Quen dixo medo?

Page 1

BIBLIOTECA DO IES SANTIAGO BASANTA SILVA. CURSO 2016-17


BIBLIOTECA DO IES SANTIAGO BASANTA SILVA. CURSO 2016-17


QUEN DIXO MEDO? Arrepíos e outros medos Xosé Miranda e Antonio Reigosa Este libro, que recolle cen historias de terror e fantasmas tiradas da tradición oral galega, ten como fío condutor a presenza do medo, unha das emocións primixenias e máis fortes do ser humano. Lendas onde están presentes lobos, bruxas, demos e trasnos, homes do saco, ánimas fantasmas e outros terroríficos individuos que teñen por función advertir dos riscos que se poden correr en determinados lugares, sexan camiños perigosos, fragas e bosques ou evitar a posible mala influenza de determinadas persoas.

El tesoro del cementerio. Bat Pat 1 Roberto Pavanello Unha noite, no vello cemiterio, vin a un encapuchado de aspecto moi sospeitoso. Despois de pensalo un par de segundos, cheguei á conclusión de que só tiña dúas posibilidades: esfumarme inmediatamente ou lanzarme de cabeza cara ao perigo! Sabeis cal das dúas elixín?

Brujas a medianoche. Bat Pat 2 Roberto Pavanello Sons e ultrasóns! A malvada bruxa Amanita raptou a Rebecca e quere convertela... na súa nova aprendiz! Sorte que a Martin, a Leo e a min ocorréusenos unha idea (un pouco aloucada) para rescatala e conseguir que todo volva á normalidade. Cruzade os dedos...!!!

Los caminos del miedo Joan Manuel Gisbert Catro relatos que mostran a insidiosa e, ás veces, devastadora influencia do medo cando invade o pensamento, enturba a vida e escurece a razón: Un misterioso edificio de Anveres do que se din cousas extraordinarias; uns lúgubres mensaxeiros que anuncian a chegada da morte; o poder cativador duns ollos de cristal ou a historia do cabaleiro Hans de Turingia son algúns dos camiños polos que o medo se apodera dos personaxes desta obra.

BIBLIOTECA DO IES SANTIAGO BASANTA SILVA. CURSO 2016-17


QUEN DIXO MEDO? Cando petan na porta pola noite Xabier P. DoCampo Catro relatos de misterio que Docampo adica ós seu pais, dos que di que foron grandes contadores de contos. Son historias que cando as lemos, parece que as estamos escoitando, o cal fai que o noso medo vaia en aumento e ademais poden facer lembrarnos os nosos medos que criamos especiais: aquela carballeira chea de sombras, o vento que abanea os salgueiros, a neve que nos chamaba a andar e ía borrando as nosas pisadas co risco de perdernos, a brétema que non nos deixa enxergar que seres se ocultan... Carmilla Joseph Sheridan Le Fanu A historia ten lugar en Styria onde Laura, a nova narradora, vive nun vetusto castelo co seu ancián pai e uns poucos serventes. Carmilla aparece por primeira vez en escena cando Laura conta con tan só seis anos. Tras durmirse nos brazos de Carmilla, esperta sobresaltada ao sentir dúas agullas cravándoselle no peito. A súa neneira e o ama de chaves, que entraron na habitación ao escoitar os seus berros, non atoparon a ninguén nin marca algunha no seu peito. Carmilla reaparecerá trece anos despois, cando a carruaxe no que viaxa xunto coa súa elegante nai ten ou simula ter un accidente preto do castelo de Laura, e Carmilla debe quedar para recuperarse.

Carnacki, el cazador de fantasmas William Hope Hodgson Este libro contén nove contos sobrenaturais de detectives cuxo protagonista é Thomas Carnacki. Este vive en Chelsea, fuma en pipa e ten o incorrixible costume de convidar a cear sen previo aviso aos seus catro amigos, Jessop, Arkright, Taylor e Dodgson, o narrador. Relaxados tras a cea, Carnacki relata aos seus atónitos convidados a súa última aventura contra as forzas do máis aló. As súas armas: un pentáculo máxico, antigos rituais de libros ocultistas...

