Historia secuenciada curtametraxe “Calcetin(e)s” Sec 1 PABLO camiña polos pasillos de Lamastelle acompañado por un coordinador do centro que lle vai explicando como funciona o sitio. Sec 2 Finalmente PABLO chega ao lugar onde fan as bisagras, e o coordinador pregúntalle se lle parece ben empezar a traballar alí. PABLO dille que si e preséntao ao grupo. PABLO comézase a mostrar demasiado cauteloso co grupo, e empezan a meterse con el ata que se pon nervioso e marcha. Sec 3 PABLO camiña por Lamastelle ata que chega á cociña. Alí atópase con ALBERTO, que está ao fronte dun ordenador. Pregúntalle que fai alí, PABLO preséntase e ALBERTO dille que é o xefe da cociña. CAMBIO DE ROUPA SEMANAS DESPOIS Sec 4-a O grupo recibe a visita dun coordinador que lles trae noticias: Deixan de facer bisagras. Quen llas encargaban decidiran deixar de facer portas normais, e inmediatamente comezarían a prepararse para facer mecanismos de rodas para portas de corredera. A todos parécelles ben porque segue sendo traballo, pero a BRAIS non lle fai ningunha gracia e empeza a poñerse nervioso. Os seus compañeiros pregúntanlle que lle pasa, e entón el cóntalles que cando era pequeno tivo un accidente relacionado coas portas de corredera. Sec 4-b FLASHBACK A historia do crío que pecha a porta e o pai pégase o golpe... Sec 4-c BRAIS deixa o grupo e vaise a falar coa coordinadora para que o cambie a outro posto de traballo.
1 www.informaciongalicia.net Rda. De Outeiro, 269 • Baixo • 15010 A Coruña • Tel. 981 145 810 • ig@informaciongalicia.net CIF: B-15.658.461
Historia secuenciada curtametraxe “Calcetin(e)s” Sec 5 BRAIS chega á cociña, e alí atópase con ALBERTO. Explícalle que pediu que o cambiasen de posto de traballo, pero que non sabe que ten que facer alí. ALBERTO dille que el se encarga de xestionar informaticamente toda a cociña, e pregúntalle se sabe facer algo en concreto. BRAIS dille que non sabe nada de cociña, e ALBERTO indícalle que xa lle atoparán algo que facer. De súpeto entra PABLO na cociña, que vai despreocupadamente cara a onde se atopa ALBERTO. Entón encóntrase con BRAIS, e ambos saúdanse producíndose unha situación tensa. PABLO, moi seco, despídese de ALBERTO e dille que volve noutro momento. Entón este pregúntalle a BRAIS polo sucedido, e el explícalle que PABLO comezou a traballar na súa sección, pero que se empezaron a meter con el por tratalos como parvos e que saíu correndo. ALBERTO dille que é bo tío, que de vez en cando se pasa pola cociña para charlar e facerlle compañía, e que xa lles pasará. CAMBIO DE ROUPA - OUTRO DIA Sec 6 BRAIS chega unha mañá e vai a falar con ALBERTO, que lle empeza a recriminar que nos días que leva traballando na cociña só rompeu cousas e provocou problemas, polo que o manda a atender o mostrador. BRAIS pídelle que non o poña no mostrador, e cando ALBERTO lle pregunta por que non quere estar alí explícalle que se pon moi nervioso ao tratar coa xente. ALBERTO dille que lle da igual e o manda ao mostrador. Sec 7 BRAIS está no mostrador esperando. De súpeto chega un grupo de traballadores que lle empezan a pedir cousas e a meterse con el. BRAIS empézase a poñer nervioso, e bota a correr cara ao interior da cociña, tropezando cun carrito e caendo violentamente ao chan. BRAIS está retorcéndose no chan cando chega alguén xunto a el. BRAIS ve uns rechamantes calcetíns, e acto seguido nota como unhas mans lle collen a cabeza para endereitalo. No momento en que BRAIS tenta ver quen lle está axudando, desmáiase.
