Banda deseñada 3

Page 1

BANDA

DESEÑADA

BIBLIOTECA DO IES SANTIAGO BASANTA SILVA. CURSO 2016-17


BANDA DESEÑADA 3 Agustín de Betancourt: Un ingeniero canario universalCarmen del Puerto Varela En 1978, científicos rusos descubriron entre Marte e Júpiter un asteroide duns 10 quilómetros de diámetro. Foi bautizado co nome de Betankur, o primeiro obxecto do noso sistema solar que rendía tributo a un canario: o enxeñeiro Agustín de Betancourt e Molina (Tenerife, 1758-San Peterburgo, 1824). Quen foi Agustín de Betancourt? Por que é tan importante para os científicos rusos? Descobre neste cómic a un dos creadores da enxeñería moderna para o que non existiron fronteiras intelectuais nin tampouco físicas.

Banda BD Concello de Pontevedra VV.AA. Libro a modo de catálogo coas obras gañadoras e os accésits do Co u so de a da deseñada idade de Po teved a .

Blankets Craig Thompson Criado na América profunda de Wisconsin, Thompson a súa infancia e adolescencia. Canso do autoritarismo paterno e dos abusos vividos na escola, Craig refúxiase no debuxo, un"pracer frívolo"do que os seus educadores esfórzanse en apartalo. O seu sentimento de culpabilidade alcanza o límite cando coñece a Raina nunha colonia de vacacións parroquial e namórase perdidamente dela. A férrea disciplina cristiá en que foi educado cambaléase.

Chocolate amargo Mirjam Pressler Historia dunha adolescente cohibida co seu físico, angustiada por un pai autoritario, afastada dos seus compañeiros de instituto... Os problemas dunha rapariga de quince anos que, como moitas outras, está chea de inseguridades e medos, aos que debe enfrontarse con todas as súas forzas. Atoparémonos cos pasos que a moza Eva dá na súa aprendizaxe cara á idade adulta, cara ao momento de aceptarse a si mesma como unha persoa con virtudes e defectos.

BIBLIOTECA DO IES SANTIAGO BASANTA SILVA. CURSO 2016-17


BANDA DESEÑADA 3 Cortomaltés en Siberia Hugo Pratt Aínda que a guerra en Europa terminou, o continente asiático segue en pé de guerra: soldados checoslovacos rebélanse contra bolxeviques rusos, tropas aliadas desembarcan en Vladivostok, Señores da Guerra pelexan na Manchu ia… Me t es ta to, Cu to Maltés e Rasputí , o ladrón aventureiro, perseguen un estraño convoi que percorre a ruta do ferrocarril transsiberiano e que contén o tesouro do tsar.

El arte de volar Antonio Altarriba, Kim O 4 de maio de 2001 o pai de Antonio Altarriba suicidouse. Desa maneira poñía fin a unha vida marcada polo fracaso e a frustración. Do mesmo xeito que outro moitos homes e mulleres do pasado século tentou construír un mundo máis xusto e a Historia deulle as costas, quixo voar coas ás da ilusión e acabou estrelándose. Da súa man percorremos as penurias da España de principios de século, a guerra civil, o exilio, os campos de concentración, a resistencia contra os alemáns, o mercado negro, o desenvolvismo, a chegada da democracia...

El caso Sorge. Un espía de Stalin en Tokio Isabel Kreitz Narración con gran fidelidade histórica da lenda do doutor en Ciencias Políticas Richard Sorge, socialista convencido que exerceu como xornalista alemán e espía para o réxime de Stalin na China e o Xapón entre 1933 e 1941. Un home que cambiou o curso da guerra, pero que podería cambiar o curso da historia se o ditador soviético non ignorase os seus informes.

El príncipe que todo lo aprendió en los libros Jacinto Benavente Peza teatral onde se enfrontan as mentiras dos contos coas verdades da ciencia. O argumento é a viaxe de aprendizaxe que o Príncipe Azul, lector voraz, realiza mesturando, como Don Quixote, a realidade cos contos. Ao longo dos dous actos da obra irase atopando con seres reais aos que confundirá con personaxes de ficción. Da clarificación destes encontros e tamén das súas lecturas extraerá o coñecemento para resolver os problemas que se lle presentan.

BIBLIOTECA DO IES SANTIAGO BASANTA SILVA. CURSO 2016-17


BANDA DESEÑADA 3

El señor Jean: Vivamos felices sin parecerlo Berberian Dupuy Jean foise dando de conta de que crecer significa algo máis que cumprir anos, e que chega un momento na vida en que non se poden eludir os compromisos nin as responsabilidades. Por iso, cando Cathy lle pide que dean un paso adiante na súa relación, Jean deberá tomar unha decisión que lles fará vivir felices sen parecelo.

