Informe do acto de constitución do Clúster Galego das TIC

Page 1

Informe do acto de constituci贸n do Cl煤ster TIC de Galicia - 31 Xaneiro 2008 -


Documentación, S.L.

1. Etapas A). Previa: Recompilación de datos e elaboración da Base de Datos

Para a toma de contacto coas empresas recolleuse información de distintas fontes do sector e organismos relacionados que se foi completando con fontes propias ata a elaboración dun único ficheiro. Tomouse como punto de partida a clasificación de actividades segundo o código CNAE, tendo en conta que a diversidade de actividades produtivas e a intersectorialidade que as caracteriza, fan difícil poder abarcar toda a súa dimensión. A finalidade da base de datos foi a de poder manexar a información das empresas dunha forma máis flexible, así como dun espazo para reflectir os datos obtidos para a posteriori poder sacar conclusións. Previamente ao envío de mailing, realizouse unha rolda de chamadas co que aproveitaba o proceso de verificación de datos para informar ás empresas da constitución do Clúster e da celebración da Asemblea Constituinte o día 31 de xaneiro.

B). Información ás empresas do sector TIC a.

Contactos telefónicos para confirmar os datos da empresa e informalos sobre o envío do mailing e a constitución do Clúster

b.

Mailing: Envío de 837 cartas, cuxo contido constaba de:

-

Información sobre o Clúster: obxectivos, Comisión Promotora e proceso de elaboración

-

Convite ás empresas con indicación dos requisitos para solicitar a adhesión

2


Documentación, S.L.

-

Horario do acto

C). Documentación para a Asemblea Constituinte O día 8 de Xaneiro celebrouse unha última reunión da Comisión Promotora para a preparación da Asemblea Constituinte na que se consensuaron os requisitos documentais a partir dos que se elaborou a seguinte documentación fundacional:

1. Carta de convite para as empresas 2. Carta de convite para as asociacións 3. Horario de constitución 4. Adhesión Socios de Número 5. Adhesión Socios Fundadores 6. Adhesión Asociacións e Colexios 7. ANEXO sobre o Réxime Económico 8. Certificado Asociación TIC Este documentos, xunto cos Estatutos do Clúster, a través da Web da Sociedade da Información, da Dirección Xeral de Promoción Industrial e Sociedade da Información no sitio http://www.sociedadedainformacion.eu/ Actualmente, esta dirección sigue dispoñible xunto con fotos do acto, no enlace http://sociedadedainformacion.eu/actualidade/nova.php?id=838&lg=gal

3


Documentación, S.L.

D). As consultas das empresas A realización do mailing tivo un importante impacto polo interese da iniciativa nas empresas do sector, o que se traduciu nunha intensa demanda de información, tanto por correo electrónico como telefónica, a través dos datos de contacto que se facilitaban na carta convite

 Atención telefónica: A demanda de información consistiron nas seguintes temáticas:

-

Clúster TIC en xeral: que é, para qué, diferencia coas asociacións do sector

-

Composición da promotora

-

Requisitos de adhesión, fundamentalmente os relativos ao emprego

-

Procedemento a seguir para adherirse

-

Documentación a presentar para a adhesión

-

Protestas polo emprego do galego e esixencia de traducción da carta convite (un caso)

4


Documentación, S.L.

2. Recursos para o servicio e atención 

Liñas de teléfono fixas co número de contacto 981 145 810

Dúas liñas de telefonía móbil

Enderezo electrónico dedicados: sabela.iglesias@gmail.com

Recursos informáticos e ofimáticos: ordenadores, Fax, Internet, fotocopiadora, escáner...

Horario de atención 

Oficial: Continuado de 9:30 a 17:30

Real: Aténdense chamadas e se responderon correos ata as 22:00 horas

Recursos Humanos O servicio de atención telefónica (chamadas previas e solicitude de información posteior ao mailing) dispuxo de tres persoas en exclusiva. Debido ao contido especializado de gran parte das consultas, na maior parte dos casos se derivaron a persoa responsábel do proceso de consultoría na elaboración dos estatutos. Debido a que os datos de contacto figuraban na Web unha vez rematado o proceso de constitución, se seguiron atendendo demandas de información, tanto por teléfono como por correo electrónico.

