londras outubro 2010

Page 1

Número 3

PREMIOS

Outubro de 2010

LONDRAS E ARROACES Revista de Natureza do IES Ponteceso No centro de xenómica de Santiago pax. 5

TE

RRA

XORNADA pola CIENCIA en GALEGO páx.4

Os tesouros da terra páx.6 e 7

Fotos do roteiro polo Salnés páx. 8 e 9

PA TICI PAR

Imos aos Ancares?

R ND A L

páx. 13

AS

O freixo. Árbore labrega páx.14

LO ND R

AS

Anémona, animal ou planta? páx. 15

HORIZ O

NTES

Grao de Enxeñaría Informática con Alberto Ordóñez páx. 16

O mércores 27 de outubro xornada micolóxica. Recollida de Cogomelos. páx. 12


O outono comezou este 23 de setembro ás 5h. 9m. (equinoccio de outono), durará 89 días e 20 horas rematando o 22 de decembro ás 0h. 38m. (solsticio de inverno). O inicio de outono determinao a órbita terrestre, cando o eixo da terra coincide no plano imaxinario que divide o hemisferio diurno do nocturno, o que fai que días e noites duren o mesmo. Durante o outono a duración do día (cando hai luz) acúrtase uns tres minutos cada día (24 horas). Este outono teremos unha ecilipse total de lúa o día 21 de decembro,visible entre as 8h41m. e as 9h.53m. Tamén poderemos observar o 17 de novembro a chuvia de estrelas das Leónidas.

INTE R

ESA

Exoplanetas Un grupo de astrónomos da Universidad de California en Santa Cruz (UCSC) e do Instituto Carnegie de Washington (EEUU) afirma que a 20 anos luz da Terra, na constelación de Libra, existe un exoplaneta que presenta as características básicas para ser habitable. Chámase planeta Gliese 581g e, cunha temperatura media entre -31 e -12 graos, ten unha cara continuamente orientada á súa estrela. Segundo os autores da publicación, na zona límite entre a rexión iluminada e a escura, chamada Terminator, poderían darse as condicións para a existencia de auga líquida. Ti que opinas?

Malaspina 2010 Alejandro Malaspina foi o capitán dunha expedición que, a finais do século XVIII, deu a volta ao mundo cartografiando os territorios polos que atravesaba, estudando flora e fauna, recollendo datos,… Máis de dous séculos despois unha nova expedición parte coa mesma idea. A “Expedición de Circunnavegación Malaspina 2010: cambio global e exploración da biodiversidade dos océanos”, formada por máis de 250 científicos españois e coa colaboración dos buques oceanográficos, busca intentar comprender os nosos océanos respondendo a cuestións como: canta enerxía podemos obter dos océanos?, como funcionan os ecosistemas profundos?, poden os océanos reducir o efecto invernadoiro?

Bob Esponxa Hai xente para todo. Na seguinte dirección, http://museodelaciencia.blogspot. com/2010/09/aprende-zoologiacon-bob-esponja.html, podedes ler un artigo no que alguén se empeña en explicar a zooloxía da serie de debuxos Bob Esponxa.

http://www.expedicionmalaspina.es/Malaspina/Main.do#content:Presentacion

Premio Nobel de Fisioloxía para o biólogo británico Robert Edwards polo desenvolvemento do método de Fecundación in vitro. (dende o ano 1978 este método permitiu nacer millóns de nenos). Colaborou en moitas investigacións científicas, incluíndo os traballos sobre células nai. Robert Edwards, de 81 anos, atópase gravemente enfermo polo que para moitos era urxente a chegada deste recoñecemento. (Lembramos que este premio non pode ser póstumo)

Editada no IES Ponteceso polo departamento de Ciencias Naturais e o grupo ecoloxista Londras e Arroaces Colaboraron nesta revista: Alberto Ordóñez, ex-alumno do IES de Ponteceso, Clara Regueira


LER Guía das árbores autóctonas e ornamentais de Galicia Autores:Castro, Marisa; Prunell, Antonio; Blanco Dios, Jaime Bernardo; Fernández Serrano, Jacobo (Ilustrador/a) Editorial:XERAIS ISBN:978-84-9782-645-7 Unha das seccións fixas da nosa publicación ten como obxectivo dar a coñecer as árbores máis significativas de Galicia, finalidade que comparte a publicación que hoxe recomendamos. Agora ben, sabemos que hai moitas guías de árbores no mercado editorial polo que debemos preguntarnos que ten de especial esta. Certo é que hai moitos libros similares nas tendas pero este ten varias características especiais: - Conta cunha clave que, a partir de sinxelas preguntas, nos permite coñecer o nome da árbore que temos diante. - Non emprega moitos termos técnicos, sentíndoo moito algún destes palabros é imprescindible e tampouco está de máis ampliar o noso vocabulario. En calquera caso esta guía é moi doada de entender e incorpora, por se acaso, un glosario definindo os termos máis complicados. - Para facilitarnos a aprendizaxe, cóntanos onde podemos atopar as árbores que se describen nos parques e xardíns de Galicia. Desta forma podes atopar un exemplo da árbore en cuestión, sen demasiados problemas.

