PROGRAMA PARA A MELLORA DO ÉXITO ESCOLAR NIVEL DE EXCELENCIA IES FRANCISCO ASOREY CAMBADOS 2012-2013
PROGRAMA PARA A MELLORA DO ÉXITO ESCOLAR 2012/13
ÍNDICE 1. XUSTIFICACIÓN PARA O DESENVOLVEMENTO DO PROGRAMA 2. OBXECTIVOS DO PROGRAMA 3. MEDIDAS 4. DESTINATARIOS 5. NECESIDADES EDUCATIVAS E SOCIOECONÓMICAS DO CONTORNO 6. ESTRATEXIAS DE COORDINACIÓN ENTRE CENTROS E ADMINISTRACIÓN LOCAL 7. LOGROS QUE SE PERSEGUEN E INSTRUMENTOS DE AVALIACIÓN DO PLAN
2
PROGRAMA PARA A MELLORA DO ÉXITO ESCOLAR 2012/13 1. XUSTIFICACIÓN PARA O DESENVOLVEMENTO DO PROGRAMA A LOE plantexa como un dos seus pilares fundamentais acadar a mellor calidade educativa posible a través de dar resposta á gran diversidade existente nas aulas. Ata o momento, a gran maioría dos recursos están destinados á atención daquel alumnado con maiores dificultades para seguir o ritmo do grupo ordinario e, en consecuencia, acadar os obxectivos mínimos que lle permitan promocionar e, en último termo, obter o título de Graduado en Educación Secundaria Obrigatoria. Dentro do noso centro, existen multitude de medidas destinadas a tal fin: reforzos dentro e fóra da aula, adaptacións curriculares, programas de diversificación curricular, agrupamentos específicos, etc. No entanto, existe un grupo de alumnos e alumnas que tamén deberían ser obxecto de atención por tratarse de alumnado cun rendemento (ou un potencial de rendemento) superior ao do resto do grupo. A situación máis habitual é que a este alumnado (minoritario), por ser capaz de adquirir os coñecementos e capacidades básicas da etapa sen dificultade, non se lle presta especial atención, nin por suposto se lle deseñan medidas encamiñadas ao seu máximo desenvolvemento. Así, aquel alumnado que presenta unha destacada capacidade e/ou motivación por aprender son “abandoados”(no sentido de gozar de pouca axuda) basándonos en que se valen por si mesmos, e dedicando a maior parte dos nosos esforzos e recursos a mellorar ou recuperar a aquel alumnado (maioritario) ao que lle costa adquirir as competencias básicas. En resumo, o obxectivo que se persigue co deseño deste programa é fomentar o desenvolvemento daquel alumnado cunha capacidade maior que a do grupo ordinario, aquel que non desenvolve todo o seu potencial por ter que adaptarse a contidos, ritmos, etc., menores aos que poderían acadar, evitando asemade que xurdan problemas de desmotivación, faltas de atención e comportamento, etc., ou incluso, de abandono escolar (recentes estudos puxeron de manifesto unha taxa de ata o 30% de fracaso escolar en alumnado brillantes dentro de España). 2. OBXECTIVOS DO PROGRAMA O desenvolvemento deste programa perseguiría unha serie de obxectivos: OBXECTIVOS XERAIS: a) Lograr que este alumnado se integre dentro dun grupo de iguais, cun ritmo de aprendizaxe adaptado ás súas posibilidades. b) Favorecer a súa sociabilidade, logrando que nos tempos libres se integren nas actividades colectivas. 3
PROGRAMA PARA A MELLORA DO ÉXITO ESCOLAR 2012/13 c) Fomentar a súa creatividade. d) Favorecer un espírito tolerante. e) Aumentar a súa capacidade de motivación. f) Aprender a desenvolver un proxecto de investigación, no que resulte fundamental un carácter competitivo, e de mellora continua no desenvolvemento de ideas e aportacións. g) Fomentar unha autoestima positiva. h) Lograr un maior grao de autonomía persoal no desenvolvemento de traballos académicos. i) Aumentar a súa capacidade de observación. j) Integrar as ferramentas TIC no desenvolvemento de traballos académicos.
