Resumo Executivo Plan Impulsa Ourense

Page 1

ImpulsaOurense

Proxecto ImpulsaOurense Resumo executivo, xullo 2011 Elaboración, implantación e seguimento do proxecto de impulso económico da provincia de Ourense IGAPE – Instituto Galego de Promoción Económica


Edita: IGAPE Realiza: Deloitte, S.L. Imprime: Gr谩ficas Garabal, S.L. Dep贸sito Legal: C 1817-2011


RESUMOEXECUTIVO

Índice de contidos Proxecto ImpulsaOurense Introdución. Obxectivos e metodoloxía ................................................ Obxectivos do proxecto ........................................................................... Traballos realizados .................................................................................. Metodoloxía de traballo ............................................................................

5 7 8 9

Diagnóstico da provincia de Ourense ..................................................... Análise macroeconómica da provincia de Ourense ....................... Identificación de sectores estratéxicos ............................................ Análise dos motores de competitividade ......................................... Análise cualitativa da provincia de Ourense en relación aos FCD ...................................................................................

11 13 15 17

Estratexia de captación de investimentos .......................................... Estratexia de captación de investimentos ....................................... Sectores de futuro para a captación de IDE .................................... Programa de Mercadotecnia .................................................................. Programa de Acción .................................................................................. Cadernos de Venda .................................................................................... Programa Comercial ..................................................................................

23 25 26 30 31 32 33

Programa de Actuación.................................................................................... Definición estratéxica do Programa ................................................... Eixos e obxectivos estratéxicos ........................................................... Programa de Competitividade: Actuacións prioritarias de alto impacto ............................................

35 37 38

Conclusións ...........................................................................................................

47

18

38

3



Introduci贸n. Obxectivos e metodolox铆a



RESUMOEXECUTIVO

Introdución Obxectivos do proxecto O traballo desenvolvido por Deloitte ten a súa orixe na formulación por parte da Xunta de Galicia de elaborar un proxecto de actuación para a provincia de Ourense que lle permita incrementar a súa actividade económica a medio e longo prazo. Tendo en conta o contexto socioeconómico actual do territorio, e as áreas prioritarias identificadas polos estamentos públicos para a revitalización, desenvolvemento e/ou o seu crecemento, a formulación do proxecto requeriu un carácter eminentemente práctico e orientado á elaboración dun Programa de acción que identifique as actuacións necesarias que deben levarse a cabo. Así mesmo, o traballo tivo como punto de partida o Plano Estratéxico de Ourense 2010 desenvolvido polo INORDE e o traballo realizado no seu contexto ata o momento. Ao longo do presente documento de Resumo Executivo, preséntase a metodoloxía seguida, así como as principais conclusións obtidas. O proxecto ten como obxectivo o impulso económico da provincia de Ourense. Polo tanto, elaborouse desde un enfoque pragmático definindo os obxectivos, accións, cronograma de actuacións e axentes responsables da execución, así coma indicadores de realización e resultados, podendo implantarse unha vez rematada a súa definición, e medir sistematicamente a súa evolución e resultados.

7


ImpulsaOurense

Traballos realizados O traballo realizado no marco deste proxecto componse de cinco documentos que complementan e fundamentan as conclusións xerais presentadas no resumo executivo: 1. Metodoloxía e Diagnóstico Competitivo de Ourense | Metodoloxía de traballo do proxecto. | Análise macroeconómico da provincia de Ourense. | Análise competitivo sectorial e identificación de sectores estratéxicos. | Diagnóstico competitivo da provincia de Ourense en relación aos Factores de Competitividade (os 8 motores de competitividade). 2. Retos, trampolíns e sectores estratéxicos | Retos e trampolíns para a mellora competitiva de Ourense. | Aposta polos sectores estratéxicos de futuro de Ourense. | Sectores con implantación e potencial de desenvolvemento. | Sectores novos ou emerxentes con potencial de desenvolvemento. 3. Plan de Actuación detallado | Contén os eixos estratéxicos, obxectivos, liñas de actuación e actuacións concretas para os próximos anos 2011-2018. | Actuacións que constitúen medidas concretas para a mellora da competitividade da provincia de Ourense. 4. Estratexia de Captación de Investimentos | Diagnóstico competitivo da provincia en relación aos Factores Críticos de Decisión para o investimento. | Análise dos sectores e países con maior potencial de Investimento Directo no Estranxeiro. | Programa de Mercadotecnia para a Provincia de Ourense (Programa Comercial, Programa de Acción e Cadernos de venda). 5. Modelo de seguimento e Cadro de Mando | Programa de execución detallado do proxecto de impulso económico da provincia de Ourense con fichas de avaliación e grao de avance. | Ferramenta de creación de Informes de seguimento puntuais. | Cadro de Mando cos principais compromisos do goberno da Xunta de Galicia en relación ao impulso económico de Ourense.

8


RESUMOEXECUTIVO

Metodoloxía de traballo O exercicio realizado ao longo dos meses de traballo estruturouse seguindo o Modelo de Competitividade Territorial de Deloitte, que recolle os factores que son críticos para a capacidade de competir dunha rexión, así como as interrelacións entre eles e cos seus sectores de actividade. A través deste modelo de análise, estúdanse os principais factores clave da competitividade. Calquera territorio que quera ser competitivo e fomentar un crecemento e evolución equilibrados, deberá establecer medidas e estratexias en cada un destes factores, sen prexuízo de que cada territorio determine posicionarse de forma prioritaria naqueles que lle sexan máis favorables.

CAPITAL HUMANO

IMAXE

• Marca única D • • Posicionamento de IN A A • ch marca (percepción) Ac eg MI • Presenza de redes in tiv a e SM O • no ida co de promoción (foros, I v E • nte aci des nóm CO feiras, …) D rn ó i N ife a n nt ic • Atracción de Ó e c e e a • sp ren ion te ns de MI investimentos Ba ec c a c iv r C i n a l e a i • Estratexia de i r en re al c za ol s xi O marketing e • P tra ira izac ión ció oxí en ón a s comunicación e rod da de ión e n m u pr ct es ivi ar da ia de l

Os oito motores de competitividade

is ra tu e les na bl b i a t ga os s ov r s s o n es u a e E cu ión s r erd e AD Re est xía s v aire D r o • X e LI • E n p az ad e BI • s id TA l E • Ca EN • ST SU

• Seguridade • Custo da vida • Ocio e cultura • Limpeza • Atención sanitaria • Educación

INFRAESTRUCTURAS • Conectividade de transporte

e • TICs s to . N • Transporte: estrada, IÓ du es C ro or D aeroporto, porto e VA e p vad o I+ O d o st o) ferrocarril N n n IN ió in ga ad • Empresariais: chan ac os n e priv industrial, oficinas re z C vi ió e de as • ser ers co • Transporte o xí i v l rs ex olo In b público: metro, • (pú ste an cn u m e l (calidade autobús C o- t ón conectividade • Us vas cci ade interna) • no te ed al o i i Pr p tr • pro us d in