Otra manera de vivir. Cuando la comida importa Autora:Goodall, Jane Editorial:DeBolsillo ISBN:978-84-8346-663-6 Jane Goodall é famosa polos seus estudos sobre chimpancés na Reserva de Caza de Gombe Stream en Tanzania. Este traballo pioneiro cumpre no 2010 cincuenta anos de fructífera investigación sobre o comportamento dos primates (http://www.janegoodall.es/es/gombe50). Pero o seu labor investigador non é o único que preocupa a esta muller. Dende o principio dos seus traballos dedicou parte do seu tempo a denunciar o trato que reciben os animais que teñen a mala sorte de toparse con nós. Nun dos seus libros máis famosos, A través da ventá, denunciaba o sufrimento dos animais que se empregan na investigación de, por exemplo, os cosméticos. Agora, no libro que nos ocupa, presta especial atención ao trato recibido polos animais de granxa, aproveita tamén para denunciar as malas prácticas de algunhas multinacionais da alimentación e, fundamentalmente, para convencernos de que outro mercado é posible: con produtos locais de temporada e maior confianza que permitan, ademais, a supervivencia dos pequenos agricultores e gandeiros, grandes prexudicados deste proceso de globalización alimentaria. É, en definitiva, un libro apaixonante escrito por unha muller apaixonada pola vida.

A natureza na rede Comezamos unha nova subsección para a nosa revista. Sentíndoo moito, e por problemas de espazo, imos ter que reducir a nosa oferta de libros para facer un sitio a un novo grupo de lecturas recomendadas: as páxinas da natureza na rede. Sempre que comeza a andadura dunha nova sección é importante elixir ben o primeiro artigo. Neste caso o problema era máis ben o contrario, hai tanto bo onde elixir que era difícil equivocarse. Recomendámosvos a páxina de ADEGA, asociación comprometida coa protección e a divulgación da nosa contorna: http://adega.info/info/090121joomla/index.php Trátase da páxina de novas da Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galicia (ADEGA). Ademais de información actualizada sobre o medio ambiente galego, tamén atopades nesta dirección espazos para a denuncia, a actuación e a divulgación.

3


De Linguas e de Ciencias

FA CE MO S

É frecuente que os estudantes se definan como de ciencias ou de letras provocando discusións continuas e produtivas: eu son máis listo, non ti, ti máis,… Trátase dun tema eterno e fundamental, coma os matrimonios dos famosos ou as dificultades para crear fútbol do Real Zaragoza. Porén, nos últimos meses, a polémica entre Letras e Ciencias centrouse nunha perversión da discusión: nas letras da ciencia.

Pódese facer ciencia en galego? Pois mira, depende, un lituano, que nunca saíu do seu país e que só fala lituano non. E en Galicia? Pódese falar de Astronomía en galego? É posible facer un planisferio en galego? É posible entender o número áureo en calquera lingua? … Na páxina do Departamento de Normalización podedes ver un vídeo no que un grupo de científicos das universidades galegas responden á pregunta da única forma posible. Claro que se pode facer ciencia en galego!, de feito faise. (http://centros.edu.xunta.es/iesde ponteceso/?q=node/826) O vindeiro día 4 de novembro celebraremos por primeira vez no instituto o Día da ciencia en galego, no que varias actividades nos recordarán que as Ciencias poden transmitirse en galego con absoluta n o r m a l i d a d e . Fa l a r e m o s d e Astronomía, faremos un planisferio e incluso escoitaremos falar, en galego, do número áureo. Tamén aproveitaremos a data para convocar o II Premio de Divulgación Científica Angel Carracedo e para citarnos ás oito e media no paseo fluvial para ver as estrelas, isto último co permiso das nubes.

4


IOS VISITA AO CENTRO DE XENÓMICA DE GALICIA M E R P PREMIOS DE DIVULGACIÓN CIENTÍFICA, CURSO 2009-2010 O prometido é débeda. O curso pasado deixamos pendente a visita ao Centro de Xenómica de Galicia cos gañadores do Concurso de Divulgación científica, e o 20 de outubro cumprimos a promesa. O Centro de Xenómica, que dirixe Ángel Carracedo, é un lugar punteiro no mundo en diversos campos de investigación: p Na predisposición xenética ao cancro. p No estudo de enfermidades raras cunha orixe xenética. p Xenética dos trastornos psiquiátricos. p No desenvolvemento de fármacos para tratar o cancro ou enfermidades

