RECOMENDACIÓNS DO DEPARTAMENTO DE MATEMÁTICAS. CURSO 2015-16. 1º E 2º DE ESO Los diez magníficos. Un niño en el mundo de las matemáticas Anna Cerasoli Filippo, máis coñecido como Fío, é un neno con moita sorte: ten un avó que é profesor de matemáticas xubilado que sente un pouco de nostalxia polos seus antigos alumnos. O seu neto consúltalle as súas primeiras dificultades matemáticas e convértese no seu discípulo preferido. Para desmitificar esa severa materia que desde sempre inspira tanto respecto a todo o mundo, o avó de Fío presenta os conceptos de maneira sinxela e con exemplos da vida cotiá, ademais de botar man de anécdotas, referencias históricas e conexións coa actualidade. Mister cuadrado. Un recorrido por el sorprendente mundo de la geometría Anna Cerasoli A figura do cadrado sempre resultou moi fascinante, unha constante na historia da humanidade sobre a que divagan científicos, artistas e filósofos. Por iso, cando Fío e o seu avó establecen as súas longas e frutíferas conversacións sobre esta figura perfecta e enigmática, o neno queda embaucado ao descubrir os misterios que encerra. O avó, espertando a curiosidade e a creatividade do seu neto, convídao a unha viaxe fascinante a través do mundo do coñecemento e a abstracción matemática que resultará tan apaixonante como unha volta ao mundo. La sorpresa de los números Anna Cerasoli Mentres bota de menos ao seu avó, o pequeno Fío empeza, xunto á súa irmá, a elaborar sistemas de cálculo para contar os días que faltan para o seu regreso. As ensinanzas da súa mestra de escola, Grazziela, fóronlle moi útiles, pero Fío quere o que poucos nenos queren: máis mates! Así que en canto volve o seu avó póñense ao choio. O seu avó, que relaciona as matemáticas cos feitos diarios, vai introducindo a Fío na maxia dos números o p egu tas o o: Que siste a pode os esta le e pa a te áis posi ilidades de a e ta as ui ielas? , E ue edida aumentarían as bacterias que atacan o corpo de Fío se deixase de aña se?
RECOMENDACIÓNS DO DEPARTAMENTO DE MATEMÁTICAS. CURSO 2015-16. 3º E 4º DE ESO
El asesinato del profesor de matemáticas Jordi Sierra i Fabra Un profesor propón aos seus alumnos un xogo como exame para aprobar as matemáticas. O venres pola tarde, o profesor morre, pero, antes de falecer, comenta aos seus alumnos que o sobre que hai no seu peto indicaralles como buscar ao seu asasino. Non deben fallarlle...
1º E 2º DE BACHARELATO
Ciencia para Nicolás Carlos Chordá Un profesor diríxese en primeira persoa a un dos seus alumnos co ánimo de darlle a coñecer os fundamentos básicos da ciencia. Paso a paso, nunha linguaxe clara e accesible, guíalle, aconséllalle, prevenlle, anímalle e, sobre todo, ensínalle e estimúlalle a pensar en por si.
Vitaminas matemáticas. Cien claves sorprendentes para introducirse en el fascinante mundo de los números Claudi Alsina Un libro divertido que ofrece as respostas a cen preguntas básicas que todos nos facemos: Por que hai tantos calendarios como civilizacións?, Pode servir o teorema de Pitágoras para deter a un delincuente?, Poden os números descubrir o verdadeiro autor dun libro?, Que ten que er o cadrado latino de Euler co sudoku?, Para que utilizan as matemáticas os creadores de películas de animación como Toy Story?, Pódese saber se nun sorteo fixéronse trampas?, Como se aplican as matemáticas aos controis de calidade? Quen era o Murphy da famosa lei?, etc.