O logro destes obxectivos avaliaríase a través dunha serie de INDICADORES: a) Lograr que se integre nas actividades colectivas durante os obradoiros, a través da conxunción en traballos en pequeno e gran grupo. b) Desenvolver a súa creatividade durante os obradoiros a través do fomento de novas ideas. c) Desenvolver o seu carácter tolerante a través da escoita das aportacións dos demais, así como da crítica construtiva ás súas ideas. d) Aumentar a súa motivación a través da oferta de diferentes actividades acordes aos seus coñecementos nas que terá que ir desenvolvendo continuamente novas ideas, fomentando así a súa vontade de traballo. e) Fomentar un espírito competitivo saudable ao ter que defender as súas ideas e investigacións ante os demais. f) Favorecer o establecemento dunha autoestima positiva mediante a comprobación de que os seus traballos nos diferentes obradoiros son recoñecidos e divulgados na páxina web do proxecto, así como vendo a súa rápida capacidade de aprendizaxe de novos contidos. g) Aumentar a súa autonomía persoal a través da toma de decisións constantes nas diferentes tarefas que se plantexen nos obradoiros, tendo ao profesor como guía máis que como único referente válido. h) Aumentar a súa capacidade de observación durante as clases, ao ter estas un marcado carácter práctico e experimental, nas que eles aprenden tamén a través da observación do traballo que fan os demais.
3. MEDIDAS A medida de atención á diversidade prevista consistiría na elaboración e desenvolvemento dun 4
PROGRAMA PARA A MELLORA DO ÉXITO ESCOLAR 2012/13 proxecto sobre a Astronomía dividido en obradoiros ao longo de todo o curso. A) Horario e Organización Temporal: para o seu desenvolvemento, e segundo se marca na lexislación que rexe este tipo de propostas, os obradoiros levaríanse a cabo durante 2 horas á semana no período comprendido entre os meses de Outubro e Maio (do curso 2012-2013), co que serían arredor de 30 obradoiros, sempre fóra do horario lectivo. Deste xeito, os obradoiros terán lugar nun horario que non distorsionará outras actividades e durante o cal o centro dispón de persoal non docente en horario de traballo. Pese a que se solicita autorización para o desenvolvemento deste proxecto durante o curso 20122013, a idea é que este poda ter unha duración plurianual, o que permitiría acadar novos e mellores obxectivos, así como ir mellorando aquelas cuestións que xurdan coa súa posta en marcha. Neste sentido, a experiencia do curso pasado, non que foi desenvolvido con éxito, supón unha garantía. B) Currículo: Proponse, nesta memoria, a continuación do proxecto educativo levado a cabo durante o curso pasado e centrado no “Mundo da Astronomía”. A astronomía é un campo do coñecemento actualmente en auxe, debido aos grandes avances tecnolóxicos que están a marcar o desenvolvemento da nosa sociedade, pero tamén é unha disciplina tremendamente ligada á historia e ás tradicións da nosa civilización, así como ao sentido que o ser humano ten no planeta Terra e no Universo. Polo tanto o estudio integral e global da astronomía necesita do coñecemento de moitos campos do saber, tanto de carácter científico coma humanístico. Así pois, a proposta didáctica do IES Francisco Asorey consiste no desenvolvemento das diferentes disciplinas de coñecemento (ciencias, física, matemáticas, tecnoloxía, informática, xeografía e historia, filosofía, cultura clásica, música, educación plástica, galego e inglés) a partir das cales os alumnos e alumnas de 3º e 4º de ESO irán achegándose ao apaixoante universo da astronomía, coma no pasado o fixeron os grandes sabios que aportaron luz no camiño seguido polo avance da
nosa sociedade. As actuacións
concretas, co alumnado seleccionado, realizaranse en forma de obradoiros e o resultado dos mesmos, ao igual que no curso pasado, quedará reflectido nunha revista dixital que permite unha gran versatilidade de formatos (texto, fotografía, presentacións, vídeos, son,…). Desde xa fai varios anos no noso centro está en funcionamento unha revista dixital, “A Buxaina” (“http://iesfranciscoasorey.dyndns.org/”), de temática científico-tecnolóxica, na que profesorado, alumnado e colaboradores externos ao centro son os autores dos diferentes contidos editados. Trátase dunha publicación dixital de periodicidade mensual, na cal será creada unha nova canle 5
