Día das escritoras

Page 1

DÍA DAS ESCRITORAS


ANTÍA YÁÑEZ (Burela, 1991)

Estudou Enxeñería de Camiños e reside en Cecebre (Cambre),

onde xestiona unha academia e fai

obradoiros literarios para rapaces. En 2018 gañou o premio Illa Nova con Senlleiras. Outras obras súas no ámbito xuvenil son O misterio de Portomarín e O misterio do torque de Burela.


ANDREA MACEIRAS (A Coruña, 1987) Licenciada en Filoloxía Hispánica e en Filoloxía Galega e doutorada na Universidade da Coruña, é profesora

de

Lingua

Galega

e

Literatura

en

educación secundaria. Gañou diversos premios como o Premio Lazarillo á creación literaria coa obra titulada Rusgalía en 2018, o Premio Meiga Moira de Literatura Infantil e Xuvenil en 2014, por Miña querida Sherezade, e o Premio Jules Verne e o Premio Fervenzas literarias ao mellor libro de literatura xuvenil en 2015, por Europa Express. Entre as súas obras están: Proxecto Bolboreta, Nubes

de

evolución,

Volverás,

golfiño,

Europa

Express, O que sei do silencio e Conta nove estrelas.


TERESA GONZÁLEZ COSTA (O Grove, 1975) É licenciada en Filoloxía Inglesa e Italiana, con estudos

de

Teoría

da

Literatura

e

Literatura

Comparada. Realizou unha formación teatral, tanto en Galicia como en Italia e Francia, como actriz en diversas compañías e talleres de teatro. Como docente impartiu cursos de teatro en centros de ensino. Acadou en 2008 o XVII Premio Álvaro Cunqueiro con Sempre quixen bailar un tango e o III Premio Manuel María de Literatura Dramática Infantil con Pingueiras e tarteiras. Como narradora infantil e xuvenil publicou, entre outras, as novelas A filla do ladrón de bicicletas, Premio Merlín de Literatura Infantil 2010 e Premio Frei Martín Sarmiento 2012; Eu, pel e A noite das bicicletas.


ROSA ANEIROS (Meirás-Valdoviño, 1976) É xornalista e traballa no Consello da Cultura Galega. En 1999 presentou a súa primeira novela, Eu de maior quero ser, á que seguiron, entre outras, Ás de bolboreta,

Premio

Fundación

Caixa

Galicia

de

Literatura Xuvenil, Premio Fervenzas Literarias ao Mellor libro xuvenil 2009 e Premio The White Ravens 2010; e Sol de Inverno, Premio Xerais de Novela e Premio Fervenzas Literarias á Mellor portada de adultos. En 2013 publica o primeiro título da triloxía Ámote Leo A.: Ámote Leo A. Destino Xalundes, ao que seguiron Ámote Leo A. Estación de tránsito e Ámote Leo A. Terminal de chegadas?. Con Xelís, o guieiro das botellas de Mar vén de gañar o Premio Merlín 2019.


MARÍA REIMÓNDEZ (Lugo, 1975) É

doutora

en

Tradución

e

Interpretación

pola

Universidade de Vigo. Cultiva tanto a narrativa e a poesía coma o ensaio e o teatro. Fundou

a

Cooperación

Organización ao

Non

Gobernamental

Desenvolvemento

Implicadas

de no

Desenvolvemento, que leva traballando na India desde o ano 1998 e desde 2003 en Etiopía. En 2017 gañou o I Premio Agustín Fernández Paz de Narrativa Infantil e Xuvenil pola Igualdade coa obra Fóra do normal. En poesía destacan Moda galega e Presente continuo, e en novela xuvenil é autora, entre outras, de Usha, Volvo! O regreso de Usha, Corredora e a xa mencionada Fóra do normal.


EMMA PEDREIRA (A Coruña, 1978)

É Licenciada en Filoloxía Hispánica. En xuño de 2018 gañou o Premio Xerais de novela, por Besta do seu sangue e en 2019 gañou o premio Jules Verne de Literatura Infantil con Os corpos invisibles. É tamén autora de libros de poesía como Velenarias ou Casa de orfas, entre outros.