• Altos niveis de educación • Productividade laboral • Coñecemento Idiomas • Uso de TICs • Prestixio de Universidades • Poboación nova e activa

a ca ón ad íti ci riv pol io a r or - p e to AL ab ico dad ula l N i o IO C úbl bil reg C • p ta o o U IT Es rc tiv • Ma rac ST • at IN IO O AP

CALIDADE DE VIDA

9


ImpulsaOurense

A competitividade dun territorio pódese avaliar segundo os seus recursos, ou activos, pertencentes a estes oito ámbitos:

Dinamismo Económico: Que elementos van permitir a Ourense desenvolver novas actividades económicas e crecer en produción e productividade? Que estrutura económica e empresarial necesitamos crear? Capital Humano: Que capacidades deben ter as persoas/profesionais para abordar os novos desafíos? Innovación: Que modelo de innovación permitirá que se avance máis rápido na transformación e crecemento competitivo? Infraestruturas: Que activos físicos e virtuais son necesarios para potenciar a sociedade de futuro, global e cohesionada? Calidade de vida: Que factores serán diferenciadores na sociedade para ser máis atractiva para os seus habitantes e para atraer persoas con talento e capacidade de desenvolvemento? Sustentabilidade: ¿Cómo se pode construír un mañá sen hipotecar hoxe o noso futuro? Onde se debe investir para xerar unha contorna sostible desde o punto de vista económico, social e medioambiental? Imaxe: Cales queremos que sexan as nosas señas de identidade que fagan a provincia atractiva para o investimento, o desenvolvemento e o crecemiento económico? Apoio institucional: Que papel debe desempeñar o sector público neste novo modelo de competitividade?

10


Diagn贸stico da provincia de Ourense



RESUMOEXECUTIVO

Análise macroeconómica da provincia de Ourense Debilidades | Organización administrativa da provincia caracterizada por unha baixa concentración, ao existir moitos concellos de escaso tamaño. | Ourense posiciónase como a provincia galega cun menor volume de poboación. | Constante descenso de habitantes que consolida unha tendencia cara a despoboación na provincia, especialmente naqueles concellos rurais de menor tamaño. | Ourense é a provincia máis envellecida de Galicia. | Escasa presenza do sector industrial dentro do tecido económico da provincia, o que supón unha importante merma na capacidade de xerar valor engadido. | A provincia de Ourense sitúase á cola de Galicia por contribución ao PIB e ao VAB da comunidade autónoma. | Ourense posiciónase como a provincia gallega cunha menor Renda per Cápita. | Concentración poboacional e empresarial na comarca de Ourense. | Constante crecemento da taxa de paro na provincia, superando nos últimos meses a taxa rexistrada por Galicia. | Baixo dinamismo empresarial: Ourense é a terceira provincia de Galicia por volume de novas empresas creadas e a última provincia por número de empresas dispoñibles.

13


ImpulsaOurense

| Reducido tamaño empresarial marcado pola presenza de microempresas dentro do tecido empresarial da provincia.

Ameazas | Perda de poboación en favor das provincias do Eixo Atlántico que se consolidan como os motores económicos da comunidade autónoma de Galicia.

Fortalezas | Localización estratéxica da provincia na fronteira con Portugal, formando parte da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal. | As súas características orográficas atribuen á provincia unha importante riqueza natural, sobre a cal desenvolve grande parte da súa estrutura económica. | Tendencia cara a terciarización da economía da provincia, como consecuencia do aumento do número de ocupados no sector servizos. | Constante redución do peso do sector primario en beneficio do sector terciario, industrial e da construción na economía da provincia, como consecuencia do abandono das actividades agrícolas e gandeiras que xeran menor valor engadido.

Oportunidades | A provincia presenta o nivel de conflitividade laboral máis baixo de toda Galicia, o que pode supoñer un importante factor de atracción para novas empresas. | As variacións experimentadas no IPC nos últimos meses na provincia de Ourense foron máis favorables que as que se deron noutras zonas de Galicia. | Ourense presenta un custo salarial competitivo tanto a nivel autonómico como nacional.

14


RESUMOEXECUTIVO

Identificación de sectores estratéxicos. Analizando diferentes factores críticos, podemos chegar a clasificar os principais sectores de Ourense en función do seu posicionamento estratéxico. Matriz de posicionamiento estratéxico sectorial

grao de desenvolvemento sectorial

Sectores tradicionais con capacidade de reinvención

Sectores con actuais vantaxes competitivas

Sectores que representan un peso significativo de actividade económica e emprego en Ourense, e teñen capacidade de adaptación / evolución / especialización.

Sectores nos que temos unha posición competitiva vantaxosa e relacionados con tendencias de futuro, nos que participan empresas de envergadura e referencia a nivel mundial.

B

C

Sectores con tradición industrial arraigada en Ourense, con dificultades de crecemento a nivel internacional e risco de perda de competitividade en mercados globalizados.

Sectores relacionados coas principais macrotendencias internacionais a longo prazo, a pesar de que no momento actual poidan non ter menor representatividade ou peso na nosa economía.

A

D

Sectores maduros e con dificultades de diferenciación

Sectores novos ou emerxentes con potencial de desenvolvemento

Potencial de crecemento 15


ImpulsaOurense

Sectores tradicionais con capacidade de reinvención

Sectores con implantación e potencial de desenvolvemento

grao de desenvolvemento sectorial

B Pizarra Eco-innovación Construcción Enerxías renovables Residuos Madeira Diversificación de cultivos Biomasa Construcción

Construcción Agro-gandeiro Gandería extensiva (tenreira e porco celta) Extracción pizarra Téxtil Deseño Loxística e comercialización

C Silvi - Floricultura Diversificación de cultivos (olivo, castaña, setas, etc. ) Vitivinícola Industria Alimentación funcional Transformación alimentos Packaging e comercialización Agricultura ecolóxica Automoción Nichos de mercado e produto Segmento series cortas Auxiliar electrónica e TIC’s

Coche eléctrico - Electrolineras Enerxías renovables Industria auxiliar e mantemento Servizos medioambientais Biomasa Enerxía xeotérmica / eólica Ecoinnovación Ecodiseño/construcción e arquitectura Uso eficiente recursos naturais Centros loxísticos / Intermodalidade Centralidade Eurorrexión Turismo Termalismo Enoturismo Patrimonio cultural / natural TIC’s Industria da creatividade dixital Electrónica Aeronáutica

A Sectores maduros e con dificultades de diferenciación

D Sectores novos ou emerxentes con potencial de desenvolvemento

Potencialidade de crecemento 16


RESUMOEXECUTIVO

Análise dos motores de competitividade Dinamismo económico

Capital humano

3 Apoio institucional

2

Innovación 1

Imaxe

Sustentabilidade

Infraestruturas

Calidade de vida

1 2 3

Necesidade de mellora notable Posicionamento axeitado con posibilidade de mellora Fortaleza, factor económico e de competitividade a explotar

Dinamismo económico • Existe dispoñibilidade de solo en parques empresariais, aínda que a súa planificación pode requerir medidas de mellora. • Tecido industrial limitado e notablemente concentrado (nivel de produción industrial máis baixo de Galicia). • Pouco emprendemento e pouca disposición dos mozos para o relevo xeracional. • Ausencia de sensibilización empresarial con respecto á internacionalización e escaseza de cultura exportadora. • No existen, a nivel xeral, prácticas de colaboración entre empresas. • Potencial de mellora na comunicación entre empresas e AAPP.