psiquiátricas. p Na historia da evolución humana. Un grupo de 20 alumnos de 1º e 2º de bacharelato acompañados de Susana e Clara foron a Santiago a visitar o Instituto de Medicina Legal. Formaba parte do premio do concurso de divulgación científica Ángel Carracedo, fallado o ano pasado e no que resultaron gañadores Bertín, Paula Cousillas, Lucía, Cristina, Isabel, Adrián Fraga, David Amado e César, alumnos agora en 2º e 1º de bacharelato. Ás 11, puntual, recibíanos Ángel Carracedo, director do Instituto de Medicina Legal, quen estivera no noso centro o curso pasado co gaio da Semana Cultural. A visita constaba de dúas partes. Nunha delas, percorremos os laboratorios; Ana, unha bióloga membro do equipo, foinos mostrando os distintos procesos a seguir na análise do AND (primeiro a recollida de mostras, un hisopo é suficiente nos casos de paternidade, unha bola de ADN mitocondrial no pelo a non ser que teñamos a raíz do mesmo; como se fai para separar cadeas de ADN diferentes no caso no que aparezan mesturadas, ou, os casos máis complicados, cando só hai ósos, xa que aí é máis difícil facerse co ADN). Unha vez que temos separado o ADN, hai que precipitalo, centrifugalo, copialo. Dentro do laboratorio hai unhas salas moi especiais, ás que, para evitar contaminacións, só dúas persoas en todo o laboratorio teñen acceso, que é onde se analizan os ósos, e que tamén nos deixaron ver por fóra. A outra parte da visita, era na sala onde os estudantes de Medicina fan as prácticas de Anatomía. Xa nos avisaran ao principio da visita que esta parte nos podía impresionar bastante (houbo tres que non o resistiron), posto que alí había cadáveres e un lixeiro cheiro a formol. De feito, había tres cadáveres ben tapadiños coas súas correspondentes sabas. Ángel Carracedo e outra colaboradora bióloga explicáronos como se procedía cos corpos. En canto se produce o falecemento, póñense en contacto cunha funeraria que traballa con eles. Alí, extráenlles o cerebro e o humor vítreo dos ollos aos que despois se lles inxécta formol. Fanlles un corte no pescozo, e métenlles no corpo, axudados por unha bomba, ata 15 litros de formol (logo pínchanlles os pés para ver se o formol está por todo o corpo). A verdade é que agora non estou moi segura de se a eses corpos que quedan na facultade lles quitan o cerebro e o líquido dos ollos, ou isto só ocorre nas autopsias de toda a vida (ou de toda a morte, segundo se mire). Porque tamén nos mostraron as ferramentas que empregan para cortar as costelas para proceder á extracción dos órganos. E como os volven a poñer logo todos dentro. Algún alumno preguntou como conseguían os cadáveres, e dixéronnos que cada vez había máis doazóns. O paso é sinxelo. Tan só hai que ir (en vida, evidentemente) ao Instituto de Medicina Legal, e alí cubrir un formulario. Por suposto, hai que avisar á familia, porque a celeridade coa que o corpo chegue a eles é fundamental (por aquilo do cheiro). Non todos os corpos serven, se hai cicatrices recentes, o formol non aguantaría moito no corpo; se sofren obesidade mórbida, parece ser que a graxa e o formol non se levan ben; se teñen algunha enfermidade infecto-contaxiosa tampouco. Logo eses corpos, son empregados nas prácticas dos estudantes durante 4 ou 5 anos, e transcorrido este tempo, incinéranos. Tras a visita, Ángel Carracedo procedeu a entregar os diplomas aos alumnos gañadores do concurso. Os rapaces quedaron extasiados pola visita (se cadra non todos, pero dou fe de que algúns quedaban a vivir alí se lles deixaran). Ángel Carracedo invitounos a ir ao laboratorio clínico, cun grupo máis reducido de alumnos (5 me dixo a min, pero os rapaces quixeron entender 10). Por todo isto, desde o IES Ponteceso, agradecerlles a Ángel Carracedo e a todo o seu equipo, a súa amabilidade por convidarnos a visitar o Instituto de Medicina Legal e por dedicar o seu tempo a guiarnos polo laboratorio.

5


Os tesouros da Terra

A R R TE

No pasado mes de agosto un grupo de mineiros chilenos saltaron ás primeiras páxinas dos xornais tras quedar atrapados a 700 metros de profundidade no interior dunha mina, a mina San José. Trátase dunha explotación de cobre que leva aberta máis dun século e que xa se cobrou varias vidas. O cobre é un dos minerais máis valiosos do mercado (lembremos que o aumento de prezo deste recurso provocou un aumento dos roubos de cable telefónico), polo que resulta moi rendible asumir os riscos da súa explotación, aínda que sexa en vidas humanas. Tras 17 días buscando, unha sonda foi capaz de chegar ata o refuxio no que se atopaban os mineiros, confirmando que continuaban con vida e en bo estado. Unha vez localizados, os rescatadores comezaron a enviarlles comida, auga e noticias que lles permitirán sobrevivir. E estes días fomos testemuñas televisivas de como os mineiros saíron das profundidades da mina Minas de ouro das Médulas

O deserto de Atacama, lugar no que se atopa a mina San José , é unha das rexións do mundo onde menos chove pero é tamén unha das rexións máis ricas en minerais do planeta. Por contra, en Galicia non temos, hoxe, unha gran riqueza mineira sendo a explotación de pedra natural (lousas e granitos) a máis importante industria deste sector. A pesar deste dato, preto de nós temos algúns exemplos de explotacións mineiras a ceo aberto que tiveron importancia no pasado; as minas de wolfram do Monte Neme ou as de Titanio e Rutilo de Valarés. Pero as minas non son só unha fonte de recursos materiais, moitas veces as antigas explotación mineiras proporciónannos fermosas estampas e divertidos paseos. Aquí tendes algunhas suxestións nese sentido (lembrade sempre que non se pode entrar nunha mina abandonada sen unha formación adecuada e sen coñecela perfectamente):

Minas de caolín de Laxe. A lagoa de Coens é unha antiga canteira a ceo aberto do que foi, no segundo terzo do século XX unha explotación de caolín. Unha vez extraído o mineral era transportado ata a factoría, xunto á praia de Laxe. Hoxe podemos ver restos do teleférico. Unha cheminea da factoría, xunto á gasolineira de Laxe, e incluso restos de mineral formando unha duna xunto á cheminea.