ÉRICA ESMORÍS (A Coruña, 1977)

Estudou na Universidade de Santiago, campus de Lugo, exercendo como veterinaria durante un tempo. Tamén traballou nos departamentos de guión e dirección en varias produtoras audiovisuais galegas. É autora de Ulises e as cronoamigas, Nena e o mar e Quen salva un can.


EVA MEJUTO (Sanxenxo, 1975)

Estudou Xornalismo na Universidade de Santiago e traballou no sector editorial infantil desde 1998 ata 2016. É docente no máster «Libro ilustrado e animación audiovisual» da Universidade de Vigo e rematou a súa tese de doutoramento sobre o realismo social no álbum ilustrado. É autora de diversas

adaptacións

de

álbums

ilustrados,

traducidas a máis de dez idiomas. Ten publicadas as novelas 22 segundos e Memoria do silencio, e o álbum

ilustrado

viaxeiras.

por

Víctor

Rivas

Dez

gatiñas


IRIA MISA (Gondomar, 1983)

É licenciada en Filoloxía Inglesa pola Universidade de Vigo

e

profesora

de

ensino

secundario.

Como

narradora publicou as novelas Xa non estou aquí, Premio Jules Verne de Literatura Xuvenil 2016, Segredos no Solpor e Mamá, quero ser Ziggy Stardust, finalista do Premio Agustín Fernández Paz de Narrativa Infantil e Xuvenil pola Igualdade.


MARÍA SOLAR (Santiago, 1970) É escritora e xornalista, coordinadora de Cultura da Corporación

Radio

Televisión

de

Galicia

e

presentadora e directora do programa cultural da TVG Zigzag Fin de Semana. No ámbito xornalístico centrou o seu traballo na radio e na televisión, aínda que tamén colabora en prensa e revistas. Como escritora iniciou o seu percorrido con obras de ensaio divulgativo, como Ecoloxía na Aula ou O libro do noso mar. O recoñecemento da crítica e do público chégalle da man da literatura infantil e xuvenil con títulos premiados e traducidos a varios idiomas, entre os que destacan As meigas de Lupa, O meu pesadelo favorito ou Os nenos da varíola.


LEDICIA COSTAS (Vigo, 1979) É licenciada en Dereito pola Universidade de Vigo. Recibiu o Premio Merlín de literatura infantil, pola súa obra Escarlatina, a cociñeira defunta, á que tamén se lle concedeu o Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil no ano 2015. Coa novela de aventuras Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta conseguiu o Premio Lazarillo de creación literaria do 2015. O seu libro Un animal chamado néboa, recibiu por unanimidade o Premio Losada Diéguez de creación literaria 2016. Coa novela A balada dos unicornios gaña o Premio Lazarillo 2017, converténdose na única autora galega en lograr en dúas ocasións este galardón. Outras obras súas de carácter xuvenil son Unha estrela no vento, O corazón de Xúpiter, Recinto Gris, Esmeraldina, a pequena defunta e A señorita Bubble. Este ano publicou Infamia, para o público adulto.


MARÍA CANOSA (Cee, 1978) Estudou Enxeñaría de Camiños, Canais e Portos. Colabora como articulista en La Voz de Galicia, e foi contertulia en varios programas radiofónicos da Radio Galega e de Radio Voz. Tamén ocupou o posto de "experta" en letras no famoso concurso Cifras e letras da TVG. Como escritora recibiu distintos premios literarios, entre os que destacan o Premio Merlín de Literatura Infantil no ano 2017, pola obra Muriel. É autora de obras destinadas ao público infantil e xuvenil tan coñecidas como A pedra de seixo, O neno inverno, A cazadora de estrelas

ou

Candorcas e unicornios, entre moitas outras. Tamén escribiu para o público adulto obras como Cando cae a luz ou a recente O lado do que dormes. É coautora, ademais, de A que altura está o ceo?, con Jorge Mira.


BIBLIOTECA IES FIN DO CAMIÑO


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.