PROGRAMA PARA A MELLORA DO ÉXITO ESCOLAR 2012/13 (“ASTRONOMÍA”) na que quedará reflectido o traballo realizado polo alumnado seleccionado para este proxecto. Desde as materias propostas irán desenvolvéndose obradoiros que nos permitirán tratar diferentes contidos que terán como finalidade que o alumnado acade
os obxectivos e as competencias
programadas. TÍTULO DO OBRADOIRO
SESIÓNS (3 horas)
Achegamento ao Sistema Solar
2 sesións
Astronomía de posición
Concepción do Cosmos no Mundo Antigo
4 sesións
3 sesións
CONTIDO Adentrándose no Sistema Sistema Solar. “Celestia”: utilización e posibilidades dun planetario virtual. Construción de planisferios celestes. Cálculo de posicións estelares. Práctica co radiotelescopio da NASA dentro do programa PARTNER. Observación Astronómica Parte II Introdución á mitoloxía. Enlaces interesantes sobre mitoloxía. Dicionario mitolóxico. Introdución a un traballo de investigación. Búsqueda guiada de información en Internet e nos principais dicionarios mitolóxicos. Elaboración final do traballo (ppt) con imaxes e textos explicativos, ou ppt cun dicionario mitolóxico. Elaboración de Maquetas sobre as concepcións do Universo
2 sesións
Aplicacións da robótica na exploración espacial
4 sesións
Deseño, construción e programación de modelos robóticos para exploración espacial. Construción de Centro de Control Parte II
“Orffquestando o Espacio”
3 sesións
Elaboración de composicións (música e partitura) musicais en torno á temática do Universo. Gravación (imaxe, son) correspondente.
Astronomía e medición do tempo
2 sesións
Sistemas de coordenadas, tipos de proxección. Parte II
“Canción para outros mundos”
1 sesións
“A través do Universo” Crear, deseñar, promocionar e hospedar a túa
6
2 sesións
1 sesións 4 sesións
Víctor Caamaño Rivas Dep. Bioloxía-Xeoloxía
Magín Gómez Rivero Dep. Física e Química
Belén Trobajo Dep. Grego
Domingo Tabuyo Dep. Xeografía e Historia
Astronomía e Cine
Terra, coordenadas e orientación
PROFESOR/A
Ricardo Paredes Dep. Tecnoloxía Moisés Amado Ana Blanco Dep. Música Raúl Lago Dep. Matemáticas Mª LuÍsa Bruquetas Dep. Inglés
Dificultade para proxectar a superficie plana da Terra. Aplicación destes coñecementos matemáticos á orientación e creación de figuras xeométricas. Parte II Creación de diccionario terminolóxico relacionado cos conceptos astronómicos utilizados nos obradoiros. Achegamento á diferentes Web astronómicas en Inglés Aprender a crear páxinas web cun deseño doado, o teu propio dominio, correo, etc. Aumentar o tráfico, escoller “hosting” e
Ángel Rey Roca Dep. Matemáticas
Suso Bao Dep. Inglés Mª Xosé Carballo Dep. Administrativo
PROGRAMA PARA A MELLORA DO ÉXITO ESCOLAR 2012/13 aprender HTML… Utilización de recursos gratuítos para túa páxina web, por libro de visitas, buscador, álbum de imaxes… Parte II
páxina web
Deseño, gravación e montaxe de vídeos
4 sesións
Obradoiros de gravación e montaxe de vídeos
Jesús Barco, Santiago Rey, Fernando Tomé “Taller Lumiere” (Dep. Vídeo)
Coa realización deste proxecto propómonos acadar as seguintes COMPETENCIAS BÁSICAS: o Comunicación lingüística - Realizar informes escritos dos temas, con corrección, calidade xornalísticas, vocabulario axeitado, etc., empregando diferentes idiomas (castelán, galego, inglés, etc.). o Competencia Matemática - Recoller datos e elaborar táboas e gráficos. - Empregar conceptos matemáticos para definir con maior precisión formas e as súas variacións, tamaños, ritmos, secuencias, magnitudes… o Coñecemento e interacción co mundo físico - Investigar e buscar relacións entre sucesos, fenómenos: causa-efecto, consecuencias, resultados, antecedentes… o Tratamento da información e competencia dixital - Manexar medios dixitais para obter información (textos, gráficos, fotos) aplicable as diferentes temas e proxectos de traballos. - Adaptar a información a un guión de traballo. - Seleccionar fontes e información. - Utilizar distintas ferramentas audiovisuais e multimedia. o Competencia social e cidadá - Traballar en equipo.