6


Na nosa comarca é frecuente a existencia de lagoas en antigas explotación mineiras. No caso da lagoa de Cuns podemos ver restos das vías das vagonetas de transporte de mineral, así como estruturas de madeira dos lugares nos que estas se cargaban e descargaban; o único problema é que temos que mergullar para ver estas paisaxes.

Lagoa de Cuns

Mina de Wolframio/Tungsteno de Barilongo en Santa Comba. Moito menos coñecida que a do monte Neme, a mina de Barilongo foi tamén escenario da febre do volfram da Segunda Guerra Mundial en Galicia. Durante o curto período de tempo no que resultou rendible, este mineral foi explotado de día (legalmente e por pouco soldo) e pola noite (ilegalmente, por moitos máis cartos, pero xogándose a vida). Minas de ouro de Corcoesto en Cabana de Bergantiños. Puido ser xa explotada polos romanos hai uns dous mil anos, e segue hoxe ofrecendo noticias. Recentemente unha empresa canadense, a Kinbauri Gold Corporation, mostrou interese por recuperar a explotación aurífera, aínda que de momento non saíu da mina ningún mineral con valor comercial.

Minas de Monte Neme

Dende principios deste ano 2010 existe un proxecto do Instituto Xeolóxico e Mineiro de España para dar a coñecer e poñer en valor o patrimonio mineiro de Galicia. Este proxecto pretende que non esquezamos a nosa historia mineira pero tamén atraer visitantes, algo que xa fan con moito éxito noutros lugares: Castañar de Ibor en Cáceres, covas do Drach en Baleares, Médulas en León,… Máis información: Páxinas web: ? http://elmineraldigital.blogspot. com ? http://www.laxe.net/Laxe%20L aguna%20de%20la%20Mina.htm

Castañar de Ibor en Cáceres ? Luís Giadás. Profesor do Departamento de Xeografía e Historia ? Mirre, Juan Carlos. Guía dos minerais de Galicia. Galaxia 1990 ? Xornal.com ? Percorrido dos minerais en Galicia

7


ROTEIRO POLO LITORAL DA PENÍNSULA DO SALNES (PENÍNSULA: brazo de terra que se introduce no mar, O SALNÉS: Espazo xeográfico entre as rías de Arousa e de Pontevedra) Hai cinco anos saíamos de Laxe para percorrer en dúas xornadas os corenta quilómetros que separan esta vila de Camariñas. Semella que a experiencia foi moi agradable pois no ano seguinte repetimos, partindo do punto final do ano anterior para seguir cara diante. E así levamos cinco anos e xa estamos por Pontevedra. Neste verán rodeamos en catro días a península do Salnés, comezando en Rianxo e rematando na vila de Pontevedra, uns 70 quilómetros. Amosámosvos unha cantas fotos do itinerario. O verán que vén seguiremos cara o sur, pola península do Morrazo, e coa posibilidade de estar algún día nas illas Cies. Saíndo de Rianxo na praia de Tanxil

Atravesando a praia das Cunchas, aínda na parte coruñesa da ría de Arousa.

Bordeamos a desembocadura do río Ulla.

Na punta das tres cruces, polos tres cruceiros colocados á beira do río ulla.

Comida nun área de descanso en Catoira (vila vikinga)

Recompoñendo os pes que falta facía.

8

Primeiro día no camping, amañando como montar a tenda. Ao final con paciencia todo se consigue.


PAR TIC IPA N

Ás veces había que ir polo arcén. Canta calor !!

DO

E había quen se movía con outros medios (parapente)

Un descansiño

De San Xenxo cara Combarro, sempre que foi posible pegadiños a liña da costa.

Pola ponte sobre o río Currás, saindo de Vilanova de Arousa

Polo porto de San Xenxo.

Pola praia das Sinas, en Vilanova, coa ponte da Illa de Arousa ao fondo

Atravesando un dos innumerables cultivos de parras na terra de Cambados.

9


Mergullando na biodiversidade.