Contos de fantasmas Walter Scott et al. Que as fantasmas existen, cando menos na literatura, é cousa ben sabida desde hai séculos. Os contos seleccionados neste libro preceden dalgúns dos grandes escritores do século XIX, como Walter Scott, Dickens, Poe ou Henry James, e dos máis sobranceros especialistas no xénero do terror: Bram Stoker, Le Fanu ou Charlotte Riddell. Así ata unha ducia de relatos que son outras tantas visións -inquietantes, aterradoras ou humorísticas- sobre eses estraños seres que non dan morto de todo.

BIBLIOTECA DO IES SANTIAGO BASANTA SILVA. CURSO 2016-17


QUEN DIXO MEDO? Contos de medo no museo. Aleixandre, Marilar et al. Os textos deste volume teñen en común como territorio de ficción o propio Museo Provincial de Lugo. Están escritos por Marilar Aleixandre (O botón encarnado), Fina Casalderrey (Sangue de gato negro , Xosé A. Neira Cruz (O anel dos destinos cruzados) e Antonio Reigosa (O pozo dos desexos . As ilustra ió s de Javier Huerga Gar ía tra s ite o desacougo polo que transitan a maioría dos protagonistas destes relatos.

Drácula Bram Stoker A acción transcorre fundamentalmente en Transilvania, unha rexión do Leste europeo, crisol de diversas culturas -romanesa, húngara, eslava e xitana- e terra abonada para fenómenos tan horribles como o vampirismo... Drácula, o morto vivente, reina na noite e busca ás súas vítimas para succionarlles o sangue. Sente desexos eróticos e axexa ás mozas fermosas para vampirizalas. Espía os soños, aparece en calquera lugar e exerce unha diabólica fascinación... O conde Drácula é un fenómeno inmortal.

O escaravello de ouro e outros contos Edgar Allan Poe Con sete dos contos máis coñecidos do escritor norteamericano, este volume penetra neses terreos do misterio e das tebras onde Edgar Allan Poe soubo crear maxistralmente unha atmosfera enrarecida e un espírito dominado pola angustia e o terror que tanto caracterizan a súa prosa. Poe, loubado por escritores como Baudelaire, foi un amante da beleza e da perfección, e fixo da súa vida un reflexo da súa obra..

Frankenstein o El moderno Prometeo Mary W. Shelley Cando Mary Shelley publicou "Frankenstein" tiña vinte anos e era a súa primeira novela, e fíxoo ocultando o seu nome, un procedemento habitual na época. Nada facía augurar que aquela novela adolescente puidese converterse nun mito contemporáneo. Nalgún momento da última década do século XVIII, un estudante chamado Victor Frankenstein, interesado polas ciencias naturais, concibiu a posibilidade de crear un ser humano a través do descubrimento da orixe e o funcionamento do principio da vida. A criatura que finalmente logrou compoñer resultou monstruosa e, ao mesmo tempo, terriblemente lúcida.

BIBLIOTECA DO IES SANTIAGO BASANTA SILVA. CURSO 2016-17


QUEN DIXO MEDO?

El fantasma y el ensalmador John Sheridan Le Fanu Ao revisar os papeis do eu respe tado e apre iado a igo Fra is Purcell, que ata o día da súa morte e por espazo de case cincuenta anos desempeñou as arduas tarefas propias dun párroco no sur de Irla da, atopei o do u e to ue prese to a o ti ua ió . (Joh “heridan Le Fanu)

Gárgola Carlos Vila Sexto Unha novela de terror na que o realismo da ambientación convive coa presenza do sobrenatural e o inexplicable. Jeremy ten un mal soño que volve unha e outra vez, un horrible pesadelo que está a indicarlle algo. A súa nai morreu en circunstancias estrañas, ao igual que varios amigos do seu pai. Que foi o que ocorreu? Cal é o significado dos seus atroces pesadelos? Quen é ese ser sen rostro que o aborda pola rúa e lle fala do seu pasado? Jeremy vai emprender unha investigación que rematará converténdose nunha dolorosa viaxe cara ao medo.