Sec 8
2 www.informaciongalicia.net Rda. De Outeiro, 269 • Baixo • 15010 A Coruña • Tel. 981 145 810 • ig@informaciongalicia.net CIF: B-15.658.461
Historia secuenciada curtametraxe “Calcetin(e)s” BRAIS despértase na enfermería. Ao intentar moverse aparece un MEDICO e pregúntalle que fai alí. O MEDICO, con ton desagradable, pregúntalle senón se acorda do que pasou. BRAIS intenta recordar, e consegue visualizar o accidente. O MEDICO empeza a rifarlle por descoidado, pero BRAIS está ensimismado recordando o golpe ata que lle veñen a mente os calcetíns. O MEDICO pensa que delira, e BRAIS explícalle que un ser celestial o axudou con moito agarimo despois do golpe, pero que só recorda os calcetíns e que está seguro de que era unha sinal e que aquela era a muller da súa vida. O MEDICO faille un par de probas absurdas e bótao da consulta dicíndolle que se segue delirando o terá que ingresar. Sec 9 BRAIS volve á cociña. Alí está ALBERTO, que rapidamente lle pregunta como se atopa. BRAIS dille que está ben, pero que agora ten un problema: está seguro de que no accidente lle axudou a muller da súa vida, pero só recorda os seus calcetíns, e pregúntalle a ALBERTO senón víu quenn lle axudou. ALBERTO dille que non, que nese momento estaba no baño, pero que pode intentar velo nunha webcam que ten escondida para ver si alguén rouba comida. BRAIS acúsao de paranoico, pero ALBERTO xustíficase defendendo a súa obriga de velar pola cociña. Poñen o vídeo no ordenador, pero só se ven as pernas. ALBERTO descúlpase e BRAIS vaise a dar un paseo visiblemente desconsolado. Sec 10 BRAIS camiña por Lamastelle durante o descanso da mañá. Vai mirando cara o chan intentando ver os pés da xente, pero é incapaz de divisar nada entre a roupa e o calzado. Camiñando chega ata onde se atopan algúns dos seus excompañeiros do grupo de bisagras. NOELIA invítao a sentarse con eles, e preocúpase polo seu estado despois do accidente. BRAIS pregúntalle se todo o mundo se enterara xa diso, e ALBA dille que si, que ata os coordinadores tiveran que prohibir á xente que imitara a súa caída. BRAIS séntese un pouco molesto, pero dilles que está ben, e logo pregúntalles que tal están no antigo grupo, e como levan o traballo cos rodillos das portas. NOELIA e ALBA cóntanlle que están contentas, pero que o botan de menos e que estaban preocupadas polo seu accidente, e que non entendían porque saíra correndo. BRAIS explícalles que non está cómodo entre tanta xente, que se pon nervioso, e ALBA e NOELIA respóndenlle que debería superar o do seu pai e volver con eles aos rodamentos, que 3 www.informaciongalicia.net Rda. De Outeiro, 269 • Baixo • 15010 A Coruña • Tel. 981 145 810 • ig@informaciongalicia.net CIF: B-15.658.461
Historia secuenciada curtametraxe “Calcetin(e)s” seguro que lle facían oco aínda que xa metesen a outra persoa. BRAIS sorpréndese e pregúntalles se xa o substituíron, e infórmano de que no seu lugar entrara unha rapaza nova chamada LAURA, pero que tiñan moito traballo igualmente. BRAIS dilles que aínda ten que pensalo, despídese e segue camiñando. Sec 11 BRAIS volve á consulta do MEDICO. Este, ao velo entrar, pregúntalle con moi poucas ganas por que está alí, que si se atopa mal ou algo. BRAIS dille que está ben, que só lle doe un pouco a cabeza, pero que quería saber como chegara á consulta. O MEDICO dille que non ten nin idea, que el nese momento estaba fóra e que o chamaron para que fora a atender a un idiota que caera na cociña. BRAIS pregúntalle quen o chamou, e o MEDICO respóndelle en mal ton que non tiña nin idea, que bastante lle fastidiou ter que deixar a partida de mus que estaba botando nun bar. BRAIS vólvelle a insistir preguntando para saber si polo menos era unha voz de home ou de muller, e o MEDICO repítelle que non se enterou ben porque había moito ruído, pero que lle parecía de muller. O MEDICO pregúntalle entón por que tanto interese, e BRAIS explícalle que está seguro que a muller dos calcetíns que o axudara era a muller da súa vida, e que tiña que encontrala. O MEDICO comézase a rir del, e BRAIS insiste, e explícalle que ninguén a víu na cociña, e que a única proba era un vídeo no que só se vían os pés. O MEDICO séguese rindo de BRAIS, pero dille que se tanto interese ten por encontrala entón terá que velos pés das mulleres de Lamastelle para poder averiguar quen é. BRAIS pregúntalle que como pode facer iso, e o MEDICO bótao ao tempo que lle di que con habilidade e paciencia. Sec 12 BRAIS volve ata onde estaban as súas antigas compañeiras, pero alí só queda ALBA. Achégase a ela e pregúntalle por que non está co resto traballando e ela dille que está esperando a que a chame un coordinador porque tiña que consultarlle unhas cousas para preparar unha actividade. BRAIS aproveita entón e empeza a interrogala para ver si consegue que lle ensine os seus calcetíns. ALBA resístese, pero BRAIS segue intentando convencela. De súpeto oése a voz do coordinador chamando a ALBA, que antes de marchar correndo dille a BRAIS que está tolo e que non entende a súa insistencia por querer ver os seus calcetíns.