FAC EN DO

Este curso académico recuperamos o ambiente mariño no noso acuario. De feito a intención de Londras e Arroaces é aproveitar esa ventá aberta aos nosos fondos para dar a coñecer a riqueza destes noutra gran ventá, Internet. Ao longo do curso iremos convencendo a novos inquilinos para que entren a vivir no noso acolledor espazo. Para conseguilo, faremos rutas pola c osta, fotografaremos aos nosos protagonistas, coñeceremos as paisaxes nas que teñen as súas vivendas e ofrecerémoslles o noso traballo, profundando no coñecemento das súas características: realizaremos fichas coa descrición de cada especie e con detalles sobre a súa vida privada, así como dos principais problemas que lles afectan. Posteriormente subiremos esta información á nosa páxina web, incluída na do Departamento de Ciencias, para que todo o mundo poda apreciar a riqueza natural da nosa contorna. E para concluír, presentaremos todo este traballo no V Congreso de Educación Ambiental que terá lugar na Coruña o próximo 26 de maio.

Neste congreso os alumnos de 1º da ESO darán unha charla co seguinte título: Megullando na biodiversidade. Na ponencia explicarán todo o proceso de busca de información e publicación desta na Rede. Animádevos, todo o que queira participar está invitado. Non ten máis que falar con calquera profesor do Departamento de Ciencias. Tende en conta que non é a nosa primeira experiencia como conferenciantes, hai dous anos os alumnos que están agora en segundo de bacharelato participaron neste congreso con gran éxito de crítica e público.

10


PROXECTO CIENTÍFICO PARA O CURSO 2010-2011 Os resultados expoñeranos o alumando do centro no X Congreso CEIDA no mes de maio de 2011. Liñas básicas do proxecto. Mergullando na biodiversidade. A ría de Corme-Laxe, no concello de Ponteceso, é un espazo natural dunha importante riqueza paisaxística e ecolóxica, reflictida na biodiversidade que alberga: praderías de zostera, salicornia, camariñas, lontras,... que serve ademais de motor económico da comarca xa que a pesca e o marisqueo son fonte de riqueza nos concellos que abrangue este espazo natural. Precisamente este feito obríganos a prestar especial atención ao valor ecolóxico que mantén a industria pesqueira, aos impactos que poden ser prexudiciais e ás prácticas sostibles que permitirán manter esta industria nun futuro. Debemos ter en conta que os nosos alumnos serán os encargados nun futuro de realizar a explotación do espazo litoral. Dende o instituto traballamos sempre co convencemento de que para conseguir unha explotación sostible do mar é imprescindible o coñecemento dos valores naturais, dos seus problemas e das alternativas ás explotacións máis daniñas. Por outro lado, internet pode ser un gran instrumento na nosa función formativa. Por ese motivo convimos que debiamos empezar a empregar a rede para achegar información sobre os valores da contorna e sobre os principais impactos que esta sofre. Os obxectivos deste proxecto son varios: Recoñecer os principais valores ecolóxicos do litoral galego e das nosas costas en particular e da súa biodiversidade, diferenciar os principais grupos de seres vivos da nosa costa así como a súa importancia económica e ecolóxica. Identificar os posibles impactos sobre o noso litoral e as estratéxias para evitalos ou minimizalos, e manter e conservar o litoral e a súa riqueza. Adquirir información valorando internet como recurso e a utilización de programas informáticos de tratamento de imaxes e textos e o manexo de bibliografía. A metodoloxía empregada debe ser activa e participativa posto que é a única que nos permite acadar obxectivos que impliquen un cambio condutual. As actividades irán dirixidas fundamentalmente ao alumnado de primeiro da ESO e ESA, aínda que estarán abertos á colaboración do resto dos alumnos do centro implicando aos departamentos de Ciencias Naturais, Plástica e Tecnoloxía. O material elaborado estará a disposición de todo aquel que queira xa que será de libre acceso na Rede. Os roteiros estarán abertos á participación de todas as personas que queiran acercarse. Comezaremos cunha busca de información sobre o noso obxecto de estudo. Nesta etapa empregaremos o noso acuario mariño de litoral como punto de partida para decidir as especies a estudar. Nunha segunda etapa, ao longo do curso, realizaremos diversas actividades que nos permitan ir recollendo a información necesaria para dar a coñecer as especies elixidas: rutas, charlas,… Na terceira etapa completaremos e daremos formato á información que queremos dar a coñecer. E subiremos eses datos en internet. O resumo do calendario de actividades sería o que sigue 1ª Fase: Preparación dos roteiros. Busca de información. (1º Avaliación) n Elaboración da ficha tipo para a recollida de información. n Elección dos aspectos a estudar: listado de especies. n Charla sobre a biodiversidade do litoral galego a cargo de expertos mergulladores. n Coidado e mantemento do acuario mariño de litoral do Departamento de Ciencias.

3ª Fase: Elaboración das fichas en formato dixital e publicación n Elaboración das fichas. n Publicación dos datos.

2ª Fase: Roteiros pola costa. (2ª Avaliación) n Safari fotográfico polo litoral. n Emprego da utilidade Panoramio para dar a coñecer as fotografías da paisaxe da contorna. n Busca de información e aprendizaxe do manexo das ferramentas informáticas que se precisarán.

4ª Fase: Resumo e avaliación. (3ª Avaliación) n Preparación dunha presentación resumo do traballo

realizado que será incorporada á páxina web do instituto no espazo do Departamento de Ciencias Naturais. Maio n Avaliación do proxecto.