El viaje de Darwin José Fonollosa O 27 de Decembro de 1831, o HMS Beagle partiu do porto de Plymouth. Entre a súa tripulación atopábase un mozo Charles Darwin. Durante cinco anos, o bergatín deu a volta ao mundo, o que permitiu ao naturalista crear a base na que sustentou a súa teoría da evolución das especies O autor recrea unha das etapas máis importantes na vida de Charles Darwin, nun apaixonante relato de aventuras que nos mostra o fin do mundo ancorado nas crenzas relixiosas e o inicio da era da ciencia.

Érase una vez en el futuro Carlos Giménez Os catro relatos que compoñen este libro de ciencia-ficción (Los verdugos, El misionero, Aquí base Sahamis llamando a 'Jessie' e Agonalia) están cheos de denuncia social nuns mundos futuristas e, ao mesmo tempo, verosímiles e emocionantes. O paradoxo é que o devir do futuro podería ser o mesmo e o destino cumprirse, para ben ou para mal, aínda que fósemos doutra forma.

Es domingo cada día Charles M.Schulz Un café, unhas torradas ou un croissant, o xornal e toda a mañá por diante. Poucos momentos son tan pracenteiros como o almorzo do domingo, un momento marabilloso en que a vida se detén e do cal xeracións e xeracións de persoas de todo o mundo gozaron en compañía das aventuras de Carlitos e Snoopy, e do resto da cuadrilla: o entrañable Woodstock, Lucy, Linus, Patty... Esta antoloxía, que reúne as mellores tiras dominicais de Charles M. Schulz, conmemora o 65 aniversario deste gran fito da cultura popular.

BIBLIOTECA DO IES SANTIAGO BASANTA SILVA. CURSO 2016-17


BANDA DESEÑADA 3 Fragmentos de la enciclopedia délfica Miguelanxo Prado A narración propón unha hipotética historia da humanidade nos próximos 10.000 anos, rexida polo aparente principio de que a evolución do ser humano continúa a pesar dos tremendos erros que constantemente -e dramaticamente- comete. Prado crea unha visión utópica e negativa do futuro, típica do cómic dos 80.

Frankestein Sergio A. Sierra e Meritxell Ribas Unha adaptación ao cómic do clásico da novela gótica escrito por Mary W. Shelley. Unha historia en torno ao sentimento de soidade e a necesidade de aceptación, que fala ademais dos nefastos resultados dunha ambición desmedida. A narración mantense fiel ao orixinal e nesta edición destaca, sobre todo, a proposta gráfica elaborada coa técnica do grattage, que coa súa aparencia de relevo reforza a recreación dunha atmosfera marcada pola escuridade e o frío (no exteriores pero tamén no interior dos personaxes), na que os maiores matices descóbrense nas miradas dos protagonistas.

Garfield nº 1 Jum Davis Este é o primeiro tomo das obras completas de Garfield, no que o famoso gato zampa lasañas, persegue a cans, desquicia a un carteiro, ri, quéixase, refunfuña, araña ao seu dono e moitas cousas máis. A introdución proporciona ao lector valiosos detalles sobre o autor da serie, a súa creación, ese gato gordo, folgazán e filosófo e os seus amigos e inimigos.

Jérôme K. Jérôme Bloche .As figuras de papel Alain Dodier A mansión do barón Verville ten pasadizos secretos, personaxes tolos e nos armarios todo o necesario para cometer un crime perfecto. O barón desapareceu - xusto despois de pedirlle auxilio a Jérôme. Mais o detective descobre que o castelo está lonxe de estar abandonado.

BIBLIOTECA DO IES SANTIAGO BASANTA SILVA. CURSO 2016-17


BANDA DESEÑADA 3

Las mil y una noches (El manga) Anónimo Hai poucos libros tan coñecidos no mundo como Las mil y una noches, unha recompilación de contos e lendas do Oriente Medio medieval narrados pola bela Scheherezade co fin de entreter ao sultán Shahryar e evitar así que mandase decapitala

Las pequeñas y grandes fábulas de Sofíos Michel Piquemal Sofíos é un ancián mestre filósofo que inventa infinidade de fábulas cargadas de humor para os seus novos pupilos. Impregnadas do sabor de distintas culturas, estas sesenta historias inéditas fan que nos prantexemos que sentido damos na actualidade ás nocións de liberdade, de respecto ás leis, de amizade, de diferenza ou do destino

Manuel Montano. El manantial de la noche Fernando Luna y Miquelanxo Prado Manuel Montano naceu como serial radifónico, e foi Prado o encargado de levar as aventuras deste peculiar detective ás viñetas. Manuel Montano é un detective que deambula polas rúas da súa cidade coa va esperanza de gañarse o pan e conseguir algo de felicidade.