4 www.informaciongalicia.net Rda. De Outeiro, 269 • Baixo • 15010 A Coruña • Tel. 981 145 810 • ig@informaciongalicia.net CIF: B-15.658.461
Historia secuenciada curtametraxe “Calcetin(e)s” Sec 13 BRAIS vai ata o seu antigo posto de traballo. Alí están NOELIA e LAURA, a súa substituta. NOELIA preséntaos e el séntase a falar con elas. Pregúntalles por que non están traballando nese momento e onde está o resto do grupo, e elas explícanlle que foron ao almacén a por repoestos para seguir traballando. NOELIA pregúntalle se aínda está mal polo golpe, e BRAIS empeza a facerse a vítima, ao tempo que intenta tamén convencelas para que lle ensinen os seus calcetíns. LAURA comeza a sentirse molesta ante a insistencia de BRAIS por verlle os pés, e NOELIA comenta que dende o día en que anunciaron que deixaban de traballar coas bisagras cada día estaba máis raro. BRAIS, avergonzado, deixa entón de intentar verlles os pés, e ao volver o resto do grupo de traballo despídese e volve á cociña. Sec 14 BRAIS está limpando a cociña. Nunha esquina ALBERTO teclea ante o ordenador. Entón chega LAURA, que saúda dende o mostrador. ALBERTO obsérvaa dende o ordenador e BRAIS achégase rapidamente a falar con ela, que lle di que NOELIA lle explicou o do seu pai e que sente que vivise unha experiencia tan dura, pero que ten que superala e que non se pode culpar por iso. BRAIS agradécelle as súas palabras pero explícalle que non é tan sinxelo superalo. ALBERTO entón chámalle a atención dende a esquina para que siga traballando, e LAURA despídese e vaise. BRAIS obsérvaa dende o mostrador e fixa a vista nos seus pés sen conseguir ver os seus calcetíns. Achégase a ALBERTO, que intenta chamarle a atención por estar de cháchara, e BRAIS explícalle que necesita encontrar á muller dos calcetíns, que está obsesionado e ten por seguro de que é a muller da súa vida. ALBERTO dille que está enfermo, pero que si quere facer non pode ir mirando descaradamente, que ten que facelo con coidado e sen que o vexan, escondéndose e utilizando cousas como espellos ou a cámara do móbil. Sec 15 Montaxe de diferentes días nos que BRAIS vai escondéndose ou intentando velos calcetíns das mulleres utilizando diferentes artimañas Sec 16
5 www.informaciongalicia.net Rda. De Outeiro, 269 • Baixo • 15010 A Coruña • Tel. 981 145 810 • ig@informaciongalicia.net CIF: B-15.658.461
Historia secuenciada curtametraxe “Calcetin(e)s” BRAIS chega ao clube e entra na discoteca. Empeza a saudar á xente, pero todo o mundo apártase, e entón párase a música. BRAIS quédase parado no medio da sala, achéganselle NOELIA e ALBA, que o agarran do brazo e o levan para fóra. Sec 17 ALBA, NOELIA e BRAIS vanse a unha esquina, e elas explícanlle que a xente está asustada porque el está moi raro, que o viran espiando os pés das mulleres e non entenden o que fai. El explícalles a historia dos calcetíns, e elas replícanlle que non pode facelo así, que si ten que deixar pasar un tempo ata que descubra quen era pois terá que recoñecer que teñen razón, e elas dinlle que non se preocupe, que dirán aos seus compañeiros que eses días estaba actuando raro polo golpe na cabeza. El dalles as grazas, e elas volven ao baile. De súpeto dende unha esquina ALBERTO chama a BRAIS, que seguía sentado no mesmo sitio. Achégase ata el, e ALBERTO dille que ten unha noticia que darlle. Métense nunha habitación na que ten o ordenador, van ata el, e infórmao de que colocara outra cámara