11


Recollida de cogomelos

PAR TIC IPA

O outono, sabémolo ben, é a época dos cogomelos. As condicións ambientais desta estación propicia que estes seres, invisibles case todo o ano, fagan un sobresforzo para formar os seus órganos de diseminación de esporas (chamados comunmente cogomelos), e se non fora por isto a maioría da xente non sabería deles. O que forma case toda a masa do fungo é unha estrutura bastante sinxela, un conxunto de filamentos ramificados, hifas, que entrelazadas unhas con outras, forman unha rede, o micelio, que atravesa o solo vexetal. Unha masa informe que habita enterrada na terra, alimentándose da materia orgánica morta que hai no solo e que descompoñen para extraer dela os nutrintes que necesitan. Agora entenderemos que os fungos non son plantas, (erro mantido durante moito tempo na botánica) pois é imposible que fagan a fotosíntese, característica dos vexetais, na profundidade do solo onde non chega a luz do sol. Pero son organismos ecoloxicamente fundamentais, pois transforman, como alimento para as plantas, os compostos orgánicos que proceden das mesmas (restos de follas, troncos…) ou doutros organismos que acaban enterrados (cadáveres, excrementos,…) . Pero esta existencia silenciosa e o traballo calado na profundidade ten unha gran desvantaxe. Este ambiente cheo de comida para os fungos é moi mal sitio para diseminarse como especie. Para isto teñen que saír ao exterior e que sexa o aire da atmosfera o que leve as esporas ben lonxe para desenvolver micelios noutros lugares, (as esporas poden chegar, desta maneira, a distancias quilométricas, impensable se se produciran debaixo do solo). As estruturas que desenvolven para formar as esporas son os cogomelos ou setas e é o que vemos de todo o fungo por riba da superficie. Ás veces, estes cogomelos son insignificantes en relación ao verdadeiro tamaño do micelio que o forma. O ser vivo máis grande que se coñece é o micelio dun fungo nun bosque dos Estados Unidos, en Blue Montains, Oregon, que ocupa unha extensión de 900 hectáreas e se calcula ten unha idade de 2.400 anos. O día 27 de outubro iremos a Cardezo recoller estes esporóforos (outra forma, científica, de chamarlle ás setas que nos informa de que realmente comemos cousas cheas de esporas, xa ves!) e coñecelos. É doado fixarse que en cada tipo de vexetación abundan uns tipos concretos de setas, pois os fungos establecen relacións simbióticas (de mutuo beneficio) coas árbores, e resulta que cada árbore amiga cuns tipos de fungos e viceversa. Esta asociación (micorrizas) é fundamental para a vida no bosque, considerándose que se establece no 95% das árbores e que incluso árbores que non a forman morren aos poucos anos de desenvolvemento. A idea dun solo ocupado por unha rede viva en asocación coas árbores do bosque foi unha fonte de inspiración para a recente película Avatar de James Cameron.

Para saber algo máis e coñecer in vivo a estes seres apúntate á excursión do próximo mércores día 27 despois das clases. Hai bus de ida e volta. Iremos a Cardezo porque se xuntan neste lugar tres ambientes diferentes, cada un cos seus habitantes micolóxicos: o bosque de carballos, piñeirais e prados. A diversidade non falta. Apúntate levando unha autorización que podes recoller de calquera dos profesores do departamento 12 de Ciencias.


Excursión ás serras orientais de Galicia. PAR Serra de Ancares (ou outra). T

ICIP A

Xa vén sendo tradicional esta saída, que o departamento de Ciencias organiza polo mes de novembro, para completar roteiros polas serras máis coñecidas de Galicia. Cambiamos os aires costeiros da nosa comarca para gozar do ambiente da media montaña pasando dúas xornadas nas que poderemos percorrer os seus bosques, empapármonos do clima, descubrir a neve e pasar dous días entre compañeiros e compañeiras. Aínda que non está decidido, probablemente este curso volvamos aos Ancares. Na última visita a estas montañas tivemos a gran sorte de ter un tempo magnífico, que nos daba unha inmellorable visibilidade. Por ser gráfico, das catro veces que o visitamos, nunca poideramos ver a cima dos Tres Bispos dende a pequena explanada que hai a apenas 1 quilómetro do seu cumio, por mor da humidade atmosférica nestas entornas. Hai dous anos, vímolos e moito máis, chegando a identificar as térmicas de Ponferrada a decenas de quilómetros de distancia. Pero a visita ten moitas máis cousas: ¡ Camiñamos por un antigo val glacial que leva ao pico Mustallar ¡ Nas paredes do val identificamos as pedrizas, moreas de pedras acumuladas na parte inferior das ladeiras que foron esgazadas pola acción do xeo da montaña ¡ Estrías glaciares marcadas nas rochas do fondo do val ¡ Rochas 'aborregadas', algunhas inmensas, que desprazou o xeo do glaciar no seu momento e que se moveron centos de metros ou quilómetros do seu lugar de orixe. ¡ ' Morrenas' que agora se ven como montículos sobre o fondo do val, pois son un amoreamento de pedras deixadas polo glaciar que foron cubertas por terra e vexetación dende que non hai xeo. ¡ Lagoas de montaña, masas de auga que enchen zonas rebaixadas no val pola acción do glaciar, ou ben porque as 'morrenas' fan como presas que atrapan a auga e forman estas lagoas. Tamén visitaremos as pallozas do Piornedo, esas construcións populares cos seus famosos tellados de palla. Haberá unha xornada na que percorreremos o fondo dun val cuberto por un espectacular bosque caducifolio e que ten unha importante comunidade de grandes acivros (as arboriñas do Nadal) centenarios. Todo isto saíndo un sábado á mañanciña (data probable a semana do 20 de novembro) e volvendo o domingo pola noite. O mes que vén daremos máis información e será o momento de apuntarse, polo de agora, se queres vir, non fagas outros plans para esa fin de semana.

