A partir do itinerario didรกctico do Instituto de Investigaciรณns Feministas da UCM e o Museo do Prado https://www.museodelprado.es/actualidad/multimedia/los-trabajos-de-las-mujeres-en-el-museo-delprado/ca4d2d09-0b66-4ff1-ad36-30980f2adda2
Esta escena está inspirada nos Evanxeos
apócrifos, non recoñecidos pola Igrexa oficial. O que interesa neste caso, dentro da arte do Renacemento, é ofrecer unha imaxe «máis humana» da Virxe
Na obra represéntase o momento do parto
de Santa Ana, acompañada de amas de cría e comadroas que lle ofrecen o tradicional «caldo de paridas» para que se recupere do esforzo
A recén nacida está sendo amamantada por
unha nodriza (era algo habitual, e a súa presenza está neste caso tamén xustificada pola idade da nai)
Fronte
ao Renacemento italiano ou flamenco, o castelán de Morales amosa unha estética máis austera, con escasos elementos ornamentais
Aparece unha parella de burgueses, nova clase
social emerxente, que comeza a impoñerse exhibindo novas formas de acumular riqueza, pero que xenera tamén un novo tipo de relacións familiares e matrimoniais. O marido conta, ordena e clasifica o diñeiro. A muller observa a actividade, atenta e serea, mentres suxeita un libro aberto, posiblemente o libro de contas, suxirindo así unha colaboración entre os membros da parella na xestión do negocio familiar
Nas novas sociedades burguesas as mulleres
participaron na contabilidade dos negocios dos maridos, moitas veces no nome deles. Este hábito fixo que moitas sociedades mercantís as solicitaran como contables
Noutras ocasións (cando quedaban viúvas ou
herdaban) actuaban de forma persoal, manexando rendas ou prestando diñeiro
Anguissola procedía dunha familia da nobreza de
Cremona. No seu periodo histórico a ensinanza da pintura facíase no seo das familias e dos obradoiros dos artistas, polo que as mulleres adicadas a estas artes adoitaban ser fillas de pintores. Pero ela tivo a sorte de que o seu pai tivera fortes conviccións humanistas
Como pintora de primeira categoría foi autora de
moitos retratos, e sobre todo autorretratos, nos que aparece lendo, tocando algún instrumento ou mesmo pintando; é dicir, amósase a si mesma como suxeito creador, fronte á tradicional imaxe feminina como mero obxecto de representación
En 1559 Filipe II invitouna á corte española como
profesora de pintura da raíña Isabel de Valois
A pesar de casar en dúas ocasións, nunca renunciou ao
seu apelido, o cal revela o seu carácter libre e seguro de si mesma
Este retrato de Filipe II ilustra un fenómeno bastante
repetido ao longo da historia: a atribución de obras executadas por mulleres a varóns coetáneos. Durante moito tempo foi atribuída a Juan Pantoja de la Cruz, ata que nos últimos anos se demostrou a súa autoría
Trátase dunha obra cunha interpretación dobre:
costumista e mitolóxica
Como pintura costumista, representa unha escena
cotiá nun obradoiro artesán, onde unha serie de mulleres realizan os tapices. Na industria textil predominou a man de obra feminina, xa desde a Grecia Antiga
Os elementos mitolóxicos atópanse no espazo do
fondo, onde a deusa Palas, armada con casco, discute con Aracne, competindo sobre as súas respectivas habilidades na arte da tapicería. Tras elas atópase un tapiz que reproduce O rapto de Europa que pintou Tiziano para Filipe II (actualmente en Boston) e que á súa vez Rubens copiou durante unha viaxe a Madrid en 1628-29. Era unha das historias eróticas de Xúpiter, pai de Paas, que Aracne se atreverá a tecer e que serviron a Palas de excusa para convertela en araña
O cadro tamén se interpretou como unha defensa da
pintura moderna. Tense reparado no feito de que Plinio afirmaba que un dos maiores logros aos que podía aspirar a pintura era a imitación do movemento, perfectamente logrado na roca
Case nada se sabe da pintora Clara Peeters, que debeu
nacer a finais do século XVI no entorno de Amberes nun momento extraordinario na historia desta. A cidadeunírase á rebelión contra o rei de España en 1576, pero en 1585 foi recuperada polo exército español. Nos seguintes anos perdeu poboación e riquezas, pero recuperouse a partir de 1599, baixo o gobernó dos arquiduques Isabel Clara Eugenia, filla de Filipe II, e o seu curmán e marido Alberto de Austria
Case todos os cadros de Peeters son bodegóns. A súa
adicación a este xénero foi resultado das limitacións impostas pola cultura de entón ás mulleres artistas. Pero tamén amosa iniciativa propia. Cando Clara Peeters comezou a traballar na primeira década do século XVII, só unas cantas obras deste tipo formaban parte das coleccións de pintura dos Países Baixos tanto do norte como do sur
Este bodegón inclúe o mesmo tipo de obxectos que
vemos nos cadros de Frans Snyders e Jan Brueghel o Vello, dous dos artistas máis importantes da época. Os tres pintores trasladaron a cultura material das élites flamengas aos seus cadros. Peeters elixiu un estilo diferente ao dos seus colegas: en vez da exuberante linguaxe formal que estes prefirían, os seus cadros son moito máis realistas e contidos
No ano 2016 Clara Peeters foi a primeira muller en
protagonizar unha exposición no Museo do Prado, 197 anos despois da súa apertura.
