Librotrivial2

Page 1

Carlos Casares, un relato de pelĂ­cula


Biografía Carlos Casares Mouriño naceu un 24 de agosto de 1941, na cidade de Ourense. España estaba gobernada por un ditador: Francisco Franco e o mundo enteiro estaba a sufrir a IIª Guerra Mundial, que comezara en 1939 e rematou en 1945. O pai de Carlos chamábase Francisco Casares, era mestre en Xinzo de Limia, lugar en que pasa a súa infancia. A súa nai chamábase Manuela Mouriño. Tiña dous irmáns: Xavier e Meches. A familia materna estaba moi vinculada co mundo eclesiástico: a súa nai tiña un tío que era cabido na Catedral de Ourense e un irmán que era o crego da parroquia de Beiro, unha aldea que estaba preto da cidade de Ourense. A súa infancia non se reduce a Xinzo de Limia, pasa longas tempadas en Sabucedo, onde tiña un tío que era médico; en Lamas, onde residían os avós paternos. Os veráns pasábaos en Beiro, alí xogaba aos pés quedos, á rapañota ou a correr entre as tumbas do cemiterio. O contacto co mundo rural, a aldea, deixará fonda pegada no escritor e sobre todo no contacto co idioma galego. A súa nai falaba castelán, o seu pai galego e os avós paternos falaban galego. Carlos, como el mesmo dicía, expresábase moito mellor en galego. Gustaba de escoitar os contos dos seus avós, de ir cos rapaces ao monte e sobre todo de xogar de interior dereito no Antela Club de Fútbol. En Xinzo de Limia participou na festa do Entroido, cada ano ía ata a vila para ver correr as famosas pantallas, ía disfrazado para non verse arrastrado ata unha taberna e ter que invitar a todos a un ronda, como marcaba a tradición. Os domingos ía ao cine, sempre cos petos cheos de pan e devecía por tomar un xeado e sobre todo, comer chocolate. Carlos viviu os anos da represión franquista máis dura: a fame e o medo eran os protagonistas daqueles anos.


A nai de Carlos tiña un tío que era arcebispo en Cuba e cada dous anos viña vistar a familia. Nunha daquelas visitas, propúxolle aos pais de Carlos levar o rapaz para Cuba e ingresalo nun seminario. O pai opúxose, pero a insistencia da nai e dos familiares que pertencían ao clero, fai que Carlos ingrese no seminario de Ourense en 1952, con 11 anos. Alí era o redactor e director dun xornal, El Averno, escrito á man, en columnas e de contido crítico e burlesco. Moitas veces ten copiado “No hablaré gallego, no hablaré gallego”, pois estaba prohibido falar en galego. Grazas a un dos seus profesores coñece a litetura clásica grecolatina e escritores contemporáneos como Robert Luis Stevenson. Botou no Seminario seis anos e en 1957 abandónao e vai realizar os estudos de Bacharelato a Ourense. José Luis Bobillo foi un dos seus profesores e na revista “Aula Dice” que este profesor editaba, Carlos publica os seus primeiros textos. En Ourense, Carlos fai moitos amigos e xunto cun deles, Manolito Dobaño, funda un partido clandestino chamado Frente de Estudantes Republicanos. Faise amigo do bibliotecario municipal e ten acceso a libros clásicos universais e a libros escritos en lingua galega. Gaña o concurso Provincial de Cuentos de Navidad e coñece a Vicente Risco, presidente do xurado daquel premio. Comeza a acudir aos faladoiros no “Café Parque” de Ourense. O contacto con membros do Grupo Nós é moi importante para el. Xa coñecía a Ramón Otero Pedrayo, era amigo do seu tío cura. En Ourense coñece a intelectuais e escritores da época: Uxío Novoneyra, Antón Tovar, Arturo Lezcana, Xaquín Lorenzo ou Xaime Quesada, eran coñecidos como Os artistiñas. Carlos chega a Santiago en 1961 para estudar Filosofía e Letras. Alí coñece a Arcadio López Casanova, un poeta galego do que xa oíra falar en Ourense. Arcadio pono en contacto con Ramón Piñeiro, unha figura importantísima e que o vai marcar cultural