Apoio institucional • Posibilidade de mellora na coordinación e comunicación entre as administracións (AGE, Administración Autonómica, Administración Provincial e Administración Local) e os axentes económicos e sociais. • Necesidade de mellorar a comunicación co empresario desde as administracións.

Imaxe • Baixa notoriedade da marca Ourense: descoñecemento da provincia fóra dela. • Déficit histórico de conexión co exterior (provincias limítrofes, territorio nacional e estranxeiro). • Ubicación do Parque Tecnolóxico de Galicia -Tecnópole – na provincia de Ourense. Reforzo da imaxe económica da provincia. • Imaxe de boa calidade de vida.

17


ImpulsaOurense

Sustentabilidade • Escaseza de presenza do sector medioambiental na provincia (poucas empresas de xeración de enerxía e pouca representatividade de fabricantes auxiliares e servizos medioambientais). • Zona da pizarra moi degradada debido ás canteiras e vertedoiros. • Aumento do risco de incendios forestais debido ao abandono de cultivos. • Potencial para desenvolver o sector da biomasa (abundante explotación forestal): beneficio como fonte de enerxía e coma ferramenta para evitar incendios. • Porcentaxe de superficie protexida moi superior á media española. • Posibilidade emerxente do sector turismo de natureza. • Presenza da agricultura ecolóxica.

Capital humano • Bos niveis de ensinanza non universitaria, e forte implantación da formación profesional media no sistema educativo. • Pouca cultura emprendedora. • Inexistencia de proxectos empresariais sobre os que basear o futuro dos mozos (fuga de talentos). • Moi escasa incorporación da muller ao mercado laboral e envellecemento da poboación. • Necesidade de adaptación e aliñamento entre a ensinanza e a demanda laboral da provincia (planificar os perfís profesionais a ofertar).

Innovación • Importante tracción na provincia de Tecnópole. • Presenza de varios Centros Tecnolóxicos na provincia. • Investimento en I+D+i centralizada en Parques e Centros Tecnolóxicos (pouco investimento das empresas e pouca investigación na Universidade). • Incorporación tardía no uso das TIC tanto en fogares coma en empresas (fenda dixital).

Infraestruturas • Déficit histórico en canto a infraestruturas viarias (notable mellora nos últimos anos). • Cercanía co porto de mercancías de Vigo. • Disposición dunha boa posición xeográfica como porta de Galicia cara a meseta e a zona noroeste de España. • Situación de centralidade na Eurorexión Galicia-Norte de Portugal. • Construcción do AVE, sendo Ourense unha estación intermodal e o máis importante nó ferroviario de Galicia.

Calidade de vida • Indicadores moi positivos de calidade de vida (seguridade cidadá, esperanza de vida, baixo custo da vida, vivenda asequible, etc.). • Alto grao de cobertura de prazas residenciais para maiores (aínda que a porcentaxe de prazas públicas é inferior a outras CCAA). • Boa dotación de recursos sanitarios (baixa taxa de mortalidade evitable). • Posibilidade de mellora na oferta de servizos de ocio e cultura, transporte público de viaxeiros, e telecomunicacións. • Falta de fixación poboacional.

Análise cualitativa da provincia de Ourense en relación aos FCD. A continuación preséntase unha relación detallada dos factores críticos de decisión (FCD) que inflúen nas empresas estranxeiras á hora de investir nun ou noutro territorio, co fin de posicionar a Ourense en relación a cada un deles. 18


RESUMOEXECUTIVO

Do mesmo xeito, o coñecemento previo por parte do IGAPE dos factores que condicionan o investimento das empresas estranxeiras, vai permitir adecuar e enfocar as actuacións de promoción do territorio como destino atractivo e competitivo para o investimento estranxeiro. A relación que se mostra é resultado da experiencia previa de Deloitte en proxectos de captación de investimentos, así como do estudo das fontes de información dispoñibles. En función da natureza dos FCD, estes pódense distribuir en seis categorías: Factores críticos de decisión (FCD) a) FCD relacionados coa localización do destino d) FCD relacionados con incentivos económicos e empresariais

b) FCD relacionados coas infraestruturas do destino

e) FCD en materia de man de obra

c) FCD relacionados co marco legal e fiscal f) FCD relacionados coa estratexia de expansión da empresa investidora

Para cada un dos FCD, realizouse unha clasificación da súa situación en torno a 3 símbolos de cores: A provincia de Ourense conta coas condicións oportunas para atraer a investidores en función ao criterio de decisión analizado. A provincia de Ourense conta con potencial de desenvolvemento para optimizar a presenza deste factor na provincia. A provincia de Ourense atópase nunha posición pouco atractiva para os investidores neste factor de decisión, polo que se propón o desenvolvemento de actuacións de desenvolvemento para fomentar un mellor posicionamento da provincia neste factor. Tanto si se considera un ou varios países investidores, como se se consideran un ou varios sectores a promocionar, deberanse ter en conta os criterios valorados polas empresas e que conlevan a decisión de investir nun destino específico. 19


ImpulsaOurense

a) FCD relacionados co destino a.1. Cercanía aos órganos de regulación (Admón. Pública, Universidades e Centros de Investigación) a.2. Cercanía ao resto de Europa a.3. Proximidade ás áreas de negocio (por exemplo, proximidade de campos eólicos) e os socios a.4. Calidade de vida a.5. Seguridade no destino a.6. Confianza

b) FCD relacionados coas infraestruturas do destino b.1. Infraestrutura de transportes b.2 Infraestrutura tecnolóxica b.3. Calidade de infraestruturas e servizos b.4. Oferta de solo empresarial b.5. Bos accesos e servizos complementarios á oferta de solo empresarial b.6. Rede de Comunicacións internacionais b.7 Existencia de Infraestruturas Especializadas (Porto Seco, Zona Franca, Centros loxísticos, etc.) b.8. Hospitais de carácter internacional onde falen en inglés

c) FCD relacionados co marco regulatorio e fiscal c.1. Marco regulatorio e fiscal favorable c.2 Marco regulatorio favorable / necesidade de estabilidade c.3. Cambios normativos con excesiva frecuencia c.4. Oferta de incentivos fiscais para a implantación c.5. Transparencia na lexislación

d) FCD relacionados cos incentivos económicos e empresariais d.1. Oferta de servizos financeiros d.2. Simplificación de trámites burocráticos d.3. Axudas (UE, Goberno, Rexión, Concello) d. 4. Facilidade de obtención de Visas, Permisos e Licenzas d.5. Transparencia nos concursos públicos d.6. Contorno e Relevancia da I+D d.7. Contorno para Holding d.8. Mercado potencial d.9. Custos de terreos industriais. d.10. Tecido industrial de provedores

e) FCD en materia de man de obra e.1. Flexibilidade do mercado laboral e.2. Persoal formado (oferta de estudos universitarios e formación profesional) e.3. Estratexia de formación e.4. Custos de Man de Obra en comparación co destino e.5. Nivel salarial en comparación co destino

