falante c), aínda que incorre en moi pequenos erros, podemos dicir que si emprega a variedade normativa. • Interferencias do castelán no nivel fónico (i) e léxico (ahora, estudiar, salir, entorno). Interferencias do galego no nivel morfosintáctico (damos convivido). • Neofalante é alguén cuxa lingua inicial e habitual foi o castelán e, nun momento dado, decide que a súa lingua habitual sexa o galego. 3. Castrapo: variante do castelán falado en Galicia, con moitas expresións e palabras galegas. Trátase, polo tanto, dunha mestura de códigos na que os falantes non son conscientes de que están a utilizar elementos prestados do galego. 4.
- Fun ao salón de peiteado polo aniversario de miña nai e saín cun novo aspecto/cunha nova imaxe. - Na obra de teatro que fomos ver co colexio había unhas escenas cómicas moi boas. - O profesor mandounos inventar un lema para a campaña de nadal pero é menos fácil do que parecía nun principio. - Non me gusta o fútbol nin o baloncesto; a min o que de verdade me gusta é o monopatín.
A LINGUA POR DENTRO (224-225) 1. Conxuncións que se atopan no texto: - Coordinantes: e - Subordinantes: cando, que, para - Oracionais: pois, porque 2.
- Ceo pedrento, ou chuvia, ou vento. - Pola Santa Lucía, tan longa é a noite como longo é o día. - Boca de mel e mans de fel. - Mellor que onde naces, onde paces. - Co falso non tomes amizade, porque che fará maldade. - Un amigo, aínda que sexa no inferno. - Cando pases pola terra dos tortos, pecha un ollo.
167
9
LINGUA E LITERATURA 3º ESO 3. Interxeccións: ei, oh, eh. 4. Actividade de resposta aberta. LETRAS E SIGNOS (226) 1.
antigüidade lingüista aguantar
pingüín regueiro linguado
lingüeta guindastre bilingüismo
ambiguo angueira ambigüidade
2. - Aínda lembro cando moïamos o gran no muíño. Ao vir de volta, sempre caïamos no rego que tiñamos que atravesar. (Levan diérese porque son formas do copretérito de indicativo). - Vós erades os que distribuïades a prensa na zona de Santiago. Non sei quen a destribuirá agora. (Leva diérese porque é a forma do copretérito de indicativo). PROBA DE AVALIACIÓN (228) 1. O relato de Francisco Álvarez de Nóvoa sitúase no século XIX. Hai unha descrición da paisaxe do río Miño e do lugar onde se bañan os rapaces. A continuación descríbese un dos bañistas. Pé das Burgas é unha mostra da prosa moderna porque non trata temas costumistas da aldea. Neste caso estamos nunha cidade e cuns personaxes que non son enxebres. 2. Actividade de resposta aberta. 3. - Lembrade que Xoán e mais (coordinada copulativa) eu podemos encargarnos de montar o decorado, eh? - Ai, se (oracional condicional) aprobo todo, poderei ir de cámping no verán. Pero (coordinada adversativa) vou ter que estudar moito, pois (oracional causal) este curso é bastante duro. • Hai dúas interxeccións nos enunciados anteriores: «eh?», «ai». 4. - Este enunciado é ambiguo: non se sabe se se refire aos pingüíns ou aos linguados. - Algunhas teorías lingüísticas din que na antigüidade houbo unha lingua única para toda a especie. - Non puidemos saír da casa; se saïamos mollabamos os pés no regueiro de auga que fixeches ao lavar o coche coa mangueira. - Hoxe comeza a minguar a lúa; non mingüedes vós tamén! 5. A viñeta reflicte como a documentación oficial está escrita nunha linguaxe sexista e non respecta a presenza da muller na sociedade. Para solucionar esa invisibilidade, a documentación á que aluden
168
SOLUCIONARIO as dúas mulleres protagonistas da banda deseñada debería estar escrita atendendo ao dobre xénero: «a persoa infractora» e «a persoa denunciante». 6. - De tanto tomar o sol na praia torrouse. - Na viaxe non parou de fotografar co seu móbil todo canto vía. - O que máis me gusta facer na piscina é mergullarme na auga. 7. - Prometeume que me ía convidar a un xeado de amorodo. - Vaia calor dá o lume da grella! Xa che dixen que eu non poría tanta leña. - Tropezou coa vasoira e caeu: despois soubo que fixera unha escordadura no pulso e unha mazadura nun xeonllo.
169
9