The Legend of Sleepy Hollow (Versió ili güe a reviada e si plifi ada Washington Irving Ichabod Crane é un mestre pouco agraciado que chega a Tarrytown, en Sleepy Hollow. O seu antagonista é Bran Bones, un groseiro, que é tamén o seu rival no amor de Katrina Van Tassel, filla única dun adiñeirado terratenente. Ichabod cre alcanzar a gloria o día en que Van Tassel o vídalle a u ha festa o seu astelo ... pero o ue o sa e é ue o que aí lle espera é a condenación, pois nos bosques encantados desa rexión vaga o espectro do xinete sen cabeza.

As mans do medo Xosé Miranda Desde o primeiro día que puxo os pés na casa da praia comezaron a sucederlle dúas cousas que, aparentemente, parecían non estar relacionadas: empezou a proerlle, arderlle a man esquerda e comezou a pensar de xeito compulsivo en cambiar de lugar o pozo negro. Máis tarde, notou que os dedos perderan sensibilidade e foi quedando abraiado pola súa torpeza cando cavaba un foso no Cemiterio das Pedras Brancas, onde atopará unha caixa dourada que atesoura unha man. Unha man humana, enteira, perfecta, viva...

BIBLIOTECA DO IES SANTIAGO BASANTA SILVA. CURSO 2016-17


QUEN DIXO MEDO? Co medo nas mans Xosé Fernández Ferreiro Neste conxunto de relatos, atoparás case todo o acervo narrativo tradicional: ánimas en pena, o lobo, encantos, serpes, a estadea, nunhas historias contadas co sabor inxenuo e marabillado dos contos referidos a carón do lume nas lareiras aldeanas. Non todos os contos pertencen á tradición popular. Especialmente dous deles, lévannos a outros mundos distintos: ao medieval (A morte de Orlando) e ao dos robots, dos centros de investigación espacial (A estraña historia de Dolores)

El miedo Turgénev, Iván Un relato das vicisitudes que sofre un cazador que ten que viaxar a unha poboación próxima en busca duns cabalos. O cocheiro que aluga, di coñecer ben o camiño, pero no traxecto atópanse cun grupo de rufiáns que lles piden diñeiro para poder saciar a súa sede de alcol. O protagonista satisfai a súa demanda e os fuxidos desaparecen pero volve topar con eles nunha pousada onde descobre o perigo do que por sorte librouse...

Los mejores relatos de terror llevados al cine Juan José Plans Unha antoloxía de clásicos da literatura e do cinema que deixaron unha pegada profunda nos dous xéneros. Os relatos de terror gótico (El ladrón de cadáveres, El gato negro e La familia Vurdalak) xogan con escenarios de ultratumba, animais demoníacos e vampiros. Os de terror cósmico (Los pájaros, La sinera e La Mosca expoñe u s pro lemas colectivos nuns escenarios cotiáns ou, polo menos, non tan topicamente terroríficos.

Los mejores relatos fantasmagórico Juan José Plans Unha selección de relatos onde as pantasmas son os auténticos protagonistas: o dunha anciá señora, o dun prestixioso músico que non pode deixar de deleitar aos fregueses nin tras a súa morte, a pantasma dun home que cae na desesperación e na apatía tras trescentos anos de irreprochable traballo, ou o dun gardavía que avisa dun terrible perigo.