20


RESUMOEXECUTIVO

f) FCD relacionados coa estratexia de expansión da empresa investidora f.1. Actividade comercial previa f.2. Compra de negocio local f.3. Procura de novas liñas de negocio (oportunidades de Investimento) f.4. Maior volume de negocio

Tras analizar a posición de Ourense en relación a cada un dos factores críticos de decisión identificados, a continuación identifícanse as principais áreas de actuación en Ourense para garantir a súa capacidade de atracción de investimentos. Fortalezas

| Custo salarial competitivo tanto a nivel autonómico como nacional. | Proximidade ás áreas de negocio. De maneira específica este factor constitúe unha fortaleza para o desenvolvemento do sector da enerxía eólica pola cercanía de parques eólicos. | Man de obra con “potencial” de traballo. | Condicións xeográficas e recursos naturais para o desenvolvemento de sectores específicos (calidade da auga, ventos, etc.). | Calidade de vida, poboación con espírito emprendedor (“empresarios feitos a si mesmos”). | Seguridade no destino. Ameazas

| A confianza empresarial (medida a través do índice de confianza empresarial) da comunidade galega sufriu un descenso significativo, motivado en grande medida pola actual situación económica. | Destinos competidores: existen rexións que responden ás necesidades das empresas investidoras, apostando pola concesión de axudas ou ofertando unhas condicións óptimas para o desenvolvemento de actividades económicas específicas.

21


ImpulsaOurense

Oportunidades

| Potenciar a mellora dos accesos e servizos complementarios á oferta de solo empresarial. | A ausencia de industrias auxiliares en sectores ou actividades que puidesen ser estratéxicos para a zona supón unha das oportunidades de cara á posible implantación de novas empresas e industrias. | Reforzar a captación de investimentos, cun dobre enfoque: asesoramento a empresas galegas para a súa internacionalización, e asesoramento e fidelización de empresas investidoras. | Elaborar un caderno de venda que permita fidelizar e fomentar a reinversión de empresas xa establecidas na rexión, así como captar aos novos investidores que realicen investimentos “greenfield”. | Potenciar o desenvolvemento de Misións Comerciais Inversas que permitan dar a coñecer o destino de Ourense a potenciais investidores. Debilidades

| Oferta fragmentada de solo empresarial: Ourense debe adecuar a oferta dos terreos ás oportunidades da IDE, potenciando a dispoñibilidade de parcelas para empresas con necesidade de maior dispoñibilidade de solo. | Ourense debe traballar no desenvolvemento de accións de educación formativa e de formación de idiomas, especialmente inglés. De igual xeito, e unha vez identificados os sectores estratéxicos da provincia de Ourense, propónse o desenvolvemento de programas de formación orientados aos sectores clave a potenciar. | Dependencia de normativas específicas a nivel nacional e europeo e marco regulatorio, en especial no sector das enerxías renovables, que amosa certa incerteza.

22


Estratexia de captaci贸n de investimentos



RESUMOEXECUTIVO

Estratexia de captación de investimentos A Estratexia de Captación de Investimentos contén a análise comparativa, as liñas de actuación, e as accións concretas a desenvolver para potenciar e xerar un acercamento do Investimento Directo Estranxeiro que sirva de trampolín para o impulso económico da Provincia de Ourense. Neste documento recóllense a metodoloxía, principais resultados e principais conclusións obtidas no proceso de definición do Programa de Atracción de Investimentos e análise do comportamento global do Investimento Directo Extranxeiro, así mesmo inclúe tamén as accións de promoción a desenvolver e unha estimación económica dos recursos necesarios para desenvolver a Estratexia de Captación de Investimentos na provincia de Ourense. O Programa de Atracción de Investimentos desagrégase en tres grandes apartados: Análise Cualitativa dos Factores Críticos de Decisión

• Recolle as principais conclusións da análise dos distintos FCD que inflúen na IDE dunha rexión e establécese o posicionamento de Ourense en cada un dos factores. Análise dos Sectores e Países con maior potencial

• Recolle as principais conclusións da análise do comportamento global da IDE, tanto na Provincia de Ourense (Investimento recibido) como a nivel global (fluxos mundiais). • Da análise realizada identificáronse unha serie de sectores potenciais e países obxectivo, que constituirán o núcleo das accións comerciais a desenvolver. Plan de Mercadotecnia

• O Programa de Mercadotecnia identifica o conxunto de accións a desenvolver e a súa priorización co obxectivo de definir a estratexia a desenvolver para atraer o investimento estranxeiro á provincia de Ourense. • O Programa esta conformado polos seguintes elementos: • Programa de Acción • Programa Comercial e • Cadernos de venda («brochures») *

O documento desenvolvido inclúe fichas co detalle completo de cada un dos traballos realizados: Factores Críticos de Decisión, Sectores identificados, Países Obxectivo, Comportamiento da IDE en Ourense. 25


ImpulsaOurense

Sectores de futuro para a captación de IDE Para a identificación dos sectores, países e empresas con maior potencialidade de investimento exterior, que servirán como base para o desenvolvemento do caderno de venda ou o Programa comercial de promoción de Ourense, desenvolvéronse as seguientes actividades: • Elaboración dunha listaxe longa cos Sectores de actividade de maior potencialidade. • Identificación da listaxe curta de sectores e actividades aos que se asociará a oferta de Ourense. • Identificación e análise dos países con maior potencial de investimento en cada sector. • Análise da situación de cada un dos sectores na provincia de Ourense e selección das empresas referencia dos países con maior potencial para cada sector. Para a realización das actividades, seguirase o seguinte proceso metodolóxico:

Inicialmente partirase dunha relación de sectores de maior atractivo para o investimento na provincia de Ourense Identificación dos subsectores con maior potencial de crecemento e maior atractivo para a provincia de Ourense

IDENTIFICACIÓN TARGET -PROJECT

26

En base á listaxe longa de 14 sectores identificados seleccionaranse os 8 subsectores de maior potencialidade e atracción do investimento. Para a identificación dos subsectores contrastouse a información co panel de expertos de Deloitte, as empresas entrevistadas no traballo de campo e o Programa de Competitividade.


RESUMOEXECUTIVO

Selección dos países/rexións con maior atracción de investimento en cada sector

Para cada un dos sectores seleccionados realizarase unha análise para identificar os principais países/rexións líderes, analizando o seu potencial de atracción de investimentos en función da capacidade investidora no exterior. Análise da situación de cada un dos sectores na provincia de Ourense e selección das empresas referencia dos países con maior potencial para cada sector

Tras seleccionar os países obxectivo para cada un dos principais sectores a potenciar, o seguinte paso consiste en realizar unha análise en detalle da situación da provincia de Ourense en cada sector así coma, a identificación das empresas de referencia en cada un deles.

