ESO/BACHARELATO
ADMISIÓN E MATRÍCULA 2013/2014 ESO ADULTOS
ADMISIÓN 1-15 Xuño de 2013 MATRÍCULA 1-15 Setembro de 2013 ¡¡IMPORTANTE!! Na ESO para persoas ADULTAS, non existe a Reserva Automática, polo que todo o alumnado que desexe continua-los seus estudos por este réxime, deberá solicita-la admisión en tempo e forma, en cada curso académico.
ADMISIÓN E MATRÍCULA 2013/2014 ESO/BACHARELATO
ADMISIÓN Prazo finalizado MATRÍCULA ORDINARIA EXTRAORDINARIA
25 Xuño – 10 Xullo de 2013 (Só alumnado que superou tódalas materias na convocatoria de xuño)
1-10 Setembro de 2013 (Resto de alumnado)
PCPI (Modalidade C-Mixta)
ADMISIÓN E MATRÍCULA 2013/2014 PCPI (Modalidade C-Mixta)
ADMISIÓN e MATRÍCULA Pendente de Convocatoria (Previsiblemente no mes de Setembro)
REQUISITOS: TER entre 15 e 21 anos cumpridos no ano de inicio do programa.
NON ter obtido o título de graduado en ESO. NON ter cursado con anterioridade outro PCPI. TER Autorización para a incorporación a un PCPI, no seu caso.
FORMACIÓN PROFESIONAL
ADMISIÓN E MATRÍCULA 2013/2014 FORMACIÓN PROFESIONAL
Probas Acceso a Ciclos Prazo finalizado Procedemento Xeral ADMISIÓN Alumnado de novo ingreso Pendente de Convocatoria (Previsiblemente do 17 Xuño – 2 Xullo de 2013)
MATRÍCULA
Procedemento Xeral Alumnado de novo ingreso
Pendente de Convocatoria (Previsiblemente 2ª Quincena Xullo de 2013)
Continúa...
ADMISIÓN E MATRÍCULA 2013/2014 FORMACIÓN PROFESIONAL ...Continuación...
Só Alumnado deste Centro
Caso A: •Alumnado que teña que repetir 1º Curso. Deberán participar no Procedemento Xeral. Éste está centralizado na Dirección Xeral de FP, polo que NON se admitirá ningunha solicitude presentada despois das 13:00h. do último día do prazo de admisión.
Caso B: •Alumnado que promociona de 1º a 2º Curso. •Alumnado que teña que repetir 2º Curso. •Alumnado que deba cursar só o módulo de FCT en período extraordinario. Deberán formaliza-la matrícula neste Centro antes do día 10 de Xullo. Quen non o faga neste prazo, perderá o seu dereito preferente á matrícula, e deberá participar nun novo proceso de Admisión.
Caso Especial (MOI IMPORTANTE): •Para todo o alumnado. Tódolos alumnos dispoñen dun máximo de 4 convocatorias, para superar cada un dos módulos que compoñen o ciclo formativo; agás no módulo de FCT, en que se disporá de 2 convocatorias como máximo. Quen logo de terse matriculado no mesmo curso dun ciclo e no mesmo centro dúas ou máis veces, deba repetir o mesmo curso por 3ª ou 4ª vez, non poderá facelo no mesmo Centro onde cursou as anteriores. Este alumnado deberá solicita-la matrícula nun Centro distinto, dacordo cos prazos establecidos no Procedemento Xeral. Nembargantes, se nalgún momento do procedemento, o Ciclo é liberado pola Dirección Xeral de FP, o alumnado que estea neste caso poderá solicita-la matrícula no mesmo Centro por 3ª ou 4ª vez, sempre e cando existan prazas dispoñibles.
AXUDAS ESO
AXUDAS ESO
Adquisición libros de texto PRAZOS: •25 Xuño – 26 Xullo (ordinario) •2 Setembro – 2 Outubro (extraordinario) LUGAR:
Na Secretaría do Centro docente onde o alumno estea matriculado.
REQUISITOS:
•Non repetir curso. •Ser pai, nai ou titor legal dun alumno matriculado na ESO. •Non estar incurso nas prohibicións de obter a condición de beneficiario recollidas na lei. •Ter una RENDA PER CAPITA familiar (referida ó ano 2011) inferior a 9.000€ anuais.
www.edu.xunta.es/web/gratuidadesolidaria Continúa...
AXUDAS ESO - Adquisición libros de texto Continúa... www.edu.xunta.es/web/gratuidadesolidaria DOCUMENTACIÓN: Para tódolos solicitantes: •Solicitude cuberta e asinada por tódolos membros da unidade familiar maiores de idade (nos supostos de separación ou divorcio, poderá omitirse a sinatura do proxenitor que non teña a custodia do menor). •Copia do libro de familia ou Certificado de convivencia referido á situación familiar a día 31 decembro 2011. Casos específicos: •Copia da Sentenza xudicial de separación ou divorcio. •Certificado de defunción dalgún dos proxenitores, no seu caso. •Certificado de discapacidade igual ou superior ó 33% referido a 31 decembro 2011. •No caso de situación de violencia de xénero no ámbito familiar: Documentación xustificativa. •No caso de alumnado tutelado pola Xunta de Galicia, non será preciso presentar ningunha documentación, agás o impreso de solicitude.
Determinación da Unidade Familiar e da RENDA PER CAPITA:
Considéranse membros da unidade familiar, con referencia desta situación a 31 decembro 2011: •Os pais non separados legalmente, ou os titores legais do menor. •Os fillos menores de idade agás os emancipados. •Os fillos maiores de idade discapacitados ou incapacitados suxeitos a patria potestade prorrogada ou rehabilitada. •Os fillos solteiros menores de 25 anos que convivan no domicilio familiar. A RENDA PER CAPITA, calcúlase sumando os ingresos de tódolos membros da Familia durante o ano 2011, e divindo a cantidade obtida entre o número de membros da Unidade Familiar a día 31 decembro 2011.
Máis Información: 981546521
881997385
981547301
981546516
981546523