nova para vixíar a cociña. Entón pon un vídeo gravado dende o chan: nel vense unhas sombras, e de súpeto aparecen uns pés cos calcetíns. BRAIS empézase a emocionar ao velos porque recoñece que son os do seu accidente, pero só se ven os pés. Entón a persoa comeza a camiñar cara o interior da sala e vaíselle vendo máis corpo. BRAIS esta cada vez máis emocionado, e ALBERTO recoméndalle que se calme e espere. A figura segue afastándose, e entón vese que é PABLO. BRAIS quédase pampo, incapaz de entender nada. Pregúntalle a ALBERTO, pero este dille que tampouco entende nada, que vira o vídeo esa mañá, pero indícalle que víu a PABLO pola sala de monitores e anímao a que vaia a preguntarlle a el. BRAIS érguese e vaise cara alí. Sec 18 BRAIS entra na sala de profesores. PABLO deixa a revista que está lendo e o saúda. BRAIS achégase ata el contrariado, dille que víu ese vídeo e que quere explicacións. PABLO está visiblemente avergonzado, pero cóntalle que é unha persoa moi nerviosa e insegura, e que cando necesita relaxarse venlle moi ben camiñar descalzo un anaco. BRAIS sorpréndes e infórmao de que iso non é moi normal, e PABLO dalle a razón e confesa que por iso procura facerllo a escondidas, para que ninguén o mire mal, porque sabe que non é sinxelo de entender. BRAIS entón pregúntalle se foi el quen o axudou o 6 www.informaciongalicia.net Rda. De Outeiro, 269 • Baixo • 15010 A Coruña • Tel. 981 145 810 • ig@informaciongalicia.net CIF: B-15.658.461
Historia secuenciada curtametraxe “Calcetin(e)s” día do accidente e PABLO dille que si. BRAIS trasnmítelle entón a súa tristeza ao descubrir que en realidade non estaba buscando á muller da súa vida. PABLO trata de desculparse, pero BRAIS dille que non se preocupe, que el en realidade só lle axudou e que lle estaba agradecido. Entón vaise da sala de monitores. Sec 19 BRAIS sae á rúa e quédase mirando ao ceo. De súpeto oése un ruído de moto, e vese aparecer unha ao lonxe. O motorista chega ata onde se atopa el, détense, apaga o motor e saca o casco, descubrindo BRAIS que era o seu. El non o entende, porque tería que estar morto despois do accidente coa porta, e o seu PAI explícalle que si, que está morto, pero que viñera a velo porque sabía que o estaba pasando mal. BRAIS intenta desculparse polo accidente, pero o seu PAI córtao dicíndolle que non foi culpa súa, senón da porta, que ten que superalo e volver a súa vida libre de sentimento de culpa. Logo dille que veu a velo porque sabía o do seu accidente, e tamén que estaba buscando á muller de súa vida aínda que finalmente non o era. BRAIS reconócelle que está moi triste por iso, pero o seu PAI dille que non se ten que preocupar, que eses días fora moi feliz buscándoa e crendo que encontrara o amor, e que agora o que ten que facer é seguir buscándoo, que así seguirá sendo feliz e algún día o encontrará. BRAIS séntese máis tranquilo ante as palabras do seu PAI, e este infórmao de que ten que seguir o seu camiño. BRAIS dille que non quere que se vaia, pero o seu PAI respóndelle que el non pode quedarse, aínda que sempre o seguirá vixiando para que todo vaia ben. Vólvese a poñer o casco, arrinca a moto e vaise. BRAIS veo afastarse, e cando o perde de vista vólvese cara a porta de ASPRONAGA, ve mulleres movéndose polo patio e volve a entrar. Feliz.
7 www.informaciongalicia.net Rda. De Outeiro, 269 • Baixo • 15010 A Coruña • Tel. 981 145 810 • ig@informaciongalicia.net CIF: B-15.658.461