Selección de sectores estratéxicos Para a selección dos 14 sectores con maior potencial e atractivo de investimento analizáronse as seguintes fontes de información: • Contraste co panel de expertos, o Programa de Competitividade e estudos sectoriais de Deloitte. • Entrevistas de campo realizadas coas diferentes empresas instaladas en Galicia. • Organismos de internacionalización (ICEX, UNCTAD e Invest Spain, entre outros) para o desenvolvemento do Investimento Directo Estranxeiro a nivel nacional. Unha vez identificados os sectores con maior potencial de crecemento e atractivo, procedeuse á súa análise detallando para cada un deles os subsectores e actividades que o conforman. Os traballos de desagregación dos sectores realizáronse en base ás clasificacións industriais existentes (NAICS, NACE, ISIC), o contraste co panel de expertos de Deloitte e o traballo de campo realizado. Unha vez identificados os subsectores e actividades que conforman cada un dos sectores, procedeuse á elaboración da listaxe curta de sectores seleccionando aqueles que suporían a base da 27


ImpulsaOurense

análise estratéxica para a futura captación de investimentos. É en relación a esta listaxe curta de subsectores e actividades sobre a que se identificarán os países e empresas target. A listaxe curta de sectores identificada é a seguinte: • • • • • • • •

Biomasa Vehículo eléctrico Creatividade Dixital Loxística Turismo Rural e histórico Pizarra e Madeira Industria da alimentación Fabricación de compoñentes aeronáuticos

A última actividade realizada é a análise dos principais factores competitivos da provincia de Ourense en cada un dos sectores e para cada un dos sectores identificados (análise de fortalezas, debilidades, ameazas e oportunidades).

Identificación dos países xeradores de IDE Unha vez seleccionados os sectores, subsectores e actividades con maior potencial de investimento para a provincia de Ourense, foi necesario identificar os países con maior capacidade de xeración de IDE no mundo. Neste marco multirelacional, hai que ter en conta o seguinte: • Seleccionaronse as actividades produtivas, non obstante non debemos centrarnos nos países líderes produtivos das devanditas actividades e subsectores, senón nos países que contan con empresas de ditos subsectores e que históricamente teñen sido xeradoras de IDE. • En mercados competitivos e atomizados, como o de captación de investimentos, 12 países configuran casi o 80% do Investimento Directo Exterior.

28


RESUMOEXECUTIVO

• Polo tanto, o noso “mercado” céntrase nos países con maior capacidade para desenvolver Investimento Directo Exterior e, polo tanto, seleccionaronse os países que maior IDE xeraron no ano 2009 e no periodo 2005-2009. Ano 2009

Media 2005-09

Estados Unidos

Estados Unidos

Francia

Francia

Japón

Reino Unido

Alem aña

Alem aña

Hong Kong

España

China

Xapón

Rusia

Bélx ica

Italia

Países Baixos

Canadá

Italia

Noruega

Canadá

Fonte: Elaboración propia a partir de información da base de datos de IDE da UNCTAD.

Selección multirelacional Unha vez identificados os sectores potenciais e os principais países investidores, é necesario relacionar ambos elementos para identificar os principais targets aos que dirixir as accións comerciais. A continuación, recóllese a relación Sector-País identificando o número de empresas target: Países: Sectores Estratéxicos:

EEUU

Países Baixos

Reino Unido

Biomasa

Vehículo Eléctrico Creatividade Dixital

Xapón

Hong Kong

80 24

China

Italia

69

14

17 10

19

248 49

127

Aeronáutica

200

TOTAL

780

3

11

Pizarra e Madeira

Alimentación

Rusia

44

181

Loxística

turismo Rural

Noruega

11

24 10

73

40

27

230

54

18

140

19

350

25

90

R E L A C I Ó N

18

300

D E

15

350

64

21

300

41

4

55

212

147

2.057

47

136

86

21

41

85

77

170

22 0

208

Francia

33

6 102

TOTAL

Canadá

2 24

107

0

Programa Comercial:

España

Alemaña

163

85

T A R G E T S

29


ImpulsaOurense

Programa de Mercadotecnia O último dos elementos que conforman o Programa de Atracción de investimentos é o Programa de Mercadotecnia. Este Programa define a estratexia a desenvolver e identifica e prioriza o conxunto de accións necesarias para atraer investimento estranxeiro á provincia de Ourense desde cada un dos países e sectores identificados como target. O Programa de Mercadotecnia está conformado polos seguintes elementos: | Programa de Acción: que define as distintas actuacións a realizar, así como a súa priorización e estimación dos custos asociados. | Programa Comercial: onde se identifican, para cada un dos sectores e países obxectivo, os distintos targets que deberán ser obxectivo da promoción. | Cadernos de venda (brochures): documentos de promoción onde se recollen as principais fortalezas e vantaxes da provincia de Ourense como receptora do investimento directo estranxeiro. Programa de Acción

Ente de Captación de Investimentos de Ourense.

“Pull”

“Push”

30

Cadernos de Venda

Programa Comercial


RESUMOEXECUTIVO

Programa de Acción O Programa de Acción terá como obxectivo acadar a promoción inmediata da provincia de Ourense, para o que se estruturará nos tres eixos de traballo seguintes: 1 Despregue da estratexia de Captación de Investimentos. 2 Accións Pull (as que o “mercado” nos demanda): • Contar coa prescripción de empresas asesoras de referencia (quen asesora ás empresas no proceso de internacionalización). • Contar co soporte de contratos “success fee”. | Accións Push (as que ofrecemos ao “mercado”) Ac c i ó n

1

J

Irmandamento con diferentes áreas xeográficas.

2

C

Publicidade a empresarios.

3

D

Publicidade a expatriados.

4

E

Publicacións en revistas de referencia.

5

A

Publicidade a prescritores.

6

B

Publicidade a decisores.

7

G

Publicacións de escritores de referencia internacional.

8

F

Presenza en feiras sectoriais de relevancia.

9

K

Creación da asociación de expatriados de diferentes nacionalidades.

10

H

Convencións en Ourense de empresas implantadas.

11

I

Bolsas a profesorado e investigadores.

31


ImpulsaOurense

Cadernos de Venda Un Caderno de venda (brochure) é unha documentación descritiva e analítica de cada un dos sectores identificados que facilita a un potencial investidor toda a información necesaria para tomar unha decisión de compra ou de investimento nun territorio. Como parte elemental do Programa de Mercadotecnia definíronse os seguintes cadernos de venda para a provincia de Ourense: | Caderno de venda xeral da provincia de Ourense: onde se describen as principais razóns e fortalezas que garanten o éxito dos proxectos de investimento desenvolvidos na provincia. | Cadernos de venda específicos de cada sector: onde se describe, de maneira individualizada para cada un dos sectores identificados, as principais fortalezas de Ourense en relación con estes.