7
PROGRAMA PARA A MELLORA DO ÉXITO ESCOLAR 2012/13 - Promover a reflexión sobre temas de interese científico e as súas implicacións na sociedade: investigación, tecnoloxía, problemas do medio ambiente, saúde,... o Competencia cultural e artística - Realizar debuxos, fotografías, vídeos e outras representacións plásticas. o Aprender a aprender - Deseñar proxectos e traballos e levalos a cabo de xeito individual ou en equipo. - Facer traballos onde se apliquen técnicas e coñecementos: procura da información, procesamento, novas metodoloxías, expresión con distintas linguaxes... o Autonomía e iniciativa persoal - Organizar o propio traballo e controlar os resultados. - Elaborar conclusións a partir da análise de datos en diferentes temas. - Promover a autonomía á hora de elaborar un traballo. - Fomentar a autoestima.
C) Recursos humanos: Na medida en que se trata dun proxecto multidisciplinar, para o desenvolvemento dos obradoiros contarase con profesorado pertencente a diferentes departamentos do centro. Consideramos necesaria a realización dalgunha reunión organizativa previa entre o profesorado participante para coordinar o traballo e plantexar unha metodoloxía común. Ademais, un profesor desenvolverá a función de coordinador do programa e terá, entre as súas funcións, a de por en contacto ao profesorado participante, a de servir de enlace entre o profesorado participante e os profesores titores dos grupos aos que pertence o alumnado participante, a do intercambio de información e coordinación co Departamento de Orientación e coa Dirección do centro. Así mesmo, o coordinador, realizará calquera tipo de labor informativa ou de consulta cara aos pais e nais do alumnado participante. Así mesmo, en determinadas ocasións, contarase coa participación de profesorado e/ou persoal especializado na temática a desenvolver para a impartición de determinadas charlas, conferencias ou actividades formativas do alumnado, relacionadas co proxecto... 8
PROGRAMA PARA A MELLORA DO ÉXITO ESCOLAR 2012/13
D) Necesidades de formación do profesorado: Non sería necesaria a realización dunha formación do profesorado de cara a participación neste proxecto, pois o IES Francisco Asorey é un centro educativo onde, tradicionalmente, vense realizando diversas experiencias e proxectos cooperativos entre os plantel docente. E) Recursos materiais: Resultará imprescindible para realizar un normal desenvolvemento do citado proxecto a utilización dunha aula de Informática, dos laboratorios de Ciencias Naturais e Física e Química, Biblioteca, etc., espazos cos que conta o centro e dos cales existe unha total dispoñibilidade. Así mesmo sería necesario contar con dispoñibilidade orzamentaria para a adquisición de diferente material funxible (tecnoloxía, plástica, modelos…). Ademais sería desexable, para obter un maior rendemento didáctico, o poder contar con algún material destinado á observación astronómica (prismáticos e telescopios). Tamén esperamos contar cunha partida presupuestaria adicada aos profesores que impartirán os obradoiros xa que serán fóra do seu horario de traballo (polas tardes). No tocante ao transporte escolar, e contando que nos sexa concedido o programa PROA (implantando neste centro desde xa fai varios anos), faríamos coincidir os horarios para optimizar os recursos, e non ter que aumentar a partida orzamentaria. Ao final do documento aparece recollida unha estimación da partida orzamentaria que sería necesaria para o desenvolvemento do proxecto (tomando como referencia o que se levou a cabo durante este curso). F) Organización pedagóxica: Dado que o obxectivo do plan é o desenvolvemento das capacidades do alumnado, e que dentro delas está a súa capacidade de autonomía, creatividade, etc., a estratexia pedagóxica será o máis participativa posible. Así, os obradoiros terán un profesor que actuará a modo de guía, de xeito que sexa o propio alumnado o protagonista dos mesmos. O profesorado plantexará un problema/proposta de traballo a partir do cal o alumnado, traballando en equipo, deberá dar resposta, investigar sobre o tema, plantexar alternativas, etc. O obxectivo, polo tanto, é que eles mesmos sexan os que marquen o seu propio ritmo de aprendizaxe dun xeito completamente 9