13


LAND

O freixo (Fraxinus excelsior)

RAS

Descrición Árbore que acada 30-40 m de cortiza lisa e verde grisácea nos exemplares novos, parda escura, rugosa e gretada nos exemplares adultos. A súa copa é alta, ovoide, estendida e pouco ramallada. Follas caedizas, opostas, compostas de 9-13 foliolos (ás veces pode haber menos) ovais, dentados, de cor máis pálida e peludos no envés. As follas ao caer adquiren una tonalidade amarelenta moi chamativa. As flores son de distintos tipos, unhas unisexuais e outras hermafroditas, pouco vistosas, amárelo-verdosas ou púrpuras, pequenas. Aparecen antes que as follas, en abril-maio, e dispóñense en racimos colgantes. Os froitos, tamén en racimos péndulos,son sámarase cor parda ó madureceren (a finais do verán). Distribución en Galiza É frecuente no norte de Galiza, á beira dos ríos e en sitios frescos. Pode ser cultivado ou espontáneo. Observacións Especie leñosa con importancia na formación da paisaxe, usada como ornamental. A madeira é doada de traballar, utilizouse tradicionalmente na construción de carros, xugos de bois e outros apeiros de labranza. As follas en infusión téñense utilizado como laxante e diurético. Tamén para combater as enfermidades renais e o reuma. A cortiza, en infusión, para baixar a fiebre e tamén como aromática, aperitiva, reconstituínte e expectorante. A leña é moi bo combustible e da un carbón de primeira calidade.

Na espazo verde do instituto que está en frente da Biblioteca hai dous freixos que se plantaron o curso pasado e que pouco a pouco irán collendo vigor. Agora, no outono, perden as follas pero na primavera poderedes apreciar todas as súas características.

14


LOND R

A Anémona de mar Anemonia sulcata

AS

Descrición Pólipo solitario que pode acadar os 20 cm de diámetro. Fíxase ó substrato por medio dun disco basal ancho e oculto polos tentáculos. O seu corpo é cilíndrico, de consistencia branda. A cor pode variar de parda amarelenta a verde intenso coas puntas dos tentáculos violetas. Son brancas en zonas profundas por non dispor de algas simbiontes( zooxantelas ) que lle dan a cor. Posúe ao redor de 200 tentáculos longos e finos coa punta ensanchada , pouco retráctiles e moi urticantes, que se dispoñen en 6 coroas rodeando á apertura bucal.

Exemplar de anémona no acuario

Especie con separación de sexos (monoica) e ovípara. Os óvulos libéranse de maio a xullo. Pode reproducirse tamén por bipartición Posición na cadea trófica: Son carnívoras. Aliméntanse, mediante a captura cos seus tentáculos, de pequenos peixes , crustáceos e moluscos que ó achegarse son paralizados polo veleno das súas células urticantes. Hábitat: Presente en toda a franxa infralitoral ata os 20 m de profundidade, fíxase ó substrato de rochas en zonas de intensa iluminación. Prefire espazos pouco batidos polas ondas e ben iluminados. Moi abundantes se hai materia orgánica na auga. Soporta ben as augas sucias. Anatomía

Comunidade biolóxica: Pertencen á comunidade bentónica xa que viven pegados ó substrato de rochas, fondos de area ou grava .

Clasificación : Filo Cnidarios Clase: Antozoos (“animais flor”) Orden: Actinarios Familia: Actínidos

Curiosidades: Entre os tentáculos poden atoparse organismos doutras especies que establecen asociacións máis ou menos estreitas coas anémonas, dende arañas de mar, cangrexos ou algúns peixes. Cando son molestadas segregan substancias moi urticantes, polo que se debe actuar con certa precaución ó manipulalas. Se resultamos feridos polos seus tentáculos en lugares como brazos, pescozo ou cara, é conveniente retirar con cuidado o que quedara adherido á pel e tratar a zona con amoníaco diluido ou alcohol. Utilidade: Dende hai décadas véñense comendo, sobre todo fritidas.Tamén se lles chama “ ortiguillas” ou “ sesos de mar” , moi típicas da provincia de Cádiz. Debido a súa capacidade urticante xeralmente prepáranse aliñadas con vinagre durante un tempo e logo frítense. Vulnerabilidade: Moi común en todo o Mediterráneo e Atlántico Sur de Europa.