32


RESUMOEXECUTIVO

Programa Comercial Por último, o terceiro elemento que conforma o Programa de Mercadotecnia, é o Programa Comercial. Este Programa, recolle os principais targets identificados para cada un dos sectores potenciais e posibilita o seguimento deles a través do uso da metodoloxía de traballo Obxectivo/Oportunidade/Proxecto: | Obxectivo. Selección adecuada dos targets, é dicir, empresas susceptibles de internacionalizarse. | Oportunidade. Posible resposta aos nosos intereses. Atención e recepción. | Proxecto: Posibles proxectos de investimento. Seguimento e fidelización. O Programa Comercial elaborado, incorpora unha serie de funcionalidades que permiten o seguimento e verificación do estado das accións de Mercadotecnia emprendidas para cada un dos targets en cada un dos sectores identificados. Información Xeral

Contacto Inicial

Visita Recibida

Implantación

Estudo de Viabilidade Situación

País

Web Nome da empresa

Vendas (M€)

# traballadores

33



Programa de Actuaci贸n



RESUMOEXECUTIVO

Definición estratéxica do Programa O Programa de Competitividade da provincia de Ourense, xunto coa Estratexia de Captación de Investimentos, incardínanse no marco do Proxecto Impulsa Ourense. As actuacións definidas nestes dous instrumentos e aquelas outras que no marco do Proxecto Impulsa se puidesen abordar fíxanse para o horizonte 2011-2018. O Programa de Competitividade contén os eixos estratéxicos, obxectivos, liñas de actuación e actuacións concretas para os próximos anos, así como os prazos estimados e recursos necesarios para o desenvolvemento e impulso das actuacións, tendo en conta tamén as posibles sinerxias ou a asociación destas co Plano Estratéxico Ourense 2010, outros programas ou iniciativas existentes, así como a vinculación co Plan Estratéxico de Galicia 2010-2014. OBXECTIVOS ESTRATÉXICOS Os Obxectivos estratéxicos expresan os logros concretos que a provincia de Ourense quere acadar mediante a actuación pública e privada nun horizonte temporal de medio/longo prazo.

LIÑAS ESTRATÉXICAS As Liñas estratéxicas articulan a estratexia competitiva ourensá e denominan a un conxunto de actuacións públicas e privadas prioritarias que contribúen ao cumprimento dun mesmo obxectivo.

ACTUACIÓNS As propostas concretas de actuación están orientadas a mellorar o posicionamento competitivo da economía ourensá, cun horizonte temporal de oito anos.

O Programa de Competitividade articúlase mediante diferentes fichas co detalle completo de cada unha das actuacións, as cales inclúen a información siguiente: Axentes executores, Consellería relacionada, Organismos de apoio, Descrición e Accións ou Fases necesarias para a súa posta en marcha, Recursos necesarios, Duración, Data estimada de inicio, Indicadores de medición, Factores Críticos de Éxito, Actuacións relacionadas, Proxectos relacionados e vinculación co PEG 2010-2014. Ademáis, o Programa conta cun despregue de Modelo de Seguimento, no que se incorporará o conxunto de indicadores de execución e de resultado das actuacións contempladas e que servirá tamén para adiantarse aos posibles axustes que as actuacións definidas puidesen requerir.

37


ImpulsaOurense

Eixos e obxectivos estratéxicos Tal e como xa se explicou anteriormente, o Programa de Competitividade xorde como continuación do Plano Estratéxico Ourense 2010 desenvolvido no seu día desde o INORDE, sendo a correlación entre ambos documentos a que se sintetiza a continuación: Plano E stratéxico Ourense 2010 ( INOR DE )

PR OX E CTO DE IMPULSO E CONÓMICO DA PR OV INCIA DE OUR E NSE 2011-2018

Centralidade na Eurorexión GalaicoPortuguesa

E I X E 1.

DE SE NV OLV E ME NTO DE NOV OS SE CTOR E S E ST R AT É X ICOS DE F UT UR O

Cohesión intraprovincial e articulación territorial

E I X E 2.

CAPITALIZACIÓN HUMANA

Optimización de Recursos Naturais

E I X E 3.

INNOVACIÓN COMO APOSTA DE F UT UR O

Competitividade e Desenvolvemento Empresarial

E I X E 4.

OUR E NSE , E IX O V E RT E BR ADOR DE COMUNICACIÓNS

Capitalización Humana

E I X E 5.

E QUIDADE SOCIAL E E QUILIBR IO T E R R ITOR IAL

E I X E 6.

E NE R X ÍA E ME DIOAMBIE NT E COMO CLAV E DE SUSTENTABILIDADE

E I X E 7.

DE SE NV OLV E ME NTO DOS ACT IV OS QUE POT E NCIE N A IMAX E D E O UR E N S E

E I X E 8.

COMPR OMISO DAS INST IT UCIÓNS NO DE SE NV OLV E ME NTO DO PR OGR AMA

Programa de Competitividade: Actuacións prioritarias de alto impacto OBXECTIV OS ESTRATÉXICOS Os 25 obxectivos estratéxicos expresan os logros concretos que a provincia de Ourense quere acadar mediante a actuación pública e privada nun horizonte temporal de medio/longo prazo (2011-2018)

LÍÑAS ESTRATÉXICAS

ACTUACIÓNS

As 47 liñas estratéxicas articulan a estratexia competitiva ourensana e denominan a un conxunto de actuacións públicas e privadas prioritarias que contribúen ao cumprimento dos obxectivos

As 91 propostas concretas de actuación están orientadas a mellorar o posicionamento competitivo da economía ourensá, cun horizonte temporal de oito anos

Das actuacións contidas no Programa de Competitividade cabe resaltar as que se presentan a continuación, tanto polo seu impacto, como polo seu carácter prioritario para a posta en marcha doutras medidas de desenvolvemento da competitividade da provincia de Ourense. 38


RESUMOEXECUTIVO

EIXO 1: DESENVOLVEMENTO DE NOVOS SECTORES ESTRATÉXICOS DE FUTURO O desenvolvemento de novos sectores estratéxicos dentro da provincia de Ourense é unha das claves para acadar unha mellora do seu nivel de competitividade territorial, partindo para iso das características da zona e das súas potencialidades. Ourense conta cunha serie de sectores tradicionais que aínda que na actualidade presentan un nivel de madurez elevado poderían ser obxecto de reinvención coas actuacións axeitadas (extracción de lousa, téxtil, construción, agrogandeiría, madeira) , así como con outros sectores que ainda que todavía se non existen ou se atopan en fase de introdución poderían ser relanzados no territorio, pasando a ser fonte de vantaxe competitiva e xeradores de riqueza para a provincia (silvi-floricultura, automoción, alimentación funcional, vitivinícola, turismo, enerxías renovables, TIC, etc.). Conscientes desta situación e da relevancia da potenciación de novos sectores estratéxicos de futuro, dentro do Programa desenvolveuse un eixo específico, no que se inclúen diversas actuacións orientadas ao seu apoio, entre as que cabería destacar as seguintes: • Potenciación da atracción de investimentos nestes sectores, a través de accións encamiñadas ao desenvolvemento de accións comerciais que dean a coñecer a provincia como destino de interese dos investimentos, ou accións encamiñadas ao incremento da porcentaxe de axuda á inversión en sectores estratéxicos por parte de empresas que se instalen na provincia, así como orientadas a outras axudas de tipo extra-económico (por exemplo, asesoramento no acceso a solo industrial, maiores facilidades nos trámites e axilización da burocracia, etc.). • Incremento do apoio ao investimento empresarial mediante a habilitación de dous tipos de axudas: subvencións e préstamos directos do IGAPE (liña BEI). As subvencións apoiarán de forma especial ás pequenas e medianas empresas, elevando o límite máximo da axuda ata o 50% e 40% do investimento subvencionable, respectivamente. A concesión de préstamos, pola súa banda, estará encamiñada a proxectos de investimento superiores aos 240.000 euros. 39