e politicamente. Deseguida entra en contacto coas agrupacións estudantís

(ADE)

e

participa

en

actividades

clandestinas,

destinadas a loitar contra a ditadura. Organiza o concerto de Raimon no Estadio da Universidade no ano 1967. Salvador García Bodaño e mais el, traduciron as letras do cantautor ao galego. En 1967 publica o seu primeiro libro: Vento ferido e gaña o Concurso de contos infantís convocado pola Asociación cultural O Facho con A galiña azul. Este libro estaba dedicado a Ana Lasquetty, unha rapaza que vivía en Xinzo e estaba moitas veces na casa de CArlos porque a súa nai ocupábase dela. O pai de Ana era garda civil, e cando tiña apenas sete anos, destinárono para Santander. Toda a familia marchou con el. Carlos Casares remata os seus estudos e comeza a traballar como profesor de Literatura española en Viana do Bolo, nun dos Institutos libres adoptados. Un problema cunha obra de teatro que el nunca escribiu, fixo que quedase sen traballo. Volve para Ourense, con intención de preparar as oposicións pero ofrécenlle un posto como profesor en Bilbao. A finais dos anos 60 coñece a Kristina, unha rapaza sueca que será a súa muller, no tren que ía de Santiago a Ourense. Kristina estudara náutica e ía ata A Coruña para embarcar con destino á India. Casan en Beiro ao mes e medio de se coñeceren. En 1969 publica a segunda obra destinada a un público adulto: Cambio en tres. No ano 1972 comeza a publicar en galego no xornal La Región na

sección

“Con

esta

lupa”

e

pouco

despois

inicia

as

colaboracións en La voz de Galicia, primeiro coa sección crítica de libros “A ledicia de ler” e dende o ano 1988 coa columna “Á marxe”.


EN 1973 gaña o Concurso de O Facho de textos teatrais con As

laranxas máis laranxas de todas as laranxas. Publica varios libros para os máis pequenos: A galiña azul, As laranxas máis laranxas de todas as laranxas, Lolo anda en bicicleta, Os cinco libros de Toribio, O can Rin e o lobo Crispín, etc. No ano 1974 aproba as oposicións e comeza a traballar como Profesor de Literatura no IES Rodeira de Cangas do Morrazo. En 1975 publica Xoguetes para un tempo prohibido, a memoria biográfica de toda unha xeración. Dende ese mesmo ano, 1975 e ata o 1992 colabora co xornal La voz de Galicia publicando a súa sección “A ledicia de ler”. No ano 1977 entra na Real Academia Galega e gaña o Premio Otero Pedrayo.

Os escuros soños de Clío, un libro de relatos que publica en 1979, e ao ano seguinte publica un libro en homenaxe ao seu tío Xosé, cura en Beiro: Ilustrísima. Nos anos oitenta comeza a súa participación na política. Foi nas listas do PSOE xunto con Benxamín Casal, Alfredo Conde e Ramón Piñeiro, como independentes. Será deputado no primeiro goberno da democracia. Durante estes anos aprobouse a Lei de Normalización Lingüística, unha lei importantísima para a nosa lingua e que el mesmo axudou a redactar. Durante esta primeira lexislatura impulsan a creación da RTVG. En 1983 entra a formar parte do Consello da Cultura Galega, converténdose no seu presidente en 1996. A Editorial Galaxia foi outra das empresas nas que participou Carlos Casares, entra na Editorial no ano 1985 e ao ano seguinte convértese no seu director. En 1995 é nomeado Presidente do Pen Club Galego.