Mayor Fatal 1. El garaje hermético Moebius Un dado, planos, unha maqueta do ziguri, 52 cartas, 12 figuras e uns xogadores que respecten a norma. Jerry Cornelius desapareceu nas páxinas de Métal Hurlant e hai que atopalo antes que o Maior. Un xogo de sociedade onde cada xogador dispón dun plano para avanzar nun labirinto con niveis interconectados. Prohíbese interferir no percorrido dos demais e será exterminado se o fai. Se o xogo tivese que prolongarse durante varios anos, permítese buscar a saída...Xogas?

BIBLIOTECA DO IES SANTIAGO BASANTA SILVA. CURSO 2016-17


BANDA DESEÑADA 3 No hay tiempo para jugar. Relatos de niños trabajadores Sandra Arenal Cincuenta breves historias de vida de nenos e nenas traballadores da cidade mexicana de Monterrey. A socióloga Sandra Arenal realizou numerosas entrevistas a nenos, e recompilou algúns destes testemuños que nos mostran a cara máis fea do mundo, a que nunca queremos ver: nenos e nenas sen infancia e con responsabilidades de adultos, obrigados a traballar nas peores condicións, exercendo duras tarefas a cambio dun magro salario para manter ás súas familias, para custearse os estudos ou sinxelamente para sobrevivir.

O regreso do caralludo Sr Mundo Juan Junquera e Nathan Carter A zona centro de Macrópole, berce da superheroicidade, sofre o impacto dun obxecto voador sen identificar e dispáranse todas as alarmas. É a hora de interviren os superheroes que aínda seguen en activo.

Os cosmonautas do futuro Lewis Trondheim Gil e Ma ta so dous e os apa e te e te o ais… só ue u pou o obcecados polos xogos de vídeo! Para Gil, todos os nenos son extraterrestres. A proba: ten un ordenador para recibir instrucións. Para Marta, todos os outros nenos son robots. A proba: cando ela só belisca, ten estímulos externos que os obrigan a gritar para acreditar que son humanos. Pero Gil non é robot: el non berra cando Marta o belisca. E Marta non é unha extraterrestre: ela non ten ordenador! O que significa que eles están feitos, case, o un para o outro e que deben unir esforzos para combater os invasores terrestres.

Os lobos de Moeche Manel Cráneo A través da aventura de Martín, un adolescente que vive no rural do século XV, viaxamos ao contexto da Baixa Idade Media en Galicia e descubrimos as famosas Revoltas Irmandiñas, polas que os campesiños galegos derrocaron máis de 140 fortalezas en Galicia nunha loita contra o poder establecido e os abusos dos señores feudais.

BIBLIOTECA DO IES SANTIAGO BASANTA SILVA. CURSO 2016-17


BANDA DESEÑADA 3

Palestina: en la Franja de Gaza Joe Sacco En clave xornalística, o autor preséntanos os resultados da súa viaxe e estancia en Israel durante seis meses a principios dos anos 90, nun intento de desentrañar a orixe do conflito xudeo-palestino.

Relatos de Poe Denise Despeyroux Adaptación á novela gráfica de tres contos do clásico Edgar Allan Poe: El escarabajo de oro, El método del doctor Alquitrán y el profesor Pluma e El hundimiento de la casa Usher. A ilustración engade un toque de modernidade ao contido, xa que provén do mundo da publicidade e a prensa. Algo máis fresco e atrevido para un clásico da magnitude de Poe, contado a través dun estilo que conserva a esencia do estilo do autor orixinal e combinándoo co impacto deste tipo de ilustración.

Stratos Miguelanxo Prado Unha reflexión traxicómica, con aparencia de ciencia-ficción, sobre os aspectos máis absurdos da nosa sociedade, marcados polo capitalismo, o consumismo e os estratos sociais. Un verdadeiro quebracabezas de xentes curiosas, ineptas, descontentas, incautas ou arrogantes, todo un catálogo da natureza humana nun compendio de historias curtas.

Todo Paracuellos Carlos Giménez Reflicte vivazmente -e baseándose na experiencia do autor- o clima e as leis da educación que recibían os orfos da posguerra española. A fame, a soidade, os mestres, os sacerdotes e monxas e as súas rancias doutrinas. Tamén o lado máis luminoso do mundo da infancia, que tentaba sobrepoñerse a tanta penuria e tanta tristeza.

BIBLIOTECA DO IES SANTIAGO BASANTA SILVA. CURSO 2016-17


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.