BIBLIOTECA DO IES SANTIAGO BASANTA SILVA. CURSO 2016-17


QUEN DIXO MEDO? Mil y un fantasmas I e II Alejandro Dumas Cando Dumas vai de cacería á vila de Fontenay escoita unha conmoción na porta da alcaldía. Un home pide ser apresado porque acaba de asasinar á súa esposa, e que o acompañen á súa casa para que vexan a proba. Dumas e outros máis van con el. O home di que logo de cortar a súa cabeza esta xirouse e comezouno a reprender. Dumas accede á petición do alcalde de ser testemuña no xuízo. Para pasar o tempo o alcalde convídao a cear con outros amigos. Discútese o feito de que unha cabeza siga viva logo de ser separada do corpo, entre os asistentes hai un doutor escéptico, polo que deciden contarlle experiencias que coñecen para demostrarllo. Cada invitado empeza entón a contar a súa historia. Noche en la Torre del Terror R.L. Stine Encerrados e sen posibilidades de escapar! Sue e o seu irmán Eddie están visitando Londres cando xorde un pequeno problema. Non poden atopar ao grupo de turistas co que estaban. Aínda así non hai por que asustarse, non hai forma en que o seu guía simplemente os abandonase completamente sós nunha vella e espantosa torre de prisión. Non hai forma de que quedasen encerrados. Cando se pon escuro empézanse a escoitar sons crepitantes e móstrase unha escura figura que os quere... mortos. A pantasma de Canterville e outros contos Oscar Wilde O conto que lle dá título a este volume de narracións, é, ademais dunha historia de pantasmas, un intelixente estudo de carácter dos membros dunha familia norteamericana e das súas reaccións ante as aparicións nocturnas do espectro de Sir Simon de Canterville. Os outros contos, O rei novo, «O xigante egoísta, O rousinol e a rosa, O Príncipe Feliz e O crime de Lord Arthur Saville, está ti guidos du fo do liris o do que agroma unha promesa de esperanza e de solidariedade entre os seres humanos.

A pantasma telefónica Xabier A. Barreiro Liz Agora sabían o xeito de localizar a pantasma e poderán tentar illala. Só ue… algo o esta a a ar har o o esta a previsto, xa ue pou o a pouco a mensaxe da pantasma foi tomando forma de novo no móbil e na computadora de Xulia, e non só iso, senón que a mecha da candea o for a de dragó o ezou a arder se ue i gué a to ara…

BIBLIOTECA DO IES SANTIAGO BASANTA SILVA. CURSO 2016-17


QUEN DIXO MEDO? Parque Muerte Fernando Lalana Eufemiano Cordiales, asesor de imaxe e xefe de prensa da multinacional armamentística española Pistolas y Proyectiles, S. A, propuxo crear Parque Muerte para mellorar a mala imaxe da empresa atraendo a nenos e familias. Segundo el, aos nenos fascínalles a morte e todo o que teña que ver con ela: os zombis, as funerarias, as autopsias... Todo funcionou segundo os seus plans ata que se produciu unha situación inaudita e aterradora, que ocultaron á opinión pública e que podía dar ao traste cos plans dos seus propietarios. Entón decidiron contratar a un detective privado. Los piratas fantasmas William Hope Hodgson Ansioso por volver a casa, Jessop accedeu a partir a bordo do Mortzestus, un veleiro de tres paus, sobre o que existían numerosos contos. E é que as continuas tormentas que lle azoutaban e a excesiva cantidade de veces que atopaba mal tempo aumentaron a súa fama. Con todo non eran estes os únicos sucesos que pesaban sobre o singular barco; conta a lenda que algunhas veces, á noitiña, podían albiscarse na cuberta e no alto da arboradura, unhas misteriosas sombras, unhas sombras fantasmais, confusas e estrañas, que en máis dunha ocasión levaran á morte á aterrada tripulación

El secreto del hombre muerto Joan Manuel Gisbert Un cadáver desaparece misteriosamente na cidade das canles. O mozo Luca vese involucrado nunha escura trama, tras a que se oculta un importante segredo. Pescudalo poñería en perigo a súa vida. O segredo do home morto, un magnífico relato onde a intriga e o misterio únense, no incomparable marco dunha fermosa cidade do século XVIII.

The Strange Case of Dr Jekyll and Mr Hyde (Versió a reviada e si plificada) Robert Louis Stevenson Nos seus cadernos, o Dr. Jekyll confesa que na súa mocidade conseguiu unha poción que lograba transformar a unha persoa nun só dos seus polos opostos. Así, cada vez que Jekyll tomaba a poción, se metamorfoseaba en Hyde, un verdadeiro asasino e misántropo. Un día, Poole, o mordomo do Dr. Jekyll, asegura que alguén matou a este tras entrar no laboratorio. En realidade, o cadáver que atopan é o de Mr. Hyde, que se suicidou. Mentres, o Dr. Jekyll desapareceu.

BIBLIOTECA DO IES SANTIAGO BASANTA SILVA. CURSO 2016-17


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.