Publica en 1996: Deus sentado nun sillón azul e Un país de

palabras. Carlos traduciu varios libros ao galego: O principiño, O vello e o mar e Os escaravellos voan á tardiña. Carlos Casares participa en numerosos faladoiros e encontros literarios ao longo da súa vida. Lonxe quedaran os faladoiros en Ourense mais será asiduo aos que se organizaban en Santiago no Café Derbi, no Cantábrico, no Estradense ou no Asasino. En 1983 dá comezo o famoso faladoiro de verán na cafetería Monterrey, xunto con Gonzalo Torrente Ballester, Manuel Prego e Miguel Viqueira. Carlos era un gran coleccionista: coleccionaba cámaras de fotos, edicións de O principiño, máquinas de escribir, plumas, libros de vello, etc. Nigrán foi o último dos lugares onde viviu Carlos Casares. Alí tamén vivían a súa cadela Leda e o seu gato Samuel, famosos porque escribía sobre eles na columna de Á marxe. A Carlos gustáballe moito viaxar, Venecia era unha das súas cidades preferidas, pero tamén visitou Berlín, Nova York e países como Brasil, Venezuela, Rusia. Cada vez que o invitaban a navegar pola ría de Vigo, aceptaba. Moitas veces ía ata as Illas Cíes ou ata a Illa de Ons. O autor homenaxeado estendeu a cultura galega polo mundo adiante, participou en numerosos actos e cursos en cidades como: Berlín, xunto con Víctor Freixanes, A Habana ou Nova York. A súa participación anual nos encontros de Verines en Asturias e a viaxe en tren no famoso Expreso da Literatura, fixeron del un grande embaixador da nosa terra. Carlos Casares falece, dun ataque ao corazón, o 9 de marzo de 2002. En abril dese mesmo ano a Editorial Galaxia publica a súa obra póstuma: O sol do verán.


Regras do xogo

1. OBXECTIVO DO XOGO: Coñecer a vida e a obra de Carlos Casares dun xeito divertido e conseguir completar a bandeira galega respondendo correctamente a unha pregunta final.

2. CONTIDO: • 1 taboleiro • 1 caderno de preguntas • 24 cubos azuis • 4 caixas bandeira • 1 dado

3. PREPARACIÓN DO XOGO: • Formar 4 equipos de catro xogadores, como mínimo. • Despregar o taboleiro. • Elixir caixa bandeira. • Decidir quen comeza o xogo. Cada un dos equipos debe tirar o dado, comezará o xogo o equipo que acade maior puntuación e a rolda de quendas establecerase seguindo o sentido das agullas do reloxo. • Colocar cada caixa bandeir nunha CASA CASARIANA do taboleiro.


4. COMEZO DO XOGO • O primeiro equipo lanza o dado e sitúase na casa-diapositiva que

lle

corresponda,

segundo

a

puntuación

acadada.

A

continuación, un xogador dun dos equipos contrarios faralle a pregunta correspondente do carrete de cine. Se o equipo acerta, volve tirar. Se non acerta, tocaralle ao equipo seguinte. • Podedes avanzar en calquera das direccións, sempre ao redor do anel exterior. Non se pode retroceder na mesma tirada. • Non se poderá atravesar o círculo central para pasar ao outro lado do anel exterior. • Hai que conseguir completar a bandeira galega, para iso deberedes responder correctamente as 6 preguntas das CASAS CASARIANAS.

5. QUEN GAÑA? • Cando a vosa bandeira galega estea completa, cos seis cubos, debedes dirixirvos ao círculo central. • Hai que chegar ao círculo central co número exacto. Se vos pasades de longo, debedes seguir repondendo preguntas e avanzar ata conseguir chegar ao círculo central. • Cando cheguedes ao círculo central, un dos equipos realizaravos unha das preguntas CLAVE. Se respondedes correctamente, gañaredes o xogo. Se non acertades, debedes saír do círculo central na seguinte quenda e volvelo intentar.


Preguntas Carlos Casares nace, en 1941, o mundo está a sufrir unha das peores guerras. Saberías dicir de cal estamos a falar? II Guerra mundial.

Cita

tres

adolescencia

lugares de

importantes

Carlos:

Beiro,

da

infancia

Sabucedo,

e

Lamas,

Ourense, Xinzo.

A que lle gustaba xogar a Carlos cando era neno? Aos pés quedos, ao fútbol, á rapañota, entre as lápidas e tumbas do cemiterio de Beiro.