Os corais son animais do mesmos grupo zoolóxico que as anémonas

15


HO R

Falamos con Alberto Ordóñez Pereira, ex-alumno do IES de Ponteceso (rematou no ano 2004). Está a facer o 1º ano de doutoramento en Computación despois de Licenciarse en Enxeñería Informática pola Universidade da Coruña.

IZO N

TE S

¿Cales foron os motivos para elixir esta carreira? Primeiro porque é unha carreira técnica e tamén valorei que tivera moitas saídas laborais, ademais está en A Coruña e é unha cidade que me apetecía máis que Santiago ou Vigo. ¿Por que che gusta? Son estudos que permiten ser creativos sen necesidade de grandes inversións para ver que o que estás a desenvolver funciona. É unha carreira e un sector profesional moi dinámico o que fai que un día estes nun sitio e en calquera momento noutro. ¿Que foi o que máis e menos che gustou da carreira?. É un sector que cambia a grande velocidade, ás veces, demasiado rápido e hai que estar continuamente actualizándose. Hai demasiadas variables que inflúen para poder facer algo relativamente grande e a seguridade é un gran problema pois das servizo a moitos usuarios e hai persoas que acceden ás aplicación para modificalas ou incluso sabotealas. É unha carreira na que hai bastate intrusismo, como os que estudan telecomunicacións que acceden a postos aos que non teñen preparación, non saben o que é unha base de datos, por exemplo. ¿Por que recomendarías esta carreira? Porque é fácil atopar un traballo, moi, moi fácil. Pero o emprego ao que accedes depende do teu nivel de preparación. Eu penso en rematar o doutoramento e logo facer un máster en xestión de procesos software para acceder a postos de traballo onde se requira unha cualificación superior e, polo tanto, a unha remuneración acorde. ¿Pareceuche fácil ou difícil? Nin fácil nin difícil, un término medio. Tendo en conta que cando toca estudar algo hai que dedicarlle bastante tempo, ten moitas prácticas que requiren moito tempo de traballo. Nunha escala do 1 ao 4 valóroa de dificultade 3. Unha anécdota: Recordo cando se corrompeu o sistema de ficheiros da facultade que en teoría era bastante seguro (un sistema de ficheiros montado sobre RAID 5, téñense que dar moitas circunstancias negativas para que se corrompa, non é imposible pero si que é moi pouco probable e aínda así déronse as circunstancias para que o fixese). No servidor dedicado aos alumnos perdéronse todos os traballos e prácticas. Se non tiñas backup feito pola tua conta pois perdias todo o que levabas feito ate ese momento. Houbo situacións de tensión.

Grao en Enxeñaría Informática 1º curso

Titulación á que substitúe: Enxeñaría Informática 2º curso 3º curso

MATERIA Funcións Programadores de sistemas informáticos, analistas de tecnoloxías da información, analistas de sistemas informáticos, profesores, docentes, investigadores, directores/ xestores / consultores de tecnoloxías da información… Sectores O sector público, en administracións públicas; o privado, en empresas pertencentes ao sector das TIC (Consultorías) ou outras (finanzas, seguros, actividades inmobiliarias…)

Fundamentos de Matemáticas Álxebra

Matemática Discreta Estatística

MATERIA Algoritmos e Estruturas FB de Datos FB Programación orientada a Obxectos

MATERIA O O

FB Arquitect. de Computadores O FB Deseño de Software O

Cálculo e Análise Numérica

Base de Datos I FB

Progamación I

FB Base de Datos II

Programación II Sistemas Dixitais

FB Organización e Xestión Empresarial FB Sistemas Operativos I

Fundamentos de Computadores

FB

Redes

Fundamentos Tecnolóxicos e Físicos da Informática FB

Sistemas Operativos II Computación Gráfica

O: Obrigatoria.

4º curso

O O

Computación Distribuída Enxeñaría de Computadores

MATERIA O O

Programación Declarativa Programación de Sistemas Multinúcleo o Multiprocesadores

Enxeñaría do Sofware Teoría de Autómatas e Linguaxes Formais Administración de Sistemas e Redes

O

Administración Avanzada de Sistemas e Redes

Administración de Op Base de Datos

Op

Op

Compiladores e InterpretesO Sistemas paralelos Op

O O

Desenvolvemento de FB Aplicación Web O O Deseño de Aplicacións Web Avanzadas Op O Xestión de Recursos Humanos e Comportamento Organizacional O Interacción O Persoa-Ordenador O

Calidade do Software

Op Op

Recuperación de Información e Bases Documantais Op Enxeñería do Coñecemento O Investigación de Operacións Op Seguridade Informática

O

O Sistemas Multimedia

Op

Arquitecturas Orientadas a Servizos Op

Tecnoloxía de Redes

OP

Xestión de Procesos de Negocios Xestión de Procesos Informáticos

FB: Formación básica

Op O

Aspectos legais e Normativos das TIC Computaicón Ubícua

O Op

Prácticas Externas Traballo Fin de Grao

Op O

Op: Optativa


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.