ImpulsaOurense

• Potenciación das actividades de maior valor engadido, mediante o establecemento de axudas especiais por parte da Administración para sectores específicos como poden ser: o turismo, o téxtil, o auxiliar do automóvil, a pedra, ou a pizarra. No caso específico do sector termal, que dispón dun elevado potencial de crecemento na provincia, é especialmente relevante a elaboración dunha nova lexislación en materia termal que dote ao sector e aos seus potenciais investidores da seguridade xurídica necesaria para o desenvolvemento da actividade. • Achegamento de solo industrial para a provincia, tanto no tocante á planificación da ordenación do territorio na que se identifiquen os espazos específicos para usos de sectores estratéxicos, como no tocante ao investimento da Xunta de Galicia que se materializará nun Plan de Investimentos en 21 novos polígonos industriais no periodo 2012-2015. • Potenciación dunha maior diversificación agraria, forestal e agrogandeira, a través de actuacións como a potenciación da horticultura, a fungicultura, a floricultura e a potenciación de novos cultivos, como pode ser o caso da castaña e o olivo, mediante o estudo da situación actual para a detección dos cultivos obxectivo a potenciar, a posta en marcha da recalificación de terreos para os cultivos determinados e o desenvolvemento de actuacións comerciais para dar a coñecer os cultivos e as oportunidades derivadas deles. • Potenciación do emprendemento, mediante actuacións como a constitución dunha «xanela única» de asesoramento aos emprendedores, accións para promocionar e dar a coñecer os beneficios do emprendemento no contorno educativo, ou a disposición de capital risco para proxectos de emprendizaxe a través de XesGalicia e Sogarpo S.G.R. • Dimensionamento empresarial. Unha das principais difultades ás que se enfrontan as empresas familiares ourensás é a súa continuidade futura, en grande parte como consecuencia da ausencia dunha planificación estratéxica axeitada que permita mellorar o nivel de profesionalización, a execución do proceso de relevo xeracional, e un dimensionamento axeitado para seguir competindo. Neste contexto se incluén distintas actuacións entre as que se atopa o acompañamento das em40


RESUMOEXECUTIVO

presas familiares na elaboración da súa estratexia de futuro, así como a potenciación da súa internacionalización a través de medidas como o apoio da Administración para a creación de Consorcios de Importación e Exportación. EIXO 2: CAPITALIZACIÓN HUMANA O acadamento dun capital humano axeitado, que dea debida resposta ás necesidades do mercado e contorno actual supón un factor decisivo na competitividade da provincia de Ourense, de aí que se desenvolva dentro do Programa un eixo específico dedicado ás persoas, como principal recurso dun territorio. Entre as actuacións de capitalización humana formuladas dentro do Programa cabe destacar as seguintes: • Desenvolvemento das capacidades directivas das empresas ourensás, mediante a posta en marcha de actuacións de formación orientadas á innovación e a internacionalización, ou mediante a potenciación da participación dos directivos ourensáns nos programas de formación de directivos rexionais e nacionais. • Adecuación da oferta formativa ás necesidades dos sectores estratéxicos da provincia, como base fundamental para poder impulsar estes sectores no contexto ourensán. Entre as accións propostas, cabe destacar a orientada ao desenvolvemento das cualificacións profesionais precisas no tocante á formación profesional, para os sectores estratéxicos da provincia. • Desenvolvemento dunha base investigadora orientada aos sectores estratéxicos de Ourense, como outro dos pilares necesarios para o impulso dos devanditos sectores estratéxicos e como ferramenta de diferenciación e competitividade territorial. Entre as accións que se propón levar a cabo atópase a selección de unidades de investigación de referencia nos sectores obxectivo, favorecéndose o seu traslado a Ourense, dotándoos de infraestrutura, recursos e medios requiridos para seguir avanzando na súa cualificación hacia a excelencia, así como a declaración do Complexo Hospitalario de Ourense como Universitario.

41


ImpulsaOurense

EIXO 3: INNOVACIÓN COMA APOSTA DE FUTURO O fomento e apoio á innovación nun sentido amplo, constitúe un factor determinante na capacidade competitiva dun territorio, de aquí a importancia que se lle atribuíu a este eixo no Programa, a través da execución de actuacións encamiñadas aos ámbitos seguintes: • Promoción da innovación na sociedade ourensá, mediante a posta en marcha de accións de sensibilización para acadar unha sociedade innovadora tales como a celebración de eventos relacionados coa innovación, ou o apoio á creación dunha comunidade virtual de innovadores. • Aumento da capacidade de financiamento dos proxectos de innovación, mediante a optimización do Fondo Tecnolóxico do FEDER en proxectos de Ourense, o fomento da participación dos centros tecnolóxicos da provincia en proxectos europeos, o establecemento de liñas de financiamento aos centros tecnolóxicos ligadas á productividade e á aplicabilidad industrial, a identificación de proxectos de I+D+i de especial interese e apoio mediante a Rede de Tutores do programa Innoempresa, etc. • Fomento da sociedade da información e mellora da conexión a internet en toda a provincia, mediante o desenvolvemento de redes de banda larga no rural ourensán, o impulso das redes de nova xeración, integración das novas tecnoloxías no ámbito educativo e empresarial. EIXO 4: OURENSE, EIXO VERTEBRADOR DE COMUNICACIÓNS Ourense conta cunha posición xeográfica estratéxica, como porta de Galicia e como punto de confluencia entre Galicia, o Norte de Portugal e a Meseta. Este feito constitúe un factor diferenciador do territorio e unha fonte de potenciais vantaxes competitivas para a provincia, polo que se considera imprescindible levar a cabo certas actuacións que contribúan a mellorar aínda máis esta posición e a súa accesibilidade: • Mellora da conexión territorial exterior, impulsando o remate da construcción da liña de alta velocidade con Madrid e habilitándose a autovía Ourense-Lugo, como corredor interior de Galicia.