Cales eran os lugares preferidos para xogar? Casa de Beiro, campo ao redor do cruceiro.

Ademais de xogar, que lle gustou sempre facer? Escoitar e contar historias.

O que estás a ver nesta imaxe sucedeu no ano 1945, a que se refire a imaxe? Bomba atómica sobre Hirosima.

Cal é o primeiro libro que publica? Vento ferido.


Onde realiza os estudos primarios? Xinzo.

Que profesión tiña o pai? Mestre . Carlos tiña un tío que era arcebispo nunha illa do Caribe, en cal? Cuba.

Carlos quería ser de maior? Cura.

Carlos vai estudar a un lugar relacionado coa igrexa. Como se chama? Seminario. Cantos anos estivo Carlos no Seminario? Seis.

Con que libro infantil gaña o concurso O Facho? A galiña azul.

Que escribía Carlos cando estaba no Seminario? Un xornal satírico de dúas páxinas escrito a man.

Cal é o nome do xornal que Carlos escribía no Seminario? El Averno.


Cales eran as prohibicións no Seminario? Falar de fútbol, falar galego, ler libros considerados prohibidos.

O que estás a ver nesta imaxe sucedeu entre os anos 1940 e 1945 aproximadamente, que é? Campo de concentración.

Onde realiza os estudos de Bacharelato? En Ourense.

Durante a época de estudante en Ourense publica o seus textos nunha revista que editaba Jose Luis Bobillo, o seu profesor. Sabes o título da revista? Aula Dice.

Nomea dúas obras literarias que Carlos traducira ao galego: O principiño, O vello e o mar, Os escaravellos voan á tardiña.

Carlos e mais o seu amigo Manolito Dobaño fundan un partido clandestino en Ourense, cal era o nome? Frente de Estudantes Republicanos.

Carlos xogaba ao fútbol de:.. interior dereito.


En que equipo de fútbol xogaba Carlos? No Antela Fútbol Club.

Neses anos, en España, o poder está nas mans dun xeneral que tiña simpatías cara a Hitler e Mussolini. Sabes o seu nome? Francisco Franco. Desde 1957 un automóbil de fabricación española convértese no obxecto máis desexado polos españois, de que automóvil falamos? Seat 600.

En Ourense asiste a unha tertulia liderada por un intelectual galeguista, cal é o seu nome? Risco.

Di o título da obra teatral que escribiu Casares: As laranxas máis laranxas de todas as laranxas.

Cando estudaba en Ourense faise amigo de Xaime Quesada e Arturo Lezcano, dous pintores ourensáns, sabes como os chamaban? Os artistiñas.

Onde realiza os estudos superiores Carlos Casares? En Santiago de Compostela


Que

estudos

realiza

en

Santiago

de

Compostela?

Filosofía e Letras.

A que personaxe relacionado coa intelectualidade de Santiago coñece en alí? Ramón Piñeiro.

A partir de 1975, morto o ditador Francisco Franco pasamos a ter un novo Xefe do Estado, quen é? O rei Xoán Carlos I e o rei Felipe VI.

A que dinastía pertence a actual Casa Real española? Aos Borbóns.

Carlos axuda a redactar unha lei importantísima para a Lingua galega, cal é? LNL

Cita tres lugares onde Casares foi profesor. Viana do Bolo, Bilbao, Cangas e Vigo

Por que botaron a Carlos fóra do colexio de Viana? Por unha obra teatral que non escribiu.

Onde coñece a súa muller? Tren TER.


Como se chamaba a súa muller? Kristina.

Onde casan Carlos e Christina? En Beiro.

Carlos asistía cada ano a un encontro con escritores que viñan de todas as partes de España. Onde se celebraba? Na costa asturiana (Pendueles)

Carlos dirixe unha editorial viguesa, cal é o seu nome? Galaxia.

Cal era o xénero que máis lle gustaba ler? O relato breve e a biografía.

A súa nai e mais el compartían unha afección, cal? O cine.

Cal era a película preferida de Carlos? Casablanca.