Seguindo unha tradición clásica, Goya representa por
medio de figuras femininas as alegorías da Agricultura e a Industria, que foron encargadas por Manuel Godoy como reflexo do progreso do país
No século XVIII, o proxecto ilustrado da monarquía dos
Borbóns abriu as portas dos gremios ás mulleres eliminando as restriccións que ata ese momento as excluíran, pero non incorporou novas formas de producción. Por iso, esas dúas mozas fían nunha fábrica de tapices con medios técnicos similares aos que aparecen nas Fiadeiras de Velázquez
Paralelamente
a esta apertura, impulsáronse as primeiras escolas públicas para as nenas de clases baixas, dando un papel esencial á formación nos labores «propios do seu sexo», é dicir, ás relacionadas coa producción téxti. Do mesmo modo, as mulleres dalgunhas Casas de Recollidas e Casas de Misericordia tiveron a oportunidade de gañar o seu sustento traballando nos obradoiros textís. Quizais por este motivo, esta imaxe relacionouse ás veces co mundo da prostitución. Pero tamén coas Parcas, que cortan o fío da vida.
No século XVIII redescubriuse o valor da natureza e
da vida ao aire libre, de forma que as clases medias e altas comezaron a ocupar as rúas a as pradeiras no seu tempo de lecer cun sentido lúdico e exhibidor de beleza e riqueza. Este fenómeno foi da man dunha maior apreciación do vestiario, que adquiriu cor e deixou amosar máis libremente o corpo das mulleres, especialmente a través de amplos escotes
As
relación entre homes e mulleres tamén se relaxaron e puxéronse de moda formas máis galantes, como o cortexo
A revalorización da producción e do traballo pode ter
sido a inspiración desta composición na que podemos intuir a propietarios ou arrendatarios visitando unha das súas propiedades un día de recollida da uva. Ao igual que noutras actividades agrícolas e gandeiras, homes e mulleres traballan na vendima, compartindo ou repartindo as tarefas
As
mulleres das clases populares, solteiras ou casadas, sempre tiveran que traballar para vivir, incluso desde a súa nenez. Esta implicación no traballo familiar tamén debeu darlles certa autonomía e limitar a súa dependencia do marido, aínda que dunha maneira moi limitada aínda
Carolina Coronado foi unha destacada poeta romántica
que pode ser considerada un claro exemplo do cambio cultural que se produciu en España na primeira metade do século XIX
O Liberalismo trouxera un gran desenvolvemento da
prensa e da opinión pública. Desde 1814, ano no que se decreta a liberdade de imprenta, comezaron a aparecer publicacións que favoreceron a actividade dalgunhas mulleres das clases acomodadas que desexaban ser escritoras. Mentres viron nacer os primeiros discursos feministas, estas mulleres tiveron que loitar contra a imposición dun novo ideal feminino: «o anxo do fogar». Algunhas das pioneiras que se fixeron escoitar na esfera pública foron Gertrudis Gómez de Avellaneda, Rosalía de Castro ou a propia Carolina Coronado
A imitación das que se editaban en Europa, en 1822
fundouse a primeira publicación adicada ás muleres, chamada El periódico de las damas, de carácter conservador. En 1845 apareceu La gaceta de las mujeres, dirixida por Faustina Sáenz de Melgar, na que todas as redactoras eran mulleres, e na que Coronado colaborou activamente
Ademais, escribiu diversas biografías de mulleres
renacentistas, consciente da necesidade de recuperar a memoria colectiva, unha xenealoxía feminina, para poder cambiar a historia
Neste retrato aparece a actriz máis importante da súa
época xunto co seu marido, tamén actor. A composición é toda unha homenaxe aos clásicos españois, xa que a actriz aparece caracterizada como Finea, a personaxe principal de La dama boba de Lope de Vega. Pero, ao mesmo tempo, o seu vestido é unha clara alusión ás Meninas de Velázquez.
Ata a súa morte en 1928, María Guerrero desenvolveu
unha grande actividade teatral en España e Latinoamérica, interpretando e divulgando os clásicos españois. Foi amiga e representou as obras dos grandes autores do momento como Benavente, Echegaray, Galdós ou Valle-Inclán. E ademáis trouxo a España as tendencias máis importantes do teatro europeo do momento, chegando a traballar en Madrid con Sarah Bernhardt en 1895.
Unha faceta moi importante da súa vida foi a súa
actividade como empresaria teatral. En 1909 comprou co seu marido o entón Teatro de la Princesa, onde fixou a súa residencia. Ese espazo leva hoxe o seu nome e é sede do Centro Dramático Nacional