42


RESUMOEXECUTIVO

• Mellora da conexión territorial interior, mediante a mellora das comunicacións terrestres que existen na actualidade entre Ourense e Valdeorras e que están a xerar unha traba para o desenvolvemento económico e industrial, así como, empresarial en xeral. EIXO 5: EQUIDADE SOCIAL E EQUILIBRIO TERRITORIAL Un dos retos que debe afrontar a provincia de Ourense de cara ao futuro é mellorar a súa equidade social e o seu equilibrio territorial, tanto a nivel interno en relación coas zonas urbanas e rurais, coma a nivel externo en relación con outras provincias galegas. Para iso, é preciso: • Mellora dos servizos sociais. Nunha provincia especialmente avellentada como é o caso de Ourense, o desenvolvemento dun sector de servizos sociais moderno, que dea resposta ás necesidades da poboación, constitue non só un factor fundamental de calidade de vida, senón tamén unha oportunidade a nivel económico, como sector xerador de emprego. Neste contexto, contémplanse actuacións como a apertura de novos centros de atención á infancia e de atención a persoas en situación de dependencia, entre outras. • Mellora da seguridade dos cidadáns, a través da posta en marcha de actuacións como a creación dun novo parque de bombeiros na provincia, o reforzo da dotación dos corpos de seguridade e das infraestruturas xudiciais. • Modernización dos servizos sanitarios, mediante a posta en funcionamento de novos centros de saúde na provincia, a definición dunha carteira de Servizos de Asistencia Sanitaria transfronteriza ou a creación en Ourense do servizo de atención de chamadas para o Sistema Sanitario Galego, entre outras actuacións. • Modernización da Administración Local, posicionandoa ao servizo da sociedade e facilitando o seu acceso, mediante o desenvolvemento da e-administración na provincia para facilitar as relacións entre os diferentes axentes: veciños, concellos, Deputación e Xunta de Galicia. • Favorecemento da Converxencia institucional, económica, social, cultural e medio ambiental entre as cidades de Chaves e Verín, mediante a consolidación efectiva da Eurocidade Chaves43


ImpulsaOurense

Verín o que permitirá fortalecer a cohesión social poñendo en valor o patrimonio natural e cultural, consolidar e desenvolver o tecido empresarial e especialmente o sector turismo, integrar e promover o sector loxístico e desenvolver o mundo rural. EIXO 6: ENERXÍA E MEDIOAMBIENTE COMO CLAVE DE SUSTENTABILIDADE Ourense conta cun activo natural fundamental e cun alto potencial de desenvolvemento non só no campo medioambiental, senón tamén no campo turístico como é a súa riqueza termal, e así se fixo constar no Programa, incluíndose diferentes actuacións vinculadas directa e indirectamente a este recurso (lexislación en materia termal, potenciación do turismo termal, etc.). Na actualidade este recurso atópase certamente desaproveitado co que a posta en marcha de actuacións específicas que estean vinculados ao mesmo é fundamental de cara ao posicionamento competitivo futuro do territorio. Entre estas actuacións atópase a identificación de proxectos de enerxía xeotérmica e dos potenciais investidores na provincia de Ourense, que contempla a análise técnica de viabilidade das zonas con maior interese para a producción xeotérmica, o contacto cos potenciais investidores, ou o desenvolvemento de proxectos demostrativos, entre outras accións. EIXO 7: DESENVOLVEMENTO DOS ACTIVOS QUE POTENCIEN A IMAXE DE OURENSE Co fin de mellorar o posicionamento e coñecemento da imaxe de Ourense, contemplouse dentro do Programa o desenvolvemento de diferentes activos que poden contribuír a este obxectivo, tales como os seguintes: • Potenciación dos xeodestinos da provincia, mediante o establecemento de axudas para a promoción de paquetes turísticos que integren os produtos da provincia de Ourense e sempre dentro da marca común Galicia. • Desenvolvemento dos produtos autóctonos como parte do patrimonio cultural ourensán: fomento do viño, a pataca e a castaña en mercados exteriores como parte do patrimonio e como reclamo para mellorar o seu coñecemento, potencia-

44


RESUMOEXECUTIVO

ción do cultivo de produtos agroalimentarios de calidad diferenciada, tales como a marca de garantía Horta Galega. • Desenvolvemento da comunicación e difusión da provincia fóra das súas fronteiras, mediante a identificación dos axentes de Ourense con repercusión mediática no exterior e apoio no seu ámbito de actuación, mediante o establecemento de premios específicos tales como poderían ser os Premios Ourensán Universal. EIXO 8: COMPROMISO DAS INSTITUCIÓNS NO DESENVOLVEMENTO DO PROGRAMA A Xunta de Galicia amosa o seu decidido compromiso coa posta en marcha do Proxecto de Impulso Económico de Ourense, proba do cal se atopa, por exemplo, na integración e seguimento das diferentes actuacións que o conforman nos seus programas orzamentarios, como garante da súa posterior consecución.

45



Conclusi贸ns



RESUMOEXECUTIVO

Ao longo dos meses de traballo que durou a elaboración do proxecto de impulso económico da provincia de Ourense, realizouse un esforzo e compromiso participativo, sistemático, innovador, ambicioso, atractivo e avaliable. Así mesmo, o Programa está aliñado coa estratexia de goberno da Xunta de Galicia, instrumentalizada principalmente a través do Plan Estratéxico de Galicia 2010-2014, e incorpora compromisos de goberno da Xunta de Galicia, mediante a execución das distintas actuacións do Programa de Competitividade, contrastadas e validadas polas distintas consellerías responsables da súa implantación. Enfoque participativo co fin de aliñar a todo os axentes sociais da provincia, así como aos centros educativos superiores e tecnolóxicos, tanto na elaboración e diagnóstico do estudo como na súa implantación posterior, co obxectivo de acadar un proxecto de futuro compartido. O plan de atracción resultante do estudo oriéntase a acadar unha captación clara, directa e medible de investidores e colaboradores de maneira que incremente o nivel de competitividade da provincia.

Fruto dunha metodoloxía sistemática que permita abordar todas as cuestións clave pero, ao mesmo tempo, flexible e adaptable para incorporar os axustes que se precisen, actualizándose e anticipándose aos cambios continuos do contorno.

Debe permitir identificar os sectores de actividade cara ao futuro, así como as oportunidades de desenvolvemento empresarial específicas en cada un deles.

Atractivo O estudo tratará tamén de acadar a atracción de investidores e colaboradores tecnolóxicos de fora de Galicia, de acordo ás actividades e sectores identificados.

Na definición da estratexia de competitividade resulta clave identificar cales son as fortalezas e debilidades da provincia e priorizar cales de elas constituirán eixes clave de desenvolvemento e competitividade, como base para desenvolver actuacións que supoñan un salto cualitativo que permita diferenciarse doutros territorios e obter avantaxes no seu posicionamento competitivo.

Por outro lado, na elaboración do proxecto participaron multitude de axentes socio-económicos da provincia, así como as distintas consellerías da Xunta de Galicia responsables da súa implementación, o que otorga ao traballo realizado o consenso e compromiso necesarios para acometer con actitude decidida os próximos pasos planificados nos Programas de Competitividade e de Atracción de Investimentos.

49


En resumo: A Xunta de Galicia proponse mellorar a competitividade, a imaxe e calidade de vida na provincia de Ourense, mediante unha actuación conxunta e coordinada de tódalas consellerías. As actuacións económicas centraránse no apoio a sectores tradicionais con capacidade de innovación e internacionalización e á introducción no territorio de novas actividades de futuro.


ImpulsaOurense

ImpulsaOurense

Proxecto ImpulsaOurense Resumo executivo, xullo 2011 Elaboración, implantación e seguimento do proxecto de impulso económico da provincia de Ourense IGAPE – Instituto Galego de Promoción Económica

FONDO EUROPEO DE DESENVOLVEMENTO REXIONAL “Unha maneira de facer Europa”

UNIÓN EUROPEA


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.