PROGRAMA PARA A MELLORA DO ÉXITO ESCOLAR 2012/13 diferente a como se fai nas clases co grupo ordinario. 4. DESTINATARIOS Os destinatarios serán 15 alumnos/as de 3º e 4º ESO que ao longo dos cursos anteriores mostraran altos niveis de capacidade e de motivación por aprender. O número non será maior xa que dificultaría a metodoloxía a seguir na impartición dos obradoiros, na que se persigue unha actitude proactiva máis que de mera escoita pasiva. Para a selección do alumnado contarase coa seguinte información: - Informes de cursos anteriores e opinións do plantel docente. - Informe do coordinador do programa. - Informe da xefatura de estudos. - Informe do departamento de orientación. - Autorización das familias. - Compromiso do alumnado de participar no programa. 5. NECESIDADES EDUCATIVAS E SOCIOECONÓMICAS DO CONTORNO O plantexamento desta medida ven dado polo grao de aceptamento e éxito desta medida durante o curso pasado e pola inexistencia dunha oferta similar dentro da vila de Cambados. En liña co que ocorre dentro dos centros, si existe unha abundante oferta de clases de apoio, pero non para que este grupo adquira coñecementos “a maiores” dos esixidos no currículo ordinario. Dadas as circunstancias socioeconómicas de moitos deles, resúltalles imposible desplazarse a outras vilas do contorno (como Pontevedra ou Santiago) para adquirir novos coñecementos que de seguro lle resultarían interesantes. A idea, polo tanto, e ofertar unha medida ao seu alcance na que podan adquirir novas habilidades, coñecementos, etc., e desenvolver así todo o seu potencial. 6. ESTRATEXIAS DE COORDINACIÓN ENTRE CENTROS E ADMINISTRACIÓN LOCAL Os logros que se poderían acadar aunando os esforzos dos Institutos públicos de Cambados e a Administración local serían moito maiores que os de cada un por separado. Xa no curso pasado se lle ofertou a posibilidade ao IES Ramón Cabanillas de colaborar no desenvolvemento doa actuación, se ben preferiron agardar a este ano e solicitalo para o seu centro. No entanto, a gran carga de traballo que implica o final de curso imposibilitaron establecer unha serie de reunións tanto co IES Ramón Cabanillas como coa Administración co obxectivo de perfilar un proxecto común pra 10
PROGRAMA PARA A MELLORA DO ÉXITO ESCOLAR 2012/13 o vindeiro curso. Isto non quere dicir que non se conte coa súa colaboración. De feito, entre os obxectivos está facelos partícipes e así mellorar conxuntamente os resultados do proxecto (estas vías de colaboración se traducirían, por exemplo, en alumnado do IES Ramón Cabanillas, profesorado do mesmo, préstamo de recursos materiais por parte da Administración local, organización dalgún tipo de xornada de difusión de resultados, etc.). 7. LOGROS QUE SE PERSEGUEN E INSTRUMENTOS DE AVALIACIÓN DO PLAN Para avaliar os logros conseguidos, plantexaranse 3 avaliacións a partir da avaliación inicial, momento no que se conformarán os grupos. Nestas reunións os membros do equipo directivo, xunto co orientador e coordinador do proxecto avaliarán o desenvolvemento do proxecto a través da información recollida dos profesores, alumnos e familias, introducindo aquelas melloras que, de ser necesario, mellorarían o seu funcionamento. No entanto, estas reunións non serían os únicos momentos de avaliación. Desde o centro consideramos que na medida en que podamos recoller información de todos os axentes implicados no plan, esta será máis enriquecedora para o mesmo. Así, elaborarase un pequeno cuestionario que cada profesor cubrirá despois de impartir o seu obradoiro. Nel recolleranse aspectos sobre o funcionamento do mesmo (adecuación do espazo, nivel de colaboración do alumnado….). Será moi importante tamén deixar un espazo para que eles mesmos sinalen aqueles aspectos que consideran se deberían eliminar ou introducir para mellorar, tanto nos seguintes obradoiros como en programacións futuras. Á marxe da consulta ao profesorado, a consulta coas familias será fundamental. Ao inicio do curso realizarase unha presentación aos pais e nais do alumnado participante para que coñezan perfectamente as características do proxecto no que van a participar os seus fillos e fillas. Ademais desta primeira reunión, están programadas reunións trimestrais coas familias nas que se lle mostrará o traballo realizado e presentará o que se vai desenvolver no período seguinte. Será un momento ideal para intercambiar opinións, resolver dúbidas e/ou plantexar elementos de mellora. Por último, ademais de contar coa información de profesorado e familias, é fundamental recoller a información dos principais axentes do programa, o alumnado. Así, en diferentes momentos do curso cubrirán pequenos cuestionarios nos que se recollan as súas opinións sobre como vai a súa participación no programa, se lle gusta a metodoloxía que se segue, que cambiarían, que consideran que estivo mal, se notan unha mellora no seu rendemento, se se atopan a gusto no programa, etc. 11
PROGRAMA PARA A MELLORA DO ÉXITO ESCOLAR 2012/13
Toda esta información será a analizada nas reunións trimestrais entre coordinador, equipo directivo e orientador. Á marxe destas cuestións, outros momentos de avaliación dos logros conseguidos serán as entrevistas informais que se levarán a cabo durante todo o curso para preparar os obradoiros, co alumnado, etc.