3. Resultados da Asemblea Constituinte A maior parte das entidades asistentes confirmaron a súa asistencia previamente. Con respecto a documentación, moitos remitiron unha copia por correo electrónico da documentación, incluso nalgún caso ata achegaron persoalmente a documentación orixinal requirida. Tras a organización da documentación recollida, tanto nos días previos como na celebración do acto, se poden aportar os seguintes indicadores:

5


Documentación, S.L.

a. Total entidades asistentes: 147 (en moitos casos, dúas persoas por entidade cunha estimación de asistencia preto das 200 persoas) b. Total solicitudes como socios fundadores: 134 c. Total solicitudes como socios número: 9 d. Total Asistentes a Título Informativo: 4 (so se poden contabilizar os casos que confirmaron asistencia e firmaron) Resultado das solicitudes de adhesión a través das asociacións:

-

AETIC-Galicia: 8

-

EGANET: 27

-

INEO: 61

-

AGESTIC: 3

Resumen de asistencias

-

Entidades que firmaron: 122

-

Sen firma: 25

4. Indicadores Datos do mailing

6


Documentación, S.L.

Difusión do Mailing

D e v ol t os 7%

C or r e c t os 93%

Das 61 cartas devoltas, enténdese que a maior parte son empresas que xa non existen aínda poden ser cambios de dirección xa que en tres casos se corresponden con actuais socios fundadores. En outros 3 casos se trataba se sobres que non levaban etiqueta de dirección. Como se observa no gráfico, as devolucións representa unha mínima porcentaxe do total de envíos. É preciso destacar que o proceso de elaboración da base de datos realizouse sen a colaboración das entidades promotoras, que decidiron informar pola súa conta aos seus asociados e aportaron o listado das empresas que solicitaban adhesión o día da celebración da Asemblea. Se ben a meirande parte dos datos destas empresas xa figuraban na base de datos elaborada ad hoc, algúns se incorporaron no proceso de organización da documentación recollida tras a Asemblea Constituinte. Nos seguintes gráficos se detalla a distribución dos envíos por provincia, a tipoloxía dos asistentes e incidencia do asociacionismo nas solicitudes de adhesión como socios fundadores.

Proceso de información por provincias

7


Documentación, S.L.

Difusión por provincias

400 350 300 250 200 150 100 50 0 A Coruña

Lugo

Ourense

Correctos

Pontevedra

Devoltos

Asistentes Asemblea Constituinte Asistentes Asamblea Constituinte

9

Socios Número

4

Título Informativo

134

Socios Fundadores 0

20

40

60

80

100

120

140

160

Incidencia do asociacionismo na integración das empresas como socios fundadores

8


Documentación, S.L.

Asociacionismo nas entidades 70 60 50 40 30 20 10 0 Serie1

AETIC

EGANET

INEO

AGESTIC

8

27

61

5

5. A celebración do acto O acto da Asemblea Costituinte celebrouse en Santiago de Compostela o 31 de xaneiro de 2008 no hotel Puerta del Camino, para o que se dispuxo dunha sala con aforo de 200 persoas e dotada do equipamento técnico de megafonía, audiovisual e conexión wifi. A recepción iniciouse ás 17:00 horas coa firma dos asistentes e recollida de información así como a entrega de documentación sobre o Clúster (carpeta con estatutos e anexo de réxime e proposta económica), libro e CD do Plano Estratéxico da Sociedade da Información e exemplar do xornal “Código Cero” cun especial sobre o Clúste. O acto desenvolveuse en dúas partes: a celebración da Asemblea Constituinte y a presentación da Xunta Directiva provisional. Tras o intermedio do café, que serviu como espacio de relación entre as empresas, tivo lugar a intervención do Conselleiro de Industria. A efectos de arquivo documental, a totalidade do acto foi gravada e entregada en soporte DVD. A gravación realizouse con dúas cámaras a fin de poder realizar unha edición resumida de cinco minutos que servirá para a súa utilización en eventos de

9


Documentación, S.L.

interese e a exposición, nunha resolución máis baixa na Web da sociedade da información e na do Clúster.

6. Algunhas imaxes

10


Documentaci贸n, S.L.

11


Documentaci贸n, S.L.

12


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.