María Victoria Moreno. Letras Galegas 2018

Page 1

Letras Galegas 2018 MARÍA VICTORIA MORENO ANTOLOXÍA POÉTICA


1

O SOLPOR No luscofusco de maio, cando as faíscas da herba ceden ao arrolo do vento, quere durmir a pradería. Aínda as flores presumidas desafían as estrelas. Rompen a cantar os grilos e os ferreiriños golpean con chíos de aceiro negro a paz dourada e serena.

Volve o gando para as chousas e as campaíñas son queixa polo sol, que vai dereito camiño da fin da terra. As sombras enchen as casas e as nais prewparan a cea, mais todos os nenos foxen da música das tarteiras porque a noitiña é fermosa e presta disfrutar dela. O gato lambón e vago os seus bigotes aquela e os trasno da cadeliña ANTALOXÍA POÉTICA. MARÍA VICTORIA MORENO. MAIO 2018


-Alma, bonita e pequena-, aproveitando un descoido, lisca da casa e comeza, xunto aos nenos, o seu xogo, mais ninguén repara nela… 2

Cos seus ollos manseliños mira docemente e prega ser unha máis da cuadrilla coma se fose unha nena. Coas súas luviñas douradas fai títeres e piruetas e, á fin, arrédase triste baixo a súa capiña negra.

Leva o seu rabiño a rastro, leva gachas as orellas e leva dentro do peito unha doíña de pena, tan quente coma unha bágoa e tan donda coma a cera.

Camiña cara a ningures Alma, a travesa cadela, e vai coa calma do sol, que nin para min ten présa. -¿Qué buscas?- pregunta un moucho que nese momento esperta. -Volve á casa- di a voz rouca dunha curuxa moi vella. (Do libro ¿E haberá tirón de orellas?, editado por Galaxia. 2017)

*********************************

ANTALOXÍA POÉTICA. MARÍA VICTORIA MORENO. MAIO 2018


¡XA NON TEÑO MEDO! (fragmento) Eu durmo na bufarda porque son malo, porque esperto de noite e porque falo. Mais mamá dixo que podía chamala de ser preciso. * * * Anque os primeiros días pasei ben medo coas sombras, cos ruídos e co silencio, souben axiña que a noite é unha festa moi divertida. * * * Cando a nai mata as luces nace un silencio que é redondo e escuro, mais non dá medo Cómpre afacerse e as faíscas e as voces logo aparecen * * * O reloxo da sala óese ao lonxe e eu agardo entre as sabas que cante as doce, para que saian os diabriños que viven na miña casa. * * * No armario máis pequeño teño tres gatos, un canciño de seda e dez lagartos. Dormen de día ANTALOXÍA POÉTICA. MARÍA VICTORIA MORENO. MAIO 2018

3


e polas notes traman mil ousadías Hai unha chorumiña considerada que só rilla na roupa vella e gastada.

4

Rillando arrola, despois bícame a face con alas dondas.

Cando rilla a choruma miañan os gatos e acenden vinte ollos os dez lagartos. Vinte lucernas fan un mundo de sombras que o can goberna ** *

Galopan polo aire, soben ás camas, e os medrosos suponen que son pantasmas Mais son amigos, larpeiros e curiosos coma os meniños.

A noite vai subindo, medran as sombras, gabean polo aire figuras tolas. Mais sae a lúa e florece o sosego ANTALOXÍA POÉTICA. MARÍA VICTORIA MORENO. MAIO 2018


na terra escura.

O ceo, nese instante, faise pequeño, mais colle en cada estrela un mundo enteiro.

5

Son mundos grandes, habitados por xentes altas e amables *** -Queridos homes altos, desexo vervos, baixade ata a bufarda onde eu espero. Se non baixades, mandádeme co vento unha mensaxe. *** Unha brisa de alas bisba no faio e recibo a mensaxe con desengano. -Atende á Terra e á vida que palpita na natureza.

Queridos homes altos, miñasxoíñas, vese que non sabedes como é a vila: porque onde eu vivo non temos mar nin monte, fraga nin río.

ANTALOXÍA POÉTICA. MARÍA VICTORIA MORENO. MAIO 2018


*** Temos fontes, camelias, céspede e mirtos, pombas, cuchos, paxaros, ratos e michos. 6

E tamén temos moitos farois de lúa altos e esveltos. (e continúa)

(Do libro Eu conto, ti cantas…, editado por Edicións Xerais de Galicia, 2005/2017)

*************************

fala un mendigo ó seu can Eu vin a luz de Deus na túa ollada e vin faíscas do saber enteiro eu vin o amor resolto en doce abeiro e vin a alma da alma sosegada. Fuches doce compaña namorada nas esgrevias quebradas do carreiro, cando o teu corpo, mol e rebuldeiro, me arroupa nas noites de xeada. Xuntos andamos, xuntos percorrimos -eu con farrapos, ti con pel brillanteAs veigas doces e os esquivos montes. Xuntos estamos , xuntos compartimos -eu no cansazo, ti no gozo errantea liberdade azul dos horizontes

(Do libro Elexías de luz, editado por Edicións Xerais. 2006.) ******************

ANTALOXÍA POÉTICA. MARÍA VICTORIA MORENO. MAIO 2018


cantiga

Na fonte fonte dos nenos bebía unha branca. …Fala a auga. 7

Na fonte fonte dos risos xemía unha nena pálida. …Fala a auga. Na espiña espiña da rosa revoaba a voz das aves. …Treme o aire. Na espiña espiña do toxo vin cinco pingas de sangue. …Treme o aire. No bico bico do outeiro sorría unha luz fermosa. …Pasa a sombra. No bico bico da albura espreitaba a ollada torva. …Pasa a sombra (Do libro Elexías de luz, editado por Edicións Xerais. 2006.)