En resumo, a idea deste proxecto é dar resposta a aquel alumnado que, por ser capaz de acadar os obxectivos da etapa por si mesmos, non reciben toda a atención e apoio que deberían, vendo como o seu potencial está, en ocasións, abandonado. Este proxecto, que ao centrarse no mundo da Astronomía permite un enfoque multidisciplinar, favorecería a súa aprendizaxe, o desenvolvemento do seu potencial, a adquisición de competencias básicas, etc. Asemade, o feito de non traballar de xeito individual, senón en grupos, e cunha metodoloxía totalmente diferente a que se emprega nas aulas ordinarias, favorecería o seu desenvolvemento en cuestións persoais, como autoestima, espírito de traballo en grupo, tolerancia, etc., valores tamén moi importantes na educación actual. Por último, é importante destacar a existencia dunha revista dixital (A Buxaina) dentro do centro que permitiría a difusión dos traballos e resultados obtidos durante o desenvolvemento do programa.
Cambados, 4 de xullo de 2012
Asdo. A Directora Mª Luisa Prieto Cendán
12
PROGRAMA PARA A MELLORA DO ÉXITO ESCOLAR 2012/13
Termos provisionais do contrato-programa Compromiso das partes O centro comprométese a: 1. Mellorar o nivel de coñecementos do alumnado de 3º e 4º de Eso para acadar o nivel de excelencia educativa. Esta actuación procurará a inclusión de alumnado de centros próximos. 2. Medidas concretas de actuación: • Creación dun proxecto educativo centrado no mundo da astronomía. • Crear unha canle (“ASTRONOMÏA”) na revista dixital “A buxaina” na que quedará reflectido o traballo realizado polo alumnado seleccionado para este proxecto. • Posta en práctica de obradoiros que permitirán tratar diferentes contidos que terán como finalidade que o alumnado acade os obxectivos e as competencias programadas. Contarase con profesorado pertencente aos diferentes departamentos do centro. • Un profesor desenvolverá a función de coordinador do programa e terá, entre as súas funcións, a de por en contacto ao profesorado participante, a de servir de enlace entre o profesorado participante e os profesores titores dos grupos aos quepertence o alumnado participante, a do intercambio de información e coordinación co departamento de Orientación e coa Dirección do centro. O coordinador realizará todo tipo de labor informativa ou de consulta cara os pais e nais do alumnado participante. Así mesmo en determinadas circunstancias contarase coa participación de profesorado ou persoal especializado na temática a desenvovlver para a impartición de determinadas charlas, conferencias ou actividades formativas do alumnado relacionadas co proxecto. 3. Utilizar os seguintes indicadores para medir o avance do alumnado sobre o que se vai actuar: • Indicadores xenéricos: avaliación final de xuño. • Indicadores específicos. Aumentar a calificación media final,do alumnado participante en 0,5 puntos respecto da súa media anterior. A consellería de Educación e Ordnación Universitaria comprométese a: 1. Constituir a comisión de seguemento do contrato-programa que estará composta por. • Un representante da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación educativa. • Un representante dasDireccións Xeral de Centros e recursos Humanos • O inspector do centro. 13
PROGRAMA PARA A MELLORA DO ÉXITO ESCOLAR 2012/13 • O secretario do centro • Un profesor do centro 2. Gastos de funcionamento
14