Cal era o nome da súa cadela labrador? Leda.


En que xornal escribía Carlos Casares os seus artigos? La voz de Galicia.

Que acontecemento sucedido en 1989 remata coa separación entre Alemaña occidental e oriental? Caida do muro de Berlín.

Nomea tres afeccións de Carlos Casares: Fumar habanos, maquetas de tren, libros asinados, viaxar, tertulias…

Carlos devecía polo coleccionismo, que coleccionaba? De neno ,cromos, de adulto: edicións de O Principiño, plumas, máquinas de fotografía, máquinas de trens en miniatura.

Casares sentía devoción polo escritor de Vinte mil leguas baixo dos mares. En Vigo e na illa de San Simón hai monumentos na súa honra, cal é o seu nome? X. Verne.

Cales eran as lecturas preferidas de Carlos? Sherlok Holmes, Vinte mil leguas, A Illa do tesouro, os tebeos de Escobar, Suchai, el pequeño limpiabotas.

Cales eran os escritores favoritos na súa infancia? Verne, Conan Doyle, Stevenson.


A selección española de fútbol preparou o Campionato mundial de Inglaterra do ano 1966 en Santiago, Carlos Casares era reporteiro nun xornal, sabes o seu nome? Xornal Ya.

Carlos era moi lambón, sabes cales eran os doces que máis lle gustaban? Chocolate e xeados. Cando era neno, Carlos ía ao cine cos petos cheos de:----------PAN

A Carlos gustáballe navegar, sabes por onde? Polas Rías Baixas. Ir ata as Illas Cíes e a illa de Ons.

Para quen escribiu o libro de A Galiña azul? Para Ana Lasquetty.

No ano 2000 participa no Expreso da literatura, en que consistiu? Un tren que levou a escritores de corenta países ata San Petersburgo e Moscova, acabando en Berlín para dar a coñecer a literatura de todos os países de Europa.

Carlos deu un curso de Literatura galega en Estados Unidos, sabes en que cidade? Nova York.


Cal é a cidade italiana preferida de Carlos Casares? Venecia.

Cantos fillos ten Casares? Dous.

Cantos irmáns tiña? Dous.

A Carlos non lle gustaba faltar ao entroido da súa vila, a que entroido nos referimos? Entroido de Xinzo de Limia.

Carlos, sempre que podía, ía ao Entroido de Xinzo de Limia. Sabedes como se chaman as figuras do entroido de Xinzo? Pantallas.

Que pasaba se as Pantallas de Xinzo non te vía disfrazado? A Carlos pasoulle isto nalgunha ocasión: Suxeitábante entre todos e metíante no primeiro bar que houbese. Debías invitar a unha ronda.

Onde viviu os seus últimos anos? Nigrán.


Que idiomas falaba Carlos Casares? Galego, español, inglés, francés e sueco.

De que Academia era membro Carlos Casares? da Real Academia Galega.

Casares entra a formar parte do primeiro goberno galego da democracia, sabes de que partido formaba parte? PSdG

Durante os anos que formou parte do goberno galego púxose en marcha un canal de televisión e unha emisora de radio en galego, cales? RTVG

Nomea catro libros infantís de Carlos Casares. A galiña azul, Toribios, O can Rin, Lolo...


Preguntas finais

Onde naceu Carlos Casares? Ourense

En 1978 os españois aproban unha Lei moi importante para a Democracia actual e grazas a ela Galicia pode ser considerada unha Autonomía, saberías dicir cal é? A Constitución.

De que país era a súa muller? Suecia.

En Baiona forma parte dunha tertulia cun escritor moi famoso de Ferrol, lembras o seu nome? Gonzalo Torrente Ballester.

Carlos tivo un gato que se fixo famoso porque aparecía nos artigos dun xornal, como se chamaba? Samuel.

Nomea

unha

característica

da

escrita

de

Carlos

Sinxeleza, humor, personaxes peculiares, autobiografía…

Casares.


1ยบ de ESO C IES Carlos Casares. Vigo. 2017


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.