Cando a a soidade atopa remanso e calma escótanse cantigas dentro da alma Fala o silencio en versos luminosos, limpos e tersos (Do libro Elexías de luz, editado por Edicións Xerais. 2006.)

ANTALOXÍA POÉTICA. MARÍA VICTORIA MORENO. MAIO 2018


Roldada a voz da morte a nosa casa alevemente oculta entre rumores e o trasfego de barcos predadores era agoiro do mal que morde e pasa. Coma abafo ruín que o mar abrasa e que racha a maruxe en estertores oculto entre perfidias de traidores rodaba a voz da morte a nosa casa.

8

Nun siencio de sombra e agonía ronseis iridiscentes descoraron en lúgubres estelas na ardentía. En un fulgor de laparada escura aves de escuma inertes afogaron nun salaio de medo e de tristura ¡Nunca máis!

(Do libro Elexías de luz, editado por Edicións Xerais. 2006.)

******

cantiga Neste amencer de pombas indecisas conversarei coas fontes onde beben pesares cristalinos as sombras que se axitan pola noite. Esa lúa de prata atopou o tesouro que eu perdera na auga. No laio dos farois agonizantes evocarei os nomes que acenderon lucernas balbucintes nas fragas mestas onde os medos dormen. Esa lúa de prata atopou o tesouro que eu perdera na auga.

ANTALOXÍA POÉTICA. MARÍA VICTORIA MORENO. MAIO 2018


Neste tremor de chumbo e de diamante serei luz que se esconde no ardor aceso que xerou os días ou na xerfa esfiañada en surtidores. Esa lúa de prata atopou o tesouro que eu pedera na auga. No rubor das estrelas acaladas achegareime á morte, sentirei o feitizo dos seus ollos, e o seu bico na fronte. (Do libro Elexías de luz, editado por Edicións Xerais. 2006.)

**************** Un día do sol de abril, con fragancias e colores, con todas as veigas cheas de herba mol e belas flores É o tempo no que bolen xoaniñas e bolboretas cabaliños de cristal e laboriosas abellas. Os máis dos bichos escollen as flores polas colores, mais as abellas, moi sabias, só repararán nos sabores. O saltón e a bolboreta pousaron na mesma flor e botáronse a rifar sobre quen liba mellor. Pouco exploran as xoaniñas porque, ó seren tan pequenas, teñen comida de abondo co pulgón dunha roseira. Se ves que unha multitude se xunta nunha soa flor é porque ten moito néctar ou porque sabe mellor. ANTALOXÍA POÉTICA. MARÍA VICTORIA MORENO. MAIO 2018

9


Nunca falta un bicho raro que sempre leva a contraria, coma a verde barbantesa que axexa, persegue e caza. Mais o cazador que espanta é o paxaro larpeiro, que pode voar máis alto e chegar sempre o primeiro.

10

Por sio hai que estar atentos, cun ollo aquí e outro alá, por se ó paxaro lixeiro se lle ocorrese atacar. A chicharra cantariña non se cansa de choutar: vai buscando a flor máis alta para poñerse a chirlar. ¿E por que se apartan todos Da flor onde latricar? É que chegou un abellón Que con furia os ameaza. O cabaliño do demo amósase pola tarde porque o sol do mediodía lle parece insoportable. Un escaravello negro, comechón e badulaque, non para ata a anoitecida pola ansia de fartarse. E, antes de que caia a noite, os bichiños xa van cansos e voan para as súas casas polo aire fresco e claro. (Do libro Elexías de luz, editado por Edicións Xerais. 2006.)

ANTALOXÍA POÉTICA. MARÍA VICTORIA MORENO. MAIO 2018


Namorada de outonos e solpores, peregrina nas gándaras da vida, buscaches no tremor da atardecida fragancias vellas de ilusións e amores. Sorriron para ti tódalas flores, fíxose a luz roibén na túa ferida e, por nidios ronseis, a alma durmida foi desde o abismo ós altos miradores. Inefables paisaxes de harmonía abríronse ante ti coma agasallo en volutas de lúa opalescente. Desposaron en lene melodía os pétalos da luz, a paz do orballo e o teu corpo, xa lirio evanescente. (Do libro Elexías de luz, editado por Edicións Xerais. 2006.)

************

Eu quero darche as grazas, meu amado, mais grazas é palabra torpe e fría para cantar en luz esta elexía ó tempo de arredrarme do teu lado. Canto chorei por ti… O noso fado foi unha crúa e pérfida ironía: matou o xeo negro ó sol do día e o chumbo ardente ó aire sosegado. Por seres auga e luz na cega sede eu quero darche as grazas… Mais lamento non ser verba de amor, música pura, nin pomba morna que a friaxe alede, nin faísca de orballo, luz de vento. … Só silencio que treme en noite escura.

(Do libro Elexías de luz, editado por Edicións Xerais. 2006.)

ANTALOXÍA POÉTICA. MARÍA VICTORIA MORENO. MAIO 2018

11


******************* Eu quixera esculpir en luz e aire non o corpo do amado, non a imaxe que gardan os meus ollos, mais a traza do paso luminoso que enchera a miña alma de flores, soño e pranto.

12

Eu quixera tecer en fíos de auga non as verbas do amado, non as conversas que o solpor arrola, mais este doce laio que habita nas distancias asequibles resolto en vento maino.

(Do libro Elexías de luz, editado por Edicións Xerais. 2006.)

ANTALOXÍA POÉTICA. MARÍA VICTORIA MORENO. MAIO 2018


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.